real concertos filharmonÍa de galiciaauditorio de galicia real filharmonÍa de galicia 2017 →...

16
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro Gaos Fernando Briones director do Coro Marina Monzó Soprano (Amina) Jesús León Tenor (Elvino) Felipe Bou Baixo (Conde Rodolfo) Eva Tenorio Soprano (Lisa) Pedro Martínez Tapia Barítono (Alessio) Nuria Lorenzo Mezzosoprano (Teresa) Pablo Carballido Tenor (Notario) CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con Daniel Diz, director artístico de Amigos da Ópera de Vigo José María Miranda, Secretario de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

Upload: others

Post on 10-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

VENRES 6 OUTUBRO 201720.30 hAuditorio de Galicia

Manuel Coves directorCoro GaosFernando Briones director do Coro

Marina Monzó Soprano (Amina)Jesús León Tenor (Elvino) Felipe Bou Baixo (Conde Rodolfo) Eva Tenorio Soprano (Lisa)Pedro Martínez Tapia Barítono (Alessio)Nuria Lorenzo Mezzosoprano (Teresa)Pablo Carballido Tenor (Notario)

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con Daniel Diz, director artístico de Amigos da Ópera de VigoJosé María Miranda, Secretario de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

Page 2: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

2

PROGRAMA

PRODUCIÓN

Colabora:

Duración aproximada do concerto: 2 horas e 20 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

VINCENZO BELLINI (1801-1835)

ÓPERAA Somnámbula (versión concerto)

Ópera de Vincenzo Bellini e libreto de Felice Romani.Estreada no Teatro Carcano de Milán en 1831.

Acto I

Pausa

Acto II

Page 3: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

3

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Violíns I James Dahlgren (Concertino)Adriana Winkler (Axuda de Concertino)Ildikó Oltai **Elina ViksneIlya FisherMichal RyczelAnna AlexandrovaClaudio GuridiYulia PetrushevskayaVictoria JurovJuan Gomollón (R)

Violíns IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Irina GruiaNatalia CidKiyoko OhashiSamira AjkicNazaret Canosa (R)Enrique RocaHumberto Cao (R)

ViolasTilmann Kircher *Natalia Madison **

Oxana BakulinaTimur SadykovIriana FernándezIonela CiobotaruAnne Schlossmacher

VioloncellosPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielAlejandra Díaz (R)Carlos García Millán Abeledo

ContrabaixosCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FrautasLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓboesChristina Dominik *Avelino Ferreira (R)

ClarinetesBeatriz López *Vicente López **

FagotesJuan Carlos Otero *Antonio Gómez (R)

TrompasJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Millán Molina (R)

Trompetas Javier Simó *Ramón Llátser **

TrombónsEsteban Méndez (R)Iago Ríos (R)Brais Molina (R)

TimbalJosé Vicente Faus *

PercusiónGermán Agulló (R)Pablo Cabanelas (R)

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 4: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

4

MANuEL COVES Director

Nace en Xaén. Estuda piano, música de cámara e dirección de orquestra. Entre os seus traballos máis destacados inclúense a dirección musical da inauguración dos Teatros del Canal de Madrid xunto a Albert Boadella; a antoloxía Viva Madrid nos Teatros del Canal; Teatro Julio Mario Santo Domingo de Bogotá e a ROH de Muscat; Metrópolis, Amadeu, La Revoltosa, La Verbena de la Paloma e El Caserío nos Teatros del Canal; Candide no Auditorio de El Escorial e Teatros del Canal; as reposicións de Amadeu nos Teatros del Canal, Baluarte de Pamplona e Campoamor de Oviedo; Carmen e Luisa Fernanda no Teatro Julio Mario Santo Domingo; Entre Sevilla y Triana no Teatro Arriaga de Bilbao; Pepita Jiménez no Teatro Argentino de La Plata; Otello no Teatro Principal de Palma de Mallorca; La Bohème no Festival de El Escorial e Palau de Les Arts de Valencia; Isabel no Teatro de la Zarzuela; O Mesías co Ballet Nacional del Sodre; Sorolla co Ballet Nacional de España no Liceu de Barcelona; El Caballero de la triste figura nos Teatros del Canal; Don Carlo e El Amor Brujo con La Fura dels Baus nos Teatros del Canal; Don Carlo en El Escorial; Carmen coa Compañía Nacional de Danza en Cagliari, Festspielhaus St. Pölten, Teatros del Canal e Teatre Principal de Palma; Don Quijote no Teatre de Sant Cugat, Teatro Arriaga, Carlo Felice de Génova e Teatro de la Zarzuela; ou Carmen co Ballet de Victor Ullate no Escorial e no Teatro Campoamor.

Entre as orquestras coas que ten traballado destacan a Sinfónica de Madrid, Comunidad Valenciana, Teatro Lírico de Cagliari, Sinfónica de Bilbao, Comunidad de Madrid, Sinfónica del Gran Teatro del Liceo, Sinfónica de Baleares, Oviedo Filarmonía, Extremadura, Verum, Sinfónica de Sant Cugat, Filarmónica de Málaga, Estable del Teatro Argentino, Sinfónica del Teatro Nacional de Brasilia, Nacional de Colombia, Nacional de Ecuador, Sinfónica de Loja e a Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid. Gravou para Naxos Música de Cámara de R. Halffter coa ORCAM.

Os seus compromisos na temporada 17-18 inclúen Romeo e Xulieta no Liceu, Sorolla co BNE no Teatro Real, Electra con BNE na Zarzuela, Don Quijote coa CND no Teatro de la Maestranza, El Pintor nos Teatros del Canal e Carmen co Ballet de Victor Ullate en Murcia e na Maestranza.

Page 5: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

5

MARINA MONZó Soprano

Nace en Valencia en 1994. Aos catro anos inicia os seus estudos de piano e, máis tarde, de frauta traveseira e canto no conservatorio. Durante esa época formou parte do coro de nenos do Palau de Les Arts. Na actualidade estuda no Conservatorio Superior de Música de Valencia. Ten realizado diferentes clases maxistrais con mestres do talle de Mariella Devia, Isabel Rey, Juan Diego Flórez, Daniela Dessi, Alberto Zedda, Ana Luisa Chova ou Enedina Lloris, entre outros. Ten actuado como soprano solista en oratorios como Exultate, Jubilate de Mozart, O Mesías de Haendel, Requiem de Bob Chilcott ou Carmina Burana de Carl Orff.

En 2015 preséntase no Teatro Real de Madrid, nun concerto onde compartiu escenario con grandes artistas como Juan Pons, Gregory Kunde, Carlos Álvarez, Norma Fantini, Carlo Colombara, Silvia Tro, Aquiles Machado, Nancy Fabiola Herrera ou Isabel Rey, entre outros. En 2016 debutou na temporada de ópera de Bilbao co rol de Amina na ópera A Somnámbula de Bellini. Ese mesmo ano forma parte da Accademia Rossiniana de Pésaro co mestre A. Zedda e debuta en A viaxe a Reims (como a Condesa de Folleville) no Rossini Opera Festival. Tralo éxito obtido, foi convidada a participar na edición de 2017 do festival con La Pietra del Paragone. Así mesmo, foi convidada por Juan Diego Flórez para actuar con el nalgúns concertos conmemorativos dos seus 20 anos de carreira, como os que tiveron lugar en Pésaro e no Teatro Real de Madrid.

En 2017 debuta nas temporadas do Teatro de la Zarzuela coa ópera As chinesas en coprodución coa Fundación March, no Teatro Filharmónico de Verona repetindo como a Condesa de Folleville en A viaxe a Reims e no Festival de Ópera Alfredo Kraus das Palmas de Gran Canaria co rol de Sophie en Werther. En 2017/18 debutará nas temporadas de ópera da Coruña e Vigo, na Omán Royal Opera House e no Teatro Real de Madrid. Ademais, regresará ao Teatro de la Zarzuela co rol protagonista feminino de La Tabernera del Puerto.

Page 6: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

6

JESúS LEóN Tenor

O tenor mexicano Jesús León comezou a súa formación vocal co tenor cubano Jesús Li. Estudou na Opera Studio da Universidade UCLA, na Solti Accademia di bel Canto, no Instituto da Ópera de Boston e no Programa de Xoves Artistas Domingo Thornton da Ópera de Los Ángeles. Formouse durante dous anos en Italia baixo a dirección da soprano Mirella Freni.

Os seus compromisos para a temporada 2017-18 inclúen o rol do duque en Rigoletto (Ópera de Steinbruch), Edgardo en Lucía de Lammermoor (Florida Grand Opera), concertos de Nadal coa Real Filharmonía de Liverpool e o seu papel debut como Ismael en Nabucco (Ópera de Niza e Ópera de Toulon).

Outros dos seus compromisos recentes foron Romeo e Xulieta (Ópera de Atlanta), Arturo en Os puritanos (Maggio Musicale Fiorentino de Florencia), Tebaldo en Capuletos e Montescos (Teatro Massimo Bellini de Catania), Elvino en A Somnámbula (Teatro Bellini de Catania, Teatro Comunale Mario del Monaco de Treviso, Teatro Comunale Ferrara e Teatro Alighieri Ravenna), Nadir en Os pescadores de perlas (Ópera de Firenze, Teatro Regio de Parma, Teatro Luciano Pavarotti de Modena, Korea National Opera de Seúl e Daegu Opera House), Paris en A bela Helena (Teatro Châtelet de París), Ernesto en Don Pascual (Teatro de Innsbruck en Austria), Alfredo en La Traviata (Scottish Opera, Dijon Opera, Theatre Caen) e Don Ottavio en Don Giovanni (Garsington Opera e Birgitta Festival).

Ten actuado coa Royal Philarmonic Orhestra, Birmingham Symphony Hall, Barbican Hall, Wigmore Hall, Orchestra Verdi de Milán ou a Orquesta Sinfónica de Minería (México). A súa gravación debut Bel Canto coa Filharmónica de Liverpool, que inclúe arias de Vicenzo Bellini, Gaetano Donizetti e Giuseppe Verdi, foi publicada en 2015 por Opus Arte.

Page 7: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

7

FELIPE BOu Baixo

Licenciado en Dereito en 1990 e discípulo de Antonio Blancas e Alfredo Kraus, debutou con Marina en Bilbao (1994) e internacionalmente con Os pescadores de perlas en Toulouse (1998). En 2000 participou na produción conmemorativa do centenario de Tosca (Roma), xunto a Pavarotti, Plácido Domingo e Zeffirelli. Dende entón canta roles como Raimondo en Lucía de Lammermoor e Ramfis en Aida (Düsseldorf), Frei Lourenzo en Romeo e Xulieta (Tokio), Rodolfo en A somnámbula (Leipzig), Don Pascual (Madrid), Colline en La Bohème (Festival de Bregenz), Sparafucile en Rigoletto (Teatro Regio de Parma en xira a México, Pekín e Mascate), Ferrando en Il Trovatore (Festival Verdi de Parma), Creonte en Medea (Palermo), Basilio en O barbeiro de Sevilla (Ópera Estatal de Viena), Baltasar en A favorita (Santiago de Chile), Wurm en Luisa Miller (Nápoles); e Marke en Tristán e Isolda, Fasolt en O ouro do Rin e Felipe II en Don Carlos (Oviedo).

Recentemente debutou como Enrique VIII en Anna Bolena (Tenerife), Laurence en Romeo e Xulieta de Berlioz (Beirut), A morte en O emperador da Atlántida (Las Palmas) e no rol titular de A morte do bispo de Brindisi (Madrid/ORTVE). Tamén vén presentándose con éxito como Massimiliano en Os bandidos, Gremin en Eugene Onegin, Oroveso en Norma, Séneca en A coroación de Popea ou Sarastro en A frauta máxica. Actuou en teatros e festivais como os de Xénova, Roma, Montpellier, Saint-Denis, Estrasburgo, Xanghai, Niza, Avignon, Orange, Lieja, Zvolen, São Paulo, Piacenza, St. Gallen ou Fráncfort.

A súa discografía inclúe Turandot e Gianni Schicchi (Naxos) e Merlín (Decca); Don Giovanni (Liceu de Barcelona); ademais de versións de Giancarlo del Monaco de La Bohème do Teatro Real de Madrid, e La vida breve do Palau de les Arts de Valencia e Rigoletto xunto a Leo Nucci para ABAO. Tamén desenvolve unha variada actividade como concertista, destacando as súas intervencións no Stabat Mater de Rossini no Festival de Saint-Denis de París xunto á Orquestra Nacional de Francia, Messa per Rossini no Festival Radio France-Montpellier, a Novena Sinfonía de Beethoven no Palau de la Música de Valencia e A condenación de Fausto no Festival de Música de Canarias.

Page 8: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

8

EVA TENORIO Soprano

Comeza os seus estudos musicais na súa cidade natal, Sevilla, nas especialidades de Piano e Canto. Canta en diferentes coros de importantes teatros de ópera nacionais como a Maestranza de Sevilla, Teatro Real de Madrid e Coro de RTVE. Recibe clases maxistrais de grandes profesionais da lírica, entre eles Plácido Domingo, Teresa Berganza, Carlos Álvarez, Juan Diego Flórez, Mirella Freni, Ileana Cotrubas… En 2010 trasládase a Verona, onde estuda repertorio coa pianista Patrizia Cuarta.

Foi finalista no XXV Concurso Internacional de Canto Ciudad de Logroño e no Concorso Lirico Internazionale Mediterraneo (Italia). En 2011 gañou o Concurso Internacional Selezione Voci Liriche en Verona. Recibiu unha bolsa para o XIII Ciclo de Jóvenes Cantantes da Asociación Amigos de la Ópera de Madrid, ofrecendo un recital xunto á pianista Silvia Mkrtchyan.

Ten realizado numerosos concertos e actuacións tanto en España como no estranxeiro: Finlandia, Marrocos, Italia… Debuta con As vodas de Fígaro na Maestranza de Sevilla, baixo a batuta de Alain Lombard. Participou nas óperas As vodas de Fígaro (Susanna), Rita, Acis e Galatea (Galatea), O elixir de amor (Adina e Giannetta), Rigoletto (Gilda), La Bohème ( Musetta e Mimì), Don Pascual (Norina), O barbeiro de Sevilla (Rosina), Amahl e os visitantes nocturnos (Amahl) ou Carmen (Micaela). Traballou nos musicais El hombre de la Mancha e El fantasma de la ópera. Cantou en zarzuelas como La canción del olvido, La tabernera del puerto, El barbero de Sevilla, Marina, Música Clásica ou El dúo de la africana. No seu repertorio sinfónico destaca Exultate, Jubilate de Mozart, Requiem de Mozart, Misa da Coroación de Mozart, Requiem de Fauré, O Mesías de Haendel, Misa Tango Argentina de Palmeri, Carmina Burana de Orff, Segunda Sinfonía de Malher e El amor brujo de Falla.

Page 9: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

9

PEDRO MARTÍNEZ TAPIA Barítono

Nace na Coruña en 1984. Comeza os seus estudos musicais de piano aos trece anos, titulándose en 2006 no Conservatorio Profesional da Coruña. Con posterioridade trasládase a Madrid para estudar na Escuela Superior de Canto, onde se titula en 2012 como alumno de Manuel Cid. Ao longo destes anos recibiu clases dos mestres P. Carballido, M. J. Ladra, Juan Lomba ou Julián Molina; e asistiu a clases maxistrais de Bruno de Simone, Alberto Zedda, E. López Banzo ou Isabel Penagos, entre outros. Na actualidade é director da Coral Polifónica “El Eco”.

Ten traballado en escenarios como o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro e o Palacio da Ópera da Coruña, o Teatro Jovellanos de Gijón, Auditorio Martín Códax de Vigo, Catedral St. Martin de Bratislava ou o Academy Theater de Xanghai. Resultou semifinalista no IV Concurso Internacional de Música Antigua de Gijón. Ten cantado a Misa de Requiem de Faurè, Misa da Coroación de Mozart, Oratorio de Nöel de Saint Saëns, Misa en Sol maior de Schubert, Pequena misa solemne de Rossini, o Magnificat de Vivaldi, ou o oratorio Come, ye sons of art de Purcell. No repertorio de zarzuela ten interpretado La Gran Vía de F. Chueca, La rosa del azafrán de J. Guerrero, La revoltosa de R. Chapí ou El barberillo de Lavapiés de F. A. Barbieri.

No eido operístico ten participado como solista en títulos como Dido e Eneas de Purcell, La guerra de los gigantes de Durón, A médium de Menotti, Inés e Bianca de Marcial del Adalid, Marina de Arrieta, A frauta máxica de Mozart, O barbeiro de Sevilla e O señor Bruschino de Rossini, Lucrecia Borgia de Donizetti, Gianni Schicchi e Madama Butterfy de Puccini ou Un baile de máscaras, Rigoletto e La Traviata de Verdi. Producións firmadas por E. Sagi, M. Pontiggia, J. Font (Els Comediants), X. M. Rabón, C. Juri ou D. Carvajal; e dirixidas por R. Tébar, M. Panni, J. Pons, M. Á. Gómez-Martínez, R. Groba ou J. Gómez. Nelas ten compartido escenario con artistas do talle de Leo Nucci, Fiorenza Cedolins, G. Kunde, M. J. Moreno, Celso Albelo, Elena Mosuc, Mariella Devia, Mariola Cantarero ou Bruno de Simone, entre outros.

Page 10: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

10

NuRIA LORENZO Mezzosoprano

Licenciada en Canto polo Conservatorio Superior de Música da súa cidade natal, Vigo. Compaxina os seus estudos coas clases maxistrais da mezzosoprano Helga Mueller Mollinari en Verona. Recibe a Medalla de Galega Destacada 2014 en recoñecemento á súa traxectoria profesional como cantante lírica e directora de coros. Gañou o 2º premio nacional de España no concurso JJMM, 1º premio de Galicia no concurso Música Xove, 1º premio á Excelencia Musical na Coruña e o 1º premio á Interpretación Musical en Vigo; e finalista en varios certames internacionais. Foi elixida pola Fundación Pedro Barrié de la Maza para participar no V Ciclo de Xoves Intérpretes, no que resultou finalista. Recibiu unha bolsa da Universidade de Saint Louis (EEUU) para estudar interpretación da canción española.

Ten cantado por toda a xeografía española e parte de Europa e realizou unha xira polos teatros de Venezuela. Como cantante lírica ten actuado nos mellores teatros de España como o Liceo de Barcelona, Palacio Euskalduna de Bilbao, Teatro Arriaga, Teatro de la Zarzuela de Madrid, Palacio da Ópera da Coruña, Palau de la Música de Valencia, Auditorio de Galicia, Teatro Afundación de Vigo… En ópera e zarzuela debutou nos roles de Pepa en Agua, Azucarillos y Aguardiente, como Rosalía e Doña Elvira en Las de Caín, Geroma en La Marchenera, Paje en La Dogaresa, Dido e Sorceres en Dido e Eneas, Dorabella en Così fan tutte, Azucena en Il Trovatore, Lola en Cavalleria rusticana, Suzuki en Madama Butterfly, Vecchia Madelon e Condesa de Coigny en Andrea Chénier, Flora en La Traviata, 3ª dama en A frauta máxica, Mercedes en Carmen de Bizet, Dangeville en Adriana Lecouvreur, María en Le diable à Seville, Ninetta en As vésperas sicilianas de Verdi, a segunda serventa en Elektra, como monxa enfermeira en Sor Angelica, Alisa en Lucía de Lammermoor, Fata Verde e Cuco en A bela dormente e Imelda en Oberto, Conde de San Bonifacio.

En oratorio e música de cámara ten cantado o Stabat Mater de Pergolesi, Requiem de Mozart, Gloria de Vivaldi, Magnificat e A paixón segundo San Mateo de Bach, Pequena Misa de Rossini ou Oda á raíña Ana de Haendel.

Page 11: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

11

PABLO CARBALLIDO Tenor

Tenor, profesor de canto e director de coro, realiza os seus estudos no Conservatorio Superior de Música da Coruña. En 2011 gradúase na especialidade de Canto coas máximas cualificacións e Premio Extraordinario, baixo o ensino do mestre Antón de Santiago.

Tras unha intensa actividade concertística na súa época de estudante, participa con diferentes formacións en obras como Dido e Eneas de Purcell, El barberillo de Lavapiés de Barbieri, La del manojo de rosas de Sorozábal, Stabat Mater de Boccherini, O Mesías de Haendel, O rei David de Hönnegger, Pequena misa solemne de Rossini ou Magnificat de Bach. Participa como solista habitual nas principais temporadas de ópera de Galicia, baixo a batuta de grandes mestres e xunto a primeiras figuras da lírica mundial nos festivais de Amigos da Ópera da Coruña, Amigos da Ópera de Vigo e Festival Mozart da Coruña.

Dende 1999 é profesor titular de Canto e director do Coro da Escola Municipal de Música da Coruña. Foi mestre de Técnica Vocal do Coro Universitario da Coruña e do Coro de Cámara "Madrigalia". É director titular do Coro Infantil e Xuvenil "Cantabile" dende a súa fundación en 2002, co que gravou a banda sonora da longametraxe de animación De Profundis de Miguelanxo Prado e Nani García, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia; xa realizaron catro traballos discográficos en solitario e preparan importantes proxectos futuros.

Page 12: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

12

CORO GAOS Fernando Briones, director

Nace en 2010 como continuación do proxecto da Orquestra Gaos. Está constituído por 55 voces cunha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. A súa actividade repártese entre o repertorio a capella e a música sinfónico-coral, cunha especial énfase na ópera.

Dende os seus inicios participa no Festival de Amigos da Ópera e, con posterioridade, na Temporada Lírica da Coruña, en producións como Falstaff, Madame Butterfly, O barbeiro de Sevilla, Il Trovatore, Lucía de Lammermoor, O elixir de amor... Teñen traballado con grandes mestres como Alberto Zedda, Gómez Martínez, Ramón Tébar ou Keri-Lynn Wilson; con directores de escena como Gustavo Tambascio, Mario Pontiggia ou Alfonso Romeu; e voces como Celso Albelo, Bryn Terfel, Ainhoa Arteta, Gregory Kunde, Juan Jesús Rodríguez ou Marianne Cornetti.

En 2015 comeza a súa colaboración cos Amigos da Ópera de Vigo. En 2011 e 2012 participa no I e II Ciclo de Catedrais, cantando a Misa de Requiem de Mozart e a Misa de Gloria de Puccini xunto á Orquestra Gaos con motivo da celebración do 800 aniversario da Catedral de Santiago. En 2014 celebra o V aniversario a Orquestra Gaos coa interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven e a realización dunha xira por Cataluña, destacando a súa participación no 49º Festival Internacional de canto coral de Barcelona, no Palau da Música Catalá, así como concertos na Sagrada Familia, Basílica del Pi ou no mosteiro de San Cugat. 

En 2014 obtén o Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Corales Antonio José en Burgos e máis recentemente o Segundo Premio no XXXII Certamen Coral Internacional Vila de Avilés e o Segundo Premio no XLV Certamen Coral de Ejea de los Caballeros. En xullo deste ano participou no 63º Certamen Internacional de Polifonía y Habaneras (Torrevieja), onde recibiu o Premio do Público. En 2015 pon en marcha o proxecto Os minigaos, dous coros infantís, que xa contan con 55 integrantes.

Page 13: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

13

Sinopse

A acción desenvólvese nunha vila de Suíza, durante o século XVIII. Amina e Elvino están namorados. Alessio ama a Lisa pero ela tamén está namorada de Elvino. O problema desencadéase cando Amina aparece na cama do Conde Rodolfo, aínda que produto do seu somnambulismo. A voda xa planificada entre o rico Elvino e a pobre orfa Amina cancélase tralo enfado descomunal de Elvino, pouco disposto a que ninguén o convenza da inocencia de Amina. Un truco teatral montado ao redor do pano de Lisa, atopado na casa do Conde, aclárao todo.

Acto I

Nunha vila suíza, Amina está a piques de casar co xove e rico Elvino, do que a hostaleira Lisa está namorada. Chega, sen ser recoñecido polos aldeáns, o Conde Rodolfo, cuxas galanterías a Amina provocan os celos do noivo. Pola noite, Amina preséntase somnámbula na habitación do conde. É descuberta por Lisa, que dá conta do escándalo a Elvino e ao pobo. Ninguén cre na súa inocencia.

Acto II

Elvino rexeita a Amina e, por despeito, amósase disposto a casar con Lisa. O Conde Rodolfo intenta explicar ao pobo o fenómeno do somnambulismo, pero amósanse incrédulos ata que Amina aparece, somnámbula, atravesando unha fráxil ponte colgante, poñendo en perigo a súa vida e lamentándose amargamente do abandono do seu prometido. Queda demostrada a súa inocencia e, unha vez esperta, Elvino cóllea entre os seus brazos.

Page 14: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

14

È sogno o realtà?

Cando un grupo de empresarios milaneses, encabezados polo Duca Litta, fracasa no seu intento de facerse coa xestión do Teatro Alla Scala, optan por asumir a do veciño Teatro Carcano, nesas datas un rival á altura do templo lírico lombardo, e deciden fichar a un par dos mellores cantantes da época, Giuditta Pasta e Giovanni Battista Rubini. Completan o “staff” co coreógrafo Henry e o escenógrafo Sanquirico. Xa só lles queda subministrar o mellor material canoro e para tal fin fíxanse nos, para todos, mellores talentos entre os compositores emerxentes, Donizetti e Bellini. Encárganlle ao primeiro traballar co libretista Felice Romani para a ópera Anna Bolena na inauguración da temporada. Mesmo libretista asignan a Bellini, encargándolles unha ópera para a que escollerán o drama de Victor Hugo, Hernani.

A traxedia de Hugo fora estreada poucos meses antes, o 25 de febreiro de 1830, con gran impacto, quedando para moitos esa data como punto de referencia para sinalar o principio do Romanticismo.

Fora, como Bellini contaría epistolarmente ao seu amigo Florimo, por querer evitar problemas coa censura; fora polo retraso de Romani, demasiado dedicado á Anna Bolena, coa complicada translación a libreto operístico do texto de Hugo; ou fora porque o gran éxito da citada ópera donizettiana, tamén unha traxedia, provocou dúbidas en Bellini sobre a conveniencia de abordar tamén ese xénero; decidirase desbotar a idea inicial e pasar a un tema menos serio e que tamén parecía convencer a Pasta como desafío para cambiar de rexistro.

Tómase así a trama do ballet-pantomima La sonnambule, ou l’arrivéed’un nouveau Seigneur, de Scribe, con música de Hèrold, estreada en París no outono do 27 e que, á súa vez, se inspiraba na obra teatral La Sonnambule do mesmo Scribe en colaboración con Delavigne. O sonambulismo estaba lixeiramente de actualidade, con algúns estudos sobre o tema, e xa apelaba ao interese romántico polo descoñecido e o inconsciente, ademais as posibilidades dramáticas estimulaban a Romani e Bellini e motivaban a versatilidade de Pasta.

Bellini non ficara parado mentras esperaba material de Romani para o seu Hernani e compuxera varias partes que non dubidaría agora en aproveitar para a nova obra, e incluso para a seguinte, Norma. En calquera caso Bellini empeza a compoñer o 2 de xaneiro de 1831 e o segundo acto compono nas dúas primeiras semanas de febreiro, para estrear o 6 de marzo. Estas urxencias e rapidez distaban moito de ser o que o catanés quería e máis se cabe que o mesmo ano debía entregar Norma, estrea 26 de decembro, para a Scala. Resulta evidente que os resultados de tales urxencias e competencia non puideron ser máis exitosos.

Non deixa de sorprender que entre dous títulos que se levarán tan pouco tempo un, Norma, relevará a faceta máis dramática e romántica de Bellini, mentres que en Sonnambula cristaliza a innata

Page 15: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

15

musicalidade do autor, conseguindo unha ópera dos sentimentos na que a melodía é expresión primeira e última; causa e efecto. Unha melodía de tan sublime beleza que pode prescindir de artificios, textos ou teorías, para contaxiar coa maior simplicidade a alma de todo oínte, xa sexa erudito ou iletrado, pero como boa obra mestra conmovendo, en diferentes graos, a ambos, hipnotizados polo poder sedutor da música de Bellini.

A estrea, loxicamente, vai ser un gran éxito, cun teatro cheo no que, entre outros, está o compositor Mikhail Glinka, quen máis tarde escribiría que Pasta e Rubini cantaron cunha entrega absoluta, contaxiando ao público, no segundo acto, coa autenticidade do seu canto, do seu pranto. Por suposto outras opinións non foron menos eloxiosas entre a crítica que non escatimou gabanzas para cantantes e autores. Ese éxito motivou o inusual feito de que xa no mesmo ano se estrease en Londres, no King’s Theather, tamén con Rubini e Pasta. A España chegou en 1834 a Madrid e dous anos despois a Barcelona. Desde entón as mellores cantantes quixeron incluír no seu repertorio o papel de Amina, nomes como Malibrán, Tacchinardi-Persani, Viardot, Patti, Tetrazzini, Galli-Curzi, Callas, Sutherland, Scotto, Moffo, etc… asociaron a súa arte ao papel da campesiña. Entre os tenores, despois de Rubini abordaron as dificultades de Elvino nomes como Duprez, Mario, Stagno, Nicolini, Schipa, Kraus, Pavarotti, etc… Para entender o éxito de La Sonnambula non se pode obviar a gran sorte de contar con Pasta e Rubini para os papeis principais.

Giovanni Battista Rubini, alcumado ‘o Príncipe dos tenores’ dotado dunha beleza vocal innata e con especial capacidade para o canto elexíaco e para desenvolverse nas partes máis agudas, co uso do convencional por aquel tempo falsetto, foi tenor favorito de Bellini, compoñéndolle papeis, a parte do que nos ocupa, protagonistas en Bianca e Gernando, Il pirata ou I puritani. Non obstante, Bellini sempre buscou e incitou ao lombardo para que espremese máis a súa capacidade dramática e non o fiase todo á sedución tímbrica e ao patetismo do seu fraseo.

O papel de Amina parecía perfecto para a capacidade expresiva de Giuditta Pasta, quen encubría os seus problemas de entoación e o pouco homoxéneo da voz, coa capacidade de conmover ás audiencias. Das peculiaridades vocais da de Saronno dan mostra clara que lle escribisen ou cantase papeis como os rossinianos de Cenerentola, Tancredi, Semiramide ou a Desdemona, en Otello; ademais dos citados de Anna Bolena, Sonnambula ou Norma.

Unha crítica da época dicía: “Como en Semiramide, e no Tancredi, así se mostrou a señora Pasta no Otello, sempre diferente e sempre ben. Grave e digna raíña no primeiro drama, valente e amante no segundo, ou apaixonada esposa no terceiro; ela parece vestir con natureza calquera personaxe, interprétaos con facilidade e veracidade”.

Hugo Felgueres

Page 16: REAL CONCERTOS FILHARMONÍA DE GALICIAAUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 6 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Coves director Coro

PRóXIMOSCONCERTOS

MÉRCORES 11 OUTUBRO20.30 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMaximino Zumalave, director

J. Guridi, Diez melodías vascasA. Gaos, Granada. Un atardecer en la AlhambraM. de Falla, El sombrero de tres picos. Suites núm. 1 e 2

AuDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura