ttras a sombra do bruxo tripa.indd 2ras a sombra do bruxo … · francisco dÍaz valladares tras a...

13

Upload: vankiet

Post on 05-Dec-2018

242 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd
Page 2: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

PREMIO EDEBÉDE LITERATURA

XUVENIL

TRAS A SOMBRADO BRUXO

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 1Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 1 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 3: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 2Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 2 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 4: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

FRANCISCO DÍAZ VALLADARES

TRAS A SOMBRA DO BRUXO

rodeira

PREMIO EDEBÉDE LITERATURA

XUVENIL

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 3Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 3 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 5: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode

ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO

(Centro Español de Dereitos Reprográfi cos) se precisa fotocopiar ou dixitalizar algún fragmento desta

obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

Título orixinal: Tras la sombra del brujo© Francisco Díaz Valladares, 2017

© da tradución: Ricardo Fernández Sabín

© Ed. Gal.: Rodeira, 2017

Rúa Rafael Alberti, nº 11, baixo

15008 A Coruña

www.edebe.com

Atención ao cliente: 902 44 44 41

[email protected]

Directora de Publicacións: Reina DuarteEditora de Literatura Xuvenil: Elena ValenciaDeseño da colección: BOOK & LOOK

Fotografía de cuberta: © Ramón Ríos Lara / Shutterstock

Primeira edición, marzo 2017

ISBN: 978-84-8349-539-1

Depósito legal: B. 1955-2017

Impreso en España

Printed in Spain

EGS - Rosario, 2 - Barcelona

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 4Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 4 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 6: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

Á miña querida Mayte.

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 5Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 5 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 7: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 6Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 6 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 8: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

AGRADECEMENTOS

O meu recoñecemento, admiración e respecto a Reina Duarte pola súa constante inquietude en difundir unha literatura xuvenil de calidade.

E a Isidro Matos Bellido, polas ideas propostas no deseño da portada.

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 7Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 7 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 9: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 8Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 8 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 10: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

9

1. Os ollos do asasino

Hai que esper ar cando se está desesperado,e andar cando se espera.

Gustave Flaubert

O sol xa se ocultara tras o horizonte había un

anaco. Pero, polo oeste, aínda se mantiña unha

franxa alaranxada que sinalaba os últimos momentos

do día.

A maioría dos habitantes de Kibati, poboado lin-

deiro co Parque Nacional de Virunga na República

Democrática do Congo, xa encerraran o gando nos

curros e comezaban a recollerse medorentos nas súas

chozas para pasar a noite. Desde había uns días, os

tambores legüeiros viñan avisando dos ataques dun

león, e ninguén quería quedar fóra despois da posta

do sol. Os cans, ceibos nos currais, mantíñanse en

alerta e movíanse nerviosos.

Nos límites da selva, un grupo de chimpancés enchía

o serán de berros disuasorios para escorrentar do seu

territorio un grupo rival, e centos de paxaros chiaban

con estridencia mentres disputaban as pólas das árbores

nas que pasar a noite.

Todo parecía normal, habitual, rutineiro. Na última

choza do poboado, unha muller baixiña e osuda, envolta

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 9Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 9 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 11: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

10

nunha especie de pareo de rechamantes cores entre as

que predominaba a vermella, recollía apresuradamente

a roupa que tendera a secar sobre a herba. Ela tamén

escoitara os avisos dos tambores e estaba preocupada

porque o seu home e o seu fi llo aínda non regresaran

co gando. Cando se incorporou cun envurullo de pezas

apertado contra o peito, non se decatou da presenza

duns ollos amarelados que vixiaban atentamente os

seus movementos desde a espesura.

Un bufo emitiu un chío arrepiante. Despois, remon-

tou o voo e perdeuse na distancia berrando asustado.

De golpe, produciuse un inquietante silencio.

A muller mirou asustada cara ao arboredo. Nada.

Estaba todo tranquilo. O poderoso bater de ás do bufo

chamara a atención do resto dos animais. Ao lonxe

albiscou a poeira que levantaban os cebús. Por fi n

regresaban dos pasteiros. Identifi cou con facilidade

os asubíos e os berros do pastor dándolles ordes aos

cans para que agrupasen o gando. Era o seu home. Ao

lado dos animais, localizou tamén o seu fi llo e respirou

tranquila. Por que tiñan que ser sempre os últimos en

regresar ao poboado?

Mirou o ceo. O atardecer era cálido, e corría un

ventiño apracible, moi agradable. Sobre as montañas,

un grupo de voitres formaba un círculo de morte.

O rebulicio dos paxaros e os berros dos monos

volveron marcar os latexos do crepúsculo, e a muller

apresurouse para ir preparar a cea. Acabou de recoller

a roupa e entrou na vivenda sen advertir que os ollos

que a vixiaban se movían con cautela entre as árbores,

agora a poucos metros da entrada da súa choza.

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 10Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 10 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 12: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

11

Era un vello león famento, o mesmo que xa atacara

outras persoas e do que falaban os tambores. Cando

un león vello probaba a carne humana, xa non buscaba

outra. Cazar persoas era máis fácil que correr detrás

dun antílope. Só tiña que agocharse e esperar.

Permaneceu acazapado entre as herbas coa mirada

fi xa no lugar por onde desaparecera a muller e cos

músculos contraídos, preparado para saltar tan pronto

como volvese aparecer a súa presa. Pero ela non saía.

Impacientouse e avanzou uns metros máis, silencioso

coma unha serpe. A fame roíalle as entrañas. Estaba

tan apegado ao chan que só eran visibles unhas gue-

dellas da súa melena avermellada, que se confundían

facilmente coa herba.

Relambeuse sen pestanexar.

Pouco despois, a muller volveu saír. Traía un ba-

rreño na man.

Un lume xeado prendeu naquelas pupilas asasinas.

O león repregouse sobre si mesmo, tensou os músculos

e apoiouse sobre as patas traseiras.

Os sons da tarde enmudeceron.

E, por segunda vez, a muller buscou nerviosa o

motivo.

Nada.

Ela sabía desde sempre que, cando os animais ca-

laban, algo malo ía suceder.

Que era o que alteraba o ritmo normal da selva?

Volveu escudriñar os arredores xirando a cabeza a

un lado e a outro.

Nese momento, unha enorme sombra cruzou o aire

e caeulle encima.

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 11Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 11 13/02/17 11:2213/02/17 11:22

Page 13: TTras a sombra do bruxo TRIPA.indd 2ras a sombra do bruxo … · FRANCISCO DÍAZ VALLADARES TRAS A SOMBRA DO BRUXO rodeira PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA XUVENIL TTras a sombra do bruxo_TRIPA.indd

12

Un berro rachou o silencio.

Os cans ladraron nos currais, pero ningún dos ha-

bitantes do poboado se atreveu a traspasar a porta da

súa choza. Sabían que sería inútil.

O león arrastrou aquel corpo tan fráxil ata as pro-

fundidades da selva.

Os ladros dos cans foron sendo cada vez máis espa-

zados ata que, fi nalmente, acabaron por desaparecer, e

os sons da selva retornaron á normalidade.

O rastro de sangue que se perdía na espesura e un

farrapo de tea con vivas cores enganchado nas espiñas

dun arbusto eran o único extraordinario.

Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 12Tras a sombra do bruxo_TRIPA.indd 12 13/02/17 11:2213/02/17 11:22