nº 124. maio 2016. distribución gratuíta vinte e cinco ... · cerne 124. maio 2016 empresa 3 as...

24
Cerne o xornal da terra de Melide Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta MElidE O BNG queda nunha situación crítica logo da dimisión dos tres edís P11 EntrEViSta Eshter Bouzo, la Cortina P23 CoMarCa Sobrado acollerá a entrega de premios do rally internacional do Mandeo P14 CUltUra Os escolares do Pastor Barral, protagonistas dun videoclip de campionato P19 Sorteo de 4.000 € entre a clientela do comercio local A Federación Galega de Comercio e Asetem organizan en Melide entre o 9 e o 20 de maio unha campaña de dinamización comercial con gorentosos premios. P3 Crean un catálogo dixital do patrimonio melidense Melisa e o Museo da Terra de Melide lanzan unha páxina web que aspira a catalogar no medio prazo todos os elementos patrimoniais da comarca. P6 Vinte e cinco anos exaltando a repostería tradicional de Melide A festa máis doce, a que cada ano homenaxea a melindres, ricos e amen- doados como produtos artesáns de calidade e típicos de Melide, chega ás vodas de ouro plena- mente consolidada e con novos obxectivos. Aos seus 25 anos a Festa do Melindre segue medrando e terá por primeira vez dúas xornadas de cele- bración; o 7 e 8 de maio. Máis días e máis contidos para un evento que busca xa a declaración como Festa de Interese Turís- tico Nacional. P17 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Cerneo xornal da terra de MelideNº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta

MElidEO BNG quedanunha situacióncrítica logo dadimisión dostres edís P11

EntrEViSta

EshterBouzo, laCortina P23

CoMarCaSobrado acolleráa entrega de premios do rallyinternacional do Mandeo P14

CulturaOs escolares doPastor Barral,protagonistasdun videoclip decampionato P19

Sorteo de 4.000 € entre aclientela do comercio local

A Federación Galega de Comercio e Asetem organizanen Melide entre o 9 e o 20 de maio unha campaña dedinamización comercial con gorentosos premios. P3

Crean un catálogo dixitaldo patrimonio melidense

Melisa e o Museo da Terra de Melide lanzan unhapáxina web que aspira a catalogar no medio prazotodos os elementos patrimoniais da comarca. P6

Vinte e cinco anos exaltando arepostería tradicional de MelideA festa máis doce, a quecada ano homenaxea amelindres, ricos e amen-doados como produtosartesáns de calidade etípicos de Melide, chegaás vodas de ouro plena-mente consolidada e connovos obxectivos. Aosseus 25 anos a Festa doMelindre segue medrandoe terá por primeira vezdúas xornadas de cele-bración; o 7 e 8 de maio.Máis días e máis contidospara un evento que buscaxa a declaración comoFesta de Interese Turís-tico Nacional. P17

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Page 2: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

2 Editorial Cerne 124. Maio 2016

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn E rEdaCCiÓn: Iván G. Blanco

EdiCiÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)EndErEZo: r/ lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓnS: Santiago Prado Conde, Xosé Núñez lópez

aGradECEMEntoS: Pilar lópez lópez, Adolfo Álvarez FuentesiMPrESiÓn: Publicaciones Tameiga S.l.

dEPÓSito lEGal: Or / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITOrIAl..................................2-EMPrESA.....................................3-MElIDE.......................................11-COMArCA...................................13-CUlTUrA E lECEr....................17-COlABOrACIóNS......................22-ENTrEVISTA..............................23

ÍndiCE

Editorial Tribuna de opinión

Para que te quero, lei? Melide é melindre Xunta directiva de aSEtEM-CCa

A Festa do Melindre cumpre25 anos. É un bo momentopara felicitármonos como me-lidenses por ser quen de man-ter no tempo e darlle conti-nuidade a esta celebración. Éun bo momento para darlle anoraboa aos centos de persoasque dende a primeira edicióná presente, veciños e veciñasde todos os idearios e condi-cións, sumaron forzas parapoñer en valor e promocionaralgo tan noso e que tan bennos define. Un bo momentotamén para felicitar aos me-lindreiros e melindreiras,alma mater desta festa, queforon quen de traer ata o pre-sente xeración tras xeraciónos nosos doces tradicionais.

O melindre é un exemplodo que é Melide, un pobo que

sabe definirse e crear unhaidentidade propia a través dassúas festas, que non son pou-cas. Cada unha delas servepara proxectarnos ao exteriore para crear imaxe de marca.

Comentaba non hai moitotempo un socio de Asetem conmembros desta xunta direc-tiva que se sentía orgulloso deir por Galicia adiante e descu-brir que Melide era coñecidopor ser terra de xente loita-dora, traballadora, con inicia-tiva e que pelexaba polo seu.

Sintámonos orgullosos deselo e continuemos pola sendaque nos trouxo ata aquí, comelindre e a súa festa comoexemplo nesta ocasión do queé Melide; un pobo que sabeproxectarse ao mundo par-tindo das súas raíces.

Hai problemas de fondo quese arrastran no tempo e quesó de vez en cando saen a re-lucir para recordarnos quecómpre buscarlles unha solu-ción. Iso pasou en Melide coasvivendas abandonadas ou enestado ruinoso, unha proble-mática frecuente nos cascosurbanos de moitas localidadesgalegas que saltou á primeiraplana na nosa vila logo da ca-ída á rúa de elementos proce-dentes de tres inmobles enmal estado que se atopan naAvenida de América.

O Concello reaccionou conrapidez garantindo o esencial,a seguridade dos viandantes,pero agora hai que dar unnovo paso e ir máis alá paragarantir tamén un urbanismosostible e evitar que as nosasrúas se vaian convertendopouco a pouco nun cemiterioarquitectónico. Dende o de-partamento municipal de ur-banismo xa se fixeron aperci-bimentos naqueles casos máisurxentes pero probablementeavisar e apelar á responsabi-lidade sexa insuficiente poresa mala costume que temoscomo cidadáns de deixar irpasando e pola nosa escasaconciencia de colectividade.

Cómpre xa que logo con-tundencia; facer presión e fa-cer cumprir as leis ata ondesexa necesario co obxectivo delograr o que é mellor para to-

dos. Acontece con demasiadafrecuencia que se aprobandende as distintas administra-cións leis, normativas, regula-mentos e ordenanzas que logonon se fan cumprir, ben porfalta de intención ou ben porfalta de medios. Sexa comosexa acaban sendo papel mo-llado e deixan de ter sentidocomo patróns para regular aconvivencia cidadá, obxectivopara o que foron creadas.

Un exemplo representativoson as coñecidas como “orde-nanzas da madeira” que foronaprobando os concellos nosúltimos anos, con multas degrandes contías, para evitar osdestrozos provocados nas in-fraestruturas municipais polaextracción da madeira. Apro-badas as ordenanzas e pasado

o tempo, un paseo polo ruralabonda para saber que as em-presas forestais seguen cam-pando ás súas anchas. Outrotanto pasa coa obrigatoriedadede manter as fincas limpaspara evitar incendios. Fan algoos bandos? En Melide ato-pamos máis exemplos noscoches que seguen aparcandoimpunemente na rúa SanAntón, onde o estacionamentofoi prohibido, e na ordenanzaque regula os mercados domi-nicais, cuxa non aplicación faidas feiras un territorio sen lei.

As normas están para cum-prilas, porque é preciso queconvivamos do xeito máiscorrecto posible. É responsabi-lidade das administracións fa-celas cumprir. Aínda que sexacon medidas impopulares.

Page 3: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Empresa 3Cerne 124. Maio 2016

As tendas de Melide teñensempre moito que ofrecer,pero entre os días 9 e 20 demaio engadirán á súa variadaoferta 30 tarxetas-regalo conpremios de 300 e 100 eurosque serán sorteadas entre aclientela do comercio local.Tan suculenta recompensachega de man da campaña “Ascompras na túa vila teñen pre-mio”, unha iniciativa impul-sada pola Federación Galegade Comercio en colaboracióncoa Xunta e Asetem, que sedesenvolverá en Melide du-rante dúas semanas.

A mecánica desta cam-

Mercar en Melide entre os días 9 e 20de maio premiarase con 4.000 euros

paña, na que participan todosos establecementos comerciaisdo casco urbano, é do máissinxelo: a organización insta-lará unha carpa no Cantón deSan roque que, atendida porazafatas, se converterá nopunto de referencia para clien-tes e comerciantes durante osdías que dure a iniciativa. Ataese lugar terán que acudir osconsumidores que merquennas tendas da vila co fin decambiar os seus tickets decompra por boletos para par-ticipar no sorteo dos premiosanteriormente citados.

Dito sorteo celebrarase na

xornada de clausura da cam-paña, é dicir, o 20 de maio.Dará comezo ás 20:00 horas eterá como escenario a Prazado Convento, onde se instalaráunha carpa de maiores dimen-sións que acollerá un completoprograma de actividades eespectáculos de animación.Entre eles destaca o do magocómico “O rei Midas”, quecomezará ás 19:00 e estarádirixido ao público infantil.

É requisito imprescindibleque os consumidores esteanpresentes no sorteo para pode-ren recoller o seu premio encaso de resultar agraciados.

En total repartiranse 4.000euros distribuídos en 5 tarxe-tas-regalo de 300 euros e ou-tras 25 de 100 euros cadaunha. As persoas premiadasdeberán consumilas nas ten-das de Melide.

A presentación oficial de“As compras na túa vila teñenpremio” realizarase o luns 9

de maio ás 12:00 no Cantónde San roque, un acto ao queestá prevista a asistencia doConselleiro de Economía, Em-prego e Industria, FranciscoConde. Estará acompañadopor responsables da Federa-ción Galega de Comercio, dogoberno local e da patronalmelidense.

OBXECTIVO: DIFUNDIR AS BONDADESDO COMERCIO TRADICIONAL

Melide, xunto con Monforte de lemos, Ourense e Ponteve-dra foi unha das localidades elixidas pola Federación Ga-lega de Comercio para poñer en marcha “As compras na túavila teñen premio”, unha campaña dirixida á promoción doconsumo no comercio tradicional mediante a difusión dasbondades, o bo servizo e a calidade que lle proporciona opequeno comercio ao consumidor. Esta iniciativa leva rea-lizándose nove anos e non é a primeira vez que recala enMelide, onde xa se celebrou en 2010 con moi boa acollidapor parte dos comerciantes e con éxito de público.

Dende Asetem agardan que a resposta sexa semellantenesta ocasión e que a campaña sirva “para acabar de con-vencer a quen aínda teña dúbidas de que o comercio deMelide está a un gran nivel e de que somos un centro co-mercial aberto do máis completo e competitivo”, sinala opresidente, Manuel Vázquez. A patronal agradece que sepensara en Melide para desenvolver unha campaña “quenon só beneficiará a comerciantes e clientes en termoseconómicos senón que tamén fará unha promoción impa-gable de Melide como marca e referente comercial”.

Chega a campaña As compras na túa vila teñen premio, organizada pola Federación Galega de Comercio e Asetem

Clientes depositando os seus boletos para o sorteo da campaña realizada en Monforte

La Voz de Galicia

Page 4: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

4 Publicidade Cerne 124. Maio 2016

al comprar tusmó progresivasalta gama

GRATIS2

197€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.comTabora

REXCE ÓPTICA: E-15-001238REXCE AUDIO: E-15-001241

Page 5: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Empresa 5Cerne 124. Maio 2016

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem) con-tinúa coa liña de sinatura deconvenios con empresas dediferentes sectores para lograrcondicións vantaxosas paraos seus socios e contribuír áredución de gastos.

Desta volta a directiva dapatronal melidense vén de asi-nar un acordo con Vodafone através do cal os establecemen-tos asociados poderán accedera diferentes descontos, quese aplicarán en función donúmero de liñas e servizoscontratados:

- Aqueles negocios que te-ñan menos de 9 (incluíndo oteléfono fixo e ADSl), poderánbeneficiarse dunha rebaixa do20% durante tres meses. Nocaso de que só teñan liñasmóbiles, o desconto será do25% durante seis meses.

- Os negocios con máis de9 liñas ou servizos contratadosterán como mínimo un 10% dedesconto no total da factura-ción e por tempo indefinido.

Socios de asetem beneficiaranse dedescontos en contratos con Vodafone

As condicións recollidasneste convenio, que foi asi-nado grazas á intermediaciónde Mofitel Telecomunica-ciones, aplicaránselle de xeitoautomático aos clientes quecontraten os seus servizos conVodafone e aos que renoven assúas condicións actuais. Estaliña de descontos foi creadaespecificamente por dita com-pañía telefónica para asocia-

cións empresariais e comer-ciais. A eles só poderán acce-der os establecementos queestean asociados a Asetem.

Os empresarios e comer-ciantes interesados en contra-tar os servizos ou obter máisinformación deben dirixirse aDaniel Gómez, xefe de equipode Mofitel Telecomunicacio-nes, a través do número deteléfono 697 833 221.

Daniel Gómez (Mofitel Telecom.) e Manuel Vázquez (Asetem)

Xa está en marcha a segunda edición de “Unha voltiña por Me-lide”, a campaña de dinamización comercial posta en marchapor Asetem a través da cal grupos de turistas do Imserso aloxa-dos no Balneario río Pambre pasan unha tarde de lecer e com-pras na vila. Tralo éxito acadado en 2015, o pasado 26 de abrilretomouse este programa coa chegada da primeira expediciónde visitantes. Ata o 20 de decembro virán un total de 23 grupos,que sumarán no seu conxunto máis de 500 persoas. Os visitan-tes son trasladados nun autobús fretado polos 25 establecemen-tos asociados a Asetem que colaboran con esta iniciativa.Durante o traxecto entrégaselles un tríptico con información doscomercios participantes e dos principais lugares de interese.

“Unha voltiña por Melide” traerámáis de 500 persoas á vila este ano

Pilar lópez, xerenta de Asetem, acompañando un grupo de turistas

Page 6: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

6 reportaxe Cerne 124. Maio 2016

nace abeancos.gal, o catálogo dixitale aberto do patrimonio comarcal

Melisa e o Museo da Terra de Melide están detrás desta web quedescribe elementos naturais, arqueolóxicos e arquitectónicos

O Forno dos Mouros, en Toques, ilustrará a portada web de Abeancos.gal

Unha xoia como logo; as inscricións dun cargadeiro de Paradela

A imaxe escollida para ilustrar o logotipo deAbeancos.gal é ben representativa da riqueza patri-monial da comarca; unha boa carta de presentacióne anticipo dos contidos que atoparán os internautasque accedan á páxina web. reflicte as inscricións quese atopan no cargadoiro da porta principal dunha casaantiga do lugar de Paradela, en Toques. Descoñécese conexactitude a súa antigüidade (puideron ser gravadas naépoca baixomedieval ou nos inicios da Idade Moderna,mesmo en diferentes etapas) pero o que si está claro éque o cargadoiro constitúe toda unha xoia patrimonialpola conxugación de elementos que alberga, todos elesmáxicos e protectores: estrelas, unha vaca, unha cruzlatina, un crecente de lúa invertido…

Segundo explican dende o museo da Terra de Melide,estes elementos podíanse empregar en dúas direcciónsdiferentes: para espantar o mal da casa e “evitar unhamala colleita, unha praga, unha peste…” ou para indicarque nese lugar se traballaban as artes naturais de sana-ción, pois todos os elementos son tamén propios da san-teiría. Esta versión colle forza se temos en conta que nocargadoiro tamén hai un pentagrama, un símbolo culto“cuxo significado non coñecía todo o mundo”. Isto levaa pensar que na casa de Paradela habitaron curandeirosou meigas boas con fondos coñecementos.

Unha iniciativa pioneira quenos permitirá acceder ao vastopatrimonio da comarca me-lidá dun xeito áxil e sen se-quera saír das nosas casas.Así é Abeancos.gal, o “catá-logo dixital aberto de elemen-tos patrimoniais da Terra deMelide”. Quen o define é ra-fael rodríguez Gaioso, pre-sidente da Asociación deUsuarios de Software librede Melide (Melisa), a entidadeque, xunto co museo comar-cal, impulsou esta ambiciosapáxina web. Ningunha dassúas palabras é casual: “dixitalimplica que é accesible a todoo mundo e aberto significaque os contidos empregadosteñen unha licenza libre e po-den ser reutilizados por quenqueira”.

Con esta filosofía naceAbeancos.gal, un proxecto“feito con paixón”, tal e comoreza o rodapé da propia web.Quere isto dicir que saíuadiante única e exclusiva-mente co esforzo voluntariodun grupo aproximado dedez persoas. Dixital, aberto ealtruísta son, xa que logo, astres características principaisdeste proxecto que será pre-sentado ao público o 14 de

maio ás 20:00 horas nas ins-talacións do Museo da Terrade Melide.

Ferramenta necesariaAbeancos.gal está inspiradonunha iniciativa previa desen-volta polo Concello de Mugar-dos e denominada “Cultura daAuga”, na que se realizabaunha catalogación dos lava-doiros e fontes do municipio.A versión local emprega amesma tecnoloxía web peronela abriuse o espectro paracatalogar todo tipo de elemen-tos patrimoniais de Melide “ea súa área de influencia”. Deaí o nome Abeancos, antigaxurisdición que incluía máisterritorios dos que inclúe aactual delimitación xeográficada comarca.

Desa parte de cataloga-ción encárgase o persoal domuseo melidense, que recibiua proposta de Melisa cos bra-zos abertos: “quen di que nona isto?”, comenta Xurxo Broz,colaborador da galería, “sobreMelide tense publicado moití-simo pero nin sequera existíaun catálogo físico como o quese poderá atopar na web.Non estabamos adaptados aostempos e con este catálogo di-

xital vaise cubrir unha caren-cia que había; é unha ferra-menta necesaria e con futuro”.

Valor documental, pedagóxico e turístico

De cara ao seu lanzamentoAbeancos.gal incluirá 36 ele-mentos patrimoniais, aíndaque a idea é que a longo prazoacaben figurando “todos osque existen”, clasificados endiferentes categorías: elemen-tos naturais, arqueoloxía,arquitectura relixiosa, civil epopular, cruceiros, pazos epontes. “Non quixemos metersó os máis típicos, senón ta-mén aqueles que a xente aíndanon os ten asimilados comopatrimonio”, sinala CristinaVázquez, arqueóloga do mu-seo. É por iso que xuntocos principais monumentosde Melide aparecerán outroscomo unha escola de prin-cipios do século XX, o curti-doiro de Furelos ou a Pena-moura, formada pola erosiónnatural pero “cun folclore cul-tural asociado que a fai máisinteresante”.

A ese carácter pedagóxicoengádese tamén un compo-ñente práctico: “escollemoselementos facilmente visita-

bles, porque algúns son formi-dables pero están convertidosnunha selva e calquera que seachegue alí non sería capaz derecoñecelos”, explica XurxoBroz, “eliximos sitios aos quese pode chegar facilmente encoche e sacar fotografías”.Deste xeito ao valor documen-tal a web engade tamén un va-lor turístico, e non só para axente de a pé: “empregamosOpen Street Map, polo que to-dos os datos que incorpora-mos quedan dentro dun mapaaberto e poden ser utilizadospara calquera fin por parti-culares ou empresas”, sinalarafael rodríguez.

Un dos seus compañeirosde Melisa, Jorge lama, des-

taca outro dos aspectos dife-renciadores de Abeancos.gal:“nos elementos que conside-ramos máis interesantes fixe-mos modelos 3D para incluírunha vista de 360 graos”. Enon só iso, pois nalgunhasocasións tamén se inclúen len-das asociadas, cunha versiónen audio e outra escrita. Entodos os casos a información édo máis completa; a ficha decada un dos elementos patri-moniais incorporados á pá-xina web inclúe nome, tipo deelemento, fotografías, catalo-gación do acceso e do estadode conservación, localizacióncon coordenadas, cronoloxíae unha descrición sintéticaaccesible a todos os públicos.

TOMA NOTA! A presentación de Abeancos.gal será o sábado 14 de maio ás 20:00 no Museo da Terra de Melide

Page 7: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Publicidade 7Cerne 124. Maio 2016

ANTI-CONXELANTES

ESCOBILLAS

BATERÍAS

CORREAS

PINTURAS

ACEITES

RODAMENTOS

AGRÍCOLA

Avenida de Lugo, 4 - MELIDETlfs.: 981 50 54 19 / 659 36 78 60

[email protected]

De onte, de hoxe e de sempre

Todo para o teu coche

Page 8: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

8 Publicidade Cerne 124. Maio 2016

Grupo Jim SportsNuevas instalaciones en Palas de Rei

La mayor plataforma logísticade deporte del sur de Europa

Page 9: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Publicidade 9Cerne 124. Maio 2016

DocumentoPublicitario.Fechadeemisión:Abril2016

Condicionesrevisablesenfuncióndelaevolucióndelmercado.Serándeaplicaciónlasqueesténenvigorenelbancoenelmomentodelaformalización.

Captura el código QR yconoce nuestra news‘Professional Informa’

AHEEEHAPEIALCEKNHOMGFPLAIPAHEEEHABNFFFNBPFPIDELIGJOICNDMPBPBNFFFNBFFDAKPFOGMAFBKGPBFPCDFMIOHIOFHBIBPLEMPIFFOAFIDBBDKBABOOGHHAOAFDILPKLDCBFFLBEEOHMEIEMJOIHEKICCJBADFCEFPNEKFCFGAOOGECIFPCKBLBMOIONKFIJMFNFFFEPDOJDMKNCCDDJOIOIAHFHAEMOGAPBBBPAPIALFILPIMOKGBHCEEHEEGJHHKHHHHHHHPHPHHHHPHPPHPPHPHPPPHHHHPP

 

Una cosa es decir que trabajamos en PRO desu negocio. Otra es hacerlo:

Cuenta ExpansiónNegocios PRO.Una cuenta que pone a su alcance financiación a lamedida de su negocio.- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

10% 0 Gratis TPV+ + +Te abonamos el 10% de tu comisiones de administración y Una tarjeta de crédito y una de débito Terminal punto de venta encuota de asociado*. mantenimiento**. por titular y autorizado. condiciones preferentes.

Y muchas más ventajas. La Cuenta Expansión Negocios PRO es la cuenta pensada para que despachos profesionales, autónomos, comercios ypequeñas empresas se hagan grandes.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Llámanos al 902 383 666, identifícate como miembro de tu colectivo, organicemos una reunión y empecemos a trabajar.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Estas condiciones se mantendrán mientras se cumplan los requisitos establecidos en el contrato. Actualmente, como mínimo se debe cumplir uno de los siguientes requisitos: un cargo en concepto de emisión denómina, un cargo en concepto de seguros sociales, un cargo en concepto de impuestos o dos cargos en concepto de recibos. Estos requisitos son de cumplimiento mensual: si al tercer mes no se cumplen estascondiciones, automáticamente la Cuenta Expansión Negocios PRO pasará a ser una cuenta relación.*Hasta un máximo de 100 euros anuales por cuenta, con la cuota domiciliada. El abono se realizará durante el mes de enero del año siguiente.** Rentabilidad 0% TAE.Puede hacer extensiva esta oferta a sus empleados y familiares de primer grado.

bancosabadell.com

1 /6Este número es indicativo del riesgodel producto, siendo 1/6 indicativo demenor riesgo y 6/6 de mayor riesgo.

Banco de Sabadell, S.A. se encuentra adherido alFondo Español de Garantía de Depósitos deEntidades de Crédito. La cantidad máxima

garantizada actualmente por el mencionado fondoes de 100.000 euros por depositante.

Page 10: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

10 Publicidade Cerne 124. Maio 2016

Chiquitín

* Almorzos

* Habitacións

* Menú do día

* Terrazas

www.chiquitinmelide.es [email protected]

* Especialidade en pulpo e carnes galegas

A parada no teu Camiño

Tfno.: 981 815 333 - Fax.: 981 507 560Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

* Especialidade en hamburguesas de boi de Kobee polo con espinacas

* Menú do peregrino

- MENÚ DO DÍA

Santa María

MELIDE

Teléfonos:

981 50 76 17606 59 04 46

ESPECIALISTAS EN PARRILLADAS

- OS VENRES, COCIDO- CAZA POR ENCARGA

- COMIDAS PARA EVENTOSDESAYUNO DEL

PEREGRINO

3 ´50EUROS

Abrimos a las 7:00

Page 11: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Melide 11Cerne 124. Maio 2016

o BnG queda en situación críticatrala dimisión dos seus tres edís

Os ex-concelleiros explicarán a súa decisión ante a cidadanía nun encontro que se celebrará o 6 de maio ás 20:30 no Multiusos

Os xa ex-concelleiros do BNG nas escaleiras de Calvo en agosto do ano pasado

Dalia García: “coa dimisión do portavoz o BNG desaparece de Melide”

O PP aproveitou para facer leña da árbore caída e saíu aopaso dos acontecementos para criticar aos nacionalistas por“abandonar á súa sorte aos votantes do BNG”. Consideranque as dimisións dos edís son o resultado da “desorganiza-ción interna” e da “falta de compromiso cos ideais políticosque defendían hai tan só uns meses”. En opinión dos popu-lares o BNG queda “defunto e deambulante” trala dimisiónde Xosé Igrexas, a quen definen como “un voceiro cada vezmáis canso da soidade á que se vía sometido día tras día nosplenos e nos actos públicos, sen ver recompensado o seutraballo nin en votos nin en apoio do seu grupo”.

Precisamente Igrexas criticou a actitude mantidapolos populares nesta cuestión: “non é momento de sacartallada política e pido respecto”, dixo en relación aos papeiscos que o PP empapelou a vila opinando sobre o acontecido.

O Grupo de Desenvolvementorural Ulla-Tambre-Mandeo(GDr UTM) continúa co de-seño da estratexia de crece-mento local que presentarápara optar a recibir entre 3 e 5millóns de euros ao abeiro doPrograma leader 2014-2020.

Unha vez rematada aprimeira rolda de reunións te-rritoriais cos membros da aso-ciación e presentado un estudosocioeconómico do territorio(conformado polos concellosde Arzúa, Boimorto, Melide,Santiso, Toques, Touro e Vila-santar), o GDr abre agoraunha segunda rolda de encon-tros nos que invita á xente dorural a expoñer as súas inque-danzas e achegar ideas. A par-

tir deste proceso participativoe vistas as necesidades, concre-taranse obxectivos, prioridadese medidas. A primeira das reu-nións abertas á cidadanía será

o 10 de maio no Edificio Mul-tiusos de Melide. Comezará ás18:30. Á mesma hora o 19 demaio haberá outra na casa doConcello de Sobrado.

Corren malos tempos para oBNG de Melide. A formaciónnacionalista afronta unha si-tuación crítica a nivel munici-pal trala dimisión dos tresconcelleiros saídos das urnasen maio do ano pasado e a re-nuncia de ata 12 integrantesda candidatura electoral a ocu-par os postos vacantes.

Un mes despois do iniciodesta crise o partido segue senrepresentantes na corpora-

ción. Descoñécese ademais seos membros das listas electo-rais do BNG que non presen-taron renuncia accederánfinalmente a ocupar os asentosdeixados polos edís saíntes.En caso de aceptar, o novoportavoz dos nacionalistassería Pablo Villasante (nº 7 dacandidatura). AcompañaríanoGutier González (nº 11) e Ma-nuel Souto (nº 13).

O particular calvario do

BNG comezou o pasado 7 deabril, día no que Xosé Igrexas,ata daquela voceiro municipal,presentou a súa dimisión norexistro do Concello. Como te-lón de fondo estaba a decisióndos seus dous compañeiros defilas, Xosé María Santín eAdrián Iglesias, de causarbaixa como militantes do BNGe solicitar a súa permanenciana corporación como conce-lleiros non adscritos.

Ante este novo panorama,e tras recoñecer que o partidoe o grupo municipal quedabannunha situación difícil, Igrexasdecidiu tirar a toalla logo decinco anos como líder do BNGlocal argumentando que nonsería quen de seguir desempe-ñando “ao cento por cento” oseu papel de concelleiro.

Días máis tarde, concreta-mente o 16 de abril, Xosé Ma-ría Santín e Adrián Iglesiaspresentaron tamén a súa dimi-sión como edís logo de que adirección nacional do BNG rei-vindicase como propias do par-tido as súas actas deconcelleiro e os instase a cum-prir co código ético que asumi-ran como candidatos nacio-nalistas. Na súa despedida po-lítica os dous edís dirixíronse áveciñanza a través dun comu-nicado no que expresaron que

“xa hai tempo que o camiñotrazado polo BNG a nivel na-cional transcorre por vieirosque respectamos pero que noncompartimos” e no que mani-festaron que seguirán “traba-llando para mellorar a indig-nante situación na que nos ato-pamos” pero que o farán“dende trincheiras diferentesás empregadas ata o de agora”.

Tamén Xosé Igrexas deixoua porta aberta a unha posiblevolta á primeira liña: “seguroque nos volveremos atopar noterreo político”, dixo dirixín-dose aos edís do PP no seu úl-timo pleno, que aproveitoupara agradecer o apoio da ci-dadanía e manifestar que du-rante o seu tempo comoconcelleiro actuou “do xeitomáis correcto” que puido e foi“o máis coherente e responsa-ble posible”.

FOTODENUNCIAINFÓRMATE E OPINA SOBRE O LEADER 2014-2020

Ser é ben sufrido, pero valer pouco vale. Os que pasamos pordiante del a diario temos que facer un esforzo de imaxinaciónpara entendelo. Os que pasan unha vez na vida, sexan visitantesou peregrinos, a saber que entenderán! Hai a carón dunha capelaun cartel, raiado e queimado polo sol, que debera ser cambiado.

Asetem participou na primeira das reunións celebradas en Melide

Page 12: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

12 Melide Cerne 124. Maio 2016

De todos é coñecida a proli-feración de vivendas abando-nadas ou ruinosas que existenno casco urbano de Melide. Oavanzado estado de deteriora-ción dalgunhas delas comezaa representar non só un pro-blema urbanístico e estético,senón tamén de seguridadepara veciños e viandantes.

É por iso que o Concelloestá decidido a tomar cartas noasunto e comezará por facerapercibimentos a todos ospropietarios de casas en malestado para que procedan aarranxalas. “Facemos un cha-mamento aos propietarios deconstrucións deterioradas paraque polo menos actúen sobreas necesidades máis urxentes,como poden ser os balcóns, oselementos de carpintería outodo o que resulte perigosopara o viandante ou os au-tomóbiles”, sinalou na radiomunicipal a alcaldesa, DaliaGarcía, ao tempo que apelou áresponsabilidade da veciñanza:“debemos de ter un urbanismo

o Concello insta aos propietarios de casas ruinosas a que as amañen

que camiñe cara a unha boahixiene ambiental”.

A voz de alarma sobre osperigos que entrañan as casasruinosas dérona os residentesda Avenida de América, quealertaron sobre a caída decristais e cascotes procedentesdun grupo de inmobles conti-guos que se atopan en dita rúa,e que se corresponden en con-creto cos números 11, 13 e 15.Baseándose nos informes ela-borados pola Policía local e o

departamento de Urbanismo,o Concello ordenou valar azona para garantir a seguri-dade da veciñanza. Este casomotivou ademais que dendeo executivo municipal se ini-ciase unha catalogación dosinmobles en mal estado quehai no casco urbano, detec-tando dous máis, un na rúado Progreso e outro na roldada Coruña, sobre os que pode-ría ser necesario adoptar me-didas de seguridade.

A conselleira de Infraestrutu-ras e Vivenda, Ethel Vázquez,mantivo un encontro co em-presariado de Melide parapresentar algunhas das medi-das que está a aplicar a Xuntaco obxectivo de impulsar opolígono industrial.

Entre as máis destacadasestá a deseñada para os pro-xectos ligados ao sector prima-rio, que disporán de 5.000metros cadrados de solo indus-trial na Madanela a cambio dealugueiros simbólicos. A esterespecto a titular de Infraestru-turas recordou que a Xunta xaofrece a posibilidade de adqui-rir solo en Melide mediantedereito de superficie, contandocon 17.000 metros cadradosnesta modalidade cun canonanual de 90 céntimos por me-tro cadrado. Trátase dunhamedida pioneira en Galicia queconsiste nun sistema similara un alugueiro con prezo sim-bólico con dereito a compra.Segundo explicou Ethel Váz-

o sector primario terá na Madanela5.000 metros de solo en alugueiro

quez, esta medida persegue di-minuír o risco de investimentodas empresas, “que pagaránmenos polo solo nos primeirosanos, que é cando afrontanmaiores custos”.

A conselleira anuncioutamén que en breve seránadxudicadas dúas parcelasirregulares no polígono deMelide. Suman 2.400 metros

cadrados e foilles aplicado odesconto do 50% que aproboua principios de ano a Xuntapara aqueles terreos da Mada-nela con peor aproveitamento.Ao resto aplícaselles unhabonificación do 30%. No exer-cicio pasado vendéronse 7parcelas en Melide con prezobonificado. A día de hoxe res-tan 11 por vender.

Dalia García e Ethel Vázquez nunha charla con empresarios

Planifican un intercambio musical con Santa Teresa di Riva

A finais de setembro ungrupo de mozas e mozosde Melide con idadescomprendidas entre os 13e os 20 anos e relación comundo da música viaxa-rán ata Santa Teresa diriva, en Sicilia, para par-ticipar nun intercambiomusical.

Así será “se non hainovidade”, tal e como ex-plicou a alcaldesa, DaliaGarcía, logo de recibir nacasa do Concello o pasadomes de abril a unha dele-

A gala solidaria do ComboDominicano recalará porsegundo ano consecutivo enMelide, que será de novoescenario dun evento demultitudes no que músicae solidariedade se darán aman por unha boa causa;axudar aos máis necesitados.

O evento, promovidopola Asociación de Hostale-ría “Melide Móvese”, terá lu-gar o día 3 de xuño no Pazode Congresos e Exposiciónse realizarase, ao igual ca oano pasado, en beneficio deCáritas e da Fundación Ami-gos de Galicia. Os asistentesao concerto solidario doCombo Dominicano, quedará comezo ás 22:00, nonterán que aboar cartos polaentrada, senón produtos nonperecedoiros como leite,

Melide e o Combo amosarán de novo a súa cara máis solidaria

pasta, conservas, azucre ouaceite. En caso de non leva-los poderanse adquirir naentrada do recinto. Todo orecadado entregaráselle ásentidades sociais xa citadas,que serán as encargadas derepartir os material entreas familias ás que axudanhabitualmente.

Dende a organización,da que tamén forma parte oConcello de Melide, agár-dase sobrepasar as cifras doano pasado. Daquela o listónxa quedou moi alto, pois re-cadáronse nada menos que11 toneladas de alimentos easistiron ao evento máis de3.000 persoas, superandoasí os datos da primeira gala(celebrada en Santa Comba),na se conseguiron reunir4 toneladas de produtos.

Presentación da Gala Solidaria na Cidade da Cultura

Luis Polo

gación procedente de ditalocalidade italiana.

O encontro foi unhaxuntanza de traballo naque o vicealcalde de SantaTeresa di riva, a presi-denta do comité local,directivos da escola demúsica e membros doexecutivo melidense perfi-laron os detalles do inter-cambio, unha actividadeque as dúas vilas presenta-ron conxuntamente den-tro do programa ErasmusPlus da Unión Europea.

Page 13: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Comarca 13Cerne 124. Maio 2016

O Conselleiro de Cultura, ro-mán rodríguez, visitou recen-temente o mosteiro de Sobradopara anunciar que xa está enredacción o proxecto para res-taurar o monumento e que ostraballos darán comezo despoisdo verán. A intervención su-porá un investimento de algomáis dun millón de euros erealizarase ao abeiro da estra-texia deseñada pola Xunta paraimpulsar os camiños do Norte,dotada cun orzamento de 7millóns de euros.

As actuacións no mosteiroterán por obxectivo principaleliminar os focos de humidadee corrixir os danos provocadospolas numerosas filtracións deauga no inmoble. En concreto,actuarase para eliminar as queforon detectadas na igrexa e noclaustro dos Medallóns. Taménse revisarán as cubertas e oscaleiros, eliminando a vexe-tación que impida a correctaevacuación da auga.

Unha vez solucionados os

O conselleiro escoitando as explicacións dos relixiosos

o arranxo do mosteiro centrarase naeliminación de humidades e filtracións

problemas de humidade reali-zarase unha limpeza das facha-das e das torres ao tempo quese arranxarán os danos provo-cados pola presenza de herbasnos muros e tellados. Ademais,a efectos de completar os usosculturais e públicos vinculadosá igrexa e ao claustro dos Ca-baleiros, o proxecto permitiráadecuar como biblioteca o

espazo que a comunidade demonxes utilizaba como capelae que a día de hoxe está baleirode contido.

A intervención inclúe ta-mén a elaboración dun estudobásico do inmoble e das súasnecesidades de cara á elabo-ración futura doutro proxectopara mantelo en bo estado deconservación.

A ludoteca de Visantoña, o edi-ficio de madeira construído enSantiso con fondos leader acarón da piscina municipal eactualmente sen uso e en es-tado de semiabandono será fi-nalmente acondicionado paraadaptalo como centro social.

Os traballos de mellora rea-lizaranse aproveitando as axu-das do Plan de Acción Socialda Deputación, tal e como lletransmitiu o goberno local deSantiso ao presidente da enti-dade provincial, Valentín Gon-zález Formoso, no transcursoda visita que realizou o pasado28 de abril ao municipio, noque a institución que presideinvestirá 553.000 euros a tra-vés de diferentes plans.

O equipo de goberno apro-veitou a ocasión para solicitarde novo o compromiso da De-putación de cara a construírsendas peonís nos núcleosurbanos de Ponte Arcediago eVisantoña. Tamén para insis-tir “na necesidade de apostarpolos pequenos Concellos”, tal

Santiso acondicionará a ludoteca deVisantoña como local de uso veciñal

e como manifestou o alcalde,Manuel Adán, na recepciónoficial que se realizou no salónde plenos. O rexedor trasladoutamén a súa preocupación po-las consecuencias do despobo-amento no rural, “unha lacracontra a que temos que loitartodos xuntos”, dixo.

A propósito disto o presi-dente provincial asegurouque “a diferenza do anterior

goberno” agora a Deputación“está centrando o seu esforzoinversor en concellos con me-nos de 20.000 habitantes eo cambio xa se nota”. Puxocomo exemplo os 25.000euros que recibirá este anoSantiso a través do Plan deEmprego local, unha canti-dade “que multiplica por tres”os 7.650 euros que recibiu en2015.

O presidente da Deputación (3º dereita) na contorna da piscina

ORZAMENTO DO CONCELLO DE SOBRADO PARA O ANO 2016

INGRESOSTransferencias correntes

Transferencias de capital

Impostos directos

Impostos indirectos

Ingresos patrimoniais

TOTAL INGRESOS

139.600 €

10.000 €

406.900 €

664.178 €

1.112.235 €

1.000 €

Bens correntes e servizos

Gastos de persoal

Investimentos reais

Transferencias de capital

Gastos financeiros 250 €

72.300 €

18.078 €

2.333.913 €

Taxas e outros ingresos

Transferencias correntes

962.865 €

545.352 €

735.068 €

GASTOS

TOTAL GASTOS 2.333.913 €

A Conselleira do Medio rural, Ánxeles Vázquez, visitou noConcello de Toques a explotación Saamil SC, unha sociedade in-tegrada por un pai e un fillo que conta cunha granxa de porcosde cebo con 934 cabezas e outra de gando vacún con 35 vacasde leite. A conselleira puxo esta explotación como exemplo dediversificación da actividade “nun contexto económico difícilen xeral” e salientou tamén o relevo xeracional, ao que o seudepartamento contribúe cunha liña de subvencións para favo-recer a incorporación de mozos á actividade agraria.

Na súa visita Vázquez anunciou a aprobación 2,1 millóns deeuros en axudas para reforzar o traballo de 71 Agrupacións deDefensa Sanitaria Gandeira de toda Galicia, que grazas a estassubvencións poderán contratar servizos veterinarios dos que sebeneficiarán 10.540 titulares de explotacións na comunidade.

A conselleira do Rural visita Toques

A conselleira do rural cun dos socios da granxa porcina de Toques

Page 14: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

14 Comarca Cerne 124. Maio 2016

Abril foi un mes grande para as alumnas e alumnos da Escolade Patín de Toques, que tras varios meses de duro traballo tive-ron a oportunidade de presentar no pavillón polideportivo deCurtis as coreografías que semana tras semana ensaiaron aolongo do inverno. Os nervios estaban latentes no día da exhibi-ción pero os bailes “foron dinámicos, creativos, alegres e conmoita coordinación entre os compoñentes de cada un dos gru-pos”, polo que non tardaron en chegar “os aplausos da xente quemiraba dende as gradas”, explica o monitor das cativas, MauroNoguerol. Unha vez rompido o xeo, xa é seguro que as patina-doras “volverán participar en eventos deportivos deste tipo”.

a escola de patín de toquesexhibe a súa arte en Curtis

O equipo de patinaxe de Toques agardando para actuar

O mosteiro de Sobrado será undos escenarios protagonistasda terceira edición do rallyInternacional Terras do Man-deo, que se disputará os vin-deiros días 13 e 14 de maiopolas pistas e camiños dosconcellos de Curtis, Aranga,Guitiriz e o propio Sobrado,que por primeira vez participacomo entidade organizadorae que será o lugar no que serealice a entrega de premios.

Ese momento produciraseo 14 de maio a carón do mos-teiro a partir das 20:30 horas,pero antes diso aínda haberá,nunca mellor dito, moito querodar. A competición, puntua-ble para o campionato de Es-paña de rallies de terra, darácomezo o día 13 ás 18:45 naPraza de España de Teixeiro,de onde sairán os participan-tes. Por diante terán un perco-rrido cun total de 381 km,dividido en dúas etapas e connove tramos cronometradosque suman 117 km.

Vehículos aparcados a carón do mosteior no rally de 2015

Sobrado será a liña de meta do rallyinternacional terras do Mandeo

A falta de saber o númeroexacto de vehículos que corre-rán no Terras do Mandeo, xaque o prazo de inscrición re-mata o vindeiro día 9, a orga-nización agarda superar os 59inscritos da edición anterior.Con todo nunca poderán sermáis de 80 os automóbilesparticipantes, xa que ese é onúmero máximo establecido

nas bases da competición.

Ferreiro, coche ceroUnha das novidades de últimahora é a presenza Jesús Ferrei-ro. Mais, lonxe de loitar contrao crono, o piloto melidao par-ticipará como coche cero amo-sándolle ao público os tramos,velocidade e trazada que efec-tuarán os participantes.

Taller de atención sociosanitaria

Os concellos de Sobrado, Toques, Curtis, Vilasantar, Mesíae Boimorto solicitaron conxuntamente á Consellería deEconomía e Industria organizar un obradoiro de empregocoa denominación O fogar da montaña para formar apersoas en atención sociosanitaria tanto en domiciliosparticulares como en institucións sociais.

Con esta iniciativa os concellos da montaña pretendendar formación a 30 persoas que se atopen no paro e darllesasí a oportunidade de obter a titulación oficial que se re-quire para traballar no ámbito da atención sociosanitaria.

Os municipios que promoven a creación deste obra-doiro, que coordinaría Sobrado, destacan que o plan deacción conxunta permitirá cubrir a elevada demanda destetipo de profesionais no medio rural e contribuirá a paliaras dificultades coas que se atopan para atopar na zonapersoal cualificado que poida traballar nese sector.

Campionato de pesca terra de MelideOs participantes pillaron 84 troitas. A maior, de 38,5 cm

Emilio Gómez (Melide) Ainhoa Alonso (lugo)Carlos lamas (Sobrado)

A mañá estaba fría, chuviosa econ brétema, pero o Campio-nato de Pesca río Furelos, quecelebrou o 9 de abril a súa un-décima edición, non defrau-dou. Os 15 participantes,escollidos por sorteo entre ototal de 117 inscritos, botá-ronse ao río ás 8:30 da mañá eao remate do concurso, cincohoras máis tarde, o melidenseEmilio Gómez proclamábasecampión tras lograr capturar

10 troitas. En segundo posto,con 7 capturas, quedou Carloslamas, de Sobrado. O broncefoi para unha xoven troiteirade lugo, Ainhoa Alonso, quetamén realizou 7 capturas.

En total os participanteslograron pillar 84 troitas damedida. A máis grande, de38,5 cm, caeu na cesta de luisCarlos Frade, motivo polo quelevou o premio á mellor cap-tura. Ademais dos triunfado-

res, a asociación de troiteirosentregoulles agasallos a todosos participantes trala comidana Pousada Chiquitín coa quese clausurou o concurso.

Dende a directiva de “ríoFurelos” destacan “o impeca-ble desenvolvemento do cam-pionato, o extraordinariocomportamento dos partici-pantes e a profesionalidadedos xuíces que controlarontodo o proceso”.

1º 2º 3º

Investimentos da Deputación

A Deputación subvencionará diferentes proxectos de me-llora e acondicionamento de infraestruturas culturais nosconcellos da comarca: Melide, 2.494 euros para os sistemasde calefacción en distintos locais sociais e para un punto deinformación no casco urbano; Toques 5.034 € para acondi-cionar a aula da natureza: Sobrado 5.692 € para instalar unelevador e repoñer as fiestras do edificio “Casa da Herman-dad”; Santiso 7.984 € para investimentos sen concretar.

Page 15: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Publicidade 15Cerne 124. Maio 2016

AVOGADOS

!∀#∃%&!∀∋#()∗∀∋+∋,

−).+%∗#/%&!0!1%2#345%2

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C. 1678

C. 711

# #

# #

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

HERDANZAS

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

MELIDE

Ana Pernas VilasusoC. 1678

Miguel Fernández LópezC. 711

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf.: 981 506 455 - 661 580 004

San Antonio, 3MELIDE

Tlf: 627 809 017 - Desayunos- Sandwiches- Hamburguesas

- Ensaladas

- Bocadillos fríos y calientes

- Platos combinados- Raciones - Comida para llevar

Café-Bar

MELIDE

- Especialidade en:

* Almorzos

* Bocadillos quentes

* Tapas

- Churros (dende as 6 a.m.)

- Pratos combinados

Rúa Cátedra, 1

Page 16: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

16 Publicidade Cerne 124. Maio 2016

Fundada en 1930

Especialidade en:

Ricos - Melindres - Amendoados

Avenida da Habana, 7 Telf. 981 50 51 27 MELIDE (A Coruña)

TAHONATAHONA

Empanadas - Rosquillas de sartén

Croissants - Pan de trigo do país

E outros produtos do Entroido (filloas, orellas, rosquillas...)

C/ Progreso, 6Tfno.: 981 505 153 MELIDE

R/ Novoa Santos, 32 - baixoTlfs.: 981 50 50 98 / 654 217 798 Tfno.: 981 50 78 29

[email protected]

Camiño de Ovedo, nº 6

Page 17: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Cultura e lecer 17Cerne 124. Maio 2016

dous días de actividade para celebraros 25 anos da Festa do Melindre

Serán nomeados 9 embaixadores, entre eles Fernando romay

Este ano tampouco é un anocalquera. logo de celebrar re-centemente a distinción comoevento de interese turísticogalego, a repostería tradicio-nal de Melide afronta outracita importante coa chegadada 25ª edición da Festa doMelindre, unha cifra simbó-lica para un evento máis queconsolidado que non por isodeixa de medrar e de buscarnovas aspiracións.

Entre elas está a consecu-ción do recoñecemento comofesta de interese turístico na-cional, un obxectivo para oque o Concello e a asociación“Melide Terra Doce” están adar os primeiros pasos do-

Degustación de melindres na Praza de abastos de Compostela

tando de máis contidos unhacelebración que por primeiravez nos seus vinte e cinco anosterá dous días de actividades;en concreto o 7 e o 8 de maio.

Esta é unha das grandesnovidades e chega para que-darse, pois a intención daorganización é que de aquí enadiante a Festa do Melindre sedesenvolva sempre ao longode toda a fin de semana. Opropósito é darlle unha maiordimensión: “non queremosque sexa só un par de días”,explica a alcaldesa de Melide,Dalia García, “senón conseguirtamén a máxima repercusiónposible e obter un feedback”.

Cara a esa dirección foron

encamiñadas todas as inicia-tivas promocionais que sedesenvolveron nas últimassemanas, así como a progra-mación que dará comezo osábado día 7 na Praza do Con-vento, onde se concentrarátamén por primeira vez todaa actividade, incluídos os con-certos musicais.

Neste apartado, ao igual caen anos anteriores, a apostapasa pola música tradicionale por grupos locais, como éo caso de Terça Feira, que ac-tuará o sábado xunto cos pan-dereteiros de Pandeiromus. Odomingo poñerán o peche OsMelidaos e Tiruleque. Previa-mente, ao mediodía, o presen-

tador e cómico galego rafaDurán encargarase de ler opregón e de seguido proce-derase ao nomeamento dosnovos embaixadores/as domelindre, que este ano serán:Fernando romay, ex xogadorde baloncesto; Almudena Vi-llegas, premio nacional deinvestigación en gastronomía;

Cecilia Vázquez, directora xe-ral de Xuventude; Juan Gil deAraújo, presidente do CrDOrías Baixas; Ánxeles Vázquez,conselleira do Medio rural;Xurde Morán, escritor e xor-nalista; Xoán Crujeiras, chefno restaurante la Estación;CIrE Melide e Cristino Álva-rez, crítico gastronómico.

A Festa do Melindre comeza enrealidade moito antes dos díaspropios da celebración cunhamanchea de actividades desenvol-tas polo Concello e a asociación“Melide Terra Doce” para promo-cionar tanto a festa como a repos-tería tradicional da vila.

Como parte dese traballo previoos melindres, ricos e amendoados,traspasaron por primeira vez fron-teiras e chegaron a Portugal, ondeforon os protagonistas, xunto coviño de Porto, dunha xornada demaridaxe que se realizou na Escolade Hostalería e Turismo da cidadelusa e na que participou o alum-

nado de pastelería. En días previos realizouse

unha actividade semellante baixoo título “Maridaxe dos sentidos” encolaboración co Consello regula-dor das Indicacións Xeográficas deAugardentes e licores Tradicio-nais de Galicia e do barman ÁngelCamiña, quen elaborou tres cócte-les diferentes para combinar cosmelindres, ricos e amendoados.Neste caso o escenario foi a Prazade Abastos de Compostela, queposteriormente acolleu unha de-gustación gratuíta dos doces típi-cos de Melide.

A presentación oficial da festa

Abrindo novos horizontes:intensa promoción da repostería melidá

Xornada de promoción do melindre na Escola de Hostalería de Porto (Portugal)

realizouse este ano na cidade de Ourense,onde a comitiva integrada por membros dogoberno local e melindreiros foi recibida

polo alcalde da cidade das Burgas, JesúsVázquez, nomeado embaixador do melin-dre durante a súa etapa como conselleiro.

C/ San Antonio, 21

MELIDE

Teléfonos:

981 50 53 82600 69 38 27

607 11 55 32

Page 18: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

18 Publicidade Cerne 124. Maio 2016

Page 19: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Cultura e lecer 19Cerne 124. Maio 2016

o alumnado do Pastor Barral, protagonista dun videoclip musical

Por todos é sabido que Melideé terra de artistas, mais se al-guén alberga aínda dúbidaspode desbotalas todas dungolpe vendo “Campión inter-nacional”, o primeiro videoclipdo grupo de música infantil AGramola Gominola.

Aí, coma peixe na auga, apa-rece o alumnado do colexioMestre Pastor Barral, o lugarelixido como plató de rodaxedeste traballo audiovisual queprotagoniza Brais Varela, estu-dante de terceiro da ESO.Xunto con el, e como parte im-prescindible do traballo, ac-túan os 170 nenos e nenas docolexio público melidense, queo pasado 14 de abril acolleu apresentación oficial do video-clip e o posterior concerto endirecto da Gramola Gominola.

Detrás deste proxecto agó-chase algunha cara coñecida,como a de Manuel Varela, querexenta na vila o estudio defotografía Imaxina e que,

xunto con Afonso Baldomero,de Meroafonso ComunicaciónAudiovisual, son os produto-res e directores de “CampiónInternacional”.

Ademais do colexio nº 3,tamén se rodaron escenas naCasa Curros de Visantoña ouno campo de fútbol de Melide,onde se sumaron os alumnos e

alumnas das escolas deporti-vas do CIrE. No videoclip dá-selle unha relevancia especialao xogo e por iso resultou in-dispensable a colaboración daAsociación Galega do XogoPopular e Tradicional, quepuxo a disposición dos cativostodos os xogos empregados nagravación do traballo.

Foi un éxito e unha sorpresaao mesmo tempo. O Día do li-bro conmemorou este ano o400 aniversario do pasamentode Cervantes e a exposiciónorganizada pola bibliotecamunicipal con tal motivobaixo o título “Todos os Qui-xotes na biblioteca” puxo demanifesto a querenza dos me-lidenses por esta obra cume daliteratura universal.

“Foi unha sorpresa saberque estaba tan presente; veseque á xente lle gusta telo nascasas”, explica a directora docentro, Ánxela lópez, quenunca pensou de reunir ospreto de 100 volumes que che-garon ás súas mans en cuestiónde días. “Foi soltar a noticia eempezar a entrar os Quixotespola porta” explica menos sor-prendida neste caso pola xene-rosidade dos lectores: “a xenteé máis desinteresada do quecremos e séntese na obriga decolaborar porque sabe queaquí se leva todo sen pagar eestá moi claro que o que hai

o día do libro descobre a paixón deMelide por Cervantes e don Quixote

na biblioteca é de todos”. Grazas a esa xenerosidade

estiveron expostos dendeexemplares de gran valor ataoutros do máis curioso: unhaedición de 1930 para ler nasescolas, outra da rAE adap-tada á linguaxe actual, as ver-sións de cómic ou as pensadaspara o público infantil, comoas do ilustrador galego AnxoFariña, que adaptou anacos do

Quixote en clave autóctonapara menores de 7 anos.

Pero non só libros, á expo-sición chegaron tamén figurasde Quixote e Sancho en ma-deira ou cerámica, un tabo-leiro de xadrez, dúas pezaselaboradas pola familia Cagide(coñecidos tallistas de Fure-los), e mesmo un cadro pin-tado para a ocasión poloartista local Quiñoy.

A exposición reuniu preto de 100 exemplares do Quixote

A Gramola Gominola actuou de balde para o alumnado do Nº 3

Á segunda foi a vencida. A comisión de festas de Santa María ce-lebrou o campionato de tute que se viu na obriga de suspender naprimeira intentona por culpa das inclemencias do tempo e fíxoocon éxito de participación. Tamén con moitas de horas de cartasata coñecer o nome dos gañadores: Agustín Sesar e J. M. Faílde.

torneo de tute Santa María

José luis Mosquera e Sergio Ares, subcampións

Agustín Sesar e J. Manuel Faílde, ganadores do torneo

XXV FESTA DO MELINDREPROGRAMACIÓN

Na Praza

do C

onvento

Page 20: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

20 Cultura e lecer Cerne 124. Maio 2016

Melide converterase de novo nun re-ferente para o sector cinexético o vin-deiro 22 de maio, día no que o Pazo deCongresos e exposicións acollerá a se-gunda edición da Feira de cans decaza, na que se entregarán premios aomellor exemplar de cada raza, á me-llor gaiola, á mellor manda e á mellorcamada. A actividade completarasecon degustación de caza e cunha mas-ter class a cargo de Héctor lópez,membro do Grupo Nove e chef do afa-

MELIDE ACOLLERÁ O 22 DE MAIO AII FEIRA DE CANS DE CAZA

mado restaurante España, en lugo.Como antesala desta feira cele-

brouse entre os días 15 e 17 de abril aII Copa Galicia Terra de Melide, á queacudiron 160 cazadores procedentesde toda a xeografía galega, ademais deAsturias, Cantabria, País Vasco e Cas-tela para participar nas tres probasque se disputaron: rastro de coello,rastro de xabaril e a do campionatode San Huberto. Entre os ganadores efinalistas repartíronse 6.000 euros.

A solidariedade sempre funciona benno colexio Mestre Pastor Barral ecombinada coa literatura dá como re-sultado un excelente proxecto peda-góxico, como o que puxo en marchao equipo da biblioteca con motivoda celebración do Día do libro.

Nel participou toda a comunidadeeducativa, que ao longo dunha se-mana foi achegando ao centro todotipo de libros: infantís por suposto,pero tamén de autoaxuda, de cociña,

O EXCELENTE RESULTADO DE COMBINARLIBROS E SOLIDARIEDADE

novelas e mesmo enciclopedias. Todoese material, debidamente clasifi-cado, foi exposto durante outra se-mana na entrada do colexio paraquen quixera ilo mercando. Mais omedio de pago non foron os cartos,senón os alimentos e artigos de pri-meira necesidade. Un libro, tres oucinco por cada produto entregado. Omaterial reunido xa lle foi entregadoa Cáritas de Melide para distribuírentre as familias necesitadas da vila.

A cidade de Salamanca acolleu a fin desemana do 22 e 23 de abril os campio-natos de España de Kick Boxing, dosque a selección galega saíu como amáis laureada de todas as partici-pantes. Nese éxito tivo moito que vera actuación dos deportistas da EscuelaAyude, que volveron para Melide con11 metais: seis ouros conseguidos porAron Ayude, Cora Ayude e NahumAyude (que lograron a vitoria tanto naproba light contact como na point

ESCUELA AYUDE MARCA TERREO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICK BOXING

fighting); tres pratas, conseguidas porNicolás Devesa (2) e Víctor Buján; e osbronces de Sabela Cabado e CristinaCardeiro. Outra das alegrías para Es-cuela Ayude chegou da man de NereaIglesias, que logrou clasificarse parao campionato de España de esgrimaen categoría infantil logo de meterseentre as 25 mellores no último ran-king nacional, celebrado en Vallado-lid. Marcos Villamor acabou 88º eNahum Ayude 80º.

Son sete nenos que cando comezaronen outubro as clases de xadrez tiñanuns coñecementos máis ben escasossobre a materia. Agora, seis mesesdespois, acaban de quedar subcam-pións no Torneo Escolar de Xadrez dacomarca de Compostela, disputado o24 de abril na capital de Galicia.

Tal fazaña ten nomes e apelidos:Breixo Cea, Sergio Casal, Siro Suárez,Sergio Quintás, Bruno Neira, MartínIglesias e Víctor Buján. Malia que os

O EQUIPO DE XADREZ DO PASTOR BARRAL,SUBCAMPIÓN EN COMPOSTELA

dous últimos non puideron asistir aocampionato forman parte tamén doequipo de xadrez do colexio MestrePastor Barral, formado grazas á inicia-tiva da ANPA Camiño real, que apos-tou por unha actividade que nuncaantes se impartira no centro escolar.

Parte do mérito tamén lle corres-ponde ao mestre dos subcampións,Xosé García rodríguez, quen taménconseguiu que o seu club de xadrezde Arzúa ascendese a 2ª división.

Turismo Melide

Page 21: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Publicidade 21Cerne 124. Maio 2016

Habitaciones de 4 y 8 plazas con taquillas

Desayunos a partir de las 6:00 h. Cocina equipada. Salón con TV y juegos

Wifi gratis. Calefacción. Adaptado a minusválidos Parking para bicicletas Jardín privado de 340 m con tumbonas, mesas y sillas2

C/ San Antón, 6 - MELIDE

981 506 427 - 698 153 672www.alberguesananton.com

[email protected]

Rooms of 4 and 8 places with lockers

Breakfast from 6:00 am Fully-equipped kitchen. Lounge with TV

Free Wifi. Heating. Adapted for disabled Bicycle parking Private garden of 340 m with sun loungers, tables and chairs2

Page 22: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

22 Colaboracións Cerne 124. Maio 2016

A Foliada de Melide acadounesta edición o seu doceavoaniversario. Comeza así, des-pois dos primeiros anos nosque a tónica predominante foia adaptación a un contextoque se ía construíndo chanzoa chanzo, na que as aprendiza-xes foron a constante nun ca-miñar cargado de incertezas eno que albiscar o futuro poucoimportaba porque o presenteera o suficientemente sufo-cante. Os doce aniños aché-gannos, se me permiten facero paralelismo, á idade da ado-lescencia que, na actualidade,albíscase como un momentode adversidades, de rebeldías,de desencontros e os malesta-res convértense no habitual.Polo tanto, constrúese a ado-lescencia como unha etapaproblemática. Quizais se debea que a adolescencia, comoetapa previa á xuventude oucomo eterna adolescencia, é apreparación cara á indepen-dencia adulta.

De feito, sóese presentar aadolescencia en termos dunhaetapa pola que inexcusable-mente hai que pasar. Sen em-bargo, as consecuencias da súaxestión poden ser tanto posi-tivas como negativas para o

propio adolescente, as súasfamilias e o medio no que seinsiren. Se aceptamos que aadolescencia é un momentomáis na formación da persoa,pero coas peculiaridades decambios físicos, mentais e, so-bre todo, novas atraccións, ocóctel pode ser aproveitadopara construír unha perso-nalidade e unha relacións entermos de estabilidade e supe-ración dos distintos conflitosou pode tornarse explosivo.

Fuxir, cando menos, do xeitohexemónico de mirar a ado-lescencia na nosa sociedade,que é pondo etiquetas, é irre-nunciable cara construír unhasrelacións diferentes.

Aos adolescentes na nosasociedade solicítaselles xestio-nar ben os riscos e asumir res-ponsabilidades. Sen embargo,ditas responsabilidades dansepor asumidas nos adultos. Ocamiño debe ser bidireccionalpara non crear disonancias nin

Sucedeu en Visantoña hai 66 anosXosé Núñez lópez, escritor

Foliada de Melide: comeza o reto da adolescencia Santiago Prado Conde (Chago), antropólogo

ambivalencias. Os adolescentesestán buscando a senda paraconverterse en adultos e, notraxecto, a individuación con-vértese nun proceso en buscade autonomía que, en moitasocasión, os mesmos adultosnon son capaces de obxectivi-zar antes os cambios que aba-fan a cotidianidade. Polo tanto,a tensión entre a dependenciafamiliar e a procura de autono-mía é o obxectivo para adap-tarse á nova realidade á que

deben enfrontarse as familias eos seus fillos adolescentes por-que a construción da realidadenon parece complementarse.

A Foliada de Melide ató-pase entón ante o reto decomezar unha nova xeira naque o descubrimento, as novasincertezas, achegarse ao des-coñecido, pensar de xeito dife-rente ao status quo e, final-mente, ir construíndo unhapersonalidade adulta vai serun cometido polo que, irreme-diablemente, haberá que tran-sitar. A senda trazada parecealbiscar un camiño sen excesode curvas, mais, como ben sa-bemos, por moitos alicercesque poñamos, a adolescenciaestá chea de precipicios, derodeos, de toxos e penedosque nos deben permitir esbo-zar con imaxinación e creati-vidade novos vieiros.

En definitiva, a Foliadaentra nunha nova xeira, domesmo xeito que a chegada áadolescencia, e terá que en-frontarse a un camiño no quedeben seguir inmersos, paraque o tránsito á independenciaadulta se faga con certo éxito,toda unha serie de actores quearrodean e transcenden o actofestivo en si mesmo.

A parroquia de Visantoñasempre foi e segue sendo moifesteira, pois mentres nas dacontorna só hai dúas desasfestas cada ano, aquí aíndaconservamos tres: o San Anto-nio, a patronal do San Xoáne ao do San Agustín no mesde Agosto. Ata non hai moitotempo tiñamos outra máis,chamada a “Función de Hijasde María”, que se celebraba nomes de maio. Era unha festacompleta con banda de mú-sica, misa solemne, foguetes,procesión e baile pola tarde.

Era unha festa que gus-taba tanto a persoas maiores,en canto se refería aos actosrelixiosos da mañá, comocomo á xuventude, que go-zaba bailando aos acordes da

banda de música ata ben en-trada a noite. E digo que antesgustaba aos maiores porquedurante a misa cantada habíaun oco durante o cal parellasde nenos e nenas recitabanversos dirixidos á virxe que,aos que estaban ben prepa-rados, daba gusto escoitara desenvoltura coa que osdicían. Non era así naquelescasos nos que a vergoña llesimpedía aos cativos acabalose remataban chorando. Perosobre todo eran os pais e osavós os que máis gozaban conaquela ocasión de ver algonovo ou diferente, xa que porentón “nunca pasaba nada” ecalquera cousa que rompesea monotonía do día a día eramoi celebrada.

Pero polo ano de 1950,como o párroco de entón nonera partidario do baile cha-mado “agarrado”, decidiu deacordo coa xefa das Hijas deMaría, posto que eran elesquen organizaban e sufraga-ban os custos da festa, que eseano só se celebrara a parte re-lixiosa. A nova de que no íahaber o baile da tarde axiñachegou aos oídos da xuven-tude, que a colleu con moitodesgusto e decidiu vingar dal-gunha maneira o que lles pa-recía unha afronta.

Deste xeito algúns díasantes, sabendo que xa trouxe-ran a pólvora e que estaba gar-dada no hórreo dun veciño dasúa confianza na aldea de Ba-locás, unha noite presentouse

un grupo decatro ou cincomozos nacasa do bohome esixín-dolle que lleentregara achave do hó-rreo. Comoxa imaxinabapara que aquerían, ne-gouse a dár-llela e ante anegativa un dos mozos enca-ñonouno cunha pistola dicín-dolle: “entregas a chave dohórreo ou non?”

O bo do home, ante razónstan convincentes, entregoullesa chave e seguidamente osmozos colleron os foguetes emarcharon con eles non senantes despedirse “amableme-nente” do dono dicíndolle quecontra el non había nada e queestivese tranquilo. Salvo fo-

guetes, os actos da mañá cele-bráronse coa mesma solemni-dade de cada ano. O párroco eas Hijas de María non denun-ciaron os feitos e a cousa nonfoi a maiores. En anos sucesi-vos a festa de maio volveu sercompleta como sempre foraata o falecemento da xefa dasHijas de María, que supuxo adesaparición desta fermosafesta e tamén da congregaciónrelixiosa.

Page 23: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

Entrevista 23Cerne 124. Maio 2016

ESTHEr BOUzO GrANDE, lA COrTINA

“nun negocio tes que aprender a diario,o que sabías onte non vale para mañá”

Para Esther Bouzo o sector comercial semella ter poucos segredos. Logode toda unha vida dedicada á confección e instalación de cortinas e despoisde vinte anos á fronte da súa propia tenda, fala coa seguridade de quensabe como ha de mover os fíos. Namorada da súa profesión e valente á

hora de afrontar retos, defínese como unha persoa “innovadora ao 100%”que busca actualizarse constantemente nun sector “no que se te quedasparada morres”. La Cortina é o seu mundo, un mundo cheo de cor e ideasque ten como piares a complicidade e o trato directo coa clientela.

“Todo o mundoadmira Melide

polo constante eloitadora que é axente do sector

comercial”

“Son innovadoraao 100% pero obásico sempre oteño porque seique nunca vaidecepcionar”

- Hai 20 anos que la Cor-tina abriu as súas portasen Melide. Como foron osinicios do negocio?-Esther Bouzo (E.B.): Em-pecei con moita ilusión e conmoitas ganas de traballar, por-que a min sempre me gustou adecoración. Abrín nuns anosonde todo ía ben e tiven moitasorte, traballo, saúde e xentecompetente ao meu carón.Comecei traballando en Vito-ria para unha casa que sechamaba Castaño e alí foionde me iniciei. logo vin vivira Melide, onde me deu unhagrande oportunidade Socorro,de Decoraciones Paulino. Des-pois chegou un momento noque ou me lanzaba ou mequedaba estancada, e comoson un cu inquieto, atrevinmee montei esta tenda.

- Como cambiou o sector eo xeito de facer negocionestes vinte anos?-E.B.: Este mundo está sem-pre cambiando e evolucio-nando, se quedas paradomorres. Hai que aprendertodos os días porque o quesabías onte xa non vale nadapara mañá. Nese caso eu teñoa sorte de que o meu traballome apaixona e tamén me gus-tan os retos. Pero ademais decambiaren as formas de traba-llar, tamén cambiou a clien-tela. Agora sabe moito máis oque quere grazas a internet.Primeiro miran o que hai elogo veñen coas ideas claras.

- Como leva o reto de com-petir cos centros comer-ciais das cidades?-E.B.: loitar contra as grandesáreas é coma loitar contra Go-liat. Hai que esquecerse delase buscar o sitio por onde podesfacer o teu propio carreiro. Seves como che están adiantandointernet e as grandes superfi-cies, ti tamén tes que avanzar

ofrecendo un valor engadido aoteu traballo: máis atención,máis mimo, algo que capte aocliente e que os grandes nonpoden ofrecer. A min encán-tame ver estas mozas que estánmontando tendas novas enMelide e que van saíndoadiante. Encántame ver comoloitan e como traballan, senmedo ás grandes marcas. Isoé o que nos fai falta e o quehai que facer: traballar máis epersonalizar moito a atención.Desa maneira a xente confía enti e vente buscar.

- arrisca á hora de elixira mercancía que pon ávenda na tenda?-E.B.: Eu son moi avanzada,innovadora ao 100%, e gús-tame ter cousas novas natenda. De feito estou moiatenta ao catálogos de moblese ás modas de pintura para irnesas liñas. De todas formas o

básico sempre o teño porquesei que iso nunca vai decep-cionar. A clientela hai que res-pectala e o seu gusto tamén; tipodes modelalo pero sempredentro das preferencias decada un. Por iso é que temosmiles de teas para cortinas,centos de sabas e produtosmoi diferentes, xa que hai gus-tos para todo.

- Hai que ser un poucopsicólogos...-E.B.: Efectivamente. Nonvale ensinarlle a todo o mundoo mesmo. Eu teño moita con-versación coa xente peronunca é tempo perdido, por-que vou recollendo informa-ción e coñecendo os gustos. Áhora de venderlle aos clientesgústame moito mirarlles aforma cando entran polaporta: como visten, como an-dan, como falan... fago unhacomposición de lugar e des-

pois vou ensinando cousas quesei que poden encaixar.

- En todo este tempo, queimaxe intentou proxectarde la Cortina? -E.B.: A min gustaríame quea xente se quedara coa idea deque somos formais. É impor-tante vender, pero somosxente de peso e preferimosdeixar de facer unha venda an-tes de enganar a ninguén. Ennós pódese confiar. Faime moifeliz que alguén chegue átenda porque lle dixeron “vaitealí e déixate asesorar, que nonte van enganar”.

- Que pode atopar a clien-tela na súa tenda?-E.B.: A confección e instala-ción de cortinas é a actividadeprincipal. Despois temos oresto de complementos parao fogar: alfombras a medidae con formas e materiais dife-

rentes, nórdicos, mantas, sa-bas, toallas, mantelerías...cada día aprendemos e face-mos cousa máis sofisticadas.

- Como ve o comercio deMelide a nivel xeral? -E.B.: En relación coas vilasque eu coñezo e nas que memovo, véxoo moi ben. Eu nonson de aquí e admiro a xentede Melide porque vexo a súaloita diaria. Á inmensa maio-ría vailles ben e non é porquello regalen, senón porque oganan a pulso. Todo o mundoadmira Melide polo loitadorae constante que é a súa xente.Ao final iso ten unha recom-pensa. Eu ao comercio de Me-lide doulle un 10.

La CortinaTlf: 981 50 63 58

Avenida de Lugo, 43

Esther Bouzo, propietaria de la Cortina, e laura Monterroso, empregada

Page 24: Nº 124. Maio 2016. Distribución gratuíta Vinte e cinco ... · Cerne 124. Maio 2016 Empresa 3 As tendas de Melide teñen sempre moito que ofrecer, pero entre os días 9 e 20 de

CERNE Cerne 124. Maio 2016