tempos 149_84a86pp
DESCRIPTION
Que pensas ao respecto? Belén Puñal X*xt* Carlos de Paz Fmtxs colectivamente. O feminismo é unha tribuír os recursos e os dereitos, de soportar prácticas culturais e sociais varón e muller? Probabelmente non. cacións: facer moito traballo gratuíto, ter as vindicacións políti- cas das mulleres, ser solidaria coas outras pouca importancia. Significa dúas queer critícase o binomio de cate- e estar sometida a estereotipos que culturais e económicos distintos, ten inferioridade social,TRANSCRIPT
|$ryffiffiffiffi ENTREVISTA
Rosa Cobo Socióloga e teórica feminista
TaCÚ
.s¿
O(t)o)EI
Gustaríame que as leis de igualdadefosen impositivas, non propositivasBelén Puñal X*xt* Carlos de Paz Fmtxs
Falou de feminismos, das disputas
teóricas xurdidas no seu seo e no
contexto da posmodernidade e aglobalización. E fíxoo nunha sala,
o Auditorio da Real Academia
Galega, coas paredes acuguladas
de retratos dos varóns ligados á
historia da institución.
as vindicacións políti-
cas das mulleres, ser
solidaria coas outras
mulleres e recoñecer
o que significan e o
que significaron den-
tro da loita.
E ser muller?Ser muller nunha
sociedade patriarcal
como esta na que vivi-
mos ten moitas impli-
cacións: facer moito
traballo gratuíto, ter
unha posición de des-
igualdade e de discri-
minación, estar some-
tida a procesos de
inferioridade social,
estar obxectualizada e sexualizada
nos medios e no imaxinario colectivo,
e estar sometida a estereotipos que
proporcionan unha imaxe de nós
como seres non completa e radical-
mente racionais, senón como seres
intuitivos, sentimentais, no que a tare-
fa de coidados e da maternidade apa-
rece practicamente como o núcleo da
nosa maneira de estar no mundo. Non
ten o mesmo significado ser muller
aquí que en Burkina Faso, onde vas
ser sometida probablemente a unha
mutilación xenital. Mais nesta socieda-
de do primeiro mundo construíuse un
canon de beleza e moral para as
mulleres que supón unha carga cada
vez máis difícil de aturar.
Dende o posfeminismo e a teoríaqueer critícase o binomio de cate-gorías home e muller porque invisi-biliza as diferenzas que existenbaixo cada un destes conceptos.
Que pensas ao respecto?O ser home e o ser muller hoxe, no Pri-
meiro e no terceiro mundo, en ámbitos
culturais e económicos distintos, ten
significados existenciais moi diferentes
para uns e para outras. Hoxe, ser
home e ser muller non é un problema
de performance, non é un problema de
pouca importancia. Significa dúas
maneiras de estar no mundo, de redis-
tribuír os recursos e os dereitos, de
soportar prácticas culturais e sociais
moi distintas. Dende unha perspectiva
política da esquerda, e dende unha
perspectiva política feminista, non se
debe esquecer nunca cales son as
realidades materiais nas cales os indi-
viduos están inscritos. A estética non
debe gañar nunca á ética. Outra cousa
distinta é, merecería a pena que con-
servaramos no futuro as categoría de
varón e muller? Probabelmente non.
Aproveitamos as xornadas "Contra
vento e marea" para falar con
Rosa Cobo, coñecida erecoñecida teÓrica fem i nista.
Que é para ti ser feminista?Mira, para min o feminismo, e aludo a
Simone de Beauvoir, é unha maneira
de vivir individualmente e de loitar
colectivamente. O feminismo é unha
teoría e, sobre todo, unha práctica polÍ-
tica que ensancha os límites da demo-
cracia. Mais tamén ten que implicar
unha maneira de estar no mundo. O
que significa que fronte ás loitas e vin-
dicacións políticas de paftidos, de sin-
dicatos, doutros movementos sociais,
unha persoa feminista ten que priorizar
84 10.09
Eu creo que é desexábel normativa-
mente para o futuro que a sociedade
non estea como dividida entre homes e
mulleres senón chea de individualida-
des moi potentes que teñan capacida-
de para deseñar proxectos de vida
autónomos. O xénero é unha xerarquía
oprimente que ha de ser superada. lso
ha de parlir dunha loita política forte,
para desactivar desigualdades.
Como viviches os debates entrefeminismo da igualdade e da dife-
renza e logo a ruptura ePistemoló-xica que supón o postfeminismo e
a teoría queer?
Non hai que botarse as mans ácabeza
porque haxa feministas da diferenza ou
feministas posmodernas ou da igualda-
de. A min paréceme que ten moita lóxi-
ca que coexistamos todas xuntas. É
moi difícil cinguirse a unha soa cousa,
porque pasaron demasiadas cousas
nos últimos 30 e 40 anos como Paraque unha se agarre dunha maneira
acrítica a unha soa etiqueta.
Porén, sitúaste no feminismo da
igualdade...As persoas que vimos da esquerda
temos un especial apego á idea da
igualdade. Eu reivindico o papel do
Estado, as políticas de redistribución
económica, o principio ético e político
da igualdade e as políticas públicas de
igualdade, como as aspirou a facer o
PSOE e o bipartito en Galicia, con
maior ou menor sorte, con maior ou
menor vontade política. e con maiores
ou menores resistencias dentro dos
seus partidos, dos seus sindicatos...
Agora ben, reivindicar isto non é incom-
patíbel con reivindicar as diferenzas" O
único que me parece importante é ter
un marco de interpretación do mundo
crítico, sitúeste onde te sitúes.
Existe entre feminismo e multicultu-ralismo un debate intenso. Primeiro
son as culturas, aínda que conteñanprácticas que poidan ser considera-
das discrimatorios coas mulleres?
Ou primeiro son valores, como a
Pensar o feminismo
Primeiro chegou ás esquerdas.
Logo ao feminismo. Rosa Cobo
defende con orgullo ámbalas dúas
etiquetas, e dende elas sitúase no
feminismo da igualdade. Profesora
de Socioloxía e directora do Máster
sobre Xénero na Universidade da
Coruña, Cobo foi, ademais, asesora
do Ministerio de lgualdade. 0 seu
traballo teórico ten abordado
cuest¡óns como a reflexión sobreparidade e democrac¡a, a análise
do pensamento e as teorÍas
feministas e o debate entre
feminismo e multiculturalismo.
defensa da igualdade, mesmo que
poidan ser sentidos como un ataque
especialmente en certas culturascomo a islámica?
Cada día cústame máis falar dunhas
culturas mellores e doutras peores.
Prefiro falar de prácticas culturais anti-
democráticas, que promoven a des-
igualdade e que vulneran os dereitos
humanos. Aínda que preferiría que os
dereitos humanos os revisásemos,
porén creo que deben ser o marco no
que poidamos distinguir entre unha
práctica cultural que é aceptábel e unha
que non o é. Se unha práctica cultural
vulnera os dereitos humanos, temos
que cargárnola. A min paréceme que o
único multiculturalismo que é aceptábel
é o que parta dese suposto.
Mais, como se indicou dende opúblico ao final da túa conferencianas xornadas "Contra vento e
marea", cómpre lembrar que hai
feministas que defenden o uso do
veo nas escolas...
TaCgo:=(Ja(DE(D
I0 09 85
TU)Cg
.!:O(no)Ect)
Paréceme que é unha práctica patriar-
cal que esconde e protexe moitísimos
privilexios dos varóns. Mais unha
cousa é a posición ético-normativa
respecto a un fenómeno social, e
outra é como esa posición ten que ins-
pirar unha práctica política, aínda
sabendo que entre o ético normativa e
a práctica social e política hai un abis-
mo que temos que manexar con moi-
tísima intelixencia para que non pro-
voque grandes resistencias sociais.
Determinadas prácticas de mediación
cultural teñen que activarse. Son par-
tidaria de políticas de intervención
dende as aulas, dende os concellos,
dende os sitios institucionalmente pró-
ximos aos colectivos de inmigrantes,
dende a sociedade civil.
Es unha gran defensora da idea deparidade. Que deron de si as polí-
ticas paritarias implementadaspolo finado bipartito e o goberno
de Zapatero?A paridade non é só un problema técni-
co e de procedemento (por exemplo,
confección de listas electorais) senón
un problema político de distribución de
recursos entre homes e mulleres: políti-
cos, económicos, culturais, de autono-
mía persoal, de autoridade, de influen-
cia... O goberno bipafiito en Galicia, e o
goberno de Zapalero, en maior medida
na anterior lexislatura, fixeron esforzos
86 10.09
por engadir igualdade entre homes e
mulleres onde había desigualdade,
pero a uns e a outros faltoulles moito
impulso político e, ademais, tiveron un
problema de recursos. Tanto o goberno
de Zapatero como o bipartito podían ter
feito máis do que fixeron, e para iso as
mulleres feministas deberiamos ter tido
unha posición moito máis activa e de
pactos entre nós. As leis de igualdade e
contra a violencia de xénero aprobadas
no Estado e en Galicia foron boas pero
teñen un alcance moi limitado. Xeraron
unha ola que lexitimou bastante as polí-
ticas de igualdade mais, porén, non
chegaron até o fondo. Formuláronas
pero despois houbo moitas resistencias
dentro dos gobernos, dos partidos, dos
sindicatos, e de movementos sociais.
En que sentido resultaron limitadas?
Hai dous tipos de leis, as propositivas e
as impositivas. As impositivas son as
que obrigan, e as propositivas son as
que promoven mais, se non as cum-
pres, non estás cometendo delito. A min
gustaríame que estas leis, no canto de
ser propositivas fosen impositivas.
Xa que falamos da Lei de violenciade xénero, que nunha parella homo-
sexual, un dos homes mate ao
outro, é violencia de xénero?
Non teño a resposta aínda a iso.
Hai uns meses, un home matou ao
seu marido en Adra (Almería). O xuíz
concluíu que, de seren unha parella
de mulleres, si se podería considerar
violencia de xénero, mais sendo os
cónxuxes homes non.,.En principio non o vexo como violencia
de xénero. O concepto acúñase para
poder entender que esta é unha socie-
dade na que os varóns teñen unha
posición hexemónica, que promove
este tipo de violencia. Agora ben, nesta
sociedade hai moitas outras violencias,
e todas elas cométenas seres humanos
contra outros, e iso non quere dicir que
se lles teñan que chamar violencia de
xénero. lnclínome a non velo como vio-
lencia de xénero pero teño que confe-
sarche que non traballei o tema.
Semella estarse a producir unha
reacción patriarcal fronte aos logros
do feminismo. lnscribirías aí a enor-
me pegada que, na sociedade actual,
segue a ter violencia de xénero?
Si, completamente. Preocúpame moití-
simo a época de reacción que estamos
vivindo porque están xurdindo novas
formas de violencia patriarcal completa-
mente insólitas: o feminicidio, as violen-
cias culturais das que fala Fadela
Amara en Ni putas ni sumisas, as mor-
tes de mulleres que queren ingresar en
maras e ás que lles esixen un ritual que
implica moitas veces unha violación
colectiva... Támén a selección prenatal
a favor dos homes, que basicamente se
está facendo en China, en lndia, en
Bangladesh e en Paquistán, que fai que
aumente de forma alarmante a porcen-
taxe de varóns e estimula, creo eu, a
trata, o tráfico, a prostitución infantil... É
para que nos botemos a tremer, porque
se pensamos que o que pasa nos paí-
ses do sur non nos vai pasar a nousou-
tras, estamos equivocadas. Dunha
forma ou doutra chegaranos.