moemia novembro 2014 142
DESCRIPTION
Revista elaborada por el Aula de NN.TT. CRD Fingoi LugoTRANSCRIPT
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
6
9
10
12
13
13
5
8
9
11
12
13
13
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consejo de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Juan Antonio Jiménez
Ana Novo
María Teresa Guerra
3 ARTIGO
Ana Mª Varela
Presentación do libro Avanzar en mi INdependencia, un ensaio que recolle vivencias e reflexións de persoas con discapacidade
O libro recolle 22 experiencias de vida de persoas con discapacidade, das que
tres son galegas e pertencen ao movemento asociativo de COGAMI
En Santiago presentouse “Avanzar en mi INdependencia”, a obra escrita por
Tomás Castillo Arenal, psicólogo e director da Asociación de Persoas con
Discapacidade de Cantabria (AMICA).
Xunto co Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o Presidente de COGAMI,
Anxo Queiruga, e a Presidenta de AMICA, Sagrario Cagigas, Tomás aporta
ideas para un mundo diferente, onde as persoas con discapacidade poidan ter
a súa propia vida.
Para a redacción desta obra, Tomás Castillo contou coa participación de 22
persoas que compartiron con él reflexións e as súas experiencias reais, como
así fixeron tres persoas galegas e do movemento asociativo de COGAMI: o
Presidente, Anxo Queiruga, que reflexiona sobre a discapacidade e a
dependencia, a Presidenta da Asociación AMICO de Compostela, Ana Balboa,
conta o que significou para ela vivir no rural con discapacidade, e unha
usuaria de COGAMI-Coruña, Paloma Caneiro, que explica a importancia de
ter un asistente persoal.
O libro, difunde unha mensaxe principal, as persoas con discapacidade poden ter a súa propia vida, e para isto reivindica
oportunidades e apios para que poidan participar na sociedade e aportar a súa propia riqueza.
“Avanzar en mi INdependencia” ofrece, xunto aos anteriores escritos por Tomás Castillo “Déjame intentarlo” que está relacionado coa
nova visión da discapacidade e “Aprendendo a vivir”, que trata a convivencia coas enfermidades crónicas, unha triloxía que busca as
capacidades para desenvolver a propia autonomía e capacidade de facer e decidir das persoas.
Tomás Castillo é psicólgo e ten un máster en discapacidade. Dedicou a súa vida profesional a promover proxectos para a
discapacidade ou con enfermidades pouco frecuentes, dirixindo entidades como Amica, a Federación Española de Fibrosis Quística,
que preside, e é o tesoureiro da xunta directiva de FEDER (Federación Española de Enfermedades Raras).
Baixo a dirección de Tomás Castillo, AMICA , gañou un enorme prestixio
conseguindo premios como: Premio Helios da Unión Europea en 1990, Premio
IMSERSO á Integración laboral en 1995, foi seleccionado pola Presidencia
Inglesa da UE en 2005 entre as entidades exemplo de boas prácticas en
Europa, en 2006 recibiu o Premio Mapfre á “Innovación en medidas de
superación da discapacidade”, en 2007 o Premio aos Valores Humanos do
Concello de Torrelavega e dende 2008 ten o selo +400 EFQM, segundo o
modelo de excelencia europea.
4 ARTIGO
Co motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, instituído pola Organización de Nacións Unidas e a Unión
Europea, a escala mundial e europea, e que cada ano se celebra o día 3 de decembro, o movemento social español da discapacidade
articulado en torno ao CERMI fai público o seguinte
MANIFESTO
A promulgación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de
dependencia, debeu supoñer un avance significativo na extensión e intensificación dos dereitos sociais de amplas capas da poboación que
por razón de idade avanzada ou discapacidade, orixinaria ou sobrevida, precisan de apios para a súa autonomía individual e a súa
participación comunitaria en condicións de igualdade e dignidade.
A promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia como dereito subxectivo que levou aparellada a
Lei 39/2006, xerou enormes expectativas en todo o tecido social, que consideraba esta lexislación como unha conquista irreversible que
permitiría mellorar as condicións de vida e de cidadanía.
Transcorridos máis de sete anos dende a aprobación desta Lei, a implantación e despregamento deste novo sistema de protección social,
enfrontouse a unha chea de vicisitudes, entre elas, e como máis relevante, a virulenta crise económica e social.
Esta adversa conxuntura económica, que induciu a aplicar feroces políticas de recorte de gasto público, en combinación con outros
múltiples factores políticos e sociais que malograron os propósitos cos que naceu a Lei.
Un dos aspectos que sen dúbida máis rexeitamento suscitou nestes anos de despregamento do Sistema, xerando máis cotas de
frustración, foi o da regulación da participación no custo das prestacións, coñecido popularmente como COPAGO, que foi percibido como
unha regulamentación carente de equidade e xustiza material, próxima ao confiscatorio e que máis que invitar a exercer o dereito
subxectivo, expulsaba ás persoas do sistema, polo gravosos requirimentos en materia de aportación económica.
Entre as persoas con discapacidade e persoas maiores que necesitan apoios intensos para a súa autonomía individual e a súa
participación comunitaria, as mulleres e nenas con discapacidade e as nais coidadoras ou asistentes de persoas con discapacidade, pola
súa situación estrutural de maior exclusión, por razón de xénero e discapacidade, sofren particularmente os efectos do copago
confiscatorio, impedindo os apoios sociais imprescindibles ou restrinxindo ou suprimindo os que viñan recibindo, afondando a súa
situación de desvantaxe expoñéndoos aínda máis á pobreza e á exclusión social.
Ana Mª Varela
NON AO COPAGO CONFISCATORIO,QUE EXPULSA ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
E FAMILIAS DA PROTECCIÓN E OS DEREITOS SOCIAIS
Pola reforma da Lei 39/2006, de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia
_________
3 DE DECEMBRO DE 2014DÍA INTERNACIONAL E EUROPEO DAS
PERSOAS CON DISCAPACIDADE_________
5 ARTIGO
Ana Mª Varela
Esta inxusta regulación dos aspectos económicos de participación no
custo das prestacións ten que ser corrixida de inmediato e así o avala
non só a opinión maioritaria dos movementos sociais de persoas
maiores e persoas con discapacidade e familias, senón tamén, o
criterio dos profesionais dos servizos sociais e de persoas expertas e
analistas que fixaron a súa posición nunha multiplicidade de estudos
e informes sobre a Lei 39/2006.
Co fin, pois, de reorientar e fortalecer este dispositivo de protección
social, dotándoo de maior equidade e apertura, e contrarrestando os
efectos negativos evidenciados neste primeiros anos de
desenvolvemento, resulta urxente e imprescindible modificar a Lei
39/2006 para establecer criterios máis claros, xustos e iguais en
relación coa capacidade económica e a participación no custo das
prestacións de autonomía persoal e atención á dependencia por
parte das persoas beneficiarias, mulleres e homes con
discapacidade e idade avanzada.
Para o movemento social da discapacidade organizado en torno ao
CERMI, esta reforma legal debe pasar por:
· Modificación do artigo 14 de la vixente Lei, para precisar que será tamén obxecto de normativa regulamentaria estatal a regulación
da participación no custo das prestacións, ao igual que ocorre agora coa capacidade económica. De igual xeito, á hora de
determinar a participación debese ter en conta a idade, o momento vital da persoa beneficiaria.
· Modificación do artigo 33 do texto legal para incorporar diversas garantías para as persoas beneficiarias, de xeito que non
participen no sustento do Sistema ata que a súa capacidade económica non supere 2,5veces el Indicador Público de Renda de
Efectos Múltiples (IPREM-); limitando a participación máxima, que quedaría fixada no 60 por cento do prezo de referencia do custe
do servizo; ou, en fin, a seguridade dun mínimo para gastos persoais, que non sería inferior ao 40 por cento da capacidade
económica.
Para conseguir esta reforma legal inaprazable, o CERMI anuncia, no Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade 2014, a
posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular, con arranxo ao establecido na Constitución Española e na Lei Orgánica 3/1984,
de 26 de marzo, reguladora da iniciativa lexislativa popular, co propósito de recadar nos próximos meses 500.000 sinaturas de cidadáns
e cidadás que permita levar esta proposta de cambio legal ás Cortes Xerais para a súa aprobación.
O movemento organizado a discapacidade fai un chamamento ao conxunto da sociedade española para solidarizarse con estes
obxectivos, plasmando o seu respaldo na sinatura masiva da Iniciativa Lexislativa Popular para a aprobación da “Proposición de Lei de
modificación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia,
en materia de participación no custo das prestacións e servizos das persoas beneficiarias”.
3 de decembro de 2014.
6 NOTICIEIRO
Accesibilidade nas vivendasFundación ONCE e Vía Libre elaboraron o informe “El Observatorio de la
accesibilidade universal en la Vivenda en España”, en colaboración co Comité
Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).
Na citada investigación recóllese que só dous de cada dez vivendas cumpre cos
criterios de accesibilidade. Polo que se refire ás zoas de aparcadoiro e garaxes
non teñen características adecuadas nun 18 % e respecto á existencia na
vivenda dun ascensor que cumpra con acceso e dimensións adecuadas só a
cúmpren o 15%. Con estes datos podemos referir que a vivenda española
incumpre os requisitos e a normativa sobre accesibilidade. Os expertos que
traballaron neste informe detectaron que se seguen detectando que se seguen
cometendo erros no deseño e execución, non tendo en conta as necesidades
das persoas que as utilizan.
Moitos dos parámetros recollidos no Código Técnico da edificación non se cumpren, este incumprimento pode ser debido á diferenza
que hai entre a data de construción das vivendas e as modificacións deste código. Ana M. Varela
A discapacidade sobrevida será prioritaria nun futuropara as políticas públicas
Celebrouse recentemente en Santiago de Compostela o
Terceiro Foro Galego de Familias con Persoas con Dano
Cerebral Adquirido, organizado por Fegadace, no que
interveu o presidente do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno
que participou na conferencia inaugural, na cal abordou a
situación dos dereitos das persoas con discapacidade no
contexto actual de crise.
Na mensaxe dirixida ás persoas con dano cerebral e ás
súas familias, Pérez Bueno remarcou as dúas pedras de
toque da inclusión social das persoas con discapacidade, o
enfoque de dereitos humanos, avalado pola Convención da
ONU por un lado, e a reinvención e renovación do
activismo, individual e colectivo. As mesmas persoas con
discapacidade serán as encargadas de poñer en práctica
os seus dereitos e a súa inclusión.
Antonio Fernández
7 NOTICIEIRO
Formación para persoas emprendedoras con discapacidadeA Fundación Konecta patrocina unha cátedra cuxo obxecto é, a análise e a investigación de aspectos relacionados coa realidade
social, económica e política empresarial no marco do emprendimiento das persoas con discapacidade. Outro obxectivo desta cátedra
é a de fomentar e trasladar ao mundo universitario as prioridades e o carácter práctico da investigación.
As súas investigacións diríxense a persoas con discapacidade xa sexan universitarias ou non. A súa misión é promover o
desenvolvemento dunha educación especializada, dunha cultura emprendedora e unha actividade económica do colectivo da
discapacidade.
Xeraranse as liñas de acción suficientes que permitan ás persoas
con discapacidade, participar do emprendimiento, atendendo ás súas
persoais características e como colectivo, xerando espazos comúns
de encontro e entendemento, achegando formación especializada e
xestionando os apoios necesarios para iso.
Os programas de preincubación e incubación definitiva dos
emprendedores, contan cos dous viveiros de empresa vinculados á
universidade, Rei Juan Carlos. A cátedra conta cun técnico
especialista, que se apoia nos técnicos dos viveiros, que participan
nos procesos de formación.
Todas as actuacións que se inicien dende o proxecto dirixido a
emprendedores con discapacidade serán de carácter gratuíto, e
contan co apoio do portal a Cidade Accesible, a Asociación Española
de Emprendedores con Discapacidade, Servizos Integrais de Lingua
de Signos SIL, Fundación Universia, e Acens Technologies.
Nieves Gayoso
Proximamente algúns servizos ferroviarios van ser privatizados; ante esta perspectiva a
Confederación Española de Representantes de Persoas con Discapacidade ( CERMI ), pide ao
Ministerio de Fomento que faga respectar ás compañías privadas que asuman estas novas
funcións, as normas de accesibilidade universal e a atención de calidade ás persoas con
discapacidade, para iso esixen que nos pregos dos concursos de licitación figure como condición
primordial o cumprimento dos requisitos mencionados, que ademais deberán ser gratuítos.
O comité considera que se ha de asegurar por parte de Fomento que os operadores privados se
ateñan ao resto de esixencias de accesibilidade aplicado ao transporte ferroviario.
O CERMI formula a Fomento que valore como melloras puntuables os avances e compromisos
que ofrezan as propias empresas máis alá das esixencias legais. Ana C. Piñeiro
As futuras compañías ferroviarias privadas han de garantir a accesiblidad
8 NOTICIEIRO
Debido á inaccesibilidade das súas páxinas web, o Ministerio de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade abriu un expediente sancionador a El Corte Inglés, Iberia e Jazztel.
Este expediente foi interposto grazas ás denuncias presentadas polo CERMI á
Dirección Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade. Este organismo tomou cartas
no asunto abrindo un expediente polo incumprimento da normativa vixente en materia
de accesibilidade nas páxinas web referidas.
Estas entidades: El Corte Inglés, Iberia e Jazztel, dispoñen dun prazo de 15 días para aportar as
súas contas, informes ou documentos que estimen importantes para a súa defensa.
Este expediente sancionador pode estenderse ata un prazo máximo de seis
meses, segundo a dirección xeral de Políticas de Apoio á discapacidade.
Ana Mª Varela
Expediente sancionado a El Corte Inglés, Iberia e Jazztel
Só unha cuarta parte da poboación con discapacidade ten traballoFundación ONCE ten presentando o "Informe Cero" realizado
polo Observatorio sobre discapacidade e mercado de traballo
en España (ODISMET ), unha iniciativa de Fundación ONCE e
a súa entidade experta en xestión de recursos humanos, FSC
Inserta no marco do Programa Por Talento, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e presidido por Miguel Angel García
Martín, Director Xeral do Traballo Autónomo, a economía
social e a responsabilidade social das empresas, do Ministerio
de Emprego e Seguridade Social.
ODISMET convértese no primeiro referente para a análise do
emprego das persoas con discapacidade a nivel estatal.
Os estudos do informe referido desprenden que tan só unha
de cada catro persoas con discapacidade ten emprego.
José M. Ulla
9 DEPORTES
Daniel Stix presenta o seu libro " Con ruedas y a lo loco "Recentemente foi presentado " Con ruedas y a lo loco " unha obra escrita polo xogador de baloncesto
en cadeira de rodas, Daniel Stix.
Con prólogo de Guillermo Fesser, este deportista plasma todas as súas experiencias relacionadas co
deporte. Esta obra trata de dar unha mensaxe de esperanza ante as dificultades e barreiras que cada
día encontran e superan as persoas con discapacidade.
Na obra o seu autor sinala ao deporte como medio para superar a súa situación, os diferentes
problemas e como se foi adaptando para facelos fronte.
Daniel Stix móstranos que na casa, en clase ou cos seus amigos el ten que seguir as mesmas regras
que os demais, aínda que isto supoña un maior esforzo para a súa integración, tamén fai un
percorrido de todo o que considera importante: a familia, a educación e o deporte.
Stix forma parte do equipo do C.D. Ilunion BSR e con tan só 18 anos foi Campión de Liga e Copa do
Rei, ademais de subcampión da Copa de Europa co seu actual club de baloncesto.José M. Ramil
Medalla de bronce para a selección de futbol para cegos no Campionato do Mundo
Miguel Regueiro
En Tokyo (Xapón), celebrouse entre o 18 e 24 o Campionato do Mundo de Fútbol-5
para Cegos. A selección española conquistou neste a medalla de bronce tras
derrotar a China por penaltis no partido polo terceiro e cuarto posto. Nesta
competición España reedita a terceira posición que logrou nos Xogos Paralímpicos
de Londres 2012.
España enfrontouse á selección de China na loita polo terceiro e cuarto posto.
Ningunha das dúas seleccións conseguiu adiantarse no marcador xa que o
encontro foi moi nivelado. De novo foi necesario recorrer aos penaltis para
determinar o vencedor. Antonio Martín Gaitán anotou o primeiro para España,
mentres que os chineses fallaban o seu intento. José Luis Giera marcou o segundo
para a "Roja Paralímpica" e a emoción estalou ao deter o porteiro o segundo
lanzamento de China.
Na gran final, Brasil impúxose a Arxentina na prórroga por 1-0, aínda que Arxentina consegue a única praza que dá acceso directo aos
Xogos Paralímpicos de Río 2016, ao estar xa Brasil clasificado por ser o país anfitrión.
A selección española estivo formada polos alacantinos Javier Álvaro e José Luis Giera, os cataláns Francisco Javier Muñoz e Youssef
El Haddaoui, o madrileño Adolfo Acosta, e os malagueños Francisco Marfil, Antonio Martín Gaitán e Carmelo Garrido, máis os
porteiros sen discapacidade Pedro Gutiérrez e Sergio Rodríguez. Completaron a expedición o seleccionador nacional, Jesús
Bargueiras; os adestradores Miguel Ángel Becerra e José Carratalá, o médico Cristian Solís e o fisioterapeuta Sergio Gómez.
España con este resultado neste Campionato do Mundo, iguala os terceiros postos logrados en Paulinia (Brasil) en 1998 e en Xerez
da Fronteira en 2000. O seu mellor resultado histórico foron as medallas de prata logradas nas edicións de Hereford (Gran Bretaña)
2010 e Río de Janeiro (Brasil) 2002. Na cita de Bos Aires (Arxentina) 2006, España rematou cuarta.
10 CARTELEIRA
10
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Martin Freeman, Ian Mackellen, Cate Blanchett, Andy Serkis, Elijah Wood, Graham Mctavish, James Nesbitt, Ian Holm, Hugo Weaving, Stephen Fry, Benedict Cumberbatch, Richard Armitage, Ken Stott
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Aaron Paul, Christian Bale, Sigourney Weaver, Joel Edgerton, Indira Varma, Ben Kingsley, John Turturro, María Valverde, Ben Mendelsohn, Golshifteh Farahani, Hiam Abbass
Argumento: O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos supón o épico final das aventuras de Bilbo Bolsón, Thorin Escudo de Roble e a Compañía dos Ananos. Cando reclamaron a súa patria ao dragón Smaug, a Compañía desatou sen querer unha forza malvada no mundo. Furioso, Smaug descarga labaradas de ira sobre os habitantes indefensos de Cidade do Lago.Thorin, consumido pola obsesión de reclamar o seu tesouro, sacrifica a amizade e a honra para conseguilo mentres os frenéticos intentos de Bilbo por facelo entrar en razón levan ao Hobbit a tomar unha decisión arriscada e perigosa; pero as ameazas que lles esperan son aínda maiores. Sauron, o maior adversario de todos, enviou lexións de orcos a un ataque furtivo na Montaña Solitaria sen que ninguén se decate, salvo o mago Gandalf.A medida que o mal pende sobre o seu crecente conflito, as razas dos Ananos, os Elfos e os Homes teñen que decidir se xuntan as súas forzas ou se abandonan á destrución.
Argumento:
Recolle a vida de Moises dende o seu nacemento ata a súa morte, pasando pola súa adopción na familia real exipcia, o seu desafío cara ao faraón, e a liberación dos hebreos da escravitude.
Centrarase en como Moises guiou aos israelitas fóra de Exipto polo deserto de Sinai, para finalmente chegar á súa terra prometida.
Argumento: Narra a historia real de Louis Zamperini, quen participou nos Xogos Olímpicos de 1936 para logo alistarse nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos para loitar na Segunda Guerra Mundial como bombardeiro. En pleno conflito un bombardeiro no que ía estrelouse no Pacífico, navegando á deriva sobre unha pequena balsa, na inmesidade do Océano Pacífico xunto a el xacen dous compañeiros. Os seus corpos están abrasados polo sol e un grupo de quenllas axéxaos cada minuto. Levan 27 días sen rumbo e hai moito que perderon a esperanza de ser rescatados. Un son metálico alértaos... é un avión -poden ver o seu fulgor ao lonxe; Zamperini bota dúas bengalas. Os náufragos desespéranse, pero de pronto veno reaparecer. A tripulación viunos. O avión empeza a descender e os homes decátanse con espanto de que se trata dun bombardeiro xaponés e de que son o seu obxectivo. Entón son levados a un campamento de prisioneiros de guerra onde serái obxecto de torturas.
Oscar Vigo
Arturo Fojón
Fran Solana
Ficha Técnica
Director:
O HOBBIT: A BATALLA DOS CINCO EXÉRCITOS
Peter Jackson
Ridley Scott
EXODUS: DEUSES E REIS
INVENCIBLE
Angelina Jolie
Reparto: Jack O'Connel, Domhnall Gleeson, Garrett Hedlund, Jai Courtney, Alex Russell, John D'Leo, Luke Treadaway, Spencer Lofranco, Finn Wittrock, John Magaro
11 CARTELEIRA
10
Ficha Técnica
Director:
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Macarena Gómez, Nadia de Santiago, Luis Tosar, Hugo Silva, Carolina Bang, Gracia Olayo, Tomás del Estal
Argumento: O feiticeiro chinés Wei Ling Soo é un dos magos máis populares da súa época, pero pouca xente sabe que non existe en realidade, pois tras o disfraz do famoso mago o encontrase Stanley Crawford, un personaxe británico, rosmón e arrogante co ego polas nubes que sente verdadeira aversión polos falsos espiritistas que afirman poder facer maxia de verdade. O seu amigo de toda a vida, Howard Burkan convéncelle para que se embarquen nunha misión na Costa Azul, concretamente na mansión da familia Catledge. Jacki Weaver interpreta a Grace, a matriarca, e Hamish Linklater e Erica Leerhsen, interpretan os fillos desta. Stanley preséntase alí facéndose pasar por un home de negocios chamado Stanley Taplinger co obxectivo de desenmascarar a nova vidente Sophie Baker, quen se aloxa na mansión coa súa nai. Sophie chegou á casa Catledge porque Grace está segura de que pode axudala a contactar co seu defunto esposo, e nada máis chegar conseguiu chamar a atención de Brice, quen se namorou perdidamente dela.
Argumento:España, anos cincuenta. Montse xa non é xoven, perdeu a súa xuventude coidando da súa irmá pequena, encerradas nun sinistro piso do centro de Madrid.
A súa nai morreu no parto da pequena, e o pai non pudo soportalo. Fuxiu covardemente deixándoas soas. Obrigada a ser pai, nai e irmá maior, Montse escóndese da vida, entre catro paredes, alimentando un temperamento obsesivo e desequilibrado: padece de agorafobia, e non pode dar un paso fóra de casa. Ela non entende o que lle sucede, e o sufrimento que esa estraña enfermidade lle xera obrígaa a refuxiarse nun mundo de Nosos pais e Avemarías.
Montse traballa de costureira e o único que a une coa realidade é a nena, unha nena que está deixando de selo. Un día, esa cadea rompe: Carlos un veciño novo e irresponsable, ten a desgracia de caer pola escaleiras, buscando axuda na única porta á que foi capaz de arrastrarse.
Argumento: O Club dos Incomprendidos céntrase en Valeria, unha moza que se acaba de trasladar a Madrid tras a separación dos seus pais. No seu novo instituto, Valeria vese obrigada a asistir a unhas reunións co orientador ás que tamén acoden outros compañeiros de clase.
O que nun principio parecería un mal comezo para a nova existencia de Valeria, acábase convertendo no inicio dunha incrible experiencia vital. Novas amizades, unha cidade chea de posibilidades, o primeiro amor... intensas experiencias que cambiarán para sempre as vidas deste novo grupo de amigos. Acaba de nacer O Club dos Incomprendidos.
Juan Jiménez
Ricardo Lamazares
Alejandro Carballeira
Ficha Técnica
Director:
MAXIA Á LUZ DA LÚA
Woody Allen
Reparto: Colin Firth, Emma Stone, Simon Mcburney, Eileen Atkins, Jacki Weaver, Hamish Linklater, Marcia Gay Harden, Erica Leerhsen, Catherine Maccormack, Kenneth Edelson, Jeremy Shamos
MUSARAÑAS
Esteban Roel
O CLUB DOS INCOMPRENDIDOS
Carlos Sedes
Reparto: Charlotte Vega, Ivana Baquero, Álex Maruny, Patrick Criado, Aitana Sánchez –Gijón, Yon Gonzalez
12 RINCÓN LITERARIO
Miro os teus ollos, e vexo,
Como sofres a dor.
Non estás soa, tranquila,
Tenos arredor.
Se catro xa son unha piña
Mira se dará piñóns.
Que xa somos centos e miles
para ver como te repós.
Sei que te sentes soa,
Pero tranquila, que son moitos,
E aínda que pareza unha milonga
ofrecémonos de escudos.
Aínda que sobran as palabras
non vos afundades no camiño.
Que agora que estamos xuntos
cambiaremos o destino.
Xa abonda de esconderse,
Nin de sufrir o maltrato.
Que sei que non o buscastes
E por desgracia tocouvos.
Non hai que vivir con violencia
E menos senón vola buscastes.
Destes o voso corazón
E pena, burláronse.
Ofrecemos as vosas mans limpas
Para que vos enfrontedes a iso.
E aínda que sexa un pouco escondidas
alcedes a voz e fagádesvos eco.
Para todos aqueles pobres
que queiran vivir en paz.
Xuntémonos todos xuntos
e berremos como os hippys
¡QUE VIVA A LIBERDADE!
José A. Vázquez Ciriza
Usuario do Taller Prelaboral de Monterroso
13 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
Enrique Sanmartín
De súpeto pasa
o tempo e
esquézome de
ti por completo,
porque sei que
segues aí, acompañándome
nesta vida,
para conseguir que
te síga querendo
como o primeiro
día que te
coñecín
Esquecemento
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE