diario de sesiÓns do parlamento de galicia · gardar fidelidade á constitución e ao estatuto de...

180
DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Serie Pleno Número 147 Sesión plenaria 4 de febreiro de 2020 Presidencia do Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Santalices Vieira CSV: BOPGDSPGljj6fXblM2 Verificación: https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaSerie PlenoNúmero 147

Sesión plenaria4 de febreiro de 2020

Presidencia do Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Santalices Vieira

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 2: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ORDE DO DÍA

Punto 1. Debate e votación do ditame emitido pola Comisión non permanente de estudo paraa igualdade e para os dereitos das mulleres (10/SCNP-000002)Publicación do ditame e dos votos particulares, BOPG nº 592, do 20.01.2020

Punto 2. Texto lexislativo

Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G. P. Mixto, de bebidas azucradas(doc. núm. 57343, 10/PPL-000043)Publicación da iniciativa, BOPG nº 548, do 17.10.2019

Punto 3.Comparecencia

62533 (10/CPP-000120)Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre actuacións de me-llora nos hospitais comarcaisPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

Punto 4. Mocións

4.1 62806 (10/MOC-000177)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de sanidade pública(Moción consecuencia da Interpelación nº 59917, publicada no BOPG nº 578, do 17.12.2019,e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)Publicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 3.02.2020

4.2 62867 (10/MOC-000178)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Sobre a política do Goberno galego en relación cos dereitos e coas garantías da dignidadedas persoas enfermas terminais (Moción consecuencia da Interpelación nº 59959, publicadano BOPG nº 578, do 17.12.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)Publicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 3.02.2020

4.3 62916 (10/MOC-000179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSobre a política do Goberno galego en relación coa situación da atención primaria do sistemasanitario de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación nº 59392, publicada no BOPG nº572, do 04.12.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)Publicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 3.02.2020

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

2

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 3: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Punto 5. Proposicións non de lei

5.1 40693 (10/PNP-004271)Grupo Parlamentario MixtoSobre o recoñecemento e regulación polo Goberno galego da figura da enfermaría escolar eo impulso dun acordo entre as consellarías con competencias en materia de educación e sa-nidade para a dotación dunha praza nos centros públicos e privados concertados de ensinoPublicación da iniciativa, BOPG nº 548, do 17.10.2019

5.2 60188 (10/PNP-004496)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación do pro-xecto de construción dun centro comercial, dunha nova cidade deportiva e dunha zona verdesegundo o previsto no convenio asinado entre o Real Club Celta de Vigo e o Concello de MosPublicación da iniciativa, BOPG nº 584, do 07.01.2020

5.3 60646 (10/PNP-004519)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaJove González, Xan Xosé e Quinteiro Araújo, PaulaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para incrementar as posibilidadesde pesca do sector do xeito, garantindo a sustentabilidade da especie en augas interioresPublicación da iniciativa, BOPG nº 584, do 07.01.2020

5.4 60768 (10/PNP-004527)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaFernández Prado, Martín e oito deputados/as máisSobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reclamar do Goberno españolque rectifique a decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes as estaciónsferroviarias de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Re-dondela e tome as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nas esta-cións afectadasPublicación da iniciativa, BOPG nº 587, do 10.01.2020

5.5 60792 (10/PNP-004529)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis ManuelSobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para retomar o proxecto de cons-trución do Museo da Romanización de Galicia no cuartel de San Fernando en LugoPublicación da iniciativa, BOPG nº 587, do 10.01.2020

5.6 60973 (10/PNP-004535)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaSánchez García, Antón e Cal Ogando, MarcosSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para declarar a caducidade doprocedemento para a actualización e reapertura da mina de Touro por superar os prazos

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

3

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 4: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

para a súa tramitación sinalados no artigo 33.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avalia-ción ambientalPublicación da iniciativa, BOPG nº 587, do 10.01.2020

5.7 61815 (10/PNP-004598)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e cinco deputados/as máisSobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para reactivar as transferenciaspendentes do Estado, así como para impulsar a reforma da estrutura do Estado aos senti-mentos nacionais de pertenzaPublicación da iniciativa, BOPG nº 594, do 22.01.2020

5.8 61990 (10/PNP-004619)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaPuy Fraga, Pedro e quince deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coassolicitudes prioritarias fixadas na Axenda Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o 31 deoutubro de 2020.Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG nº 594, do 22.01.2020

Punto 6. Interpelacións

6.1 59241 (10/INT-002026)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e cinco deputados/as máisSobre a política do Goberno galego en relación co sector culturalPublicación da iniciativa, BOPG nº 569, do 27.11.2019

6.2 59818 (10/INT-002046)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e dous deputados/as máisSobre a política do Goberno galego en relación co incumprimento das obrigas reflectidas naLei de vivenda de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 576, do 13.12.2019

6.3 61707 (10/INT-002102)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaSolla Fernández, EvaSobre a regulación dos xogos e apostas en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 594, do 22.01.2020

Punto 7. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta

7.1 62567 (10/POPX-000187)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

4

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 5: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da rectificación das políticas que a cidadaníagalega está a contestar nas rúasPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

7.2 62568 (10/POPX-000188)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaSánchez García, AntónSobre a opinión do Goberno galego respecto do mantemento da afirmación de que esta é alexislatura do ruralPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

7.3 62569 (10/POPX-000189)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaCaballero Miguez, GonzaloSobre a opinión do Goberno galego respecto dos resultados da súa xestión en materia de sa-nidade pública despois de once anos de gobernoPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

Punto 8. Preguntas ao Goberno

8.1 62551 (10/PUP-000297)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis ManuelSobre a valoración que fai o Goberno galego do contido do Informe de fiscalización do Tri-bunal de Contas sobre as demoras na execución do AVE a GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

8.2 62562 (10/PUP-000298)Grupo Parlamentario MixtoVillares Naveira, Luis e tres deputados/as máisSobre as razóns da Xunta de Galicia para non escoitar as demandas cidadás respecto do pro-xecto de construción da estación intermodal de OurensePublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

8.3 60398 (10/POP-007080)Grupo Parlamentario Grupo Común da EsquerdaSolla Fernández, EvaSobre se o Goberno galego ten estudado algunha medida para evitar a perda de postos detraballo en EMESAPublicación da iniciativa, BOPG nº 584, do 07.01.2020

8.4 61594 (10/POP-007392)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e cinco deputados/as máisSobre que medidas pensa tomar o Goberno galego ao respecto da situación de EMESAPublicación da iniciativa, BOPG nº 594, do 22.01.2020

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

5

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 6: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

8.5 60617 (10/POP-007137)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaAntón Vilasánchez, María Ángeles e sete deputados/as máisSobre a valoración que fai a Xunta sobre os resultados para Galicia do último informe PISAPublicación da iniciativa, BOPG nº 584, do 07.01.2020

8.6 62524 (10/PUP-000295)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e catro deputados/as máisSobre as melloras inmediatas que vai levar a cabo o Goberno galego para rectificar a dete-rioración sanitaria na comarca de ValdeorrasPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

8.762545 (10/PUP-000296)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso e seis deputados/as máisSobre o balance que fai a Xunta de Galicia do actual grao desenvolvemento do Plan galegode atención primaria e dos seus resultadosPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 29.01.2020

8.8 61635 (10/POP-007398)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, JulioSobre a fase en que se atopa o informe sobre o fenómeno da soidade en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 594, do 22.01.2020

8.9 60474 (10/POP-007107)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e seis deputados/as máisSobre a valoración que fai o Goberno galego das actuacións levadas a cabo desde a sinaturadesta nova addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Ga-lega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Empresa Pública Servizos Agrarios Galegos,S.A. (Seaga)Publicación da iniciativa, BOPG nº 584, do 07.01.2020

8.10 61661 (10/POP-007421)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel e Vilar Chento, ÓscarSobre a notificación aos beneficiarios das axudas agroambientaisPublicación da iniciativa, BOPG nº 594, do 22.01.2020

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

6

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 7: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

SUMARIO

Ábrese a sesión ás dez e cinco minutos da mañá.

Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Es-tatuto de autonomía de Galicia dunha nova deputada. (Punto preliminar da orde do día.)

Antes de entrar na orde do día e en cumprimento do artigo 7.1 do Regulamento do Parlamento deGalicia, o señor presidente procede a solicitar a prestación de xuramento ou promesa de acatar egardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada donaMaría Dolores Candedo Gunturiz. (Páx. 12)

A señora María Dolores Candedo Gunturiz (M) promete acatar e gardar fidelidade á Constitucióne ao Estatuto de autonomía de Galicia. (Páx. 12.)

Cambio no desenvolvemento da orde do día

O señor presidente comunica unha modificación no desenvolvemento da orde do día consistenteen adiantar a comparecencia do señor conselleiro de Sanidade, que figura como punto terceiro, áque seguirán o debate dos textos dos puntos primeiro e segundo respectivamente. (Páx. 12.)

Comparecencia do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre ac-tuacións de mellora nos hospitais comarcais. (Punto terceiro da orde do día.)

Intervención do Goberno: Sr. conselleiro de Sanidade (Vázquez Almuíña). (Páx. 13.)

Rolda dos grupos parlamentarios: Sr. Villares Naveira (M) (Páx. 18.), Sra. Prado Cores (BNG)(Páx. 22.), Sra. Solla Fernández (GCE) (Páx. 25.), Sr. Torrado Quintela (S) (Páx. 28.) e Sr. Núñez Centeno(P). (Páx. 31.)

Réplica do Goberno: Sr. conselleiro de Sanidade (Vázquez Almuíña). (Páx. 35.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

7

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 8: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor presidente abre unha rolda especial de aclaracións, con dúplica do Goberno. (Páx. 40.) Nestarolda interveñen o señor Villares Naveira (M) (Páx. 40.), a señora Prado Cores (BNG) (Páx. 42.), aseñora Solla Fernández (GCE) (Páx. 44.), o señor Torrado Quintela (S) (Páx. 46.), o señor Núñez Cen-teno (P) (Páx. 48.) e o Sr. conselleiro de Sanidade (Vázquez Almuíña). (Páx. 50.)

Debate e votación do Ditame emitido pola Comisión non permanente de estudo para aigualdade e para os dereitos das mulleres. (Punto primeiro da orde do día.)

O señor presidente comunica os votos particulares presentados a este ditame que se manteñen parao seu debate en pleno. (Páx. 53.)

Presentación do ditame: Sra. presidenta da Comisión non Permanente de Estudo para a Igual-dade e para os Dereitos das Mulleres (Prado del Río). (Páx. 53.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre o ditame e, se é o caso,defender os votos particulares mantidos: Sr. Villares Naveira (M) (Páx. 54.), Sra. Presas Ber-gantiños (BNG) (Páx. 57.), Sra. Quinteiro Araújo (GCE) (Páx. 61.), Sra. Pierres López (S) (Páx. 63.) eSra. García Miguez (P). (Páx. 67.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre os votos particularesmantidos polos demais grupos ou de réplica: Sr. Villares Naveira (M) (Páx. 70.), Sra. PresasBergantiños (BNG) (Páx. 72.), Sra. Quinteiro Araújo (GCE). (Páx. 74.)

A señora Prado del Río (P) solicita a palabra e intervén, ao abeiro do artigo 76.1 do Regulamento,por alusións. (Páx. 76.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre os votos particularesmantidos polos demais grupos ou de réplica (continuación): Sra. Pierres López (S) (Páx. 77.)

e Sra. García Miguez (P). (Páx. 78.)

Votación do ditame da comisión

Votación do voto particular do G. P. Mixto ao Ditame emitido pola Comisión non Perma-nente de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres: rexeitado por 32 votos afavor, 39 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 80.)

Votación do voto particular do G. P. do Bloque Nacionalista Galego ao Ditame emitido polaComisión non Permanente de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres:rexeitado por 32 votos a favor, 39 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 80.)

Votación do voto particular do G. P. Común da Esquerda ao Ditame emitido pola Comisiónnon Permanente de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres: rexeitado por32 votos a favor, 39 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 81)

Votación do voto particular do G. P. dos Socialistas de Galicia ao Ditame emitido pola Co-misión non Permanente de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres: re-xeitado por 32 votos a favor, 39 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 81.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

8

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 9: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Votación do Ditame emitido pola Comisión non Permanente de Estudo para a Igualdade epara os Dereitos das Mulleres: aprobado por 39 votos a favor, ningún voto en contra e 32 abs-tencións. (Páx. 81.)

Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G. P. Mixto, de bebidas azucra-das. (Punto segundo da orde do día.)

Presentación da proposición de lei: Sr. Villares Naveira (M). (Páx. 82.)

Intervención dos grupos parlamentarios para fixar posicións: Sra. Presas Bergantiños (BNG)(Páx. 86.), Sra. Torregosa Sañudo (EM) (Páx. 89.), Sr. Torrado Quintela (S) (Páx. 92.) e Sra. FernándezMacías (P). (Páx. 95.)

Rolda de réplica: Sr. Villares Naveira (M). (Páx. 99.)

Votación da toma en consideración da proposición de lei

Votación da toma en consideración da Proposición de lei, do G. P. Mixto, de bebidas azu-cradas: rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 101.)

Suspéndese a sesión ás tres e trece minutos da tarde e retómase ás catro e trinta e dous minutos datarde.

Moción do G. P. Grupo Común da Esquerda sobre as actuacións que debe levar a cabo o Go-berno galego en materia de sanidade pública. (Punto cuarto da orde do día.)

Intervención do grupo autor da moción: Sra. Solla Fernández (GCE). (Páx. 102.)

Intervención dos grupos parlamentarios: Sr. Villares Naveira (M). (Páx. 105.), Sra. Prado Cores(BNG) (Páx. 107.), Sr. Torrado Quintela (S) (Páx. 108.) e Sra. Amigo Díaz (P). (Páx. 110.)

Nova intervención da señora Solla Fernández (GCE). (Páx. 112.)

Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas terminais. (Punto cuartoda orde do día.)

O señor presidente comunica as emendas presentadas á moción. (Páx. 113.)

Intervención do grupo autor da moción: Sra. Vilán Lorenzo (S). (Páx. 113.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Prado Cores (BNG) (Páx. 116.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Villares Naveira (M) (Páx. 118.),Sra. Solla Fernández (GCE) (Páx. 120.) e Sra. Rodríguez Barreira (P). (Páx. 121.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

9

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 10: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora Vilán Lorenzo (S) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 124.)

Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncoa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia. (Punto cuarto da ordedo día.)

O señor presidente comunica as emendas presentadas á moción. (Páx. 125.)

Intervención do grupo autor da moción: Sr. Torrado Quintela (S). (Páx. 125.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Prado Cores (BNG). (Páx. 129.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Villares Naveira (M) (Páx. 131.),Sra. Solla Fernández (GCE) (Páx. 132.) e Sr. Núñez Centeno (P). (Páx. 134.)

O señor Torrado Quintela (S) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 136.)

Votación das mocións

Votación da Moción do G. P. Común da Esquerda sobre as actuacións que debe levar a caboo Goberno galego en materia de sanidade pública: rexeitada por 32 votos a favor, 38 votos encontra e ningunha abstención. (Páx. 137.)

Votación da Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galegoen relación cos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas terminais:rexeitada por 32 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención. (Páx. 138.)

Solicitan a palabra e interveñen sucesivamente, para fixar o modo de votación da seguinte moción,a señora Prado Cores (BNG) (Páx. 138.) o señor Núñez Centeno (P) (Páx. 138.) e o señor Torrado Quin-tela (S). (Páx. 139.)

Votación da Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre. a política do Goberno galegoen relación coa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia: rexeitadapor 26 votos a favor, 38 votos en contra e 6 abstencións. (Páx. 139.)

Proposición non de lei, do G. P. Mixto, sobre o recoñecemento e regulación polo Gobernogalego da figura da enfermaría escolar e o impulso dun acordo entre as consellarías concompetencias en materia de educación e sanidade para a dotación dunha praza nos centrospúblicos e privados concertados de ensino. (Punto quinto da orde do día.)

O señor presidente comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 139.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Candedo Gunturiz (M). (Páx. 140.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Prado Cores (BNG) (Páx. 144.), Sra.Solla Fernández (GCE) (Páx. 146.) e Sr. Torrado Quintela (S). (Páx. 148.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Antón Vilasánchez (P). (Páx. 150.)

A señora Candedo Gunturiz (M) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 152.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

10

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 11: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Proposición non de lei do G. P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª Patricia VilánLorenzo e dous deputados/as máis, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego en relación coa tramitación do proxecto de construción dun centro comercial, dunhanova cidade deportiva e dunha zona verde segundo o previsto no convenio asinado entre oReal Club Celta de Vigo e o Concello de Mos. (Punto quinto da orde do día.)

O señor presidente (Calvo Pouso) comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei.(Páx. 153.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Vilán Lorenzo (S). (Páx. 154.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sr. Casal Vidal (M) (Páx. 157.) e Sr. BaráTorres (BNG). (Páx. 159.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Cal Ogando (GCE) (Páx. 161.) eSr. Pazos Couñago (P). (Páx. 162.)

A señora Vilán Lorenzo (S) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 165.)

Proposición non de lei do G. P. do Grupo Común da Esquerda, por iniciativa de D. Xan XoséJove González e Paula Quinteiro Araújo, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego para incrementar as posibilidades de pesca do sector do xeito, garantindo a susten-tabilidade da especie en augas interiores. (Punto quinto da orde do día.)

O señor presidente (Calvo Pouso) comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei.(Páx. 166.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Jove González (GCE). (Páx. 166.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Prado Cores (BNG). (Páx. 169.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Casal Vidal (M) (Páx. 171.),Sra. Otero Rodríguez (S) (Páx. 172.) e Sra. Egerique Mosquera (P). (Páx. 174.)

O señor Jove González (GCE) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 176.)

A señora Rodríguez Barreira (P) solicita a palabra e intervén para facer unha rectificación por unhainexactitude. (Páx. 177.)

Suspéndese a sesión ás oito e vinte e sete minutos da noite.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

11

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 12: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Ábrese a sesión ás dez e cinco minutos da mañá.

O señor PRESIDENTE: Ábrese a sesión. A orde do día está publicada no Boletín Oficial do Par-lamento de Galicia do día 30 de xaneiro, polo que non procedemos á súa lectura.

Xustificou a súa inasistencia a este pleno o deputado don David Rodríguez Estévez. E ademaiscomunico —como fixemos no pleno anterior— que dona Paula Vázquez Verao e dona AnaBelén Pontón Mondelo, por motivos que xa coñecemos, teñen delegado o seu voto —en con-creto, na señora Olalla Rodil e en don Luís Villares Naveira, respectivamente—.

Polo tanto, comezamos.

Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Es-tatuto de autonomía de Galicia dunha nova deputada

O señor PRESIDENTE: Como punto preliminar, procedemos á prestación de promesa ou xu-ramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galiciada nova deputada dona María Dolores Fátima Candedo Gunturiz.

Dando cumprimento ao previsto no artigo 7.1 do Regulamento, procedo a solicitar a presta-ción da promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto deautonomía da nova deputada. E farémolo de acordo coa fórmula de contestar «si, xuro»,ou «si, prometo» á pregunta desta presidencia.

Prégolle, señora deputada, que responda dende o escano á pregunta que lle vou formular.

Dona María Dolores Fátima Candedo Gunturiz, ¿xura ou promete acatar e gardar fidelidadeá Constitución e ao Estatuto de Galicia?

A señora CANDEDO GUNTURIZ: Si, prometo.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

Polo tanto, unha vez prestada a promesa, adquire vostede a condición plena de deputada.

Moitas grazas e benvida ao Parlamento.

(Aplausos.)

Cambio no desenvolvemento da orde do día

O señor PRESIDENTE: E agora continuamos coa orde do día. Hai unha alteración que xafoi comunicada a todos os deputados a través dos portavoces, polo que, en concreto,substanciamos primeiro a comparecencia —punto 3 da orde do día— e logo os textos le-xislativos.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

12

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 13: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Comparecencia do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre ac-tuacións de mellora nos hospitais comarcais

O señor PRESIDENTE: Para formular esta comparecencia ten a palabra o conselleiro de Sa-nidade, don Jesús Vázquez Almuíña.

O señor CONSELLEIRO DE SANIDADE (Vázquez Almuíña): Moi bos días, señor presidente eseñorías.

En primeiro lugar, quixera dar as grazas ao presidente e a todos os portavoces pola posibi-lidade deste cambio, que se debe a unha comunicación urxente por parte do Ministerio parater hoxe unha reunión en Madrid de todos os conselleiros de Sanidade polo problema do co-ronavirus. Polo tanto, moitísimas grazas.

Quero tamén dar a benvida á nova deputada e desexarlle os maiores éxitos tamén aquí.

Comparezo este día 4 de febreiro, Día mundial contra o cancro, por petición propia, parafalar das actuacións de mellora nos hospitais comarcais. A incorporación dos hospitais co-marcais á estrutura da atención sanitaria en Galicia comezou hai trinta e catro anos. O 14 demaio de 1986 puxéronse en marcha os hospitais da Mariña e de Monforte, para progresiva-mente ir uníndose sucesivamente todos os demais.

En Galicia contamos con sete hospitais comarcais que no seu conxunto atenden a case440.000 persoas —sería a maior cidade de Galicia—, fronte aos 370.000 que tiñamos haidez anos —unha diferenza do 9 %—. Na área da Coruña, o Hospital Virxe da Xunqueira; nade Santiago, o Hospital da Barbanza; na área de Lugo, os hospitais da Mariña e de Monforte;na área de Ourense, os hospitais de Verín e do Barco; e na área de Pontevedra, o Hospital doSalnés. A idea da súa creación foi a mesma que persiste logo de todos estes anos: acercar osservizos aos cidadáns buscando a maior accesibilidade e equidade.

A modificación da Lei de saúde 1/2018, do 2 de abril, como todos saben, representa unhablindaxe para os hospitais comarcais ao crear os distritos sanitarios dentro das áreas sani-tarias. Todos os hospitais son o centro do distrito, polo que se igualan en consideración legalaos hospitais centrais. Consolídase unha estrutura, unha organización, que é unha garantíade equidade e que fai posible proporcionar servizos complexos nestes centros, o que evitadesprazamentos dos pacientes e achega a atención aos seus lugares de residencia.

A evolución da asistencia nestas comarcas foi diferente segundo diversos factores: a anti-güidade do centro, o número de cidadáns que hai que atender, as características sociais des-tes ou a distancia do hospital central, entre outros. Pero en todos os casos o crecemento enservizos, en profesionais, en equipamentos e en infraestruturas é unha constante. Só no ano2019 se realizaron nos hospitais comarcais de Galicia 24.541 intervencións cirúrxicas,509.172 probas diagnósticas, e 564.492 consultas externas. E, ademais, cuns resultados es-pectaculares: a lista de espera cirúrxica está entre os 43,8 —dun dos hospitais— e os 31,2días de demora. Son as mellores de Galicia e loxicamente tamén de España. E a lista de esperaen consultas está entre os 42,4 días e os 27,7 días —aínda mellores datos—.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

13

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 14: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Quero expresar un agradecemento especial para todos os traballadores dos hospitais comar-cais de todas as categorías profesionais, que fixeron e seguen facendo posible a magníficaasistencia sanitaria dos seus veciños, e tamén para os profesionais que dende outros centrosse desprazan aos comarcais para enriquecer e completar a asistencia.

Nos seguintes minutos vou describir exemplos de melloras feitas desde a apertura de cadaun dos hospitais comarcais. Evidentemente, vou analizar exemplos e non o conxunto, porquesería imposible, dada a limitación temporal que temos.

O Hospital Virxe da Xunqueira, que pertence —como ben saben— á área sanitaria da Coruñae Cee, atende 37.440 persoas. En febreiro de 2018 leváronse a cabo as obras de ampliacióndo Servizo de Diálise, cun investimento de máis de 500.000 euros. Duplicouse a superficieda unidade, que pasou de 90 a 188 metros cadrados, o que permitiu que os postos de atenciónaos pacientes pasasen de 4 a 14. Na actualidade atende 24 pacientes —loxicamente cunhadiminución importante de desprazamentos de pacientes crónicos que necesitan tres veces ásemana ser atendidos—. Tamén hai consultas específicas de endocrinoloxía, de rehabilita-ción. Renovouse a área cirúrxica con lámpadas, ecógrafos e novas mesas cirúrxicas. Fíxosea reforma de esterilización. Dotouse a sala de partos de lámpada de fototerapia para os recénnados, báscula pesa-bebés, lámpada de paritorio de base rodable. E o Servizo de Urxenciasdotámolo dunha nova sala de médicos e de información aos pacientes.

En equipamentos, nestes últimos tempos incrementámolos con tensiómetros, básculas etallímetros de adultos, pulsioxímetro, holter, mapas, equipos de gas de CO2 en Dixestivo,novos ecógrafos en Uroloxía e Rehabilitación, campímetro, ecógrafo biométrico oftalmo-lóxico, cámara dixital, facoestimulador e aspirador en Oftalmoloxía, novos equiposBIPAP-CPAP e outros monitores de box en observación de Urxencias. Todo isto, comovemos, é incremento de servizos, incremento de espazos, de equipamentos e tamén depersoal.

En actividade, no 2019 pois falamos de 51.150 probas diagnósticas, 65.062 consultas e 3.330intervencións, actividade que se vén mantendo ou incrementando nos últimos anos. En listade espera é dos mellores datos que temos en Galicia, o que significa, como dicía antes, quetamén o son de España. É a primeira en demora de consultas, con 27,7 días, e a terceira enespera cirúrxica, con 34,8 días.

Na área de Santiago e A Barbanza, temos o Hospital da Barbanza, que atende 62.869 persoas.Estase neste momento realizando e construíndo un novo servizo de urxencias. Xa está fina-lizada a primeira fase de ampliación cara ao exterior, e no 2020 remataremos esta magníficadotación —posiblemente en torno ao mes de maio ou xuño—.

Entre as novas técnicas cirúrxicas implantadas o ano pasado está a intervención de lapa-roscopia no cancro de colon. Rehabilitación tamén ten novas prestacións neste centro, contacunha unidade de solo pélvico, a escola de ombro e ondas de choque. Tamén está a amplia-ción do ximnasio e a dotación de telémetros, manómetro, bicicleta, ondas de choque, des-fibrilador e microondas. Tamén se incrementaron as quendas de diálise —como a faseseguinte ao que fixemos en Cee— para pasar non só a luns, mércores e venres, senón tamén

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

14

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 15: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

a martes, xoves e sábado; loxicamente con incremento de persoal e, sobre todo, con maiornúmero de pacientes tratados.

En recursos humanos reforzamos a dotación médica do Servizo de Urxencias e tamén o ser-vizo de admisión. Abriuse un novo laboratorio con novo equipamento, obras de mellora enquirófanos, esterilización e endoscopias. Equipamentos: en consultas externas, báscula contallímetro, táboa de transferencia de pacientes, guantes crioxénicos; en consulta de dixes-tivo, insuflador de CO2, videocolonoscopios, videogastroscopios; en consultas de otorrino,fibroscopios; no Servizo de Urxencias, monitor multiparamétrico, sillóns eléctricos de tera-pia, tensiómetros dixitais, básculas con tallímetros; en paritorio, microondas, humidificador;e en quirófanos, seis ópticas para estes quirófanos. E tamén se reforza o equipamento dehospitalización: ecógrafos, sondas, tensiómetros, básculas, fibroscopio.

A actividade neste centro foi en 2019 de 77.086 probas diagnósticas, 90.598 consultas e 3.827intervencións cirúrxicas, e cunha espera de 36,8 días en cirurxía e de 42,2 días en consul-tas.

O Hospital de Monforte —dentro da área de Lugo, A Mariña e Monforte— atende 42.043persoas, cunha diminución de poboación nos últimos dez anos de aproximadamente o 14 %.Incrementáronse os profesionais —uns 28 profesionais máis—. Puxemos en marcha dife-rentes servizos co conseguinte incremento de persoal. Como dicía, estes 28 efectivos, ade-mais da apertura destes novos servizos, permitiron o reforzo dos existentes. Ademais, taméno dotamos hai uns meses de ambulancia medicalizada; de hospitalización a domicilio confacultativo e enfermeira; oncoloxía e hospital de día oncohematolóxico —polo que os pa-cientes desta comarca xa non teñen que desprazarse a Lugo para ser diagnosticados e aten-didos—; alergoloxía; tamén a consulta de enfermería en endocrinoloxía e nutrición—específicas para esta área en pacientes oncolóxicos—; implantación da base do 061 dentrodo hospital; a consulta postalta de urxencias; a consulta de patoloxía infecciosa de medicinainterna; o programa de atención farmacéutica a centros sociosanitarios e a terapia ocupa-cional para nenos en atención temperá, que deixan tamén, loxicamente, de desprazarse aLugo; medicina interna foi reforzada con facultativos, farmacia tamén; e no servizo de ur-xencias, hospitalización e pool, con enfermeiras e TCAE; tamén oftalmoloxía, cirurxía e xi-necoloxía. Todos estes servizos levan incremento de profesionais.

E polo que se refire a infraestruturas, melloramos a hospitalización; obra para o hospital dedía oncohematolóxico; melloramos e ampliamos as áreas de consultas externas e gabinete;melloramos a zona de anatomía patolóxica; instalamos tamén unha caldeira de biomasa e ou-tros investimentos que non son directamente sanitarios pero importantes tamén para a aten-ción.

Previamente ao inicio das obras da primeira fase do plan director realizamos diversas ac-tuacións para acondicionar os servizos e unidades que ocupan o espazo no que se vai exe-cutar esa primeira fase do plan director que logo comentarei.

En actividade fixéronse no ano 2019, 3.377 intervencións cirúrxicas, 70.922 probas diagnós-ticas e 93.977 consultas. Os resultados son tamén magníficos. De feito, en espera cirúrxica

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

15

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 16: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

é o hospital con menos espera de todos, con 31,2 días. E, en consultas, con 33,1 días taménestá entre os destacados.

O Hospital da Mariña, que atende 65.665 persoas —e tivo unha diminución de poboacióndo 8,9 %—, dotouse con 80 profesionais máis. Puxemos en marcha diferentes servizos ereforzamos outros existentes. Moi importante é o hospital de día oncohematolóxico en con-sulta de oncoloxía —como falabamos hai un momento tamén do Hospital de Monforte—.A unidade de retina, en oftalmoloxía, e a unidade de glaucoma; unha segunda sala de en-doscopias; tamén a triaxe Mánchester en urxencias; consulta de patoloxía infecciosa; uni-dade de patoloxía cervical en xinecoloxía; consulta de ostomía; programa de atenciónfarmacéutica en centros sociosanitarios; programa de atención a pacientes crónicos en fi-sioterapia; e dixitalización do arquivo de historias clínicas. Reforzáronse, como dicía, osservizos existentes, como o hospital de día médico, a hospitalización a domicilio e a hos-pitalización —debido ao incremento de habitacións coa nova obra de ampliación—, che-gando a un reforzo de 10 enfermeiras e 12 TCAE. Isto é importante, porque falamos moitasveces de que o investimento en obra non significa cobertura en persoal, pero claramentenestes casos constátase de forma fehaciente que si.

Tamén consultas e gabinetes se reforzaron en cirurxía, uroloxía, en anestesia, dixestivo, enendoscopias, laboratorio, anatomía patolóxica e farmacia. E tamén en psiquiatría para esaatención ás residencias sociosanitarias. E, por suposto, tamén unha cousa importante quecada vez é máis necesaria, que é unha persoa a responsable da calidade asistencial do centro.

Polo que se refire a infraestruturas, o investimento a maiores do plan director —do que fa-labamos agora— foi de 1.350.000 euros. Despois detallarei o plan director, que está aproxi-madamente nuns 15 millóns de euros. A apertura do hospital de día oncohematolóxico e areforma da farmacia supuxo un investimento importante, de 162.000, pero tamén houboque reforzar loxicamente a dotación. Tamén actuamos na área cirúrxica. A implantación datriaxe Mánchester levou unha reforma do espazo. E houbo unha serie de medidas, comodigo, que foron previas ás fases do plan director.

A fase 1.a) do plan director xa está rematada, coa ampliación do hospital, que ubica unhanova entrada ao hospital de día oncolóxico, o gabinete de exploración, nova área de consultase novas unidades de hospitalización de nova construción no edificio novo, o que levou, comodicía, a un incremento moi importante de persoal para atender esta nova hospitalización.

E a fase 1.b) está neste momento en execución, leva unha nova unidade de diálise, áreas ad-ministrativas e unha previsión de finalización en xuño de 2020, nuns meses.

O investimento da obra desta primeira fase do plan director foi de 12,8 millóns de euros, aoque temos que engadirlle 2,5 do equipamento que leva loxicamente a obra. Se sumamos oque é a obra previa para pór en marcha este plan director —que, como dicía antes, era de1.350.000—, fai que o investimento nos últimos anos no Hospital da Mariña fose de16.650.000.

E a actividade do Hospital da Mariña é unha actividade magnífica, é un hospital con granactividade: 134.958 probas diagnósticas, 112.000 consultas e case 5.000 intervencións cirúr-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

16

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 17: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

xicas. Ten tamén bos tempos de resposta, como diciamos antes. De feito, ten 43,8 días encirurxía e 39,6 días en consultas.

E quería destacar, para pór un exemplo de como se están facendo ben as cousas, que conesta estrutura e con estes profesionais, o hospital de día oncohematolóxico —que se iniciouao final do ano 2014—, tendo datos xa de meses completos, incrementou un 88 % os pa-cientes que son tratados. Desde o primeiro ano con actividade completa ata este último anopasou de 250 pacientes tratados alí —pacientes oncolóxicos— a atender neste momento471. Como dicía, é un incremento do 88 %, que evita que estes pacientes, pacientes nun mo-mento difícil, cun diagnóstico de cancro, sexan tratados na súa comarca. E hai un incrementoda consulta de oncoloxía do 92,7 %, de 2.680 no primeiro ano a 5.164 no último ano.

Polo tanto, hai que felicitar e agradecer, desde logo, o traballo do servizo de oncoloxía naárea sanitaria de Lugo, que está dando esa cobertura non só no Hospital de Lugo, no HULA,senón tamén nos dous hospitais comarcais.

O Hospital do Barco atende 30.363 persoas, cun decrecemento da poboación nos últimosanos dun 15 %. Neste hospital contamos con consultas de oncoloxía, nefroloxía, neuroloxía,dixestivo, reumatoloxía, endocrino e dermatoloxía, feitas por especialistas que desde o Hos-pital de Ourense se desprazan cando corresponde. E iniciamos tamén a hospitalización a do-micilio, HADO, que, como saben, neste momento se leva xa a todo o territorio comarcal.

O cadro de persoal nestes últimos cinco anos aumentou en 32 profesionais. E nos últimosanos fixemos distintas melloras, como a reforma do laboratorio de urxencias e melloras noequipamento de anestesia, de xinecoloxía e obstetricia, de esterilización e tamén na farma-cia, ou tamén nas áreas de oncoloxía.

A actividade, como tamén é evidente, é unha actividade moi importante, de 39.000 probasdiagnósticas, 62.000 consultas e 2.191 intervencións cirúrxicas, cunha demora de 37,4 díasen espera cirúrxica e de 42,4 días para consultas.

O Hospital de Verín atende 26.230 persoas, cun descenso do 14 % de poboación nos últimosdez anos, e ten consultas de oncoloxía, nefroloxía, neuroloxía, dixestivo, reumatoloxía ecardioloxía integramente por profesionais do que son os servizos integrados de toda a áreasanitaria, que se desprazan ata Verín. Tamén en cirurxía xeral, anestesia e en xinecoloxíareciben soporte desde Ourense. Tivo un incremento nestes últimos tempos de 48 profesio-nais, tanto en persoal facultativo como sanitario non facultativo e non sanitario.

Neste hospital a actividade tamén é unha actividade importante: 55.410 probas diagnósticas,67.000 consultas e 2.042 intervencións cirúrxicas. A lista de espera ten unha resposta moiboa. Cunha espera cirúrxica de 31,4 días é a segunda de todos os comarcais, e, por tanto, asegunda de todos os hospitais de Galicia. Tamén en consultas, con 30,6 días, é a segunda.

E, por último, rematando este resumo na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, o Hospitaldo Salnés é un hospital que atende 73.201 persoas, cunha diminución de poboación nos últi-mos dez anos do 3,5 %. Este hospital iniciou a súa actividade no ano 2000, o 18 de decembro,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

17

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 18: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

e nese momento contaba con dous profesionais para a atención en consultas, que atenderonese día concretamente 40 persoas. Enseguida foi incrementándose a actividade, loxicamente,con todos os servizos que temos que cubrir. Agora mesmo pasamos, do ano 2008 ao 2019, aun incremento global do 33 %. Pasamos de 262 profesionais no ano 2008 a 350 traballadores,o que significa 88 profesionais máis. É certo que diminuíu o persoal directivo, que pasou de4 a 2, pero nas demais categorías profesionais incrementáronse de forma notable.

E loxicamente houbo melloras asistenciais. Destaca a cobertura de todo o distrito por uni-dades de hospitalización a domicilio ou tamén que este hospital sexa o único da rede do Ser-gas con certificación IHAN, que, como saben vostedes é a Iniciativa pola Humanización daAsistencia ao Nacemento e á Lactancia, que é unha iniciativa da OMS e de Unicef.

Desde outubro de 2019 ponse en funcionamento tamén unha ambulancia medicalizada parao Salnés, que se ubica na área de urxencias.

No Plan director do Hospital Comarcal do Salnés investíronse 14 millóns de euros entre obrae equipamento —un plan que durou entre o ano 2009 e 2017, aínda que estamos neste mo-mento na parte final—. Estas obras realizadas foron: a terceira planta de hospitalización —incremento de camas dun 45 %—; unha nova área de urxencias —desde logo, agora mesmoé das áreas de urxencias con maior superficie e con 39 locais fronte aos 18 que tiña ante-riormente—; unha nova área obstétrica —pasouse dunha sala polivalente cunha bañeira noano 2008 a un total de 5 locais, 2 salas de UTPR, 2 salas polivalentes e un posto de atencióná recuperación—; unha nova área cirúrxica, que pasou de 3 a 5 quirófanos; unha nova áreade recuperación postanestésica do hospital de día; unha nova área de diagnóstico por imaxe.E, en canto a consultas, pasou de 16 locais que había no 2008 a 29 na actualidade. Claramenteé unha gran transformación do centro entre cando se iniciou, no ano 2000-2001, e o quetemos neste momento.

A actividade é reflexo de todo isto que acabo de comentar. No ano 2019 realizáronse 66.849probas, 85.458 consultas e 4.800 intervencións, moi cerca xa das 5.000. Os datos de lista deespera tamén son magníficos, como todos os comarcais. Na espera cirúrxica son 37,4 días epara consultas, 36,2 días.

Esta é a exposición, loxicamente resumida, do que foi a mellora desde os inicios —sobretodo nos últimos anos—. Pero na segunda intervención falarei dos proxectos de mellora quetemos para os próximos anos.

Moitísimas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, conselleiro.

Rolda dos grupos parlamentarios.

Polo Grupo Parlamentario Mixto, o señor Villares.

O señor VILLARES NAVEIRA: Bos días, señorías.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

18

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 19: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Señor conselleiro, como cuestión preliminar, o cancro combátese con I+D, con investimen-tos, non con lazos rosas. E non se combate un día só e con ese xesto, senón todos os días cosorzamentos. Así é como se combate. E mellórase a sanidade pública con investimentos e noncon reformas sanitarias que levan tamén á privatización dos servizos de investigación, so-meténdoos aos intereses das multinacionais e non ao interese xeral, que debería ser outrocompletamente diferente.

Mire, vostede obvia completamente cal é o motivo polo que vostede está aquí. Vostede estáaquí porque a Xunta de Galicia fracasou nos seus plans de desmantelamento da asistenciacomarcal nos hospitais comarcais en toda Galicia, e particularmente porque sufriu unhaderrota estrepitosa en Verín. Pasou por Verín en minuto e medio. Por certo, recoñecendoque tiñan unha programa para nacemento e lactancia pioneiro, e ademais avalado pola OMS—o único en Galicia—, non tiveron rubor ningún en suprimir o servizo do paridoiro. Senon é porque a cidadanía de Galicia se planta e lles planta cara a vostedes, alí seguían. Fi-xéronlle recuar por unha medida arbitraria, completamente discriminatoria, e non contabanvostedes coa resistencia completa da cidadanía, con todo o que ía suceder.

Vostede está aquí hoxe porque a Xunta de Galicia tiña unha política de maltrato sanitario quefoi contestada de forma abrumadora pola cidadanía de Galicia. Maltrato sanitario, non tenningunha outra explicación o desmantelamento da sanidade comarcal en Verín, igual que nou-tros sitios aos que agora me referirei. Pero é que, ademais, vai acompañada polo estrangula-mento do rural, porque a redución de servizos supón a redución de expectativas de futuro paraa cidadanía que vive en comarcas como a de Monterrei, pero tamén en calquera das outrascomarcas de Galicia ás que vostedes están asfixiando a raíz, particularmente, da reforma sa-nitaria do ano 2017, que foi, por certo, contestada pola maior manifestación —xunto conaquela outra que houbo contra a mina de Touro— dos últimos catro anos no noso país. Son,ademais, unhas medidas do seu departamento que producen unha fonda discriminación ásmulleres na atención sanitaria, e que xeran ou incrementan un risco denantes inexistente,cando se suprimiu o servizo de paridoiro no que agora tiveron que recuar.

Ben, podería explicar algo disto, ¿non? Porque veu vostede dar conta do que fixeron, non doque ían facer, do que levan feito. Ben, pois explique o por que desa decisión errática.

Mire, vostede vén aquí derrotado, e vén derrotada a Xunta de Galicia cunha rectificación quetivo que facer en toda regra porque, fronte ao seu intento de desmantelamento da sanidadepública no rural, fronte ao seu intento de maltrato continuado de carácter sanitario, fronteao seu estrangulamento do rural e á súa discriminación ás mulleres, prevaleceu unha cida-danía que quería coidados, que quería sanidade pública, que quería xustiza social e xustizaterritorial. Porque non nos abonda esa teoría hospitalocéntrica arredor de sete grandes cen-tros e a desertización sanitaria do resto do territorio. Non, a xente quere outra cousa dife-rente.

Hai unha loita que evidencia unha conciencia por unha sanidade pública, e iso, ademais,puxo en pé non soamente a área sanitaria de Verín —áreas sanitarias, como tal concepto,que vostedes fixeron desaparecer—, senón a todas as áreas sanitarias do país e todas as co-marcas do país. A reforma de 2018, ademais, levou a afondar en dúas ideas, na idea básica

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

19

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 20: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

da centralización dos grandes hospitais, detrás da cal se oculta unha idea básica de privati-zación cunha maior concentración de volume de negocio e de xestión de compras e servizos,a derivación á privada de forma estrutural. Son vostedes incapaces de planificar centros desanidade públicos que atendan de forma estrutural todas as necesidades da poboación eapóianse xa de forma estrutural na privada, de tal maneira que renuncian —non é unhasimple externalización, é unha renuncia— á asistencia sanitaria pública por parte da Xuntade Galicia. E está, ademais, baseada esta reforma do 2018 nun maior control político e nunhadinámica do hospitalocentrismo que relega a atención primaria e o reforzo dos hospitais co-marcais como próximos á cidadanía.

Nós pensabamos que, como isto era unha comparecencia de propaganda, sería algo máisextensa na dotación dos hospitais comarcais —ou nas pretensións— e, xa que estamos enano electoral, virían aquí a polo menos facer anuncios para intentar superar as dificultadesque teñen os hospitais comarcais e que son denunciadas continuamente polas plataformascidadás en defensa da sanidade pública, que son denunciadas polos profesionais e que sondenunciadas polas persoas usuarias e pacientes. Por certo, persoas usuarias, pacientes e pla-taformas que agora vostedes intentan, unha vez máis, censurar. E isto é inadmisible en de-mocracia. Ou sexa, que vostedes suprimen o servizo de pediatría e entón os usuarios eusuarias non poden dicir que se suprime un servizo de pediatría, ou que falta un médicoporque non se cobre a baixa, etc. Iso non se pode dicir, pódese facer pero non se pode dicir.E os usuarios e usuarias non poden queixarse, non poden poñer un papel agora dicindo: Aquínon hai servizo de pediatría porque a Xunta de Galicia non cobre unha baixa. Esa censura éinadmisible e é signo da decrepitude deste Goberno, que finiquita xa unha década ominosapara o noso país, e tamén en atención sanitaria; que, en vez de satisfacer as demandas so-ciais, non pode evitar caer na tentación de reprimilas. Por se alguén aínda non o sabe, me-diante unha instrución interna, o Sergas prohibe desde hai unha semana que se poidan poñercarteis que falen destas cousas, carteis que falen da realidade do que está pasando. E aíndateñen a caradura de dicir nesa instrución que a liberdade de expresión ten límites, ten lími-tes. (Murmurios.) ¡Claro que ten límites, claro que ten límites! E o límite é non poder denun-ciar as falcatruadas do Sergas, non poder denunciar o maltrato sanitario, non poderdenunciar o estrangulamento do rural, non poder denunciar a situación na que quedan asmulleres como consecuencia das decisións económicas e das decisións sanitarias da Xuntade Galicia. Eses son os límites á liberdade de expresión, criticar o Partido Popular é o límiteda liberdade de expresión. Pois non, señoras e señores, estamos en democracia e, polo tanto,as instalacións públicas non son o seu cortijo e non teñen vostedes dereito a facer iso.

Vén vostede aquí a dar conta sobre o que levan feito nos hospitais. E hai un enunciado aquí doque fixo, sobre todo, en relación co cemento. Pero moito menos —non sei se ao mellor o gar-dará como carta para a segunda intervención, xa cando os demais teñamos menos oportuni-dades de réplica— sobre a dotación, sobre a dotación de medios para os hospitais comarcais.É necesario, fai falta. Porque, claro, é que no Hospital da Mariña había partes nas que chovía,igual que en Verín. Cando chovía por fóra chovía por dentro, e entón era básico arreglalo, erabásico. Pero á parte diso, o que fai falta, sobre todo, é persoal sanitario —e tamén persoal nonsanitario que apoie as funcións que exercen os hospitais—, persoal, especialidades médicascubertas, tamén capacidade de xestión —suprimida tamén coa reforma sanitaria—, atenciónprimaria ben dotada, pediatras suficientes, etc.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

20

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 21: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Necesidades dos hospitais. Vén vostede aquí a falar do ben que están os hospitais comarcaisen lista de espera. Moi ben, e as listas de espera non estruturais, o tempo ese que pasa dendeque vas á consulta e che din que te chamarán para darche vez para a proba diagnóstica ataque che dan a vez, todo ese lapso de tempo que non figura na lista de espera, ¿cando o vaifacer público? ¿Cando vai facer pública toda esa situación que leva a uns datos reais que noscolocan á cola do Estado, entre as tres peores comunidades autónomas? ¡Si, si, as listas deagarda non estruturais! Vostedes maquillan perfectamente todo o ben que saben e poden asestruturais. E das non estruturais ¿por que non temos datos oficiais? Díganos por que. Poisporque non interesa, porque a realidade sería outra. Veña aquí na súa quenda e compromé-tase a facelas públicas. É fácil ¿non? Pois comprométase nesa situación.

Como teño pouco tempo —vostede teno ilimitado pero os demais estamos acoutados—,quero facer varias referencias concretas a varios hospitais concretos de carácter comarcal.Para empezar, ao Hospital de Verín, en relación co paridoiro e máis alá do paridoiro. A pri-meira é esa broma pesada do consentimento reforzado para determinados servizos daprestación sanitaria. ¿Por que razón se ten que prestar —á parte violentando seguramentea Lei de autonomía do paciente, etc.— á parte do consentimento informado un consenti-mento reforzado en relación coa asistencia ao parto e ao nacemento dos nenos e nenas enVerín? ¿Por que? Mire, se a prestación sanitaria é a adecuada, non fai falta un consenti-mento reforzado sobre unha asunción a maiores da responsabilidade. E se non é a ade-cuada, o que non se pode facer é ofrecer a prestación alí. Ou unha cousa ou a outra, peronon a cuestión intermedia que vostedes pretenden implementar. Polo tanto, rectifiquen,se fai falta, a mellora da atención, particularmente con persoal sanitario, dótena e, se con-sideran que de ningunha maneira van quedar vostedes ben cubertos, fagan o que teñanque facer. ¿Non se atreven a prestar o servizo en condicións normais? Temos os melloresprofesionais, temos o mellor servizo, dispoñan vostedes dos medios para que ese servizopoida funcionar.

Falta —como consecuencia tamén da recuperación do servizo— unha incubadora que per-mita os traslados, e a enfermería do paridoiro é insuficiente. Nas unidades de hospitalización—falo do Hospital de Verín— faltan carros de medicación; as fisioterapeutas teñen carga detraballo como para duplicar o servizo e non se fai; hai servizos infradotados —aos que vos-tede non fixo referencia—, en dermatoloxía, en trauma, en anestesia, en cirurxía, en reuma;en urxencias é mellorable, e o servizo de HADO é mellorable tamén.

Ao Hospital do Barco de Valdeorras —teño que ir rápido—poucas referencia fixo vostede—creo que ningunha, de feito—. Saíu a cidadanía esta fin de semana á rúa no Barco a pedirmellores servizos sanitarios, que se dote concretamente o servizo. Si, xa sei que vai dicir:Non, non, nós xa temos comprometido ese hospital agora, precisamente vostede me da péa... Ben, ¿que fixeron ata agora?, ¿cales son os prazos concretos?, ¿cal é a mellora concretana asistencia en atención primaria? Pois, seguramente, máis ben nada.

Mire as demandas concretas da Xunta de Persoal no Barco de Valdeorras: hai carencias enespecialidades no hospital comarcal...,

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

21

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 22: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor VILLARES NAVEIRA: ...en rehabilitación e en físios; hai un problema que non é dexestión, un problema de como se reformou a lei, e non se dan atendidas, pola dispersión dapoboación, todas as necesidades cos servizos cos que vostedes dotan o servizo do hospitalcomarcal; toda a rede de atención primaria, que é deficitaria, está sobrecargando o hospitalcomarcal, etc.

En Monforte —ao que tampouco fixo ningunha referencia— perdéronse servizos non sani-tarios. Faltan referencias de carácter estrutural no servizo de dixestivo, no servizo de en-fermería, nos técnicos de laboratorio, de farmacia, no cardiólogo —notoriamenteinsuficiente—, na rede de atención primaria, completamente desmantelada, que supón unhasobrecarga dos servizos de carácter estrutural, etc.

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares, terminou o seu tempo.

Grazas.

O señor VILLARES NAVEIRA: Quedo, coma vostede tamén, para a quenda de réplica, paraseguir recordando... (Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a señora Prado.

A señora PRADO CORES: Moi bo día.

Moi bo día, señor Almuíña.

¿De verdade que vostede, coa que está caendo, comparece aquí no Parlamento para facernosun relatorio desde a prehistoria dos hospitais comarcais a hoxe? ¿De verdade que ten estó-mago para vir aquí e facernos ese relatorio con todo o que está caendo? (Aplausos.) Eu deverdade que non saio do meu asombro. Eu estábao escoitando e a min —dígollo con fran-queza— parecíame aquilo de: Había unha vez nun país moi lonxano, moi lonxano, un rei eun conselleiro que eran tan bos, tan bos, cos seus súbditos que ata mantiñan abertos os hos-pitais comarcais e lles mandaban cousas para alí.

É que calquera que estivese escoitando non acabará de entender o que vén facer hoxe vostedeaquí. Porque vostede veu contar un conto de que hai hospitais comarcais e que lles mandan...Bueno, que están abertos. Porque, mire, o que vostede non contou é que, co decreto de xes-tión integrada que impulsou o Partido Popular no ano 2011, iniciaron o camiño de minguaros hospitais comarcais. Ao que logo se sumou a modificación da Lei de saúde do ano 2008—modificación do ano 2018— na cal eliminaron as áreas sanitarias propias onde estabaninseridos estes hospitais comarcais. Vostede o que non contou foi que deixaron os hospitaiscomarcais como apéndices dos grandes hospitais, nos que van concentrando e centralizandoos servizos e os recursos. Os hospitais comarcais quedan como meros apéndices.

O que vostede non contou é que todos os pasos que leva dando son para consolidar esa su-bordinación da atención primaria e dos hospitais comarcais aos grandes hospitais. Vostede

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

22

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 23: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

iso non o contou porque quere agochar a realidade. A realidade é que crearon un problema,que todo o mundo lles dixo que por aí non, que todo o mundo era consciente de cal era afolla de ruta do Partido Popular. E, con todas as medidas que foron tomando, a folla de rutaera minguar eses hospitais comarcais. Vostedes, pois, nesa folla de ruta foron eliminandorecursos, servizos, que logo tamén enumerarei. E chegaron ao punto de eliminar o paritorioe o servizo de urxencias pediátricas do Hospital de Verín.

Vostedes crearon un problema e pretenden agora vir como salvadores solucionando o pro-blema que vostedes crearon. Esa é a auténtica realidade. Onte reabriron o paritorio de Veríne as urxencias pediátricas, e Verín non se pecha. Xa está incorporado á historia de Galizacomo unha mostra máis de dignidade colectiva, de dignidade colectiva dos veciños e das ve-ciñas de Verín e da comarca de Monterrei, (Aplausos.) que saíron á rúa e estiveron pechadose pechadas sesenta e tres días para obrigalos a recuar. E, dende logo, son un orgullo de con-vicción, de exemplo, de resistencia, de defender o que é de todos, o que é público e o que écolectivo; neste caso, defender unha sanidade pública e de calidade, xa que vostedes estánactuando continuamente para que isto non sexa así. E, por esta mesma razón, este vindeirodomingo día 9 van volver saír á rúas de Compostela miles de galegos e de galegas obrigán-doos e dicíndolles que teñen que rectificar, e defendendo a sanidade pública e de calidade,manifestación que, evidentemente, o BNG apoia.

É inútil, señor conselleiro, que veña vostede aquí a traernos un estadillo. É inútil que inten-ten poñer un pin sanitario de censura. É inútil que pretendan amordazar os traballadores etraballadoras. (Aplausos.) É inútil que queiran impedir que se visualice cal é a realidade. Éinútil que intente que non se saiba o que xa é un clamor. Ese plan do Partido Popular contraa sanidade pública de Galiza, perfectamente deseñado, premeditado, metodicamente exe-cutado, pois está xa ao descuberto e xa non enganan practicamente a ninguén.

Teño que dicirlle unha cousa —dígoo porque vostede fixo aquí un estadillo—. Mire, antes,nos hospitais comarcais, incluso non había ningún profesional. Porque chega vostede aquíe di que no Hospital do Salnés, cando se inaugurou no ano 2000, soamente había dúas con-sultas externas. ¡Claro, e antes non había hospital! Dígoo por se non o sabía, antes non habíahospital. Claro, é que é un pouco duro escoitar como se pode vir aquí a facer un relatorio devinte ou de trinta anos.

Porque, mire, a realidade de todos os hospitais comarcais é que os cadros de persoal estáninfradotados —que é unha demanda por activa e por pasiva de practicamente todos—. Encanto ao caso do Hospital do Salnés, xa naceu pequeno, xa naceu con menos profesionaisdos necesarios para a área que teñen que atender. Pero é que, a maiores, iso non se foi so-lucionando. Hai demandas no persoal de enfermería, que é insuficiente; celadores, máis queinsuficientes. É unha queixa sistemática.

Mire, desde que se implantou a EOXI no Hospital do Salnés, eliminouse a Casa do Mar. O la-boratorio da Casa do Mar foi eliminado e 50 persoas todos os días teñen que desprazarse aoHospital do Salnés. Eliminaron neuroloxía e cardioloxía para a maioría da poboación queatende. Soamente atenden os veciños de Vilagarcía e de Vilanova. E soamente consultan, ninhai probas complementarias nin urxentes nin nada. O resto da comarca ten que ir a Ponte-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

23

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 24: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

vedra. Eliminaron iso, eliminaron subministracións, servizos de almacén, informática, re-cursos humanos, a cita previa xa non funciona pola tarde, as análises de mostras ambula-torias non están, na resonancia magnética limitaron o número de estancias. Podo seguirenumerándolle a cantidade de cuestións que se eliminaron no Hospital do Salnés.

Efectivamente, despois de anos de demanda dunha ambulancia medicalizada para o Salnés,neste último concurso hai unha ambulancia medicalizada para o Salnés. Iso si, de rebaixa,cun técnico menos dos que estaban prestando servizo. Isto está supoñendo un problema.Está supoñendo un problema porque vostede sabe que, para chegar aos sitios e para facerdeterminadas manobras, como RCP o axudar o persoal de enfermería e facultativos, sonnecesarios os dous. Ademais, eliminaron unha ambulancia de 12 horas que existía en Vila-garcía e que era necesaria. Co cal vostedes o que fan son servizos low coast para os hospitaiscomarcais.

No Hospital da Barbanza, o servizo de urxencias, a súa ampliación, tiña que estar rematadaen setembro, prometeron que ía estar rematada en setembro do ano 2019. Aínda non aca-baron a segunda fase e faltan dúas ou tres máis. E vostede vén aquí a dicir que igual estápara xuño de 2020, un ano despois. E veremos se iso é certo. O que vostede non di é que asespecialidades, desde a eliminación das EOXI, se deciden desde Compostela. Iso significaque, aínda que hai prazas que teoricamente están no Hospital da Barbanza, os profesionaisestán en Santiago e van á Barbanza de vez en cando, cada día un profesional diferente. Enoftalmoloxía teoricamente hai catro no Hospital da Barbanza, pero a realidade é que hai une medio —un e outro que é medio porque ten redución de xornada—. Os outros dous estánen Santiago. En uroloxía, o mesmo: de dous profesionais, un está xubilado e outro trasladadoa Santiago. Vai de vez en cando un. Esa é a realidade.

En canto a listas de espera, en traumatoloxía, despois da primeira consulta, despois de pedirunha resonancia para a segunda, tardan un ano, ¡tardan un ano, señor conselleiro! Podemosfalar do número de persoas que se derivan a Santiago continuamente para ingresar persoasmaiores —que é un día si e outro tamén—, persoas que, dende logo, non teñen familiarescon transporte para ir alí, que non teñen medios económicos, que non teñen acompañantes,que resulta que non se poden ingresar no Hospital da Barbanza porque non hai capacidadepara facelo a pesar de que o hospital está preparado para poder facelo porque quedou a es-trutura feita. Sabe que hai dúas terrazas na parte de atrás e que se podía facer, mais vostedesnon queren dimensionar os hospitais comarcais para que atendan a poboación de referencia.

Podemos falar do servizo de limpeza. ¿Que servizo de limpeza se está ofertando no Hospitalda Barbanza, señor Almuíña? Acaban de sacar un concurso onde eliminaron unha das dúaspersoas que estaban contempladas na quenda de noite. Só hai unha persoa de limpeza paratodo un hospital na quenda de noite, e na quenda de tarde non substitúen cando hai ausen-cias. Hai unha persoa para urxencias, partos, planta... E son as encargadas de baixar os exitus,de agardar a que chegue a funeraria. ¿Vostede cre que cunha persoa durante a quenda denoite se pode estar prestando un servizo minimamente de calidade? ¿Realmente o cre?(Aplausos.)

Seguimos.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

24

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 25: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En Verín, en reumatoloxía, dende o 1 de setembro, 1.700 persoas derivadas a Ourense; 500intervencións previstas derivadas a Ourense. «Un parto non é un infarto», esa é a súa frasede orde, un parto non é un infarto. Mais os problemas dermatolóxicos supoñemos que sonalgo máis que manchas, ¿verdade? Hai melanomas, carcinomas... Suponse que unha poboa-ción debería estar atendida. Vostede sabe que tipo de poboación é a desta comarca. Moitasdestas 1.700 persoas non van ter posibilidade de ir a Ourense, e non están indo. Vostede sabeque hai información de que non están indo a Ourense a estas consultas.

Medicina interna. Desde o 2008 inauguraron a hospitalización a domicilio. Moi ben, ¿quehospitalización a domicilio están instaurando vostedes no Barco ou en Verín? Acaba de dicirvostede que, para toda a comarca, un médico e unha enfermeira. Isócronas de 15 minutos éo que teñen determinado, que se despracen en isócronas de 15 minutos un médico e unhaenfermeira de luns a venres en horario de oficina, de oito a tres da tarde. E vostede di queestá completa a atención a toda a comarca. ¿De que está falando vostede? (Aplausos.) ¿De queestá falando? Están mentindo dun xeito abrumador. O resto do tempo que os dos PAC e aatención primaria se encarguen. E, mentres tanto, vostedes vivindo de anuncios e vivindode titulares de prensa.

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

A señora PRADO CORES: Eu, dende logo, non sei o que queren vender nin a quen queren en-ganar.

No Barco xa non hai xefatura de sección de Medicina Interna, o xefe de servizo está en am-pliación xa de xubilación. Cando se xubile, ¿que tipo de capacidade vai ter o Barco? ¿Vai dei-xar o Barco sen xefe de servizo e que dependa aínda máis de Ourense?

Seguirei despois falando dos que me quedan. Pero, en todo caso, señor Almuíña, eu agardoque vostede na súa segunda intervención sexa capaz de falarnos algo da realidade na queestán os hospitais comarcais do noso país e non da prehistoria destes hospitais.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

Polo Grupo Común da Esquerda, a señora Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

«Desde el punto de vista del Estado, la información se configura como uno de los servicios públicosde más hondo contenido y de más delicado tratamiento, ya que debe sujetarse a la obligación de pro-mover el bien común en orden de formar sanos criterios de opinión y difundir la más auténtica con-ciencia de nuestra patria» —Decreto do 15 de febreiro de 1952 do Ministerio de Información—.

Podería ter vido vostede para comparecer sobre a censura nos centros sanitarios hoxe aquí,señor Almuíña. Pero prefire vir facernos anuncios publicitarios. Aquel Ministerio de Infor-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

25

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 26: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

mación, aquel ministerio de censura, tiña tamén, eu creo, unha querenza por recortar a li-berdade de expresión, por suposto, dos funcionarios e das funcionarias públicas. Hoxe, des-graciadamente, atopámonos cunha Consellería de Sanidade que tomou unha decisión creoque bastante contraria á democracia e á libre expresión, dende logo, das críticas que podeter o persoal ou as persoas usuarias en relación coa súa xestión —a súa ou a de calqueraoutro conselleiro ou conselleira que poida estar no seu lugar, señor Almuíña—. Solicitámos-lle inicialmente que rectifique nesta decisión de censura aos traballadores do Servizo Galegode Saúde.

Podería vostede ter vido a falar desa censura previa, pero desgraciadamente hoxe vén fa-cernos anuncios. Tamén podería ter vido a falar da situación de atención primaria, do in-cumprimento dos acordos polos que se levantaron as folgas dos puntos de atencióncontinuada e de atención primaria. Mesmo podería ter decidido vir comparecer para falarnosdesa gravísima noticia que é que se amplíen as actuacións do Mecanismo Nacional de Pre-vención da Tortura en relación coa situación das persoas enfermas mentais no Hospital deConxo. Vostede sabe igual ca nós que se abriron dilixencias por parte do Defensor del Pueblo,a través dese Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, e que hai dous anos estivo vos-tede aquí contestando as nosas preguntas. Pero, desgraciadamente, a día de hoxe sabemos—tamén grazas ao Movemento Galego da Saúde Mental— que esa situación segue estandoasí tamén pola ausencia do seu compromiso, ausencia de publicación dun plan galego desaúde mental, o que levamos dez anos reclamándolle nesta Cámara. Vai rematar a lexislaturae vostedes seguen nunha situación na que lles dá absolutamente igual que se estea denun-ciando por parte deste Mecanismo de Prevención da Tortura que se vulneren dereitos fun-damentais de persoas que están ingresadas nesa institución.

Tamén podería vostede, xa que vén hoxe con esa reivindicación ou con esa conmemoracióndo Día de loita contra o cancro, vir falar da saturación do Servizo de Oncoloxía no ComplexoHospitalario de Vigo. ¿Por que os doentes se amorean nas salas de espera? ¿Por que persoasenfermas de cancro teñen que soportar esperas pola falta de persoal sanitario e da maqui-naria obsoleta? ¿Por que se maltratan persoas nunha situación de vulnerabilidade física epsicolóxica, como son as persoas enfermas de cancro?

Podería ter vido a tratar asuntos graves e importantes dentro da nosa sanidade pública. Perodecide vir hoxe falar dos hospitais comarcais, que, por suposto, son importantes —nós mes-mas interpelamos en relación coa situación dos hospitais comarcais no pasado pleno—. Senembargo, non vén hoxe aquí a trasladar a valoración —cuestionable, pero é a súa valoración—sobre a situación dos hospitais comarcais porque mostre un interese polos mesmos, senónporque vostedes teñen medo. Teñen medo á manifestación do vindeiro domingo —que, porsuposto, vai ser un éxito—. Teñen medo á mobilización social das familias, á mobilizacióndas mulleres, e a esa mobilización que —volvemos dicilo aquí— hai que agradecer a esas per-soas que estiveron de maneira estoica pechadas dentro do centro, que se mobilizaron e quemesmo pasaron alí os días de fin de ano, de Nadal, reclamando un dereito básico e funda-mental de atención sanitaria, que, nese caso era a reapertura do paridoiro. Vostedes teñenmedo e por iso vostede hoxe vén aquí para facer esta comparecencia intentando trasladar datospositivos sobre a súa xestión que intenten desmobilizar unha manifestación que —insisto—vai ser un éxito.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

26

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 27: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Teño que trasladarlle algo, señor Almuíña. Ese peche, esa loita pola reapertura do paridoiro,non só supuxo un fito na loita polos dereitos das mulleres, polos dereitos das nenas e nenos,polos dereitos, en fin, dunha comunidade a ter asistencia sanitaria pública en equidade decondicións co resto do territorio, senón que foi máis alá. Non se trataba unicamente de falardo servizo do paridoiro, é unha pelexa dos homes e das mulleres dos concellos e das parro-quias do rural, que lle están dicindo que teñen o mesmo dereito que calquera outro cidadánen Galicia a ter a mesma asistencia sanitaria. Iso é algo elemental, señor Almuíña, é un ele-mento que é básico da democracia nun país, que corresponde aos valores de equidade dentrodun sistema sanitario público. É do que hoxe debería vostede, probablemente, estar a falaraquí.

Nós xa o interpelamos no pasado pleno sobre esta cuestión, e hoxe sentimos moito que nonpoida estar pola tarde —por suposto o Consello Interterritorial tamén é relevante—, porquehoxe traemos unha moción que debateremos pola tarde para solicitar a este Parlamento quevalore que a Xunta ten que blindar o dereito á asistencia sanitaria nas parroquias e nos con-cellos do rural.

Somos todas iguais, todas iguais, e todas temos que ter os mesmos dereitos. E o orgullo deser galega e de ser galego no noso país é o mesmo para unha persoa que viva no Barco deValdeorras, en Verín, en Vigo, na Coruña, en Cee ou en Lalín. Iso ten que cubrirse co accesoa dereitos e servizos básicos, un elemento que non se está a cubrir, porque, pese aos datosque vostede ofreceu hoxe aquí —escasos nalgún elemento—, nós xa apuntamos tamén nopasado pleno, na interpelación, que había carencias graves, moi preocupantes, de falta deequidade en relación, por exemplo, con esa hospitalización a domicilio, cos servizos de me-dicina interna, elementos que foron discutidos nesta Cámara por activa e por pasiva en re-lación cos riscos que corría a poboación de perder servizos neses hospitais comarcais. Creoque todas as portavoces de sanidade dos diferentes grupos parlamentarios desta Cámara,fundamentalmente da oposición, lle trasladamos a vostede particularmente —tamén na Co-misión de Sanidade— a perda de servizos que todos eses hospitais estaban a sufrir. Peronon fixeron caso. É agora, porque teñen moito medo, cando veñen aquí comparecer parafalar da situación dos hospitais comarcais.

Eu pregaríalle, señor Almuíña —porque non o aclarou no pasado pleno—, que vostede pedisedesculpas e retirase esa enésima ocorrencia —se se me permite— que é ese consentimentoreforzado. No pasado pleno pregunteille en que consistía. Vostede non contestou e tivemosque rexistrar preguntas por escrito. É así, funciona deste xeito.

Teño que lembrarlle que os colexios médicos galegos veñen de tachar de inadmisible eseconsentimento reforzado que vostedes pretenden impoñer en Verín. Vostedes xeran inse-guridade xurídica, inseguridade nos profesionais e nas familias. Non entendemos por quevostedes atacan as mulleres, as familias e os profesionais. Creo que isto foi un intento deescape, de correr cara a adiante, escaleiras abaixo, ante un problema que non souberon abor-dar. Produciron vostedes un problema, non souberon solucionalo e dedicáronse a corrercosta abaixo, escaleiras abaixo, tropezando e xerando máis problemas. Vostedes non podenresolver un erro con máis erros. Polo tanto, vostedes están a tempo aínda de retirar este ele-mento, que é de todo inadmisible, efectivamente, como din os colexios médicos, que choca

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

27

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 28: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

contra a norma que regula a autonomía do doente e que xera unha diferenza entre o trata-mento a distintas persoas e entre os profesionais. A atención ao parto, e calquera outro tipode atención sanitaria, é igual en todos os centros galegos, non precisa dun consentimentodiferente. Vostedes non poden atacar a equidade, a base do sistema sanitario do que nos do-tamos todas e todos e na que inicialmente había consenso por parte das diferentes cores po-líticas. Pero a día de hoxe xa non é así, e non é así porque vostedes atacaron o máis básicodo sistema sanitario público: que haxa equidade, que é o elemento que nos unifica a todas etodos con independencia do concello no que vivamos.

Vou ir rematando porque non me queda máis tempo e continuarei na seguinte quenda.

Señor Almuíña, creo que hoxe perdeu vostede a oportunidade de vir desculparse aquí, de virrecoñecer que a xente que vai protestar o vindeiro domingo ten toda a razón do mundo, por-que ve perigar un dos seus dereitos básicos como cidadáns, que é o acceso a un sistema sa-nitario público. Ten aínda unha quenda na que pode pedir desculpas, na que, ademais de daranuncios de números e de ampliacións que non van calar a mobilización social, pode retiraras cousas que se fixeron mal. Aínda está a tempo. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, o señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Bo día. Grazas.

Presidente, bo día.

Bo día a todos e todas.

Bo día, señor conselleiro. Permítame que inicie este turno de réplica felicitando as persoasque se van manifestar o domingo. É das primeiras veces que unha mobilización social tanpotente consegue resultados antes da mobilización. A súa comparecencia é a súa primeiravitoria —a da mobilización, non a da Consellería—, e, polo tanto, creo que esa felicitacióné moi pertinente.

Vostede comparece hoxe aquí e nós —recoñézoo—pensabamos que sería con algún anuncioconsistente sobre os hospitais comarcais. ¡Nin iso! A parálise do Goberno e a incapacidadede reaccionar xa é tan evidente que nin sequera con algún anuncio. Fixo aquí unha lista dacompra. Retrotraeuse, e por un momento pensei que ían apropiarse da Lei de sanidade de1986 tamén, e que ía anunciar os hospitais comarcais ao fío diso. Bueno, fixo aquí unha lis-taxe. A ver se é posible que nos puidera indicar de cando é a primeira mellora dos comarcaisque vostede anunciou. ¿De cando é? Porque é importante que saibamos todos que está vos-tede falando —do sistema de triaxe, por exemplo, que xa é incrible que non existira en todosos sitios—, de melloras que comezan hai moitísimos anos.

E vostede comparece hoxe aquí, curiosamente hoxe, curiosamente antes da mobilización.Como é casualidade o seu anuncio, sinatura incluída e Baltar mediante, do centro de saúde

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

28

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 29: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

da Rúa —¡sen terreos, eh!—, curiosamente o día antes da mobilización. (Aplausos.) ¡Causa-lidade, sen dúbida casualidade! Anos de protestas, anos de reivindicacións, anos de recla-macións, non hai terreo... E o día antes da mobilización, Baltar mediante, sinatura diante.¡Non hai terreos, eh! E, se é por vostedes, non haberá centro de saúde. Pero hai que faceriso.

E vostede comparece aquí para dar unha serie de listas da compra dalgunhas cousas, enun-ciándoas sen unha liña estratéxica en xeral, basicamente dicindo que invisten moitísimo.Hai quirófanos nos hospitais comarcais deste país que tardaron meses en ser utilizados por-que vostedes puxeron os quirófanos e tardaron en poñer algunha máquina, incluso as ca-millas, que tardaron e permaneceron alí envoltas en plástico porque había quirófanos peronon había persoal para utilizalos. Non había. Había enfermos pero non había persoal parautilizalos. Cada vez que vostedes anuncian algunha mellora, os construtores frotan as mans.E está ben facer algunha obra, pero é moito máis importante ter persoal.

Vostede non falou de realidades que se levan reivindicando aquí durante moito tempo. ¿Porque temos o problema de que o servizo de traumatoloxía e tamén o de rehabilitación en Val-deorras agora moitas veces teñen que derivarse a Ourense? ¿Por que temos unha ratio deenfermeira por paciente no Hospital de Monforte inasumible, de máis de 30 persoas por en-fermeira ou enfermeiro en noite? ¿Por que? ¿Por que antes se podían poñer marcapasos enBurela e agora teñen que ir a Lugo? ¿Por que hai sentenzas xudiciais na Barbanza que falando problema de recursos humanos ás que vostedes non lles fan caso? ¿Por que aumentan aslistas de espera alí nalgúns servizos? ¿Por que a metade do servizo de medicina interna doHospital do Salnés se derivou a Pontevedra? ¿Por que algún aparello de raios de Vilagarcía—do Hospital do Salnés— se derivou ao de Pontevedra cando se estropeou o de Pontevedrae non volveu aparecer por alí? ¿Por que todo iso? ¿Por que o consentimento reforzado enVerín?

Aquí debatemos bastante ultimamente sobre a cuestión de Verín. Non por vontade do Go-berno senón da oposición, pero debatemos bastante. E utilizaban vostedes un argumentopolo que hoxe lle quero preguntar: os profesionais mandan. Incluso apelaron —terxiver-sando un pouco— ao Consello Galego de Colexios Médicos. Déalles explicación hoxe aquísobre o que lle din sobre o consentimento reforzado, a ver se vai ser que á oposición nonnolo queren dicir. Díganllelo a eles, que din que é inadmisible, que causa inseguridade xu-rídica, que están vostedes facendo un problema de alarma e de inseguridade creando unhafigura que non ten sentido —que é o consentimento informado reforzado—, e que iso xeraunha sensación de debilidade e de inseguridade, e por tanto de desconfianza, nos profesio-nais. É o que diciamos nós, pero olvídense de que o dicimos nós. Esa é a realidade dos hos-pitais comarcais.

Pero vostedes están atrapados, sen saída —como aquela película, frouxa película, por certo—.Están atrapados e sen saída. Non hai maneira de saír desta situación porque teñen a incapacidadede transformar. Abandonaron, abandonaron, unicamente xestionan situacións, moven dun ladopara outro —como os pediatras— para ver se conseguen resolver algunha situación. Pero temosun Goberno incapaz de transformar. E iso en calquera escenario político é imprescindible, encalquera área é necesario, pero profundamente máis na área sanitaria. Un Goberno necesita ser

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

29

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 30: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

transformador, non que se dedique a mover papeis dun lado para outro intentando utilizar osproblemas como escusas e non como retos. Temos problemas no sistema sanitario que non sonculpa do Partido Popular. Moitos dos problemas que existen en todos os sistemas sanitarios nonson culpa do Partido Popular, pero o Partido Popular non ten vontade de transformar a realidade,unicamente a utiliza como escusa. Di: ¡Ah!, hai un problema aquí que é xeral, pois xa está xus-tificado, xa non temos por que buscar unha solución.

E así ocorre despois que vostedes desprezan a cadaquén que lles fai unha crítica. Porquevostedes son especialistas en buscar escusas. ¿Hai problemas de médicos de familia ou haiproblemas de pediatras? A culpa é do Ministerio. ¿Hai folgas? Os sindicatos son uns intere-sados. ¿Hai mobilización cidadá? É que lles pagan buses e bocadillos. ¿Hai dimisións de xefesde servizo? É porque non saben. «Os xefes de servizo non sabían» —dixo o seu xerente enVigo—. ¿Hai un problema en Verín cos partos? É impericia dos profesionais. ¿O Colexio Mé-dico quéixase? Son corporativistas. ¿Hai unha asociación de usuarios que ensina citas quedin que as listas de espera oficiais que publican vostedes son mentira? Son anécdotas do sis-tema. ¿Os partidos queixámonos? Somos alarmistas. ¿Hai concellos que teñen centros desaúde de máis de corenta ou corenta e cinco anos? Sempre teñen o problema os concellos,que non lles poñen os terreos para o centro de saúde, menos na Rúa que o asinaron vostedeso outro día. (Aplausos.) ¡Menos na Rúa!

Esta non é unha comparecencia nin sequera electoralista. Vostedes están intentando res-ponder para ver se conseguen parar algo a mobilización. Sexamos claros, esta comparecenciaten sete obxectivos, ¡sete! Son sete notas de prensa, unha en cada comarca dun hospital co-marcal. (Aplausos.) Esa é a intención.

Porque incluso foron incapaces de anunciar nada. En Verín, cando taparon o problema doparitorio de Verín —que foi unha decisión política e demostrouse, porque se podía resol-ver—, aínda despois anunciaron algún investimento máis. Bueno, intentaron tapar algunhacosa. Aquí nin sequera. Xa non lle digo que sexa electoralista, é intentar parar unha mobi-lización. E este é o problema do sistema, están vostedes a outra cousa. Este Goberno nonestá a resolver os problemas da sanidade, está a outra cousa: titulares, algunha foto quepoida resolver algo... ¡Están a outra cousa! Isto xa non lles importa.

Noutras cousas si hai electoralismo. Voume permitir citar algunha cousa. Fun incapaz deatopar as veces que votaron en contra da hemodinámica 24 horas en Ourense. E fun incapazde atopar o número de veces —porque foron moitas— que advertimos —sempre co «non»e coa alporización da bancada popular— de que a anunciarían no 2020. Ano 2020, ano elec-toral, anuncio. Creo que é un exemplo marabilloso, porque debe ser que agora, imbuídosdalgún espírito divino, atoparon que ese era un problema que había que resolver. Os profe-sionais hai tempo que o din. Por certo, faise nunha sala que estaba dende o anterior Goberno,ese que vostedes deostan tanto. Utilizan agora un recurso que xa tiñamos, e anúnciano agorano 2020. Por certo, se é como a de Lugo, igual o anuncian agora pero non lles vai dar tempode poñela antes das eleccións, porque vista a velocidade coa que toman as cousas...

E este é o problema. Temos un Goberno incapaz de reaccionar, un Goberno que está antesentenzas xudiciais que lle din que fai política de persoal fraudulenta e torticeira —estou

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

30

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 31: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

citando literalmente sentenzas xudiciais—, fraudulenta e torticeira. E non hai ninguén quesaiba dicir neste Goberno nada máis que dúas frases: unha —que a dixo vostede, señor con-selleiro—, «é o que hai»; dúas —que a dixo a responsable de recursos humanos—, «nonsempre contratamos así», o que é todo un logro, todo un logro.

Vostedes foron incapaces de resolver. Tiveron algunhas oportunidades. Hai algúns proble-mas que evidentemente non se poden resolver dun día para outro, claro que non. Tiveronalgunhas oportunidades de resolver cuestións claves no sistema sanitario galego. Deixaronpasar oportunidades, deixaron pasar a oportunidade de resolver o problema de Povisa, dei-xaron pasar a oportunidade de resolver os problemas de como afrontamos os comarcais ereduciron persoal. Porque este é o problema do sistema, que vostedes teñen un problema depersoal. Hai déficit e hai unha precariedade inasumible sobre a que aquí o señor Feijóo menteconstante e descaradamente, mente constante e descaradamente sabendo que mente. E haiun problema de planificación, un problema que vostedes concentran —porque este é o pro-blema dos comarcais— en dúas vías: baleiran a atención primaria e concentran a atenciónhospitalaria. E a atención primaria —como todos os especialistas nos están indicando— é ofuturo do cambio de modelo de todo o sistema. Non é que haxa que cambiar o modelo deatención primaria, que si, é que hai que cambiar o modelo do sistema e ten que ir focalizadoá primaria. Vostedes sábeno perfectamente. Máis do 80 % dos problemas son crónicos, e aíestá a atención primaria. Hai que dotala de máis recursos, dotala de máis multidisciplina-riedade en termos de atención sanitaria.

E iso é o que lles están dicindo os profesionais, que logo, cando vostedes non lles fan caso—porque os convocan a 12.537 comisións das que nunca sacan ningunha conclusión máisque dicir «xa estamos facendo todo»—, os profesionais dimiten e vostedes din que nonteñen nin idea. Van paseando xerentes por aí que o único que fan é atacar profesionais. Eese é o problema: baleiran a atención primaria para levala aos hospitais, e baleiran os co-marcais para concentrar todo nos hospitais clínicos das cidades.

E este é o problema. Vostedes, ante un problema, non son capaces de atopar unha solución,por iso teñen este problema. Non vai haber unha manifestación o domingo unicamente poloproblema de Verín, non é iso. Se o están interpretando así, pódome equivocar pero nós cre-mos que non é iso. Axuda a que exista esta mobilización. Foi grave e é unha preocupación.Pero hai moitísimos máis problemas e vostedes están intentando taponar esa situacióncunha rolda de prensa a sete bandas aquí que non lles vai resolver nada. Utilizan os proble-mas como escusas e hai que utilizalos como retos. Pero en realidade ao final é que a vostedesisto non lles importa. Vostedes están a outra cousa. Por favor, non toquen moito máis quexa lles queda pouco.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

Polo Grupo Parlamentario Popular, o señor Núñez Centeno.

O señor NÚÑEZ CENTENO: Señor presidente, señor conselleiro, señorías, bo día a todos.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

31

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 32: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En primeiro lugar, falando do Día de loita contra o cancro, que se celebra hoxe, gustaríameresaltar, gustaríame agradecer e gustaríame poñer en valor os programas de prevención quese están a facer pola Consellería. Ultimamente instaurouse —e xa se estendeu a toda a co-munidade autónoma— o Programa de cancro de colon, e estase a incidir agora no Programado cancro de cérvix. Creo que a investigación é moi importante, pero as capacidades de in-vestigación dunha comunidade autónoma ao mellor non son todo o efectivas que poderíanser. Pero, dende logo, no que son os estilos de vida saudable e a prevención, creo que nestemomento se está a facer marabillosamente ben por parte da Consellería e queriamos felici-talo dende o Grupo Popular. (Aplausos.)

E a min gustaríame comezar agradecendo a súa presenza neste hemiciclo por petición propiapara desmontar dúas das moitas falacias ás que nos teñen acostumados os grupos da opo-sición. Nós sabemos que a sanidade pública é un tema moi manido neste salón e que permiteuns altos graos de demagoxia diante da poboación pola súa importancia e pola sensibilidadesocial existente en relación coa saúde. Estamos fartos de escoitar falar de desmantelamento.Dicionario da Real Academia Galega: «Desmantelar: Destruír; desfacer; facer que algo deixede funcionar interrompendo a súa actividade». Creo que non ten nada que ver co que vostedemanifestou neste hemiciclo nos minutos anteriores.

E fálase tamén da utilización da modificación da Lei de saúde de Galicia para acadar ese des-mantelamento. Antes falábase de «peche». Con «peche» xa non se atreven. Agora son«desmantelamentos» ou, para o señor Villares, «intentos de desmantelamento». Falandesa modificación da Lei de saúde e din que era, efectivamente, para acadar ese desmante-lamento. E vén vostede demostrar con eses datos —con datos máis que suficientes aíndaque para algún voceiro parezan escasos, que primeiro lle parecen escasos e despois di quenon lle gusta que dea números, tampouco quedou excesivamente claro na intervención— oque fixo a Lei de saúde: blindou os distritos sanitarios, blindou os hospitais deses distritossanitarios e permitiu, ademais, a cobertura legal de consultas entre hospitais, que non estabanada clara. Permite tamén non ter que deixar en moitos casos as persoas do rural sen asis-tencia, porque esa lei facilita que os profesionais do hospital de referencia, do hospital máisgrande, se poidan desprazar nun momento determinado, nunha baixa dun profesional ouante imposibilidades de cobertura, ausencias que se cobren desde ese hospital principal.

Pero, miren, estamos moi acostumados ás fake news. Fake news é unha palabra anglosaxona,pero en galego temos un dito popular que é fantástico, chámanse «trolas». Cando eu erapequeno falabamos sempre das trolas. (Risos.) (Aplausos.) E alá polo ano 2012, antes de chegareu ao Parlamento, había un panfleto —do que xa falou o presidente— no que se dicía que seía cobrar por ir ao médico 67 euros; por un día de hospitalización, 513; por ambulancia, 374;ou por ecografía, 336. E iso facíase utilizando torticeiramente as taxas dos servizos que selles prestan a entidades externas, como seguros de coches ou seguros privados. ¡Claro!, ¿quese quería facer? Enganar a poboación cunha trola. Para gobernar ou para intentar gobernarserven as trolas.

Tampouco se lles pagou aos médicos por dar altas —para min foi unha falta de respectototal e absoluta como profesional— nin tampouco se cobrou polos sillóns do Cunqueiro; si-llóns que, por certo, para algunha persoa que estivo alí cun familiar ingresado son camas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

32

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 33: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Hai camas para durmir de acompañante e aínda por riba non se cobra. ¡Outra trola! (Mur-murios.) Dicíase que o Hospital Álvaro Cunqueiro era un hospital privado. Hai unha sentenzaxudicial que di que é un hospital público. ¡Outra trola!

E o tratamento dos enfermos de hepatite C aquí deostouse, e metéronse con dúas persoas,dous cargos públicos do sistema. Nun auto retiráronselles todas as acusacións que habíasobre eles. E lendo o auto creo que queda claramente especificado que é incuestionable, oauto non deixa lugar a dúbidas. Nin se pediron desculpas nin se volveu falar deste tema porparte dos grupos da oposición.

En canto ás listas de espera, as listas de espera galegas son as cuartas mellores de España.Calcúlanse exactamente co mesmo sistema de cálculo en todas as comunidades autónomas.Pero aquí non serve. Miren, voulles dar un dato que atopei de casualidade. O Instituto Na-cional de Estatística fixo unha enquisa de calidade de vida, e nun dos ítem desa enquisa pre-guntaba á cidadanía: «Durante os últimos doce meses ¿ten necesitado algunha vezasistencia médica, excepto o dentista, para vostede mesmo?, ¿recibiu asistencia médica cadavez que realmente o necesitou?» E se a persoa manifesta que non foi atendida danlle dousgrupos de causas para xustificar por que non foi. O grupo primeiro inclúe que era moi caro,que estaba moi lonxe, que non dispuña de tempo ou que había listas de espera; no segundogrupo, non coñecer ningún bo especialista, ter medo aos médicos, aos hospitais, ás probas,esperar a ver se o problema mellora espontaneamente ou outras razóns. ¿Saben vostedes,señorías, cantos galegos manifestaron na enquisa do Instituto Nacional de Estatística —nondo Partido Popular— que non foran atendidos, por algunha destas causas, no médico? Ocero por cento. (Murmurios.) Está publicado. (Aplausos.)

E, evidentemente, todos coñecemos casos individuais de esperas, nalgún caso de esperasprolongadas, máis prolongadas do que debería. Pero, evidentemente, nos millóns de aten-cións que se fan cada ano no sistema público de saúde eses problemas de listas de esperason insignificantes. Son moi relevantes para a persoa á que lle tocan, pero no conxunto nonse pode facer un todo con eses casos.

Afírmase de xeito reiterado que houbo recortes na sanidade pública galega e que hai menospersoal que cando gobernaba o Bipartito, escoitámolo millóns de veces. E fanse os cálculosa partir dun orzamento do ano 2009 que tiña 2.000 millóns de euros de máis, que aínda es-tamos a devolver por parte do Goberno galego. E, efectivamente, baixou o gasto sanitarionos anos centrais da crise. Pero ¿como se fixo? Fíxose reducindo a factura farmacéutica, li-mitando os investimentos e controlando os gastos de persoal con conxelacións de salarios,pero mantendo sempre o gasto de funcionamento dos centros propios e incrementando ogasto de capítulo I mais capítulo II —sen concertos— mais capítulo IV —sen farmacia—; édicir, o que era a asistencia sanitaria —e demóstrase constantemente nas cifras de activi-dade— sempre foi cara a arriba.

Véxase o Informe do Consello de Contas —manéxanse moitas veces aquí os informes doConsello de Contas— correspondente ao ano 2017: o número medio de profesionais queprestaron servizo no organismo autónomo durante o 2017 foi de 38.044 persoas, 1,1 % máisque o ano anterior. Aquí sempre se falou de que a cifra de 38.000 traballadores que citaba o

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

33

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 34: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

xerente do Sergas era falsa. Pois é certa segundo o Consello de Contas. E de todos os orza-mentos autonómicos aprobados nese ano, o que dedica máis porcentaxe á sanidade públicaé o galego, o 41 %. Non hai ningún orzamento autonómico que chegue.

Tamén temos a falacia reiterada do afán privatizador que vai no ADN do PP, o de que que-remos pechar os comarcais para favorecer a privada. Informe do Consello de Contas domesmo ano 2017: gasto en concertos, 202,5 millóns euros, un 10,2 % menos que o ano an-terior, e representa o 5,4 % do gasto total da Consellería. Hai que recordar aquí que nos anos2008 e 2009 foron 224 e 228 millóns de euros, non 202. (Murmurios.)

A profecía sobre a Lei de garantías era que se ía privatizar, que era un choio para as empre-sas. ¡Nin unha soa persoa atendida fóra do sistema de garantías no sistema público, todasatendidas no sistema público!

O Informe de calidade de vida da OCDE acaba de saír publicado e dáselle a máxima puntua-ción a Galicia en seguridade cidadá, que é un 10; e en sanidade e saúde pública, un 9 sobre10. É un informe da OCDE. E creo que non ten nada que ver coa imaxe que se está manifes-tando constantemente neste hemiciclo dunha sanidade que pretende arranxar o secretarioxeral dos Socialistas de Galicia, o señor Caballero. Manifestouno estes días. Sería interesanteque dedicase o seu tempo a conseguir que o goberno do señor Sánchez nos devolvese os 200millóns de euros que nos ten atrasados —xa sen falar dos outros 170—. (Aplausos.)

Pero tamén quería desfacer outra trola, na que eu insistín moito aquí moitas veces, sobre osmédicos que emigran ao estranxeiro. Eu pregunteilles aos presidentes do Consello de ColexiosMédicos, ao galego e ao nacional, cantos deses médicos que pedían a certificación marchabanao estranxeiro. Pois agora temos cifras, agora publicounas o Consejo General de Colegios Mé-dicos de España. No ano 2019 solicitáronse 4.100 certificados de idoneidade para exercer amedicina fóra de España, que foron solicitados non por 4.100 médicos, senón por 2.500; édicir, como caduca aos tres meses, vólvese pedir. Os que realmente marcharon foron 433, o17 % do total de médicos que o solicitaron, e o 10 % do total de solicitudes. A comunidade au-tónoma onde se solicitaron máis foi Cataluña, 591; e marcharon 229. O seu colexio profesionalde Barcelona afirma que, claro, 50 eran cataláns, 27 eran doutras comunidades autónomas, e150 eran médicos estranxeiros que viñeran traballar a España. Médicos estranxeiros: de 229,150. Eu creo que ese argumento hai que deixar de utilizalo porque non é un argumento real.

Podiamos falar do Servizo de Pediatría do Hospital de Verín, un servizo que non pechou oPartido Popular, que estaba pechado dende o ano 2006. Non había pediatría hospitalaria,pero iso tampouco interesa.

Mire, señor conselleiro, non vou falar de máis trolas, creo que contamos xa suficientes. Que-remos agradecer a súa comparecencia. Creo que quedou meridianamente claro que nin se des-mantela nin se pechan. É unha cuestión que se está a reiterar —como dixo ben vostede— cadavez que se acercan as eleccións autonómicas. Facilitou datos, hospital por hospital, de persoal,de investimento ou de incremento de servizos que demostran que isto é unha falacia reco-rrente. Evidentemente, hai problemas puntuais para cubrir especialidades —sabémolo todos—, como traumatoloxía nalgún hospital ou dermatoloxía nalgunha área. Pero, mire —xa o dixen

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

34

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 35: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

eu aquí—, non é un problema galego. En Teruel, capital de provincia, son 350 os quilómetrosa Zaragoza, ida e volta, para ser atendido por un traumatólogo ou un dermatólogo.

Dende o Grupo Popular, señor conselleiro, instámolo a continuar mellorando a atención norural galego e a seguir dotando os hospitais comarcais galegos con máis servizos, máis per-soal e máis investimentos, necesarios para o desenvolvemento dese rural, que é de todos.

Pola miña parte, máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Núñez Centeno.

Réplica do conselleiro de Sanidade.

O señor CONSELLEIRO DE SANIDADE (Vázquez Almuíña): Señor presidente, señorías, a ver-dade é que creo que comparecemos e traballamos con humildade. Non todo está feito, evi-dentemente, pero o que non se pode é descoñecer os datos. E nós vimos presentar datos, osdatos de dedicación do orzamento da comunidade autónoma —como dicía o portavoz doPartido Popular, do 41 %—. Somos das comunidades que aprobamos orzamentos todos osanos, e iso fai posible, desde logo, a mellora dos servizos, especialmente do sistema sanita-rio. A día de hoxe moitísimas comunidades autónomas están sen orzamento. Galicia tenoaprobado e con incremento; e cun orzamento en sanidade, en números absolutos, que xa-mais tivo a sanidade galega no seu conxunto. Incluso con orzamentos superiores da Xuntade Galicia, na época do Bipartito dedicaban o 35 %. Tamén é certo que posteriormente sedemostrou que era un orzamento inflado e que non contaba a realidade dos ingresos. Peroeste orzamento, o que ten neste momento a Xunta de Galicia dedicado a sanidade, é o maiorda historia. Como digo, nós vimos aquí a dicir que avanzamos de forma importante, perotemos camiño aínda por diante para seguir avanzando.

Nesta segunda parte falarei dalgunhas das actuacións. Por imposibilidade de tempo, nonpoderei describir en detalle cada unha delas —ben é certo que, por exemplo, mañá hai unhapregunta sobre o Hospital do Barco de Valdeorras e poderemos ampliar—. Pero, desde logo,si imos dicir as actuacións previstas no ano 2020 que afectan a todos e cada un dos sete hos-pitais comarcais.

Nós, fronte a palabras estériles, presentamos feitos, realidades; e fronte a declaracións depeches e recortes, a Xunta de Galicia pon máis servizos. É un tema recorrente en cada elec-ción, e a verdade é que ultimamente, como houbo moitas eleccións, pois houbo que dicirmoitas veces que se pechan os hospitais comarcais. A realidade, está claro, é contraria. Sobreos hospitais comarcais a oposición non fai máis que crear alarmismo, difundir falsidadessobre a súa existencia e o seu futuro. É unha oposición que falta continuamente á verdadecando di —como diciamos antes— que a idea do Goberno é recortar e pechar. Desde logo,non é esa a realidade.

Miren, no Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee —comentaba antes o que fixemos nos últimosanos—, agora mesmo xa está en vigor a ampliación do servizo de diálise a tres días máis enhorario de mañá.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

35

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 36: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Tiñamos luns, mércores e venres, e agora teremos martes, xoves e sábados. Con isto imoscubrir ata 48 pacientes —practicamente van ser todos os desa comarca— que non van ne-cesitar ir ao Hospital da Coruña, salvo que, por condicións especiais dos propios pacientesou que voluntariamente os pacientes o desexen, quixeran ir. Pero, desde logo, imos evitardesprazamentos, como digo, dunha parte da poboación que está nun momento difícil da súavida e que, ademais, recorre durante tempo a este tipo de tratamento.

Tamén imos abrir unha consulta de cardioloxía de alta resolución para poder facer diagnós-tico en todo nunha mesma consulta e evitar desprazamentos —como pode ocorrer agora—á cidade da Coruña.

En oftalmoloxía tamén vai haber unha unidade de retina neste centro. Imos reformar o ser-vizo de urxencias e as áreas de atención ao paciente e traballo social, tamén fundamentaispara a atención e para gardar a confidencialidade que necesitamos en cada área.

Na área sanitaria de Santiago e A Barbanza, concretamente no Hospital da Barbanza, poloque se refire a esta área asistencial, en xaneiro acabamos de abrir a Unidade de Rehabilita-ción Cardíaca. E finalizaremos tamén o novo servizo de urxencias —que vai aumentar enespazos, en servizos e, loxicamente, tamén en persoal— posiblemente en xuño de 2020.

A portavoz do BNG dicía que tardamos. Ben, polo menos están dicindo que se fan obras, eobras importantes, que van cambiar radicalmente a atención nese punto, nese punto tanimportante situado no concello de Ribeira.

Hai un investimento en total desta obra de 1.400.000 euros e as novas urxencias van terunha nova área de admisión, sala de espera de pacientes, sala de espera para familiares, salade triaxe, dúas consultas filtro, despacho de altas, aseos públicos, oito boxes, un box de crí-ticos, box de pediatría, control de enfermería, sala de observación con oito camas e aseo,sala de observación con cadeiras e aseo propio, sala de observación pediátrica, oficios delimpo, almacéns, sala de estar de persoal e sala de médicos. Evidentemente, cambiamos,ampliamos e melloramos a circulación dentro deste servizo, que tan necesario é en momen-tos de incremento das atencións urxentes. Pásase de poder atender 25 pacientes nun picode urxencias a atender 38.

Tamén estamos agora co proxecto de reformas de salas de endoscopias dixestivas. Imos am-pliar o que é a superficie para endoscopias, pero tamén a sala de recuperación de doentestras a exploración con sedación —hoxe en día unha porcentaxe altísima realízase con seda-ción—. E tamén unha área nova de desinfección de endoscopios con ventilación e amplitudesuficiente, ademais doutras reformas. Tamén é un investimento importante, case 250.000euros, que será realidade en breve.

Estamos estudando tamén a obra para mellorar o hospital cun hospital de día oncolóxico.

Paso á área de Lugo, concretamente ao Hospital de Monforte —despois dinme que non faloduns e doutros; falo de todos tanto na primeira intervención como nesta segunda—. Comodicía antes, o Hospital de Monforte ten as mellores listas de espera cirúrxicas, con 31,2 días,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

36

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 37: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

e é o terceiro na demora en consultas, 31,1 días. Vaise facer a integración funcional dos treslaboratorios da área e implantaremos o Programa Hermes, que, como saben, o que fai é in-crementar a relación directa entre a atención primaria e a atención hospitalaria. Integrare-mos tamén funcionalmente servizos hospitalarios para unha coordinación entre os treshospitais, especialidade a especialidade. Empezaremos concretamente polo Servizo de Neu-roloxía. E imos pór en marcha un hospital de día de procesos asistenciais.

O plan director xa presentado consta de cinco fases e dun total de 15 millóns de euros, comodigo, no Hospital de Monforte. E a primeira fase será o novo hospital de día oncohematoló-xico e o de procesos asistenciais e a ampliación da farmacia; ampliación da farmacia que vaisempre unida a unha creación ou a un incremento dos hospitais de día oncolóxicos.

Este plan director no seu conxunto vai actuar en todo o hospital, transformando todas asáreas de hospitalización e iniciándose na planta de pediatría e xinecoloxía.

Na Mariña temos un plan director que o está transformando. De feito, os usuarios da Mariñaxa coñecen esa ampliación cun novo edificio de hospitalización, hospitais de día, consultase nova entrada a este hospital. Como digo, remataremos a fase 1 B no mes de xuño. E estamospreparando —licitando xa— o proxecto técnico de execución das seguintes fases do plandirector. Concretamente a fase 2, que vai dirixida a todos aqueles servizos non afectados naoutra fase, e van ser revisados e mellorados de forma moi importante. E tamén estamos nafase de inicio de obra das envolventes térmicas do edificio deste hospital. Só dependemosneste momento de que o Concello nos dea a licenza municipal —levamos retraso—. Está-molo solicitando porque é unha obra de 1.824.000 euros —de fondos europeos— para me-llorar, como digo, as envolventes, a carpintería exterior.

Tamén aquí, igual que no Hospital de Monforte, imos implantar o proxecto Hermes, xa im-plantado na área de Lugo. E imos mellorar de forma importante esa comunicación entreunha e outra liña.

Imos facer unha reforma dos espazos do servizo de urxencias e implantamos o Sigur. O Siguré un aplicativo dos servizos de urxencias que nos vai dar o control do paciente desde queincluso é captado polo 061 ata que ingresa no servizo de urxencias e acaba en alta ou ingresohospitalario. É un seguimento automático que vai eliminar o papel en toda esa atención; e,desde logo, sempre vai haber un médico responsable dos pacientes. Xa é utilizado nalgúnoutro hospital e, como digo, este vai ser un dos primeiros. E tamén iniciaremos un programade fisioterapia para pacientes crónicos.

No Hospital do Barco temos xa licitada a reforma da zona de consultas externas. Iniciouse oproceso de contratación, de feito, o 2 de decembro. E estamos tratando de rematar eses trá-mites para poder iniciar a obra. O proxecto contempla actuar sobre unha superficie de 808metros cadrados, cun orzamento estimado duns 477.000 euros e cun prazo de execución de5,5. A reforma do hospital de día de oncoloxía e o de dixestivo, e da unidade de cirurxía maiorambulatoria e farmacia, tamén neste momento están na fase de redacción de proxecto e su-pervisión. E calculamos que poderemos licitar esta obra entre febreiro e marzo deste ano2020, cun investimento, moi importante tamén, de 900.000 euros.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

37

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 38: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Ademais, temos no orzamento de 2020 uns 500.000 euros dedicados a equipamentos paraeste hospital, que decidirán a xerencia cos xefes de servizo dos servizos correspondentespriorizando adecuadamente o que corresponde. E neste momento temos xa, coa contratacióndun último profesional, a ampliación a nivel comarcal do HADO, da hospitalización a domi-cilio. Como saben, o Plan galego de hospitalización a domicilio é pioneiro, presentado porprimeira vez nunha comunidade autónoma, o que leva a que en moi pouco tempo teñamosa cobertura do cen por cento da cidadanía.

No Hospital de Verín, na área asistencial, no primeiro trimestre deste ano 2020 comezaránas consultas de enfermería xinecolóxica, de menopausa e solo pélvico, e nos seguintes meseshaberá unha extensión da pilotaxe do Programa galego de cribado de cáncer de cérvix. Des-pois do primeiro, que se fai na área de Lugo, farase no distrito de Verín.

En canto a obras, é moi importante a construción das novas urxencias e PAC. Cunha locali-zación que tal vez non é a mellor neste momento, e cun espazo escaso, practicamente se vaitriplicar o espazo dedicado a estas accións, ás actuacións urxentes que necesiten neste dis-trito.

O investimento para a área de urxencias estímase aproximadamente nuns 2,3 millóns deeuros. Nos orzamentos do 2020 prevese unha dotación de 300.000 euros para equipamentosdeste hospital.

E no Hospital do Salnés estamos agora mesmo na apertura e inicio da actividade do novohospital de día oncolóxico, que permite o tratamento de quimioterapia a pacientes oncolóxi-cos da comarca do Salnés e evita desprazamentos loxicamente importantísimos en pacientesque están nunha situación ás veces complicada. Evitar eses desprazamentos é un obxectivoclaro, unha estratexia clara, da nosa consellería para mellorar a calidade da atención.

E tamén estamos coa nova central de esterilización, que é a última obra dese plan directorpara completalo de forma definitiva. Cun investimento de 600.000 euros imos pasar da su-perficie que hai agora, de 73 metros cadrados na zona esterilización, a 246 metros cadrados.E ademais estamos tamén traballando neste momento cun proxecto moi interesante, que éo proceso de cirurxía de cadeira con alta precoz, polo que os servizos de traumatoloxía e re-habilitación pretenden reducir as estadías para que os pacientes se incorporen pronto ao seudomicilio ou ao seu traballo.

Todo o presentado aquí son actuacións reais que constan en proxectos ou incluso licitaciónse que imos pór en marcha, como digo, ao longo destes meses. Nós tratamos de traer feitos,traer realidades, e, desde logo, contrastar datos. E é curioso, porque falar do que fala a opo-sición é moito máis sinxelo, falar de elementos aínda que logo entren en contradicións. Dinsempre antes das eleccións que o Partido Popular, o Goberno do Partido Popular, semprerecorta. Pero resulta que cando gobernaron, cando gobernou o Bipartito durante catro anos,pois o que fixo en Verín foi precisamente pechar o servizo de pediatría.

E dicía o señor Villares tamén algo interesante. Falaba da área sanitaria de Verín. Curiosa-mente Verín, antes da lei, non era nin área sanitaria nin distrito sanitario. Non existía. (Pro-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

38

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 39: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

núncianse palabras que non se perciben.) O que fixo a reforma da lei foi precisamente crear undistrito, coa mesma identidade que calquera outro hospital de Galicia. Igual que o ten o Hos-pital de Ourense, que é distrito, teno o de Verín, que non o tiña. Polo tanto, ás veces xordenestas contradicións.

E tamén fala a oposición de que, cando goberna o Partido Popular, se incrementan os re-cortes e se aumenta a privatización. Curiosamente, na época do Bipartito foi cando máisgasto houbo en centros privados. Polo tanto, o que din antes das eleccións, cando gobernan—poucas veces aquí en Galicia, grazas a Deus— pois vai, desde logo, xusto á contra.

O peche dos hospitais comarcais sabemos claramente que son slogans electorais que utilizanrepetidamente —e sen pórse, ademais, colorados, que podía ser pero tampouco é así—.

Miren, vou comentarlles, porque o repiten sempre, o tema da Rúa. O tema da Rúa é, comooutras áreas de Galicia, o dun concello que pide, que solicita —e entendemos que necesi-tan—, un novo centro. Pero curiosamente a última petición que houbo por parte do Concelloda Rúa na anterior lexislatura foi da alcaldesa —nese momento era a alcaldesa do BNG, por-que creo que era un goberno que compartían, dous anos o BNG e dous anos o Partido Socia-lista—. Entón, curiosamente, a petición que tiven, e pola que firmei un convenio coaalcaldesa, non foi outro centro de saúde. Pediume un ascensor para o centro de saúde, quese instalou con ese convenio que firmamos. O que quere o novo alcalde da Rúa é un novocentro de saúde, e o que firmamos foi un protocolo. No momento en que o alcalde consigafinalizar o procedemento para pasarlle esa parcela á Consellería, a Consellería vai construír.

Pero quero dicirlles que non digan «¡ah!», porque agora vou contar o caso de Moaña. EnMoaña pasa exactamente igual. Firmamos un protocolo coa alcaldesa de Moaña, do BNG, edixemos que, en canto a alcaldesa —que ten moito interese en facer un centro de saúde,igual ca nós— poña a parcela á disposición, iniciaremos o proxecto e a obra do novo centrode saúde. Curiosamente A Rúa e Moaña están no mesmo caso e sei que os dous alcaldes ealcaldesas teñen os dous moitísimo interese en facer un novo centro de saúde. E a Conselleríade Sanidade tamén o ten. Polo tanto, creo que é así.

Miren, grazas a que hoxe traio este lazo, a oposición fala da loita contra o cancro, e creo queé bo. Señor Villares, creo que é importante que esteamos unidos en cousas importantes ecreo que a loita contra o cancro é importante como para que esteamos e non o utilicemostamén como slogan ou para facer unha entrada triunfal no que vén contar aquí. (Aplausos.)

E quero tamén dicir que a idea de non ter durante dous meses o que é a atención sanitariaás mulleres e aos nenos na área sanitaria de Verín foi explicada moitas veces. E a única xus-tificación que hai detrás é a seguridade que buscamos na atención sanitaria das mulleresembarazadas e dos nenos e nenas que nazan nese paritorio. Cando conseguimos a dotacióncompleta, con pediatra incorporado, foi cando no día de onte puidemos iniciar de novo esaactividade con total seguridade e dando información, porque o consentimento informadonon é máis ca un procedemento informativo. É un dereito dos cidadáns e temos que dar todaa información posible aí e en calquera punto dos nosos hospitais. Imos seguir insistindo eimos velar pola seguridade. Evidentemente non poden acusarnos de que é por votos, de que

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

39

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 40: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

cesou esa actividade durante dous meses por votos, senón por seguridade. Sen embargo,teño que dicir que nós acudimos a moitos máis hospitais que todos vós pero o certo e verdadeé que temos menos fotos nos hospitais. (Murmurios.) (Aplausos.)

Nós traballamos para dar servizos e algúns de vostedes o que buscan é desgaste, porque asío anuncian, din que van utilizar a sanidade para desgastar o Goberno e chegar ao poder. Isoé o que piden. Vostedes o que necesitan, o que queren, é chegar ao poder. E válelles calqueracousa, incluso ir contra a seguridade dos nosos pacientes. Nós non o imos permitir e imosseguir traballando por mellorar os servizos. (Aplausos.)

Veño aquí con todo, cun balance do que se fixo. Pero non o fixo este conselleiro, fíxoo todoo equipo que forma a Consellería de Sanidade, que son 38.000 profesionais de todas as ca-tegorías —tamén os directivos—. E fan un bo servizo de saúde. É mellorable, como todo,por iso na segunda fase contei o que imos facer nos próximos días, nos próximos meses e,desde logo, nos próximos anos.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, conselleiro.

Rolda de aclaracións.

Polo Grupo Parlamentario Mixto, o señor Villares.

O señor VILLARES NAVEIRA: Grazas, señor presidente.

Quenda para aclaracións, como dixo o presidente.

Primeira aclaración: o 27 de marzo de 2019 o Partido Popular nesta Cámara rexeitou au-mentar o investimento en investigación contra o cancro. É unha aclaración. Pois agora veñavostede no peche e aclare iso.

Máis aclaracións: non se pechan servizos, a neolinguaxe é que cesan e se reinician activida-des. Bueno, moi ben, pois chámelle vostede como queira. Había xente que tiña dereito a unhaprestación sanitaria, deixou de telo —no caso de Verín— e agora volve telo. Pois se iso noné un peche e unha reapertura de servizo, chámelle vostede como queira.

Di vostede que a oposición só fai alarmismo, alarmismo. Foi o Partido Popular quen, coassúas decisións inxustas —e ata crueis desde o punto de vista humano—, separou unha naido seu fillo nada máis nacer no Hospital de Verín, nada máis nacer. Apenas unha hora despoisde nacer foi separada do seu fillo, que foi trasladado a Ourense. E ela despois tivo que pasarvarias horas ata que puido volver ter o contacto pel a pel, que é o que recomendan todos osprotocolos a nivel internacional. ¿E somos nós os alarmistas, somos nós? ¡Home, non!

Aquí parece que o señor conselleiro, a pesar de ter tempo ilimitado, ou non escoita o que sedi dende a oposición ou non ten resposta. E por iso lle repasarei algunhas das carencias ás

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

40

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 41: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

que non tivo a ben contestar. Pero, antes diso, en relación coa área sanitaria de Verín, efec-tivamente, tamén lle direi que na tramitación da reforma da Lei de saúde de Galicia nós,desde En Marea, propuñamos pasar de 11 a 14 areas sanitarias —entre elas estaría a áreasanitaria de Verín—. Vostedes eran máis de recortar. Entón recortaron as áreas e pasaronde 11 a 7.

Ben, hai unha diferenza, claro. Hai unha diferenza ideolóxica, hai unha diferenza de xestión,unha diferenza política. Nós cremos na autonomía da xestión das áreas sanitarias, na súapropia capacidade de organización de medios. Nós pensamos que así, coa proximidade aoterritorio, é como mellor se xestiona a sanidade. Vostedes cren noutra cousa, cren no «hos-pitalocentrismo», na centralización de servizos arredor dos grandes hospitais, que despoisnon son tan grandes e polo tanto hai que derivar á privada non de forma conxuntural senónde forma estrutural. E a derivación á privada é a privatización encuberta da prestación sa-nitaria, todo para maior gloria de quen se beneficia disto. Polo tanto, hai un uso de diñeiropúblico para beneficio dos negocios privados, que nos saen a todas e a todos máis caros por-que na derivación á privada hai un beneficio empresarial que na pública non ten que existir.Polo tanto, a prestación privada na sanidade cústanos máis diñeiro e ademais deteriora osservizos públicos. Polo tanto, quero recuperar esa necesaria cuestión que hai que ter en contana sanidade, e é que non falamos de números, falamos de persoas. Mire, os dereitos sani-tarios en todo o territorio —unha sanidade prestada de forma equitativa en todo o territo-rio—, como dixera unha vez Isabel Calvete, unha muller de Cervantes, non son caros ninbaratos, simplemente son o presuposto de lexitimación dun Estado democrático. Non haiEstado democrático se non hai prestación dos dereitos aos que se comprometen as demo-cracias modernas. E estamos falando disto, da prestación de dereitos, de que a xente sexacidadanía de primeira tanto se vive nunha urbe como se vive no entorno rural. E iso é o quevostedes lle están negando co desmantelamento progresivo da sanidade pública nos hospi-tais comarcais. Aquí supedítase a atención sanitaria, cunha reestruturación que se leva fa-cendo en toda a década ominosa do seu goberno, do goberno de Feijóo, aos intereseseconómicos dunhas poucas empresas de carácter multinacional.

Pero non soamente isto. Nós viñemos aquí tamén a denunciar cuestións que non son cues-tións de diñeiro, son cuestións ideolóxicas que tapan tamén outras comenencias. Para em-pezar, a censura da que falei antes e respecto da que vostede non tivo a ben contestar. Retirede forma inmediata, por favor, a instrución do Sergas que prohibe explicar aos pacientes eás usuarias a supresión de servizos que fai o Sergas. Se están tan seguros de que a súa políticasanitaria é tan boa, non impidan que a xente explique esa política sanitaria dentro do cen-tro.

En segundo lugar, respecto do consentimento reforzado, explique vostede cal é a ancoraxenormativa diso e por que razón se penaliza as mulleres con esa obrigación.

E, en terceiro lugar, a transparencia. Tampouco me dixo nada das listas de agarda non es-truturais. E isto ten moito que ver coa comparecencia de hoxe. Vostede vén presumir dosbos números dos hospitais comarcais nas listas de agarda porque está obviando todas as lis-tas non estruturais. Faga un exercicio de transparencia e comprométase. Pedinllo a primeiravez e vólvollo pedir unha segunda.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

41

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 42: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Do Hospital de Verín díxenlle unha chea de carencias —transmitidas, por certo, polo persoalsanitario do propio hospital esta mesma semana— ás que vostede non contestou: servizosinfradotados en dermatoloxía, trauma, reuma, etc. Non houbo ningunha resposta.

No Hospital do Barco, no Barco de Valdeorras, a estruturación do sistema de gardas pediá-tricas, bueno, pois era un sistema ilegal, e díxoo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.A súa potestade de organización dos servizos nos hospitais comarcais non podía abarcar ailegalidade, unha ilegalidade que, por certo, tiña de fondo unha vez máis un trasfondo eco-nómico, que era aforrar os cartos que se lles pagaba aos profesionais que ían atender as gar-das pediátricas.

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

O señor VILLARES NAVEIRA: Remato.

No Hospital do Barco perdeuse un terzo dos especialistas, e en enfermería. Péchanse camas,camas como as que se pechan no Salnés no verao, etc. Ou sexa, un desastre, un desastre aoque vostede non atende e ao que vostede non dá resposta a pesar de ter tempo ilimitado,cousa que nos falta ao resto para denunciar as medidas que son necesarias. E non para nós,isto non é unha cuestión electoral, isto é unha cuestión de necesidade que mesmo afecta aquen vote o PP que a quen vote En marea. Polo tanto, en nome dese ben común, por favor,atendan as demandas de En Marea e do resto da oposición.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a señora Prado.

A señora PRADO CORES: Señor deputado do Partido Popular Núñez Centeno, para vostedeera unha trola que querían pechar os hospitais comarcais. ¡Os veciños non lles deixan pecharos servizos dos hospitais comarcais! ¡Non é que vostedes non queiran, non é que vostedesnon queiran! (Aplausos.) Porque, claro, aquí o conselleiro falou de seguridade, de falta de pe-ricia, de ineficiencia. Usaron todas as escusas. A realidade era que querían quitar un servizomáis, un servizo fundamental e que ademais afectaba as mulleres. E, claro, como a sanidadeestá neses parámetros tan elevados en todas esas enquisas, por iso, ano tras ano é o terceiroelemento de preocupación dos galegos e das galegas, só por detrás da situación do emprego.Por iso, porque non ven ningún problema, ¿aos galegos se lles ocorre, ante a pregunta decales son os problemas máis graves que teñen, dicir que é a sanidade? ¿É por capricho?(Aplausos.) É por capricho, non é porque vexan cal é a situación. Son así, os galegos e as ga-legas somos sitio distinto, somos sitio distinto. (Aplausos.)

Mire, teñen vostedes tanta, tanta preocupación polos hospitais comarcais, que lle agradeceninmensamente ao conselleiro que estea aquí a falar do tema e logo non fala nin ren dos hos-pitais comarcais. Falou de todo menos dos hospitais comarcais. Por iso lle agradecen moitoao conselleiro que estea aquí.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

42

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 43: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Señor Almuíña, vostedes mentiron e seguen a mentir dicindo que o obxectivo é dotar asáreas comarcais de máis e mellores servizos en favor dunha suposta eficiencia e eficacia. Oque fixeron foi quitarlles servizos aos hospitais comarcais. Non teñen en conta para nada arealidade de cada un deles, a súa realidade poboacional, a súa realidade de extensión. O únicoque están facendo é alonxar a atención sanitaria da poboación. A equidade é unha palabrabaleira usada sistematicamente na súa boca e que non se corresponde para nada coa reali-dade. Cada vez a sanidade do noso país ten menos equidade. As persoas das zonas rurais edas vilas teñen peor atención que as zonas urbanas. E ademais ese era o seu obxectivo, eseera o seu obxectivo. Na vez de dotar os hospitais comarcais con servizos, o que están facendoé despezándoos pouco a pouco, lasca a lasca, converténdoos en hospitais de crónicos. Re-baixáronos a todos, e resulta que algúns xa non eran áreas sanitarias. E entón, como algúnsxa non eran áreas sanitarias, eliminámolos a todos como áreas sanitarias e convertémolosa todos en distritos, que o que significa é que son dependentes única e exclusivamente doshospitais máis grandes.

Eu non sei se nesa información que vostede vai mandar a cada comarca vai mandar unhaúnica foto ou se vai facer un photoshop poñéndose diante de cada un deles. O que a vostedelle pido é que engada que en Verín non teñen dermatólogo —e nunca se incorporou a pesarde ter alí a praza—; que en cirurxía e anestesistas hai tal problema que en decembro houbosemanas enteiras sen intervencións por non haber segundo cirurxián ou anestesista paraentrar en quirófano. E, no Barco, otorrinos, urólogos, oncólogos e dixestólogos van de vezen cando e logo, aínda que teñen alí a praza, van para Ourense, que é onde están. En Cee se-guen sen ter celadores, nunca tiveron celadores e seguen sen telos. As novas obras dos ser-vizos de quirófanos, esas que vostede dixo que lle aumentaron, foron dotadas con materialdesbotado doutros hospitais, fundamentalmente do Hospital da Coruña. E iso non só pasano Hospital de Cee, senón que pasa nos outros hospitais. Mándanlles o material de segunda.E merman os servizos que antes estaban cubertos en tempo completo e que agora xa nonestán: hematoloxía, laboratorio, medicina preventiva... En Monforte seguen sen dixestivodesde hai anos, o cardiólogo está de baixa e está cuberto por un internista —que será moibo profesional pero non é un cardiólogo, é un internista—. Na Mariña, as cirurxías de xeonlloson derivadas todas a Lugo; como fimoses, torsións testiculares e cirurxías pediátricas bá-sicas, que van á Coruña. Os prematuros, o cen por cento, son derivados a Lugo a pesar deque hai capacidade para facelo no Hospital da Costa, onde só hai un reumatólogo e a lista deespera é dun ano para ver os resultados. Falta rehabilitación. Déixanse os marcapasos. Antesfacíanse na Mariña e agora hai que ir a Lugo, e saben a que distancia está Lugo. As resonan-cias magnéticas só son portátiles —e cada vez menos— e sistematicamente mandan todo aPolusa. Podería seguir enumerándolle unhas cantas cousas máis.

En todo caso, señor conselleiro, eu vou facerlle unha serie de propostas para que vostede asteña en conta, propostas no sentido de que rectifique a súa política sanitaria respecto doshospitais comarcais e que lles restitúa a súa capacidade resolutiva, que restitúa as áreas sa-nitarias dos hospitais comarcais. O que nunca deberon facer foi eliminalas. E as que nontiñan área sanitaria, como eran Verín, A Barbanza e Cee, dótenas e devólvanlles a xerenciaás áreas sanitarias próximas con funcións de identificación de necesidades de saúde, concapacidade de planificación e xestión, con capacidade de decisión.

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

43

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 44: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora PRADO CORES: Faga unha posta en valor dos hospitais comarcais descentralizandoas tomas de decisión e respectando as competencias e autonomía destes hospitais. Dote oscentros comarcais do persoal, material e tecnoloxía necesarios para a atención adecuada áspersoas nese ámbito. Recupere as xerencias. Retire a exixencia do consentimento reforzadono Hospital de Verín.

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

A señora PRADO CORES: Remato, presidente.

Señor conselleiro, non ten ningunha xustificación salvo querer penalizar as mulleres quedecidan e insistan en dar a luz neste hospital. E retire a instrución de censura, ese pin sa-nitario, porque, por moito que queiran, non van conseguir que a xente non se siga mobili-zando, igual que vai facer este vindeiro domingo aquí en Santiago.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

Agora imos saudar os alumnos do centro Manuel Padín Truiteiro, de Arcade, en Soutomaior.Son alumnos de 5º e 6º de Primaria que hoxe visitan o Parlamento e que están acompañadostamén polos seus profesores. Benvidos e benvidas ao Parlamento.

E agora si ten a palabra, polo Grupo Común da Esquerda, a señora Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

Como cuestión preliminar, señor Almuíña, afirmar que os voceiros da oposición traballamosen contra da seguridade dos doentes eu creo que está fóra do que debe ser un debate parla-mentario. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Eu teño trasladado aquí incluso valo-racións bastante grosas sobre a súa xestión, pero eu creo que nunca fixemos un ataquepersoal. (Fortes murmurios.) Dicir que nós queremos que exista un problema de seguridadepara os doentes eu creo que o inhabilita a vostede nun debate tan serio, e xa non como con-selleiro de Sanidade senón como membro desta Cámara. Creo que, aínda que discrepemos—e mesmo nós lle temos pedido a súa dimisión—, ninguén aquí traballa contra a seguridadedos doentes. Nós entendemos que as medidas... (Fortes murmurios.) Hai unha excitación ha-bitual, cada vez que intervimos nesta Cámara, nos deputados e deputadas do Partido Popular.Eu creo —e vou rematar xa con esta cuestión— que as medidas que vostedes toman produ-cen dor en moitas ocasións ás persoas, pero nunca afirmamos aquí que fose algo que vos-tedes fixeran a propósito pensando en causar dor a esas persoas. Polo tanto, creo que estáfóra de lugar. Xa é o segundo pleno no que vostede nos falta ao respecto —como a min napasada interpelación— e solicitaríalle que pedise desculpas.

Falaba o conselleiro coma se non existise nada antes do señor Feijóo. Dixo vostede que nonexistía nada, que antes non había distritos, que non había áreas, que non había nada. É comaa cuarta vinda de Cristo, antes do señor Feijóo non existía absolutamente nada na sanidade

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

44

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 45: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

pública e os chamáns coidaban das persoas. Señor Almuíña, con independencia de que vos-tede defenda a súa reforma da Lei de saúde, creo que antes, previamente, e afortunadamente,se fixeron cousas. Fixéronse cousas e curiosamente levamos tempo reclamando que se tomenmáis medidas para poñer máis persoal neses centros. Vostedes levan unha década gober-nando e, sen embargo, non fixeron absolutamente nada nese sentido. Non vale de nada quevostede anuncie aquí máis metros cadrados de dependencias se non van acompañadas depersoal.

Dixémosllo tamén cando ampliaron as urxencias do CHUAC. A realidade é que en moitasocasións necesitamos infraestruturas, e nós mesmas as pedimos nas emendas que facemosaos seus orzamentos cada ano —centros de saúde, melloras nos hospitais comarcais e noresto de hospitais—. Pero evidentemente a carencia básica estrutural, o problema da nosasanidade pública, é a ausencia de persoal suficiente. Polo tanto, este elemento é central. Nonporque vostede diga que hai máis boxes nun servizo de urxencias —e isto é básico para en-tender a sanidade pública—van atenderse máis doentes, porque o persoal é o mesmo, e xallo dixemos no pasado pleno en referencia ao servizo de hospitalización a domicilio, señorAlmuíña. Se vostedes non poñen máis persoal é imposible dar máis servizo. É imposible.

Anunciaron, eu creo que incluso tres veces, que se ía ampliar o servizo de hospitalización adomicilio do Barco de Valdeorras. Pero non é certo, e acontece o mesmo en Verín. Aténdesesoamente en 15 quilómetros á redonda, o resto de concellos non teñen ese servizo; e ás vecesé por unha diferenza dun quilómetro, porque, dependendo de onde estea, se atende ou non.E non é porque a xente sexa malísima ou a planificación haxa que facela mellor, é que cunprofesional da medicina e cun profesional da enfermería non se pode atender máis. O quehai que poñer son máis médicos, máis médicas, máis enfermeiros e máis enfermeiras paradotar eses servizos de hospitalización a domicilio, porque, se non, é moi difícil que se amplíea cobertura. E esa é a situación que temos nos hospitais comarcais.

Eu creo —e non me vou meter nos centros de saúde porque non me daría tempo e non édesta comparecencia—, señor Almuíña, que, máis que vir aquí a trasladar a responsabilidadeaos concellos, hai que asumir a propia. Hai dez anos que hai terreos para edificar o centrode saúde do Hío, terreos que se pagaron con cartos públicos, que están á súa disposición. Evostedes non construíron absolutamente nada. Hai moito tempo que teñen vostedes os te-rreos para ampliar o centro de saúde do Porriño, por exemplo. Estou poñendo exemplos decentros nos que eu traballei e respecto dos que trasladei propostas na Comisión de Sanidade,e non fixeron nada.

Polo tanto, eu creo que vostede non pode vir aquí a botar balóns fóra sobre a súa responsa-bilidade. E a situación que temos na sanidade pública e nos hospitais comarcais é complexa,e é grave nalgúns casos. Hoxe mesmo puiden ter falado dese colapso das urxencias. Si, co-lapso, porque había doentes agardando dous días —segundo os familiares— a unha camano Hospital da Barbanza. E vostedes o ano pasado dixeron que, por decreto, non ía ninguénesperar máis de 24 horas nun servizo de urxencias.

Esa é a situación nos nosos centros sanitarios e, polo tanto, iso debería de ser —e rematoxa— o que ocupase a comparecencia dun conselleiro de Sanidade. Ese é o elemento central,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

45

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 46: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

a falta de persoal, e non os anuncios. Porque eu creo que vostede ten que entender algo, tenque entender que por unhas moedas, por unha licitación, por un anuncio dunha ampliación,a xente non se vai deixar de mobilizar cando lle quiten o pediatra, cando lle quiten o médicodo centro de saúde, cando lle quiten o servizo de paridoiro. Aprenda vostede que a xente sevai seguir mobilizando e que, por máis medo que teñan —e que por iso utilicen a compare-cencia para trasladar anuncios—, a mobilización do vindeiro domingo vai ser un éxito.(Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Sobre algunha das cousas que dixo a señora Solla aclárolles que eu estou presidindo este de-bate, e hai que saber como as enmarcamos. Eu xa sei que ninguén aquí, ninguén desta sala,desexa que haxa inseguridade sobre os pacientes. Xa o sei, o que pasa é que ás veces se dincousas retoricamente. Como tamén sei que non é unha mala noticia que se decida abrir unhospital e un centro de saúde, e ás veces iso utilízase retoricamente. Por tanto, vamos en-marcar o debate no que hai que enmarcalo. Aquí tamén se dixo, e sei que foi de xeito retórico,que se maltrataba sanitariamente, que hai un maltrato sanitario. Eu sei que isto é retórico,porque, se non fose así, automaticamente eu tería que suspender este pleno. Por favor, en-marquemos o debate onde que hai que enmarcalo. E, polo tanto, eu pídolles unha certa cor-dura sobre esta cuestión.

Ten a palabra, polo Grupo Parlamentario Socialista, o señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, señor presidente.

Compartimos dende o noso grupo as súas verbas, aínda que estamos sorprendidos de quesempre faga estas apreciacións despois da intervención dun grupo da oposición e nunca doPartido Popular. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Si, sempre é en xeral, pero candofalan os demais.

Señor conselleiro, vostede, como non podía ser doutra maneira —hai que apelar ás vecesaos clásicos—, vai a un clásico tradicional: a culpa era de Touriño. Isto está ben. Mire, per-mítame, voulle trasladar o que fixo o Goberno Touriño co Hospital de Verín. Fixo un hospitalpúblico, porque antes era unha fundación. (Aplausos.) Non é unha mala decisión, pensamosnós. É máis, para facer o hospital público primeiro tivo que pagar o pufo inxente e inasumibleque deixou o modelo de fundacións.

E, para facelo un pouco máis distendido, a modo de concurso de televisión —creo que a fun-dación se constituíu, e seguramente me vai corrixir vostede, que manexa datos, en 1992 ou1993 polo Sergas en Verín—, voulle preguntar quen era o xerente do Sergas en 1993. Voulledar unha pista: senta con vostede no grupo do Goberno. (Murmurios.) Eu diría que aí, pero,por se acaso, ímolo pensar. Eu diría que aí. Eu creo que era o xerente do Sergas un que sentano seu goberno. E ¿sabe que fixo? Unha fundación privada no Hospital de Verín. ¿Sabe o quepasou? Que houbo que pagar os pufos e houbo que reverter o persoal ao sistema público. Isofíxoo o Goberno Touriño. Ese é o modelo, o seu son as fundacións e o noso o hospital público.E a partir de aí discutimos o que queiran, de aí para o norte, como din no meu pueblo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

46

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 47: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Sobre os servizos comarcais, non nos contestou nada respecto da hospitalización a domiciliode Valdeorras. É imposible que se atenda co persoal que hai. Aínda que o anuncien catroveces non se multiplica catro veces o persoal. Se anuncian catro veces o mesmo, segue sendoo mesmo, non é catro veces. É importante.

Non dixo nada sobre o problema de dermatoloxía en Verín, que era unha causa principal damobilización anunciada antes de que vostedes alimentaran esa mobilización co paritorio, copeche do paritorio.

Non dixo nada das citas que presentan as asociacións de usuarios, como no Salnés, que dinque se anuncian listas de espera pero que eles teñen listas de espera moito maiores e queninguén lles dá unha explicación de por que; nin de por que non hai persoal para atenderquirófanos que están sen utilizar meses despois de ser construídos.

Vostedes negan sistematicamente, e non explicou —nesta ansia de negar— o que pasa coaadvertencia que lle fai o Consello Galego de Colexios Médicos sobre o consentimento refor-zado. ¿Ou é que tamén eles son alarmistas? ¿Ou é que tamén eles queren —como dixo vos-tede— o poder e están dispostos a calquera cousa por derrotar o Goberno? ¿Non será quedefenden os profesionais médicos e que din que vostedes están introducindo algo que é inad-misible —que é o que din—?

Citou aquí o señor Núñez Centeno —non quería perder moito tempo— que desmantela-mento era facer que algo deixe de funcionar. Creo que o collín ben. E di que baixo esa des-crición non se podía falar de desmantelamento. Dicía: «Facer que algo deixe de funcionar».E corríxame linguisticamente, pero eu diría que o paritorio de Verín deixou de funcionar. Édesmantelamento. Non fixen eu a advertencia. (Aplausos.)

E advertiu tamén das trolas. Recoñézollo, na miña terra tamén se di «trola», é unha palabraademais bastante simpática como palabra. Dous días antes de que anunciaran o peche doparitorio de Verín o Partido Popular dixo aquí: Aumentaremos os servizos do Hospital deVerín. Dous días despois pecharon o paritorio. Trolas, trolas...

E estas negacións van ocorrer a pesar de que todo o mundo está discutindo este sistema depolítica sanitaria que están levando, e a pesar de que vostedes lles quiten os carteis aos pro-fesionais. Por certo, permítame unha diferenciación. Quitan os carteis dos centros de saúdepara impedir manifestar algunhas queixas profesionais, pero todos o días lles mandan e-mailsdende a Xunta de Galicia para promocionar as súas actuacións. Propaganda oficial no correo,si; carteis de queixa nos centros de saúde, non. Entón, nós cremos que iso é inasumible.

O que evidencia, señor conselleiro, é que vostedes teñen incapacidade para resolver estesproblemas. Vostede veu aquí expoñer soamente o que quixo. É unha comparecencia peronon ante os deputados e deputadas. Vostede compareceu ante os medios de comunicación,que está ben. Pero o labor parlamentario é comparecer e entrar en certo debate. Non con-testou a ningunha das cousas que lle plantexamos, non lle interesaba. Igual contesta despoispara que non teñamos turno de réplica. É o regate habitual, pouco elegante pero habitual,en todo caso.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

47

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 48: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E vostedes plantexaron —e é no que queremos contribuír un pouco a este debate— que oshospitais comarcais agora teñen mellor atención porque se permite a circulación de profesio-nais dende os hospitais das universidades aos hospitais comarcais. Vaiamos ao asunto central.Iso non é certo. Unha das motivacións desa reforma da Lei de saúde que afectaba a algúns doshospitais comarcais —noutros o seu status xurídico era o mesmo—, unha das motivacións,viña por aí. Pero non para resolvelo así, senón que o resultado final era, como lle diciamostodo o mundo, o contrario. Non está ocorrendo, están perdendo servizos. E estanse concen-trando servizos nos hospitais das cidades. ¿Na Consellería de Educación son máis listos e máiscreativos e resolven os problemas das prazas de difícil cobertura? ¿Por que aí non hai esteproblema e si na Consellería de Sanidade? ¿Por que? ¿É porque temos unhas consellerías queteñen unha asunción diferente ou é porque nun caso ninguén ten a capacidade de transformare de encontrar as solucións para cubrir as prazas de difícil cobertura, que é o que pasa na Con-sellería de Sanidade e non pasa noutras consellerías? Pois iso é o que ocorre. Non está sendoasí. Pero isto estaría ben se vostedes estiveran a isto, pero vostedes están a outra cousa. Xa odixo vostede. Acabou falando aquí de poder e de fotos. Están a iso, aos titulares e ás fotos. Eiso non nos vai sacar do problema sanitario que temos e por iso se vai manifestar a xente, poriso foi vostede á Rúa o outro día e por iso comparece hoxe, para ver se consegue convencer aalguén de que non vaia á mobilización do domingo. Pero vai haber moita xente, e iso, en re-alidade, señor conselleiro, non é bo porque demostra que hai unha queixa profunda, aíndaque vostedes crean que a xente e os profesionais se manifestan por deporte. Non é así, mani-féstanse porque probablemente os profesionais e toda a xente que se mobiliza ten maior preo-cupación pola sanidade pública da que demostran vostedes. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

Polo Grupo Parlamentario Popular, o señor Núñez Centeno.

O señor NÚÑEZ CENTENO: Grazas, señor presidente.

Señorías.

«Los recortes matan.» Se iso non é acusar o sistema e os seus cargos de facer dano ás per-soas... Supoño que será retórico tamén, señor presidente, porque, se iso non é retórico, sealguén é acusado de recortar e os recortes matan, eu creo que se lle está chamando algo, quese está insultando. Non o sei.

Dende logo, benvida á seriedade, señora Solla, benvida á seriedade. Aí, nese campo, ímonosencontrar sempre. Parece que ser goberno en Madrid tamén a está a moderar a vostede.(Aplausos.) Parece que ser goberno en Madrid tamén a está a moderar. (Aplausos.)

Señor Torrado, efectivamente, a sala de partos de Verín deixou de funcionar. Deixou de fun-cionar por motivos de seguridade, e sábeno perfectamente ben; por seguridade da nai e dorecén nacido.

Vostedes levan anos falando de desmantelamento dos hospitais comarcais. Creo que non haital desmantelamento. Hoxe o conselleiro deu cifras, todas as que vostedes non queren es-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

48

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 49: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

coitar: cifras de actividade, cifras de persoal, cifras de investimentos, cifras de servizos, detodo. Pero iso non se quere escoitar.

Claro, comparar agora mesmo as posibilidades de cubrir unha praza da Consellería de Edu-cación cunha praza de médico, da Consellería de Sanidade, creo que ten pouca comparación.Eu pódolle dicir que, cando eu rematei a carreira, eramos 20.000 no paro. E se che dabanoito días para traballar no ano, ou se traballabas un mes ao ano, eras o rei do mambo. Collíascalquera praza que lle deran, daba igual que fose Fisterra, que fose Mañón, que fose AGuarda. Daba o mesmo, naquel momento había paro. Hoxe é moito máis difícil. ¿Como vaicubrir vostede as prazas de difícil cobertura se a xente pode escoller a onde vai? Non mefaga comparacións que sabe vostede que non son reais.

Mire, señora Prado, eu agradecín o... (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Xa sei quenon lles gusta escoitar, pero terán que escoitar algo. (Aplausos.) Eu agradecinlle ao conselleiroque viñera a comparecer; primeiro, porque explica as cousas e, segundo, porque desmontaas mentiras, desmonta as trolas. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Moléstalles queas desmonte. Claro, vostedes non queren oír falar de datos ningúns. Aquí vale que un colec-tivo determinado diga que hai moitas listas de espera en Galicia. ¿Con que datos? ¿De ondesacan os datos, dunha persoa nun momento determinado? (Murmurios.) ¡Claro! ¡Si, señoraPrado, xa sei que non lle gusta!

Dicía vostede tamén que os especialistas van de vez en cando. Creo que foi vostede. Eviden-temente, en poboacións pequenas, cun número pequeno de poboación como poden ter al-gúns dos distritos destes hospitais comarcais, non hai patoloxía para que un profesionalvaia os sete días da semana, iso é evidente. E ao mellor ese profesional pode traballar tresdías no hospital central e dous días no hospital comarcal, e pode atender e pode acercar osservizos á xente. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Xa sei, xa sei que tamén lle mo-lesta, señora Prado. Siga, siga.

Tampouco escoitei ningún tipo de desculpas por parte dos grupos da oposición, desculpaspolas trolas, desculpas coas persoas acusadas falsamente polo asunto da hepatite C. Segui-mos esperando por esas desculpas polas cousas que se dixeron e que se comentaron nestehemiciclo en reiteradas ocasións. Volvemos ao que dicía a señora Solla ao principio, ¿non?Aquí nunca se falou mal de ninguén nin ninguén se meteu coas persoas, ¡para nada!

E, efectivamente, antes do señor Feijóo había hospitais comarcais. E había hospitais comar-cais porque foron construídos polo Partido Popular, por gobernos do Partido Popular. (Aplau-sos.) Acórdense vostedes das ambulancias, do debate sobre máis ambulancias. Con catroaniños de Bipartito e nin a primeira ambulancia. (Murmurios.) ¡Nin a primeira! Acórdensedo seu goberno, ¿cantas áreas tiña no mapa sanitario o seu goberno? ¡Sete! ¿Que diferenzahabía co mapa sanitario actual? Que Burela ía a Ferrol; Burela non ía a Lugo, ía a Ferrol.Áreas sanitarias había sete. E saben que Verín non tiña distrito ou que Cee non tiña distrito.Cee, por certo, funciona tan ben que está operando xente da comarca de Bergantiños, que,teoricamente, por área non lle corresponde. Pois están funcionando moi ben en determina-das especialidades. Están axudando. Vostedes saben que hoxe da cousa que máis se opera,con moita diferenza, é de cataratas. Pois están facendo cirurxía de cataratas. Chaman a ase-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

49

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 50: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

gurados meus de Carballo e van operarse á Cee. ¿Iso é bo? ¡Claro que é bo! O que temos quefacer é facilitar a asistencia.

Mire, señor conselleiro, creo que vostede deu explicacións máis que de sobra sobre o quedicía eu, sobre o tema tanto do persoal como do investimento e como do funcionamento.Creo que todo o tema este do peche olvidouse, o dos desmantelamentos comarcais quedoutotal e absolutamente aclarado. E volvo agradecerlle —por moito que lle moleste á señoraPrado— a súa presenza aquí. Creo que ademais destacou nesta última intervención cousasque se van facer a maiores, que dan pé aínda a dicir que a cousa aínda vai mellor do que nosqueren dicir: ampliación de servizos e ampliación de persoas, de traballadores.

Creo que pola miña parte teño pouco máis que dicir.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Núñez Centeno.

Para pechar esta comparecencia, ten a palabra o conselleiro de Sanidade.

O señor CONSELLEIRO DE SANIDADE (Vázquez Almuíña): Moitas grazas.

Despido tamén os alumnos do colexio de Arcade, o Manuel Padín, e os seus profesores.

A verdade é que quería finalizar simplemente reforzando sobre algo moi importante paranós, que son os recursos humanos. Quero recordarlle á oposición que durante a miña com-parecencia falei de incrementos de persoal moi importantes en todos e cada un dos hospitaiscomarcais. Sei que iso non se quere ter en conta, pero creo que a oposición debería, polomenos, recoñecelo. Nalgún momento sei que o recoñeceu e, como moito, falan de tardanza,porque non poden ir contra esa realidade.

O señor Touriño en Verín cambiouno, e de ser fundación pasou a hospital público. Pero fixoalgo máis, que foi acabar co servizo de pediatría do Hospital de Verín. (Murmurios.) (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) O señor Touriño acabou con eles, acabou con ese servizo.

Miren, falan dos pufos. Desgraciadamente tivemos un problema moi serio en España duranteanos polo goberno socialista do señor Zapatero, que abocou a unha crise económica quelevou ao que levou. (Fortes murmurios.) Por iso digo que, cada vez que os socialistas gobernan,ocorre o que ocorre.

E chámame tamén a atención que, ao longo deste debate, se falase moito do Consello de Co-lexios de Médicos de Galicia. ¡Que memoria tan fráxil! Hai dúas semanas a oposición nonfalaba nada do Consello de Colexios de Médicos de Galicia porque dixeron que o que se fixoen Verín estaba ben feito, (Fortes murmurios.) porque non había seguridade na atención ásmulleres e sobre todo aos recén nacidos. ¡Que curioso que agora o recorden! É unha penaque o presidente do Consello pois non preguntase ao Sergas do que estabamos a falar. Euexpliqueino aquí en varias ocasións xa neste Parlamento. A oposición non quer, pero de ver-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

50

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 51: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

dade que o presidente do Colexio puido chamar. Iámosllo explicar exactamente. O consen-timento informado é un proceso informativo fundamental, e é un dereito. É un dereito quenós, desde logo, imos seguir exercendo. E, como digo, imos coidar da seguridade.

Tamén se falaba por parte da oposición de que a oncoloxía estaba maltratada. E falábase deque en Vigo había problemas de espazo. Pero curiosamente hoxe hai unha entrevista co xefede servizo de Oncoloxía, que fala das características que ten ese servizo, que é un dos me-llores servizos de España, con medicina personalizada dispoñible xa en Vigo para todos ospacientes. O sistema público de Galicia funciona ben. Funciona ben porque ten magníficosprofesionais e porque ten un goberno que aproba presupostos, polo que, con eses presupos-tos, se poden facer investimentos. Con presupostos prorrogados en España levamos xa variosanos, por certo. Non son uns presupostos moi malos, porque os fixo o señor Montoro. Peroson os do señor Montoro. Entón, un problema fundamental dun goberno son, dende logo,os orzamentos. E se non os aproba, desde logo, ningún servizo vai estar en funcionamento.

E hai que dicir tamén que o sistema que creamos de áreas sanitarias e distritos é para que poi-damos resolver o gran problema que temos neste momento en toda España, que é a falta deprofesionais de determinadas especialidades. Hai sitios de difícil cobertura, e así se falou xano Consello Interterritorial. E hoxe, aínda que non imos falar diso, eu voulle dicir ao novo mi-nistro que imos pedir canto antes un consello interterritorial para falar de recursos humanos,que é un dos problemas máis importantes xunto co desabastecemento de fármacos, que taméné unha competencia do Goberno central. Desde logo, imos seguir traballando por todo iso.

E hai que dicir, sobre o sistema de tratamento que estamos facendo nos comarcais cos on-cólogos, que o mesmo oncólogo que trata os cánceres de pulmón en Lugo, no HULA, os trataen Monforte e os trata na Mariña. Ese é o mellor sistema posible, iso é equidade e accesibi-lidade. Iso é o que estamos facendo con este modelo, que está referendado pola Lei de saúde.Pero é moito máis que a Lei de saúde, vai moito máis alá. E iso é o que queremos conseguir.

En recursos humanos temos un problema. Témolo en Galicia e témolo en España en deter-minadas especialidades. E ¿que imos facer? Pois, miren, en Galicia fomos pioneiros en tomarmedidas para paliar este problema. Primeiro, publicamos ofertas públicas de emprego anuais.Fomos a única comunidade autónoma que o fixo en período de crise. Así o fixo. Ampliamosa idade de xubilación, unha norma que se estableceu a nivel nacional. Galicia foi a primeira.Estamos a punto de ter profesionais que están en torno aos 69 anos, e facendo, ademais, unmagnífico traballo. Outra foi incrementar o número de médicos en formación. O único quenos freaba eran as acreditacións. En pediatría levamos un ano pedíndollo ao Ministerio. E aofinal a última ministra fíxoo e conseguiu o que pedía Galicia —un ano enteiro pedindo paraconseguir sete prazas máis de pediatría—. E subimos o maior número de médicos de familiaen formación neste último exame de hai dúas semanas: 129. Polo tanto, estamos facendo.

E tamén, de acordo cos sindicatos, desenvolvemos os traslados abertos e permanentes, que nosfan gañar profesionais doutras comunidades autónomas que veñen para Galicia porque isto éun tema aberto, como digo, e permanente. Anualmente póñense enriba da mesa eses méritos.E agora, como digo, tras a negociación en mesa sectorial, incorporamos unha puntuación adi-cional no baremo de méritos no concurso aberto e permanente para aqueles profesionais que

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

51

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 52: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

traballan ou traballaron nos hospitais comarcais. Estamos falando xa cos sindicatos para a novaoferta pública de emprego de 2020, e chegamos xa a un acordo. Iso que se facía para o concursoaberto e permanente, incrementar a puntuación aos profesionais que desenrolen esa actividadenos comarcais, tamén vai ser na próxima OPE de 2020. É un elemento novo, un elemento im-portante para incentivar que os profesionais poidan decidir ir aos comarcais.

Pero non só vai mellorar a posibilidade deses profesionais que traballan nos comarcais,tamén vai afectar a aqueles traballadores dos centros dos hospitais centrais que van facerconsulta ou cirurxía a hospitais comarcais, que tamén se lles vai incrementar a súa puntua-ción de forma proporcional ao tempo no que desenrolen a actividade no hospital comarcal.Se van dous días á semana, contarán eses dous días como días que puntúan de forma maiorque os outros na súa convocatoria na oferta pública de emprego.

Incluso estamos valorando, e queremos negocialo tamén, a posibilidade de aumentar aíndamáis a puntuación no caso de especialidades médicas de especial dificultade de cobertura.Co cal, ese incentivo é o incentivo máis importante hoxe en día para que os profesionaispoidan ir a hospitais comarcais, máis que os incentivos económicos.

Tamén estamos valorando facilitar o acceso e o paso de grao da carreira profesional desesprofesionais, para que sexa tamén outro estímulo a maiores. E por suposto tampouco imosabandonar a posibilidade de introducir incentivos económicos, que, como digo, será unhacuestión de mesa sectorial para falar cos sindicatos.

Como conclusión, e despois de falar eu creo que de aspectos moi importantes dicindo o queestá facendo a Xunta de Galicia, o que leva facendo no ámbito comarcal, desde a súa creaciónos comarcais son fundamentais para a atención sanitaria de case 340.000 galegos, e ademaiscon magníficos profesionais. Os servizos non deixaron de medrar desde o inicio pese á bai-xada da poboación. O fin fundamental, como digo, é, tanto na atención primaria como noshospitais comarcais, acercar os servizos —e que sexan resolutivos— á poboación; servizosde calidade, máis e mellores servizos e con máis profesionais, equipamentos e infraestru-turas. A actividade é crecente e con magníficos resultados. Como digo, as mellores listas deEspaña danse nestes hospitais.

Os distritos sanitarios da Lei 1/2018, do 2 de abril, garanten o futuro dos comarcais. A Con-sellería aposta por seguir mellorando os servizos e, desde logo, busca —como acabo de des-cribir— novos incentivos non utilizados noutras partes de España para profesionais noshospitais comarcais, tanto para aqueles que desenvolvan toda a súa actividade nos hospitaiscomarcais como para aqueles que desempeñen en parte a súa actividade neles.

Quero finalizar como empecei, facendo un agradecendo a todos os profesionais de todas ascategorías profesionais que levan traballando desde hai moitos anos nos comarcais, aos quetraballan no día de hoxe e aos que seguirán traballando. Creo que fan un magnífico traballo.E nós, desde logo, o que imos é tratar de facilitar esa forma de traballar con máis infraestru-turas, con máis equipamentos e, desde logo, con máis cobertura de prazas de profesionais.

Moitas grazas a todos. (Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

52

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 53: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Grazas, conselleiro.

Debate e votación do Ditame emitido pola Comisión non Permanente de Estudo para aIgualdade e para os Dereitos das Mulleres

O señor PRESIDENTE: Presentáronse votos particulares ao ditame do Grupo ParlamentarioMixto, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, do Grupo Común da Esquerdae do Grupo Parlamentario Socialista.

Para a presentación do ditame ten a palabra a presidenta da Comisión non Permanente deEstudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres, dona Paula Prado del Río.

A señora PRESIDENTA DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADEE PARA OS DEREITOS DAS MULLERES (Prado del Río): Grazas, presidente.

Señorías, o 30 de outubro de 2013, logo de comezada a IX lexislatura, os grupos parlamen-tarios Popular de Galicia, dos Socialistas de Galicia, da Alternativa Galega de Esquerda e doBloque Nacionalista Galego solicitaron a creación da Comisión non permanente de estudopara a igualdade e para os dereitos das mulleres.

O 19 de novembro dese ano foi creada por acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, e noseu plan de traballo figuraba a elaboración dun ditame que avaliase a aplicación nos distintosámbitos competenciais da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protecciónintegral contra a violencia de xénero; e da Lei 11/2007, do 27 de xullo, de prevención e tra-tamento integral da violencia de xénero.

Logo de iniciada a lexislatura actual, o 7 de novembro de 2016 os grupos parlamentarios Popularde Galicia, dos Socialistas de Galicia, do Bloque Nacionalista Galego e de En Marea solicitarona creación da dita comisión co obxecto de ultimar o traballo que quedara pendente na anterior;creación que se produciu por acordo da Mesa da Cámara do 15 de novembro dese ano.

Na fase de comparecencias interviñeron 21 persoas expertas en todas as áreas requiridas e16 informes foron recibidos para ampliar o coñecemento de ambas as dúas leis. Iso, unidoao traballo da IX lexislatura, dá un total de 83 comparecencias e 28 informes.

Rematada a primeira fase de obtención de información, constituíuse a ponencia, que elabo-rou o correspondente proxecto de ditame. O traballo no seo da ponencia foi moi intenso ecun alto grao de consenso; de feito, só presentou emendas ao ditame da ponencia o Grupodo BNG. Na Comisión do 20 de decembro de 2019 debatéronse estas emendas e algunhasdesas propostas foron incorporadas. A comisión aprobou o ditame por maioría e sen ningúnvoto en contra.

O ditame que hoxe teño a honra de presentar está estruturado en catro epígrafes: antecedentes,marco legal, comparecentes, informes e recomendacións e conclusións e medidas propostas.O epígrafe relativo ás persoas comparecentes, informes e recomendacións articúlase á súa vezen catro eixos: sensibilización, prevención e educación, mellora da resposta institucional, per-feccionamento da asistencia, axuda e protección, muller rural e mar e feminicidio.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

53

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 54: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

As conclusións e recomendacións deste ditame están extraídas da análise dos informes e dainformación que trasladaron as persoas comparecentes dos diferentes eidos implicados nestamateria: educación, formación, asistencial, asociacionismo, sindicatos, corpos e forzas deseguridade do Estado, ámbito xudicial, Fiscalía, avogacía, centros de información ás mulle-res, universidade, sanidade, emprego, medios de comunicación, outras administraciónscomo a Fegamp, etc. Conclusións e recomendacións que, tal e como se indica na introducióndo ditame, sintetizan propostas de actuación concretas que sosterán a base do Pacto galegocontra a violencia de xénero para poder chegar a un fin común: erradicar a violencia contraas mulleres da nosa sociedade.

Aproveito para agradecer o intenso e xeneroso traballo de todos os grupos parlamentarios ede todas as deputadas e deputados que participaron neste traballo, non só desta lexislaturasenón da lexislatura pasada.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Prado del Río.

Pasamos, entón, á rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre o ditamee, se é o caso, defender os votos particulares formulados.

Polo Grupo Parlamentario Mixto ten a palabra o señor Villares Naveira.

O señor VILLARES NAVEIRA: Bo día de novo, señorías.

O documento que se propón para a súa votación é froito do debate e do consenso, tras unlongo traballo de escoita activa e análise das comparecencias de persoas expertas en dife-rentes aspectos acerca das violencias machistas e da desigualdade. Polo tanto, desde EnMarea queremos agradecer o traballo das integrantes da Comisión de Igualdade tanto nestaX lexislatura como na IX, que nos precedeu.

Como Grupo Mixto, de En Marea, integrámonos na comisión iniciados xa os traballos dafase de ponencia, pero isto non foi obstáculo para poder facer as nosas achegas e reflexiónse para que algunhas delas foran recollidas, feito que queremos tamén agradecer ao resto dacomisión.

Sobre o ditame en si, nós queremos ser moi claras: non está todo o que é —ou o que deberíaser, na nosa opinión—, pero si que é todo o que está. Sabemos que os consensos significanisto, renunciar a aspectos concretos para que saian adiante medidas de carácter central, epor iso imos votar a favor do mesmo. Pensamos que son insuficientes, pero que son nece-sarias; que son imprescindibles, queremos dicir.

Nós partimos da conciencia de que a chegada deste consenso é un logro que máis unha vezcoloca a Galicia na vangarda da loita contra as violencias machistas a nivel do Estado. E seformulamos os nosos votos particulares, aínda que vaiamos votar a favor do texto, é porqueconsideramos que así debe seguir sendo. E, ademais, non soamente no aspecto formal da

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

54

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 55: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

aprobación do ditame, senón tamén na necesaria materialización do mesmo. Que siga ha-bendo esta situación de vangarda como consecuencia da aprobación deste tipo de documen-tos tamén depende —e queremos ser moi claros neste sentido— de que todas as forzas quese recoñezan como demócratas rexeiten de forma contundente os discursos e prácticas ne-gacionistas do machismo e das violencias estruturais que este xera, non sendo compatiblea defensa dos dereitos das mulleres con pactos con forzas políticas que renegan da existenciado machismo. Iso é moi claro, non se pode estar na misa e repicando. Non se pode estar de-fendendo os dereitos das mulleres e pactando e gobernando con aqueles que os negan, por-que a partir de aí chega a relaxación do cumprimento deses compromisos e, polo tanto,déixanse en papel mollado compromisos que dan un carácter fundamental. Non é compatibleestar por un pacto contra a violencia de xénero e permitir ao mesmo tempo que o discursode odio anti LGTBI penetre nos centros de ensino ou avalar medidas como a censura educa-tiva que impidan a educación afectivo-sexual ou que impidan a educación en igualdade.

En canto á posición de En Marea en relación co seu voto particular, entendemos que as me-didas presentes no apartado de conclusións son de consenso —acabamos de dicilo—, urxentese necesarias. E, loxicamente, a partir deste consenso entre grupos, pois falamos de medidasque son de mínimos, pero non se recollen todas as medidas que para este grupo serían esen-ciais para o desenvolvemento do futuro Pacto galego contra a violencia de xénero. Non obs-tante, desde de En Marea consideramos fundamental achegar unha serie de puntos queentendemos que deberían de estar entre as conclusións por estar xa recollidos na lexislaciónvixente e seren compromisos que non deberan de xerar disenso entre as forzas políticas.

En primeiro lugar —queremos dicilo claramente—, é necesario rematar cos concertos concentros que segregan o alumnado por sexos como condición previa para a coeducación, tale como establece o propio Plan de actuacións para a igualdade en centros educativos daXunta de Galicia. Unha cousa é que eses centros sexan legais e outra cousa é que eses centrosteñan que estar concertados, e moito menos xa recibir subvencións públicas. Cabe lembrarneste sentido que a Consellería de Educación, ademais, non é transparente a respecto dosfondos que anualmente destina a este tipo de concertos, malia as reiteradas peticións de in-formación por parte de En Marea mesmo no debate dos orzamentos do ano 2020.

En segundo lugar, postulamos a derrogación da Lei 5/2010, pola que se establece e regulaunha rede de apoio á muller embarazada, norma que camufla o apoio á muller xestante, adisposición de subvencións e a concertación coa Red Madre e outras entidades antiabortistas,así como adxudica labores directos de información a mulleres embarazadas baixo unha pers-pectiva claramente ideoloxizada sobre unha das posturas na extensión de dereitos. A lei,ademais, afonda en posicións esencialistas sobre a muller e sobre o seu rol de xénero, e con-sidera, entre outros, o dereito á vida desde a concepción, contradicindo o consenso científicoe o dereito á interrupción voluntaria do embarazo recollido na lexislación estatal, algo quenon debería de suceder.

En terceiro lugar, consideramos imprescindible fornecer apoio psicolóxico a vítimas de vio-lencia, tamén a menores, na atención primaria, ampliando neste sentido os recursos da áreade saúde mental do Sergas e desenvolvendo así o artigo 25 da Lei 11/2017, para a prevencióne o tratamento integral contra a violencia de xénero.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

55

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 56: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Loxicamente, este tipo de apoio especializado debe despregarse paulatinamente, e estaseprestando actualmente con eficiencia por medio dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxíade Galicia. Pero debe partir da indispensable posta á disposición de máis medios para todaa saúde mental do Sergas, un aspecto infradotado no noso sistema sanitario.

Por outra parte, queremos lembrar que houbo discrepancias na comisión sobre se procedíaou non unha avaliación do grao de desenvolvemento da Lei 11/2017, para a prevención e tra-tamento integral da violencia de xénero. Pero o obxecto da comisión entendemos que eraclaro a este respecto, si, entraba dentro dos temas a debater na comisión, aínda que nonfose exclusivo —unha cousa é que non sexa exclusivo e outra cousa é que non se poida abor-dar—. Consideramos que cómpre valorar que aínda faltan puntos por desenvolver da ditalei e que no futuro Pacto galego cómpre afondar na concienciación e na dotación de recursospara abordar especificamente as violencias sexuais.

Chegamos os grupos parlamentarios tamén ao compromiso de desenvolver sen demora unpacto galego contra a violencia de xénero, o cal consideramos —e esta é a nosa posiciónparticular— que se debe substanciar antes de que remate esta X lexislatura. É importanteque non deixemos para a vindeira a continuidade deste compromiso de traballo conxuntocontra as violencias machistas. O peche da Comisión de Igualdade xa demorou demasiado—como vostedes saben—. Benvido sexa o remate no final desta lexislatura, pero non dei-xemos tarefas sen abrir que deberan continuar na XI lexislatura e poñamos os alicerces.

O punto cuarto enuncieino xa antes, e queremos ser moi claros. Pensamos que se debe derexeitar explicitamente calquera tipo de pacto ou acordo con forzas negacionistas do ma-chismo. En Marea foi a primeira forza política que nunha cámara autonómica propuxo esedebate xa en xaneiro do ano 2019. Se se lembran, propuxemos pechar o paso, como bloquedemocrático no que nós situamos a todas as forzas políticas desta Cámara, a acordos conforzas políticas que materialmente sostiñan valores non democráticos. O primeiro deles, omachismo; en segundo lugar, a homofobia e o supremacismo; e, en terceiro lugar, a nega-ción do autogoberno de Galicia. Ben, naquela altura, lamentablemente, non conseguimos oapoio do Partido Popular. Nós queremos, un ano despois dese debate, volver facer unhachamada á reflexión sobre todas as consecuencias negativas e sobre o regreso de dereitosen materia de igualdade, en materia de machismo e en materia de loita contra a violenciade xénero que ten suposto esa decisión e tamén en relación coa defensa do autogoberno deGalicia.

Finalmente, o Pacto galego contra a violencia de xénero debe de establecer prazos, orza-mentos e mecanismos de seguimento claros para garantir o seu desenvolvemento. Fai falta,en definitiva, a súa xuridización; é dicir, o establecemento de elementos de control concretosque os fagan incluso tutelables xurisdicionalmente; e, por suposto, medidas para materia-lizar o que agora se recolle no papel, polo tanto, con contidos de memoria económica moiconcreta e de desenvolvemento en prazos tamén concretos.

Situándonos xa no futuro inmediato deste Pacto galego contra a violencia, gustaríame apro-veitar para deixar apuntadas unha serie de pinceladas que para nós son imprescindibles eque, polo tanto, deberían de afondar na liña de traballo conxunto.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

56

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 57: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En primeiro lugar, o emprego en igualdade. Entendemos que non é compatible cunha so-ciedade xusta e democrática a persistencia da fenda salarial de xénero, que, como vostedessaben, acada o 29 % no noso país, consecuencia dun mercado laboral que penaliza as mu-lleres con salarios máis baixos, con maior parcialidade, con maior temporalidade e con maiorocupación nas tarefas de coidados non remunerados e de conciliación, o que penaliza a ca-rreira profesional. E neste mesmo eido laboral é esencial poñer o acento na prevención doacoso sexual e en eliminar a intolerable penalización laboral que moitas vítimas de violenciamachista sofren, como elas mesmas recordaron na propia comisión.

En segundo lugar, rachar a feminización da pobreza é un elemento estrutural tamén da de-sigualdade, e as taxas de pobreza, aínda que converxeron nos últimos tempos, son peoresnas mulleres e, especialmente, nas familias monomarentais. Deste xeito, a Risga é unhaprestación insuficiente e feminizada. Temos, pois, que traballar en máis mecanismos deprotección social con perspectiva de xénero. A este respecto tamén engadimos medidas paraloitar contra a chamada pobreza menstrual, comezando pola nosa proposición non de leiaprobada nesta Cámara para a rebaixa do IVE nos produtos de hixiene feminina.

En terceiro lugar, a educación afectivo-sexual dende a infancia, que, en vez de producirse,está ultimamente na liña do alentamento de censuras educativas. A formación e a informa-ción son a base dunha opinión pública libre e dunha sociedade democrática e tamén o futuroda garantía, da persistencia da democracia nas xeracións máis novas. Por iso resulta inde-cente, en termos democráticos, negarlles a formación e a información.

Remato xa con dúas medidas adicionais: o fomento do deporte en igualdade, a necesidadedo desenvolvemento pleno e da avaliación do Plan de igualdade en centros educativos e, fi-nalmente, a erradicación de prácticas...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

O señor VILLARES NAVEIRA: ...que poidan constituír violencia obstétrica.

Moitas grazas, señor presidente. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Villares.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señora Presas Ber-gantiños.

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: Grazas, señor presidente.

Bo día a todos e a todas.

Eu quería comezar por onde remataba a señora Prado del Río como presidenta da comisióne polo agradecemento tanto a quen nos precedeu nas lexislaturas anteriores como taménaos servizos da Cámara como ás persoas e colectivos comparecentes —coa excepción da Po-licía Nacional e da Garda Civil, que se negaron a vir comparecer ao Parlamento galego—

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

57

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 58: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

como tamén ás compañeiras e compañeiros dos demais grupos parlamentarios polo traballodesenvolvido nos últimos anos.

Con independencia das discrepancias que nos levaron a presentar tanto emendas como unvoto particular, quixeramos deixar constancia aquí de que entendemos que o traballo de-senvolvido foi positivo, malia que o resultado a nós —insisto— non nos satisfaga e iso fagaque manteñamos ese voto particular.

Eu quería explicar as discrepancias que nos levaron a facelo, que poden parecer de método,pero que á fin e ao cabo son tamén de fondo político.

Entendemos desde o primeiro momento —e así o manifestamos nas reunións da ponenciae na propia comisión— que nós non podiamos actuar como meras taquígrafas ou transcri-toras do que as persoas expertas viñeron dicir á comisión. Primeiro, porque sería pouco ho-nesto pensar que na propia selección que facemos das achegas non hai tamén un criteriopolítico que temos cada unha de nós. E, segundo, porque as galegas e os galegos non nosescolleron para iso. Isto é un parlamento, non é unha clase; polo tanto, non se trata de quenós escoitemos unha lección e a reproduzamos, senón de que extraiamos unha conclusión.

Poño un exemplo doutro ámbito. Imaxinen que veñen persoas expertas do ámbito sanitariodicirnos que é moi malo fumar en espazos pechados para quen fuma e para quen respira esefume, e que a nosa conclusión é reproducir iso en lugar de tomar medidas como as que noseu día se tomaron conducentes a prohibir que se fume nun tren, nun hemiciclo ou nunhauniversidade.

Para nós este ditame adolece diso, dese plus de promover cuestións novas e diferentes ásque xa tiñamos. Iso non significa que infravaloremos ter chegado a este punto. Hai que veren perspectiva que non é menor para o momento político no que vivimos, onde poñer envalor o diálogo parlamentario é importante. Esa reflexión colectiva tamén a leva o feminismono seu ADN, aínda que tamén temos que recoñecer que foi difícil nun contexto político noque tamén hai forzas políticas que pactan cos negacionistas da violencia de xénero e conpersoas e colectivos que queren ilegalizar forzas soberanistas como a que eu represento.Pero, malia a iso, intentámolo, malia a iso, achegamos desde o primeiro momento toda anosa vontade, coas limitacións que ten ter un grupo pequeno, por veces, como o noso e coaslimitacións que tivo tamén a axenda electoral en bucle destes últimos anos. Pero creo e podoafirmar con orgullo que ninguén pode dicir que o BNG non puxo todo da súa parte para queeste ditame fora o mellor posible, aínda que a nós nos pareza que ese obxectivo non se con-seguiu. De feito, xa o 18 de xaneiro do ano pasado, de 2019, presentamos unha proposta parao debate con moitas das cuestións que achegamos hoxe no noso voto particular.

Está claro que tivemos unha diferenza importante co grupo maioritario da Cámara, perotamén con outros grupos, a respecto de cal debía ser o método e cal debía ser o horizonteconclusivo. Pero, en todo caso, entendemos que, nun contexto no que outras comisións nonpermanentes como a de discapacidade ou a de seguridade viaria están traballando aínda noditame, ou nun contexto no que temos un parlamento que ten exemplos vergonzantes comoa Comisión das Caixas, a do Marisquiño ou a Comisión da Sanidade, que o Partido Popular

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

58

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 59: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

perverteu dende o primeiro momento —aínda non teñen as súas conclusións—, aquí se deudado un paso, aínda que —insisto— non culmina as nosas expectativas.

En todo caso, eu quería explicar un pouco o porqué. Nós, se ollamos o ditame que hoxe deba-temos, preguntámonos se temos resultados que se traduzan nun compromiso firme para algodiferente do que xa recolle a lei. E para nós a resposta é que non. Por iso presentamos ese di-tame alternativo, fundamentalmente por dúas razóns. Primeiro porque entendemos que nonse cumpren os obxectivos do Plan de traballo do que nos dotamos. Xa o avanzaba o señor Vi-llares, eu engado: é que ese obxectivo era exclusivo, e vouno ler: «Avaliación da aplicaciónnos distintos ámbitos de competencia da lei do 2004 e da lei do 2007». A pregunta é: ¿esteditame avalía o cumprimento da Lei galega de violencia machista? A resposta é non, non oavalía. Non avalía ese obxectivo que se marca e, polo tanto, para nós iso invalida este ditame.

E a segunda razón é que, se imos aos contidos, hai propostas interesantes, hai matices, cues-tións que nos parecen enriquecedoras, pero o certo é que se facemos unha comparativa entrea lei galega de 2007 de hai case trece anos e o que achega este ditame non vemos grandesavances. E podo poñer exemplos. O ditame, por exemplo, no punto 4.1.14 fala de inserciónlaboral. Iso é o artigo 35 da Lei galega de violencia machista. O 4.6.5, de impulsar estudos einvestigación. Iso é o capítulo II da Lei galega de violencia machista. Fala de atención psi-colóxica no artigo 25 da Lei galega de violencia machista. No punto 4.6.8 do ditame, sobrea vitimización secundaria, e hai un artigo específico na Lei galega de violencia machista. Opunto 4.2.2, sobre fortalecer o asociacionismo, o mesmo; do medio rural, o mesmo; de edu-cación, o mesmo. Así, con todo. Polo tanto, por moito que haxa cuestións que poidan serenriquecedoras, non hai un só compromiso firme que supoña un avance respecto da lei de2007. Nós pensamos que somos fillas dunha historia, que temos que ter unha responsabi-lidade colectiva e que se no 2007 demos un paso de xigante o que non podemos facer agoraen 2020 é non movernos nin un só milímetro dese marco. (Aplausos.)

Para nós o de hoxe non deixa de ser un trámite, e parécenos que iso é limitativo. Entendemosque non se avalía se se cumpriu ou non a lei durante estes últimos doce anos. Entendemosque podemos enunciar a metade das cuestións que se recollen coa propia Lei de violenciamachista e queremos facer unha reflexión hoxe aquí. Desde 2014 que se aprobou este plande traballo pasaron moitas cousas neste país. Pasaron moitas cousas e o grao de exixenciada rúa aumentou moito. Non é novo que a presión social vaia máis rápido que o poder lexis-lativo nin vai ser algo no que nós poidamos romper o fío da historia e facer que iso nonaconteza. Pero o certo é que temos que preguntarnos: ¿cantas mulleres foron asasinadasdesde que se aprobou este plan de traballo no noso país? Eu tomei a molestia de recompilaros datos que recolle a Marcha mundial das mulleres neste país, porque, efectivamente, a so-ciedade avanzou, aínda que non avanzaron as estatísticas en moitos aspectos, e foron asa-sinadas 40 mulleres, ¡40 mulleres! ¿Podemos con isto conformarnos cun ditame que nonsupón un salto cualitativo respecto da Lei de violencia? Nós pensamos que é insuficiente efacémolo con espírito construtivo porque entendemos que somos capaces de dar unha res-posta máis ampla desde Galiza.

Por iso, malia as diferenzas de método e de enfoque, contribuímos ata o último minuto aque este ditame fora o mellor posible. Por iso tamén fomos un grupo emendante na propia

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

59

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 60: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

comisión e por iso o complementamos con este voto particular que cita para nós o que debeser o camiño a seguir.

Neste tempo pasaron moitas cousas, tamén houbo dous 8 de marzo absolutamente históricosneste país que non podemos ignorar. Non podemos ofrecerlle á sociedade que está fóra destaCámara única e exclusivamente unha retahíla de propostas que, en moitos casos, están xa in-corporadas na lei ou que temos votado tamén neste Parlamento nos últimos meses. Nós en-tendemos que non podemos conformarnos e que este ditame non está á altura dascircunstancias históricas. En todo caso, insistimos en que temos total vontade e total dispoñi-bilidade para que, efectivamente, desta lexislatura saia un pacto galego contra a violencia ma-chista, por iso fomos nós desde o BNG quen impulsamos en xaneiro de 2017, como consecuenciadunha das nosas primeiras interpelacións, unha moción na que se comprometía toda a Cámaraa esa cuestión. Facémolo e seguirémolo facendo, e por iso unha das emendas que presentamosnesta tramitación foi, precisamente, que no prazo de dous meses nos comprometeramos a pe-char orzamento, planificación e a ver como se fai o seguimento. Non foi aceptada, pero enten-demos que aínda temos marxe nos próximos meses para conseguir que si sexa unha realidade.

Este ditame non é para nós o mellor punto de partida posible, pero está aí, ímolo aproveitare imos tamén construír en positivo arredor del.

En todo caso, quería rematar con tres apuntes moi breves sobre o noso voto particular. Fa-cemos unha mención á parte da cuestión do feminicidio. Agradecemos a vontade de que sechegara a un ditame que non nos obriga a votar en contra, como había algunha cuestión re-ferida ao feminicidio que inicialmente si, pero nós recollemos na nosa proposta un desen-volvemento do feminicidio que vai máis alá...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: ...de limitalo ao marco penal, porque entendemos e de-fendemos dende o primeiro momento que cando falamos de incorporar o feminicidio nonestamos a falar exclusivamente do ámbito...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas...

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: ...penal; concordamos con que ese ámbito non debe serdesenvolvido, pero hai moitos máis aspectos.

Incorporamos tamén no noso ditame a avaliación da lei...,

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Presas.

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: ...que non se inclúe e, por último, unha batería de pro-postas abertas para o debate; nalgunhas sabemos que hai discrepancias, pero outras enten-demos que...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

60

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 61: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: ...terían sido un bo punto de partida.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Presas.

Polo Grupo Parlamentario Común da Esquerda ten a palabra a señora Quinteiro Araújo.

A señora QUINTEIRO ARAÚJO: Grazas, presidente.

Nós tamén, por suposto, queremos comezar agradecéndolle o traballo a todas as persoas,entidades e institucións que viñeron comparecer no marco desta comisión, tamén a todasas deputadas que formaron parte da comisión, na anterior lexislatura, pero o primeiro quequeremos sinalar é que na nosa opinión este ditame chega moi tarde. Non nos parece asu-mible. Creo que hai que facer unha crítica de que o traballo da comisión se prolongara du-rante dúas lexislaturas e que concluíra unicamente con esta parte, que é meramentedescritiva.

Na nosa opinión este ditame é un primeiro paso, pero non cumpre con todos os obxectivosque se marcaron no marco da comisión. Cremos que faltan moitas cuestións por incorporarneste ditame, que entendemos que debían ir a posteriori deste traballo inicial, que faltanmedidas concretas e, sobre todo, que falta traducir as recomendacións que pon o ditame enmedidas concretas, cun calendario claro e cun orzamento, cunha data de implantación, por-que, se non, entendemos que todo vai quedar simplemente nun papel con boas intencións,pero que non vai ter esa tradución real.

Xustamente por estas eivas que entendemos presentamos un voto particular. As eivas teñena ver co que dicía da falta de concreción de todas as medidas que non se implementaronnesta parte. Entendemos que deberían ir a posteriori, pero para nós o máis importante é queestas medidas teñan datos claros e un orzamento asignado.

Tamén entendemos que o cometido desta comisión, como aquí tamén se mencionou, foireducionista, e que non se cumpriu con todos os obxectivos. Cremos que hai que ser cons-cientes de que non se fixo ata o día de hoxe unha avaliación rigorosa da aplicación da le-xislación en materia de igualdade —de feito, falamos desta cuestión moitas veces nesteParlamento— e cremos que hai un incumprimento reiterado de moitísimos artigos da le-xislación actual. Pasaron trece anos dende a aprobación desa lei, que supuxo un granavance normativo, por suposto, pero trece anos despois o balance é que hai un desenvol-vemento moi escaso, totalmente insuficiente, e que non houbo tampouco esa vontade po-lítica para facelo cumprir. Mesmamente neste Parlamento en moitas ocasións candodebatemos dalgunhas cuestións e o noso grupo parlamentario trouxo proposicións non delei que recollían o cumprimento da lexislación, o cumprimento de determinados artigosda lexislación que non se estaban garantindo, o Partido Popular votou en contra, inclusode propostas que unicamente pedían que se cumprira de maneira rigorosa coa lexislación,por exemplo, no que ten a ver cos medios de comunicación e co tratamento das violenciasmachistas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

61

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 62: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Por iso, facendo un balance dos últimos anos de políticas do Partido Popular e tamén polasúltimas decisións que toma o Partido Popular, non entendemos as chamadas abstractas aoconsenso. Nós puxemos todo á disposición nesta comisión e en moitas outras ocasións paratraballar e acadar consensos que nos supoñan realmente avanzar na vida das mulleres; con-sensos reais, con aplicación real, medidas concretas, pero o que non imos aceptar é un marcoonde se diga que cando se fala de igualdade si ou si hai que chegar a consensos. Hai dife-renzas políticas evidentes, e a continuación falarei de cales son esas diferenzas, e tamén haiincoherencias no Goberno entre o que din defender e o que despois aplican.

Tamén temos que repetir —porque isto é unha novidade dos últimos tempos— que se pactancoa extrema dereita entendemos que non hai, que non poden falar de defender a igualdade,é unha contradición absoluta. Estanos avalando mentres gobernen con xente que está ne-gando que exista a violencia machista, mentres non teñan claridade sobre o que van facernunhas próximas eleccións. Entendemos que non se pode ter máis incoherencia. É incom-patible pactar coa extrema dereita e dicir que se defenden os dereitos das mulleres.

E, como digo, non é só por estes pactos cos negacionistas, é que tamén, se facemos unhaevolución e analizamos a súa acción política nos últimos anos, vemos como realmente nonhoubo unha defensa da igualdade, non só por non cumprir a lexislación, como dicía, senónpor outros moitos casos concretos.

O pasado 8 de marzo foron directamente contra as mulleres. Teñen condenas por impor unsservizos mínimos totalmente abusivos na folga feminista. Hai declaracións machistas dopasado 8 de marzo de voceiros do Partido Popular que son totalmente inaceptables, taménincluso do propio presidente. Continuaron todos estes anos financiando unha organizaciónque vai directamente contra os dereitos das mulleres, unha organización antiabortista, comoé Red Madre, que nega ou pretende negar a capacidade de decisión das mulleres, e seguen adesmantelar os centros de planeamento familiar. Por iso non imos crer que agora queirandefender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, porque as súas políticas van xus-tamente na liña contraria.

Seguimos tamén insistindo en que continúan financiando escolas que segregan por sexo, enon ten ningún sentido que poñamos medidas a prol dun ensino en igualdade cando despoiscontinúan financiando estas escolas.

Os incumprimentos da lei son ás veces tan graves que vemos como en trece anos non foronquen de poñer en marcha un plan de igualdade dentro da propia Administración pública.¿Como imos pensar que o Goberno vai facer cumprir as empresas cos plans de igualdadecando eles mesmos nin sequera foron capaces de pór en marcha este plan de igualdade?Agora estano intentando facer en ano preelectoral rápido e sen seguir os mínimos procede-mentos.

Tamén tiveron condenas por denegar os dereitos de conciliación. E a nós este tema parécenosmoi importante, porque ultimamente vemos como tratan de vender falsas medidas de con-ciliación para vender esa idea natalista. Proximamente falaremos da Lei de impulso demo-gráfico, pero despois non aplican nin unha soa medida que favoreza a conciliación real das

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

62

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 63: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

mulleres. Todo o contrario, levamos moitos anos de recortes en dependencia, levamos moi-tos anos nos que cada vez máis as mulleres teñen que facerse cargo dos coidados no fogar emoitos anos privatizando todos estes servizos.

Teñen a rede de acollemento e a rede dos CIM totalmente infradimensionada, por iso, portodas esas accións e por moitas outras que non daría tempo a relatar hoxe, non cremos estassupostas boas intencións, porque os feitos están aí. En todos estes anos permaneceron to-talmente alleos ao que plantexaba o movemento feminista nas rúas, non quixeron escoitar,e nós imos repetilo: o que necesitamos son medidas firmes e orzamento, máis diñeiro pú-blico, e sempre se negan. Un 1 % do conxunto dos orzamentos parécenos unha cantidadetotalmente necesaria, un mínimo, unha cantidade mínima, porque a situación xa non admitemáis demora, é insoportable. Os feminicidios continúan a estar aí e son unicamente a partemáis visible. Detrás dos asasinatos súmanse todas as violencias cotiás que vivimos as mu-lleres en todos, absolutamente todos, os ámbitos da nosa vida, como insultos, agresións,condescendencias, sobrecarga do traballo de coidados, cousificación e un longo etcétera, enon se están poñendo medidas para acabar con estas violencias.

Cremos que hai un desleixo absoluto por parte da Administración para acabar, por exemplo,con este traballo de coidados que realizan as mulleres, incluso coa fenda salarial, que vemoscomo se dispara nos traballos onde a nómina é mellor. O Goberno ten que ofrecer ferramen-tas claras. E este ditame, na nosa opinión, é un primeiro paso, pero que non dá resposta atodas as necesidades urxentes que temos as mulleres.

Nós imos seguir tendo toda a disposición e van contar con todo o noso traballo, como viñe-mos facendo ata agora, pero si queriamos recalcar que non nos vale un falso consenso, unhafalsa chamada á unidade, porque hai diferenzas políticas. A súa acción política moitas vecesé totalmente diferente ao que despois levan adiante, e queremos compromisos claros, com-promisos firmes e claros e que non sexan unicamente propaganda, porque entendemos quecos dereitos das mulleres non se pode negociar, e nos últimos tempos o Partido Popular sique está negociando con estes dereitos ao pactar con quen nega a violencia machista.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Quinteiro.

Polo Grupo dos Socialistas de Galicia ten a palabra a señora Pierres López.

A señora PIERRES LÓPEZ: Grazas, presidente.

Bos días a todas e a todos.

Logo de escoitar os diferentes voceiro e voceiras, non podo máis que manifestar sintonía porparte do Grupo Socialista cunha gran parte das súas exposicións e co fondo común dos nososvotos particulares. É que non é máis que a constancia de que este ditame é un punto e seguidono noso cometido de acadar respostas e accións contra a violencia machista, pero en ningúncaso pode ser entendido como un punto e final, que entendemos sería o desexable.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

63

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 64: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

¿Significa isto que nós desdeñemos o traballo feito ata o momento ou que minusvaloremostamén as aportacións de todas as persoas expertas? Evidentemente, non. É máis, nós taménqueremos agradecer e cremos que é importante salientar esa xenerosidade de todas as per-soas que participaron na comisión, de todas as ponentes, de todas as persoas redactoras dosinformes, dos deputados e deputadas e, por suposto, dos servizos da Cámara, que contri-buíron ao bo facer da mesma, tanto nesta lexislatura como na anterior.

Todos os seus testemuños teñen ampliado, sen dúbida, o noso coñecemento da realidadegalega en materia de igualdade e da incidencia da violencia machista, e as súas conclusións,sen dúbida, van servir de base para a elaboración das medidas e das accións necesarias paracombater todas as desigualdades e todos os comportamentos violentos contra as mulleres.

Esa é a razón última da nosa abstención ao ditame: constatar que se trata dun documentoque é inconcluso; un documento que, como xa se apuntou aquí, é meramente descritivo dasdeclaracións de todas as persoas ponentes; un documento que é multicoral e que incluso meatrevería a dicir que é aséptico, no que se conclúe basicamente que hai existencia da violenciamachista en moitos ámbitos da nosa vida e da nosa sociedade galega. Un documento, polotanto, que debuxa mellor o noso contexto, pero que en ningún caso asume o reto de enfocare describir as medidas precisas para combater a violencia, nin tampouco para resolver asdificultades evidentes para cumprir —como tamén xa se comentou aquí— con moitos dosmandatos das leis autonómicas que hoxe en día están vixentes e que seguen sen darse.

Votar a favor, polo tanto, sen a emisión deste voto particular que cando menos matizaseesta cuestión tan importante sería favorecer que puidese concluír neste punto o cometidoda comisión e, polo tanto, traizoar o cometido último que nos ten trasladado a cidadaníagalega, que é traballar, precisamente, para topar as solucións ao problema da violencia ma-chista.

Polo tanto, no noso voto particular non pretenda ninguén atopar nin voltas nin reviravoltas.Hai tan só a necesidade de apuntalar mellor o fin último da comisión e de actuar desde atransparencia máis absoluta coa cidadanía galega.

E para entender tamén mellor a nosa postura é preciso lembrar o exemplo do traballo de-senvolto noutras comisións parellas a esta que se teñen realizado seguindo o proceso quehoxe —entendo— todos reivindicamos, tanto na ponencia creada no Senado como na Sub-comisión de Igualdade no Congreso. Os ditames resultantes contiñan ambos os dous as me-didas que logo formarían parte do Pacto de Estado contra a violencia de xénero; algo queparece lóxico, pois esa era a encomenda aos diferentes grupos, extraer as conclusións, perotamén as medidas que se deberían poñer en marcha.

Ben é certo —e quero tamén puntualizalo para que ninguén o explique por nós— que o nosogrupo, como o resto dos grupos, accedemos finalmente a concluír esta parte só coas con-clusións das ponentes e non coas dos grupos co fin de non prolongar máis no tempo a emi-sión desta parte do informe. E fixémolo porque eramos e somos conscientes de que, trasvarios anos —porque falamos de anos—, dilatalo máis no tempo non era desexable paraningún de nós, e é que moitos dos temas ou das problemáticas que se trataban e estaban

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

64

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 65: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

plasmadas nese documento estaban xa nun contexto totalmente desfasado do actual, conalgúns debates e problemáticas —repito— que xa estaban superadas, incluso por medidasque xa se puxeron en marcha dende o ámbito autonómico, pero tamén dende o estatal e in-cluso dende o local.

En todo caso, e precisamente por este motivo, parécenos importante deixar hoxe constanciadesa necesidade de finalización dun proceso que entendemos —e repito— inconcluso.

Non se entenda isto tamén como unha cuestión de falla de confianza nin de compromisopola nosa parte coa finalización do proceso, é un acto de mera transparencia para deixarclaro a toda a cidadanía que o fin último aínda non foi conquerido e que este é, insisto, unpaso máis pero en ningún caso a meta perseguida.

E máis alá desa razón principal, que penso que queda explicada suficientemente, é precisotamén entender como xurdiu esta comisión e os cometidos da mesma e cal foi a postura doPSdeG entón, que non é tampouco allea á que hoxe mantemos. A Comisión non permanentede estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres, na súa sesión do 14 de xaneirodo ano 2014, adoptou unha serie de acordos de cara a establecer, precisamente, as súas pro-pias normas de funcionamento. Recollía entre outros puntos o obxecto da mesma e taména súa duración. O Grupo Parlamentario Socialista amosouse no seu día contrario á limitacióndos obxectivos desta comisión —só a avaliación das leis de igualdade estatal ou galega, e,por suposto da galega, a única na que tiñamos competencias—, o que xa manifestou no seudía cunha emenda ás normas de funcionamento e que recollía nun sentido moito máis amploo obxecto da mesma, entendendo o fin desta como ferramenta útil para a avaliación de todasas leis e tamén de todas as normativas que recollesen medidas en defensa dos dereitos dasmulleres ou da igualdade; emenda que foi rexeitada.

Polo tanto, o noso grupo asumiu no seu día xa esa redución dos cometidos da comisión, peroentendía entón e tamén entende agora que a consecución, en todo caso, dun pacto galegocontra a violencia de xénero debería conter medidas que traballasen para garantir o cum-primento non só da Lei de igualdade galega senón, por suposto tamén, do resto das normase leis que transversalmente velan pola garantía da igualdade e a non violencia ou discrimi-nación das mulleres.

Así mesmo, entendendo a parte fundamental do Goberno en cada momento, responsable dodeseño e posta en marcha das políticas autonómicas, cremos tamén fundamental exixir co-herencia e compromiso na posta en marcha das medidas, especialmente, ademais, daquelasque xa están reflectidas na Lei de igualade actual, como tamén xa se ten comentado e sa-lientado, e que non se impulsaron por desidia e, en todo caso, por falla de vontade do Go-berno.

Aplaudimos a disposición, por suposto, do Goberno a favorecer os pactos, tal e como fixo coseu rexistro recente dunha proposición en tal dirección, pero, en todo caso, cremos que estanon debe ser nin acelerada nin condicionada, e o que é máis importante, debe respostar aun proceso participativo de toda a cidadanía. Ata o momento contamos cun documento deponencia que reflicte a opinión de persoas expertas cada unha na súa materia ou campo de

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

65

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 66: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

traballo, pero a cidadanía galega, o movemento asociativo e o movemento feminista taméndeberían ter cabida. Calquera vítima, ademais, que coñece mellor ca ninguén as dificultadescoas que se ten atopado ou atopa no seu día a día, para non ser revitimizada, para resultarcrible, para non ser estigmatizada, para ser apoiada por todas esas cuestións, ten que tervoz neste proceso final tan importante.

E por iso mesmo cremos que o Goberno ten que facer deste pacto un proceso exemplar departicipación e de transparencia, e que non sexa unidireccional, senón que sexa totalmentebidireccional. E nese sentido vai o noso voto particular, que pretende engadir ao documentoda ponencia a engádega dun punto que fai referencia a esas propostas e estratexias nas queé preciso contemplar, entre outras cuestións, a necesidade de desenvolver, antes da fin dalexislatura, un pacto galego contra a violencia de xénero que conteña, cando menos, as me-didas e as accións precisas para garantir e impulsar o correcto cumprimento da lei actualpara a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero; un pacto que veña acom-pañado dun compromiso orzamentario suficiente que permita a súa posta en marcha inme-diata, pero tamén unha avaliación anual do grao de execución dos obxectivos propostos e quesexa en todo momento accesible para o coñecemento de toda a cidadanía. Tamén que garanta,unha vez coñecido o contido da ponencia admitida pola Comisión non permanente de estudopara a igualdade e para os dereitos das mulleres, aos diferentes colectivos sociais ou aos par-ticulares realizar as súas achegas a este pacto co último fin de atender as opinións de toda acidadanía, así como actualizar as opinións ou conclusións recollidas na ponencia que puideranquedar obsoletas no tempo. Pero tamén entendemos necesario exixir ao Goberno o seu com-promiso máximo e real coa Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violenciade xénero e a posta en marcha de modo inmediato daquelas accións xa contempladas na lei,especialmente daquelas que, non precisando dotación orzamentaria extraordinaria e por con-tar con medios propios para o seu desenvolvemento, xa poderían terse posto en marcha.

E, por último, unha vez que se finalice e se complete este plan de traballo actual da comisión,entendemos que é preciso que esta inicie o antes posible un novo plan de traballo para aavaliación do resto das leis ou accións que en relación coa igualade ou cos dereitos das mu-lleres poidan levar a cabo as administracións públicas en Galicia.

Cremos que son todas peticións razoables que en nada contradín o que en realidade deberíater sido o contido mínimo...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora PIERRES LÓPEZ: ...dunha ponencia final, dunha comisión de estudo como é esta,e a súa finalidade non debería ser a de facer publicacións senón máis ben a de aportar solu-cións e accións.

Pola nosa banda, nada máis.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

66

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 67: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Polo Grupo Parlamentario Popular ten a palabra a señora García Míguez.

Aproveitamos para saudar os alumnos do Colexio Sagrado Corazón de Ferrol, alumnos de 4ºda ESO que acaban de entrar no plenario. Saudámolos en nome de todos.

A señora GARCÍA MÍGUEZ: Bos días.

Sorpréndenme, a verdade, os seus argumentos, que, en vez de ser os argumentos que os ex-pertos e todos os comparecentes nos deron no traballo, no arduo e intensísimo traballo quetivemos con este ditame, quedaron exactamente igual nos diferentes grupos políticos, tantodo Partido Socialista como do Bloque Nacionalista Galego como das Mareas —naquel mo-mento, e agora coa súa excisión—. Sorpréndeme que quedaran exactamente igual no ano2013 que agora no 2020. Dáme moitísima pena que teñan esta forma de actuar e que nonaprenderan nada de todo o que nos recomendaron. Porque, ao final, este ditame é un traballocon moitísimo contido, un traballo de enriquecemento, non soamente persoal para cada undos que puidemos estar alí, senón tamén para todos os grupos políticos. E hai que poder terun posicionamento, poder ter unha estratexia e poder aportar as medidas necesarias paraacabar e rematar con esta situación dun xeito eficaz e eficiente, dentro das nosas compe-tencias, e facer todo o posible para que esta situación deixe de ser unha realidade, como,por desgraza, continúa a acontecer.

Hoxe imos expoñer, efectivamente, a avaliación de todos os comparecentes, a avaliación danosa Lei galega do ano 2007, de prevención e tratamento integral contra a violencia de xé-nero, e tamén da Lei orgánica do 2014, de protección contra a violencia, así como tamén aanálise da aplicación das políticas locais, estatais e autonómicas sobre que se está a facer ecomo se está a facer. E tamén propoñeremos medidas concretas de mellora, que é o fin, endefinitiva, deste documento, propoñer medidas concretas de mellora.

Quero comezar agradecendo o labor de cada unha das deputadas que anteriormente, na an-terior lexislatura, estiveron traballando nesta comisión, que foron Cristina Romero Fernán-dez, Eva Solla Fernández, Carme Adán Villamarín, Carme Acuña Docampo e Rosa OubiñaSolla, e o labor tamén, nesta X lexislatura, de Dolores Toja Suárez, que sei que se alegraráde que esteamos hoxe aquí rematando con este traballo.

Foron, como ben saben, catro os ditames que houbo na Comisión de Igualdade neste Par-lamento, dous deles de índole laboral, outro de socialización de menores e de adolescentese o último sobre a situación da prostitución feminina en Galicia. Pero a realidade é queeste ten moitas peculiaridades. É o que máis se alongou no tempo, con máis de sete anosde duración, dende o 2013 ata o 2020. O Plan de traballo tívose que aprobar por unanimi-dade, señora Pierres. Dúas veces se aprobou por unanimidade, no ano 2013 e tamén noano 2017, co cal, todos os grupos políticos estivemos de acordo en levar a cabo este di-tame.

Tamén, ademais, foi o que tivo maior contido, o máis completo: 22 informes e máis de 80fichas técnicas dos centros de información á muller. E, ademais, foi tamén onde máis ex-pertos e profesionais compareceron, concretamente 83 persoas de todas as áreas, como ben

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

67

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 68: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

dixo anteriormente a presidenta da comisión. Estiveron case o triplo dos comparecentes quenoutros ditames.

Respecto das reunións de traballo, quero dicirlle que, para chegar a este ditame, tivemosque facer un labor de dous anos de traballo, e, señora Quinteiro, eu non sei cada grupo po-lítico a responsabilidade que ten para que isto puidese aprobarse antes ou despois, pero arealidade é que cada un debería valorar cal foi a súa disposición, a súa capacidade e a súainquedanza para que isto puidésemos rematalo no tempo o antes posible. Entón, botarlles aculpa aos demais é moi fácil, pero creo que debemos facer unha reflexión persoal.

É moi importante o momento histórico no que estamos e estas leis, tanto a galega, que cum-pre 13 anos, como a estatal, con 16 anos, están na puberdade. A puberdade é o momento decambio; co cal, se houbese que facer algunha modificación sería un bo momento.

No simbolismo do Pacto de Estado priorizouse a solución da violencia de xénero como unhacuestión de Estado, cunha aportación de 1.000 millóns de euros e cuns presupostos que aíndase están levando a cabo grazas a un goberno do Partido Popular. Lembremos que ese pactode Estado foi grazas a un goberno do Partido Popular.

Señora Pierres, indícolle que haberá un pacto galego. Nós xa rexistramos a proposición paraque haxa debate neste Parlamento e poder chegar por consenso e con unidade a que o haxa.Aí reflectiranse as medidas. Vostede, en vez de falar hoxe do ditame, veu aquí falar das me-didas, das futuras medidas do pacto, exactamente igual que o señor Villares. Entendo quenon teña coñecemento do ditame porque non participou directamente nel, pero saiban queas medidas para o pacto é alí onde se teñen que poñer, esas medidas das que vostedes fala-ban, e que haberá un orzamento, como non podería ser doutro xeito, igual que houbo noPacto de Estado.

Despois de 38 anos de nacemento deste Parlamento nós seremos quen de aprobar este futuroPacto galego e creo que debemos intentar estar todos a unha para que isto poida acontecer,para que todos os grupos políticos en Galicia poidamos presumir de chegar a un acordo pore para as vítimas de violencia de xénero e para os seus fillos e, por suposto, para traballararreo para que os maltratadores cambien as súas condutas.

Deixaron moi claro os comparecentes cal era a liña a seguir. A presidenta do Observatoriocontra a Violencia de Xénero, María Ángeles Carmona, indicou que España está á vangardana loita contra a violencia de xénero, e Galicia é pioneira, xa que a nosa lei galega está moipor riba da lei estatal. Exactamente igual quero que fagamos noso o contido da intervencióndo vicepresidente da Xunta de Galicia, don Alfonso Rueda, porque creo sinceramente queese é o espírito, e non soamente desde o Grupo Parlamentario Popular senón que todos oscomparecentes e todos os expertos así nolo indicaron.

Vou dicir expresamente cales son as súas verbas: «Son, sen dúbida, cifras sen razón, cifrasque non deberían darse pero que se dan e, polo tanto, estamos diante dun problema socialde primeira magnitude que pon en cuestión todos os valores, todos os principios de convi-vencia, de dignidade, de liberdade e de igualdade que a nosa democracia quere defender. E

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

68

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 69: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

por iso estou convencido de que especialmente neste ámbito sería preciso trasladar os ma-tices que sexan necesarios, pero trasladar unha mensaxe de unidade, unha mensaxe de con-senso e unha mensaxe sen fisuras, ou cando menos, señoría, sen fisuras que fixeran inútilesta mensaxe».

Xa para ir rematando, con respecto ás medidas propostas na comisión e ás conclusións,como ben se relataba anteriormente, hai oito grandes áreas e, dentro destas oito grandesáreas, vou relatar simplemente algunhas, porque por falta de tempo non podemos especi-ficar cada unha delas —pero quero puntualizar algunha porque creo que son moi impor-tantes—.

Dentro da área de Economía e emprego, sobre todo tratamos temas de ampliación de redesde escolas infantís, de redes de centros de atención a persoas maiores e de medidas de con-ciliación. Dentro da de Medio rural e mar, tamén queremos consolidar o movemento aso-ciativo das mulleres e implementar medidas de conciliación e de corresponsabilidade dentrodo ámbito rural. Dentro da de Sanidade, queremos crear un plan de igualdade na sanidadepública galega. Como saben, o traballo da comisión comezou en 2013, estamos no 2020. Haimoitas medidas que están obsoletas, pero non porque naquel momento non fosen pioneirassenón porque hoxe en día xa se están a levar a cabo.

Con respecto tamén á área sanitaria, que o señor Villares facía un apunte con respecto aisto, isto amosa un descoñecemento do ditame. Eu recoméndolle que o lea polo miúdo, por-que así se dará conta de que estamos de acordo en moitos máis puntos dos que vostede cre.Fíxese que dentro do punto 3, de Sanidade, indica no punto 4.3.7: «Garantir a atención psi-colóxica suficiente e continuada que favoreza o empoderamento de todas as mulleres víti-mas, especialmente dos colectivos máis vulnerables, mulleres con discapacidade ou vítimasde trata». Ademais, iso xa se está levando a cabo.

Dentro da área social, están as medidas de prevención e loita contra a violencia sexual, atrata e a explotación sexual. Aprobamos hai moi pouco tempo aquí neste Parlamento un plangalego contra a trata e explotación sexual e tamén que haxa lexislación estatal para erradicareste problema.

Con respecto á educación e sensibilización, trátase de impulsar formación especializada enigualdade de xénero e coeducación nos profesionais da educación. E tamén o fomento daigualdade no deporte, señor Villares, que vostede apuntaba, está no documento.

No 4.6, o da Administración, o primeiro punto...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Vaia rematando, por favor.

A señora GARCÍA MÍGUEZ: ...—vou rematando— é o Programa de apoio á rede de centrosde información das mulleres para promover a igualdade no ámbito local, señora Quinteiro.Vostede, que é a voceira de igualdade do seu grupo, parece mentira que pida algo que xa estádentro das medidas e que o propoña aquí coma se fose unha novidade. Xa está recollido den-tro do ditame. Eu creo que debería ter un pouquiño máis...

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

69

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 70: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

A señora GARCÍA MÍGUEZ: E simplemente para rematar, quero dicir algo con respecto aotermo «feminicidio». Ben saben que todos os comparecentes chegaron —eu creo que foipor unanimidade— á renuncia da incorporación do termo «feminicidio» porque non tenlugar na nosa sociedade, na galega, nin no noso país.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

Rolda dos grupos parlamentarios para que se definan sobre os votos particulares formuladospolos demais ou para a réplica.

En primeiro lugar, ten a palabra, polo Grupo Mixto, o señor Villares Naveira.

O señor VILLARES NAVEIRA: A voceira do Partido Popular nunca deixa de fascinarnos nosentido de que, aínda anunciando o voto favorable ao ditame na busca do consenso nunhaárea tan sensible como a igualdade e a loita contra as violencias machistas, nin así quedacontenta.

Eu celebro que vostedes se refiran a varias das nosas medidas e propostas concretas para amaterialización do Pacto galego contra a violencia machista no sentido de manifestar xaaquí, desde esta tribuna, que as van apoiar, porque o que estamos facendo realmente é dotarde contido concreto aspectos que quedan enunciados en termos moi xerais e sobre os quenon foi posible ata este momento acadar un consenso. Por esa razón non van no ditame, e,ao non poder ir no ditame, é polo que nós trasladamos a nosa vontade de que se siga cami-ñando e de que se sigan especificando, concretamente en materia de saúde mental, en ma-teria de erradicación das violencias machistas no deporte, etc., todos estes contidos. Polotanto, quero celebrar a intervención do Partido Popular neste sentido.

Vén aquí recordarnos que isto en si non é o pacto. Pois claro que non é o pacto, pero son asbases sobre as que despois está chamado a constituírse ese pacto galego. Polo tanto, pode-remos dar a nosa opinión —e iso forma parte tamén do noso voto particular— sobre comose debía de construír tamén no concreto ese pacto. E digo no concreto, porque estamos fa-lando de dúas formas de concibir —diferentes, seguramente— o valor dos pactos políticosna Cámara parlamentaria. Nós queremos unha norma xurídica que teña capacidade plenade obrigar, que sexa capaz de crear dereitos para as persoas, para as mulleres particular-mente, e obrigacións para os poderes públicos. Polo tanto, queremos a xuridización plenadaqueles compromisos que se adquiran nesta Cámara, porque, se non, despois o que sucedeé que continuamente aquilo ao que se foi comprometendo con bonitas palabras non ten res-paldo orzamentario, non ten respaldo de prazos e non ten recoñecemento de dereitos ob-xectivos. E iso non pode ser, porque, se non, estamos facendo simples brindes ao sol mentresas mulleres seguen morrendo, mentres seguen sendo discriminadas e mentres sofren asviolencias machistas dun patriarcado que, evidentemente, non vai desaparecer da sociedade

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

70

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 71: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

polas boas; é necesario que vaia acompañado de medidas firmes de avance na igualdade.Polo tanto, xuridización plena, que será o que pediremos nese pacto.

E iso tamén en coherencia con outra idea, a de pasar do papel á realidade, a de materializaros dereitos. A materialización e a materialidade do dereito consiste en que poida ser exer-cido como un dereito de carácter subxectivo e que se poida exixir, chegado o caso, ante ostribunais.

Por iso nós falamos tamén de varias cuestións. Falamos, en primeiro lugar, de prazos, paraque aquilo que se afirma como necesario non quede sine die metido nun caixón; e prazostamén para que aquelas afirmacións legais ou no pacto que requiran un desenvolvementoregulamentario non durman tampouco o soño dos xustos, senón que teñan un desenvolve-mento en prazos concretos para podérense activar en prazos concretos.

E, ademais, seguímolo dicindo moi claramente: é necesario que os acordos vallan para re-coñecer novos dereitos que agora non están aínda recoñecidos. O enunciado de que fai faltaisto ou fai falta o outro, se non se recoñece un dereito subxectivo, como que persoa ten de-reito e a que prestación ou que se actúe de determinada maneira, non se dará avanzado nada,porque cando a norma se dirixe unicamente ás administracións públicas e as administra-cións poden optar entre facer e non facer o único control que cabe é o control político queaquí fagamos, que nun escenario de maioría absoluta xa sabemos como se vai deducir. Entretanto, a poboación afectada por esas medidas que non se acaban de aplicar non ten comoexixir a realidade deses dereitos. Polo tanto, temos que dicilo porque cremos que se debe deavanzar na construción do pacto desta maneira.

Tamén debe de quedar claro que todo tipo de pacto debe de ir acompañado dunha memoria eco-nómica, dun desenvolvemento orzamentario en prazos, para que sexan efectivos e non esteamoscomo estamos agora, en moitas outras normas, pendentes dun desenvolvemento que nuncachega. Aínda que dende En Marea formulamos emendas aos orzamentos, rexéitannolas conti-nuamente, e iso impide desenvolver e facer efectivos os dereitos que están enunciados.

Pero, bueno, claro, para todo isto fai falta ter vontade política clara máis aló da simple de-claración de intencións, e por iso as vontades políticas —e todos os grupos da oposición lleloafeamos— quedan reflectidas tamén coas vontades de pacto político. E xa non falamos destepacto político, falamos dese outro pacto político que lle permite ao Partido Popular seguirgobernando en determinadas comunidades autónomas, en determinadas concellos, a custade pactar coa extrema dereita e a custa de renunciar a loitar pola igualdade entre mullerese homes.

E mire, desde En Marea dixémolo varias veces. Non dubidamos da vontade sincera de moitose moitas de vostedes de seguir avanzando na igualdade e de combater o machismo. Non odubidamos, pero o que si temos é a certeza de que esa vontade queda truncada como conse-cuencia dos pactos coa extrema dereita. Vox impídelles facer maiores e mellores políticas deigualdade, ¡así de claro!, e fainos retroceder na loita contra o machismo, igual que na loitacontra a homofobia, na loita contra o supremacismo racial e na defensa do autogoberno dopaís. Entón, claro, hai que dicir as cousas claras, e por iso lles dicimos que teñen que escoller

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

71

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 72: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

con quen queren facer o pacto. Este pacto —ao que está chamado despois deste ditame— éo pacto co conxunto da sociedade galega, é a favor de todo o mundo e non vai en contra deninguén, a diferenza dos pactos que vostedes selan coa extrema dereita en España.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a señora Presas.

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: Grazas, señor presidente.

Bo día de novo a todas e a todos.

A voceira do Partido Popular dicía que lle sorprendía o que diciamos os grupos. Eu, respectodo que dixemos en nome do Bloque Nacionalista Galego, sexamos honestas, é o que levamosdicindo tres anos; ou sexa, non pode verse sorprendida polo que dixen eu aquí. (Aplausos.)Eu entendo que non lle guste, que non o comparta, que haxa moitas diferenzas, pero, desdelogo, en honestidade a todas esas horas que estivemos discutindo e debatendo, desenten-déndonos e entendéndonos, pois creo que é xusto recoñecer que o Bloque Nacionalista Ga-lego tivo unha posición coherente desde un inicio e que non vimos aquí dicir nada que nondixeramos.

Neses debates nós estamos contentas de todo ese tempo que investimos, oxalá tivera sidomáis, porque creo que nos achegamos tamén todos e todas nalgúns aspectos. E hai cuestiónscomo a defensa dun 1 % para a violencia machista —que inicialmente defendía o BNG e queagora foi asumida por máis grupos— que eu estou convencida de que nalgún momentotamén o Partido Popular asumirá.

Polo tanto, creo que podemos dar un debate maduro, adulto, desde a diverxencia, en moitoscasos, desde a converxencia nalgúns outros, como tamén fai o feminismo fóra deste Parla-mento, e sen pretender agochar en falsos vitimismos a radicalización do discurso dalgúnsou o incumprimento da lei.

Piden consenso. ¡Non será por consensos que non teñamos tecido da man do Bloque Nacio-nalista Galego tamén con este grupo maioritario!, pero o que non poden pretender é que es-teamos votando a favor dun plan de traballo no 2014, no 2017, que non se cumpra ese plande traballo e que non teñamos ningún reparo que poñer enriba da mesa, porque a cuestióné que había un obxectivo, que era avaliar o cumprimento da Lei de violencia machista. ¿Cúm-prese ese obxectivo? Non, a avaliación do cumprimento da Lei de violencia machista só estáno voto particular do Bloque Nacionalista Galego, e iso é o que nos leva a que non poidamosapoiar cun si.

Pero créanme se lles digo que tamén é un esforzo pola nosa banda absternos nesta votación.É un esforzo tamén grazas ao esforzo colectivo que fixemos, e que tamén fixo o grupo maio-ritario da Cámara para quitar algunhas cuestións coas que nós tiñamos unha oposición dia-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

72

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 73: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

metral, como, por exemplo, esa matización que facía algunha das persoas comparecentessobre a cuestión do feminicidio e que iso discrimina as persoas trans. Só faltaba que o grupoque votou en contra da Lei trans, que propuxeron os colectivos galegos, nos acusara despoisde transfobos por defender o feminicidio, por poñer un exemplo. (Aplausos.)

Nós abstémonos, porque houbo un esforzo por todas as partes para buscar un texto o maiorconsensuado posible, aínda que para nós sexa insuficiente e non teña unha avaliación.Pero abstémonos tamén porque pensamos que é un sinal de diálogo para conseguir medi-das en firme nos próximos meses. Desde logo, aí vostedes nos terán, non teñan ningunhadúbida.

Eu quero pedirlles un favor, a vostedes e a toda a Cámara. Por favor, cando falemos do Pactogalego, eu creo que nos axudaría a todos e a todas poñer dun lado o exemplo do Pacto estatal,porque eu non creo que sexa un exemplo que teñamos que seguir, porque se incumpriu, por-que non se cumpriron os compromisos económicos e porque tres anos despois temos queestar exixindo aínda cuestións elementais como que asuman unha definición máis amplada violencia machista. Eu creo que non é un espello no que mirarnos, que temos que pensarna nosa propia historia, nos acordos de 2007 e pensar en como podemos avanzar a partir deaí, e desde logo terannos.

Agora anunciou que van traer unha proposición non de lei para que fagamos un pacto. A nósparécenos estupendo. Xa trouxemos unha moción no 2017. Nós imos estar a favor, e, de feito,se tiveran votado a favor da emenda que presentabamos ao ditame onde comprometiamosun prazo de dous meses para acadar orzamento, planificación e mecanismos de seguimento,xa non tiñamos necesidade de debatela. Pero non pasa nada, todo o debate é pouco e nósnon imos competir pola maternidade do concepto «pacto galego». Non nos interesa iso,senón que haxa algo real. E, desde logo, terannos aí. Non nos poden acusar de que non imosestar por electoralismo porque eu recórdolle que a anterior lexislatura acabou, no últimopleno do Parlamento galego, cun acordo para modificar a Lei de violencia machista impul-sado polo BNG. Non tivemos ningún tipo de problema en votar co grupo maioritario da Cá-mara no último pleno do Parlamento galego. Créanme que non imos ter ningún problemaen volver facelo, se o que se pon enriba da mesa require, efectivamente, dese consenso, por-que trae un cambio e un compromiso a longo prazo. Non imos deixar de facelo por electo-ralismo. Ven vostedes nos demais os seus propios defectos.

Agora a pelota está no seu tellado. Se queren que empecemos, empezamos agora mesmo.Eu teño o seguinte debate, pero, se o señor vicepresidente da Xunta segue por aí, podemosxuntarnos a comisión con el, que é o que ten a chave dos cartos, e podemos empezar a falardese pacto galego. Non temos ningún problema, aí imos estar, pero tamén, xa lle digo, comosempre fixo o BNG, sempre e cando haxa un compromiso firme que supoña un avance, por-que mentres a sociedade está pedindo pasos de xigante o que non podemos facer nós é cam-biar de postura desde a mesma posición simplemente para facer que facemos e que iso nonse traduza en algo real. Aí non estaremos. Se queren facer outra cousa, desde logo que si,como sempre fixemos e como nos avala a nosa propia historia.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

73

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 74: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Presas.

Polo Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda ten a palabra a señora Quinteiro.

A señora QUINTEIRO ARAÚJO: Grazas, presidente.

Como primeiro matiz, que o Partido Popular pretenda deixar caer que se atrasaron os tra-ballos da comisión por algúns grupos, e concretamente polo meu, non llo vou permitir. Sabeperfectamente, e están aí todos os correos... Si deixouno caer, paréceme moi ofensivo e quedebería de rectificar, porque a disposición foi absoluta sempre, ¡sempre! Iso non o vou per-mitir. Os únicos que paralizaron o pacto durante un tempo e aos que se lles acordou retomalopublicamente, sen falar coas deputadas de igualdade, foron vostedes. A señora Paula Pradodeu unha rolda de prensa cando saíu o señor Casado para dicir que se ía facer e impulsar oPacto galego en Galicia, cando xa estabamos traballando dentro do marco da comisión. Foronos únicos, e non dixemos nada naquel momento, pero, entón, que aínda por riba veñan aquídicir que se se atrasou durante tantos anos a ver de quen depende, non llo imos permitir.(Aplausos.)

E logo, despois, fan moita demagoxia, porque, claro, como imos absternos nesta votación,din que a oposición quere quedar como estabamos no ano 2013. Non, o que quere a oposiciónson medidas concretas, cun calendario concreto, con orzamentos concretos, e saír das in-coherencias do Partido Popular, que están todos os días na prensa polas súas accións polí-ticas. O que quere o Partido Popular é ter un documento, coma se fora definitivo, que sonunhas recomendacións —que escoitamos e agradecemos— a todas as comparecentes e en-tidades que viñeron comparecer e que aportaron moitas cuestións; cuestións que xa viñamosescoitando anteriormente algúns grupos e que está ben que as escoitaran, pero que non sonsuficientes. É que seguramente a moitas das comparecentes tampouco lles parecía suficiente.Aceptamos pechar esta primeira parte, porque xa non podía demorarse máis no tempo eporque dous anos de demora xa non era admisible. Aceptámolo, pero co compromiso firmede que o que quedaba era o máis importante. O traballo que quedaba era o máis importante:medidas concretas, un calendario e un debate real co conxunto da sociedade, especialmenteco movemento feminista. Isto non debía quedar limitado ao marco das deputadas que con-formabamos a Comisión de Igualdade.

Escoitando a súa intervención, reafirmámonos no noso voto, porque vostedes pretenden coneste ditame facer como que este é o punto final, non o punto de partida. Pretenden facercomo que isto foi o último paso e que se chega a un grande acordo e consenso. Acordo e con-senso, ¿para que? ¿Para que? Porque se tiveran realmente vontade política de chegar a unacordo e un consenso empezarían por cumprir, por exemplo, a lexislación en materia deigualdade, porque non tivo aquí nin un minuto para falar dos incumprimentos reiterados. Edi que este ditame buscaba facer unha avaliación da lexislación, cando sabe perfectamenteque non se fixo, sábeo perfectamente. Entón, ¿como pode vir aquí dicir que si está feita esaavaliación? Non está feita, a lei non está desenvolta, a lei non está aplicada, hai incumpri-mentos reiterados, e é así. Hai moitísimos artigos... Entón, vir aquí dicir que os obxectivosque se marcaba a comisión están acadados con este ditame, ¡home! pois a nós parécenos derisa. Non están acadados. Primeiro paso. E agora haberá que continuar profundando e chegar

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

74

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 75: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

realmente ás medidas concretas, non quedar nun documento meramente descritivo. Cremossinceramente que fan isto moitas veces por mero electoralismo, si, e temos que dicilo, por-que hai unha contradición evidente entre o que din defender e o que fan.

Nós non podemos disociar o debate do ditame da igualdade do posible Pacto galego, dos seuspactos. É que non podemos porque están avalando xustamente a quen está metendo discur-sos machistas, discursos reaccionarios, que van directamente contra os dereitos das mulle-res. E vostedes non fan un pronunciamento claro. Se a extrema dereita acada e érepresentación no Parlamento galego, ¿o Partido Popular comprométese a non pactar baixoningunha circunstancia con eles? Non son capaces de facer esa afirmación. Cando fagan esaafirmación, empezaremos a crer que si, que realmente poden defender a igualdade, e sobretodo cando empecen a cumprir a lexislación e a deixar de aplicar todas esas políticas quevan de maneira directa contra os dereitos das mulleres, cando deixen de financiar a RedMadre, cando deixen de segregar por sexos nas escolas e todas esas cuestións, porque haiunha incoherencia absoluta. Que o Partido Popular se comprometa publicamente a que o 1 %do orzamento vaia dedicado á loita contra as violencias machistas se tan prioritario é parael. ¿Por que non o fan? Porque vir aquí dicir na comparecencia do señor Rueda —que foronun par de medidas, pero que non son todas as medidas que no Pacto de Estado están apro-badas— que todo se está cumprindo, ¡home!, pois tampouco me parece ben. ¿Que hai algúnsavances? ¡Por suposto! Hai algúns avances grazas á presión e ao esforzo do movemento fe-minista, porque o movemento feminista foi quen obrigou a que o Partido Popular tivera quemudar determinadas cuestións.

E ademais aquí —e está a hemeroteca— vemos un cambio significativo dos votos do PartidoPopular, das proposicións non de lei da oposición, cando falamos cerca do 25 de novembroe cerca do 8 de marzo. Cando traemos iniciativas de igualdade noutras datas, é moi difícilou case nunca chegamos a un acordo. É moito máis fácil chegar a un acordo cando se ache-gan esas datas, ou seguramente a partir de agora porque estamos en ano preelectoral. Poissexan claros, ¿de que lado van estar? ¿Van estar defendendo os dereitos das mulleres e aigualdade ou van continuar do lado de quen está pactando a violencia machista? Para nós asdúas cuestións, dende logo, non son compatibles.

E cremos que é importante —e volvemos insistir nesta cuestión— escoitar moito máis aládas comparecentes que viñeron á comisión...,

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora QUINTEIRO ARAÚJO: ...que foron moitas e que aportaron moitas cuestións, perofalta incorporar dunha maneira central ao traballo de a partir de agora o movemento femi-nista.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Quinteiro.

(A señora Prado del Río pide a palabra.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

75

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 76: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Señora Prado, ¿para que quere a palabra?

Déanlle voz ao escano da señora Prado del Río.

A señora PRADO DEL RÍO: Grazas, presidente.

Polo artigo 76.1, por unha grave inexactitude que se acaba de dicir aquí.

Eu, como presidenta da Comisión de Igualdade...

O señor PRESIDENTE: Non, foi aludida, efectivamente, por un asunto que convén que aclare:se vostede impediu ou non algo sobre a comisión, que foi o que dixo a señora Quinteiro. (Aseñora Quinteiro Araújo pronuncia palabras que non se perciben.) Si, si, iso foi o que entendíneu.

Si, ten a palabra.

A señora PRADO DEL RÍO: Dúas cuestións.

En primeiro lugar, como presidenta da Comisión de Igualdade, quero manifestar aquí —eademais me ratificarán todas as compoñentes da comisión— que en ningún caso, en ningúnmomento, esta presidenta paralizou ou impediu os traballos da comisión. Cada vez que separalizaron os traballos da comisión foi a petición dalgunha deputada ou deputado que formaparte da comisión, e foi solicitado por escrito. E, ademais, esta presidenta solicitou a todosos membros e membras —ou como lles queiran chamar— da comisión a unanimidade paraparalizar eses traballos. É dicir, nunca de forma unilateral esta presidenta paralizou os tra-ballos.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora PRADO DEL RÍO: Sempre foi para facilitar que ese traballo fose...

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora PRADO DEL RÍO: ...o máis áxil posible, fundamentalmente en época de orzamentos,cando os outros grupos pedían que se paralizasen os traballos...

O señor PRESIDENTE: Grazas. Está aclarado.

A señora PRADO DEL RÍO: ...porque había máis traballo parlamentario.

O señor PRESIDENTE: Está aclarado. Grazas.

(A señora Quinteiro Araújo pide a palabra.)

As alusións non teñen réplica.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

76

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 77: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

(A señora Quinteiro Araújo pronuncia palabras que non se perciben.)

Non, é que as alusións non teñen réplica. O Regulamento contémplao. (Protestas.) Non, non,perdón, hai que ler o Regulamento. Vostede aludiuna... (A señora Quinteiro Araújo pronunciapalabras que non se perciben.) por un tema ao que ela respostou, e quedou o asunto claro. E asalusións non teñen réplica. (A señora Quinteiro Araújo pronuncia palabras que non se perciben.)Non, non, as alusións non teñen réplica. (A señora Quinteiro Araújo pronuncia palabras que nonse perciben.)

Foi unha alusión directa á súa. Ela respondeu á alusión, nada máis, (Murmurios.) ao comen-tario que fai vostede.

Bueno, creo que quedou claro.

Agora, señora Pierres, ten vostede a palabra.

A señora PIERRES LÓPEZ: Si, presidente. Grazas.

Desde o noso grupo imos insistir, señora García, en que a nosa posición, dende logo, nonten reviravoltas. A nosa abstención na votación do ditame explícase como un acto de res-ponsabilidade, pois non reflectir o carácter inconcluso do ditame sería dar pé a entender—e insisto neste sentido— o cometido da comisión como finalizado, cando entendemosque non é así.

A nosa mirada está xa posta no momento realmente importante de todo este proceso, e éque agora contamos con moitas das ferramentas necesarias —que non todas— para imple-mentar as políticas. E esas políticas, ademais, non poden saber de partidismos, senón queteñen que respostar de forma eficaz ás demandas sociais. Este grupo non vai ocultar, comonon o fixo nunca, a súa disposición a acadar ese pacto, pero tamén quere ser claro ao res-pecto.

Este pacto ten tanta présa que precisa ser vestido paseniñamente porque nos vai vestir atodas e a todos, e nel temos que estar, por suposto, cómodas todas e todos. Pero, iso si, ves-tidas, abrigadas por el. Non pode ser un vestido de tempada, de usar e tirar, ten que ser máisben unha coiraza forte, pero tamén confortable, que resista as agresións ás que se verá so-metido, pero que tamén permita moverse con axilidade e sen tropezos, sempre seguras. E éque este pacto —insisto— non é só noso, dos grupos desta Cámara, é das galegas e dos ga-legos, do feminismo galego. E iso significa que todas e todos os que cren na igualdade teñenque ter a oportunidade de manifestarse e de aportar a súa visión ás cuestións que lles preo-cupen e que detecten como mellorables.

É importante abrir, ademais, esa canle de escoita e recollida de información para unha vítimade violencia, para un orfo ou orfa dunha muller asasinada, para os profesionais da educación,os sanitarios, os do ámbito da xustiza ou das forzas de seguridade. Ten que ser un procesoo máis participativo posible, porque esa será a dose de calidade que deberiamos de reclamarpara este pacto, e non facelo ás présas. Hai que vestir o pacto, e non queremos vestidos de

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

77

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 78: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

papel. (Aplausos.) É algo tan obvio que este pacto ten que sustentarse, ademais, en orzamen-tos, en orzamentos estables e desexablemente crecentes, porque da análise que se pode facerno día de hoxe do cumprimento das leis de igualdade ou de prevención contra a loita da vio-lencia de xénero poderiamos concluír que moitas das medidas legais xa establecidas non secumpren por falta de orzamento suficiente. Son leis que se teñen demostrado principalmentecomo expresións legais de desexos, pero que na práctica non implican control ou obriga doseu cumprimento porque non se penaliza nin se sanciona; esa é a triste realidade destas leis.É máis, a propia Administración é a primeira —e aquí tamén xa se comentou— que seguesen cumprir con obrigas tan básicas que lle competen como facilitar un plan de igualdadepara os empregados e empregadas da Administración autonómica. Trece anos máis tarde, elogo de anuncialo ademais repetidas veces nos últimos anos como algo inminente, seguimosagardando por el.

Pero se iso é un exemplo claro, tamén o é a reclamación que se ten feito de medidas que xaestán reflectidas tamén nas leis, como pode ser, por exemplo, a eliminación da linguaxe se-xista nas normas e leis vixentes de carácter autonómico, que sorprendentemente tamén oPartido Popular ten denegado en comisión parlamentaria. Son cuestións, polo tanto, queminguan, por suposto que si, a confianza deste grupo na verdadeira implicación do grupodo Goberno.

En todo caso, e como un pacto nace desa vontade de todas e de todos, desde o Grupo Socia-lista claro que imos poñer todo da nosa parte para que este chegue a un bo fin e para que ofaga con recursos, que o faga escoitando a todas as voces e para que o obxectivo último sexavestir de igualdade a vida de toda a cidadanía galega, especialmente das mulleres e nenasdo presente e do futuro de Galicia.

E, xa para rematar, o noso voto, en coherencia con todo o falado, vai ser de apoio aos votosparticulares, por suposto, de todos os grupos da oposición. Ben é certo que en cuestións moiparticulares poderiamos discrepar dalgún dos plantexamentos ou dos obxectivos apuntadospor algún dos grupos, pero, dado que comparten con nós —entendemos— esa necesidadede finalización dun proceso que entendemos inacabado, van contar co noso voto positivo.

Pola nosa banda, nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Pierres.

Polo Grupo Parlamentario Popular, a señora García Míguez.

A señora GARCÍA MÍGUEZ: Presidente.

Aquí falouse moito de pactos e de con quen pacta o Partido Popular, e mesmo de se poderíapactar en Galicia con algunha forza que non ten representación nesta Cámara. Eu voullesdicir a verdade sobre os pactos do Partido Popular en Galicia.

En materia de igualdade e de violencia de xénero, os nosos pactos nesta materia son convostedes e así se reflectiu ao longo destes últimos anos. A Lei galega de violencia de xénero,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

78

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 79: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

a nosa lei galega do ano 2007, foi unha lei do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Ga-lego e que, dende logo, dende o Partido Popular apoiamos; exactamente igual que as axudasque reciben as vítimas, a mellora das axudas, que as propuxo o Bloque Nacionalista Galego.Dende o Partido Popular apoiámolo; non foi así desde o Partido Socialista. Polo tanto, o Par-tido Popular sempre estivo no consenso do marco legal e, por suposto, fixo todo os desen-volvementos regulamentarios para que a nosa lei puidese levarse a cabo dun xeito unánimee dun xeito efectivo e eficaz, como así reflectiron os comparecentes e como se reflicte naanálise que se fixo da nosa lei galega.

Cítolle máis acordos aos que chegamos con respecto ao Pacto de Estado e que o vicepresi-dente no Senado impulsou. O tema das violencias sexuais, as melloras no informe anual,as melloras nos tramos de axudas periódicas todos foron acordos aos que chegamos convostedes. É verdade que normalmente quen puxo a xenerosidade nestes acordos foi maio-ritariamente o grupo de goberno, foi o Partido Popular, pero, por exemplo, en temas comoo da formación en igualdade para toda a Administración pública e nos programas de inser-ción laboral para as mulleres vítimas de violencia de xénero vostedes non nos apoiaron,cando hoxe en día as vítimas de violencia teñen eses programas de inserción laboral e moi-tas delas benefícianse dunha medida tan importante. Dá igual que o historial de pactos enmateria de violencia de xénero do Partido Popular de Galicia sexa este, sexa con vostedes,o orzamento que temos dende que vostedes estaban gobernando ata o de agora é moi su-perior. En todas as medidas que se levaron a cabo tamén houbo un avance dende o ano 2007ata o de agora.

Por algún motivo hoxe non queren recoñecer que co Partido Popular de Galicia falan os feitose demostran que sempre estiveron ao seu carón. ¿Por que fan iso? Lembremos que no debatedo estado da Autonomía unha das propostas que levamos, precisamente, a ese pleno eracondenar de forma rotunda todo tipo de violencia, condenar explicitamente os posiciona-mentos negacionistas que pretenden desvirtuar a dura realidade que sofren as vítimas etamén que non se intenten patrimonializar de xeito partidista os avances na loita contra aviolencia de xénero. Vostedes, curiosamente, votaron en contra desta iniciativa; co cal, a súapostura e os seus votos a día de hoxe están moi claros. Vostedes queren posicionarnos nunlugar onde o Partido Popular non está e queren intentar conseguir algún rédito electoralpara que isto os poida beneficiar. E electoralmente quizais teñan algún beneficio, pero paraas vítimas de violencia de xénero o beneficio non vai ser ningún.

Nós seguiremos, dende logo, intentando apostar con vostedes, non por pensar que iso dárendibilidade electoral ao noso partido, senón porque cremos que realmente vai mellorar acalidade de vida de todas as vítimas, de todos os menores, para que poidamos solucionarentre todos a violencia de xénero. Depende de vostedes que ese acordo sexa unha realidade.

E doulles un consello: deixen de pensar en onde lles convén electoralmente situarse. (Mur-murios.) Nós situámonos neste tema cos nosos feitos e coas súas propostas. Os nosos feitose as súas propostas son moi claras, señorías. Nesta materia queremos estar da man paraloitar contra a violencia de xénero.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

79

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 80: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora García Míguez.

Votación do ditame da comisión

O señor PRESIDENTE: Rematado o debate sobre este texto, procedemos a votar.

En concreto, votamos os votos particulares formulados ao ditame.

Comezamos votando o voto particular do Grupo Parlamentario Mixto.

Votamos.

(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Creo que xa estaba corrixido o seu escano. ¿Non o corrixistes onte na Mesa? Está corrixido.(Pronúncianse palabras que non se perciben.) Eu creo que na Mesa foi o escano que propuxo oGrupo Común da Esquerda. ¿Ese era o escrito onde o propuxeron? Pois entón está ben. (Mur-murios.) (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Ben, pero o nome neste caso aínda nondeu tempo, o que importa é o acordo da Mesa de onte onde se habilitaron os escanos e avostede habilitóuselle ese escano. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Si, si, está ha-bilitado ese escano. Está no seu escano. Neste momento están todos no seu escano. (Mur-murios.) Si, si, neste momento están todos no seu escano.

Ben, imos repetir a votación. (Murmurios.) Non, non valeu, non valeu. E comezamos votando,unha vez que está todo o mundo ubicado no seu escano, en concreto o voto particular doGrupo Parlamentario Mixto.

Votamos.

Votación do voto particular do G. P. Mixto ao Ditame emitido pola Comisión non permanente de es-tudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado este voto particular.

O señor PRESIDENTE: Votamos agora o voto particular do Grupo Parlamentario do BloqueNacionalista Galego.

Votamos.

Votación do voto particular do G. P. do Bloque Nacionalista Galego ao Ditame emitido pola Comisiónnon permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 39.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

80

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 81: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado este voto particular.

O señor PRESIDENTE: Votamos agora o voto particular do Grupo Común da Esquerda.

Votamos.

Votación do voto particular do G. P. Común da Esquerda ao Ditame emitido pola Comisión non per-manente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado este voto particular.

O señor PRESIDENTE: Votamos o voto particular do Grupo Parlamentario Socialista.

Votamos.

Votación do voto particular do G. P. dos Socialistas de Galicia ao Ditame emitido pola Comisión nonpermanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado este voto particular.

O señor PRESIDENTE: E agora votamos o ditame da comisión.

Votamos.

Votación do Ditame emitido pola Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para osdereitos das mulleres

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 39; abstencións, 32.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobado o Ditame emitido pola Comisión non permanente de estudo paraa igualdade e para os dereitos das mulleres

O señor PRESIDENTE: Rematou a votación. Abran as portas, por favor.

Continuamos co texto lexislativo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

81

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 82: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G. P. Mixto, de bebidas azucradas

O señor PRESIDENTE: Para a presentación da proposición de lei, ten a palabra o señor Vi-llares.

O señor VILLARES NAVEIRA: Bos días de novo, señorías.

Os impostos susténtanse principalmente en dous piares, un deles máis coñecido que outros.Ese primeiro piar máis coñecido é o de dotar as diferentes administracións públicas dos in-gresos necesarios para poder desenvolver a súa actividade e proporcionar os servizos nece-sarios para cubrir os dereitos recoñecidos neste caso no Estatuto de autonomía ou naConstitución.

Pero, a maiores diso, os impostos cumpren con outra finalidade nos ordenamentos xurídicoscontemporáneos, e é que poden ser empregados para fomentar ou penalizar determinadasactividades económicas así como tamén determinados hábitos sociais. E diso vai precisa-mente esta proposición de lei que hoxe o Grupo de En Marea presenta á Cámara.

Presentamos unha proposición de lei que establece un imposto que ten como finalidadeprincipal desalentar ou reducir o consumo dun determinado tipo de alimentos que son asbebidas azucradas. ¿De que estamos falando? Fíxense neste vaso que teño na man (O señorVillares Naveira mostra un vaso.). Este vaso contén a capacidade para unha lata de refresco,unha lata de refresco das que habitualmente temos nos dispensadores ou nas cafetarías enos restaurantes; bebidas refrescantes que son habitualmente bebidas azucradas. Sen ir máislonxe, este mesmo vaso contén neste caso a cantidade de azucre equivalente ao que sería ovolume desa bebida azucrada, sen ir máis lonxe, un dos máis coñecidos refrescos de cola oualgúns dos refrescos ou bebidas enerxéticas. Computada en número de sobres de azucre,como aqueles que vostedes adoitan utilizar para adozar o café con leite, por exemplo, unhacantidade que varía entre cinco e sete sobres dependendo do tipo de bebida, pero que, nuntipo medio dunha bebida, refresco de cola, pode chegar ou pode oscilar entre os trinta e oscorenta gramos en función da marca. Disto vimos falar, do poder que teñen as bebidas azu-cradas de influír na nosa dieta, de influír na saúde pública e, polo tanto, as medidas públicasque deberiamos de tomar en relación con esta situación.

¿Por que dicimos isto e por que traemos esta proposta á Cámara? Pois miren, porque a Or-ganización Mundial da Saúde, a OMS, nas últimas décadas alertou dun incremento subs-tancial dos casos de sobrepeso ou de obesidade, e, deste xeito, agárdase que —e son datospara o Estado español— oito de cada dez homes e o 55 % das mulleres terán sobrepeso ouobesidade arredor do ano 2030. Unha das principais causas do aumento do sobrepeso ou daobesidade está relacionada coa inxesta de bebidas azucradas, é dicir, principalmente aquelasbebidas coñecidas como refrescos. E, particularmente, chama a atención —despois referi-reime con máis detemento— o consumo especialmente elevado na poboación máis moza.

En relación con esta situación, a Organización Mundial da Saúde recomenda que o consumode azucre non exceda o 10 % de todas as calorías que debemos de inxerir ao día, o que nunhadieta media implica cincuenta gramos diarios. Pois ben, unha lata de refresco, que podería

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

82

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 83: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

encher este vaso (O señor Villares Naveira mostra un vaso.), supón practicamente igualar a can-tidade de azucre que precisamos nun día, medida aquí tamén en número de sobres como oque vostedes adoitan utilizar para o café.

Ante este panorama, diferentes informes científicos, como é o caso do elaborado pola So-ciedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, veñen de indicar, reiteradamenteademais, a necesidade de reducir o consumo de azucres e sinala que sería preciso introduciralgún elemento impositivo que faga reducir o consumo daqueles produtos que fan sobrepa-sar considerablemente a porcentaxe de azucres establecida pola Organización Mundial daSaúde, particularmente en refrescos e as bebidas enerxéticas.

Esta proposta é, polo tanto, unha proposta que busca cunha realidade normativa ter un im-pacto positivo na redución. Si, buscamos desincentivar, buscamos reducir o consumo exce-sivo das bebidas azucradas no noso contorno alimenticio, particularmente entre a xentenova.

¿E estamos falando dunha medida que resulta novidosa en termos lexislativos? Pois non,nin é novidosa en Europa nin é novidosa no Estado español. Resulta importante indicar queos impostos sobre o azucre gañaron terreo en pouco tempo, particularmente nos últimosquince-vinte anos, como instrumentos ao servizo da política fiscal e das políticas sanitariasde prevención de hábitos pouco saudables. E así se fixo en varios países da Unión Europea.Houbo algúns países, como foi o caso de Bélxica, de Letonia ou de Noruega, que elixiron sógravar unicamente o volume da bebida, independentemente da cantidade de azucre que con-teña, mentres que o resto de países do noso contorno —o caso de Estonia, Francia, Hungría,Irlanda, Portugal e o Reino Unido— teñen tamén este imposto, e téñeno tendo en conta arelación de magnitudes entre a cantidade de azucre tendo en conta o volume global do pro-duto, do líquido. Esta precisamente é a forma escollida, por ser a maioritaria nos países donoso contorno e a máis adecuada tamén segundo os criterios da Organización Mundial daSaúde, coa que nós traballamos na hipótese que vimos formular hoxe aquí.

O ensaio nos países europeos do noso contorno completouse tamén coa incorporación nascomunidades autónomas deste imposto cun éxito que agora comentarei, en todos os casosfavorable.

Este imposto xa está regulado positivamente en Cataluña, Valencia e Canarias e outras co-munidades autónomas téñeno en tramitación. E quero compartir con vostedes que un estudoelaborado pola Universidade Pompeu Fabra sobre o impacto que tivo este imposto concretosobre bebidas azucradas establecido na Comunidade Autónoma de Cataluña indica que oconsumo destas se reduciu un 15,4 %, cunha inxestión media de cento sete calorías menospor persoa e semana.

Estamos falando, polo tanto, dunha proposta que estritamente non é innovadora nin naspolíticas fiscais nin nas políticas de saúde pública e que está ensaiada con éxito, con éxitoprobado, tanto no noso contorno do Estado como no contorno de distintos países do marcoda Unión Europea, que non é a única que o leva feito. De feito, o paradigma a nivel mundialda lexislación protectora dos hábitos saudables contra os excesos que producen as bebidas

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

83

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 84: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

azucradas osténtao neste momento Chile, que é a referencia a nivel internacional e no quedeterminados aspectos da normativa que propoñemos seguen sempre dentro dos canons xaaprobados por outras comunidades autónomas.

A maiores, debemos de indicar que, aínda que o obxectivo principal deste imposto é o de re-ducir o consumo daquelas bebidas que conteñen un alto contido de azucres, tamén se pre-tende como obxectivo secundario —e é un efecto xurídico necesario, un efecto económiconeste caso— aumentar o nivel de ingresos públicos da Administración pública galega, axu-dando deste xeito a paliar a insuficiencia de recursos da que —estamos todas e todos deacordo— adoece o noso sistema público e, particularmente, o sistema sanitario.

As consecuencias habituais da implementación deste tipo de políticas fiscais, baseadas encriterios de saúde pública, teñen varios impactos positivos. O máis sinalable en termos eco-nómicos é o aforro en recursos sanitarios: diminúe o impacto das diabetes, diminúen as ca-ries, diminúe o colesterol e diminúen os infartos.

A maiores, con carácter económico, a proposta feita supón ou suporía, nunha referenciaaproximada, tendo en conta cal é o impacto actual do consumo das bebidas a nivel econó-mico, unha recadación adicional de algo menos de dez millóns de euros, algo que a nós nosgustaría, aínda que non o reflectimos na proposta normativa polas dificultades que iso trae-ría, que se dedicase tamén a mellorar as políticas públicas de saúde e a formación e infor-mación en hábitos de vida saudables.

En consecuencia, traemos unha norma, un imposto sobre bebidas azucradas que viría tratarde acadar, como se di, dous obxectivos fundamentais: en primeiro lugar, desincentivar e pe-nalizar o consumo daquelas bebidas que poidan ser prexudiciais para a saúde, especialmenteentre a xente máis moza; e, en segundo lugar, estaría relacionado coa política de ingresosfiscais propios da Comunidade Autónoma galega e o ingreso deles.

Non son as propostas de En Marea as que veñen cun respaldo non acompañado por partedos colectivos sociais que demandan estas políticas. De feito, aínda onte tivemos unha xun-tanza co Colexio Galego de Dietistas e Nutricionistas de Galicia onde compartiron con nós anecesidade do establecemento deste tipo de medidas, baseado tamén en datos incontesta-bles, e é que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior índice de obesidade in-fantil entre a súa poboación moza; polo tanto, a necesidade de facer un esforzo transversalen distintos ámbitos, tamén no ámbito impositivo, para disuadir de que os menores de idadeconsuman con abuso este tipo de bebidas azucradas.

Ademais, segundo nos trasladaron, reclaman tamén políticas activas máis decididas tantoen formación e en hábitos de vida saudables nas escolas como tamén na formación na po-boación xeral.

Pero, sobre todo, e no que a nós nos interesa e queremos incidir, é que esta proposta de im-posto sobre as bebidas azucradas cumpre a recomendación da Organización Mundial daSaúde, incluída no informe de data do 11 de outubro de 2016, que urxe aprobar e promovermedidas fiscais que imputen as bebidas azucradas co obxectivo de reducir problemas como

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

84

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 85: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

a obesidade e certos tipos de diabetes. O imposto que aquí se propón ten, polo tanto, a fina-lidade de tributar o consumo de bebidas azucradas envasadas polos efectos que ten sobre apoboación.

Engade un par de referencias máis sobre os propios informes da Organización Mundial daSaúde, onde sinalan como é común que moitas familias acompañen as comidas con zumesou bebidas azucradas en lugar de auga, hábito que relatan que non é moi san se se ten enconta que estas bebidas suman calorías á alimentación dos nenos e das nenas, e o costumeadicional, tamén moi estendido entre a poboación galega e a española no noso contorno, deconsumir este tipo de bebidas non só durante as comidas senón tamén entre horas, cunefecto especialmente lesivo tamén para o funcionamento do noso sistema interno.

Hai unha serie de enfermidades que se asocian ao consumo excesivo de bebidas azucradasás que se refire a OMS, que relata como algún dos factores que incrementan os problemasde saúde, ademais do sedentarismo, é a alimentación non saudable e especialmente a inxestade bebidas altamente azucradas.

Relata a OMS como en poboacións con alto consumo de bebidas azucradas se incrementa orisco de padecer enfermidades crónicas, entre as cales destacan —e fago por buscar unhaorganización con consenso supoño que en toda esta cámara— as seguintes enfermidadescrónicas: en primeiro lugar, sobrepeso, obesidade, entendendo que existe unha evidenciacientífica de que as bebidas provocan menos saciedade que os alimentos sólidos e que as be-bidas azucradas se asocian a un meirande risco de sobrepeso e obesidade cun menor con-sumo de vitaminas e de minerais na dieta; en segundo lugar, as caries, xa que as bebidasazucradas incrementan o risco de sufrir caries dental polo seu alto contido en azucre e ade-mais poden corroer o esmalte dos dentes debido á acidez; cálculos renais, en función do tipode cálculos e en función do tipo de aditivos que levan as bebidas azucradas; o maior risco depadecer diabetes do tipo 2, polo aporte de azucres destas bebidas; ou osteoporose nos nenosque toman moitas bebidas azucradas, posto que ten un efecto secundario que é beber menosleite e derivados lácteos.

A maiores da OMS, non quero deixar de referirme a outras organizacións de relevancia e deautoridades no sector, como é a Fundación de Hipercolesterolemia Familiar de España, ondese fala de como os malos hábitos alimenticios na mocidade española teñen un impacto es-pecialmente significativo entre os 13 e os 17 anos, onde practicamente a metade da poboaciónincorre en riscos desaconsellables.

Tamén, e á parte incidindo no día no que estamos hoxe, no Día Mundial contra o Cancro, apropia Organización Mundial da Saúde e outras organización como a Asociación Españolacontra o Cancro alertan sobre como determinados tipos de cancro están asociados ao sobre-peso polos malos hábitos alimenticios e pola inxesta excesiva de produtos azucrados.

Polo tanto, señorías, pensamos que existen motivos científicos, motivos sociais e motivossanitarios máis que suficientes para tomar en consideración este imposto que nós propo-ñemos e que está tendo un efecto positivo naquelas comunidades autónomas e naqueles paí-ses do noso contorno que xa o teñen implementado.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

85

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 86: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Fago simplemente dous apuntamentos sobre a súa configuración técnica. O obxectivo doimposto é tributar o consumo de bebidas azucradas e envasadas debido aos efectos que teñensobre a saúde da poboación, e, en canto ao efecto impoñible, está referido a bebidas azucra-das que conteñen edulcorantes calóricos engadidos, como entre outros o azucre, o mel, afrutosa, a sacarosa, o xarope de millo, o xarope de arce, o néctar, o xarope de agave e o xa-rope de arroz.

Quero chamar a atención, finalmente, tamén para tranquilizar sobre o que poida supoñerun imposto destas características, que no artigo 4 se deixa establecido expresamente quenon están suxeitas ao imposto as bebidas elaboradas con zumes naturais de froitas ou ve-xetais, concentradas ou reconstituídas, ou a súa combinación. Tampouco están sometidos aeste imposto o leite nin as bebidas alternativas ao leite que non conteñan edulcorantes ca-lóricos engadidos. Tamén están excluídos os iogures, o leite bebible fermentado, os produtosmédicos e tamén as bebidas alcohólicas, por seren obxecto doutro tipo de acción impositiva.

Polo tanto, señorías, cinguíndonos estritamente aos termos recomendados pola Organiza-ción Mundial da Saúde, seguindo a experiencia positiva doutras comunidades autónomasno impacto á hora da redución do consumo, co efecto secundario —que é o principal con-seguido— da redución de doenzas crónicas e doenzas agudas relacionadas co sobrepeso e aobesidade, queremos trasladar e compartir esta iniciativa que esperamos que teña un res-paldo unánime, porque é unha proposta que busca aumentar a calidade de vida e aumentara esperanza de vida, reducindo e desincentivando os malos hábitos, e buscar a melloría dobenestar do conxunto da poboación do noso país.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

Grupo Parlamentario Bloque Nacionalista Galego, señora Presas.

A señora PRESAS BERGANTIÑOS: Grazas, presidente.

Por parte do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, con independencia de queentendemos que no posterior debate habería que matizar algunha cuestión e aquilatar a nosapropia folla de ruta en chave galega para esta cuestión, imos votar favorablemente, porqueentendemos que é unha proposta positiva, e nós temos trasladado iniciativas semellantesao longo dos debates orzamentarios dos últimos anos, con escaso éxito, como xa saben assúas señorías. Entendemos que aquí teriamos unha oportunidade de dar un debate máis so-segado, máis planificado e de chegar a algún tipo de consenso, fora na medida que fora, decara aos próximos orzamentos da Xunta de Galiza, que se cadra xa non ten que elaborar oPartido Popular e ten que deixar de alterarse con esta cuestión.

En todo caso, imos apoiala, e ademais de pola propia coherencia coas nosas propostas an-teriores, por dous motivos fundamentais que nós entendemos que están enriba da mesa eque o avalan. Por unha banda, está a necesidade de aumentar os ingresos; é certo que aquíhai unha motivación máis profunda pero unha necesidade que non podemos deixar de lado.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

86

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 87: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E, por outra banda, tamén a necesidade de que a política fiscal e a política económica poisincidan na mellora da sociedade, que nos axuden a modular cal é a sociedade galega do sé-culo XXI que queremos construír con determinados valores. E nós entendemos que, dentrodeses valores, esta achega contribuiría a que se fomente a promoción da saúde pública comoun dereito e como unha prioridade para as políticas públicas.

Quero referirme, en primeiro lugar, á necesidade de aumentar ingresos. Para nós isto é algotamén relevante desde o punto de vista da situación que temos neste momento, porque haiunha sanidade pública galega infrafinanciada, da que debatemos na primeira parte destasesión, pero na que tamén ten moito que ver moitas das consecuencias que o propio propo-ñente relataba aquí. E temos tamén unha situación dun sistema de financiamento que é cla-ramente insuficiente. Non queremos deixar de aproveitar a ocasión para recordar que Galizaperdeu máis de catro mil millóns na liquidación de 2017, o último ano do que temos datos,co actual modelo de financiamento, e que, mentres o Estado recadou máis de doce mil mi-llóns, pois só reingresou menos de oito mil millóns.

E a iso hai que sumar tamén outras consecuencias sobre o modelo fiscal e económico do quenos temos dotado, como tamén as imposicións do déficit, unha maior recentralización dacapacidade de gasto e un longo etcétera, que condiciona o noso limitado autogoberno.

Por iso, a nós parécenos positivo que o exprimamos, que exprimamos unha posibilidade quenos dá, que xa se probou noutras latitudes, e que nos abre unha porta tanto a construír unhasociedade mellor como a ter máis capacidade recadatoria para facelo.

E, ademais, eu non me podo resistir a pedirlle ao Partido Popular un pouco de contención,porque o certo é que se escandalizan cando damos este debate sobre as bebidas azucradascomo se nunca ninguén do Partido Popular tivera posto esta espita enriba da mesa. Eu querorecordar un titular do 2 de decembro de 2016: o señor Montoro propón novos impostos re-ferentes a tabaco, alcohol e bebidas azucradas. Despois vimos o desenlace final, 31 de marzode 2017: «El lobby del azúcar consigue su objetivo al frenar el impuesto sobre los refrescos». Querodicir que cando menos poñernos nunha mesa e debater se isto é unha posibilidade e comotemos que artellala pois debería ser algo que desatara o consenso, e máis nun debate destetipo, onde non pode ir o Partido Popular simplemente a un debate de crítica e ridiculizacióndas cifras, tanto por necesidade de recursos como por vontade política. Polo tanto, insistoen que votaremos favorablemente.

Tamén, porque o certo é que hai necesidades sociais e a política impositiva fiscal da que nosdotamos non pode ter exclusivamente un factor recadatorio, non pode ser unha mera ob-tención de recursos. E hoxe temos un problema grave na nosa sociedade co sobrepeso e coaobesidade. Saen xa aquí algúns datos e o certo é que habería que dar un debate máis profundotamén sobre as propias condicións materiais de vida no sistema capitalista, o ritmo de vida,os horarios, as propias capacidades económicas das familias. Deberiamos dar un debatetamén máis profundo sobre todo iso, porque hai estudos, entre eles varios da propia AgenciaEspañola de Salud Alimentaria, que evidencian algo que todos e todas podemos comprobarna realidade cotiá: que tamén, cando falamos de saúde, cando falamos de alimentación,cando falamos de sobrepeso, hai factores de clase e tamén hai factores de nivel educativo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

87

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 88: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E, polo tanto, é un ámbito onde cabería esperar que os poderes públicos actuaran cunha von-tade redistributiva, non só á hora de obter máis recursos para repartilos mellor nas necesi-dades sociais, senón tamén á hora de modular as prioridades e tamén de orientar os propioscomportamentos sociais.

E o certo é que hai unha necesidade que é imperiosa. Segundo o Ministerio de Sanidade, Ga-liza presenta a taxa máis alta de sobrepeso do Estado e ocupa tamén o segundo posto encanto a obesidade, superados soamente por Asturias. Tamén os propios datos que imos sa-bendo da Consellería de Sanidade non son alentadores senón que confirman esta tendencia.Podemos recordar, por exemplo, que estiman nunha enquisa recente que un 16,4 % das per-soas de 16 anos ou máis son obesas, un dato que o propio Sergas indica que entende queestá infraestimado porque corresponde á propia información que achegan esas persoas en-quisadas e que, polo tanto, pois é de prever que a realidade, se o mediramos con datos ob-xectivos obtidos nas propias consultas médicas, sería superior.

Dentro deste aspecto —xa o dicía o propoñente—, a mocidade e a poboación infantil poisson os sectores especialmente preocupantes. O estudo Galinut do profesorado da USC indica,por exemplo, que a obesidade infantil triplicou desde os anos setenta a súa incidencia, a unritmo que ademais é ascendente, que polo tanto é insostible.

Tamén o programa Xermola da Xunta de Galicia sostén que unha crianza de cada tres entreos 6 e 15 anos ten IMC compatible con obesidade ou sobrepeso. E estes son datos galegos emoi preocupantes. De feito, non é anecdótico, non é aleatorio ou alleo a este debate que aXunta de Galiza teña nas últimas semanas anunciado que quere incrementar no horario es-colar a materia de educación física. Nós non nos negamos a abrir ese debate, pero entende-mos que debe haber máis medidas e que aquí hai un ámbito ao que non podemos renunciar,que hai que tomalo como un problema de primeira orde, porque o din as evidencias, porqueo di a propia ciencia e porque ademais isto ten un efecto dominó.

Cando falamos da obesidade e do sobrepeso, non son problemas pechados en si mesmos,senón que teñen despois problemas maiores na saúde das persoas, e a propia OCDE estimaque nos próximos trinta anos as enfermidades relacionadas coa obesidade cobraranse máisde noventa millóns de vidas nos países da OCDE. Desde logo, é unha situación preocupantee ademais ten repercusións no propio sistema dos servizos públicos galegos, porque se es-tamos gastando en curar non estamos investindo en previr; se temos problemas de capaci-dade económica no noso sistema sanitario por decisións políticas, estamos desperdiciandorecursos se atendemos máis a curación do que a prevención.

O certo é que aquí teriamos tamén unha marxe de mellora importante. Porque todo isto doque do que estamos a falar ten un impacto na economía que non é menor. A mesma OCDEcifraba que no Estado español o custo do sobrepeso supón o 9,7 % do gasto de saúde. Se enGaliza temos ese índice preocupante da obesidade, pois cabe prever que esta translación dedatos sería maior e tamén que iso implica unha redución do produto interior bruto de caseun 3 %; e, pola contra, indica que deseñar políticas activas de combate do sobrepeso da obe-sidade pois podería estimular a economía.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

88

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 89: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Por estes motivos, pois nós tamén temos proposto abrir este debate sobre a gravación dasbebidas azucradas. Insisto en que sería positivo poder trasladar isto a unha ponencia, seríapositivo incluso poder contar coa opinión e coa participación dos sectores económicos, quepoden ser reticentes e que poden ver riscos nesta cuestión. Poderiamos ter un debate pro-fundo para aquilatar os tipos de gravame, para aquilatar a posta en práctica e tamén paraque as propias consellarías responsables nas competencias de ensino e nas competencias desanidade puideran deseñar medidas complementarias que fixeran que isto non fose unhailla nun deserto senón un paso adiante para medidas máis ambiciosas e complementariasque á fin e ao cabo puideran ter un acompañamento, porque hai outras caras da moeda dodebate.

Poderiamos volver traer aquí o debate sobre os comedores escolares, sobre a xestión que faia Xunta de Galiza, sobre que non se cumpre a normativa existente respecto da bolaría in-dustrial e doutro tipo de produtos que están moi presentes nos nosos centros educativos através de máquinas expendedoras, e un longo etcétera, e poderiamos dar un debate máisglobal.

Polo tanto, nós votaremos favorablemente. Instamos os demais grupos parlamentarios aque o fagan, porque o certo é que pensamos que nos deberiamos preguntar: ¿que perdemosse o facemos? Entendemos que o que podemos gañar compensa con moito o tempo e o tra-ballo que nos pode levar esa ponencia, e que, desde logo, novas realidades, novos retosnunha sociedade cambiante como a que temos hoxe en día require que tamén abramos amente e debatamos sobre o noso marco fiscal e normativo, dando tamén resposta a esas ne-cesidades crecentes.

Pola miña banda, nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Presas.

Grupo Común da Esquerda, señora Torregrosa.

A señora TORREGOSA SAÑUDO: Bo día, presidente.

Señorías, en primeiro lugar, hai que dicir que consideramos que, aínda que poidamos tercertas discrepancias sobre algúns aspectos puramente técnicos da proposición de lei que sepresenta hoxe aquí a trámite, concordamos en que o problema de fondo que suscita debeser abordado de novo nesta cámara. En realidade non se trata dun proxecto de norma xeralreguladora da fabricación e distribución e o consumo de bebidas azucradas, como poderíaparecernos polo título da lei, senón simplemente dun proxecto de carácter fiscal.

Estamos ante unha proposición de lei de creación dun novo imposto, un imposto indirectosobre a adquisición de bebidas azucradas envasadas. Aínda que a proposición explicita unhadobre finalidade, reguladora e tamén recadatoria, en realidade trátase de establecer un im-posto que desincentive —como xa dixo o voceiro do Grupo Mixto— o consumo de bebidasazucradas pola repercusión que a inxesta de azucres ten sobre a obesidade e sobre outrasdoenzas relacionadas con algún tipo de diabetes.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

89

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 90: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Dende un punto de vista puramente técnico, parécenos que tanto no Estatuto de autonomíade Galicia, no seu artigo 44, onde se establecen as funcións que ten a Facenda da Comuni-dade Autónoma, como no artigo 51.a), onde se sinala —digamos— o procedemento propiode que deba establecerse neste parlamento na Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, definanciamento das comunidades autónomas, unha revisión máis explícita de todos os temaslexislativos, parécenos que tampouco entra verdadeiramente en ningún outro conflito congravames que poidan vir do Estado ou doutro tipo de administracións, e entendemos, polotanto, que o feito impoñible definido na proposición de lei (adquisición de bebidas azucradas)non está gravado por ningún outro imposto e, polo tanto, cumpre perfectamente as condi-cións establecidas no artigo 9 da LOFCA, polo que consideramos que dende o punto de vistapuramente xurídico e competencial non existe impedimento para que Galicia estableza untributo propio sobre a adquisición de bebidas azucradas.

Formalmente, polo tanto, trátase dunha proposición de lei de natureza tributaria, aíndaque en realidade estamos ante unha medida de saúde pública. Son múltiples os estudos quesinalan a existencia dunha correlación positiva entre o volume de inxesta de produtos azu-crados e a tendencia á obesidade das sociedades economicamente máis desenvolvidas.Cunha epidemia de obesidade á alza —case se triplicaron os casos dende 1975, segundo aOrganización Mundial da Saúde (a OMS)— e nun escenario de futuro pouco favorable, oitode cada dez homes e o 55 % das mulleres terán sobrepeso ou obesidade en 2030, segundoo estudo. A OMS recomenda que o consumo de azucre non deba exceder o 10 % de todas ascalorías que debemos inxerir ao día, é dicir, vinte e cinco gramos —como xa se explicitou,unhas cinco culleriñas ao día—, e temos que pensar que unha soa lata de cola xa ten trintae cinco gramos de azucre —sete culleriñas—. E é por iso que aos estados membros se llespediu que consideraran as recomendacións da OMS de aplicar impostos e, para que estesforan máis efectivos, que se situaran arredor do 20 % sobre os alimentos de alto contidoenerxético —quero dicir, falamos en xeral, non só das bebidas azucradas— coa finalidadede mellorar as dietas e previr enfermidades non contaxiosas.

A recomendación tamén foi recollida pola Sociedade Española de Medicina Familiar e Co-munitaria nun documento de traballo de 2016, onde propuxeron gravar todas as bebidas queconteñan máis de oitenta gramos por litro cun imposto mínimo de 36 céntimos por litro, eentre cincuenta e oitenta, cun imposto de 25 céntimos por litro. A recomendación —comosinala o texto da iniciativa— xa foi seguida por varios países da Unión Europea e tamén pen-samos que a nivel autonómico pola Comunidade Autónoma de Cataluña.

De feito, a proposición de lei que hoxe debatemos aquí nesta cámara é unha tradución literalda norma catalá que regula este imposto no seu territorio, o imposto catalá sobre bebidasazucradas envasadas, da Lei 5/2017, do 28 de marzo, de medidas fiscais, administrativas,financeiras e do sector público e de creación e regulación dos impostos sobre grandes esta-blecementos comerciais, sobre estadías en establecementos turísticos, sobre elementos ra-diotóxicos, sobre bebidas azucradas e envasadas e sobre emisións de dióxido de carbono.

Cremos que precisamente por iso, por tratarse dunha tradución literal, a iniciativa que es-tamos a debater contén algúns erros ou incongruencias formais que deberían corrixirse, nocaso de ser admitida a trámite. Por exemplo, no artigo 4.3, onde se fala de «refrescos ou

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

90

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 91: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

refrescos», no texto orixinal: «refrescos ou sodas»; ou incongruencias formais entre o ar-tigo 6, no que se define o suplente do contribuínte, e o artigo 10, no que se emprega unhaterminoloxía máis habitual no eido da Facenda pública, ao referirse ao substituto do contri-buínte.

Entón, cremos que hai pequenos detalles —como xa estamos mencionando— e supoñemostamén que se trata dun erro, pero no plano xurídico temos que dicir que nos sorprende queno artigo 14 se inclúa como dereito supletorio a lexislación tributaria de Cataluña e as normascomplementarias que a desenvolven. Sen pretender entrar nun debate sobre as fontes dodereito, onde sen dúbida o propoñente nos podería ilustrar cos seus amplos coñecementos,cremos que non é acertado nin dende un punto de vista xurídico nin dende un punto de vistapolítico estender o ámbito de aplicación de normas aprobadas noutra comunidade autónomaao territorio de Galicia.

E se para a correcta aplicación desta norma fose necesario un desenvolvemento regulamen-tario, entendemos que o correcto tecnicamente e o acaído politicamente sería facultar o Go-berno galego para realizar ese desenvolvemento. E, se aínda así fose necesario remitirse álexislación, esta debería ser necesariamente lexislación estatal ou comunitaria, de aplicaciónxeral no conxunto do territorio estatal, e non a lexislación particular doutra comunidadeautónoma.

Respecto dos resultados da valoración dos estudos elaborados polo Centre de Recerca en Eco-nomia i Salut da Universitat Pompeu Fabra e o Institut d´Economia da Universitat de Barce-lona, estiman nun 22 % a redución do consumo deste tipo de bebidas en Cataluña no primeiroano, o 2018, de aplicación do imposto. Á falta de estatísticas oficiais, algunhas fontes secto-riais sitúan Galicia nunha posición intermedia, no que ao consumo de refrescos se refire, noconxunto das comunidades autónomas, con arredor de noventa millóns de quilos anuais derefrescos, o que se traduce nun consumo anual per cápita de 33,5 quilos por habitante e ano,lixeiramente por enriba do consumo anual medio per cápita en Cataluña, situado en 32,6 qui-los. E aínda que a finalidade principal dese tributo non é a súa función recadatoria, no exer-cicio 2018 —o primeiro ano que se aplicou en Cataluña— esta comunidade recadou preto decorenta e dous millóns de euros por medio deste imposto, e estímase que os aforros para asanidade catalá poderían chegar ata os sesenta e tres millóns de euros anuais.

Resumindo, e xa para chegar ao final, o incremento do prezo a consecuencia da implantacióndeste novo imposto en Galicia non vai corrixir de raíz o problema da obesidade infantil ninvai erradicar o consumo de bebidas azucradas por parte da mocidade, pero a evidencia em-pírica doutras experiencias suxire que si tería un impacto positivo na redución do consumo.

Pensamos tamén que non é o único punto. Quero dicir: nas verbas de Francisco Tinahones,da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, hai que estimular a redución do consumoe probar estratexias impositivas, pero tamén hai que buscar o compromiso da industria paraque reduza o contido de azucre nos produtos.

Segundo o Informe de Isocat de xullo de 2018, tamén temos que ter en conta que un dos as-pectos máis notables e cotiáns que afectan as familias en situación de pobreza é a dificultade

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

91

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 92: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ao acceso de proteínas e a unha dieta saudable, equilibrada e variada, e a malnutrición vaidirectamente unida á obesidade infantil ou á mala alimentación derivada dun abuso de ali-mentos precociñados. Isto ten un dobre impacto: un inminente, pola falta de acceso a unhadieta equilibrada e saudable; e outro, a longo termo, de desenrolo físico e cognitivo nascrianzas. E, por tanto, pensamos que é unha responsabilidade das administracións utilizaros seus recursos para apoiar a educación nos hábitos de nutrición saudables, a publicidadehonesta respecto dos resultados negativos na saúde —sobre todo dos máis novos— e darexemplo dende os propios centros educativos dos propios medios que teñen as administra-cións públicas —neste caso, a Xunta de Galicia— e utilizar os propios centros educativosregulando a venda de certos produtos, e nos comedores escolares cunha alimentación ba-seada en alimentos non procesados e cun consumo de produtos de proximidade, utilizandoos propios beneficios resultado deste propio imposto.

Por todo iso, o Grupo Común da Esquerda imos apoiar a toma en consideración desta pro-posición de lei, sen prexuízo da formulación de emendas parciais no caso de que a proposi-ción fose aceptada.

Máis nada, moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Torregrosa.

Grupo Parlamentario Socialista, señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, presidente.

Neste debate de saúde pública vía imposto cabe mencionar que hai algunhas diferenzasnas aproximacións que fan as políticas públicas ou incluso os investigadores que as tra-ballan sobre a necesidade nalgunhas cuestións que merecen matices e sobre as que plan-texamos algunhas dúbidas. Nós imos votar a favor da súa consideración para poder debatersobre elas. Dende logo, non é a primeira vez que manifestamos este sentido do noso plan-texamento, pero tamén cremos que a necesidade de debater se fai notoria nalgunhas cues-tións.

E houbo uns matices de interese, porque é unha medida que máis temprano que tarde pro-bablemente haberá que afrontar con realidade a través de diversos gobernos. En primeirolugar, unha cuestión de competencia, e competencia non porque a Autonomía non a teñadirectamente senón de competencia de mercado. Estamos plantexando unha medida —senque isto necesite unha posición dogmática a favor ou en contra— que diferenciaría o prezodunha lata de refresco en Ribadeo e en Vegadeo. E esta é unha diferenza que ten o seu matiz,non necesariamente mala, pero para nós plantexa unha necesidade de ter unha certa esti-mación. Ás veces a diferenciación xera dificultades e, por tanto, hai que avaliar que niveisde diferenciación queremos marcar. Pero, en todo caso, esa desigualdade comercial poishai que avaliala, pode ser que sexa unha vantaxe e, por tanto, é máis acertado facelo dendeunha figura tributaria autonómica, pero pode ser que non o sexa. Ao final ¿reduciremos oconsumo —que é o obxectivo final— se o facemos con esa desigualdade? Pois é interesantecoñecelo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

92

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 93: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En segundo lugar, as contías. A xustificación das contías baséase no que interpretamos nósnesta proposta na proposta catalá, que si que se levou a cabo no 2017, basicamente porqueé unha réplica literal a iniciativa. E as contías son as mesmas que se propoñen naquela me-dida, pero nin sequera nese momento están xustificadas de por si. De feito, a OrganizaciónMundial da Saúde fala de que este tipo de figuras impositivas teñen resultado a partir dun20 % de incremento de prezo, o cal non se dá neste caso nalgún tipo de bebidas en funcióndo tamaño; daríase nas botellas grandes de refrescos —digamos— pero non nos envasespequenos doutro tipo de bebidas; e, polo tanto, tamén é matizable.

E logo hai tres cuestións que nos parecen relevantes e sobre as que queremos plantexar algúndebate, adiantando que puidera ser o debate e sobre todo polo menos por plantexalo, porqueentendemos que ten algunhas posibilidades de saír a adiante esta proposición, pero ten al-gunhas outras —quizais máis— de que sexa rexeitada pola maioría da Cámara. Nós imosvotar a favor, pero sabemos que hai dificultades para que sexa votada a favor por outrosgrupos.

Son tres cuestións. En primeiro lugar, o tipo de produtos que están afectados; en segundolugar, sobre se ten que pagalo o consumidor final; e, en terceiro lugar, sobre os datos queavalían esta política pública.

O tipo de produtos, unha cuestión pura de saúde pública. Están fóra das bebidas alcohólicas,isto é algo que propón a medida catalá, pero plantexámonos —e entendemos o señor Villarescando fixo a proposta— que as medidas alcohólicas xa teñen unha figura impositiva propiapolo consumo do alcohol, que tamén debe ser analizado evidentemente. Pero nós entende-mos que si teñen unha dobre problemática no consumo. Digamos que a existencia de alcohole de elevados niveis de azucre deberan ter unha dobre figura impositiva, porque —diga-mos— non se paga o perigo unha soa vez; se o perigo é dobre, debemos pagar dobre, ou otriplo se foran tres cuestións. É dicir, que excluílas non sabemos se é a mellor medida. Porexemplo, estariamos pagando extra —e insistimos: non necesariamente é unha mala me-dida, plantéxanos dúbidas— por un iogur bebible azucrado pero non extra por un vermú. Epreséntanos algunhas dúbidas por que ese tipo de bebidas si e outras non.

Noutro sentido, as empresas lácteas manifestan algunhas discrepancias —e dende o nosopunto de vista cremos que con certo sentido—, por exemplo no que ten que ver coa promo-ción de hábitos de vida saudable e con hábitos de nutrición saudable especialmente de nenose nenas. Este exemplo do iogur bebible azucrado estaría afectado. E eles consideran que nondebe ser no mesmo senso, non debe ser colocado no mesmo lugar que algún outro tipo debebidas refrescantes que coñecemos. E pode ser que teñan boa parte de razón.

Probablemente tamén teñamos que incitar a que as empresas, sobre todo aquelas que vaiancon produtos lácteos, con gran fundamentación da nosa terra, teñan que coidar as súas be-bidas ou os seus produtos para que sexan máis saudables, e está ben, e por tanto quedannun punto intermedio; aí vai o debate que nalgún momento tamén teremos pero que viráprobablemente de instancias europeas sobre o semáforo alimentario, que tamén probable-mente vai máis ou menos neste sentido, e entendemos que o Grupo Mixto o presenta nestaliña de fomento de hábitos saudables en termos de nutrición.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

93

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 94: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Pero hai algunhas dúbidas aí nese espazo que nos causan e que nos gustaría poder debater—insistimos—, e por iso votaremos a favor, para poder debater sobre isto.

Segundo, a imposición sobre o consumidor final. Hai unha cousa que a nós nos choca dendeo noso grupo, que é que a copia literal desta medida de Cataluña se extraia literal, porquenós entendemos que houbo algún debate entre Goberno, industria das bebidas azucradas,asociacións de consumidores, e nalgúns puntos gañan os consumidores e nalgúns as indus-trias das bebidas azucradas.

Neste caso cremos que o de que o imposto sexa sobre o consumidor final foi unha vitoria daindustria, e leo literalmente: «O contribuínte está obrigado a pasar o imposto ao consumidorfinal sobre a bebida.» Nin sequera permitimos que unha empresa —non tenden a ser mon-xas da caridade— quixera pagar de antemán para competitivamente reducir o prezo do seuproduto; asumimos nós o imposto; non se lles permite tan sequera. Estamos limitando queas empresas poidan asumir o incremento de custos e estamos obrigando que o pague o con-sumidor final.

Suponse, segundo fan algunha variación de políticas públicas, que iso é o que fai finalmenteque o consumidor pense dúas veces realmente se consumir ou non un produto que é malopara a súa saúde. Pero algúns exemplos que se puxeron (México, Francia ou algunhas cidadesestadounidenses) si que permiten que o consumidor final non se vexa repercutido. Pero podeser un debate interesante.

E ao final está o que ten que ver coa avaliación dos resultados, que algúns existen, e é inte-resante porque isto é o que ten que ver basicamente con saúde pública. ¿Redúcese o consumograzas a esta medida? Os datos que ofrecen os investigadores da Pompeu Fabra din que si.Puiden ver algo o estudo, cun matiz, permiten un matiz. Son investigadores de altísimo erecoñecido prestixio que avalían medidas sobre as que previamente asesoraron e logo fanun estudo de avaliación; iso si, o seu nivel académico é indiscutible, e polo tanto nós con-fiamos nese estudo.

Primeiro dato sobre o estudo: está feito só en supermercados, non en consumo de hostalería.Plantexamos que esa dúbida afecta só un tipo de poboación, e por tanto sobre que poboaciónestamos facendo redundar a medida, porque non temos datos sobre o consumo en hostaleríae por tanto non podemos facer unha avaliación do completo. De feito, algúns dos datos dinque este efecto está máis visto en zonas non turísticas que en zonas turísticas, onde non seve, probablemente porque cando un está en época turística ou de visita, de vacacións, poisdescoida un pouco máis algunhas cousas, pero quero dicir que só afecta nunha parte.

Reduce moito o consumo en bebidas grandes —digamos—, en botellas grandes, pero moitomenos en latas. ¿Que é o que máis consumen, especialmente poboación menor, nenos e nenasou adolescentes, en canto a bebidas azucradas: bebidas de dous litros ou latas? Pois proba-blemente latas, e é no que menos afecta; aínda así, afecta, e está ben, pero afecta menos.

E, despois, os investigadores si que evitan, nos formatos académicos habituais, analizardatos pero non presentalos nos resultados finais, e hai unha relación que se comproba, e é

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

94

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 95: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

que afecta bastante máis as familias que teñen alto nivel de ingresos, ou o que é o mesmo,traducido, son as familias cun alto nivel de ingresos as que reducen máis o consumo. Portanto, estamos afectando menos aqueles colectivos que en saúde pública teñen máis pro-blemas, que son —como é sabido— os colectivos máis desfavorecidos, os contornos urbanosou non urbanos de familias con menos recursos, e por tanto a medida non está sendo tanefectiva en certo tipo de poboación, aquela precisamente que ten máis índices de obesidade.

Polo tanto, hai resultados pero son algo máis relativos do que se presenta, e, aínda así, sonbos resultados, mellor que nada son, e dende logo ese é o camiño.

Polo tanto, nós plantexamos algunhas dúbidas sobre esta proposta. Cremos que é impor-tante axustala ou matizala, pero nese sentido votamos a favor. E pechamos dicindo quecremos que si, que debemos de ir por este camiño, e que a iso se debe ir, e cremos oportunoabrir este debate. Lamentamos de antemán, si, saber que é complicado que se vai abrir, eneste sentido lamentámolo profundamente, pero cremos que a este sentido debemos ir epor tanto probablemente debamos de facer un traballo conxunto para avaliar, si, dende amedida impositiva, pero acompañémolo tamén de medidas de difusión, de coñecemento ede pedagoxía sobre o ámbito da nutrición, que probablemente, co incremento de recursosque obteriamos a través destas medidas, poderiámolo tamén financiar, e iso sería o eidofinal.

Pero xa sabemos que ao final é unha cuestión de saúde pública, e as cuestións de saúde pú-blica valen bastante máis cartos dos que parece, e cando se toca traballar en sanidade e poñercartos, aí xa baixamos á realidade deste parlamento, e creo que veremos unha votación ne-gativa.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

Grupo Parlamentario Popular, señora Fernández Macías.

A señora FERNÁNDEZ MACÍAS: Grazas, presidente.

Vólvese debater unha vez máis neste parlamento a creación deste novo imposto, un temaque xa é recorrente por parte de todos os grupos da oposición e que neste caso se presentaen forma de proposición de lei por parte do Grupo Mixto. O imposto que se pretende crearsobre bebidas azucradas xa foi debatido non só na comisión e no debate de orzamentos,senón tamén na Lei de medidas fiscais deste ano e de todos os anos anteriores. Pero hoxe,con esta proposición, acadou unha nova dimensión, que lles contarei despois ao final damiña intervención.

Hoxe presentan vostedes esta medida como proposición de lei, pero o contido segue a serexactamente o mesmo que nas ocasións anteriores, é dicir, unha proposta que na súa mei-rande parte está baleira de contido e é bastante incoherente. Tamén llo relatarei despois aofinal da miña intervención.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

95

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 96: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E como consecuentemente vostedes non presentan ningunha novidade ao respecto e as no-vidades que presentan son incongruentes, pois o noso posicionamento e os nosos argumen-tos tampouco van variar e en coherencia van seguir sendo os mesmos que ata o de agora.

Pero, para explicalo mellor, vaiamos por partes. En primeiro lugar, é certo que a Organiza-ción Mundial da Saúde alerta sobre o incremento que se vén experimentando nos últimosanos das persoas con sobrepeso e con obesidade e que moitos destes casos están relacionadoscun consumo excesivo de azucre —iso si, en todas as súas variantes, non fala exclusivamentedas bebidas azucradas—, pero tamén é certo que a Organización Mundial da Saúde fala deque, en caso de implementar unha taxa desta índole, debería tratarse dun imposto apro-piado, integrado e ben deseñado, o cal non é o caso desta proposición de lei que o GrupoMixto plantexa hoxe.

En segundo lugar, e por outro lado —e isto vai na liña que comentaba o señor Torrado nasdiferenzas e nas competencias de mercado—, queren vostedes implantar un imposto querecae, neste caso, sobre un produto claramente definido e que polo tanto ten unha elevadaelasticidade no prezo e tamén na demanda en relación co seu custo. Precisamente esta ele-vada elasticidade débese a que existen produtos substitutivos case perfectos por definiciónneste caso, e que con esta medida non estarían gravados, como é por exemplo o caso doszumes de froita natural ou sen azucre engadido.

Polo tanto, canto maior elasticidade é maior a probabilidade de que o consumo diminúae se reduza a cero, pero tamén é maior a probabilidade de que o consumo dos produtossubstitutivos tamén aumente e polo tanto a finalidade do imposto pois non quedaría (Mur-murios.) —si, señor Villares— clara co que se pretende crear. É dicir, pode que non se di-minúa a inxesta de azucre nos consumidores senón que o consumo se desprace a outrosprodutos non gravados pero con características similares, ou a outros mercados, comodicía o señor Torrado. Para iso faría falta un estudo moito máis amplo ao respecto, antesde implementar novos gravames, e ao mellor apostar máis pola formación e informaciónnutricional.

En terceiro lugar, hai algo que a min non me deixa de sorprender e que tamén o puidemosver no debate de orzamentos dos meses anteriores. É que me sorprende a capacidade queteñen vostedes, todos os grupos da oposición, para poñerse de acordo en contra do que di oPartido Popular, independentemente de que as medidas presentadas por uns ou por outrosgrupos sexan distintas e dispares entre si.

E á señora Presas non lle gusta que llo recordemos, pero é que a diferenza de cifras é de-masiado grande. No debate de orzamentos —e falo dos deste ano, porque as cifras de anosanteriores aínda eran máis dispares— o Grupo Mixto pretendía recadar 15 millóns deeuros con este imposto, o Grupo Común da Esquerda pretendía recadar 500.000 euros eo Bloque Nacionalista Galego, que debeu facer as contas co Grupo Mixto, tamén propónunha recadación de 15 millóns de euros. (Murmurios.) Pero en ningún dos casos ningúndos grupos establece un modelo concreto de tributación para este imposto; simplementefalan da súa creación, copiando —iso si— exactamente o modelo de imposto presentadoen Cataluña.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

96

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 97: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Por certo, señor Villares, falaba vostede de que tamén está o imposto implantando en Valenciae non é certo; unha noticia de decembro de 2019: «Unidas-Podemos y Compromís reculan y re-tiran la tasa a las bebidas azucaradas.» O que si existe en Valencia é unha proposición, un textoaprobado que dista moito de ser este mesmo imposto que vostede presenta, no que se pre-tende «incentivar la vida saludable en los colegios y la realización de un estudio sobre la oportunidadde implantar la tasa que posteriormente deberá ser valorada por la Consellería de Hacienda.» Ousexa, que non ten nada que ver con este imposto, como vostede pretendía sinalar.

Polo tanto, descoñecemos cales son os datos que manexan cada un dos grupos para poderfacer este cálculo e para as cifras que pretenden recadar. O que está claro é que, con esas di-ferenzas de cifras, os modelos que plantexan teñen que ser totalmente diferentes e disparesentre si. Pero a vostedes iso dálles igual, vostedes non presentan ningún tipo de modelo, eo que queren vostedes é crear un imposto e que o pague a xente —iso si—, a xente do común,como vostedes adoitan chamar.

E tamén, por certo, durante a Lei de orzamentos, pero durante calquera debate que poidamosescoitar en xeral, temos que escoitar e aguantar dende o Grupo Popular que o Partido Popularde Galicia practica un modelo de política fiscal e tributaria regresiva, que lles baixa os im-postos aos máis ricos —segundo vostedes— e que polo tanto tamén son socialmente inxus-tos. Ou sexa, despois de aguantar todo o que temos que aguantar e de escoitarlles, un día sie outro tamén, esta matraca, presentan hoxe vostedes aquí un imposto que é a regresividadepor definición, porque o tería que pagar toda a cidadanía por igual, ou, o que é peor, recaeríasobre todo nas rendas medias ou baixas, que precisamente son as consumidoras principaisdeste tipo de produtos.

Entón, ¿en que quedamos? ¿O que fai o Partido Popular de Galicia de eliminar ou baixar im-postos é regresivo e o que queren vostedes de implantar novos impostos é progresivo? Eucreo que deberían revisar un pouco eses dous conceptos, porque non o teñen moi claro.

Pero, para poñerlles un exemplo, progresividade é o que fai a Xunta de Galicia cando baixao imposto do IRPF ás rendas menores e llelas sobe aos que máis recursos teñen, ou progre-sividade é subir o imposto do patrimonio en época de crise e agora mantelo a niveis inferio-res á crise. Ou progresividade tamén é eliminar impostos no rural e incentivar con deduciónsa natalidade, compra de vivendas, empresas de nova creación, etc. (Aplausos.) Iso si que éunha fiscalidade progresiva e algo moi diferente do que vostedes pretenden con este tributo,que recae integramente no consumidor final e que, polo tanto, afecta indiscriminadamentetoda a cidadanía en xeral.

E, xa para rematar, voume centrar máis no texto de lei que presentaron, no que estou poisbastante de acordo tamén coa señora Torregrosa e o señor Torrado, que dicían que era unhacopia literal do imposto aprobado en Cataluña, pero é un copia e pega literal do impostoaprobado en Cataluña no ano 2017; un imposto que, por certo, foi anulado polo Tribunal Su-perior de Xustiza catalán, pero precisamente por non estar ben deseñado e cunha tramita-ción deficiente, xa que non cumpría os trámites legalmente exixidos. Iso si, en espera desentenza final, a Facenda catalá aproveita para seguir recadando e blindou o imposto cunreal decreto o pasado ano 2019.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

97

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 98: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Pero, ben, volvamos ao texto que vostedes presentan. Rexistran vostedes este copia e pegaque está plagado de incoherencias e de puntos caóticos e bastante sorprendentes —por cha-malo dalgunha maneira—. Usan unha terminoloxía que non existe en materia de dereitotributario e fiscal. Falan de persoa impoñible, pasar o imposto ao consumidor, o substitutodo contribuínte, un tipo de fianza, un tipo de dereito fiscal...; é dicir, un argot totalmentenovidoso —por chamalo dalgunha maneira— e que nin sequera existe en materia fiscal. Édicir, non se entende absolutamente nada do que vostedes pretenden plantexar nesta pro-posición de lei, e esta é a mellor mostra da súa falta de rigor en materia fiscal e tributaria.

Agora ben, xa como remate final, eu pregaríalle un pouquiño máis de seriedade tamén nassúas próximas proposicións de lei, porque entendemos que se queiran parecer a Cataluña eque prefiran Cataluña antes que Galicia, pero copiar e pegar a lei catalá tal cal, traducila esen nin sequera botarlle unha ollada é unha falta de rigor, seriedade e sobre todo unha faltade respecto a Galicia. (Aplausos.)

Miren, vostedes simplemente puxeron o título: Proposición de lei de bebidas azucradas. Des-pois copiaron e pegaron a lei catalá e despois trasladárona ao rexistro da Cámara. É imposibleque leran o que vostedes presentaron; e, se o leron, entón poderíame contestar —como pre-guntaba a señora Torregrosa— por que no artigo 4, apartado 3.a), di exactamente, literal-mente: «Están suxeitos ao imposto os seguintes tipos de bebidas azucradas: os refrescosou os refrescos»; e non entendo a que se refire. Claro que despois imos á lei catalá e di:«están suxeitos ao imposto diferentes tipos de bebidas azucradas: os refrescos ou as sodas»;aí xa o entendemos máis claro. Eu recomendaríalle que polo menos utilice o tradutor daXunta de Galicia, que lle recoñecería a palabra «soda», xa que existe tamén en galego.(Aplausos.)

De todas maneiras, como punto final, vemos tamén que no artigo 11, e no último parágrafoda súa iniciativa que presenta neste despropósito de lei, despois de copiar e pegar a lei, ninsequera se dignaron a cambiar a palabra «Cataluña» por «Galicia». E así din vostedes tex-tualmente no artigo 11: «A xestión, recadación e inspección do imposto corresponde á Axen-cia Tributaria de Galicia, de acordo co establecido na Lei 7/2007, do 17 de xullo, da AxenciaTributaria de Cataluña». (Murmurios.) (Aplausos.) Punto número 1. (Aplausos.) E no últimoparágrafo din: «na aplicación do imposto a lexislación tributaria xeral aplicable en Cataluñae as normas complementarias que o desenvolven son complementarias». (Murmurios.) Édicir, con esta afirmación remiten vostedes a materia da xestión, recollida e inspección dalei á Xunta de Finanzas Catalá como órgano económico e administrativo competente e es-tablece a aplicación da lexislación tributaria en Cataluña ás súas normas na aplicación doimposto en Galicia. É que non sei se queren que paguen os galegos e que recade a axenciacatalá, (Murmurios.) é que non o entendo. (Aplausos.)

E remato xa cunha conclusión. Fronte á coherencia, rigorosidade e seriedade do Grupo Po-pular en todos os ámbitos, pero especialmente en materia fiscal e tributaria progresiva, vos-tedes presentan unha alternativa de incoherencia, despropósitos, falta de respecto e medidasfiscais e tributarias regresivas. Por todo isto, entenderá vostede que non podemos tomar enconsideración a súa desproposta de lei. E eu recomendaríalle que deixara de querer parecersetanto a Cataluña e que deixara de copiar tanto a Cataluña e aconséllolle que nos copie máis

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

98

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 99: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

un pouquiño ao Grupo Popular, que traballa con seriedade (Murmurios.) por e para os galegos.Non obstante, por algo o Partido Popular é o partido que máis se parece a Galicia.

Máis nada e moitas grazas. (Murmurios.) (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Fernández Macías.

Réplica do grupo autor da proposición de lei, señor Villares, Grupo Parlamentario Mixto.

O señor VILLARES NAVEIRA: Grazas, señor presidente.

Desde En Marea queremos agradecer as achegas que fan todos os grupos políticos, que de-mostran o claro interese que suscita esta proposición de lei. E quero agradecer ademais queas únicas críticas que haxa de fondo a esta proposición de lei sexan única e exclusivamentecon relación a erros materiais e non, polo tanto, a erros de formulación ideolóxica ou defondo sobre esta norma. E dicía Noa Presas, do BNG: ¿que perdemos se intentamos unhatramitación que redundará en beneficio da saúde pública? A resposta é que nada.

Miren, así e todo, con relación ás obxeccións que se fan neste momento no texto e sobre asúa idoneidade ou non á hora de seguir textos doutras comunidades autónomas, hai dousmatices que quería facer. En primeiro lugar, é que non é unha copia literal, porque fixemosunha redacción... (Murmurios.) que salva a Sentenza do Tribunal Constitucional 43/2019, nosartigos 51 a 68, que quedaban anulados como consecuencia da infracción de determinadasmaterias e contidos que non lles correspondían ás comunidades autónomas, de tal maneiraque esa parte do articulado non a verán vostedes nesta proposición de lei.

Por outra parte, con relación ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, na súa sentenzado mes de xullo de 2019, tamén tomamos boa nota para non incorrer nos erros polos calesse anulaba o regulamento, que era, entre outras cousas, por incluír con carácter regulamen-tario o que tiña que estar escollido con carácter de rango legal, algo que xa facemos taménna nosa proposición de lei.

Polo tanto, téñense en conta esas dúas sentenzas que son importante para establecer omarco normativo e constitucional no que se desenvolve este imposto. Agradezo enorme-mente que non houbera ningún tipo de obxección, nin constitucional, nin legal, nin regu-lamentaria, á forma na que se establece esta proposición de lei e que no único no que sefixen sexa na anécdota dun erro material.

Sobre a competencia de mercado, eu, que coñezo bastante a zona, vexo raro que os rapacese as rapazas de Ribadeo vaian correndo á Veiga buscar a lata de Coca-Cola; e, se van, nonhai ningún problema, porque as calorías que perden na viaxe xa as poden recuperar perfec-tamente con ese exceso azucrado. Polo tanto, ningún problema nese sentido.

E agradézolles, desde logo, tamén as achegas técnicas, adicións que se fan ao tema das be-bidas alcohólicas. E o tema ten que ver tamén con relación á fórmula escollida, e a fórmulaescollida con relación a outras comunidades ten que ver tamén co celo polo consenso. É dicir,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

99

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 100: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ás veces se pode escoller unha norma diferenciada, unha norma que conteña normas de má-ximos, pero moitas veces —e así o levamos facendo desde En Marea nos últimos tempos—búscanse fórmulas que poidan suscitar, se é que existe vontade política, o consenso, e, polotanto, renunciamos a determinadas formulacións que, non obstante, estamos abertos a elas,por suposto. E eu mesmo fun o que mencionou a cuestión das bebidas alcohólicas que teñantamén altas cantidades de azucre. E se fixeramos iso diríannos desde o Grupo Popular que,claro, como xa estaban gravados os alcohois, pois que non tiña ningún sentido ese tipo deimposto e, polo tanto, habería que votar en contra.

Con relación ao que sucede co lobby lácteo, porque todos os grupos políticos desta cámararecibimos a visita do lobby lácteo, que se reuniu con nós para que intentásemos frear estaproposición de lei, polo menos no que tiña que ver cos derivados lácteos, nós fomos moiclaros, e é que —e á parte así o deixamos claramente no artigo 4 establecido— quedabanfóra do imposto tanto os iogures como determinados lácteos. Agora ben —e así o recoñecíao propio lobby lácteo, supoñemos que, tamén como lles dixeron a vostedes, ao mellor condistinta intensidade, porque con nós, como eramos a forza propoñente, cargaba máis as tin-tas—, era que unha bebida láctea non era boa polo simple feito de ser láctea se tiña un con-tido de azucre que, por exemplo, rondaba os trinta gramos en trinta e tres centilitros. Polotanto, o que había que facer era unha regulación de contido de azucre inferior ás cantidadesrecomendadas pola OMS. E iso dicíao tamén o lobby lácteo, e estaban de acordo con nós.Entón, nós o que lles suxerimos era que fosen a un pacto de sector onde as bebidas de deri-vados lácteos tivesen unhas cantidades que fosen aceptables no azucre. E iso foi algo sobreo que dixeron que, ben, que o tiñan na cabeza pero que aínda non o tiñan materializado por-que, entre eles, tamén tiñan as súas discrepancias, discrepancias que tiñan que ver coa ar-ticulación tamén económica, por suposto.

Dixo, si, algunha cuestión a maiores a representante do Partido Popular sobre a competenciae o mercado, e sobre o incentivo e o desincentivo ao produto e o derivado cara a outros pro-dutos. En primeiro lugar, con relación á competencia no mercado, tamén está o céntimo sa-nitario, e polo feito de que teña carácter autonómico, como tamén significaba Xulio Torrado,iso non significa que o imposto non poida operar de forma efectiva. Nós, desde logo, des-cartamos seguramente esa emigración masiva a comprar produtos e bebidas azucradas fórada comunidade autónoma.

Con relación ao desvío —como dicía tamén a señora do Partido Popular— cara a outras be-bidas non abarcadas polo imposto, a Organización Mundial da Saúde está de acordo con iso.É dicir, non hai ningún problema en que derive o consumo cara a, por exemplo, zumes na-turais, porque o problema son os aditivos, neste caso azucrados.

Sobre a previsión recadatoria fai tamén unha crítica que non é xusta a representante do Par-tido Popular, e é que —vexamos— nos orzamentos de cada ano, efectivamente, noméase oimposto e o que se pode recadar.

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

O señor VILLARES NAVEIRA: —Remato xa—. Esta proposición de lei traíase precisamentecoa finalidade de que se puidesen debater todos os elementos do imposto para poder xusti-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

100

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 101: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ficar de onde se sacan esas cantidades. E por iso non é indiferente —e foi un dos motivos dediscusión aquí— se o tipo impositivo vai ser un ou vai ser outro, pero xa hai unha articula-ción concreta, algo que —como se dixo tamén aquí— se podería discutir con calma na po-nencia, de tal maneira que se considerásemos aceptable un 5, un 10 ou un 15 pois eses fosenos termos...

O señor PRESIDENTE: Grazas.

O señor VILLARES NAVEIRA: ...nos que se establecesen. Isto —e remato xa—...

O señor PRESIDENTE: Grazas.

O señor VILLARES NAVEIRA: ...non ten como finalidade —xa se dixo claramente—, non éunha cuestión impositiva de xustiza fiscal, é unha cuestión de política e de saúde pública, eesa é a finalidade principal do imposto: disuadir o consumo. Precisamente tamén —e falavostede das clases populares como as máis afectadas por esta medida—, efectivamente, es-tamos de acordo, pero no sentido contrario.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

O señor VILLARES NAVEIRA: A disuasión deste consumo leva como consecuencia a dimi-nución das enfermidades asociadas que tamén teñen un claro marcador...

O señor PRESIDENTE: Grazas. Terminou o seu tempo.

O señor VILLARES NAVEIRA: ...de clase, porque non todo o mundo ten o mesmo...

O señor PRESIDENTE: Grazas.

(O señor Villares Naveira pronuncia palabras que non se perciben.) (Aplausos.)

Grazas.

Votación da toma en consideración da proposición de lei

O señor PRESIDENTE: Rematado o debate, procedemos á votación.

Pechen as portas, por favor.

Votamos.

Votación da toma en consideración da Proposición de lei, do G. P. Mixto, de bebidas azucradas.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

101

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 102: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En consecuencia, queda rexeitada a toma en consideración desta proposición de lei.

O señor PRESIDENTE: Suspendemos a sesión ata as 16.30, catro e media.

Suspéndese a sesión ás tres e trece minutos da tarde e retómase ás catro e trinta e dous minutos datarde.

O señor PRESIDENTE: Boa tarde.

Reiniciamos a sesión co punto cuarto da orde do día, mocións.

Moción do G. P. Grupo Común da Esquerda sobre as actuacións que debe levar a cabo o Go-berno galego en materia de sanidade pública

O señor PRESIDENTE: Non se presentaron emendas.

Para formular a moción ten a palabra a señora Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

Substanciamos esta moción hoxe en relación coa interpelación que tivemos a pasada semanae que dá continuidade ao debate que estamos a ter nas últimas semanas sobre a situacióndos servizos sanitarios nas parroquias e nos concellos do rural. Un elemento que, como le-vamos dicindo en todas as intervencións, está atravesado polo concepto de equidade, queforma parte dos alicerces do Sistema nacional de saúde neste caso e da maioría dos sistemaspúblicos baseados na redistribución dalgunha maneira, na compensación dos elementos te-rritoriais, no acceso igualitario aos dereitos e, dende logo, aos sistemas que son de basetamén preventiva e baseados na propia promoción da saúde.

Neste caso queriamos traer nesta substanciación da interpelación da pasada semana unhaserie de elementos que para nós son claves á hora de abordar a situación complexa pola quepasa a sanidade pública nos concellos e nas parroquias do rural no noso país. Practicamentecase todas as semanas trasladamos cuestións relacionadas coa ausencia de persoal sanitarioá Comisión de Sanidade en diversos puntos da nosa xeografía, moitos deles no rural. Estandoinseridos neste momento nunha situación que máis alá desa ladaíña de que o problema noné só de Galicia —por suposto, hai problemas noutras comunidades autónomas—, é bastanteobvio que na nosa comunidade non se soubo abordar dende o principio e non houbo a pla-nificación axeitada.

As noticias son como esta, que é un exemplo —que podería haber moitos máis—, na que sefala de crise da sanidade no rural porque o Sergas non atopa médico substituto para A Pas-toriza neste caso. Son múltiples as ocasións dos diferentes concellos que en atención pri-maria están vendo incluso pechados os seus centros. Parece que estes días saía a noticia—nós imos discutilo na Comisión de Sanidade— desa situación que sufrían os veciños e asveciñas de Valeixe, na Cañiza, de que durante dous meses non tiveron aberto o seu centrode saúde —neste caso un consultorio— porque non se substituía ese profesional, e estes

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

102

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 103: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

veciños e veciñas soamente estaban sendo atendidas no punto de atención continuada. Unhasituación que para nós eu creo que soborda as continxencias que pode producir unha au-sencia non prevista e que a prolongación durante dous meses desa circunstancia violentadereitos básicos na asistencia sanitaria, como pode ser o acceso á atención primaria.

Pero durante toda esta mañá e na comparecencia do conselleiro de Sanidade estivemos adiscutir tamén o que ten que ver coa situación dos hospitais comarcais, e lonxe de todotriunfalismo, dese triunfalismo do que parece que está impregnada tamén a intervencióndo conselleiro. Desgraciadamente, hai tan só dous meses tamén, o Hospital do Barco de Val-deorras, por pór un exemplo, estaba a cancelar intervencións cirúrxicas por falla de cirur-xiáns; outras veces en Verían e noutros centros é por falla de anestesistas. É unha situaciónque se está normalizando e que está sendo xa estrutural nos concellos e nas parroquias dorural, tanto no que ten que ver coa atención primaria como no que ten que ver cos hospitaiscomarcais.

Para nós é un elemento de gravidade, porque —como explicamos— establece agravios com-parativos entre a poboación en función do lugar no que vivan; agravios que, ademais, se venaumentados por elementos que temos discutido noutras ocasións, como poden ser a ausenciaou a existencia de transporte sanitario urxente e programado. E temos falado da necesidadede incrementar os medios no transporte sanitario urxente de concellos que quedan moi lonxedos centros sanitarios e que, polo tanto, necesitan incrementar ese elemento.

Polo tanto, hoxe queriamos traer aquí esta cuestión, en primeiro lugar, cun primeiro punto,que eu creo que temos discutido en enésimas ocasións, que é que se leve a cabo unha cober-tura dos permisos, das baixas, das vacacións e das xubilacións, para que se poida manteresa calidade asistencial en todo momento. Ese é un elemento clave. E eu teño que reiteraraquí que hai categorías profesionais que non teñen problemas de número de profesionaisdispoñibles para traballar; non é en todas así desgraciadamente, pero hainas. E, sen em-bargo, o problema de non-cobertura dos permisos eu creo que é unha constante en todos osservizos, por unha orde de reducir o gasto que se deu dende o inicio da crise económica. Estapara nós sempre foi unha decisión política e non de índole económica, porque, evidente-mente, existe tamén a posibilidade de prevalecer o elemento de cobertura da sanidade sobreoutros elementos necesarios dentro da Xunta de Galicia.

Un plan de contratación no Servizo Galego de Saúde que finalice coa precariedade actual, quesirva para estabilizar, que concrete as ofertas públicas de emprego necesarias para todas ascategorías. Témolo discutido ata a saciedade, e non existe neste momento un elemento quefaga pensar que isto vai mudar. As OPE que saen son a contagotas e o que non se pode é —como vivimos nos últimos meses— utilizar a taxa de reposición neste momento como unelemento para agocharse, cando previamente o Partido Popular votaba en contra de reducirou de eliminar esa taxa de reposición. Algo que hai que lembrar cada vez que intervimos,porque eu creo que o xusto será defendela en todo momento e non só cando gobernan outros.Nós estamos a favor de que se elimine, pero estabamos, por suposto, a favor previamente.

Precisamos que se doten os hospitais comarcais dos medios humanos e materiais para man-ter os servizos actuais. E neste elemento quero determe para lembrar que cando debatemos

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

103

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 104: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

por primeira vez a ausencia dese pediatra, ese peche do paridoiro de Verín, propuxemos eli-minar toda a nosa proposta en favor de introducir un punto que o Partido Popular propuñaprecisamente no debate da Deputación de Ourense, que era que se mantivesen os servizos.Neste caso, o PP do Parlamento de Galicia decidiu contrariamente aos seus compañeirosvotar en contra da proposta do Partido Popular de Ourense. E hoxe volvémolo introduciraquí —por suposto, estamos dispostas a aceptar se se solicita unha votación por puntos—para que vostedes desta vez si poidan apoiar os seus compañeiros que solicitan que non seretiren servizos. E hai que lembrar aquí a redución do servizo que ten que ver no caso deVerín de Paliativos, os problemas en Medicina Interna, os problemas en Anestesia, etc.

Garantir por medio da normativa unha carteira mínima de servizos para todos os distritos sa-nitarios, independentemente da súa situación xeográfica. Aquí puxemos «distritos» porqueactualmente, aínda que nós consideramos que debe eliminarse en moitas das cousas a propiamodificación da Lei de saúde, neste momento é a demarcación que o Partido Popular decidiu,e entendemos que ten que haber uns servizos mínimos que se manteñan en todos eses dis-tritos. Eu creo que o temos discutido en moitas ocasións e dende todos os portavoces de Sa-nidade desta cámara somos absolutamente razoables nese sentido, pois hai algúns servizosque pola súa especificidade deben concentrarse en centros máis especializados. Pero ten quehaber unha carteira mínima para que non aconteza algo como o que acaba de acontecer coparidoiro de Verín, tanto para a atención primaria como para os hospitais comarcais.

É un elemento, eu creo que de xustiza, que debera estar garantido normativamente. Nós xanon pomos en que norma ten que ser; probablemente o máis propicio sexa incluílo na propiaLei de saúde. A realidade fai que ante a dispersión poboacional e o incremento dos problemasen relación con ese cambio demográfico que está a sufrir este país, ese abandono do rural eese incremento do número de habitantes en torno ás cidades, máis na liña costeira, creo quese fai imprescindible que este goberno garanta esa equidade, que está negando cando se re-ducen os servizos nos hospitais comarcais ou cando, desgraciadamente, se deciden pechar,como aconteceu co Hospital de Verín.

Que se garanta na Lei de impulso demográfico —nesta que está agora mesmo en tramita-ción— ese acceso aos servizos públicos en equidade para a poboación rural. Eu xa dixen naintervención no pasado pleno que acaba de entrar un texto na Cámara que nós consideramosque é absolutamente insuficiente e que para a nosa sorpresa, a verdade, é que non conta conningún só practicamente artigo en relación coa necesidade de garantir os servizos sanitariose coa vertebración territorial que producen servizos como poden ser a atención primaria noconxunto do país. Simplemente temos un artigo, que é o 77, en relación coa accesibilidadedos servizos públicos, que fala en termos xerais de que toda a cidadanía ten que ter o mesmoacceso á educación, sanidade, servizos sociais, pero, sen embargo, iso non se cumpre napráctica. E iso está absolutamente dentro do noso ordenamento xurídico, que é a equidade,pero vostedes desbotan a posibilidade de que existan artigos específicos con relación a comose van manter eses servizos sanitarios ou cales son eses servizos mínimos que se van manterpara que non existan problemas nos concellos e nas parroquias máis despoboadas.

E, finalmente, que se derrogue esa modificación da Lei de saúde que se levou a cabo nestalexislatura. Nós seguimos considerando que é tremendamente prexudicial para as áreas sa-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

104

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 105: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

nitarias, agora distritos, para eses hospitais comarcais e, dende logo, para a atención pri-maria. Cremos que hai que eliminala e sentarse outra vez a entender que debemos recuperartanto o que ten que ver coas xerencias de atención primaria, capacidade de decidir dentroda atención primaria, como, por suposto, as xerencias deses hospitais comarcais. E aquí ad-virto de que non se trata dun incremento de cadros directivos dentro da Consellería de Sa-nidade, senón dunha reordenación de servizos que permita autonomía ás áreas sanitarias,ás antigas áreas sanitarias, e, por suposto, á atención primaria.

Cremos —remato xa— que é un compendio de medidas —por suposto, seguramente podehaber moitas máis— que deben de facernos iniciar un traballo de debate sobre a situaciónda sanidade pública nos concellos e nas parroquias rurais. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Grupo Parlamentario Mixto, señor Villares.

O señor VILLARES NAVEIRA: Boas tardes, señorías, señor presidente.

Desde En Marea imos apoiar a moción presentada polo Grupo Común da Esquerda porquenos parece que vai na liña da máis elemental xustiza territorial desde o punto de vista sa-nitario e desde o punto de vista da solidariedade do conxunto da sociedade. A necesidade daequidade no acceso ao sistema sanitario e, polo tanto, ás condicións homólogas de acceso áprestación, non soamente nunha zona do país, senón en todas, de forma equitativa é algoesencial.

O outro día, con ocasión do debate de totalidade na Lei de ordenación do territorio de Galicia,nós denunciabamos como a propia planificación do territorio que se facía alí non estaba benestruturada na medida en que non se establecían os criterios con carácter xerárquico quedebían dar lugar ao despregamento de toda a eficacia que tiñan as Directrices de ordenacióndo territorio e, posteriormente, os distintos plans. A iso non era allea a idea que agora seproxecta sobre o ámbito sanitario dunha necesaria cobertura cunha dotación infraestruturalde recursos para poder atender adecuadamente toda a poboación en todo o territorio. É dicir,así se planifica o territorio de forma integral, e despois sectorialmente, como aquí se propóntamén nun dos apartados da moción, concretamente con relación á modificación da Lei desaúde de Galicia que se aprobou en 2018.

Comezando pola cuestión de carácter dos recursos humanos, do persoal, é evidente que nonse pode garantir o exercicio dos dereitos do funcionariado á custa dos dereitos dos pacientes,que iso é o que se leva facendo aquí nos últimos anos. É dicir, hai unha garantía legal depermisos, baixas, vacacións e xubilación de persoal, pero a cobertura deses dereitos non tenun correlativo, que é a cobertura desa situación, para que a cidadanía non se resinta dosexercicios dos dereitos por parte do persoal sanitario. De tal maneira que ao non facerse,incluso ás veces parece que se quere enfrontar o exercicio do dereito funcionarial e do persoalsanitario co exercicio dos dereitos dos cidadáns. Ese é un falso dilema, un falso debate, por-que realmente o que estamos é ante o incumprimento por parte da Administración sanitariapara estender a cobertura de forma equitativa a todo o ano.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

105

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 106: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A idea dun plan de contratación inmediato, que dá lugar á estabilización do persoal, é algodo que levamos padecendo particularmente esta lexislatura. A precarización progresiva dascondicións laborais dá lugar a movementos migratorios, e os profesionais ou as profesionaissanitarias saen do país porque a Xunta de Galicia non establece un marco de contrataciónestable, que palíe esta situación. Algo que debería producirse, particularmente porque hainecesidades que son de carácter estrutural e que non son de carácter conxuntural.

Despois, en relación cos recursos efectivos da prestación sanitaria, faise referencia á dotacióndos hospitais comarcais de recursos humanos e materiais necesarios. Diso falamos dabondoesta mañá. Creo que a forma de asumir o tema por parte da Xunta de Galicia está sendo ca-tastrófica. E un exemplo vémolo cando esta mesma semana vemos que para cubrir o servizode Pediatría de Verín se produce como consecuencia do desabastecemento no caso do servizode Pediatría de Cee, na Costa da Morte.

Polo tanto, vemos que ante a carencia estrutural de recursos, a carencia estrutural de profe-sionais, o que estamos facendo é parchear, vestindo un santo, desvestindo outro. Isto nonpode suceder, porque as necesidades asistenciais non están decaendo, son cada vez maiores.

Non se está atendendo convenientemente tampouco outro fenómeno, que é o da progresivacronificación do uso do sistema sanitario como consecuencia tamén do envellecemento dapoboación, que dá lugar a que nominalmente coa mesma poboación teñamos maior demandaasistencial precisamente polo aumento, entre outras cousas, da media de idade.

A carteira dos servizos que faltan en moitos hospitais comarcais foi anunciada esta mañá.Incluso en sitios ben coñecidos como Verín había problemas en Dermatoloxía, Trauma,Reuma, etc. E vimos no Barco como a xustiza tivo que corrixir os desmáns da administraciónpública, que botou man da ilegalidade para establecer un servizo que era absolutamente pre-cario. Para aforrar catro euros deron lugar a un sistema que era inxusto e inequitativo, taméncos propios profesionais, o cal finalmente foi anulado por parte da xustiza. No Barco de Val-deorras tamén a perda dun terzo de especialistas e de persoal de enfermería dá lugar a quesexan atendidas non suficientemente as necesidades estruturais que ten esta comarca. E asípoderiamos seguir por todas as do país.

Finalmente, queremos sinalar —que tamén o propuxemos nós e, polo tanto, queremosapoialo explicitamente— a derrogación da modificación da Lei de saúde levada a cabo nestalexislatura precisamente co obxecto de redimensionar as áreas sanitarias, recuperar as áreassanitarias en toda a súa configuración inicial; é dicir, con capacidade de xestión, con auto-nomía, con orzamento, con capacidade de planificar sobre o territorio, o que, ademais, tencomo efecto positivo achegar a saúde á cidadanía. E non facelo ao revés, que sexa a cidadaníaa que teña que facer longos desprazamentos para asistir ou ben á atención primaria ou bená atención especializada, como está sucedendo cada vez con máis frecuencia na atencióncomarcal do sistema sanitario.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

106

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 107: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, señora Prado.

A señora PRADO CORES: Os elementos desta moción que trae hoxe aquí o Grupo Común daEsquerda a debate teñen sido obxecto de tratamento en múltiples ocasións, como non podeser doutro xeito, porque son as preocupacións continuas e constantes que xiran arredor dasituación da sanidade pública.

A situación do persoal ten sido obxecto de preocupación e ocupación en múltiples iniciativasque trouxemos tamén aquí o BNG a este parlamento: ofertas públicas de emprego insuficientes,taxas de reposición, dereitos recortados, acordos suspendidos e nunca restituídos, precariedade.E estes once anos de goberno do Partido Popular supuxeron un retroceso nas condicións labo-rais e perdas de dereitos e precarización do persoal. Unha política de costas viradas aos profe-sionais, de ouvidos xordos, de prepotencia, de ordeno e mando, de imposición.

E por moito que intenten negalo e teña a ousadía o presidente da Xunta no anterior plenode dicir sen avermellarse que hai dous mil e pico profesionais máis na sanidade pública deGaliza que no ano 2009, eu supoño que esa taxa de reposición que agora insistentementepiden que se elimine non debeu existir. Porque se existiu e xa só se puido repoñer o un porcento, o dez por cento dos efectivos pedidos, e durante 2010-2015 de cada dez só se repuxoo un, e a partir de aí no ano seguinte só se repoñen os perdidos desde ese momento, vivimosnun mundo paralelo. Iso demandamos que se solucione, pero non existiu. Habería que terun pouquiño de pudor á hora de emitir determinadas afirmacións. Porque, claro, contas soncontas, e vostedes contan contos.

Un sistema sanitario, polo tanto, infradotado de persoal, cunha parte importante do que tenen situación de precariedade. ¿E cal é o tema? Que non é unha situación nova, non é unha si-tuación sobrevida, non é unha situación de última hora, senón que estaban advertidos, eransabedores e tiñan os seus propios informes. Eu teño que volver repetir: Plan de ordenaciónde recursos humanos do Sergas do ano 2010, onde advertían de cal ía ser a pauta de xubila-cións no Sergas, e que era necesario implementar medidas porque ía haber un déficit de pro-fesionais. Están aí as advertencias das asociacións de Pediatría de cal ía ser a situación.

¿Por que estamos neste momento? Porque se quixo estar, porque se quixo chegar a esta situa-ción de que non haxa profesionais suficientes para poder dicir: é que non hai, non hai, non hai,claro. Fixemos todo o posible para que non os houbera, fixérono vostedes, Partido Popular.

E o persoal leva feito moitísimos esforzos e sacrificios para paliar a situación. Dicía aquíagora o deputado do Grupo Mixto que non se poden garantir os dereitos da cidadanía á custados dereitos profesionais. Sería ata un mal menor se con eses sacrificios profesionais esti-vesen garantidos os dereitos da cidadanía, pero nin unha cousa nin a outra. Infelizmente,porque é imposible con menos facer máis, e é imposible con moito menos persoal atenderen iguais condicións a poboación.

Polo tanto, imos apoiar esta iniciativa na parte que toca ao persoal, porque lonxe de atendere tomar nota de cal é a situación, acordos incumpridos co dos PAC, que chegan a uns acordosque non cumpren, servizos de Urxencias dos hospitais en situación permanente de satura-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

107

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 108: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ción. E, claro, facendo o mesmo e non atendendo as demandas é imposible solucionar aspeticións.

Igual que na parte referida aos hospitais comarcais, evidentemente. Debatémolo ao longoda mañá. As EOXI e a modificación da Lei de saúde ían na dirección de minusvalorar, deconverter en apéndices os hospitais comarcais.

Esa é a folla de ruta e é o que están conseguindo. Só están paralizando na medida en que apoboación está sendo consciente, e estanse están levantando e non llo van permitir. Non llovan permitir e quedou claro, e vai ser máis que evidente. (Aplausos.)

Igual que na cuestión da derrogación da Lei de saúde, que vai nesa dirección, non soamentepolos hospitais comarcais, senón por toda a carga que iso leva implícito.

E todo isto necesita unha rectificación e un cambio de modelo noutra dirección, que non sesoluciona simplemente con parecer que agora toman nota. Porque o Partido Popular nonestá tomando nota, simplemente está intentando desmobilizar unha sociedade e os profe-sionais cada vez máis mobilizados, porque estamos en pura e dura campaña electoral. Comonon teñen intención de rectificar, imos ter que obrigalos a facelo.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

Grupo Parlamentario Socialista, señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, presidente.

Dende o noso grupo apoiaremos a moción que se presenta, pois vai na liña do que os gruposda oposición vimos demandando dende hai tempo, polo menos nesta lexislatura completa.É un debate onde hai unhas cuestións xenéricas ou cuestións estruturais do sistema que sedebaten e, polo tanto, creo que están notoriamente faladas habitualmente aquí. Con todo,dende o noso punto de vista imos intentar incorporar algunhas cousas ao debate. Como diríao inigualable José Luis Cuerda: imos intentar facernos os intelectuais, que non temos nadaque perder. (Aplausos.)

O problema do sistema sanitario está en dúas claves:

Unha está na cuestión de persoal. Temos un problema de déficit de persoal, notorio, evi-denciado, plasmado por todos os colectivos que coñecen o sistema e incluso— xa vou facerunha broma— polos que non o coñecemos tamén, tamén o dicimos. Ademais de todo iso, arealidade desmonta cada un dos argumentos que pretende defender que temos un sistemaben dotado en persoal.

Así mesmo, temos un problema de precariedade en moito do persoal que existe. A pesardas cifras que se pretenden trasladar nos debates deste parlamento por parte do señor

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

108

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 109: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Núñez Feijóo ou da Consellería, a realidade é teimuda e os datos evidencian mediante osorzamentos incluso que temos un déficit de persoal e que hai moitísimas prazas de persoalocupadas de maneira eventual. Dino, por sermos máis sucintos, os xulgados. Non por deixarde repetilo deixa de ser grave: contratación fraudulenta e torticeira, como din as sentenzasxudiciais.

E, ademais, temos un problema de planificación. É un problema dende certo punto de vista,porque a planificación é evidentemente intencionada por parte do Goberno, que ten ese mo-delo sanitario que está implementando. Pero nós cremos que non é o modelo. Este modeloconcentra servizos en dúas vertentes: en primeiro lugar, concentra dentro do propio sistema,ao baleirar a atención primaria para dotar de máis recursos a atención hospitalaria e, en se-gundo lugar, ten unha concentración xeográfica, ao perder capacidade nos contornos máisrurais, nomeadamente tamén no que corresponde aos centros hospitalarios nos que son co-marcais, en favor dos hospitalarios das grandes cidades.

Este problema o que vén elevar é que temos algúns índices macro da sanidade que se auto-compensan, pero perdemos capacidade de atención global. Por iso temos unha Galicia enrealidade de dúas velocidades. Este problema é dobre porque nos dous sentidos desta con-centración trae problemas. En primeiro lugar, temos unha gran perda de servizos nos hos-pitais comarcais, a pesar do intento de comparecencia de hoxe para conseguir esas sete notasde prensa que a Consellería xa circulou. E a partir de aí temos un problema en atención, por-que os cidadáns que teñen como hospital de referencia un hospital comarcal teñen hoxemenos facilidade de acceso a moitos servizos do que tiñan antes. E os profesionais que osatenden non son sempre os mesmos, non teñen o mesmo servizo e teñen que dedicar o seuesforzo moitas veces a desprazarse aos hospitais das grandes cidades.

E iso procura aquí un debate no que o Partido Popular repite habitualmente que blinda oshospitais comarcais; blinda coma se fose unha caixa de aforros. É imposible blindar os hos-pitais. O que hai que blindar é o persoal, porque podemos ter infraestruturas sen persoal oupersoal sen infraestruturas. Os dous son problemas. Aínda que se temos persoal con déficitde infraestruturas, atenderemos regular, pero se temos infraestruturas con déficit de per-soal, atenderemos mal. E ese é un problema que nós cremos que hai que resolver, e temosprobablemente ese problema. Os comarcais teñen unha dotación de infraestruturas con al-gunhas debilidades, pero, sobre todo, o que teñen é un problema de persoal.

En canto á atención primaria, nós hoxe traemos unha moción fronte á interpelación do plenopasado sobre a atención primaria. Polo tanto, centraremos niso a nosa seguinte intervención.Pero si cremos que a atención primaria necesita ter ese volume de relevancia que non tenata o de agora no sistema.

Estamos —xa todos o coñecemos— cunha poboación envellecida, dispersa e que necesitaunha atención de proximidade. ¿Que temos fronte a iso? Temos un sistema cada vez conmenos capacidade, profesionais que teñen menor capacidade de solicitude de probas diag-nósticas, profesionais que teñen menores capacitacións desenvolvidas no sistema. E temosa imposibilidade de atender correctamente os cidadáns deste país cunha calidade asistencialmínima en atención primaria.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

109

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 110: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

¿Cal é o problema a partir diso? Saturamos hospitais, o problema é que saturamos os PAC,o problema é que se dispara o número de ingresos hospitalarios cando se pode, porque ásveces existen plantas pechadas.

E temos un sistema ineficiente. E ser ineficientes no deseño do sistema fainos ineficientesna xestión. Entón, temos un problema de modelo.

O que estamos vendo é que, ao final, temos un problema no sentido de que o Goberno é in-capaz de asumir nin unha soa crítica, porque —valla para a reflexión, e acabo xa— cítenmeunha soa ocasión en toda esta lexislatura onde o Goberno asumiu que se puido equivocarnalgún plantexamento, sexa grande ou pequeno, e que a oposición non fixo en ningún casoalgunha aportación positiva. Probablemente ningunha.

E é moi difícil nun sistema como o sanitario asumir que se acerta sempre, porque, normal-mente, cando alguén cre que acerta sempre estase equivocando bastante.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

O señor PRESIDENTE: Grupo Parlamentario Popular, señora Amigo.

A señora AMIGO DÍAZ: Boas tardes.

Moitas grazas, presidente.

É necesario recordar unha vez máis na sede parlamentaria, porque parece que moitas dassúas señorías aínda teñen dúbidas, que para o Goberno do Partido Popular da Xunta deGalicia os servizos públicos nos que se basea o Estado de benestar da nosa Comunidadeson unha clara prioridade, porque é público e notorio, e así queda reflectido nos orzamen-tos —e máis concretamente no que concirne a sanidade—, que ano a ano medran e me-lloran os seus investimentos, e concretamente os últimos supoñen máis do corenta e unpor cento do orzamento da Xunta de Galicia.

O Servizo Galego de Saúde conta con trinta e oito mil traballadores, 1.544 profesionais máisdo que hai dez anos. Escoitamos o conselleiro de Sanidade tanto na súa interpelación do úl-timo pleno como no pleno desta mañá, que veu comparecer.

Eu non vou repetir aquí todas as melloras logradas nos últimos anos, pero só quero dicirque hai máis e mellores infraestruturas, mellor e máis avanzada tecnoloxía, ofertas públicasde emprego anuais, incremento do número de médicos en formación, ampliouse a idade dexubilación e incrementáronse as prazas de médico de familia.

É verdade —tamén hai que dicilo— que somos a envexa de moitos servizos de saúde, tantonacionais como mesmo do estranxeiro. Só teñen que preguntarlles, se queren saber comofunciona a sanidade pública en Galicia, aos enfermos que son usuarios da sanidade pública,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

110

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 111: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

aos que están enfermos, aos que van ao médico, aos que están nos hospitais, soamente unhaenquisa, non a propósito dun caso en conxunto. Teñen que escoitar e teñen que ler máis.

Pódese mellorar sempre. É algo ao que nós non podemos nin debemos renunciar. Por iso, oSergas foi quen de analizar e detectar que eran precisos cambios, e conxuntamente con ex-pertos chegou a acordos con sociedades científicas, colexios médicos e sindicatos. Así, asi-nouse o Plan galego de atención primaria 2019-2021. E o 98,8 por cento das accións a curtoprazo comprometidas polo Sergas están xa finalizadas ou en marcha.

Vostedes, señores da oposición, levan anos mentindo e tratando de confundir sempre comesmo mantra. As críticas constantes que fan á sanidade pública non son máis que unhaescusa para tratar de desprestixiar un goberno que traballa e que avanza no benestar daspersoas que viven na nosa comunidade autónoma.

Esa mensaxe de desmantelamento da sanidade pública e dos hospitais comarcais contrastacoa realidade, que é teimuda e demostra día a día e ano tras ano que non se corresponde coarealidade. Señor Torrado, infórmese, contraste a información e pense o que di. Temos máise mellores servizos, e os profesionais da sanidade pública nunca tiveron tantas probas diag-nósticas e tanta capacidade de diagnosticar como agora.

A Lei de saúde, que vostedes votaron en contra, representa unha blindaxe para os hospitaiscomarcais ao crear os distritos sanitarios, o que permite gañar en equidade e proporcionaservizos complexos nestes centros, evita desprazamentos dos pacientes e achega a atenciónaos seus lugares de residencia.

Se falamos de listas de espera —pois vostedes critican tamén os datos que dá o Goberno ga-lego; supoño que se fiarán dos que dá o Ministerio de Sanidade, xa que agora están todos nomesmo cesto, son socios de goberno—, pois nos últimos datos publicados polo Ministeriode Sanidade, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con mellores datos. Vostedes isto nono recoñecen; non, isto non interesa.

Señora Solla, o Goberno do Partido Popular aposta pola estabilidade e as melloras. Déixemesuxerirlle, agora que son socios do Goberno do Estado, que sume a súa enerxía e os seus es-forzos á reivindicación do Goberno galego de que nos paguen o que nos deben. Sexan serios,abandonen o catastrofismo e veñan á realidade.

Señora Prado, vostede falaba da taxa de reposición. Vostede recordará que no ano 2017 vo-tamos a favor dunha moción que presentou o seu partido aquí nesta mesma sede (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) Si, no ano 2017, gobernaba o señor Rajoy en Madrid; fagamemoria. Agora vostedes, que tamén teñen alí un do seu partido que apoiou o Goberno deSánchez sexan áxiles e melloren esa taxa de reposición.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Míguez.

Grupo autor da moción, señora Solla.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

111

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 112: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

En primeiro lugar, quérolles agradecer o apoio aos diferentes grupos da oposición. A verdadeé que levamos xa moitos anos nesta lexislatura tratando cuestións por separado dos dife-rentes centros de saúde e hospitais comarcais, das carencias que están a ter. E, por suposto,queriamos hoxe traer aquí un debate que fose completo.

Desgraciadamente, dende o Partido Popular pídesenos seriedade e mesturan as carenciasdos servizos do rural coa devolución do IVE. Eu creo que merecía un pouco máis de prepa-ración este debate e un pouco máis de atención por parte do Grupo Popular. Porque parécemeque a situación que ten o rural, pase o que pase nas vindeiras autonómicas, merece unhaplanificación eu creo que relevante.

Despois de dez anos de amortizar prazas, porque está ben que agora mesmo falen de ampliaras idades de xubilación, cando houbo incluso xubilacións forzosas dentro do sistema sani-tario público, agora mesmo atopámonos con dificultades para dar cobertura a algunhas es-pecialidades.

A xestión foi un desastre, e ben farían en vir aquí e asumir as cousas que non fixeron ben.Por suposto, estamos seguras de que vostedes consideran que fixeron moitas cousas ben.Pero mellor lles iría se comezasen a asumir que fixeron cousas bastante mal, e comezásemosa buscar entre todas e todos solucións para eses elementos. Porque, se non, o que vai acon-tecer é que volverá unha campaña electoral na que vostedes se encherán de prometer centrosde saúde, melloras nos hospitais comarcais, melloras nas ambulancias, no transporte sani-tario e nas diferentes comarcas. E a realidade é que despois non hai nada. A realidade é quenunha lexislatura —xa non falo nin sequera das anteriores— perdemos persoal a mansalva.

E por máis que intenten trasladar aquí o contrario, non é certo. Esta mañá, creo que foi oportavoz do Partido Popular o que falaba do informe do Consello de Contas. Está ben quelembremos ese informe, porque ese informe fala de que soamente o sesenta e dous por centodo persoal ten praza en propiedade, e que se reduciron interanualmente en cincocentos oi-tenta e dous o número de persoal propietario. É dicir, increméntase a precariedade laboral,que neste momento a temporalidade está nun corenta por cento nos hospitais e nun vinte eoito por cento na primaria. Hai menos persoal, hai máis temporalidade, non se substitúe,redúcense servizos.

E temos un problema que é grave en todo o país, pero que, ademais, no rural produce unelemento, que é a falta de equidade no acceso a un elemento que é básico: a sanidade pública.E aí deberiamos sentarnos a falar do que se vai facer. Porque, por desgraza, nunha lexislaturaenteira —xa ao principio desta lexislatura, incluso na anterior—, todas as veces, ata que xanon estaban vostedes no goberno, que propuxemos medidas, mellores, peores, os distintosgrupos da oposición, para atacar a situación que tiñamos coa Pediatría, votaron en contra,sen argumentar que vostedes foran ter algunhas mellores.

Sucede o mesmo en atención primaria. E sucede o mesmo —e remato xa— coa taxa de re-posición.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

112

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 113: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O que non vale é, ao final da lexislatura e cando xa non gobernan no Goberno central, botarbalóns fóra e vir aquí dicir que o fixeron moi ben, pero que a culpa é de que non hai profe-sionais sanitarios. A realidade é que cada vez que propuxemos unha iniciativa a votaron encontra. Vese que a vostedes pouco lles importa a sanidade no rural. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas terminais

O señor PRESIDENTE: A esta moción presentouse unha emenda do Grupo Parlamentario doBloque Nacionalista Galego.

(O G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da súa deputada Montserrat Prado Cores, aoabeiro do disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinteemenda a esta moción.

Emenda de modificación.

Débense substituír os puntos 4, 5 e 6 da moción polo seguinte texto:

“Apoiar as iniciativas, tanto de modificación do punto 4 do articulo 143 do Código Penal para quequeden exentos de responsabilidades os que de maneira indirecta ou cooperando axuden a morrerde maneira segura, pacífica, sen dor a unha persoa que o pida de xeito expreso, libre e inequívoco,como da lexislación que regule a súa aplicación.”)

O señor PRESIDENTE: Para formular a moción ten a palabra a señora Vilán.

A señora VILÁN LORENZO: Grazas, presidente.

Boa tarde a todos e a todas.

Pese ao que acaba de dicir o presidente, non falamos de persoas enfermas terminais; logoconcretaremos.

Eu quero comezar a miña intervención saudando as persoas representantes da asociaciónDereito a Morrer Dignamente en Galicia. Elas saben ben que non estamos a falar de persoasenfermas terminais, senón doutra cousa. E quero resaltar aquí e reivindicar que dende o mesde febreiro do ano pasado levan pedindo unha reunión co conselleiro de Sanidade, e aíndanon lles deu resposta ninguén. Como non hai ninguén do Goberno, estaría ben que alguénlles poida contestar. Hoxe o conselleiro non está, está en Madrid, pero estaría ben que alguéndo Goberno se puidese poñer en contacto con vostedes, ou alguén do Grupo Popular, candomenos para poder ter esa reunión.

Eu quero comezar lendo as frases gloriosas do doutro día do conselleiro de Sanidade, porquecreo que é imprescindible salientalas, máis que nada porque implica a mestura de moral e

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

113

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 114: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

política, moral propia e política, na que nós cremos que non debe caer nunca un bo político,e moito menos un conselleiro. O conselleiro de Sanidade dixo que era un erro, un gran errofalar de eutanasia, que non era un debate social, e que non é admisible que a eutanasia sexaa solución. Esas foron as súas verbas, que estarían ben nun representante dunha confesiónrelixiosa, pero mal nun conselleiro dun goberno democrático, como é o Goberno galego.

Esta moción de hoxe ten dúas partes ben definidas e claras: a primeira é relativa precisa-mente a ese título que se nos deu por parte dos Servizos Xurídicos da Cámara á nosa mocióne á nosa interpelación, e refírese ás persoas enfermas terminais que precisan de coidadospaliativos. Hai unha lei do ano 2015 en Galicia, non relativa á morte digna, iso é outra cousa...

O señor PRESIDENTE: Perdoe un momento, señora Vilán.

Non está permitido na tribuna, creo que xa foron advertidas; polo tanto, pídolles que cola-boren coa presidencia.

Grazas.

A señora VILÁN LORENZO: Grazas, presidente.

...pois non é de morte digna o que recolle esta lei do ano 2015.

O que pedimos na nosa moción —son sete puntos— é que queremos que se nos conte algodesta lei de coidados paliativos, xa que o conselleiro o outro día foi do único que nos falou,de nada máis, intentando confundir os coidados paliativos co dereito á eutanasia, que sondúas cousas diferentes. Queremos que se nos comunique por escrito a través dun informesobre o cumprimento e a difusión en Galicia desta lei, que se nos remita aos grupos parla-mentarios, que o conselleiro veña aquí e dea conta no pleno do informe; tamén sobre queactuacións vén desenvolvendo a Consellería de Sanidade sobre a difusión da lei entre a ci-dadanía, entre os profesionais, e tamén que se nos comunique algo sobre como está a pro-mover, se é que o está a facer a Consellería de Sanidade, entre a poboación en xeral odocumento de instrucións previas.

Queremos, ademais, que a lei teña un regulamento. Como é habitual neste goberno, nin-gunha das leis que se aproban —poucas, por certo, nesta lexislatura; poucas nestes caseonce anos de goberno—, ningunha ten un regulamento de desenvolvemento. Si traballamosos grupos parlamentarios, polo que se ve, porque os proxectos de lei veñen aquí e acabamossacándoos adiante, pero non hai regulamentos de desenvolvemento destas leis. Hai casecinco anos que se aprobou a lei do ano 2015, e non hai un regulamento que a desenvolva.Queremos, ademais, que se faga cun procedemento aberto e participativo a toda a cidadaníapara desenvolvela.

Esta lei do ano 2015 fala de persoas enfermas terminais, e nin sequera de todas as persoas en-fermas terminais. Eu non sei se vostedes, os deputados e as deputadas que estaban na anteriorlexislatura, seguro que se lembran —as persoas que están ao día nos medios de comunicacióntamén— da nena que se chamaba Andrea Lago. Andrea Lago era unha nena que viviu ata os

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

114

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 115: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

doce anos e que sufría unha enfermidade terminal. Andrea Lago morreu despois da entrada envigor da lei do ano 2015. Os seus pais pedían para ela coidados paliativos, precisamente ampa-rados nesta lei do ano 2015. Non conseguían que lles desen a razón e, ao final, tiveron que ir aoxulgado a lle pedir que deixase morrer á súa filla, algo moi triste e moi doloroso para o pai e anai de Andrea Lago. Conseguírono despois de que, efectivamente, se chegase a un acordo noxulgado, baixo o amparo da Lei do ano 2015, pero de entrada non voluntariamente, tal e comodi a lei, non se lles concedía. Non serviu para moito, aparentemente, a Lei do ano 2015. Ben, sinos serviu para que se cesase a conselleira de Sanidade e se nomease o novo conselleiro, porquefoi inmediato o cesamento da anterior conselleira de Sanidade.

Nada sabemos, como dixen antes, da aplicación desta lei. O que si sabemos é que nalgúnssitios non hai rexistro, polo que esas persoas enfermas terminais poden decidir sobre as op-cións e sobre o coidado e tratamento en situacións nas que xa non son quen de poder ex-presalas de maneira persoal. Ese rexistro, por exemplo, non existe na Delegación do Sergasde Lugo, e sabémolo non de maneira oficial, pero si oficiosamente. Queremos sabelo de ma-neira oficial.

E iso que o outro día o conselleiro nos dicía que esta lei fala dos dereitos dos pacientes. Inclusodixo que a relación médico-paciente —esa que eu, e supoño que a señora Rodríguez Barreira,nunca poderemos chegar a entender, porque non somos persoas do ámbito sanitario, comome dixo a min o conselleiro— non funciona con escritos. Estaría ben que llo tivese dito alguéndo Goberno ao pai e á nai da nena Andrea Lago no seu momento, que tiveron que facer moitosescritos, e incluso escritos que chegaron ao xulgado, onde lles deron a razón.

A segunda parte desta moción non fala de persoas enfermas terminais, fala do dereito á eu-tanasia, fala de persoas que de maneira consciente, meditada, libre e voluntaria, que sofrenunha enfermidade que lles provoca padecementos que non teñen ningún tipo de alivio, de-ciden que queren morrer. Iso é o dereito á eutanasia, que son cousas distintas, e que na mo-ción se diferencian claramente.

Nós queremos que a eutanasia sexa legal. Sabemos que o Parlamento de Galicia non tencompetencia para regular o dereito á eutanasia, porque afecta un dereito fundamental comoé a vida e que ten que ser regulado no Congreso dos Deputados e no Senado. De feito, haiunha proposición de lei —ensineina o outro día (A señora Vilán Lorenzo mostra un docu-mento.)—, que é do Grupo Parlamentario Socialista, que se está a tramitar, que vai ser a pri-meira proposición de lei que se debata no Congreso dos Deputados. Pois o que queremos éque, cando sexa legal o dereito á eutanasia en España, este goberno sexa leal, actúe con leal-dade, e colabore activamente para a aplicación desa lei estatal na nosa Comunidade Autó-noma. Queremos que se activen xa os mecanismos para prever a aplicación desa norma nosistema público de saúde, que non pase como pasou con Andrea Lago no ano 2015. Queremosque se dote dos medios profesionais e materiais necesarios, necesarios tamén ao Sistema desaúde galego, para poder facer compatibles o dereito á eutanasia e o dereito das persoas tra-balladoras do sistema sanitario á obxección de conciencia.

E queremos tamén que se recoñeza que o debate da eutanasia é un debate lexítimo, lexítimo,non é un erro, é un debate lexítimo. A regulación da eutanasia é un debate lexítimo, e a súa

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

115

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 116: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

despenalización tamén. Con garantías, evidentemente, garantías xurídicas que dá o amparodunha proposición de lei, cumprindo a vontade das persoas e protexendo o dereito funda-mental á dignidade, que é do que estamos a falar. A eutanasia é o dereito a elixir unha boamorte e, polo tanto, é o dereito a ser unha persoa digna ata o final da miña vida. Diso é doque falamos.

Será un novo dereito civil, non son coidados paliativos, non se refire ás persoas enfermasterminais, non confundamos, deslindemos as dúas cuestións, e é preciso que estea no sis-tema público de saúde, salvagardando sempre o dereito fundamental tamén á obxección deconciencia dos médicos e das médicas.

Nós queremos que vostedes non boicoteen a lei cando se aprobe, queremos que sexan leais—volvo dicilo—, leais cun debate que está na rúa, e por moito que o outro día o conselleirodixese que eran elucubracións dos grupos da oposición.

Tampouco buscamos ningún titular. O único que buscamos é que nunca máis os titulares daeutanasia sexan protagonizados como por persoas como Ramón Sampedro. Non queremosque ningún novo Ramón Sampedro sexa protagonista de ningún titular novo en ningún dia-rio de Galicia.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Vilán.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, señora Prado.

A señora PRADO CORES: Moi boa tarde.

Boa tarde ás persoas que nos acompañan de novo dende a tribuna da asociación Dereito aMorrer Dignamente.

Cando no ano 2015 se aprobaba aquí neste parlamento a Lei de dereitos e garantías da dig-nidade das persoas enfermas terminais, da que eu, en nome do BNG, era ponente, diciamosque nos parabenizabamos porque era un avance respecto da situación precedente, en quenon había ningunha lexislación a respecto desta cuestión, mais non era a lei que tería apro-bado e impulsado o BNG de ter a capacidade de facelo. Criamos que era un avance, mais quehabía que seguir avanzando en medidas lexislativas que deixaran de penalizar as persoasque non teñen outra forma aceptable de vivir o sufrimento que deixar de vivir.

Fixemos —e así o declaramos todos os grupos presentes neste parlamento a aquela altura—un exercicio de autocontención, toda vez que había cuestións que dende o principio quedaraclaro que non se ían abordar, e o tema da eutanasia non se ía abordar porque non habíaacordo a respecto desta situación.

Fixemos a regulación dunha morte digna, que viña sendo demandada por persoas enfermas,mais tamén por moitos profesionais que viñan facendo unha praxe médica axeitada, maisque non tiñan unha normativa legal que os amparara ou protexera.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

116

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 117: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Demandamos dende o BNG que esta lei non podía contemplar a obxección de conciencia, easí chegamos ao acordo entre todos os grupos de que non estaba contemplada a obxecciónde conciencia, o cal nos parece un tema pois moi importante.

E tamén faciamos fincapé no BNG, nas emendas que presentamos durante o proceso de tra-mitación, en que era necesario avaliar o cumprimento desta lei. Presentaramos unha emendade que era necesario que no prazo dun ano se realizara un estudo sobre o nivel de cumpri-mento, sobre o nivel de implantación desta lexislación, que non foi aceptada polo grupomaioritario, polo Partido Popular. Tamén presentabamos emendas no sentido de que no sis-tema sanitario público tiñan que implementarse as cantidades e as dotacións de unidadesde coidados paliativos, de equipos, para garantir esta asistencia sanitaria. Tampouco se tivoen conta esta cuestión.

Falaba aquí a propoñente desta proposición non de lei do caso de Andrea, dunha nena, maiso grave desa situación é que a lei si contemplaba que se podía actuar e se debería de ter ac-tuado, como non se fixo. Neste caso non era un problema de que non houbera marco lexis-lativo, era un problema de vontade de quen se consideraba no dereito de facer a lectura quelle parecía dese marco lexislativo, que logo, evidentemente, a Comisión de Bioética e demaisdesmentían esa posición. Porque, incluso habendo marcos normativos, logo se está moitasveces ao albur das cuestións persoais de quen ten que efectivizar eses dereitos.

Demandabamos que tiña que ir esta lei acompañada de estratexias multidisciplinares quefavoreceran a aplicación desta cuestión, que é unha parte do que demanda hoxe nesta pro-posición non de lei o Grupo Socialista, e no que estamos de acordo, porque estivemos deacordo dende o seu momento, en que nos parece fundamental. Non vale de nada un marconormativo se logo non se implementa, se logo non se garanten os dereitos que nel se reco-llen. É evidente que é así.

Mais nunha segunda parte desta proposición que presenta o Partido Socialista, en concretonos puntos 4, 5 e 6, a verdade é que se nos pide un exercicio de fe cega en como vai quedarun texto lexislativo presentado polo Partido Socialista no Congreso dos Deputados, que aíndanon iniciou o seu trámite parlamentario; un texto lexislativo que xa na anterior lexislaturaquedou sen aprobar, ou sen rechazar, é dicir, sen a súa tramitación final, ao igual que outrasiniciativas que foron presentadas na mesma dirección.

Dende logo, no pleno pasado, cando se tratou unha proposición non de lei do Grupo Mixtoa respecto da modificación do Código penal, nós advertimos que agardabamos que máis cedoque pronto o Congreso lexislara esta cuestión no referente á Lei da eutanasia. Agora dendeo BNG imos ser prudentes e imos agardar a ver como queda ese texto lexislativo para ver serealmente queda nos termos que cremos no BNG que debe ir; imos agardar a ver como quedaesa lei para posicionarnos ao respecto. Por iso presentamos unha emenda onde pedimossubstituír eses puntos 4, 5 e 6, que demandan a este parlamento ir facendo actuacións re-feridas á implementación dunha lei que aínda non iniciou o seu trámite. Insistimos: paré-cenos máis de fe cega, de como vai quedar, e no BNG somos máis de ver os resultados, e oque pedimos é substituír eses puntos 4, 5 e 6, que falan dun futurible, por apoiar as inicia-tivas tanto de modificación do punto 4 do artigo 143, que pide a despenalización e a modi-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

117

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 118: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ficación do Código penal para que queden exentos de responsabilidades os que de maneiraindirecta ou cooperando axuden a morrer de maneira segura, pacífica e sen dor ás persoasque o pidan de xeito expreso, libre e inequívoco, como prestar o apoio á lexislación que regulea aplicación desa Lei de eutanasia.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora PRADO CORES: E o noso inequívoco apoio a esa modificación, ao dereito das per-soas a decidir como e cando morrer, ás persoas a ser donas da súa vida e da súa morte.(Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

Grupo Parlamentario Mixto, señor Villares.

O señor VILLARES NAVEIRA: Grazas, señor presidente.

Quería saudar, en primeiro lugar, os representantes da asociación DMD, asociación que,como saben, cumpre un meritísimo papel, non soamente á hora de trasladar debates sociaissobre o dereito a un final de vida digno, senón que ademais acompaña moitas familias notranso final da vida e no sufrimento dos seus seres queridos, guiándoas na mellor das op-cións na procura dese final de vida digno, que, como estivemos debatendo a semana pasada,co muro de insensibilidade do Partido Popular, e a pesar diso, vimos que era un dereito fun-damental que tiña que estenderse xa dunha vez por todas.

A semana pasada, señores e señoras da maioría popular, nós perdemos unha votación, perovostedes perderon un debate. Iso téñano moi presente. Están moi por detrás do que a socie-dade civil e tamén do que os seus propios votantes e as súas propias votantes demandan.Así que váianse actualizando.

Ben, con relación a esta moción, que dúbida cabe que a imos apoiar en todos os seus termos,non en van a semana pasada nós mesmos trouxemos a debate aquí unha proposición de leisobre a despenalización da eutanasia. Polo tanto, abranguendo o ámbito penal, que era opresuposto previo —e así o explicamos xa no seu momento—, para despois levar a cabotoda unha regulación positiva de carácter administrativo-sanitario que regulase o exercicioefectivo no aspecto sanitario, no aspecto técnico, do que nós entendiamos que debería sereste dereito fundamental a un final de vida digno. Polo tanto, vaia por diante tamén o nosoapoio.

En canto ao desenvolvemento da lei de 2015, á que se fai referencia no apartado primeiro,da Lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, o texto apro-bado no ano 2015 —levámolo debatido bastantes veces xa durante esta lexislatura— é untexto que é tan bo como ineficaz, na medida en que está falto de desenvolvemento legalmediante os correspondentes regulamentos, e sobre todo —e quero incidir nisto— sobre asúa falta de dotación económica para que o que alí se declara sexa un verdadeiro dereitoreal e efectivo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

118

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 119: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Por esa razón, quería referirme agora neste momento tamén á proposta de mellora na di-mensión económica desta lei que se fixo desde o Grupo Parlamentario de En Marea con oca-sión dos orzamentos do ano 2020. Concretamente, como saben, na emenda cruzada senefectos devolutivos, baixo a epígrafe «Mellora das condicións do dereito a un final de vidadigno», este grupo, o Grupo Parlamentario de En Marea, e unha vez tamén ademais com-prometido coa asociación Dereito a Morrer Dignamente, fixo unha serie de propostas deemenda para que fosen incorporadas aos orzamentos de 2020 por máis de tres millóns deeuros; en primeiro lugar, con cargo a un programa de información e sensibilización sobre odocumento de instrucións previas, para que a poboación en xeral e a poboación que se for-mule este tipo de debates, ou ante a hipótese de enfrontarse a un determinado proceso vital,cirúrxico ou sanitario, ou das características que sexan, saiba con que dereitos conta e quedereitos a asisten. Para iso previamos 525.000 euros para esa campaña específica. ¿Que fixoo Partido Popular? Votar en contra.

Solicitamos o incremento de recursos de hospitalización a domicilio para a atención de per-soas en coidados paliativos, que era tamén un dos contornos que establecía esta lei. Paraisto previamos unha dotación adicional sobre os orzamentos da Xunta dun millón de euros.¿Que fixo o Partido Popular? Votar en contra.

Pedimos tamén a garantía de intimidade na fase terminal —que se recolle tamén na lei—mediante a nova habilitación de espazos hospitalarios individuais reservados a doentes eaos seus acompañantes, algo que recolle a lei pero que moitas veces non se fai efectivo porfalta de espazos, o cal requiriría modificacións, incluso nos plans directores vixentes aosque esta mañá se referiu o propio conselleiro de Sanidade. Para isto previamos unha dotaciónadicional dun millón de euros. ¿Que fixo o Partido Popular? Votar en contra.

E, finalmente, tamén reclamamos formación multidisciplinar sobre o dereito a un final devida digno dende a perspectiva ética, médica e psicosocial, porque é necesaria a sensibiliza-ción de profesionais, é necesaria a sensibilización de persoal educativo, é necesaria unhaformación de carácter transversal sobre esta situación. Para isto previamos nun ambiciosoplan, tamén comprometido co desenvolvemento da propia lei e de conformidade coa aso-ciación DMD, unha proposta de incremento orzamentario de 501.000 euros. ¿Que fixo o Par-tido Popular? Votar en contra.

Polo tanto, malia o que se dixo a semana pasada e se volverá dicir aquí do respecto e do bo-nita que é a lei do ano 2015, a realidade é que non hai un compromiso real e efectivo coa ga-rantía efectiva deses dereitos. Porque para que eses dereitos sexan realidade é necesario queteñan unha dimensión económica, é dicir, é necesario que existan medios para podela facercumprir. E iso non existe, sinxelamente porque o Partido Popular, unha vez máis, votou encontra, en contra de ampliar uns dereitos a un final de vida digno que a ninguén prexudicane, pola contra, aliviarían moitísima dor e moitísimo sufrimento a moitas persoas e ás súasfamilias.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

119

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 120: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Visítannos hoxe os alumnos de 2º de bacharelato do Instituto Miguel Ángel González Esté-vez, de Vilagarcía. Dámoslles a benvida ao Parlamento e tamén aos seus profesores e acom-pañantes.

E agora si, ten a palabra, polo Grupo Común da Esquerda, a señora Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

Benvidas as visitas que hoxe están aquí da asociación, e tamén, por suposto, ao alumnado.

Nós imos apoiar, evidentemente, esta moción. E, ademais, eu creo que hai elementos quefan necesario que se aprobe eu creo por hixiene democrática, pola necesidade de dar debatesobre ampliar os dereitos fundamentais que teñen os cidadáns no conxunto do país. No pa-sado pleno negouse aquí —e eu lamento que fora así, é unha realidade— que o 80 % dosespañois e das españolas, neste caso —e, por suposto, tamén no que ten que ver coas galegase galegos—, están a favor da regulación da eutanasia. Seguramente podemos ter diferenzasen como debe ser esa regulación. O contido da lei debera darse nun debate no marco dunhaponencia, por suposto que si. Pero a realidade é que cando falamos dun 80 % da poboaciónestamos falando tamén dunha porcentaxe de persoas de dereitas, dunha porcentaxe de per-soas incluso votantes do Partido Popular. E, polo tanto, creo que, en troques de darlle ascostas, se debería aceptar a necesidade de comezar a regular este dereito, con independenciade que na súa regulación estou segura de que imos ter diferenzas en como debe darse esaregulación.

No que ten que ver coa primeira parte da iniciativa, por suposto, nós estamos de acordo. Exa expresamos no anterior debate no pasado pleno que nós nos temos interesado pola cues-tión, non só porque traballaramos dentro desa ponencia. E eu teño que manifestar que,cando se tramitou a Lei de dereitos das persoas enfermas terminais, conseguimos eliminara obxección de conciencia. E no caso das sedacións paliativas, elementos que eran como bá-sicos dentro da sanidade pública, que se conseguiron unha serie de dereitos como era habi-tacións individuais, dereitos que desgraciadamente a día de hoxe non se están a cumprir eque teñen motivado que nos interesaramos polo cumprimento da lei en diversas ocasiónstanto por escrito como de xeito oral, sobre todo porque profesionais teñen denunciado nal-gunhas ocasións diferenzas nos coidados paliativos entre as urbes e o rural. Falamos da hos-pitalización a domicilio, pero eu creo que deberiamos falar en moitas máis ocasións taménda atención primaria, da asistencia a domicilio na atención primaria e da relación que teñencos coidados das persoas en situación terminal ou que necesitan coidados paliativos taménno seu domicilio.

Pero, indo á segunda parte da moción, que fai referencia á necesidade de regular a eutanasia,eu —se me permite a propoñente— estiven revisando tamén o texto da comparecencia ooutro día na interpelación do conselleiro de Sanidade, porque na propia intervención duranteo pleno a min parecíanme incribles algunhas cousas que estabamos escoitando aquí, e eucreo que ademais falta de sensibilidade cara á situación que teñen moitas persoas, chegar atrasladar que o que hai que facer é buscar cura para as enfermidades —de feito, téñoo ano-tado aquí, trasladou que un máximo defensor da eutanasia, un doutor que citou, morreu por

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

120

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 121: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

un hepatocarcinoma derivado da hepatite C— e que o que había que buscar era a curación.Creo que é ausencia absoluta de sensibilidade e de entender que a situación da que estamosfalando é dunha situación de irreversibilidade da situación de saúde que ten esa persoa noámbito físico ou psíquico. E, polo tanto, non estamos falando do que hai que facer en materiade investigación —que, por suposto, hai que facelo—, senón que estamos falando da situa-ción concreta que ten unha persoa que non vai ter unha melloría do seu estado de saúde,que en todo caso pode empeorar ou quedar como está e que, polo tanto, lle xera un sufri-mento. E neste punto hai que lembrar que, efectivamente, a vida é un dereito superior queten que protexer a Administración —por suposto que si—, pero a vida non é unha obriga enon pode obrigarse a vivir a unha persoa en condicións penosas. Polo tanto, eu creo que isoé o que queremos regular.

Dixéronse nesa intervención cousas tan groseiras como que se insinuou que se ía eutanasiarpersoas que tiñan boa situación de vida porque non se puidera coidalas. El dicía que as per-soas maiores podían pedir unha eutanasia porque mirasen a súa filla moi cansada —algoasí dixo na intervención—. Creo que esa é unha barbaridade tan grande e unha falta de sen-sibilidade tan grande que debería de estar lonxe dun debate parlamentario e, dende logo, daopinión que pode ter un conselleiro de Sanidade sobre o dereito á eutanasia. Por suposto,cadaquén pode ter a súa sensibilidade ética e moral, pero eu creo que ten que estar lonxe daregulación dun dereito fundamental. Precisamos, polo tanto, que se aprobe unha lei orgá-nica. E nós, aínda que seguramente teremos diferenzas nesa propia tramitación, témolodentro do acordo de goberno, pero nós tamén a través de Unidas Podemos-En Común pre-sentamos algunhas proposicións de lei previas. Cremos que paga a pena aceptar que ten quedarse un debate dentro dunha ponencia no que o que se dirima sexa como regulamos o de-reito e non o propio dereito en si, que xa a sociedade o ten máis que asumido. E, polo tanto,dentro das cámaras lexislativas —remato xa— debería asumirse e non ir por detrás da so-ciedade. É dicir, o dereito eu creo que está aceptado e o que temos é que ver como é ese tra-ballo para que ese dereito se garanta, se garanta dentro da atención pública e dende logo sefaga con calidade, e se faga eliminando ese grao de sufrimento que teñen as persoas e asfamilias das persoas nunha situación que é irreversible e que se pode eu creo que evitar sese toman medidas axeitas dende os poderes públicos. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Grupo Parlamentario Popular, señora Rodríguez Barreira.

A señora RODRÍGUEZ BARREIRA: Grazas, señor presidente.

Boa tarde, señorías.

Saudamos as persoas que nos acompañan hoxe na tribuna, pormenorizadamente os repre-sentantes da asociación Dereito a unha Morte Digna, que, por certo, señora Vilán, foron re-cibidos polo Grupo Parlamentario Popular e escoitadas as súas demandas.

Mire, nós imos apoiar os tres primeiros puntos da súa proposta, porque son puntos queteñen que ver coa Lei galega de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas ter-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

121

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 122: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

minais, unha magnífica lei que aprobamos —como xa temos dito— por unanimidade, coconsenso de todos os grupos, e que está servindo para dar resposta ás necesidades dos en-fermos terminais e das súas familias no proceso final da súa vida. Porque ningunha persoadebe sufrir nin padecer no momento de morrer, por iso apoiaremos eses puntos.

Aproveito para facerlle unha precisión, dende o respecto e o recoñecemento á familia de An-drea Lago, señora Vilán, para pedir un pouco de rigor, porque, salvo erro por parte desta de-putada que lles fala, creo que a nena faleceu o 9 de outubro de 2015. A Lei galega 5/2015publicouse no Boletín Oficial do Estado o 23 de setembro de 2015 e entrou en vigor o 25 de ou-tubro de 2015; por tanto, non se lle puideron aplicar os recursos que esta lei poñía á dispo-sición porque esta lei non estaba en vigor. E esa é a grandeza desta lei, señorías.Probablemente aquel sufrimento non se tivera que ter padecido por esta familia se esta lei,como está agora, estivera en vigor entón. (Aplausos.)

Dito isto, nós coincidimos absolutamente en todas as melloras na aplicación e no cumpri-mento desta lei e, por tanto, apoiaremos que se faga un informe sobre o cumprimento e adifusión da lei; tamén, que se compareza, eu creo que mellor no Parlamento que no pleno,para dar conta deste informe; e, por suposto, tamén coincidimos en que debe ser desenvol-vida regulamentariamente.

Efectivamente, señorías, nós cremos que non só temos que pensar nas persoas que se atopanno momento final da súa vida. Debemos ter moi presentes tamén todas esas persoas quesofren unha grave enfermidade, crónica, incurable, invalidante, que se prolonga no tempo,que condiciona a súa vida e a das súas familias. E debemos telas presentes para recoñecer ovalor co que cada día afrontan as súas dificultades, ás veces enormes dificultades. E teñá-molas presentes para aportarlles solucións, verdadeiras solucións.

Hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas para mellorar o res-piro familiar; hai poucos días, as axudas para mellorar e poñer en marcha as casas do maior.Seguro que podemos facer moito máis, seguro que se dispuxeramos dos recursos que o Es-tado nos ten que aportar en cuestión de dependencia poderiamos facer moito máis, ¡fagá-molo, señorías!, pero non lle restemos valor ao esforzo desas persoas con enormeslimitacións e ás súas familias, que con moito esforzo cada día non perden a esperanza e queloitan para seguir adiante. E, sobre todo, falemos delas cada día para apoialas, para axudalas,pero non para darlles como única solución a morte.

E por iso, señoría —vostede, que pide lealdade—, témoslle que dicir que, así como imosapoiar os tres primeiros puntos, non imos apoiar os catro puntos restantes da súa moción.Porque o que piden é a lealdade —dicía vostede— para a aplicación da lexislación estatal quese aprobe. Mire, non sabemos o que se vai aprobar, señoría, señora Vilán, non o saben ninvostedes. Seguramente aprobarase o que lle impoñan os seus socios. Pero, miren, vostedessometeranse pois seguramente ao que diga o Partido Socialista en Madrid ou mesmo ao quediga Podemos en Madrid, sexa o que sexa, aproben o que aproben, pero a nós o que nos gus-taría é que nos dixeran cal é o posicionamento do Partido Socialista. ¿Que posicionamentotemos que atender? ¿O do Partido Socialista do ano 2017, que rexeitaba a Lei de eutanasia dePodemos, ou o do Partido Socialista do ano 2020, que trae unha lei que é unha copia practi-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

122

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 123: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

camente igual á Lei da eutanasia de Podemos? Porque voulle dicir o que dicía o seu portavozno debate sobre aquela Lei de eutanasia de Podemos: «caía nos erros cometidos por paísescomo Suíza, Holanda ou Bélxica, e presentaba deficiencias e fallas de garantías». Señorías,pois unha réplica daquela lei é a que vostedes traen agora ao Congreso dos Deputados.

Miren, ¿vostedes teñen lido a proposición de lei, a súa proposición de lei, señorías? Pregún-tolle á bancada do Grupo Socialista. ¿Sabe vostede, señor Villares, que para outorgar un tes-tamento fai falta un fedatario público pero para pedir a morte, segundo esta lei, é suficienteunha petición firmada polo propio paciente ou por unha terceira persoa, no caso de que digaque o enfermo non está en condicións de firmar, ante un profesional sanitario, nin sequeraante o médico responsable? ¿Saben vostedes que no caso dos incapaces de feito que teñanunha enfermidade grave e incurable que teñan outorgado un documento de instrucións pre-vias —e o documento de instrucións previas pódese outorgar ante tres testemuñas— nesecaso outra persoa pode presentar a solicitude de axuda para morrer sen máis requisitos?¿Saben vostedes, señorías, que na proposición de lei do ano 2018, a do Partido Socialista, fi-guraba que a petición de axuda non podía ser resultado dunha presión externa e esa exi-xencia foi retirada nesta lei de 2020, señora Vilán? ¿Saben vostedes que esta lei exixe uncontrol previo para comprobar que se dan os requisitos e os procedementos da eutanasiapero que se pode prescindir dese control cando exista caso de morte ou incapacidade inmi-nente? Pero, ¡oia!, se a morte é inminente, ¿para que lle imos aplicar a eutanasia a unhapersoa? ¿E como comprobamos, despois de practicada a eutanasia, que efectivamente amorte era inminente e que se podía prescindir dese control previo dos requisitos? (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) Non, non, claro, señora Noela, lea a lei, porque o tema éque non a teñen lido, non a leron. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) ¡Claro! Mire,isto anula calquera garantía.

¿Saben vostedes que a lei prevé unha verificación posterior á práctica da eutanasia para verse se fixo conforme os requisitos e os procedementos que establece a lei? Pois miren, a súaproposición de lei do ano 2018, como a de Podemos...,

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

A señora RODRÍGUEZ BARREIRA: ...contemplaba que, se dous terzos da comisión de ava-liación consideraban que non se cumprían eses requisitos, había que comunicalo á Fiscalía.Retirárono desta proposición de lei, señorías. Na proposición de lei do ano 2020, se non secumpren os requisitos despois de producida a eutanasia, non hai que ir á Fiscalía, hai quepoñelo en comunicación da dirección do centro sanitario que fixo a eutanasia e que inves-tigue, señorías. Pero miren, ¿que garantía é esta? Vostedes, con esta falta de garantías quepercibimos nesta proposición de lei, convértense en paradigma daquela definición irónicada política que dicía que era a arte de buscar problemas, a arte de encontralos, de diagnos-ticalos incorrectamente e de aplicarlles remedios equivocados.

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Rodríguez Barreira. Terminou o seu tempo.

A señora RODRÍGUEZ BARREIRA: E miren, señorías —e xa remato, presidente—, compren-demos e debemos dar solución a aquelas persoas que non queren vivir, pero temos que dar-lles garantías a aquelas persoas que non queren morrer.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

123

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 124: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Rodríguez.

Grupo autor da moción, señora Vilán.

A señora VILÁN LORENZO: Grazas, presidente.

Eu pensei que o límite da insensibilidade e o retroceso na evolución (Murmurios.) escoitámoloo outro día cando o conselleiro de Sanidade interveu e contestou á nosa interpelación, perovexo que é algo xenérico e que vostedes parecen máis os representantes da Conferencia Epis-copal que realmente do Grupo Parlamentario Popular, sinceramente. (Aplausos.)

Eu tamén saúdo os alumnos e as alumnas do instituto de Vilagarcía de Arousa, porque seguroque eles e elas teñen debatido algunha vez sobre o dereito á eutanasia e seguro que nalgúnmomento chegaron a conclusións moi semellantes ás do CIS e ás desa enquisa de Metros-copia aceptando que cada un pode decidir a súa morte cando queira porque está padecendouns sufrimentos incurables. E polos seus movementos de cabeza creo que, efectivamente,están moito máis adiante do que están as persoas que se sentan nesta bancada do GrupoParlamentario Popular. (Aplausos.)

Non só é unha cuestión de sensibilidade, é unha cuestión de evolución humana e social.Cando un quere votar a favor de novos dereitos é valente e cando un non quere votar a favorde novos dereitos tamén ten que ser valente, e vostedes non o son. Primeiro, non lles imosdeixar votar por puntos, non elixen vostedes votar por puntos, (Murmurios.) porque os pro-pietarios desta moción somos o Grupo Parlamentario Socialista, non son vostedes, e nonlles imos deixar. ¿Saben por que? Porque vostedes no seu día, cando se debateu a lei do ano2015, non quixeron introducir a posibilidade de ter que vir aquí falar a través dun informeda lei e agora din que si e queren rectificar esa posibilidade. E, ademais, porque vostedeslevan case cinco anos sen desenvolver unha lei do ano 2015, e agora dinnos que si, que a vandesenvolver. Non nos tomen o pelo, non nos vacilen, sexan valentes e digan que vostedesrealmente non están de acordo en votar a favor dun novo dereito civil a favor das persoas —ese é o seu problema—, porque choca coa súa moral e coa súa ética persoal, que a poñen porriba dos dereitos das persoas. Esta lei será a que sexa no Congreso dos Deputados. ¿Ou é quevostedes só deciden aplicar en Galicia aquelas leis que son conformes coa súa ideoloxía ecoa súa moral? As que non son, non. É que é o que pasa precisamente coa Lei do aborto, queaquí non se aplica, porque vostedes poñen por riba a súa moral e a súa ideoloxía. Iso chá-mase... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)

O señor PRESIDENTE: Silencio.

A señora VILÁN LORENZO: Polo visto, as trolas da oposición e a minoría. (Murmurios.) Poisgustaríame que as persoas que están aí arriba puidesen falar porque seguro que non é así.

Iso chámase... (Murmurios.)

O señor PRESIDENTE: ¡Silencio!

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

124

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 125: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora VILÁN LORENZO: …un insulto a todas esas persoas que non teñen a capacidade dedecidir cando sofren e non poden ser aliviadas cando queren morrer. Isto non vai...

O señor PRESIDENTE: ¿Sobre a emenda?

A señora VILÁN LORENZO: —E remato xa—.

Isto non vai...

O señor PRESIDENTE: Sobre a emenda, sobre a emenda.

A señora VILÁN LORENZO: Sobre a emenda non a imos aceptar, porque cremos que se in-clúe no último punto e porque ademais non coincide exactamente, non é cuestión de eximirde responsabilidade, é cuestión de que nin sequera sexa punible, que son cousas moi dife-rentes.

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Vilán.

A señora VILÁN LORENZO: Isto non vai de respiros familiares, vai dun novo dereito civilque vostedes queren negar.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas.

Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncoa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia

O señor PRESIDENTE: Presentouse unha emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Nacio-nalista Galego.

(O G. P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa da deputada Montserrat Prado Cores, aoabeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda a esta moción, doc. núm.62916 [10/MOC-000179].

Emenda de substitución:

Substituír o punto número 1 polo seguinte texto:

“Rematar os traballos das 15 Comisións Técnicas, formadas por máis de 200 persoas dos diferentescolectivos que conforman a Atención Primaria, e publicar de inmediato as conclusións das mesmaspara proceder á elaboración do Plan Galego de Atención Primaria.”)

O señor PRESIDENTE: Para formular a moción, ten a palabra o señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, presidente.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

125

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 126: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Aínda chego a tempo de despedir os meus compatriotas, eu son do Castro Alobre pero... (Pro-núncianse palabras que non se perciben.) Compatriotas tamén, cada un... A patria cada un a tenonde quere, iso é unha cousa persoal. É unha patria pequena, pero é bonita, Vilagarcía é unsitio bonito. Está vostede convidado a vir cando queira. Eu son do Castro Alobre, somos asíun pouco…, pero está sempre gustoso que veñan. Miguel Ángel González Estévez —permí-tame que llo recoñeza—, unha persoa referente no Partido Popular de Vilagarcía, grandísimapersoa que se despediu da vida moi pronto lamentablemente, foi profesor nese instituto emagnífica persoa; a verdade é que hai que recoñecelo e, nese sentido, é un bo momento parafacelo.

Falamos de atención primaria. Hoxe os de sanidade temos debate a miúdo. O problema é euque hoxe teño que falar tanto que ata parezo un deputado do BNG, que teño que participarmoito nestes debates, (Murmurios.) pero eu estou encantado. A verdade é que ás veces... (Pro-núncianse palabras que non se perciben.) Non, non... Non se rían, eu dicíao porque traballanmoito máis que vostedes, tamén o dicía por iso, ¡eh! Máis que nós seguro, pero ¡home!tamén... (Aplausos.) E máis que nós tamén. (O señor Puy Fraga pronuncia palabras que non seperciben.) Ben, a ratio de traballo por persoa é maior, deixémolo aí, está ben; é unha boa co-rrección, señor Puy, está ben. En conxunto todos facemos un número de intervencións, éigual, chegamos a ese consenso, señor Puy. (Murmurios.)

Polo tanto, neste sentido non é nunca nada ingrato falar de sanidade, aínda que a verdade éque ultimamente é un pouco máis tensionante, porque temos notoriamente posicións cadavez máis contraditorias. E entro agora —perdoen as brincadeiras— nunha cuestión máispuntual ou máis centrada no tema.

A interpelación da semana pasada, da que puidemos dar pé despois a esta moción, preten-diámola focalizar —e así o fixemos— sobre unha análise que a propia consellería encargoua unha consultoría de expertos sobre o sistema de saúde, o sistema público de saúde espe-cialmente, e con expertos de referencia, que, en colaboración con algúns expertos do sistemagalego que decidiu a consellería, fixo unha análise completa, bastante profunda, do sistemae que nós traiamos a debate porque criamos que era un punto de partida bastante útil. Dis-crepamos nalgunha cuestión puntual, como é normal, pero cremos que é un punto de partidabastante útil. É o que deu lugar a este documento, que vostedes coñecen, e infrutuosamenteesa interpelación deu a unha resposta do conselleiro que nos falou doutra cousa.

E entendemos a confusión, porque, ante os problemas de atención primaria constantes, estaconsellería encargou este documento de análise e este plan de análise aos expertos, perotamén é certo que constituíu 547 comisións conxuntas de persoeiros distintos do eido sani-tario. Pero é certo que, antes diso, dicía que estaba implantando xa un plan de atención pri-maria e é certo que antes diso dixo que estaba cunha estratexia de mellora da atenciónprimaria. E digamos que ao final, entre tanta estratexia e tanto plan, non saben moi ben,cando lles preguntan sobre algo, que responder, ou, o que é máis natural, si que o saben,pero non queren responder das cousas que se lles preguntan. Porque este documento, estaanálise de expertos é unha bofetada á política sanitaria do Partido Popular. Nós preguntamossobre un traballo, contestaron sobre outro e dicindo, como non podía ser doutra maneira,que xa se estaba facendo todo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

126

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 127: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Ben, as reaccións do Partido Popular a partir das críticas que fan os colectivos profesionais,usuarios, conxunto de traballadores, tamén os partidos políticos —aínda que a eses nosdeostan bastante— pois foi ese mexunxe de resolucións ou solucións que non chegaron aningún lado e que basicamente se resumen nunha cuestión que lles trasladaron aos colec-tivos de profesionais sanitarios. Non se trata de repetir por enésima vez o que hai que facer,trátase de facelo. Aínda que poderán seguir vostedes atopando a maneira de volver explicarque é o que hai que facer co sistema, trátase de facelo, e despois de once anos aínda ninguénfixo nada sobre isto.

Deron algunhas respostas baseándose no mesmo criterio de sempre: titulares, fotos, pro-paganda, publicidade. Algúns deles foron moi interesantes. Eu a finais de decembro e xaneiroencontrei nos diarios galegos —vostedes non o atoparon, seguro— este documento e es-toutro, (O señor Torrado Quintela mostra uns documentos.) un bo investimento en publicidadesanitaria. Permítanme dicir que moita planificación non existiu porque ¡home!, ten casemáis faltas de ortografía que parágrafos ten. Incluso hai palabras mal escritas que inter-cambian letras, creo que os escribiron dunha tandada soa, e non vou facer moita broma,pero permítanme que dubide de que existan catorce hospitais públicos en Galicia. A ver sesomos capaces de contalos, catorce hospitais públicos. Dígoo porque vostedes anuncian quehai catorce hospitais públicos, segundo a súa conta, e, segundo o que din aquí habitualmente,debería de haber máis. A ver se vai ser que aquí din unha cousa e logo os feitos din outra.Catorce hospitais públicos, despois poderemos contalos se queren.

Pero, a partir disto nós o que plantexamos é: ben, está ben facer un folleto, no que din, porcerto, que vostedes habilitan as prazas de MIR; despois de tanto tempo criticando o Gobernoporque non lles habilitaban prazas de MIR extraordinarias, agora resulta que as solicitaranvostedes. Está moi ben. Hoxe dixo o conselleiro pola mañá: levamos un ano demandandoque se incrementaran as prazas de pediatría. E díxoo ben, levan un ano. ¿Sabe o problema?É que nos sete anteriores non o fixeron, e aí está o problema. ¿E sabe cal é a diferenza? Quenos sete anteriores non o fixeron e non se aumentaron, e neste pedírono e o Goberno de Es-paña convocou o maior MIR da historia, tamén o maior MIR da historia de Galicia, e o maiorMIR en prazas de pediatría para Galicia, e o maior número de prazas MIR de medicina defamilia e comunitaria para Galicia. Pero imos ser sensatos. Se vostedes querían criticar queo Goberno non as convocaba, cando as convocou, asuman que foi o Goberno de España. Po-demos chegar a un acordo sobre quen as convocou, pero o importante é que están aí grazasa ese goberno que vostedes critican tanto.

Nós traemos unha proposta baseada fundamentalmente no que di este documento. A semanapasada lemos varias cuestións do documento, non imos lelas todas, pero é importante facerunha reflexión sobre cal é o diagnóstico que fan os expertos, que din que existen importanteslistas de espera, exceso de consultas en atención primaria, hai unha indefinición nas car-teiras de servizos dos profesionais, elevada presión asistencial. Falan de que na estruturado modelo, no que corresponde a atención primaria, fai falta crear direccións executivas deatención primaria con capacidade resolutiva. Falan de cuestións —que a verdade é que llespoden soar seguramente— como dignificar as condicións de traballo e acceso ao desempeñodos profesionais. Falan de cuestións destas. Por certo, algunhas nós non as compartimos.Falan dunha taxa de reposición do 100 %, que non é eliminar a taxa de reposición; nós com-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

127

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 128: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

partimos que hai que eliminala, de feito vai na proposta que traemos a votación hoxe, quesupoñemos que van votar a favor. Está aí, vóullelo ler... (O señor Núñez Centeno pronuncia pa-labras que non se perciben.) Igual é que se me escapou, señor Núñez Centeno. Está aquí: soli-citar ao Goberno de España a eliminación da taxa de reposición para o persoal do sistemasanitario. Supoñemos que contaremos co voto a favor do Partido Popular, xa sabe que imos7-2 neste debate, imos ver se somos capaces de ir 8-3. Isto é unha solución, seguro que vos-tede vai emitir algunha opinión sobre o asunto.

Polo tanto, nós, recollendo o que di este documento, facemos unha proposta, que non é evi-dentemente do completo do modelo, pero cremos que é o plantexamento estratéxico poloque debe de ir a atención primaria en Galicia nos próximos anos.

Basicamente, en primeiro lugar, unha cuestión de persoal, fai falta estabilizar persoal.Temos un problema de precariedade do persoal. Esta fin de semana tiven a oportunidade deescoitar algúns profesionais e representantes de traballadores, e escoitar algúns casos sor-prendentes. Cítolle un, podíalle citar máis. Dunha enfermeira, vinte e sete días traballadosen eventualidade durante o mes de decembro, vinte e sete. ¿Sabe cantos contratos tivo? Vintee sete. Vinte e sete días, vinte e sete contratos. ¿Sabe que pasa? Que foron todos no mesmoposto de traballo. É moi difícil asumir —permítame, nós non estamos á altura para estascousas, xa nolo din habitualmente—, é moi difícil asumir que se vai haber vinte e sete díasde traballo por diante nun posto de traballo do sistema, non é fácil que non sexa posiblepredicir que van estar os vinte e sete días que son necesarios contratar a alguén. ¿Por quecontratar día por día a mesma persoa, día por día? Acaba o día e hai que decidir se a volvencontratar.

Hai outros casos onde contratan menos días, porque non contratan o sábado e o domingo—así non se pagan—, nin os festivos —que así non se pagan—. E isto é o día a día do sis-tema, e temos un problema de persoal na precariedade.

Hai que —precisamos, cremos— aumentar a carteira de probas diagnósticas que poden so-licitar os profesionais. Citaba —creo recordar— antes o señor Núñez Centeno que estamosno momento en que máis probas diagnósticas poden solicitar dende primaria. Non o dinasí os profesionais, non o din así. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Señora Amigo,desculpe. Dicía que os profesionais din que non, e o que... (Murmurios.) Non, os seus non, éque non son seus nin meus, é unha cousa, eu non teño propiedade de ninguén. Mire, euson dos que opina que os fillos non son meus, son a miña responsabilidade, pero non sonmeus, os do pin son vostedes (Aplausos.) Pero dío este documento. Quero dicir, a xente quevostede —vostede non persoalmente—, a xente que goberna contrata para facer análise dosistema dilles que é necesario dar máis probas diagnósticas, capacidade de maiores probasdiagnósticas en atención primaria; dino, e nós defendemos o mesmo, e o Partido Popular¿que fai? Esa é a pregunta.

Nós plantexamos estas cuestións, plantexamos aumento de capacidade. ¿Lembran o debatesobre as capacitacións de enfermería, o debate da prescrición de enfermeira? Ben, teñen ainiciativa e cremos que hai varias cuestións que se poden debater e que plantexarían unhareal modificación do modelo, que debe de ir a un modelo máis multidisciplinar, máis aberto

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

128

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 129: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

e máis resolutivo da primaria, que é non o futuro, nin sequera a porta de entrada, é o eixoclave do sistema, especialmente tal e como temos distribuída a poboación hoxe en día.

Agardamos que voten a favor dun documento que basicamente o que recolle son as cuestiónsprincipais que o documento da propia consellería recolle. Se vostedes son coherentes, vota-rán a favor de algo que vostedes defenden e que vostedes encargaron.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

O señor TORRADO QUINTELA: A ver que fan. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

Grupo Parlamentario Bloque Nacionalista Galego, señora Prado.

A señora PRADO CORES: Como xa levamos falando ao longo de toda esta xornada de pleno,a alarma pola situación sanitaria en Galiza non fai máis que medrar e o balance de máisdunha década, de once anos, de goberno do Partido Popular pois é demoledor: peor e menossanidade pública fronte a un reforzamento da sanidade privada, recortes, menos orzamento,menos profesionais, menos camas, menos recursos, menos equidade no acceso. E, dentrodisto, pois a atención primaria como a irmá pobre. Dentro desta política de acoso e derriboda sanidade pública o Partido Popular cebouse especialmente coa atención primaria.

Orzamentos do ano 2020, aínda hai 142 millóns de euros menos que no orzamento de haionce anos para a atención primaria, e se facemos o acumulado destes once anos, todo o quese deixou de investir en atención primaria, se se mantiveran os orzamentos do ano 2009,estamos falando de máis de 2.200 millóns de euros que non se investiron en atención pri-maria. É evidente que máis con menos non se fai e é evidente que a atención primaria é unhapeza a cobrarse por parte do Partido Popular, porque canto menos resolutiva sexa a atenciónprimaria pois máis teñen que acudir as persoas doentes aos hospitais, a urxencias, e, polotanto, esa folla de ruta hospitalcentrista de máis favorecer determinadas tecnoloxías e de-terminadas privatizacións está servida.

Como resposta a esta situación de deterioración, que xa é evidente dende hai anos, e á con-testación da poboación, que se mobiliza, un día si e outro tamén, e mais dos profesionais,non lle quedou outra ao Partido Popular, porque colectivos, profesionais, sindicatos, orga-nizacións veciñais, organizacións científicas, sociais, de enfermos, organizacións políticas,pois diante dunha convocatoria de folga no mes de abril do ano pasado, no ano 2009, parafacilitar e impedir esa celebración de folga por parte do Sergas aveuse á creación dunha mesade diálogo, solicitada tanto polos sindicatos convocantes como polo comité de folga, parafacer unha avaliación de análise de atención primaria e comprometeuse a constituír quincecomisións técnicas formadas por máis de douscentos profesionais. Constituíronse estas co-misións técnicas, que tiñan por obxectivo analizar cal era a situación da atención primaria,as novas competencias, as carteiras de servizo e facer propostas.

Neste contexto, onde esas comisións técnicas estaban e aínda seguen traballando, o 13 denovembro a Consellería de Sanidade presenta, con toda a alharaca, un documento, naquela

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

129

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 130: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

altura, só en castelán, «Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde, do-cumento estratéxico e de xestión», un documento elaborado, segundo as propias manifes-tacións, por determinados expertos e que se viña sumar ao xa anunciado Plan galego deatención primaria 2019-2020 con anterioridade a estas quince comisións técnicas e logo aun informe feito por expertos.

Polo tanto, encontrámonos con tres documentos para un mesmo problema, que é a situaciónda atención primaria. Parello con isto, vólvense presentar os orzamentos para o ano 2020,onde non hai aumento orzamentario para atención primaria —como xa dixen—, onde nonse modificou o decreto que regula as áreas sanitarias, onde a atención primaria segue sencapacidade de decisión e regulativa, non hai un plan de negociación dos recursos humanos;é dicir, que é un parecer que se fai cando non se quere facer absolutamente nada.

Co cal dende o BNG concordamos grosso modo con esta moción que trae hoxe aquí o PartidoSocialista. Temos presentado outras similares, témoslle preguntado —e non hai moito— encomisión ao xerente do Sergas por esta tripla entente para teoricamente abordar a situaciónda atención primaria, mais o que vai parte dese informe «Por unha atención primaria e ver-tebradora do sistema de saúde», co que concordamos, que, ademais, se quixera ter escoitadoo Partido Popular e o Sergas todo o que levamos demandado aquí neste parlamento ou osprofesionais ou a poboación a respecto de cales eran os problemas da sanidade, teríase afo-rrado os cartos, que aínda hoxe non sabemos canto custou ese informe. O que si sabemos éque esas quince comisións si traballan gratis e son profesionais do sistema público que estántraballando gratis intentando facer propostas para unha atención primaria mellor.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora PRADO CORES: Pois se tivera escoitado, non tería feito falta ese informe.

En todo caso, presentamos unha emenda porque hai partes dese informe coas que concor-damos, porque vén dicir as cousas que vimos demandando neste parlamento, mais hai outrascoas que non. E, ademais, cremos, por respecto a eses máis de douscentos profesionais dosistema público galego que están traballando, que se debe demandar que se rematen esestraballos das quince comisións técnicas, formadas por máis de douscentos profesionais...,

O señor PRESIDENTE: Grazas, terminou o seu tempo.

A señora PRADO CORES: ...que se publiquen esas conclusións para logo... (A señora PradoCores pronuncia palabras que non se perciben.) (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas.

Imos acabar tarde. Imos moi mal de tempo. Eu comunícoo porque, claro, estámonos exce-dendo moito. Mellor, se podemos concretar un pouco máis os asuntos, porque, se non, imosir ás dez da noite. Eu non teño présa, pero alá cadaquén.

Grupo Parlamento Mixto, señor Villares.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

130

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 131: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor VILLARES NAVEIRA: Boa tarde de novo, señorías.

Parecíalle ao compañeiro Torrado que tiña moitas intervencións hoxe; se lle conto a cousa,candela. (Risos.)

Por empezar un rescate da intervención anterior da voceira do Partido Popular con rela-ción ao tema da eutanasia, simplemente é un matiz, e é que na proposta de despenaliza-ción —non está a señora deputada que interveu antes— do Código penal que En Mareapostulaba para a eutanasia soamente se falaba do consentimento actual; polo tanto, noné en ningún caso un documento de instrucións previas. Creo que iso condiciona moito osdebates e foi unha mención bastante inexacta nesa cuestión. Polo tanto, apuntar iso.

Dito isto, e con relación ao tema e procurando ser breve, nós imos apoiar esta moción doPartido Socialista. Realmente bastaría aplicar o informe da propia Xunta de Galicia para aca-bar con ese maltrato sanitario aos nosos profesionais, ás nosas profesionais. Non se estácoidado a quen nos coida, e ese é o principal problema. Hai unha deterioración da sanidadepública, que ten, como primeira pedra angular do seu funcionamento, do seu bo funciona-mento como sistema, os profesionais e as profesionais, que non están sendo correctamenteatendidos. Polo tanto, o primeiro que cabería sinalar é que, tirando man neste caso dos pro-pios informes da propia Xunta de Galicia para atención primaria, teriamos moito camiñoandado.

Fai moi ben o Partido Socialista á hora de pedir prazos no primeiro dos puntos desta moción,porque, se non, o que sucede aquí é que cando algo non interesa se mete nun caixón e aca-bouse o conto. Polo tanto, é necesario o establecemento de prazos. Fálase de tres meses paraa adopción de medidas e seis para a execución. En todo caso, o primeiro semestre de 2020parécenos completamente coherente tendo en conta como actúa habitualmente a Xunta deGalicia nestes casos.

En materia de persoal, estamos de acordo con todos os puntos que aí se desenvolven. Sim-plemente, traer aquí unha vez máis, á tribuna do Parlamento, esa demanda do persoal sa-nitario de atención primaria, que non é unha demanda salarial, que non é unha demandapara interese propio, que é unha demanda de interese público, de ter polo menos cinco mi-nutos por paciente, para poder diagnosticar ben, para poder falar, para poder diagnosticar,para que saibamos realmente qué pasa. Porque moitas veces, se non temos tempo para con-versar, non temos tempo para poder diagnosticar e facer un bo tratamento no primeiro mo-mento do contacto sanitario.

En segundo lugar, no que se refire ás condicións laborais, pensamos, igual que din os co-lectivos que durante estes últimos anos levan acudido a todas e a todos nós, tamén a maioríapopular, demandando xustiza na atención, nas súas condicións laborais, que é preciso coidarde quen nos coida. Nese sentido rescato tamén eu o testemuño de Adriana, que era unha dasmoitísimas enfermeiras eventuais en loita, que nos recordaba como en once anos tivo máisde oitocentos contratos, e todo isto con tres oposicións aprobadas nos últimos dez anos. Polotanto, motivos sobran para acudir a recoñecer esta renegociación de condicións laborais oua mellora das condicións de eventualidade.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

131

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 132: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E, finalmente, polo menos por facer unha referencia a isto, creo que honra o Partido Socia-lista traer a proposta do apartado 10 de solicitarlle ao Goberno de España a eliminación dataxa de reposición polo persoal do sistema sanitario, e digo que os honra porque habitual-mente aquí o Partido Popular o que fai é xustamente o contrario. Cando están gobernando,teñen unha posición; cando non están, teñen outra diferente, e vémolos enfrontados com-pletamente e continuamente coas súas propias contradicións. Neste caso polo menos aquí oPartido Socialista, que ten agora a oportunidade de que esa instancia que saia deste Parla-mento de Galicia se deduza por parte dun goberno de igual signo político, pois poñeraostamén fronte ao espello, sexa cal sexa o espello que eles escollan. Polo tanto, non quero dei-xar de pasar por alto esta situación, que non é habitual, e que sobre todo no Partido Popularnon é para nada a práctica política ao longo desta lexislatura.

Remato xa coa cuestión relativa á estrutura organizativa e á capacidade de axilizar a solicitudede probas diagnósticas, porque isto melloraría a eficacia dos diagnósticos en atención pri-maria e, polo tanto, a atención precoz de determinadas doenzas. Os tempos de espera aquíson importantes e que o persoal sanitario de atención primaria teña capacidade de accesomáis áxil ás probas especialistas de carácter diagnóstico para poder facer as dúas diagnoses,para poder iniciar os tratamentos en casos en que ás veces o paso do tempo pode resultarletal. É algo que debería ser saudado de forma unánime por todas as forzas políticas.

Polo resto, acordo total con esta proposta.

Pola nosa parte, máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Villares.

Grupo Parlamentario Común da Esquerda, señora Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

Efectivamente, se se daba antes un debate arredor da necesidade de facer balance sobre asituación da sanidade no rural, no modelo sanitario, por suposto no que ten que ver coaatención primaria no conxunto do Servizo Galego de Saúde, eu creo que é necesario —e evi-denciouse nas carencias de persoal que estamos a ter— darlle unha volta e facer un balancesobre o modelo e a situación que ten a atención primaria no noso país.

Eu creo que nos últimos anos é obvio que se deron pasos no sentido contrario, e dende oinicio da crise económica e dos recortes, fundamentalmente en materia de persoal perotamén noutros ámbitos, eu creo que o camiño foi o de destruír o modelo sanitario que tiña-mos na actualidade.

A sostibilidade do sistema sanitario e fundamentalmente da atención primaria, pero no glo-bal do conxunto do sistema sanitario, non se pode conseguir con recortes. O sistema nonvai ser máis sostible con privatizacións, con recortes, reducindo os orzamentos, senón quepara que o sistema sexa máis sostible hai que reducir a carga de enfermidade; é dicir, aspersoas enferman menos e polo tanto o gasto é inferior. E para iso, polo tanto, hai que for-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

132

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 133: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

talecer o que é a prevención e a promoción da saúde, elementos que se atopan dentro daatención primaria. Polo tanto, a diminución de cadros efectivos de persoal, a redución deservizos de atención primaria en moitos concellos, as dificultades na cobertura das baixas,dos permisos, das vacacións, que por primeira vez fixeron que en moitos centros se deranlistas de agarda, o único que fixeron foi non só empeorar os dereitos en materia de asistenciasanitaria para o conxunto da poboación, senón empeorar a sostibilidade do sistema, porque,cando se reduce a prevención e a promoción, o que hai é un empeoramento da sostibilidadedo sistema, e despois botamos as mans á cabeza cando a xente acode aos servizos de urxen-cias, saturando en moitas ocasións eses servizos de urxencias.

Efectivamente, como se trasladou aquí, ese documento que o Partido Popular encargou debíade ser tan molesto que non se tomou ningún tipo de medida en relación co seu propio con-tido. De feito, só falta botar unha ollada á análise previa que fan antes de falar das propiasmedidas para ver o compendio de situacións que describe, que son un pouco o que define aproblemática dentro da atención primaria no noso país: saturación de axendas, falta detempo para atender as persoas, actitude centralizadora das xerencias, falta de apoio á propiaatención primaria, carencias no modelo de saúde comunitaria, dificultades para a atencióncentrada nas persoas, dificultades ou escaso apoio á docencia e á investigación por parte daConsellería de Sanidade. En realidade, é un longo etcétera de elementos, que son críticos,moi críticos coa proposta que a Consellería de Sanidade leva poñendo en marcha na últimadécada. Probablemente por iso non quixeron nin airear o documento nin tomar ningún tipode medida que asumise o documento, que é autocrítico sobre as medidas que leva tomandoen dez anos a Consellería de Sanidade.

Nós imos apoiar a iniciativa, pois entendemos a iniciativa que presenta o BNG, porque dendeo inicio dixemos que tiñan que ser os propios profesionais os que trasladasen cal era a si-tuación que tiña a atención primaria no noso país, porque son os que tenden a man ou osque día a día se enfrontan a esa situación de saturación de axendas, de falta de cobertura deausencias, de baixo apoio para a investigación e para a docencia, de eliminación de prazas,de imposibilidade de traballar en equipos multidisciplinares, que tamén é outro dos ele-mentos que centran o propio documento, e por suposto cremos que tamén sería positivo in-cluír ese elemento.

Eu vou rematar xa. Levamos moitísimos meses discutindo sobre a carencia de orzamentosuficiente para a atención primaria e sobre o cambio de modelo e, en realidade, vai rematara lexislatura sen que o Goberno presente un plan específico para mellorar esa situación encanto ao persoal, e nós queremos insistir neste punto —e remato xa—: o problema global,central, que ten neste momento o sistema sanitario é a ausencia de persoal suficiente, polosrecortes previos, para facer fronte aos diferentes servizos, e polo tanto creo que nese sentidoa necesidade de que se planifique a curto, a medio e a longo prazo, tal e como recomendanos documentos que temos sobre a mesa, eu creo que é imprescindible e que ten que ser ocamiño que debera seguir o Goberno galego.

Polo tanto, nese sentido, entendendo que sería necesario ampliar a iniciativa, no que é aproposta do Partido Socialista neste caso, nós imos apoiar esta proposición non de lei.(Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

133

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 134: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Solla.

Grupo Parlamentario Popular, señor Núñez Centeno.

O señor NÚÑEZ CENTENO: Grazas, presidente.

Boa tarde, señorías.

Mire, señora Solla, con respecto a unha frase súa da anterior moción, as galegas e galegasnon somos tontos, ¡eh!, non somos fáciles de enganar e votamos o que votamos, e se vota-mos o que votamos é porque ao mellor non os cren a vostedes.

Con respecto á moción de hoxe, estamos a falar dun documento sobre o que aquí se dixerondeterminadas frases ou cousas que non coinciden moito coa realidade.

Señor Torrado, falando do catálogo de probas, nas medidas urxentes pon: «Elaborar un ca-tálogo común a todo o Sergas de probas diagnósticas para a atención primaria, baseadas naevidencia conforme a práctica clínica e a equidade do sistema.» Indíquese máis, indíquesemenos, di o que di.

Vostede o outro día leu frases illadas, incluso verbas illadas deste documento, totalmentedescontextualizadas. Permítame vostede que lle lea iso da bofetada que dicía. Di: «O pre-sente documento estratéxico e de xestión establece a visión para o fortalecemento de aten-ción primaria en Galicia nos próximos anos.» —non son tan apurados coma vostede—.«Convén subliñar» —textual— «nesta introdución» —por certo, en galego na páxina webdo Sergas— «que Galicia é unha das comunidades autónomas que avanzou fondamente nodesenvolvemento da súa sanidade. Porén, o traballo realizado non ten proxectado recolleros avances, senón focalizarse na detección das áreas de mellora suficientes.» Nin todo nasanidade nin na primaria é tan malo como vostedes o queren dicir.

Diagnóstico de saturación das axendas. Di textualmente: «...demasiadas listas de esperanalgunhas especialidades, mentres os servizos de atención primaria son moi accesibles. Osdos especialistas de hospital contan con importantes listas de espera, o que xera incomodi-dades e reverte en exceso de consultas en atención primaria.» Para nada di o documentoque haxa listas de espera en atención primaria, todo o contrario, di que hai excesiva accesi-bilidade.

Sobre a saturación das consultas, non se refire á escaseza de profesionais, senón a eivas dexestión. Pon en valor este documento a e-consulta e a consulta telefónica. ¡O que escoitamosneste parlamento cando se aprobou a consulta telefónica!, ¡mi madriña querida! Podemos irao Diario de Sesións e escoitar o que se dixo por parte dos grupos da oposición sobre a consultatelefónica.

Nas fortalezas do sistema destaca: «O modelo actual de atención primaria, pese á súa crise,aportou proximidade, accesibilidade, lonxitudinalidade, xustiza social, profesionalidade eorde global do sistema sanitario. «As áreas sanitarias» —escoite, señor Torrado— «son»

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

134

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 135: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

—expertos de primaria, ¡eh!— «un modelo de xerencia territorial e integrado, que estásendo a base de melloras nas relacións entre niveis, como así o demostra a información clí-nica compartida a través de Ianus, o modelo de interconsulta ou as traxectorias clínicas in-tegradas.»

En canto a recursos humanos, o documento di: «Máis recursos humanos en atención pri-maria é positivo, como ten previsto facer a consellería e o Sergas.» —estase facendo, estána prensa todos estes días—. «Isto servirá especialmente para cubrir a substitución xera-cional. En xeral, en Galicia non faltan recursos humanos, senón que están mal organizados.»Creo que discrepan en moitos puntos co que vostedes manifestan sobre a sanidade públicagalega.

Nós estamos convencidos e seguros de que o Goberno galego vai asumir as conclusións desteinforme —xa o está a facer—, que permiten afrontar as realidades da atención primaria dexeito coherente co Plan galego de atención primaria 2019-2021, e as medidas urxentes, estasmedidas urxentes que veñen no documento, xa están postas en funcionamento, estanse apoñer en funcionamento e están postas moitas delas. Por esa razón non imos votar favora-blemente a súa iniciativa.

Hai outras suxestións, como o peche dos PAC e a integración dos seus profesionais nos equi-pos de atención primaria, que xa foron propostas por vostedes nalgún documento de candogobernaban. Incluso a persoa que asinou e que redactou ese capítulo dos PAC, o doutor Ma-nuel Martín, defendía naquel momento cerrar os PAC, e posteriormente, coa súa plataforma,defende abrir máis PAC ou incrementar o persoal dos PAC.

A min gustaríame preguntarlle, señor Torrado: ¿quere volver vostede ao documento do Bi-partito en cuestión de PAC? ¿Está de acordo co peche dos consultorios periféricos nos con-cellos? ¡Que non teriamos que escoitar de vostedes, do resto dos grupos, se o Goberno deGalicia fixese súas estas suxestións do documento!, ¡que non teriamos que escoitar!

Mire, sobre o plan galego, o plan de acción que vostede demanda —porque vostede na ini-ciativa non fala do documento, fala dun plan de acción do documento—, aquí ten vostede oplan de acción (O señor Núñez Centeno mostra un documento.). Este é o Plan galego de atenciónprimaria, ese é o plan, o plan que está contemplando xa as medidas urxentes propostas. Haiunha comisión de avaliación independente constituída —confirmouno o propio conse-lleiro—.

Neste momento —que me queda un pouquiño, que me vai permitir o presidente, como aoresto—, quería falar da taxa de reposición. No acordo de goberno Unidas-Podemos e PartidoSocialista non figura para nada a taxa de reposición. Figuran outras taxas, pero non a taxade reposición. E, dende logo, sobre o que asinou o Bloque co Partido Socialista, vouno repetir,vouno repetir en castelán, porque está en castelán na páxina web do Partido Socialista:«Analizar las fórmulas para mejorar progresivamente las tasas de reposición de efectivos en las ad-ministraciones públicas.» Esta é a urxencia da eliminación da taxa de reposición para o PartidoSocialista e para o Bloque Nacionalista Galego. Isto é o que asinaron. Aquí é moi fácil piar,agora é moi fácil piar, pero o que se asinou é o que se asinou. (Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

135

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 136: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

O señor NÚÑEZ CENTENO: Remato, señor presidente.

Miren, poden aproveitar para insistir en Madrid, hoxe hai un Consello Interterritorial parao coronavirus, sería o momento de exixir a eliminación da taxa de reposición, e o resto demedidas aprobadas no Interterritorial anterior á moción de censura, e que podían axudar—e moito— a solventar os problemas da atención primaria en Galicia.

Pola miña parte, máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Núñez Centeno.

Grupo autor da moción, señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, señor presidente.

Dende o noso grupo agradecemos o apoio manifestado polos distintos grupos. Plantexá-moslle ao Bloque Nacionalista Galego incorporar a súa emenda como engádega, cremos quepode ser útil, porque ese traballo que se está facendo nas comisións pode ser útil. A pesardesas noticias para esa xente que traballa nas comisións, o plan galego xa está aquí ensinadoe feito. Polo tanto, están traballando para algo ao que ninguén lle vai facer caso despois.Dígoo porque, se o PP presume de ter un plan xa feito, pois é que ás conclusións que vansaír desas comisión non lles van facer nin maldito caso —e perdón pola palabra—.

Acúsanme de non ler o documento enteiro, ten 43 páxinas, é difícil ler aquí... (Murmurios.)Si, pódoo ler enteiro, si, pero entón necesitaría que o presidente me dera máis tempo, e noncorresponde —creo eu, e compartirao o señor presidente— que me poña a ler 43 páxinasdun documento que xa existe.

Pero, ben, xa que me fala da e-consulta, vostede plantexa algunhas cuestións aquí como selles estiveran dando a razón de todo. ¡Home!, pois, segundo este documento —do que podennon compartir vostedes dende o Partido Popular algunha cousa—, as consultas telefónicase as e-consultas poderían solventar moito a demanda, pero non contan co suficiente apoio.Pois nada. Debe de ser que non fala de problemas de saturación nos centros de saúde. Excesode consultas na atención primaria. Claro, non podo ler todo o documento; ademais, é unpouco por delicadeza; se leo todo o documento, é que vai ser moi doloroso. Pero, ben, o outrodía lin unhas cantas partes.

Sobre a taxa de reposición —que é moi interesante, a verdade é que é moi interesante—, ooutro día plantexaba aquí —entendo que van votar en contra outra vez; 8 a 2 xa imos irneste partido— que a ver esa cousa que vostedes leron aquí, que presentaron en 2017 anteo Goberno do Estado, a ver se nos podían deixar unha copia, porque unha cousa é que vostedelera aquí algo que non se sabe quen escribiu, nin como nin onde, pero supoñemos que isoterá unha copia, un rexistro de entrada, unha entrega, haberá unha copia no ministerio,porque sería interesante saber se de verdade a pediron ou non.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

136

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 137: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En definitiva, vostedes asumen que está moi ben este documento, que é unha bofetada—repito—, un documento que deixa a planificación sanitaria do Partido Popular aos pésdos cabalos; incluso asumen que xa están facendo todo o que di este documento. Por certo,medidas, si, a catro anos, a dous anos, tamén algunhas a seis meses. Curiosamente, o quepropón a nosa iniciativa, a seis meses. ¡Oia!, se vai ser ao final que vostedes van encargarun documento, pagarlles a uns especialistas e decidir vostedes os profesionais do sistema.Claro, é que o problema é que vostede falaba de meus e seus. Se escolleron vostedes, sehai concelleiros do Partido Popular que elaboraron este documento, e nós dicímoslles queson profesionais que contribúen. Vostedes encargan un documento, elixen a xente que ofai, págano e tal, e despois somos nós os que lles dicimos que hai que aplicalo. (Aplausos.)Claro, é que é un pouco incoherente.

En todo caso, van votar en contra de algo que vostedes propoñen, dicindo, como sempre,que xa está feito, e a cuestión está en que vostedes están a outra cousa, vostedes en sanidadexa están a outra cousa, xa deron por amortizada a consellería. Está ben, en certo sentidoteñen razón, están a ver se salvan a cara, fotiños, tal, algúns titulares..., están noutra cousa.Non lles vou chamar partido mascota, ¡eh!, non vou facer iso. Vostedes con Vox son máis deser un tamagotchi de Vox que outra cousa (Aplausos.) Pero vostedes están noutra cousa, ecomo están noutra cousa temos un problema, que é que temos un sistema que está caendo,porque vostedes o están tirando abaixo…,

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

O señor TORRADO QUINTELA: …e hai un problema que vostedes non queren resolver; a verse non destrozan nada o pouco tempo que lles queda.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Torrado.

Votación das mocións

O señor PRESIDENTE: Procedemos á votación das mocións.

Pechen as portas, por favor.

Comezamos votando a do Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda. Non se presen-taron emendas.

Votamos.

Votación da Moción do G. P. Común da Esquerda sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego en materia de sanidade pública.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

137

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 138: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

O señor PRESIDENTE: Votamos agora a do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia,sobre a política do Goberno galego en relación cos dereitos e coas garantías da dignidade edas persoas enfermas terminais.

Non acepta a emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego.

Foi solicitada a votación por puntos por parte do Grupo Parlamentario Popular. ¿Mantensevostede en non aceptar a votación por puntos? (Asentimento) Ben, pois votamos tal comoestá.

Votación da Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas terminais.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 32; votos en contra, 38.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

O señor PRESIDENTE: Votamos agora a do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia,sobre a política do Goberno galego en relación coa situación da atención primaria do sistemasanitario de Galicia.

Acéptase a emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego como engádega.

Si, señora Prado, ¿para que quere a palabra?

A señora PRADO CORES: Para pedirlle ao Grupo Socialista a votación por puntos. Pero comoparece que hai unha mala redacción, a emenda do BNG non era a todo o punto 1, era soa-mente ao primeiro parágrafo do punto 1. Entón, pedimos votar por separado o primeiro pa-rágrafo do punto 1.

O señor PRESIDENTE: Primeiro parágrafo do punto 1.

Señor Núñez Centeno, ¿para que quere a palabra?

O señor NÚÑEZ CENTENO: Como parece que o señor Torrado ten necesidade de que o PartidoPopular vote o punto da taxa de reposición, o que pasa é que moi difícil, punto 1, alínea A),letra d), que é solicitar do Goberno de España a eliminación da taxa de reposición para opersoal do sistema sanitario. Para que non cambie o resultado, non nos importaría votar porseparado ese punto.

O señor PRESIDENTE: Dinme que iso é unha transacción. Entón, se é unha transacción, te-rían que reformular todo. A ver se están de acordo.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

138

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 139: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Señor Torrado. Déanlle voz ao escano do señor Torrado.

O señor TORRADO QUINTELA: Si, grazas, presidente.

Ben, a nosa intención é votar a emenda do BNG como engádega, pero ao completo da ini-ciativa, que nos parece que axusta mellor. Pero tampouco cremos que se substituímos o pri-meiro punto non ten sentido todo o resto do demais, por iso é un punto só. Votar xa dentrodous puntos é máis complicado.

Ao Partido Popular invitámoslle a que o faga no Congreso dos Deputados.

Moitas grazas.

O señor PRESIDENTE: Entón, queda a cousa como está, entendo. (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) Se a acepta na totalidade. Nada. Pois votamos. Quedou como estaba.

Votamos.

Votación da Moción do G. P. dos Socialistas de Galicia sobre a política do Goberno galego en relacióncoa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos a favor, 26; votos en contra, 38; abstencións, 6.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

O señor PRESIDENTE: Remataron as votacións.

Abran as portas, por favor.

Continuamos coas proposicións non de lei.

Proposición non de lei, do G. P. Mixto, sobre o recoñecemento e regulación polo Gobernogalego da figura da enfermaría escolar e o impulso dun acordo entre as consellarías concompetencias en materia de educación e sanidade para a dotación dunha praza nos centrospúblicos e privados concertados de ensino

O señor PRESIDENTE: Hai emendas do Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda, doGrupo Parlamentario dos Socialistas e do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego.

(O G. P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado Julio Torrado Quintela, a través doseu portavoz adxunto e ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presentaante esa Mesa a seguinte emenda a esta proposición non de lei en Pleno.

Emenda de modificación.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

139

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 140: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Débese substituír a parte resolutiva da proposición non de lei polo seguinte texto:

“Creación dun programa de asistencia e educación sanitaria escolar que, implementado nos centroseducativos e dirixido dende as instancias sanitarias de proximidade, coa dotación de persoal axeitada,descentralice a atención sanitaria básica de control e seguimento orientada á poboación en idadeescolar, así como desenvolva labores de educación sanitaria sobre hábitos saudables, primeiros au-xilios, coidados básicos e con atención especial aos nenos/as con necesidades específicas en atenciónsanitaria.»)

(O G. P. Grupo Común da Esquerda, por iniciativa da súa deputada Eva Solla Fernández, a través dasúa viceportavoz e ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presenta a se-guinte emenda a esta proposición non de lei.

Emenda de supresión.

Débese suprimir no punto 2 o seguinte texto: «e privados concertados.»)

(O G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da deputada e portavoz suplente MontserratPrado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de modificación.

Débese substituír no punto 2 o texto que vai despois de «Educación e Sanidade» polo seguinte:

«...para realizar un estudo sobre o número de nenos e as doenzas que padecen subsceptíbeis de pre-cisar atención sanitaria de xeito permanente en horario escolar, para determinar o número de pro-fesionais precisos para atendela.»)

O señor PRESIDENTE: Para formular a proposición non de lei ten a palabra a señora Can-dedo.

A señora CANDEDO GUNTURIZ: Moitas grazas, presidente.

Boa tarde, señorías.

A proposta que hoxe traemos a debate non é de En Marea, senón que parte da sociedadecivil, preocupada polo tratamento axeitado das enfermidades crónicas na infancia no con-torno escolar. Esta é unha iniciativa popular, impulsada como proposición non de lei e queen En Marea asumimos gustosamente para dar voz á cidadanía, porque concordamos coaproposta na medida en que se trata de ampliar dereitos asistenciais e educativos das crianzase aumentar a calidade do sistema público galego, coa regulación da figura de enfermería es-colar e o impulso da súa dotación nos centros educativos galegos.

En primeiro lugar, queremos saudar as persoas da comisión promotora desta iniciativa quese atopan na tribuna seguindo este debate, coas esperanzas postas en que esta mensaxe teñaacollida.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

140

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 141: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Forman parte da comisión promotora distintas persoas, encabezadas por Maite Peña Fer-nández. E esta iniciativa é apoiada pola Federación Galega de Diabetes, a Unión Galega deEpilepsia, a Federación Autismo Galicia, a Asociación de Déficit de Atención, Hiperactividadee Necesidades Específicas de Apoio Educativo, distintas asociacións de pais e nais, a asocia-ción Bicos de Papel, de crianzas con enfermidades oncolóxicas, e os colexios de enfermeríadas catro provincias galegas. Están recibindo apoios nestes días doutras organizacións decarácter sindical e outras entidades, tanto no ámbito sanitario como educativo.

Conta pois cun amplo e plural respaldo cidadán. E dende En Marea consideramos ampla-mente positivo xa o feito de que debatamos sobre esta figura, que funciona noutros lugaresdo mundo e en varias comunidades do Estado.

Partimos dunha realidade na que temos un número relevante de enfermidades crónicas queafectan a infancia. Falamos da diabetes mellitus tipo 1, asma, epilepsia, enfermidade infla-matoria intestinal e outras. Así mesmo, existen trastornos que derivan en condutas de risco,como son os do espectro autista ou o déficit de atención e hiperactividade, que afecta entreun cinco e un sete por cento de crianzas en idade escolar, as que requiren actuacións indi-vidualizadas multidisciplinares e ben coordinadas.

Cabe dicir que falta un rexistro oficial da enfermidade crónica infantil. De feito, temos so-licitado datos a este respecto á Consellería de Sanidade, incluídos os rexistros das urxenciase incidencias de saúde nos centros educativos. Pero, segundo un estudo multicéntrico, enGalicia, no ano 2011, a diabetes tipo 1 tiña unha incidencia de 17,2 casos por cada cen milcrianzas ao ano. Ao longo de dez anos diagnosticáronse cincocentos cincuenta e nove novoscasos en menores de quince anos, dos cales trescentos trinta eran en nenos e nenas menoresde dez anos.

En canto á asma, un estudo, tamén do 2011, estima que as incidencias desta enfermidadeentre crianzas de 6 a 7 anos chega ao 13,6 por cento, e entre os de 13 e 14 anos, ao 12,2 porcento.

Como sinala esta PNL, tras o diagnóstico de calquera enfermidade crónica, é importanteachegar as ferramentas necesarias para que a dita afección non impida unha correcta inte-gración do ou da menor en todas as facetas da súa vida, incluída a escola.

Porque esta figura da enfermería escolar ten un claro compoñente de inclusión. Así, un re-cente estudo levado a cabo pola Fundación Española de Diabetes con datos de dezasete co-munidades autónomas amosa os seguintes achados:

O diagnóstico da diabetes mellitus tipo 1 afectou a vida familiar en sete de cada dez proxe-nitores, e un de cada dous tivo que modificar a súa actividade laboral para atender o seufillo.

O vinte e sete por cento das familias con nenos e nenas diabéticos menores de seis anos ato-paron algún problema no centro escolar a consecuencia da enfermidade.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

141

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 142: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O setenta e un por cento dos nenos con diabetes non come no colexio por motivos de pro-ximidade, pero tamén derivados da enfermidade, como é o de asegurarse unha dieta axeitadae a administración de insulina.

Un corenta por cento das familias considera que o centro escolar non sabe recoñecer hipo-glicemias leves.

Ademais das enfermidades crónicas e os trastornos, prodúcense en horario escolar situaciónsde urxencia asistencial derivadas de accidentes; atencións que poderían ser asumidas e sol-ventadas por un enfermeiro ou unha enfermeira escolar.

Existen na actualidade protocolos de actuación ante emerxencias sanitarias e sobre comoabordar determinadas enfermidades, como a diabetes, pero dependen da voluntariedade dunprofesorado sobordado de competencias e que aínda non recuperou o horario lectivo anteriorá crise. Porque participar no equipo de profesorado que se encarga da coordinación dos pro-gramas de atención á enfermidade crónica nun centro é voluntario, non así obviamente odeber de socorro e a necesidade de seguir os plans de autoprotección de emerxencia, de obri-gado cumprimento.

O programa Alerta escolar é o que coordina a resposta dos servizos de emerxencia, de seresta necesaria.

Así, hai un baleiro que desprotexe tanto as crianzas como as familias e o profesorado. A nor-mativa actual non contempla a figura do ou da enfermeira escolar no coidado das enfermi-dades crónicas, pero a Lei 8/2009, de saúde de Galicia, especifica no seu artigo 14 que aspersoas menores, as doentes que padecen enfermidades crónicas raras, «deben ser obxectode especial atención polas administracións sanitarias competentes» e «teñen dereito a ac-tuacións e/ou programas sanitarios específicos e preferentes», entre os cales pode impul-sarse un programa de enfermería escolar.

Por outra parte, as profesións sanitarias teñen —como sabemos— unha dimensión comu-nitaria, que se traduce na prevención, educación sanitaria e intercambio de información conoutras profesionais, como poden ser o profesorado no seu conxunto.

A figura do enfermeiro e da enfermeira escolar xorde en Londres no 1897. The London SchoolNephthys Society crea os primeiros postos e determina as súas funcións. Na actualidade éunha entidade recoñecida en diversos países da Unión Europea, tales como Suecia ou Francia,e tamén nos Estados Unidos, onde o setenta e cinco por cento das escolas contan con enfer-meiros e enfermeiras a tempo completo.

No Estado, que nos queda algo máis cerca, outras comunidades autónomas como Madrid eValencia e máis recentemente Estremadura, Murcia, Andalucía, Canarias e Castela e Leónxa a recoñecen. Son diversas administracións de cores políticas tamén diversas. Adoptar estafigura, ao noso entender, situaríanos na vangarda da atención ás enfermidades crónicas noeido escolar.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

142

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 143: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

As competencias do enfermeiro ou da enfermeira escolar son múltiples, como expón a PNLde iniciativa popular. Por un lado, a primeira e fundamental, a función asistencial: prestaratención e coidados de saúde integral ao alumando e ao resto da comunidade escolar —coi-dados que inclúen control e seguimento do alumnado con enfermidades crónicas—, en co-laboración coa familia, facultativos e demais membros do equipo de saúde; actuar anteemerxencias que poidan xurdir no horario escolar; administrar os tratamentos xa prescritose autorizados por escrito; previr e detectar de maneira precoz problemas de saúde; crearunha historia individualizada; supervisar o equilibrio de alimentación ofrecida no centro.

Ten tamén unha segunda función: a docente, para promover a saúde e hábitos de vida sau-dables, e educar o alumnado con enfermidades crónicas e o resto da comunidade educativano concepto e nas prácticas de autocoidado.

Así, por tanto, ten un papel fundamental na prevención de trastornos como a obesidade, oalcoholismo temperán, o tabaquismo, a ludomanía, os trastornos como a anorexia e a buli-mia, así como na promoción de coñecementos básicos de reanimación cardiovascular.

Ten tamén un aspecto esencial da convivencia coa enfermidade, para quen a padece, e unhamellor integración e coñecemento sobre esta daquelas crianzas que non a padecen. En fin,é un elemento de inclusión e de coñecemento.

Gustaríanos tamén resaltar o papel da enfermería na educación sexual-afectiva, nun con-texto —como saben— de aparición de condutas machistas na adolescencia, de acceso á por-nografía a idades temperás e de medra entre os adolescentes das infeccións de transmisiónsexual. Aquí, a enfermería, de acordo co propio profesorado, cumpriría un papel esencial deinformación e prevención nos centros de ensino secundario.

Hai unha terceira función, que é a investigadora e que podía levarnos a mellorar os recursosdidácticos en colaboración co equipo docente, avalar os resultados en cumprimento de ob-xectivos en promoción de saúde.

E unha última función, a cuarta: a función xestora. O selo referente de saúde e nexo de uniónentre os diferentes organismos involucrados na saúde dos escolares, para facilitar os pro-gramas de promoción de saúde implantados pola administración.

Somos conscientes do importante investimento público que suporía o desenvolvementopleno da enfermería escolar. Pero entendemos que se trata de asumir un custo que pode re-verter positivamente a nivel asistencial, educativo e mesmo económico. Hai algunhas pu-blicacións de impacto científico que sinalan como, en Estados Unidos, de cada dólar investidose recupera e ten un retorno de 2,2 dólares, medidos en termos de aforro de coidados mé-dicos, absentismo laboral dos pais e nais, produtividade de profesorado, evitación de visitasá atención primaria e mesmo evitación tamén de mobilización de ambulancias por inciden-cias menores que estes profesionais poderían resolver.

Obviamente, a presenza dun enfermeiro ou dunha enfermeira escolar nos centros educativosaumentaría a confianza sobre o seguimento das circunstancias da saúde das súas crianzaspor parte das familias.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

143

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 144: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En resumo, entendemos que a coordinación desta figura pode acadarse na Comisión inter-departamental en materia de educación e sanidade, regulada no Decreto 61/2019, do pasado11 de xuño. Non dicimos nesta PNL que se implante xa esta figura da enfermería escolardende mañá en todos os centros de Galicia, pois ben sabemos que isto non se podería facer,moito menos de xeito automático.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora CANDEDO GUNTURIZ: O que pedimos é que se traballe pola regulación da figura ea súa progresiva inclusión nos centros educativos, que se comece o debate e a regulación.

Por isto, no nome das asociacións e persoas promotoras desta iniciativa, propomos á Cámaraque recoñeza a figura de enfermería escolar e promova un acordo entre as consellerías deEducación e Sanidade para determinar a súa execución e adxudicar un enfermeiro ou unhaenfermeira aos centros educativos galegos, para situarnos así na vangarda do Estado naatención desta problemática.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Candedo.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señora Prado Cores.

A señora PRADO CORES: Moi boa tarde.

E tamén quero empezar por saudar os representantes da comisión promotora desta propo-sición non de lei.

E vanme permitir dedicar aquí antes uns segundiños ao deputado do Partido Popular quenon está presente, pero agardo que os seus compañeiros e compañeiras llo trasladen, porquesegue o Partido Popular moi preocupado co acordo de investidura asinado entre o BNG e oPartido Socialista, que pon encima da mesa cuestións relevantes e urxentes que afectan asociedade galega. E dentro desas cuestións importantes, relevantes e urxentes, o BNG puxosobre a mesa a situación de eliminar a taxa de reposición. O que habería que preguntarse écantas veces o Grupo Parlamentario do Partido Popular, os dez que ten neste momento noCongreso dos Deputados, levaron este tema ao Congreso dos Deputados e demandaron alídun xeito explícito a eliminación desa taxa de reposición. (Aplausos.) Dende logo, para o BNGé unha prioridade. Tanto é así que dentro dos trece asuntos está esta cuestión, e imos seguirinsistindo ata que se derrogue esta taxa de reposición. Sería bo que miraran que é o que estáa facer e o que ten feito o Partido Popular con esta cuestión.

E a situación de enfermidade de nenos e nenas en idade escolar é comprensible, e é normala situación de estrés, de inseguridade que, en primeiro lugar, lles ofrece aos pais e nais e áspersoas que teñen ao seu cargo os nenos e nenas, así como ao profesorado e á sociedade enxeral. E é tan así que o BNG ten traído aquí ao Parlamento diferentes cuestións relacionadascon isto, na necesidade de abordar cuestións urxentes, unha parte no referente, por exemplo,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

144

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 145: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

á atención aos nenos e nenas con diabetes e á necesidade desa atención diante de subidas deglicemia. Polo que trouxemos aquí iniciativas para que se incluísen os sistemas de monito-rización continua de glicosa, para facilitar que os nenos e nenas estean controlados e non sedea esta situación.

Tamén trouxemos aquí ao Parlamento unha situación derivada aos traballadores e traballa-doras públicos en canto á redución de xornada e con retribución para determinadas cues-tións, entre outras cousas, para a atención a nenos e nenas con enfermidades graves e anecesidade de conciliación. E atender tamén determinadas cuestións para que esa escolari-zación non se vira afectada, e conseguimos que se modificase unha resolución de febreirodo ano 2016 que era prexudicial e non recoñecía este dereito.

Estamos a falar da enfermería escolar, que igual que outras moitas das potencialidades deenfermería están sen desenvolver. Como ben dixo a propoñente, xurdiu no Reino Unido; logohaina noutros estados máis. E popularizouse fundamentalmente a existencia desta figura araíz de que nos Estados Unidos se implantou, e sobre todo a través da moita información domodelo de vida estadounidense que nos chega por todos os campos. Pero temos que dicirque é en Estados Unidos onde non existe unha atención primaria como tal —como a enten-demos e como a temos de momento aquí, aínda que minguada e que haberá que rectificar—e onde non existe unha asistencia sanitaria básica e, polo tanto, non hai unha atención sa-nitaria para o conxunto da poboación. Entón, esta figura introdúcese nos centros estadou-nidenses para proporcionar esta asistencia a unha poboación tan sensible como é apoboación en idade escolar e nos centros públicos.

Nós agradecemos que se traia este debate. É un tema que é importante que unha sociedadedebata a respecto de cuestións como é a sanidade da poboación. Cremos que é necesario unaumento da educación sanitaria en todos os campos da sociedade, que para iso tamén é ne-cesaria unha atención sanitaria e primaria con moita máis capacidade de facer unha atenciónpreventiva e non soamente de atención á enfermidade. Vimos reclamando insistentementeque ten que haber suficientes profesionais para a atención á cronicidade, para a educación...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora PRADO CORES: ...sanitaria. Mais —insisto—...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

A señora PRADO CORES: ...—remato nun momento, presidente—...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Non, mire, señora Prado, xa rematou o seu tempo.

A señora PRADO CORES: Presentamos unha emenda a esta...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Señora Prado, xa rematou o seu tempo.

(A señora Prado Cores pronuncia palabras que non se perciben.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

145

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 146: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Non, señora Prado, xa rematou o seu tempo.

(A señora Prado Cores pronuncia palabras que non se perciben.)

Non, señora Prado. Non, mire: vostede ten... (A señora Prado Cores pronuncia palabras que nonse perciben.)

Señora Prado, desculpe, vostede ten cinco minutos que aparecen aí. Estanse pasando todosno tempo e a todos os deixamos un pouco máis. Vostede utilizou un minuto e medio parafalar doutro asunto que non tiña que ver coa cuestión. O artigo 104... (A señora Prado Corespronuncia palabras que non se perciben.)

Señora Prado, estou falando eu.

(A señora Prado Cores pronuncia palabras que non se perciben.)

¡Señora Prado!

(A señora Prado Cores pronuncia palabras que non se perciben.)

Señora Prado, ¡estou falando eu!

(A señora Prado Cores pronuncia palabras que non se perciben.)

Señora Prado, moitas grazas. Pode volver ao seu asento.

(Aplausos.)

Polo Grupo Común da Esquerda ten a palabra a señora Solla Fernández.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas, presidente.

E benvidas, por suposto, as persoas promotoras desta iniciativa.

Nós coincidimos co fondo da iniciativa. De feito, este é un debate que non é novo neste par-lamento. O noso grupo leva dúas lexislaturas traendo esta cuestión a debate. Incluímolo encada exercicio orzamentario no que ten que ver coas emendas en materia de prevención epromoción da saúde, nese programa 413A.

Ademais, —como saben os grupos parlamentarios— debatemos nesta cámara unha inicia-tiva no ano 2015, na que propuñamos a regulación da enfermería escolar, nun texto ao quevou facer agora referencia porque creo que resume en parte o noso posicionamento con re-lación a esta cuestión. Daquela propuñamos que se regulase a figura da enfermería escolar,a súa implantación nos centros de ensino, así como a súa relación coa atención primaria, einiciar a súa implantación mediante un plan piloto que valorase o número de alumnado, asnecesidades dese propio alumnado, do ensino ou a distancia aos centros sanitarios tamén.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

146

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 147: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

E nese debate esta iniciativa, que non saíu adiante polo voto en contra do Partido Popular,foi apoiada polos diferentes grupos da oposición, e engadíuselle unha emenda, daquela doPartido Socialista, que pedía incluír a aplicación do Decreto de atención á diversidade nestainiciativa.

Para nós resume bastante o que consideramos que debe de ser a enfermería escolar —euson enfermeira e, polo tanto, é un elemento que me toca bastante de cerca a min e ás com-pañeiras de profesión— dende o punto de vista non só do que ten que ver coa asistencia di-recta ao alumnado que ten necesidades sanitarias específicas, que se teñen relatado aquí nasdiferentes intervencións, senón que tamén nós o fixemos pola relación que ten coa educaciónpara a saúde e a necesidade de que se introduza, e que esa figura poida servir de apoio á ela-boración e ao mantemento de contidos curriculares nas diferentes etapas do ensino, que sir-van para educar en todos os ámbitos de prevención e promoción da saúde.

Entendemos, ademais, que debería de facerse precisamente en relación coa atención pri-maria —polo que se acaba de explicar aquí—, porque é precisamente na atención primariaonde se fai habitualmente esa educación; polo tanto, esta figura debería de ter unha relacióneu creo que importante cos equipos de atención primaria. E tamén entendiamos que habíaque valorar —e así o elevamos cada ano nos orzamentos— mediante un plan piloto a pro-gresiva implantación, porque, evidentemente, exixirán diferentes necesidades en funcióndo tipo de alumnado de cada centro e da distancia que exista dos centros educativos cos cen-tros sanitarios; polo tanto, esa implantación debe de ser progresiva. Desgraciadamente, nonsae adiante ningún ano, e xa a esta altura adiantáronnos moitas comunidades autónomas—e é certo que as regulacións son diferentes dependendo do territorio— con esta medida.

Nos coincidimos —xa digo— no fondo desta iniciativa. Parécenos ademais que a educaciónpara a saúde é un elemento moi serio que ten que darse, dende logo, dende as primeirasetapas da infancia. E que ademais a atención a esas enfermidades crónicas que padecen moi-tos nenos e nenas no noso país xustifica que exista tamén esta figura en atención ao ele-mento puramente asistencial. E, polo tanto, este é un elemento positivo.

Si que plantexamos unha emenda, que xa no seu día comentamos coa comisión promotora,porque entendemos que a Xunta de Galicia debe de implantar ou comezar a traballar estafigura no que ten que ver cos centros públicos. Por iso plantexamos que os centros concer-tados inicialmente non deben de ser o elemento no que se centre a implantación desta figura.Toda vez que, evidentemente, cremos que ten que ser a educación pública —como o levamosdefendendo e defenden as nosas voceiras en materia educativa nesta cámara— o elementovertebrador da educación no noso país. Polo tanto, en relación coa Consellería de Sanidadee coa Consellería de Educación, esta figura debe de implantarse nos centros escolares darede pública da Consellería de Educación.

Entendemos que a preocupación poida ir máis alá dese alumnado —que tamén está noutroscentros escolarizado de maneira ordinaria—, pero cremos que a implantación da figura debede darse, primeiro, na educación pública e que, logo, xa se se lles exixe —«exixirlles» nonaboarlles ou poñerlles profesionais públicos nos concertados que implanten esta medida—,dende logo, será porque xa a propia administración teña feito o estudo desa implantación,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

147

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 148: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

teña feito o mapeo das necesidades e teña feito unha idea de como ten que darse ese plan pi-loto para iniciar a súa implantación.

Nós —xa digo— no fondo estamos moi de acordo e temos plantexado anualmente esta ini-ciativa. Polo tanto, agardaremos tamén...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: ...a que a propoñente explique que vai facer coas emendas.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Solla.

Polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ten a palabra o señor Torrado Quintela.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas, presidente.

Hai máis deputados ca min hoxe no Grupo Socialista. Xa sei que non é..., polo que dicía oseñor Villares, que el fala moito máis.

Cremos que esta cuestión —como foi nomeado aquí polos ponentes anteriores— non é aprimeira vez que se debate, non é o primeiro momento en que se trata, e foi xa obxecto depropostas tanto neste pleno, como na Comisión, como no debate orzamentario. Por tanto, apartir desas posicións previas, nós queremos ser construtivos con este debate, aspirando aque poidamos facer algún avance de maneira moi interesante.

Cremos que hai dúas cuestións de relevancia que resolver: en primeiro lugar —e así llelotrasladamos ás persoas coas que nos reunimos no seu momento—, o obxectivo final —noque concordamos basicamente—, que é ser quen de achegar este plan de asistencia sanitariaao eido escolar, e, en segundo lugar, é a operatividade de como facelo, que é un debate máisde xestión, máis de concreción. Pero debemos de resolver as súas cuestións porque iso é oque nos corresponde.

En primeiro lugar, sobre o obxectivo, nós concordamos co plantexamento fundamental destaidea, que é ter un servizo que é dependente do sistema sanitario, pero que teña servizo noscentros educativos, que permita que haxa certos espazos da asistencia sanitaria que se poi-dan desenvolver dentro deses centros educativos. Ademais, cremos que non só porque al-gunhas funcións probablemente sexa moito máis axeitado facelas nos centros educativos,como a educación sanitaria nunha ensinanza moito máis aplicada de primeiros auxilios, deeducación en alimentación...; hai moitísimo labor que facer en educación na saúde. Perotamén porque hai unha capacidade do sistema de descentralizar a asistencia dos centros desaúde —pois penso, nomeadamente, dos centros de primaria e incluso dalgunha atenciónde menor grao— que se poidan dar nos centros educativos.

Eu, sendo un rapaz —son o máis novo do meu grupo, pero xa hai uns anos que era máisrapaz—, vivín algunhas campañas de vacinación no meu centro educativo; e creo que iso é

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

148

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 149: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

unha oportunidade tamén de descentralizar e de desafogar o sistema. E, por tanto, cremos quenon só é unha idea interesante, senón que é útil e funcionalmente moi interesante para iso.

E temos, ademais, —que é o fundamental— un corpo de enfermeiros e enfermeiras cunnivel de capacitación moito máis elevado do que o sistema agora mesmo lle permite desen-volver, primeiro, porque as limitacións normativas non llo permiten e, segundo, porque asaturación existente no sistema —porque hai moi pouco persoal— obrígaos a funcionar demaneira moi acelerada. Pero temos a posibilidade de aproveitar iso e necesitariamos dotalosde recursos, iso si, para que ese persoal puidera desenvolvelo. Isto en canto ao obxectivo.

E segunda cuestión: a operatividade. Nós cremos que canto máis operativos sexamos, máispreto estaremos de conseguir este obxectivo. ¿Que quere dicir isto? Que canto máis sexamoscapaces de afinar como facer isto dentro dunha realidade operativa que temos no sistema,seremos máis quen de poder telo máis preto e máis achegable.

¿Que é o que para nós existe e por iso presentamos unha emenda de operatividade? Ben, haialgunhas cuestións que creo que son evidentes dende un punto de vista numérico, pois noné posible que todos os centros educativos de Galicia teñan un enfermeiro ou unha enfer-meira. Iso non é o que está plantexando o colectivo; hai escolas unitarias de seis nenos enenas nas que non ten tampouco sentido. Polo tanto, hai que ser operativos, non imos terun por cada un dos mil cen centros educativos que pode haber aproximadamente en Galicia,se non me fallan os datos —corríxanme se non é así os que saben máis de educación—. Perosi podemos facelo en termos de cupos ou de ratios —entendámolo como queiramos—; polotanto, agrupando centros, zonas ou en función dos criterios que se poidan argumentar, entermos de comunicación, de dispersión, todos os que xa coñecemos.

E a partir diso si que se pode establecer un certo colectivo de enfermeiros e enfermeiras quepoidan desenvolver este traballo. Insistimos: dependentes de Sanidade. Sanidade é a que tena capacidade de asumir cales son os criterios sobre cando facer algúns plans de asistenciasanitaria, que criterios se deben de utilizar, os principios básicos de funcionamento quedeben de apelar dende a súa profesión e os que subministran o material. Todas as cuestiónsdependerán de Sanidade, pero a súa operatividade está nos centros.

Polo tanto, é moi axeitado como plantexa o grupo propoñente, como plantexa o colectivopropoñente, que exista un entendemento natural entre as consellerías de Sanidade e de Edu-cación. Pero dependendo de Sanidade e focalizando o traballo nos centros educativos deberade existir a capacidade de establecer non unha persoa por centro, pero si unha posibilidadede que tiveramos esa asistencia a partir dun volume de persoal axeitado.

Polo tanto, nós achegamos esa emenda, que basicamente vai sobre esas cuestións de ope-ratividade...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

O señor TORRADO QUINTELA: ...—si grazas, presidente, remato xa— e entendemos que aesencia da proposta é avaliar, para empezar a introducir —como dicía a propoñente— de

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

149

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 150: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

que sexa un inicio do camiño. Nese sentido, aspiramos a chegar a un acordo, que agardo quepoidamos votar conxuntamente.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

O señor TORRADO QUINTELA: Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Torrado.

Polo Grupo Popular de Galicia ten a palabra a señora Antón Vilasánchez.

A señora ANTÓN VILASÁNCHEZ: Grazas, presidente.

Saudamos tamén os promotores desta iniciativa.

Señor Torrado, a cantidade e a calidade non sempre van parellas.

E antes de entrar directamente na cuestión, permítanme poñer en valor o modelo educativode Galicia. Un modelo educativo e sanitario tanto por riba do modelo de Inglaterra, señoraPrado, como, sobre todo, de Estados Unidos. Hai máis dunha década que se traballa paraacadar unha educación equitativa e inclusiva, con medidas que dan resposta a moitas dascuestións que plantexa esta iniciativa, e vou salientar só tres:

Empezando pola creación polo Bipartito do Programa Alerta escolar no curso 2007-2008.Un programa coordinado —como todos vostedes saben— pola Fundación Pública UrxenciasSanitarias de Galicia, o 061, resultado do acordo de colaboración entre as consellerías deEducación e Sanidade; un programa pioneiro no Estado cunha traxectoria e uns resultadosque avalan o seu éxito.

En segundo lugar, o Decreto do 2011 polo que se regula a atención á diversidade, dándonosasí un marco normativo no que se determinan diferentes medidas e accións que teñen comoobxectivo dar unha resposta educativa axeitada ás diferentes características, potencialidades,necesidades, situacións sociais e culturais do alumnado. Ao abeiro desta norma, a Conselleríade Educación está desenvolvendo a Estratexia galega de convivencia escolar, educonvives,que ofrece ás comunidades educativas diversos protocolos e recursos, como, por exemplo, oprotocolo de urxencias sanitarias coas adendas referidas tanto á diabetes como ás enfermi-dades crónicas, ou a propia atención educativa domiciliaria para o alumnado que debe per-manecer convalecente no seu domicilio.

E o terceiro paso —quizais o máis importante e o máis recente— é o Decreto 61/2019, poloque se regulan a composición e as funcións da Comisión Interdepartamental en Materia deEducación e Saúde. Unha comisión pioneira que, entre outras cuestións, coordinará os re-cursos existentes para acadar unha maior eficiencia na promoción da saúde no ámbito edu-cativo, con intervencións relacionadas coa saúde sexual e reprodutiva, a saúde mental, oshábitos de vida saudables e a prevención das distintas adicións. E tamén realizará programaspara a atención do alumnado con necesidades especiais de saúde no que se refire ás enfer-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

150

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 151: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

midades crónicas, aos trastornos de conduta alimentaria, aos trastornos do espectro autistae outras enfermidades que impliquen dificultades de aprendizaxe, tal e como pedían as súasseñorías hai un momento.

Se nos cinguimos á figura de enfermeiro escolar, podemos dicir que todas as súas señoríassaben que no ámbito das competencias da Consellería de Educación, con carácter xeral,hai unha dotación de persoal destas características, sexa ATS, enfermeiro ou semellante.Prodúcese en centros nos que polas peculiaridades do alumnado se considera axeitado con-tar con este persoal e mesmo con outro tamén do ámbito sanitario, como poden ser osmédicos, fisioterapeutas, etc. Estamos a falar fundamentalmente de alumnado con nece-sidades educativas especiais, maioritariamente matriculados en centros de educación es-pecial.

En Galicia, por parte da Administración autonómica séguese a consolidar a atención á di-versidade, incorporando máis profesionais, sendo actualmente máis de tres mil cincocentosneste curso, o que supón que un de cada dez profesionais do ensino son especialistas enatención á diversidade, cando en 2009 eran tres de cada dez. Tamén aumentando a forma-ción do profesorado nos ámbitos da saúde e da igualdade, implementando novos protocolos,como a atención ao espectro autista, TDH, etc.

Señorías, sería importante continuar nesta senda, porque non é certo que noutras comuni-dades autónomas recoñezan a figura de enfermería escolar no senso que determina o ConsejoGeneral de Enfermería, que di: «La enfermería escolar es el profesional que está toda la jornadalectiva en el colegio, integrado en la comunidad educativa, que comparte las programaciones, lasevaluaciones, las memorias, etc.» De feito, como dicía a señora Solla, cada comunidade de-senvolve un modelo de actuación, mesmo hai casos nos que son os concellos os que acheganestes facultativos aos centros de ensino.

Precisamente, por esta dispersión de actuacións, esta é unha das demandas do colectivo anteo Goberno do Estado para que regule a figura de xeito conxunto para todo o territorio na-cional. ¿E cal foi a resposta da ministra de Sanidade e da ministra de Educación do Gobernodo señor Sánchez, señor Torrado, da que vostede non falou nada? Que non era prioritario.Por iso vostede subiu aquí, puxo esa emenda que dá voltas, revoltas e viravoltas, para nondicir nada, señor Torrado, para facer que fai aliñándose con esta demanda, cando, realmente,o certo é que o seu goberno respondeu que non era prioritario.

Por iso desde Galicia seguiremos avanzando para que o noso modelo de ensino continúe aser o máis equitativo e o máis igualitario, e seguiremos acompañando o alumnado e as súasfamilias, poñendo recursos e medios para facer efectiva a integración e a protección da saúdeno ensino en Galicia.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Antón.

Polo grupo autor da proposición non de lei ten a palabra a señora Candedo Gunturiz.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

151

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 152: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora CANDEDO GUNTURIZ: Boa tarde de novo.

Primeiro, agradecer as achegas e dicir que un sistema educativo que quere ir acorde cos tem-pos ten que estar aberto a incorporar novos profesionais. E aí discrepo da intervención darepresentante do Partido Popular, porque noutras comunidades autónomas si está incorpo-rada a enfermería escolar; non, efectivamente, —ten razón— que nalgunha delas non baixoo formato que pide o Colexio de Enfermería. E incorporan tamén moitas comunidades outrosprofesionais, como son, por exemplo, os educadores e educadores sociais, que nalgúns dostemas que aquí se trataron podían facer unha intervención moi eficaz de maneira colexiada.Eu creo que o sistema educativo debe ir cos tempos e non ter medo a incorporar outros pro-fesionais que axudarán o profesorado a asumir tamén eses novos retos.

Ben, tamén En Marea tivo cando da aprobación dos orzamentos unha proposta dotada eco-nomicamente de Plan piloto de enfermería escolar. Calquera das achegas, mesmo a que fixoa deputada Solla, ten moito que ver con como pode ser a regulación. Efectivamente, a in-corporación de novas figuras sóese facer a partir dun plan piloto, elixindo seguramenteaqueles centros que teñen esa necesidade específica con maior demanda.

En canto á proposta da emenda do BNG, quero dicir que ese é un excelente punto de partidaprecisamente para desenvolver esta iniciativa: detectar onde están eses casos de atenciónpermanente para logo regulamentar ben a través dun plan piloto. Digamos que a propostanon de lei ía no sentido de valorar o alcance desta iniciativa, primeiro, cun punto esencialno asistencial e, logo, engadindo estoutras funcións na medida en que se fose desenvol-vendo.

Respecto da cuestión dos centros públicos e concertados, nós entendemos a preocupacióne coincidimos, pois o noso modelo educativo defende, evidentemente, a existencia dunhaúnica rede, non esta dupla rede, de centros sostidos con fondos públicos e xestión pública.Pero sabemos que a demanda das asociacións vén dada tamén porque eles teñen detectadoescolarización en ambas as redes, tamén na concertada, precisamente porque sabemos queagora mesmo a escolla de centro tampouco é completamente libre, nin tampouco é com-pletamente ideolóxica, senón que moitas veces ten que ver con elementos de proximidadee con elementos de servizos complementarios, moito máis cando se trata de nenos quepoden necesitar unha proximidade ao centro, porque os pais ou as nais teñen que despra-zarse. E nós quixemos manter hoxe e agora esa asistencia sen renunciar a que no futuroobviamente nesa única rede de centros sostidos con fondos públicos sexa onde se centre aintervención.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora CANDEDO GUNTURIZ: En relación coas emendas que se presentaron, quero dicirque dado que se trata dunha iniciativa popular, se me permiten, debería comentar con elescal é o texto final que poderiamos acordar; entendo que hai moitos elementos de proximi-dade no que falamos...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

152

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 153: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

A señora CANDEDO GUNTURIZ: ...e como mañá é a votación presentariamos un texto, fala-riamos...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas...

A señora CANDEDO GUNTURIZ: ...dese texto final, se lles parece ben.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Candedo.

Proposición non de lei do G. P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª Patricia VilánLorenzo e dous deputados/as máis, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego en relación coa tramitación do proxecto de construción dun centro comercial, dunhanova cidade deportiva e dunha zona verde segundo o previsto no convenio asinado entre oReal Club Celta de Vigo e o Concello de Mos

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): A esta proposición non de lei presentouse unha emendado Grupo Parlamentario Mixto e outra emenda do Grupo Parlamentario do Bloque Naciona-lista Galego.

(O G. P. Mixto, por iniciativa do seu deputado Francisco Casal Vidal, a través do seu portavoz e aoabeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinteemenda a esta proposición non de lei.

Emenda de adición.

Débense engadir na parte resolutiva os seguintes puntos:

«2.- Que antes de autorizar a instalación de novos centros comerciais, como o mencionado nestaproposición non de lei, se desenvolvan informes das consecuencias para o comercio local e de proxi-midade, a destrución de emprego que implica, a redución da diversidade comercial e redución depuntos de venda de produtos locais e pola implantación de grandes superficies comerciais nas zonasde afectación dos mesmos.

3.- Que antes de autorizar a instalación de novos centros comerciais se desenvolvan informes dasconsecuencias, desaxustes e saturación do mercado para os pequenos propietarios de locais comerciaisnas zonas onde se instalan grandes superficies. Os informes tamén reflectiran a superficie comercialdesocupada nos centros e nos barrios das zonas afectadas.

4.- Condicionar as autorizacións de novos centros comerciais as conclusións dos informes anterior-mente descritos.»)

(O G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa do deputado Luís Bará Torres, a través da súaportavoz suplente e ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta ante a Mesa a se-guinte emenda a esta proposición non de lei.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

153

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 154: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Emenda de adición.

Débese engadir na parte resolutiva o seguinte texto:

«Asemade, insta a Xunta a informar negativamente a proposta presentada como “Modificación pun-tual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mos para a delimitación dun sectorde solo urbanizable de usos dotacionais e terciario” por non tratarse dunha modificación puntualsenón dunha revisión substancial das condicións recollidas no actual PXOM, porque a Cidade Depor-tiva é unha tapadeira para instalar unha gran superficie comercial moi prexudicial para o comerciotradicional e de proximidade, porque atenta contra os criterios de sostibilidade ambiental ao supoñera modificación dunha grande extensión de terreo rústico de especial protección forestal, por tratarsedunha operación especulativa para asegurar un negocio mediante a obtención a baixo prezo dunsterreos que cumpren unha importante función social e ambiental, porque prevé a utilización da ex-propiación por parte da administración para logo favorecer negocios privados, porque a única razónaducida para xustificar o centro comercial é o de garantir a viabilidade económica da actuación, por-que as afeccións das obras e construcións previstas van ter un fortísimo impacto no monte, na paisaxe,dos recursos hídricos, na calidade do ar, na mobilidade e no patrimonio cultural, e, en definitiva, por-que existen numerosos informes de diferentes administracións (local, galega e estatal) que cuestionana necesidade, oportunidade e legalidade do proxecto.»)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Para formular a proposición non de lei ten a palabra aseñora Vilán Lorenzo.

A señora VILÁN LORENZO: Grazas, presidente.

Boa tarde de novo a todos e a todas.

Eu quero saudar os veciños e as veciñas do concello de Mos que nos acompañan hoxe, asícomo os propietarios de traídas veciñais de Tameiga, que tamén están acompañandonos natribuna de invitados.

O 24 de novembro do ano 2005, o Pleno do Concello de Barro aprobaba un prego para a con-tratación do traballo da redacción da modificación puntual do PXOM do Concello de Barro.Era para crear un novo equipamento público deportivo, público, nun solo rústico de protec-ción forestal, e eran ao redor duns 64.000 metros cadrados, dos cales 28.000 propiedadedunha comunidade de montes, que os cedeu ao Concello para equipamento deportivo pú-blico, e os outros 35.000 eran propios, adquiridos por compravenda polo propio Concello deBarro, para a construción dunha cidade deportiva pública. Hai un informe da Consellería doMedio Rural que dicía que a zona estaba degradada nun 65 % aproximadamente da superficiee que no resto había unha masa forestal de moi baixa calidade de piñeiro e eucalipto senningún valor salientable. Por iso a Comisión Superior de Urbanismo da Consellería de MedioAmbiente aprobaba a modificación puntual do PXOM de Barro.

Dirán vostedes que eu estou trabucada e que estou a falar doutra cousa, porque, efectiva-mente, falo do Concello de Barro e non do Concello de Mos. Pero é que hoxe falamos doutracousa, parecida, pero doutra cousa. A mesma xogada, pero distinta, nun chanzo superior,cun relato diferente.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

154

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 155: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En agosto do ano pasado, a alcaldesa de Mos e o presidente do Real Club Celta de Vigo fir-maban non un documento co procedemento propio do Concello de Barro para a modificacióndo PXOM; un convenio urbanístico para un proxecto que incluía: 250.000 metros cadradospara unha nova cidade deportiva de uso privado, 160.000 metros cadrados para un proxectopara a construción dun centro comercial privado, 450.000 metros cadrados para unha zonaverde de titularidade privada, aínda que de uso público. Novecentos mil, máis ou menos,metros cadrados para un proxecto faraónico privado.

¿Os terreos eran propiedade do Concello ou do Real Club Celta? Non, son propiedade de pro-pietarios de fincas privadas e dous montes comunais: o máis pequeno de Pereiras, que per-mutou a súa parte co Concello de Mos, e o máis grande, o de Tameiga, que se resiste a cederos seus terreos e tampouco a permutalos. É coma se mañá decidimos que imos facer un cen-tro comercial privado na praza do Obradoiro, que xa nalgún momento a poderemos adquirir.Pois isto foi o que pasou. No monte das Pereiras, como dicía, houbo unha permuta de terreos,e xa se está a desenvolver a través dunha licenza municipal para obras de menor entidade.Colocouse unha primeira pedra para facer dous campos de fútbol e un soto. De momento éa única licenza que hai para facer esas tres cousas: dous campos de fútbol e un soto.

Todas son dúbidas. Non sabemos para que ou o que vai incluír ese centro comercial, que,segundo o propio convenio urbanístico firmado pola alcaldesa de Mos e o presidente do Celta,é o que garante a viabilidade económica de todo o proxecto —consta expresamente na do-cumentación—. E o único que hai, como dicía, foi esa primeira pedra que se colocou hai es-casamente tres meses e cunha festa tamén faraónica á que acudiron —normal— a alcaldesade Mos, o presidente do Celta e tamén, e non sabemos por que nin para que, o secretarioxeral para o deporte da Xunta de Galicia. Non sabemos se foi para botar auga bendita ou pa-rabenizar aquilo que se estaba facendo.

Para esa obra —segunda dúbida—, que pon un centro comercial por riba do medio ambiente,un convenio urbanístico por riba do procedemento que debería facerse, como se fixo enBarro, que se salta o uso natural do solo e que ten como modelo para Mos os centros co-merciais faraónicos, para iso, firmouse un convenio urbanístico sen estudo para a modifi-cación puntual do PXOM por parte do Concello, sen adxudicación procedemental do estudo,sen procedemento para a elaboración do documento de declaración de impacto ambiental.Iso si, todo pagado polo Real Club Celta de Vigo, que, como todos sabemos, é unha entidadepública.

Logo está a Lei de montes, do ano 1989, que di que, para a expropiación forzosa dos montescomunais, necesitamos utilidade pública ou interese social, e que exista unha declaraciónexpresa da Xunta de Galicia que así o diga, do Goberno da Xunta, motivando esa declaraciónde prevalencia da utilidade pública ou interese social por riba do propio monte comunal. Édifícil que, pagando todo isto unha empresa privada, exista esa utilidade pública ou o inte-rese social; ou, polo menos, nós non o vemos.

Logo está a dúbida da Lei do solo de Galicia do ano 2016, que fala do solo rústico de protec-ción forestal e que só permite, no seu artigo 35, realizar actividades de ocio, práctica de de-portes organizados e actividades comerciais ambulantes —supoñemos que ese centro

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

155

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 156: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

comercial de centos de miles de metros cadrados non será ambulante—, e tamén actividadesdeportivas, socioculturais e recreativas, públicas ou privadas, ao aire libre. Ese artigo prohibeexpresamente calquera outro tipo de usos en solo rústico.

Por iso, precisamente, á alcaldesa de Mos ocorréuselle iso de declarar a supramunicipalidadedo proxecto —é difícil de entender, porque o proxecto non sae de Mos, non abarca outrosmunicipios, é só Mos— e tamén aprobar a modificación puntual do PXOM, porque o PXOM,total, era do ano 2017, aprobouse a modificación dous anos despois, era preciso e non sepodía prever naquel momento esa modificación puntual.

Nós preguntámonos que clase de utilidade pública ou interese social pode prevalecer porriba dun monte comunal como o de Tameiga. Ogallá alguén por parte do Partido Popularnos poida contestar.

A seguinte dúbida tamén está en relación co saneamento e o abastecemento de auga. Porque,claro, houbo multitude de alegacións por parte das comunidades de usuarios de augas. Eademais é que inicialmente o proxecto di que vai ser necesaria a auga que veña do concellode Vigo, que se lle quite ao concello que está ao outro lado. Tampouco sabemos nada de comose vai abastecer de enerxía, porque aquí non hai saneamento, non hai abastecemento nintampouco hai ningún tipo de enerxía para abastecer esta cidade deportiva privada. Vanseprecisar 30 litros por segundo. Logo dixeron que era do Consorcio de Augas do Louro, peroiso implicaría un transvasamento que necesitaría autorizar o Ministerio de Transición Eco-lóxica. E non sabemos que pasaría en períodos de seca para Vigo ou para Mos. Veremos oque di a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Logo está a dúbida do acceso a esa cidade deportiva privada do Real Club Celta de Vigo. Porque,claro, está previsto no documento dese convenio urbanístico que se faga a través da A-55,que, como todos sabemos, case non ten tráfico, nin ten unha zona de concentración de acci-dentes, que expresamente así o pon. E xusto nesta zona de concentración de accidentes é poronde sairía — dío o propio proxecto, téñoo aquí— un mercado potencial de seis millóns depersoas que residen a unha distancia inferior a dúas horas. Supoñemos que se refire a Portugal,porque Galicia non chega nin á metade desa poboación e supoñemos que non toda Galicia iríaa Mos a comprar a un centro comercial ou a xogar ao fútbol nos campos de fútbol do Celta.

Ademais, hai un informe desfavorable do Ministerio de Fomento á saída por esa A-55. Haiun informe desfavorable da Deputación de Pontevedra en relación con seis vías provinciais.Sabemos que, efectivamente, o relato da alcaldesa é: «Me tienen mucha manía y todo es polí-tica». Pero, efectivamente, hai dous informes desfavorables que descoñecemos como se vansalvar.

E logo está a cuestión do patrimonio. Hai restos arqueolóxicos nas Pereiras que datan, máisou menos, de 2.500 anos antes de Cristo, ademais de que quedan unhas dez hectáreas porinvestigar.

As preguntas que nós facemos son: ¿pódese modificar un PXOM se a comunidade de montesde Tameiga non cede os terreos?, ¿como se fixo o proxecto de adxudicación de obras, que xa

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

156

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 157: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

se están a facer?, ¿a quen se adxudicaron?, ¿a través de que procedemento —porque non osabemos—? ¿Pensa o Goberno que este proxecto facilita a implantación do Real Club Celtapor riba doutros posibles adxudicatarios que se poden presentar ao procedemento? E tam-pouco sabemos quen vai recepcionar a obra final.

Ese relato que vostedes contan é difícil de entender cando é para unha obra privada dunhaentidade privada. E non sabemos moi ben que pinta o Concello de Mos nesta cuestión. Gus-taríanos que nolo aclarasen. Nós pedimos que non se tramite este proxecto porque non seadapta á lexislación vixente, xa falei da Lei do solo e da Lei de montes comunais. E ademaisporque hai tantas dúbidas que nós cremos que é preciso que se aclaren, se é posible —ade-mais dos informes negativos—, de antemán. Porque, se non, os problemas van ser tremen-dos, non só para o medio ambiente...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

A señora VILÁN LORENZO: ...—remato xa—, senón tamén para todo o que poida vir no fu-turo.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Vilán.

Pasamos aos grupos parlamentarios.

Polo Grupo Parlamentario Mixto ten a palabra o señor Casal Vidal.

O señor CASAL VIDAL: Boa tarde.

Boa tarde tamén ás persoas que nos visitan.

Imos empezar cun lema que parece que a algúns lles gusta moito: a especulación co territoriopara o beneficio duns poucos. Así poderiamos rematar xa esta intervención, pero imos apro-veitar un pouco máis o tempo.

Nós pensamos que así se pode definir o proxecto de construción desta cidade deportiva doCelta que, como xa comentou a portavoz do Partido Socialista, prevé expropiar 864.000 me-tros cadrados de monte en Mos, a metade dos cales corresponden a monte en man común.Neste senso manifestamos o noso apoio a toda a loita da veciñanza de Mos e de todas asasociacións que se opoñen a este proxecto, en concreto aos comuneiros de Tameiga na de-fensa dos seus montes.

Esta actuación correspóndese cun modelo e cunha lóxica caduca e errada que presentagrande impacto ambiental, así como unha ocupación do territorio que non favorece a mo-bilidade sostible e que actúa como barreira ecolóxica moi negativa.

Se de verdade están a desenvolver —que iso comentan continuamente— o mapa para a tran-sición sostible de Galicia, as conclusións deberían explicitar que os grandes centros comer-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

157

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 158: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

ciais son un verdadeiro buraco negro de enerxía, de auga, de destrución de comercio de pro-ximidade e de destrución de emprego neto. Fagocitan o comercio local e de proximidade, oque máis tecido social xera en todas as nosas cidades e vilas. E cando se chega ao nivel dedelirio actual de proxectos en Galicia —agora sobre todo na área de Vigo, pero anteriormentena da Coruña—, como xa non teñen o que fagocitar, empezan a fagocitarse entre eles. Ousexa, un verdadeiro despropósito.

A través do falso discurso da xeración de emprego, do progreso e da diversificación da eco-nomía, téntase xustificar estas dotacións como beneficiosas para a veciñanza, mais estesbeneficios recaerán, coma sempre, nas mans duns poucos, e atentarán realmente contra oben común.

Fronte a este modelo debemos apostar polo potencial de xeración de emprego e fixación dapoboación que constitúe a xestión sostible do monte comunal. Os montes en man comúnteñen un enorme potencial na conservación e na posta en valor dos ecosistemas, da biodi-versidade e dos recursos, por iso habería que potencialos e non eliminalos, como se pretendecon este proxecto.

Hai que defender tamén o papel das comunidades de montes nos proxectos de restauraciónambiental nun momento en que gañar resiliencia nos territorios é un paso fundamental parapoñer freo ás consecuencias do cambio climático. Dío o mesmo proxecto de estratexia cli-mática do Partido Popular e do Goberno. Din que van desenvolver moitísimas zonas de cap-tación de CO2. Pois esta non parece a mellor maneira.

Pero, claro, encontrámonos tamén con outras dificultades. A Lei do solo, do Partido Popular,permite precisamente expropiar para especular. Todos estes terreos están suxeitos á pro-tección pola súa cualificación como rústicos forestais; porén, a Lei do solo de Galicia permiteque o PXOM poida excluír xustificadamente os terreos necesarios para o desenvolvementourbanístico racional. ¿Realmente está xustificado e é racional este proxecto?, ¿realmente opensan?, ¿de verdade pensan expropiar co fin de que haxa xente que poida especular condotacións e infraestruturas privadas?, ¿de vedade pensan tirar a adiante con este proxecto?

Consideramos, ademais, que a operación ten todas as bazas de ser considerada ilegal, porquetras a expropiación non se pode predeterminar quen será o adxudicatario dos terreos, queno seu caso deberían outorgarse mediante un concurso público.

Tamén moitas entidades de diversos organismos presentaron informes non favorables. Nonos vou relacionar porque xa o comentou a portavoz do Partido Socialista. Por contra, hai, isosi, unha gran argumentación, e a maior defensora é a alcaldesa de Mos, que insiste en quea cidade deportiva e o centro comercial —lino esta mañá textualmente— están avaladospolas urnas. Se o din as urnas, ¿para que queremos as leis? E, ademais, non queda aí. Des-borda prepotencia cando declara que estuda accións legais contra a Comunidade de Montesde Tameiga, ou sexa, contra os seus veciños. ¡Moi ben, así van moi ben!

Realmente, señoras e señores do Partido Popular, se insisten en tirar para a adiante con esteproxecto xerarán outro buraco negro, pero esta vez de votos, como os que xa teñen en Verín,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

158

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 159: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

en Touro, na industria en xeral, na industria naval, na educación, na sanidade e en tantosoutros sectores asolagados por este goberno. De verdade, non se pode especular co territoriopara o beneficio duns poucos. Non insistan con sete proxecto e retíreno dunha maneira in-mediata.

Grazas.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Casal.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, ten a palabra o señor Bará Torres.

O señor BARÁ TORRES: Moi boa tarde.

Quero tamén darlles a benvida á representación que hai aquí da veciñanza de Mos, e non sódarlles a benvida senón expresarlles o noso recoñecemento pola loita exemplar que estánlevando a cabo en defensa do seu monte, da súa terra, das súas vidas, da súa auga. (Aplausos.)Esta é a Galiza realmente que merece a pena e non a dun goberno que está contra a xente,neste caso e en moitos outros está contra a veciñanza.

E eu propóñolles —é un consello gratis— que lle cambien o nome á Dirección Xeral de Ca-lidade Ambiental. Eu creo que deberían chamarlle «Dirección Xeral da Cacicada Ambiental»,porque isto é o que están facendo con este proxecto. E á Dirección Xeral de Ordenación doTerritorio, que está tendo tamén unha participación fundamental, deberían chamarlle «Di-rección Xeral do Chanchullo Urbanístico», unha dirección xeral da cultura do pelotazo, por-que este é un exemplo de libro da cultura que vai contra a lóxica, contra a sustentabilidadeambiental, que vai contra o uso racional do territorio, que vai contra o desenvolvementosostible. ¿É este realmente o modelo de país, de desenvolvemento sostible, de loita contra ocambio climático, que patrocina o Partido Popular? ¿Esta é a Galiza verde e azul? Miren, overde xa está no monte. Este é o monte de Mos, de Tameiga, das Pereiras, Xa está verde,non fai falta que lle toquen. Saquen as mans, as súas sucias mans, do monte de Tameiga edas Pereiras, porque o que queren é destrozalo. E veñen a dicir aínda no documento que oque queren facer aquí vai mellorar o que hai. Pero ¡como poden ter tanta desvergoña, señorase señores do Partido Popular! E despois din que se axusta ás directrices de ordenación doterritorio este proxecto. Hai, desde logo, que ter moita cara, moito morro, moito morrazo.

E despois está o tema de como pasan vostedes por riba, absolutamente por riba, do que es-tablece a lei, a Lei do solo. Miren, estes son os traballos de explanación dos terreos parafacer unha fase primeira do proxecto, que o están facendo sen ter aínda aprobada a modifi-cación do plan xeral, que é outro escándalo. (O señor Bará Torres amosa unha fotografía desdea tribuna.) Hai desniveis enormes e muros, noiros, que superan amplamente os tres metrosde altura que prevé a Lei do solo. Así é como pasan vostedes a Lei do solo polo arco de triunfo.

E, claro, isto preténdeno facer en contubernio cunha empresa privada, a Sociedade AnónimaDeportiva Celta de Vigo, e queren facelo modificando un PXOM que foi aprobado hai tresanos, un PXOM que dicía que o monte comunal, o monte veciñal, era fundamental desde opunto de vista da sustentabilidade ambiental. Vostedes quéreno laminar, quéreno trincar,

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

159

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 160: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

non se lle pode chamar doutra maneira. E ese plan xeral feito hai tres anos, tamén prevíauns usos dotacionais terciarios para usos comerciais de 78.000 metros cadrados construídos.E resulta que só esta modificación pretende construír máis de 189.000 metros cadrados.Aquilo era sustentábel, e agora a isto ¿como se lle chama? Son duascentas veces máis doprevisto no plan xeral. Xa está claro a quen serven vostedes.

Isto non é unha modificación puntual, señora Egerique, isto é unha modificación substancial,moi substancial. E o que é máis grave é que está feita á carta, que ten nomes e apelidos, quetodo o mundo sabe xa para quen é. Por certo, como a de Barro, que estaba tamén claro quenestaba detrás, de pública non tiña nada. O que pasa é que era moito menos lesiva ca esta,porque non chegaba a 100.000 metros cadrados. Só era para unha cidade deportiva, non parafacer un centro comercial. E foi botada abaixo, por certo, pola Dirección Xeral de Urbanismoen 2008.

Entón aquí quedou claro o papel da Xunta do Partido Popular, porque, ademais, deu as ordesclaramente o presidente da Xunta cando, nun acto que tivo lugar en Vigo o 15 de decembrodo ano 2017, dixo claramente que «la Xunta acelerará y validará los usos urbanísticos cuando seapreciso para desbloquear la futura ciudad deportiva». Quedou claro. Isto, se non é prevaricación,pasa rozando o poste, señora Egerique, señoras e señores do Partido Popular. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) (Murmurios.)

¿Que? Bueno, a ti ou a Pazos ou a quen lle toque falar. Dáme igual. (Fortes murmurios.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): ¡Silencio!

O señor BARÁ TORRES: Por certo, outro exemplo clarísimo de case-prevaricación, de desvíode poder e de uso das institucións públicas.

Aquí está a primeira pedra. (O señor Bará Torres amosa unha fotografía desde a tribuna.) Non,non só o señor Lete Lasa, aquí está toda a plana maior do Partido Popular. É a primeira pedradunha cidade deportiva para a que hai que modificar un plan xeral e resulta que fan unhafoto, para presentar algo que aínda non está aprobado, o señor vicepresidente da Xunta, oseñor Rueda...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate, por favor.

O señor BARÁ TORRES: ...a señora directora, a señora Pastor —por certo, que non ten nadaque ver—...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

O señor BARÁ TORRES: ...ou o señor conselleiro do Medio Rural, que tamén ten moito quever co proxecto. Isto é un auténtico escándalo que vai beneficiar...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

160

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 161: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor BARÁ TORRES: ...exclusivamente intereses privados, pero que non llelo imos per-mitir. Non llelo vai permitir a veciñanza de Mos... (O señor Bará Torres pronuncia palabras quenon se perciben.) (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Bará, xa rematou o seu tempo.

Polo Grupo Común da Esquerda, ten a palabra o señor Cal Ogando.

O señor CAL OGANDO: Grazas, presidente.

Boa tarde a todos e a todas.

Benvidas as veciñas e os veciños de Tameiga.

A señora Egerique ¿xa non está no Partido Popular? Pregunta onde está ela. Está vostede noPartido Popular, ¿non? Alí había representantes do Partido Popular. Eu non sei se vostedexa non está no Partido Popular ou se se avergoña do seu partido.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Señor Cal, señor Cal, perdoe un segundo. Non é só porvostede, tamén é polo señor Bará. Se nos diriximos persoalmente a deputados que non estánno debate, despois haberá turno de alusións. Así que, por favor, céntrese na súa interven-ción.

O señor CAL OGANDO: Non hai problema en que fale.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

O señor CAL OGANDO: Respecto do pretendido proxecto de Mos, coa inclusión do centro co-mercial, cando falamos desta cuestión, estamos falando do último gran intento de pelotazourbanístico no país. Cando pensabamos que estas prácticas eran cousas dese pasado que nosdebería avergoñar a todos e a todas, vemos como a día de hoxe aínda se pretende expropiar,aínda se pretende espoliar terreos aos veciños e ás veciñas para poñelos en mans das empresasprivadas, para poñelos en mans dun particular para que faga un bo negocio. Seguimos coa pri-vatización de beneficios e socialización de perdas, e coa utilización da Administración para obeneficio privado e en contra do ben común. A historia do intento de espolio do monte de Ta-meiga está cheo de triquiñuelas e de trolas —como dicía o señor Centeno esta mañá—, maistamén no outro lado, por sorte, contamos con xente que está defendendo a súa terra fronte aoespolio, onde non estamos atopando o Partido Popular pero si contamos cunha veciñanza unidae disposta a chegar ata onde faga falta na defensa do que é seu, na defensa da dignidade.

Como dicía, no lado das triquiñuelas e das trolas atopámonos con barbaridades como que oproxecto que vén de aprobar a Xunta de Galicia chega a dicir —xa adiantou algo o señorBará— que é positivo, que hai cousas positivas para o medio ambiente na realización desteproxecto; como, por exemplo, no que ten que ver cos incendios forestais. Evidentemente, secortamos todas as árbores e nos cargamos todo o monte, aí non vai haber lumes. Isto estáneste proxecto e isto véno de aprobar a Xunta de Galicia, barbaridades coma esta.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

161

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 162: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Dentro destas triquiñuelas e trolas tamén quero destacar o que ten que ver coa situación ur-banística e de ordenación do territorio. Segundo o disposto no artigo 203 do Regulamentoda Lei do solo de Galicia, e no artigo 22.7 e na disposición transitoria cuarta do Texto refun-dido da Lei do solo de 2015, este proxecto non se pode tramitar coma unha simple modifi-cación do PXOM, senón que ten que considerarse a revisión do plan xeral. Iso di a normativa,pero á Xunta de Galicia a lei e a normativa dálle igual porque hai que tirar para adiante coneste pelotazo urbanístico.

Tampouco hai motivos de interese social —o que tamén lle dá igual ao Partido Popular—necesarios para poder aplicar calquera tipo de expropiación. Porque o único interese socialque vemos aí, evidentemente, é o da propia sociedade, o interese social é o interese da so-ciedade. E a sociedade de Tameiga estase manifestando e está unida na defensa do seu montee en contra deste proxecto. Polo tanto, o único outro interese que se cruza aquí é o do señorMouriño. Pero ao Partido Popular e á Xunta de Galicia dálles igual e tiran para adiante.

Tampouco é viable a proposta no que ten que ver coa mobilidade. Xa se falou dos problemasda A-55, de todos os problemas de infraestrutura que ten. E tamén hai que salientar que noestudo de mobilidade se indica a necesidade de reforzar o sistema de transporte público ur-bano desde a cidade e Vigo, que excede o ámbito estritamente municipal. Pero ao PartidoPopular, sen ter iso solucionado, tamén lle dá igual e tiran para adiante co proxecto porquehai que tirar para adiante co pelotazo urbanístico.

Tampouco ten en conta a Xunta de Galicia, ao aprobar este proxecto, como afecta o pequenocomercio, como afecta a economía real. Falou o señor Casal tamén desta cuestión. Hai exem-plos por todo o país e estudos suficientes que din como inflúe isto na economía real e nopequeno comercio.

E, por último, quero destacar outro dos motivos polo que tanto o Partido Popular, a Xuntade Galicia, como calquera que defenda o ben común e respecte as normas e as leis, deberíadesbotar este proxecto, que é o que ten que ver coa auga.

Non se garante a suficiencia dos recursos hídricos no proxecto para atender as novas de-mandas xeradas, non consta informe da empresa ou entidade subministradora, o documentorecoñece un alto risco de afectación das augas subterráneas. Nesta situación, a Xunta de Ga-licia tira para adiante co proxecto. Dálle absolutamente igual porque hai que seguir paraadiante co pelotazo urbanístico. Cando estamos nunha situación de cambio climático, candoa Directiva marco da auga —directiva que hai que cumprir— obriga ao principio de precau-ción fronte ao cambio climático no que ten que ver coa auga, o Partido Popular salta as leis,salta as normas, e todo por este gran pelotazo urbanístico.

Máis nada. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Cal Ogando.

Polo Grupo Parlamentario Popular, ten a palabra o señor Pazos Couñago.

O señor PAZOS COUÑAGO: Moitas grazas, presidente.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

162

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 163: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Antes de nada, e para que non leve á confusión o meu novo cambio de look, non son a señoraEgerique. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Murmurios.) Non, non, é que os mireiun tanto confusos. Non son, por desgraza para min e por sorte para ela —tamén teño quedicilo—. (Murmurios.)

Miren, eu vou facer unha aclaración previa que me parece sorprendentemente necesaria.Miren, as autorizacións urbanísticas son actos regrados, é dicir, están sometidos de maneiraprecisa e taxativa ao establecido legalmente. Polo tanto, son alleos á potestade discrecionalda Administración. Non hai opcións, non hai alternativas entre as que poidamos escoller. Acidade deportiva do Celta será obrigatoriamente autorizada se cumpre todos os requisitoslegais e será obrigatoriamente denegada no caso contrario. Eu creo que isto o entende todoo mundo, ¿non?

Pero o PSdeG hoxe tráenos unha PNL na que prefire antepoñer os seus intereses de partidoao cumprimento da lei, esta é a realidade. Insta a Xunta para non tramitar un expediente entanto non se adapte á lexislación vixente. ¡Pero se por iso hai que tramitalo!, para saber sese pode adaptar ou non á lexislación vixente, e incorporando, por certo, entre outras, as co-rreccións que indicou o propio Ministerio —que non dixo que non se poida facer, dixo quepara facelo hai que facer unhas correccións, é o que indica—. Pero vostedes prefiren obvialo.E obvian, ademais, que non dar trámite a un expediente administrativo é unha actuacióndescrita no Código penal cun nome moi feo. Chámase «prevaricación».

Pero, ademais de ser isto imposible legalmente, se admiten vostedes a emenda do BNG, xapasará a ser de imposibilidade metafísica; porque o BNG pretende que informemos negati-vamente dende a Xunta o informe e, iso si, sen tramitalo. Eu non sei como se fai isto. É denota, salvo que apliquen esta máxima da esquerda democrática, que é aquela de «nada meparece xusto non sendo do meu gusto» E para iso retórcense os procedementos e non du-bidan, primeiro, en utilizar as institucións con fins partidistas. Dicía a señora Vilán que dicíaa alcaldesa de Mos que lle tiñan manía. Non, non, o que pasa é que a Deputación de Ponte-vedra, sorprendentemente, non dubidou en realizar un informe —que, por certo, extralimitano seu contido as súas funcións— que ademais filtra aos medios de comunicación antes deque o teñan as propias administracións interesadas. (Murmurios.) ¡Si!.

Tampouco dubidan en manipular de forma permanentemente groseira a verdade. Hoxe fíxooo señor Bará ensinando unhas fotos. Señor Bará, todas as actuacións que se están desenvol-vendo neses terreos, están autorizadas. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) ¡Si, si, si,claro que si!, porque son as que corresponden á parte que xa conta con licenza. Que vostedediga o contrario é, simplemente, por descoñecemento ou por moi mala fe. Eu pídolle querectifique ou que vaia ao xulgado, que é o que ten que facer. (Aplausos.)

Pero, miren, estamos acostumados, estamos acostumados. Miren, a alcaldesa do Po-rriño... (Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Murmurios.) ¡Non, home, non! Eu ex-plícollo. A alcaldesa do Porriño saíu estes días... (Pronúncianse palabras que non seperciben.) (Murmurios.)

O señor PRESIDENTE: ¡Silencio!, ¡Silencio!

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

163

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 164: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PAZOS COUÑAGO: Saíu estes días cuestionando a suficiencia do abastecemento deauga, igual que unha concelleira de Vigo e igual que fixeron vostedes hoxe. É curioso no casoda alcaldesa do Porriño, porque eu teño aquí un informe do Consorcio de Augas do Louro,do que lle vou ler apenas dúas frases: «A modificación puntual pode ser satisfeita hidrau-licamente dende a ETAP dos Valos, tanto para garantir a calidade como para ter unha ga-rantía de subministración. A EDAR de Guillarei ten tamén capacidade para o tratamentobiolóxico do incremento de caudal de auga residual». Claro, isto é un informe técnico. O cu-rioso ¿sabe o que é? Que quen o asina é a presidenta do Consorcio de Augas do Louro, quecuriosamente é a alcaldesa do Porriño, a mesma que di que ten dúbidas respecto dun informeque ela mesma valida e asina. Pero, sinceramente, ¡como se pode ter tan mala fe!

E, miren, a última é que, ademais, vale todo. Tamén vale xerar alarma cidadá recorrendo aprácticas pseudomafiosas, como inventar unha empresa municipal de augas ficticia, crearrecibos falsos de auga inflando os importes, envialos aos domicilios dos veciños sete díasantes das eleccións e, ademais, para todo isto, suplantar o Concello de Mos para enganar,alarmar e manipular os veciños. Iso é o que hoxe foi definido aquí por algún voceiro como«exemplar loita veciñal». ¡Manda truco!, ¡manda truco! Miren, tamén teño que dicirllesunha cousa. Os presuntos autores deses feitos teñen nome, teñen apelidos e teñen carné po-lítico, e miren por onde, non é o do Partido Popular.

E ¿cal é o obxectivo de todo isto? O obxectivo de todo isto é someter a Mos, claro que si, por-que a vostedes non lles molesta a construción da cidade deportiva do Celta, moléstalles quese faga en Mos —decisión que lles corresponde unicamente ao Celta de Vigo e ao Concellode Mos, e á que non se lle pode poñer máis límite que o cumprimento escrupuloso da lei—.

Por certo, preguntábase algún sobre o carácter supramunicipal da actuación. ¡Home!, eu nonsei se dubida vostede do carácter supramunicipal da ampliación de Citroën polo feito de queos terreos onde se ampliou eran exclusivamente de Vigo. ¿Tiña entón interese supramunipalou non? ¿Ou só ten interese supramunicipal cando o interese o solicita un alcalde do PSOE?Eu creo que non debería de dicir esas cousas.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Remate.

O señor PAZOS COUÑAGO: Acabo xa.

Non lles molesta a construción do centro comercial, moléstalles que se constrúa en Mos epor iso non teñen inconveniente en que no veciño concello, a moi pouca distancia, se cons-trúa Vialia, Valadares e Recaré.

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

O señor PAZOS COUÑAGO: E non lles preocupaba o abastecemento de auga na Louriña. Sóse afecta a Mos. E, por iso, a mesma alcaldesa...

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

164

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 165: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PAZOS COUÑAGO: ...que critica a cidade deportiva en Mos ofreceu terreos no Po-rriño.

Remato xa. (Fortes murmurios.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Pazos.

O señor PAZOS COUÑAGO: Miren, a Xunta de Galicia, o Concello de Mos e o Celta están acumprir os compromisos que asumiron no «pacto dos escudos». Outros posaron sorrintese agora terán que explicar por que non o cumpren. Non, non se preocupe. Ía dicir que podíaestar decepcionado, pero de quen nada se espera, ningunha decepción cabe.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señor Pazos.

Polo grupo autor da proposición non de lei, ten a palabra a señora Vilán Lorenzo.

A señora VILÁN LORENZO: Como mo pide o señor presidente, primeiro quero agradecer oapoio dos grupos da oposición, falar primeiro das emendas e logo contestarlle ao señorPazos.

Imos aceptar parte da emenda de adición do BNG. E, como isto aínda se vota mañá, pois aíndatemos a posibilidade de falalo. Non aceptamos a emenda de adición do Grupo Mixto porqueparece aceptar a posibilidade dun centro comercial, e nós en ningún caso o aceptamos.

Señor Pazos, ás veces gustaríame ceder o meu tempo para que vostede puidese seguir fa-lando, dígollo de verdade, en serio, porque esa frase, «o seu obxectivo é someter Mos», éabsolutamente gloriosa, é gloriosa. E canto máis fala, aínda peor. Manipular groseiramentea verdade é dicir, como dixo a súa compañeira, que a Lei de coidados paliativos non entraraen vigor cando morreu a nena Andrea Lago, porque entrou en vigor o 17 de agosto e a nenamorreu o 9 de outubro. Iso é manipular de maneira moi pouco sensible e groseira a verdade.Nós non manipulamos.

Vostede veu aquí a falar do que lle deu a gana, porque é difícil ir ao Cumio do Clima a dicirque se loita contra o cambio climático e logo defender o cemento, os centros comerciais,seis millóns, cando menos, de vehículos circulando por Mos adiante e os campos de herbasintética. Ben difícil é dicir iso. Non sei a que iría a conselleira a Madrid ao Cumio do Climaa falar do cambio climático, porque é complicado.

É verdade que a alcaldesa de Mos tivo un bo maestro, que era o anterior presidente da De-putación de Pontevedra, ao que lle gustaban moito os campos de herba sintética. É certo, écerto.

Gustoume moito o símil futbolístico que utilizou o señor Bará: «Roza o poste da ilegali-dade». É certo, e por iso nós recorremos á avaliación ambiental estratéxica da Dirección

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

165

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 166: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Xeral de Calidade Ambiental, que é de maio de 2018, que di o seguinte: «Di o Instituto deEstudos do Territorio que é para usos e dotacións privadas, por iso cómpre xustificar axei-tadamente a elección da expropiación. Deben aclararse as previsións de abastecemento deauga». Segue dicindo: «Esta modificación puntual pode provocar efectos paisaxísticos sig-nificativos. Hai que xustificar que se necesita implantar un centro comercial, e mellor nou-tras localizacións alternativas». Patrimonio di que hai que prestar especial atención aoestudo do contorno de protección do xacemento romano das Pereiras. A Confederación Hi-drográfica Miño-Sil di que afectaría directamente captacións de augas de abastecementosubterráneas. E así podemos seguir ata o infinito.

E eses son vostedes, porque vostedes non pensaron, por exemplo, na pegada de carbonodeses 6 millóns de coches. Non pensaron tampouco na contaminación lumínica que podeimplicar, etcétera, etcétera, etcétera.

Cheira a presunta ilegalidade urbanística, que veremos como remata. E vostedes tiñan quevir aquí a dicir «votamos que non porque apostamos polo modelo do cemento».

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Moitas grazas, señora Vilán.

Pasamos á seguinte proposición non de lei.

Proposición non de lei do G. P. do Grupo Común da Esquerda, por iniciativa de D. Xan XoséJove González e Paula Quinteiro Araújo, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego para incrementar as posibilidades de pesca do sector do xeito, garantindo a susten-tabilidade da especie en augas interiores

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): A esta proposición non de lei presentouse unha emendado Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego.

(O G. P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da deputada Montserrat Prado Cores, ao abeirodo disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda a esta proposición non de lei,doc. núm. 60646 [10/PNP-004519].

Emenda de adición.

Engadir despois de «Xunta de Galicia» o seguinte texto:

“...a reclamar do Goberno central a exclusión da arte do xeito do Plan de xestión conxunta da sardiña,asinado entre o Estado español e Portugal, e...”)

O señor PRESIDENTE (Calvo Pouso): Para formular a proposición non de lei, ten a palabrao señor Jove González.

O señor JOVE GONZÁLEZ: Moitas grazas, señor presidente.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

166

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 167: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Confeso que quería comezar esta intervención con dous desexos, e non podo cumprir nin-gún dos dous. O primeiro era saudar a nova deputada Candedo, que non se encontra agoramesmo entre nós. E o segundo, xa que é a última hora da tarde, era que me gustaría cantarunha cantarea. E penso que a única persoa desta sala que a poida coñecer e que a poidacantar non está tampouco entre nós nestes momentos, que era aquela de «Aí veñen as lan-chas do xeito, pescando sardiñas a eito, e veñen e veñen e veñen van, cara a Rianxo marchanpescar». Penso que moitas das persoas que estamos aquí coñeceremos esa copla dos Ta-mara. E é precisamente do xeito, da arte de pesca histórica, centenaria, secular, do que que-remos falar hoxe. Xa desde o século XVI se coñece a utilización deste pano de pesca que seemprega desde pequenas embarcacións nas rías baixas. É unha arte tradicional, é unha arteselectiva, que se emprega —e é moi importante darse conta disto— unicamente dentro dasrías galegas, unicamente dentro das rías galegas. Emprégase principalmente, nun 85 %,para pescar a sardiña. A sardiña é un recurso pesqueiro que nos ten a todas e todos bastantepreocupados polo estado dos seus caladoiros. A pesar de que esas poboacións teñen —di-gamos— unha flutuación cíclica ao longo da historia, realmente nos preocupa o estado desecaladoiro.

Actualmente esta especie está xestionada por un plan chamado Plan de xestión e recupera-ción da sardiña ibérica, que foi publicado no BOE o 5 de xuño de 2018. É un plan interestatal,entre o Estado español e Portugal, e asinado pola ministra Isabel García Tejerina, do PartidoPopular, naquel momento.

O plan reparte a posibilidade de capturas, e recolle que case tres cuartas partes desa canti-dade —o 70 %— as pesque Portugal. Pesca e xestiona Portugal o 70 % das sardiñas dasaugas ibéricas grazas a ese acordo —ou por desgraza—. No ano 2019, a cantidade total au-torizada para a pesca nas augas ibéricas foi de 10.799 toneladas. Como o 70 % se reservapara Portugal, para todo o Estado español quedaron 3.571, das que a Galicia lle correspon-deron 1.480 toneladas no ano 2019.

Posteriormente é importante ver o que se reserva desta cantidade para a arte do xeito. A cotaque corresponde a España repartirase en función do consumo das cotas, e un 2,57 % reser-varase para os buques de artes menores que utilizan a arte do xeito.

No 2019 a cantidade reservada para o xeito ata o 31 de agosto foi de 65 toneladas, ¡65 to-neladas de 10.800!, unha cantidade a todas luces insuficiente para as máis de 400 embar-cacións que teñen licenza para esta arte. Por iso a posibilidade de pesca para todo o anoestaba practicamente esgotada a comezos do verán pasado, o que enervou e puxo en ver-dadeira alerta a todo o sector, que, logo dun amago de protestas e unha pequena cesión decota por parte do sector do cerco, puideron seguir faenando ata o final da campaña do anopasado.

Para concluír, e non enredar máis con cifras, o ano pasado, de 10.799 toneladas de posibi-lidades de pesca de sardiña en augas ibéricas, as embarcacións do xeito pescaron finalmente109 toneladas, ¡109 toneladas de 10.799! Un 1 %, 1 de cada 100 sardiñas pescouse coa arteselectiva sustentable do xeito, que ten 429 licenzas en Galicia. É como para parar a pensarpor un momento.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

167

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 168: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Dende logo, non parece que poidamos facer responsables os mariñeiros e mariñeiras queandan ao xeito do preocupante estado desta especie. Por certo, o estado da sardiña seguimossen coñecelo en profundidade. Aínda agardamos a recibir os datos dos informes compro-metidos xa na primavera do ano pasado, tal como indicaba a Secretaría Xeral de Pesca nasúa resolución do 24 de abril do 2019. E logo no verán, por certo, o Goberno portugués ama-gou con aumentar unilateralmente o 25 % do número de capturas, fundamentándose nunssupostos estudos que recollían a mellora dos stocks. Esperemos que realmente sexa así.

Finalmente, a única certeza é que no outono do ano pasado se levou a cabo a campaña Iberas0919, entre o Instituto Español de Oceanografía e o Instituto Portugués do Mar e da Atmos-fera, o IPMA. Ambos traballaron cun obxectivo conxunto no tocante á xouba, un proxectoque rematou o 27 de setembro do ano pasado con resultados, ao parecer, esperanzadores.

Volvendo ao xeito, a súa situación é de franca deriva cara á súa desaparición forzosa polasituación que teñen de indefensión e precariedade. No ano 2019 pescouse practicamente ametade que no 2017 con esta arte de pesca —109 toneladas, como dicía antes, fronte ás 208do ano 2017—. O número de licenzas tamén diminúe ano tras ano, sendo actualmente 429embarcacións as que teñen licenza para empregar esta arte. Pero unicamente 109 destas 429licenzas despacharon finalmente pesca ao xeito nos portos galegos no ano 2019 —300 nonempregaron esta arte de pesca, vendo, loxicamente, estes datos—. É a terceira parte, e, porcerto, menos que no 2014, que foran 166.

Desde o noso grupo non é a primeira vez que mostramos a nosa fonda preocupación polasituación deste sector debida á insuficiente cota reservada para unha arte de pesca que de-bería ser convenientemente protexida e valorada pola súa selectividade nas capturas.

E en todo este período, ¿que fixo a Xunta de Galicia? Practicamente nada, efectivamente —xa o din as compañeiras do Partido Popular— máis alá de xestionar a precariedade e a mi-seria. E para iso fixou un propio plan de xestión do xeito para o ano 2019, cun número decapturas máximo de 30 quilos por tripulante a bordo e día, ao que se lle sumarían 30 quilospor embarcación e día; e sen cuestionar, por suposto, de ningún modo dende San Caetano oplan de xestión estatal asinado polo Partido Popular —no Goberno do Estado naquela al-tura—. Esa xa de por si escasa cantidade dos 30 quilos foi reducida na primeira parte doano, voluntariamente polos propios pescadores, a 20 quilos por tripulante para tentar sal-vagardar a exigua cota anual da que dispoñían.

Paremos un momento a pensar nisto: pescadores que non queren pescar, pescadores quequeren pescar menos. O que acontece é que a súa cota é tan pequena que teñen a lóxica efonda preocupación de que esta se esgote nos meses onde o produto ten un valor case irri-sorio nas lonxas. Tal é así que, consultado o sector, nos confesan que son moitas as embar-cacións que deciden directamente non saír a faenar. Para que teñan unha idea, o prezo dasardiña na lonxa varía desde céntimos de euro ata un máximo de 10 euros —o que chegou ater no verán do 2019 na lonxa de Rianxo, precisamente—.

A semana pasada, o 28 de xaneiro, vimos como a Xunta de Galicia publicaba o seu plan dexestión da sardiña deste ano, plan que non aporta obviamente solución ningunha ao pro-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

168

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 169: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

blema de fondo, que é a escaseza de cota. A única variación co ano anterior é simplementereproducir o parche de autolimitación da pesca a 20 quilos por persoa e día máis 20 por em-barcación, contando un máximo para o primeiro trimestre —¡atención!— de unicamente 4toneladas para as capturas do xeito nas augas das rías galegas.

O que está a facer a Xunta é colaborar —e oficializalo— co reparto da miseria. Iso é o queestá facendo a Xunta de Galicia neste tema. Pensamos que este parche é sacar balóns fórae condenar o xeito á súa práctica desaparición. Realmente fai falta un plan, pero un planprofundo de explotación e de recuperación, non só da mera xestión da escaseza. Fai faltaun plan que apoie, promocione e divulgue esta arte, que fale da súa tradición e da súa sus-tentabilidade, e conseguir así elevar o valor da súa pesca. Pensamos que a Xunta de Galiciaten ferramentas dabondo para poñer en marcha un plan verdadeiramente ambicioso quedea solución a esta problemática. A principal ferramenta que existe é unha realidade quesistematicamente é negada pola propia Xunta: a posibilidade de levar a adiante a propiaxestión da pesqueira dentro das augas interiores das rías, que é onde se efectúa a pesca doxeito. Por iso propoñemos que o Goberno galego impulse o seu propio plan de xestión com-pleto da sardiña do xeito para as augas interiores das rías, que é onde pesca este sector;un plan que ademais propoñemos que se faga por medio da coxestión co propio sector. Oque entendemos que se está a facer é condenar a xente do xeito a pelexar polas frangullas.Recordemos o que di o artigo 5 do plan interestatal: a cota que corresponde a España re-pártese en función dos consumos das cotas dos anos anteriores. Obviamente, o sector doxeito, nun histórico de consumo de cotas, nunca competirá con outras artes de pesca.Desde logo, isto prexudícao fortemente, nunca poderá superar o 2,57 % previsto neste plancomo máximo.

Desde logo —e isto para nós é importantísimo—, a xente do xeito o que está esperando sonfeitos, o que está esperando non é que se acompañe a súa precariedade, o que está esperandoson feitos decisivos para intentar recuperar e autoxestionar o caladoiro da sardiña dentrodas rías galegas, nas augas interiores galegas. Necesita —e así o exiximos hoxe— que aXunta non se dedique a poñer parches e axudar a achicar auga para fóra mentres o sector seafunde. É por iso que queremos un plan no que Galicia realmente asuma as súas competen-cias e as súas responsabilidades, un plan que non só recolla e xestione simplemente a tota-lidade de capturas que entendemos lóxica para o xeito, o plan ten que incluír medidas claraspara garantir a sustentabilidade económica do sector, a biolóxica do recurso e tamén mantero seu valor cultural.

Todo isto é o que esperamos que hoxe os grupos desta Cámara apoien para o noso sector doxeito, que está realmente esmorecendo ano tras ano.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Jove.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a señora Prado.

A señora PRADO CORES: Imos, pois, coa última iniciativa do día.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

169

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 170: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Eu quería complementar o que dixo ao inicio da súa intervención o señor Xove citando aCastelao, que dixo aquilo de que as sardiñas volverían se os gobernos quixeran. E, efectiva-mente, estamos diante, máis unha vez, cando se fala do sector do mar en Galiza, non dunproblema de recursos senón dun problema de decisión política de quen decide sobre o re-curso. Falaba o deputado propoñente dunha exigua cota, que eu me atrevo —como xa fixenoutras veces— a falar dunha cota de miseria. É un plan de xestión —do que é responsable oEstado mais que necesita de cómplices e consentidores como é o Goberno galego, a Xuntado Partido Popular— para condenar un sector, como é o do xeito, a esta situación realmenteindignante.

Xa temos abordado esta situación. E temos que volver lembrar que estamos diante dunhaactividade profesional en Galiza que leva a cabo un sector estratéxico, como é o sector dapesca artesanal, o sector da baixura. É estratéxico pola súa dimensión social, polo seu pesoeconómico e porque dá vida, reparte rendas e dinamiza economicamente as vilas costeiraspolos seus ingresos. Estamos a falar de que é un sector que ten unha alta repercusión envilas como Rianxo. Estamos a falar de 227 embarcacións que teñen permex autorizados paraa práctica do xeito. Estamos falando de Rianxo, estamos falando da Illa de Arousa, estamosfalando de Redondela, estamos falando de Cabo de Cruz, estamos falando de Cangas, deCombarro ou de Cambados. É unha arte de pequenas embarcacións que teñen no seu permexesta arte, ao que hai que sumar, ademais, os racús que van tamén á xouba. E é unha arte deenmalle, o que quere dicir que é selectiva. Eu non sei cantas veces vai facer falta repetir nesteParlamento que é selectiva e que máis do 85 % das capturas corresponden á sardiña. É unhaarte sustentable e que debe quedar fóra de TAC e cotas. No BNG, atendendo ás demandas dosector, son innumerables as veces que demandamos esta cuestión. E igualmente demanda-mos que a Xunta de Galiza exerza as competencias exclusivas do Estatuto de Galiza, insufi-ciente e raquítico pero en vigor —que saibamos no BNG, non está derrogado o Estatuto deautonomía de Galiza—. E no seu artigo 27.15 establece que ten competencias exclusivas enaugas interiores, que lle corresponden ao Goberno galego. Mais o Partido Popular non tenningún interese en exercer esas competencias exclusivas e, dende logo, en conseguir abso-lutamente ningunha máis. Volvemos repetilo hoxe: once anos de goberno de Núñez Feijóodesde que volveu o Partido Popular á Xunta de Galiza e ¡cero competencias máis consegui-das!, ¡cero competencias máis pedidas! Ou sexa, non pediu absolutamente ningunha máis,non quere ter instrumentos para actuar naqueles sectores que son determinantes e estraté-xicos para o noso país.

Polo tanto, coincidimos con esta iniciativa en canto á necesidade de tomar medidas. A pes-queira da sardiña regúlase por ese plan de xestión conxunta do Estado español co Estadoportugués, no que o Estado portugués queda coa mellor parte. Ademais de ter maior partenas cotas, ten logo unhas condicións para poder pescar máis días, na fin de semana, etc.; édicir, son unhas condicións de discriminación a respecto da cota galega. E, dentro desa re-partición exigua, non vou repetir os datos do que corresponde ao xeito, nunca por encimado 2,57 % da miseria. E ¿canto é o 2,57 % da miseria? Pois moito menos que a miseria, unhacota de miseria inaceptable.

Dicía que estamos de acordo co que se plantexa, e simplemente presentamos unha emenda.A iniciativa demanda que a Xunta de Galiza, no exercicio das súas competencias, estableza

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

170

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 171: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

un plan de xestión, e nós presentamos unha emenda no sentido de que no principio destainiciativa se inclúa o de «reclamar do Goberno central a exclusión da arte do xeito do Plande xestión conxunta da sardiña». É dicir, excluíla de TAC e cotas. Aínda que este plan espe-cial non son os TAC e cotas establecidas pola Unión Europea —porque este plan faise parabordear esta cuestión—, no fondo é igual unha cuestión de TAC. Porque, efectivamente, oGoberno galego ten mecanismos para actuar, pero neste momento é o Goberno español quendetermina as contías, quen determina e quen asina este acordo.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora PRADO CORES: Agardo que acepte a emenda. Pero, de todos os xeitos, votaremosa favor da iniciativa, aínda que non sexa aceptada. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Prado.

Polo Grupo Parlamentario Mixto, o señor Casal.

O señor CASAL VIDAL: Boa tarde.

Evidentemente, estamos de acordo coa iniciativa. E pódoo dicir porque foi unha das primei-ras iniciativas que rexistrei neste Parlamento a finais de 2016, xa verdadeiramente asom-brados e preocupados de que a cota do xeito para o 2017 fose de 210 toneladas. Era unhacantidade que xa naquel momento parecía absolutamente inasumible para un sector —xadigo— de case 400 embarcacións. Pero é que a situación non só non mellorou desde que na-quel momento fixemos a reclamación ao Goberno de Galicia e tamén ao Goberno do Estado—naquel momento os dous gobernados polo Partido Popular—, senón que a cousa foi apeor: 100 toneladas no 2018, 62,07 toneladas no 2019 ata o 31 de agosto —que é cando seexercen verdadeiramente as posibilidades de comercialización da sardiña—. O ano pasado—como xa se comentou— os propios mariñeiros tiveron que autorregularse establecendoun tope de 20 quilos. ¿Quen pode vivir dun traballo con 20 quilos de sardiña na lonxa? ¿Porcanto pode venderse? Como moito, nunha época boa, por 20 euros ou ao mellor un poucomáis. Con iso ¿pode vivir unha familia, e despois dun traballo tan duro coma este?

Realmente, se eu presentei unha iniciativa exactamente igual ca esta hai tres anos e era in-tolerable, pois agora, que estamos na terceira parte do que naquel momento xa nos parecíainasumible, é verdadeiramente sorprendente; sobre todo tendo en conta —como xa se co-mentou tamén, non vou ser reiterativo— a cantidade absolutamente inapreciable sobre acota total de sardiña. Aínda que cada vez é máis baixa e está nunhas condicións moi preo-cupantes, aínda así, segue sendo totalmente inapreciable.

E por iso reiteramos o mesmo que dixemos hai tres anos: señoras e señores do Grupo Po-pular, do Goberno da Xunta de Galiza, ¡exerzan as súas competencias! É que eu non o en-tendo. Dío explicitamente o Estatuto de autonomía de Galicia, o Goberno da Xunta de Galiciapode lexislar e ten competencias absolutas nas augas interiores. O xeito fai practicamentetoda a súa actividade en augas interiores. ¿Por que non as exercen? E, ademais, miren, agoraterían incluso outra maneira de protestarlle ao Goberno do Estado, porque tamén hai que

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

171

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 172: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

dicirlles aos señores do Partido Socialista de Galicia e aos señores de Podemos que taménplantexen ante o Ministerio de Agricultura e Pesca que a sardiña de xeito ten que saír dascotas europeas e dos TAC. Primeiro, os TAC e as cotas europeas non teñen xurisprudencia exurisdición nas augas interiores. Iso correspondería exercelo por parte da Xunta. E, por outraparte, recoñecer que a pesca máis sostible e cun impacto verdadeiramente inapreciable sobrea masa biolóxica da sardiña no Atlántico norte non pode ser que estea nesta situación. Sobretodo porque o impacto socioeconómico do que tanto se fala cando se negocia con Bruxelasé aínda moito maior que noutro tipo de pesqueiras máis industrializadas.

Por iso, xa digo, dirixíndome tanto ao Partido Popular como ao Partido Socialista e a Pode-mos, cumpran o seu traballo en ambos gobernos, porque este tema non pode ser que non sesolucione. A súa implicación económica —digamos macroeconómica— é absolutamenteinapreciable; e, en cambio, a implicación microeconómica para as familias que completan asúa renda con esta actividade é moi importante. Téñano en conta e a ver se é verdade queeste ano non teñen que facer o mesmo que tiveron que facer o ano pasado, o de autorrebaixaras cotas a 20 quilos por tripulante, xa que con iso unha familia verdadeiramente non podevivir.

Nada máis. Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Casal.

Polo Grupo Parlamentario Socialista, a señora Otero.

A señora OTERO RODRÍGUEZ: Grazas, presidente.

Boas tardes.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista coincidimos en que é necesario que as distintas ad-ministracións que teñen competencia en materia de pesca, tanto a europea como a centrale tamén a autonómica, sexan sensibles e recoñezan as peculiaridades da arte do xeito enGalicia. E que non só sexan sensibles senón que tamén as teñan en conta á hora de lexislarsobre a materia. E esta é a postura que defendeu o Grupo Socialista, a que defende e defen-derá. Porque tamén no ano 2014 e 2015, cando dende a Unión Europea quería prohibirse eeliminar a arte do xeito, pois os deputados e deputadas do Grupo Socialista nas distintas ad-ministracións nas que estaban representados opuxémonos. E tamén os eurodeputados seopuxeron a esta eliminación.

Como aquí se dixo, a arte do xeito é unha arte de enmalle que é sostible, que é selectiva eque é respectuosa co medio mariño. Trátase dunha arte tradicional empregada xa dende oséculo XIV de xeito artesanal, e que se realiza predominantemente en augas interiores. Ogroso da frota xeiteira está a faenar nas rías de Arousa e de Vigo. E incido en que realizan asúa actividade en augas interiores cun impacto insignificante na biomasa pola súa actividade.Pero, claro, estas peculiaridades e características da arte do xeito non son tidas en conta porparte da Xunta de Galicia, por parte da Consellería do Mar. E obviar estas peculiaridades ponen risco esta arte do xeito. E é que non o di o Partido Socialista, é que o propio sector e sin-

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

172

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 173: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

dicatos como Agamar xa no ano 2014 alertaban da posible desaparición da arte do xeito nanosa comunidade, e acusaban o silencio encubridor da Xunta de Galicia na desaparición dapesca artesanal en Galicia. Defendían e defenden que a pesca artesanal —e especialmente oxeito— non se pode meter no mesmo saco que o dos grandes barcos que faenan fóra dasliñas das augas de competencia galega.

O Goberno galego non escoita as súas reivindicacións e, como digo, pon en risco o xeito. Epode ser que este Goberno da Xunta de Galicia —que adopta medidas en función da rendi-bilidade política que lle poidan dar— pense que só estas 429 embarcacións, cunha media deun ou dous tripulantes por embarcación, pois non lle dean a rendibilidade política que elesesperan e abandónaas á súa sorte.

O problema que existe no fondo desta cuestión é un problema de competencias que non seexercen por parte do Goberno galego. Porque —como xa dixen— a arte do xeito desenvólvesepredominantemente en augas interiores. E o noso Estatuto de autonomía —xa o dixo taména voceira do Bloque Nacionalista Galego—, no artigo 27 parágrafo 15, establece que a Co-munidade galega ten competencia exclusiva na pesca nas rías e demais augas interiores; nomarisqueo, na acuicultura, na caza e na pesca fluvial e lacustre.

Polo tanto, a Xunta de Galicia ten competencias exclusivas en augas interiores. Pero moitotemo que a voceira do Partido Popular, cando fale, esquivará a dita competencia e cinguiraaá ordenación e xestión. Pero, miren, o Estatuto é claro, sen ambigüidades. O único que seprecisa é vontade política para exercer as competencias que lle son propias ao Goberno ga-lego. E diso é do que fala esta parte resolutiva da proposición non de lei que hoxe trae oGrupo Común da Esquerda a este Pleno e que, dende logo, o Grupo Socialista vai apoiar.

O que se necesita —repito— é vontade política para axudar o xeito e exercer as competenciasexclusivas que ten o Goberno galego. Miren, en vez de buscar a confrontación permanenteco Goberno central empreguen esa maioría absoluta da que tanto presumen e gobernen enbeneficio dos galegos e das galegas. Pero, claro, os que permaneceron sete anos e mediocomo vasalos ante os gobernos do señor Rajoy agora de súpeto quéreno todo para xa ante ogoberno de Pedro Sánchez. Non perdan os folgos, señorías do Partido Popular, en buscar esaconfrontación co Goberno central, non perdan as forzas en poñerlle deberes a un gobernosocialista que vai cumprir cos españois e tamén cos galegos e galegas. Exerzan as súas com-petencias, gobernen e poñan medidas para salvar a arte do xeito, que é do que hoxe estamosa debater. Gobernen e deixen de empregar a Xunta de Galicia coma unha sucursal do PartidoPopular. Gobernen e exerzan as súas competencias —repito—.

Polo tanto, concordamos co proposto nesta proposición non de lei e en que o Goberno galegodebe establecer un plan de xestión propio para o xeito. Pode e debe facelo, como xa dixen,porque ten competencias exclusivas en augas interiores.

Remato.

Gobernen ben para o xeito. Para iso é preciso que gobernen con xeito.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

173

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 174: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

O señor PRESIDENTE: Grazas, señora Otero.

Polo Grupo Parlamentario Popular, a señora Egerique.

A señora EGERIQUE MOSQUERA: Boas tardes.

Grazas, presidente.

Antes de comezar, señora Otero, a única que estivo aquí escaqueando as competencias, eque non nomeou nada do plan que hai da sardiña do xeito, foi vostede, porque é un plan,como se dixo —ademais incidiu moito a señora Otero—, do Estado, un plan conxunto quehai entre España e Portugal.

Nós imos apoiar esta iniciativa. Están vostedes nerviosos, poñen aquí sempre o carro diantedos bois. Tamén o fixeron na PNL anterior. Eu non sei o que lles pasa que están aquí vostedesadiantándose moito ás decisións do Grupo Parlamentario Popular. E nós estivemos sempreno mesmo sitio e imos estar sempre no mesmo sitio.

Miren, vostedes piden un plan de xestión. Señor Jove, o plan de xestión xa está. Podemosdiscrepar, podemos ter diferentes ideas e crer que vai mellor dunha maneira ou doutra, peroo plan de xestión xa existe. E respecto do incremento, como dixeron aquí outras voceiras,non pertence a competencia á Xunta.

Señor Casal, vostede di que dende o 2016, dende que presentou esa iniciativa, as cousas vanpeor. E non é así, as cousas melloraron dende aquela. Si, señor Casal, e ademais pasaroncousas, porque se actuou, porque se apoiou e porque ademais se aprobou ese plan. Polotanto, dende o 2016 ata hoxe si que pasaron cousas e si que ademais se falou moito cos pro-pios mariñeiros que se dedican ao xeito. E ademais sabemos perfectamente —e sen ser ex-pertos aquí— como está a biomasa, como vai, como exerce e como está a sardiñadependendo das épocas e das zonas ás que nos dirixamos e das que falemos.

Como dicía, nós imos apoiar o texto da proposición non de lei tal e como está. Se engaden eaceptan a emenda do BNG, non, porque sería rexeitar un plan que se aprobou a cinco anose co que nós estamos de acordo e apoiamos. Nós cremos, ademais, que precisamente o plan,ao que se fixo referencia, de recuperación da sardiña, plan conxunto entre España e Portugalpresentado o 4 de decembro de 2018 cunha duración de cinco anos, é o que garante a pescada sardiña, é o que garante o xeito.

Esta proposición non de lei, segundo puiden ler e intuír na exposición de motivos, pareceque fai referencia ao acordo do TAC de decembro. Pero é que aí non entra a sardiña. Polotanto, eu creo que ademais pode haber aí algún tipo de erro. Non é obxecto de fixación aquí,nesa negociación que houbo. Polo tanto, eu creo que hai que ter ollo, ademais, coas reco-mendacións do ICES, porque realmente, se non se ten en conta o plan de recuperación e sefai caso á recomendación do ICES, o xeito case desaparece. Nós temos esta noticia do 14 dedecembro, que di que os científicos levantan o seu veto á sardiña pero plantexan recortar ocupo actual nun 60 %. Polo tanto, ollo a ter en conta só as recomendacións do ICES e nonter en conta ese plan de recuperación da sardiña.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

174

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 175: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Como dicía, co plan evitamos precisamente que as cousas sexan automáticas —por poñerllesun cualificativo—, e así téñense en conta, ademais disto, os temas dos que sempre falamosaquí e a tripla dimensión, tan importante, que é a dimensión social, a dimensión económicae a dimensión ambiental. Son esa tripla entente da que falamos sempre e coa que vai a con-selleira do Mar a Bruxelas a negociar, que pon sempre por diante a sustentabilidade da pescaen Galicia, que defende sempre o xeito e as artes menores de Galicia. Porque vostedes estánempeñados en dicir que o Grupo Parlamentario Popular, ou que o Partido Popular ou a Xunta,non o defende. Pois precisamente con este plan conxunto con Portugal é o que está facendo.

E ollo tamén con Portugal porque o ministro acaba de dicir que si vai facer caso á recomen-dación do ICES. E, como digo, se se fai caso a esa recomendación, redúcese moito a cota epoderían verse moi afectados os mariñeiros.

En calquera caso, a Consellería do Mar e a Xunta están preocupadas pola situación do stockda sardiña ibérica, que abrangue as augas das zonas CIEM, VIIIc e IXa, como se dixo, tantoexteriores como interiores; e, sobre todo, polas repercusións que poida ter na nosa frota decerco, incluíndo ademais o racú, o cerco e piobardeira; e tamén o xeito, que é do que hoxetemos que falar aquí.

Tanto a Consellería do Mar como o propio sector participaron activamente na elaboracióndeste plan de xestión entre España e Portugal, así como na súa modificación. E segue a par-ticipar anualmente na fixación de cupos e límites de captura para que, en coordinación cosector, a Administración central —que a señora Otero di que nós nos escaqueamos das com-petencias, pero vostede nin sequera nomeou ese plan, ese plan que é da Administración cen-tral— e as outras comunidades autónomas concernidas, se poida conseguir ter aberta apesqueira e xestionar da mellor maneira posible a sardiña dispoñible. Hai que lembrar, ade-mais, que con esta medida tamén mellorou a biomasa. É dicir, realmente a cantidade de sar-diña da que podemos dispoñer —que tampouco depende de nós, como dixeron aquí, dependedoutros factores— hai que tela en conta para que o xeito poida traballar, tanto en augas in-teriores —insisto— como en exteriores.

Polo tanto, teño que facer un apuntamento e dicir que, en canto ás alegacións ás competenciasque se fan a cotío por parte dos grupos da oposición, a competencia da comunidade autó-noma, da Xunta de Galicia, en augas interiores podería permitirnos fixar límites autonómicosdun recurso se este estivese só en augas interiores. Pero é que non é o caso da sardiña, a sar-diña tamén está en exteriores. Polo tanto, temos que ter en conta a extensión dese stock, queé amplo, e ademais nin sequera é só de ámbito español, que tamén abrangue augas portu-guesas e, polo tanto, de aí a actual regulación coa colaboración da Comisión Europea.

O señor PRESIDENTE: Remate, por favor.

A señora EGERIQUE MOSQUERA: Xa acabo.

Quero dicir, por se houbera dúbidas, que o Tratado de Lisboa foi aprobado o 13 de decembrode 2007, cando nin gobernaba o Partido Popular en España nin gobernaba en Galicia. E nesetratado queda moi claro que só a Unión Europea pode lexislar e adoptar actos vinculantesno caso da conservación dos recursos biolóxicos mariños dentro da política pesqueira común.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

175

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 176: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Polo tanto, hai que saber tamén o contexto no que estamos, de onde vimos e cara a ondeimos.

O señor PRESIDENTE: Grazas.

A señora EGERIQUE MOSQUERA: Eu creo que este plan —insisto— é o correcto e apoiamosa súa iniciativa tal e como está redactada. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas.

Polo grupo autor da proposición non de lei, o señor Jove.

O señor JOVE GONZÁLEZ: Ben, desde o Grupo Común da Esquerda entendemos que todos osgrupos van apoiar esta proposta, o que nos parece que é unha grande noticia para o sectordo xeito, para darlle unha pequena posibilidade de futuro.

Desde logo, algunhas das cousas que se escoitaron aquí serían matizables, e outras seríanincluso debatibles. Desde logo, este é o plan da Xunta de Galicia para a sardiña. (O señor JoveGonzález amosa un documento.) Efectivamente, existe un plan para o xeito, pero é isto. Ob-viamente existe a posibilidade de facer un plan de verdade, un plan que inclúa realmentetodo o que ten que incluír un plan.

E respecto da situación da sardiña, desde logo que xa dixen na miña intervención que a nóstamén nos preocupa, a pesar de que realmente parece que eses resultados da expediciónIberas pode ser esperanzadora como mínimo. Pero aínda así alguén leu aquí o Estatuto deautonomía de Galicia, que recoñecía a competencia exclusiva en materia de pesca nas rías edemais augas interiores. Pero é que a propia Lei de pesca 11/2008, incluso na modificacióndo 2009, no artigo 7, di: «Así mesmo e coa mesma finalidade corresponde á conselleríacompetente en materia de pesca, logo da audiencia ao sector afectado, a adopción das se-guintes medidas: plans de xestión anuais ou plurianuais para as especies que se atopen den-tro dos límites biolóxicos de seguranza...». Pero tamén existe o apartado b): «Plans derecuperación de carácter plurianual para as especies fóra dos límites biolóxicos de segu-ranza».

Quero dicir que, se non pode haber un plan de explotación porque a sardiña está por debaixodos límites biolóxicos de seguranza, o que esperamos da Xunta de Galicia é un plan de re-cuperación de carácter plurianual. Desde logo, isto debería saír dos informes científicos queexpoñan como está o stock pesqueiro.

Desde logo, parécenos que é unha boa noticia, parécenos realmente sorprendente este cam-bio radical de postura e, desde logo, felicitámonos por iso.

Respecto da emenda do BNG, non a imos aceptar porque nos parece redundante e inclusopodería crear certa inseguridade, posto que podería quedar nun baleiro neste momento. En-tendemos que se dá por sentado que non pode afectar o plan estatal se imos crear un plande augas interiores, un plan para as rías galegas.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

176

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 177: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

En En Marea rexistramos esta iniciativa no ano 2017 cando aínda eramos un grupo unificado.E, curiosamente, o 2017, que parecía ser un ano catastrófico, non foi, nin moito menos, dospeores.

Sobre o PSdeG tamén queremos agradecer o seu apoio. En canto á sensibilidade das admi-nistracións, tamén esperamos esa sensibilidade do Goberno do Estado. Evidentemente,tamén foi un momento de risco a crenza da Unión Europea en eliminar a arte do xeito aoconfundila coas volantas ou coas redes de deriva de altura. Para facernos unha idea, unharede pode ter 70 metros e unha volanta de altura pode ter 7 ou 8 quilómetros. Pensamos quehai que ter en conta tamén as dimensións das cousas e pensamos que todos os grupos po-líticos galegos deberiamos estar concienciados deste tipo de cuestións. Co cal, desde o GrupoComún da Esquerda, agradecemos a todos os grupos o seu apoio. E nada máis por hoxe.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE: Grazas, señor Jove.

(A señora Rodríguez Barreira solicita a palabra.)

O señor PRESIDENTE: Si, señora Rodríguez Barreira, ¿para que quere a palabra?

Déanlle voz ao escano da señora Rodríguez Barreira.

A señora RODRÍGUEZ BARREIRA: Grazas, señor presidente.

É sobre unha inexactitude á que se vén de referir a señora Vilán en relación co momento noque se solicitaron as actuacións en relación... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)(Murmurios.)

O señor PRESIDENTE: Perdón, é que eu non estaba no debate pero... (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) (Murmurios.)

Vamos ver, se hai unha inexactitude, iso pode ser. (Murmurios.) Perdón, o Regulamento dique pode ser contestada, e incluso nun pleno posterior. (Pronúncianse palabras que non se per-ciben.) Incluso nun pleno posterior. ¡Home!, creo que di isto o Regulamento.

Entón, se é unha inexactitude e se a quere corrixir, supoño que deberiamos.

Adiante.

A señora RODRÍGUEZ BARREIRA: Si, unicamente, señor presidente, señorías, é para pedirdesculpas pola posible inexactitude que se puido producir en relación coa data do falece-mento da menor. O que se quería sinalar era que, no momento en que solicitaron do xulgadode primeira instancia as actuacións, a lei non estaba en vigor. E, en definitiva, do que se tra-taba, señorías, era de clarificar que, de estar en vigor esta lei, todo ese sufrimento non setería producido.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

177

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 178: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

Pola miña parte, nada máis. Moitas grazas.

(Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Murmurios.)

O señor PRESIDENTE: As alusións ou as rectificacións non teñen réplica.

Suspendemos o pleno. Grazas.

Suspéndese a sesión ás oito e vinte e sete minutos da noite.

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

178

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 179: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

X lexislatura. Serie Pleno. Número 147. 4 de febreiro de 2020 DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

179

RELACIÓN DE DEPUTADAS E DEPUTADOS PROCLAMADOS ELECTOS POR ORDE ALFABÉTICA

1. Álvarez Martínez, Luis Manuel (S)

2. Amigo Díaz, María Encarnación (P)

3. Antón Vilasánchez, María Ángeles (P)

4. Arias Rodríguez, Raquel (P)

5. Bará Torres, Xosé Luís (BNG)

6. Blanco Paradelo, Moisés (P)

7. Blanco Rodríguez, Noela (S)

8. Burgo López, María de la Concepción (S)

9. Caballero Míguez, Gonzalo (S)

10. Cal Ogando, Marcos (GCE)

11. Calvo Pouso, Diego (P)

12. Candedo Gunturiz, María Dolores (M)

13. Casal Vidal, Francisco (M)

14. Castiñeira Broz, Jaime (P)

15. Chao Pérez, Luca (GCE)

16. Conde López, Francisco José (P)

17. Cuña Bóveda, María de los Ángeles (GCE)

18. Egerique Mosquera, Teresa (P)

19. Fernández Macías, Jackeline Elisabeth (P)

20. Fernández Prado, Martín (P)

21. García Míguez, María Ángeles (P)

22. García Vidal, Ana Belén (P)

23. Gómez Salgado, Carlos (P)

24. González Vázquez, José (P)

25. Jove González, Xan Xosé (GCE)

26. Liñeiro Pouso, Encarnación (S)

27. Moreira Ferro, Jacobo (P)

28. Mouriño Villar, Antonio (P)

29. Murillo Solís, María Guadalupe (P)

30. Novo Fariña, María Isabel (P)

31. Nóvoa Iglesias, Marta (P)

32. Núñez Centeno, Aurelio Alfonso (P)

33. Núñez Feijóo, Alberto (P)

34. Otero Rodríguez, Patricia (S)

35. Oubiña Solla, Rosa (P)

36. Pazos Couñago, José Alberto (P)

37. Pérez Seco, José Manuel (S)

38. Pierres López, María Luisa (S)

39. Pontón Mondelo, Ana Belén (BNG)

40. Porrit Lueiro, María Teresa (S)

41. Prado Cores, María Montserrat (BNG)

42. Prado del Río, Paula (P)

43. Prado Patiño, Jesús Miguel (P)

44. Presas Bergantiños, Noa (BNG)

45. Puy Fraga, Pedro (P)

46. Quintana Carballo, Rosa María (P)

47. Quinteiro Araújo, Paula (GCE)

48. Rey Varela, José Manuel (P)

49. Rivas Cruz, José Luis (BNG)

50. Rodil Fernández, Olalla (BNG)

51. Rodríguez Arias, Marta (P)

52. Rodríguez Barreira, María Julia (P)

53. Rodríguez Dacosta, María del Carmen (S)

54. Rodríguez Estévez, David (M)

55. Rodríguez Pérez, Moisés (P)

56. Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña (S)

57. Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María (P)

58. Romero Fernández, Cristina Isabel (P)

59. Rueda Valenzuela, Alfonso (P)

60. Salorio Portal, María Soraya (P)

61. Sánchez García, Antón (GCE)

62. Santalices Vieira, Miguel Ángel (P)

63. Santos Queiruga, Carmen (GCE)

64. Solla Fernández, Eva (GCE)

65. Tellado Filgueira, Miguel Ángel (P)

66. Torrado Quintela, Julio (S)

67. Torregrosa Sañudo (GCE)

68. Trenor López, Gonzalo (P)

69. Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luís (P)

70. Vázquez Domínguez, Sandra (P)

71. Vázquez Verao, Paula (M)

72. Vega Pérez, Daniel (P)

73. Vilán Lorenzo, Patricia (S)

74. Vilar Chento, Óscar (S)

75. Villares Naveira, Luis (M)

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/

Page 180: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona María Dolores Candedo Gunturiz. (Páx

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións:Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

CS

V: B

OP

GD

SP

Gljj

6fX

blM

2V

erifi

caci

ón:

http

s://s

ede.

parla

men

tode

galic

ia.g

al/tr

amite

s/cs

v/