base química da vida iv proteínas

37
AS PROTEÍNAS Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 13-Feb-2017

159 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Base química da vida iv proteínas

AS PROTEÍNAS

Profesor: Adán Gonçalves

Page 2: Base química da vida iv proteínas

Son as macromoléculas máis abundantes das células. Están constituídas

por C, N, O e H, e nalgúns casos S.

Algúns tipos de proteínas poden presentar ademais P, Fe, Mg, Cu…

As proteínas están constituídas por subunidades monoméricas

relativamente sinxelas, os aminoácidos.

1. COMPOSICIÓN DAS PROTEÍNAS

Page 3: Base química da vida iv proteínas

1.1. OS AMINOÁCIDOS (aa)

Constituídos por un grupo carboxílico ou ácido (-COOH) e un grupo amino

(-NH2) unidos a un mesmo átomo de carbono (Cα), ao que tamén se unen

un átomo de H e un cuarto grupo chamado grupo R ou cadea lateral.

Os grupos R determinan as propiedades dos aa (estrutura, tamaño e carga

eléctrica).

Page 4: Base química da vida iv proteínas

Os animais non son capaces de sintetizar todos os tipos de aa. Aqueles que

non podemos sintetizar e debemos incorporar na nosa dieta chámanse

aminoácidos esenciais.

Clasificación dos aminoácidos

Os aa clasifícanse en catro grupos atendendo á súa polaridade e carga a pH

fisiolóxico ( 7,4):

Aminoácidos apolares ou hidrófobos. R: é unha cadea hidrocarbonada.

Aminoácidos polares sen carga (neutros). R: ten grupos polares.

Aminoácidos polares cargados negativamente (ácidos). R: ten un grupo

ácido.

Aminoácidos polares cargados positivamente (básicos). R: ten un grupo

amino.

Na seguinte táboa represéntanse os 20 aa proteicos(1) nas formas iónicas en

que aparecen a pH fisiolóxico:

1.1. OS AMINOÁCIDOS (aa)

Page 5: Base química da vida iv proteínas

Nota (1): atopáronse uns 300 aa en células vivas que desempeñan diversas funcións, pero non forman parte das proteínas

Page 6: Base química da vida iv proteínas

1.1. OS AMINOÁCIDOS (aa)

Propiedades dos aminoácidos

Propiedades estereoquímicas dos aa

En todos os aa, agás a glicina ou glicocola (Gly), o Cα é asimétrico. Dun

modo similar aos glícidos fálase de formas D- e L-, segundo estea, neste

caso, o grupo amino á dereita ou á esquerda. Todos os aa proteicos son L-

aa. Lembrade que esto non ten que ver con ser dextróxiro ou levóxiro, un

L-aa pode ser dextróxiro e un D-aa levóxiro.

Page 7: Base química da vida iv proteínas

Propiedades ácido-base

Os aa son moléculas anfóteras, xa que poden actuar como ácidos ou

como bases dependendo do pH da solución. Esto é debido a que o grupo

COOH pode liberar protóns (ácido) e o grupo amino pode captar protóns:

COOH COO- + H+

NH2 + H+ NH3+

Gracias a esta propiedade os aa manteñen constante o pH do medio, é

dicir actúan cun efecto tampón ou amortecedor, dun xeito similar as

sales que xa vimos:

Se se acidifica o medio no que se atopa (aumentan os H+ ) a forma

dipolar o grupo carboxilo capta H+ (-COO- + H COOH)

Se se basifica o medio no que se atopa (diminúen os H+) o grupo

amino libera H+ (-NH3+ NH2 + H+)

O pH no cal un aminoácido tende a adoptar a forma dipolar neutra

(igual número de cargas + e -) denomínase punto isoeléctrico (p.I.)

Page 8: Base química da vida iv proteínas

A partir de aquí, xorde unha cuestión:

Como todos os aa teñen un grupo amino e un grupo carboxilo, todos

teñen o mesmo comportamento ácido-base?

A resposta é claramente non.

Esto se debe a que a capacidade ou tendencia para captar ou ceder H+

non depende só destes grupos, senón tamen da súa contorna, é dicir dos

grupos que teñen arredor, incluíndo as cadeas laterais.

Page 9: Base química da vida iv proteínas
Page 10: Base química da vida iv proteínas

1.2. O ENLACE PEPTÍDICO

Dous aa poden unirse por enlace amida covalente entre si e orixinan un

dipéptido. O enlace prodúcese entre o grupo carboxilo dun aa e o grupo

amino do outro aa.

Page 11: Base química da vida iv proteínas

Se se unen tres aa fálase dun tripéptido; se son catro, un tetrapéptido; se

son varios, un oligopéptido (ata 10); e se son moitos, un polipéptido (de 10 a

50). Normalmente, a partir de cincuenta aa fálase xa de proteína.

As unidades que forman parte dun péptido, é dicir os aa unidos,

denomínanse residuos.

Sempre que se establece a unión entre dous ou máis aa, na cadea quedan

dous extremos libres: un extremo amino-terminal ou N-terminal e outro

extremo carboxilo-terminal ou C-terminal.

Page 12: Base química da vida iv proteínas

Características do enlace peptídico

É un enlace ríxido que non pode xirar. Non obstante, os Cα situados a

ambolos dous lados do enlace si poden moverse. Este feito é fundamental

na estrutura tridimensional das proteínas e en consecuencia, como

veremos, na súa función.

Page 13: Base química da vida iv proteínas

2. ESTRUTURA DAS PROTEÍNAS

As proteínas non son polímeros aminoacídicos indefinidos e unidos

ao chou , senón que están ordenados nunha secuencia de aa que

ademais é determinante para dar lugar ao pregamento espacial

característico de cada proteína (estrutura ou conformación

tridimensional nativa).

O pregamento sucede por rotacións dos enlaces simples do esqueleto

polipeptídico.

Os substituíntes dos átomos non poden adoptar infinitas

disposicións porque hai diversas restricións de xiro, como a

comentada rixidez do enlace peptídico ou as interaccións da auga

coa propia cadea, o que determina unha única estrutura

tridimensional estable.

Page 14: Base química da vida iv proteínas

Pódense diferenciar distintos niveis de complexidade estrutural que

denominamos estrutura primaria, secundaria, terciaria e cuaternaria. Así

mesmo os avances na comprensión desta complexidade nos permitiron

definir tamén motivos e dominios estruturais (ver apartado de estrutura

terciaria).

Estrutura primaria:

Refírese á secuencia aminoacídica da proteína. Polo tanto á composición

de aminoácidos e á orde en que se unen. A partir dela orixínanse todos

os demais niveis estruturais. As unións son os enlaces peptídicos.

Page 15: Base química da vida iv proteínas

Estrutura secundaria:

Pode definirse como a posición relativa de dous aa consecutivos no espazo. É

dicir, refírese á disposición lineal no espazo da estrutura primaria. Hai tres

tipos xerais:

- Hélice α: p.e. α- queratinas

Dextróxira.

Grupos R cara a fóra.

Pontes H intracatenarios.

- Lámina β ou lámina pregada: p.e. β- queratinas (sedas)

En zig-zag, nas arestas dispoñense os Cα.

Grupos R cara a arriba e cara a abaixo.

Pontes H intracatenarios e intercatenarios.

- Hélice p ou do coláxeno:

Levógira. Tres cadeas enrrolladas.

Pontes H intercatenarios.

A prolina e a hidroxiprolina son os aa característicos.

Page 16: Base química da vida iv proteínas

Ademais é habitual a chamada disposición ao chou na que non hai unha

estrutura definida debido a que non se forman pontes H. En xeral, polo

tanto os enlaces que estabilizan a estrutura secundaria son as pontes H.

α-queratinas

Page 17: Base química da vida iv proteínas

β-queratinas Hélice p - Coláxeno

Page 18: Base química da vida iv proteínas

MOTIVOS PROTEICOS (ESTRUTURAS SUPERSECUNDARIAS)

Motivos estruturais: é unha determinada combinación de estruturas

secundarias que atopamos en moitas proteínas. Un motivo pode ter

unha determinada función ou pertencer a unha unidade estrutural

maior. Un exemplo típico de motivo estrutural é a estrutura beta-alfa-

beta onde dúas follas beta paralelas están unidas por unha hélice α.

Non todas as proteínas

teñen motivos proteicos.

Page 19: Base química da vida iv proteínas

Estrutura terciaria:

Pode definirse como a disposición relativa de dous aminoácidos afastados

na cadea. É polo tanto, a conformación tridimensional ou estrutura nativa

das proteínas (disposición tridimensional dunha cadea polipeptídica

baseada en superpregamentos). Existen dúas formas básicas:

Estrutura fibrosa ou filamentosa: a estrutura 2º sofre só lixeiras

torsións. As proteínas fibrosas ou filamentosas teñen funcións de tipo

estrutural e son exemplos o coláxeno, as queratinas ou a elastina.

Estrutura globular: na estrutura fórmanse novos enlaces débiles. As

proteínas globulares adoitan ter funcións dinámicas, son exemplos

moitas encimas, a mioglobina...

Hai diversos enlaces que estabilizan a estrutura: pontes H, Van der Walls,

enlaces polares, pero os enlaces covalentes disulfuro son os máis

importantes.

Page 20: Base química da vida iv proteínas
Page 21: Base química da vida iv proteínas

PROTEÍNA FIBROSA: COLÁXENO

Page 22: Base química da vida iv proteínas

PROTEÍNA GLOBULAR: MIOGLOBINA

Page 23: Base química da vida iv proteínas

DOMINIOS PROTEICOS

A complexidade da estrutura terciaria fai que se diferencien subestruturas

dentro desta.

A análise de proteínas permítenos afirmar que existen rexións dentro

dunha proteína con certa independencia organizativa e funcionamento ata

certo punto autónomo. Frecuentemente estas rexións posúen a capacidade

de realizar unha parte da función da proteína como pode ser recoñecer

unha molécula específica ou interactuar con outra macromolécula. A estas

rexións denominámolas dominios é son subconxuntos da estrutura

terciaria. Unha estrutura terciaria pode estar composta por un ou varios

dominios.

Os dominios poden estar formados por varios motivos ou non.

Page 24: Base química da vida iv proteínas

A piruvato quinasa está formada por tres dominios

Page 25: Base química da vida iv proteínas

Estrutura cuaternaria:

Disposición no espazo de varias cadeas polipeptídicas. Dáse, polo tanto,

en proteínas oligoméricas ( proteínas formadas por máis dunha cadea

polipeptídica). Cada subunidade denomínase protómero. Un exemplo é a

hemoglobina que é unha proteína globular con estrutura cuaternaria;

outro exemplo son os complexos enzimáticos.

Estabilízase mediante enlaces non covalentes (débiles): pontes H, Vander

Walls...

Page 26: Base química da vida iv proteínas

Grupo Hemo

HEMOGLOBINA

Page 27: Base química da vida iv proteínas

NIVEIS ESTRUTURAIS

Page 28: Base química da vida iv proteínas

3. PROPIEDADES DAS PROTEÍNAS

Solubilidade: os radicais dos aa permiten ás proteínas interaccionar coa

auga. Se abundan os hidrófobos, a proteína será pouco ou nada soluble

en auga; se predominan os hidrofílicos será soluble.

Capacidade tampón: as proteínas están formadas por aa, e éstas son

moléculas anfóteras, polo que poden actuar como ácidos ou como bases

amortecendo cambios leves do pH do medio.

Especificidade: cada especie, e mesmo cada individuo ten as súas propias

proteínas. Así mesmo, as proteínas exercen unha determinada función e

non outra.

Unión específica proteína-ligando

Page 29: Base química da vida iv proteínas

Desnaturalización/renaturalización: a desnaturalización é a perda da

estrutura tridimensional dunha proteína. Pode suceder por cambios de

temperatura, pH, acción de deterxentes... Cando isto sucede, as

proteínas perden a súa actividade biolóxica.

A renaturalización é o proceso polo cal unha proteína pode recuperar a

súa estrutura, e polo tanto, a súa actividade biolóxica ao volver a

condicións estables.

En conclusión, a secuencia de aa determina a estrutura

tridimensional das proteínas que é a responsable da súa actividade

biolóxica.

3. PROPIEDADES DAS PROTEÍNAS

Page 30: Base química da vida iv proteínas

4. FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS

Estrutural: proteínas como o coláxeno, a elastina e as queratinas

confiren elasticidade ou rixidez aos órganos e tecidos dos que forman

parte. Outras proteínas son compoñentes das membranas celulares

(glicoproteínas de membrana) ou asócianse ao ADN para formar parte

dos cromosomas (histonas).

Encimática: as encimas son proteínas (agás os ribozimas), polo tanto

son necesarias para manter o metabolismo celular grazas ao seu labor

catalítico acelerando a velocidade das reaccións que se suceden nas

células. Exemplos: lipasa pancreática, amilasas…

Hormonal e reguladora: algunhas hormonas son proteínas. Por exemplo

a insulina, a tiroxina... Ademais algunhas glicoproteínas regulan a

expresión de certos xenes.

Page 31: Base química da vida iv proteínas

4. FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS

Defensiva: as inmunoglobulinas ou anticorpos son proteínas e o

fibrinóxeno e a trombina participan na coagulación sanguínea.

Transporte: a hemoglobina e a mioglobina (no músculo) transportan

o O2. A nivel das membranas celulares as proteínas son as

encargadas do transporte de moitas substancias. Tamén son un

exemplo as lipoproteínas que transportan lípidos no sangue.

Contráctil: a actina e a miosina son as proteínas encargadas da

contracción muscular.

Reserva enerxética: a ovoalbúmina do ovo ou a gliadina dos grans de

trigo desempeñan esta función.

Homeostática: hai glicoproteínas que se ocupan do mantemento do

equilibrio osmótico actuando conxuntamente cos sistemas tampón.

Page 32: Base química da vida iv proteínas

5. HOLOPROTEÍNAS E HETEROPROTEÍNAS

Se unha proteína está constituída só por aa se dice que é unha holoproteína

ou homoproteína; se presenta algún outro tipo de molécula fálase de

heteroproteínas.

5.1. Holoproteínas

Soen agruparse en proteínas fibrosas (insolubles en auga e típicas de

animais) e proteínas globulares (solubles en auga).

Proteínas fibrosas ou filamentosas:

Coláxenos: aportan resistencia aos tecidos conectivos e epiteliais.

Queratinas: ricas en Cys, as α queratinas abundan na epidermis (pelos,

unllas, cornos…) as β queratinas atópanse na seda.

Elastinas: aportan elasticidade nos conectivos e en órganos sometidos a

deformacions reversibles (arterias, pulmóns…)

Miosinas: participan na contracción muscular.

Page 33: Base química da vida iv proteínas

5. HOLOPROTEÍNAS E HETEROPROTEÍNAS

Proteínas globulares: ordenadas de maior a menor masa molecular as máis

importantes son:

Protaminas: básicas, no núcleo dos espermatozoides permitindo

compactalo.

Histonas: básicas, no núcleo das eucariotas, excepto nos

espermatozoides, serven para empaquetar o ADN.

Gluteninas: insolubles en auga. A máis importante, a glutenina xunto coa

gliadina constitúe o famoso gluten, os celíacos son intolerantes a el, que

podemos atopar en alimentos como o trigo.

Albúminas: de grande tamaño con función de reserva de aa e de

transporte de outras substancias. Ovoalbúmina do ovo, a seroalbúmina

do sangue e a globina da hemoglobina.

Globulinas: moi grandes. Solubles en solucións salinas e moi globulares.

As γ globulinas forman parte das inmunoglobulinas, as seroglobulinas do

sangue…

Page 34: Base química da vida iv proteínas

5. HOLOPROTEÍNAS E HETEROPROTEÍNAS

5.2. Heteroproteínas

As heteroproteínas ou proteínas conxugadas teñen unha parte non

peptídica que se denomína grupo prostético. A parte proteica chámase

apoproteína.

Cromoproteínas: o seu grupo prostético é unha substancia con cor polo

que tamén se chaman pigmentos. Hai dous grupos:

Pigmentos porfirínicos: teñen como grupo prostético unha porfirina (anel

tetrapirrólico). No centro hai un catión metálico. Se o catión é Fe+2

fálase do grupo Hemo. Neste grupo están a hemoglobina e a mioglobina

e os citocromos (transporte de e- a nivel de membrana).

Pigmentos non porfirínicos: non teñen porfirina. Por exemplo a

hemocianina (na hemolinfa;leva Cu) ou a rodopsina (na retina;

captación de luz a baixa luminosidade)

Page 35: Base química da vida iv proteínas

Glicoproteínas: o grupo prostético é un glícido. Por exemplo os diversos

grupos sanguíneos veñen dados por diferenzas nas cadeas glicídicas de

glicoproteínas localizadas nas membranas dos eritrocitos. Tamén son

un exemplo as inmunoglobulinas ou a protrombina do sangue.

Apolipoproteínas: heteroproteína que contén e transporta lípidos no

sangue. O seu grupo prostético é de natureza lipídica. O prefixo apo-

significa que a parte fundamental desta lipoproteína é a apoproteína.

Forman, debido a súa natureza anfipática, xunto cos fosfolípidos a

envoltura periférica das lipoproteínas.

Fosfoproteínas: o grupo prostético é o ácido fosfórico. Son exemplos a

caseína da leite ou a vitelina do ovo.

5. HOLOPROTEÍNAS E HETEROPROTEÍNAS

Page 36: Base química da vida iv proteínas

GRAZAS POR ATENDERME

Page 37: Base química da vida iv proteínas

WEBGRAFÍA

http://www.bionova.org.es/biocast/p1i8.htm http://comofuncionaque.com/que-son-las-proteinas-y-cuales-son-sus-funciones-

principales/ http://www.cobach-

elr.com/academias/quimicas/biologia/biologia/curtis/libro/c3c.htm http://www.cosnatura.net/2009/08/proteinas/ http://ehlersdanlos-info-mas-mi-experiencia.blogspot.com/2011/05/colageno-de-

que-se-trata.html http://www.fortunecity.es/imaginapoder/cyberia/483/pproteinas.html http://iescarin.educa.aragon.es/estatica/depart/biogeo/varios/BiologiaCurtis/Secc

ion%201/1%20-%20Capitulo%203.htm http://cienciasdejoseleg.blogspot.com.es/2012/10/hemoglobina-humana.html https://temasdebioquimica.wordpress.com/tag/motivos-estructurales/ http://mtraburgos-inmunologia.blogspot.com/2010/10/proteinas.html http://es.slideshare.net/fabian1265/estructura-y-propiedades-de-aminocidos-y-

protenas-fabin-rodrguez http://es.slideshare.net/vcmiguel/clase3-tema2-2011vmiguel http://xquimicx.blogspot.com/