tópicos literarios
TRANSCRIPT
TÓPICOS LITERARIOS
1Suso F. Acevedo
CONCEPTO
TÓPICO LITERARIO: Frase breve que, na tradición literaria, une contidos semánticos fixos con expresións formais recorrentes e repítese ó longo da historia da literatura
2Suso F. Acevedo
PRINCIPAIS TÓPICOS LITERARIOS
3Suso F. Acevedo
Carpe diem
Invitación ó goce do momento, antes de que o paso do tempo nos conduza inexorablemente á vellez e á morte.
4Suso F. Acevedo
Locus amoenus
Idealización da paisaxe, descrita bucolicamente a través de diversas compoñentes (prado, regueiro, árbore, etc.).
5Suso F. Acevedo
Ubi sunt
Interrogacións retóricas acerca da propia existencia neste mundo ou do destino máis alá da morte.
6Suso F. Acevedo
Vita flumen
A vida humana avanza sen deterse ata a morte, coma un río que flúe ata o mar.
7Suso F. Acevedo
Amor post mortem
Carácter eterno do amor, sentimento que perdura máis alá da morte física.
8Suso F. Acevedo
Collige, virgo, rosas
Invitación a gozar do amor, simbolizado nunha rosa, antes de que o tempo roube os mellores anos.
9Suso F. Acevedo
Fugit irreparabile tempus
Carácter irrecuperable do tempo vivido: evocación da condición fugaz da vida humana.
10Suso F. Acevedo
Descriptio puellae
Descrición física enumerativa-gradativa dunha moza, seguindo unha orde descendente.
11Suso F. Acevedo
ALGÚNS EXEMPLOS DE TÓPICOS LITERARIOS NAS LETRAS GALEGAS
12Suso F. Acevedo
LOCUS AMOENUSRamón Cabanillas
¡Ou meu sono labrego! Unha casiñapreto do río, ó abrigo dos pinales,con piorno e alboios nos curralese palleiros na eira e na curtiña.
Ó pé da casa un muíño cantareiroó son da lira de ágoa que enche o caño,baixo o maino agarimo dun castañoe os amorosos brazos dun cruceiro.
Todo ó longo da aberta do muíñotortas e vellas cepas de albariñocos asios mestos no bendito outono.
E un ferrado de terra por facendapra prantío e xardín, libre de renda,diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.
13Suso F. Acevedo
COLLIGE, VIRGO, ROSASEduardo Pondal
Ten o seu punto,a fresca rosa,de ser collida,a encantadora:cando inda tímida,súa testa asoma,cuase escondida,na verde roupa,non dice nada,por vergonzosa:
Mais cando apenas,mostra as súas follas,está decindo:—Agora, agora.
Cando ceibando,todas súas follas,desnudo o seo,mostra orgullosa;chégase tarde,a calquer hora,porque os ventetes,que a namoran,xa lle roubaron,seu doce aroma.
Mais cando apenas,mostra as súas follas,está decindo:—Agora, agora.
14Suso F. Acevedo
AMOR POST MORTEMLuz Pozo Garza
Ti chegabas na tarde.
Prometías unha estación celeste para sentir as albas.
As aves lenemente descubrían espacios virxinais
e propagaban fráxiles caricias nun tempo luminoso
onde amar
onde amar se revela en formas de conciencia.
Despois chegou a noite.
Quedan atrás as sombras límpidas dunha existencia
dificilmente clausurada.
A forma inmaculada dun xardín interior onde se sobrevive.
Souben amar.
Souben amar pronunciando o teu nome.15Suso F. Acevedo
FUGIT IRREPARABILE TEMPUSXulio L. Valcárcel
Ninguén me espera.
Somentes os mortos, que non esperan.
Marcharon en lentas vendimas
eles, os que me quixeron,
murchou a beleza das rapazas que amei
e que me amaron, e canto foi vida
e alegría, agora é danada pobreza,
desolación vulnerada.
Non, xa non podo voltar.
16Suso F. Acevedo
DESCRIPTIO PUELLAEMiro Villar
como algodón (o corpo) no contacto esponxoso,
como hedras (os cabelos) perenne enredadeira,
como ananás (os ollos) mollados en azucre,
como vimbio (o nariz) que trema no olfacto,
como hidras (as orellas) de tentáculos negros,
como tabaco (a boca) penetrante arrecendo,
como amoras (os labios) docísimo veneno,
como escarola (a lingua) de refinado prato,
como café (o pescozo) no sorbo delicado,
como xarxas (os brazos) de longo percorrido,
como aguacate (os dedos) de insípido xuízo,
como arroz (os mamilos) exquisito alimento,
como mazás (os peitos) reinetas grosas, duras,
como azafrán (o embigo) condimento escondido,
como sargazo (o pube) dos teus cálidos mares,
como níscalo (a vulva) de sabores estraños,
como acevros (as pernas) de brancos interiores,
como buxo (os xeonllos) de compacta dureza,
como rosas (as nádegas) de pálidas colores,
como vainilla (a pel) no beixo despacioso,
[...]17Suso F. Acevedo
BIBLIOGRAFÍASe queres coñecer máis tópicos literarios, velaquí un
blog onde podes atopar información:http://ellaberintodelostopicos.blogspot.com.es/2010/06/list
ado-de-topicos-literarios.html
18Suso F. Acevedo