revista escolar

64

Upload: ceip-cruceiro

Post on 14-Mar-2016

252 views

Category:

Documents


18 download

DESCRIPTION

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2010-2011

TRANSCRIPT

1

SUMARIO

PRESENTACIÓN…………………………………… 2

PEQUENOS INVESTIGADORES……………….….. 4

SOMOS PERIODISTAS…………………………...... 8

ERA UNHA VEZ… GAUDÍ………………………...... 14

FESTA!!! ……………………………………..………17

UN CONTO DE MEDO………………………….…. 21

BO PROVEITO! ………………………………...….. 24

VERMELLO, AMARELO E …VERDE! ………….… 25

UNHA DE POETAS E POETISAS …………………. 26

VAIA VIÑETAS!...…………………………...………. 32

UNHA OLLADA AO PASADO………………….….. 34

CARACOL, COL, COL……………………………... 35

IMOS DE EXCURSIÓN! ………………………......... 36

DE POMBA A POMBA ……………………………... 48

COA MÚSICA A OUTRA PARTE…………………... 50

UN DÍA NA LANZADA! ………………………….…. 53

A XOGAR!!! …………………………….…..…….… 55

2

Un curso máis chega ao seu fin. Como sempre, estivemos moi atarefados

facendo diferente tipo de actividades.

Non so as aulas foron os escenarios elixidos, xa sabedes que somos

pequenos investigadores e non hai tema nin escenario que se nos resista.

Saímos polo entorno, alonxámonos un pouco mais para ir ao teatro e facer

excursións e algúns ata viaxaron a unha Comunidade Autónoma diferente,

QUE SORTE!!!

O noso proxecto deste curso foi “ ERA UNHA VEZ… GAUDÍ” e resultou

interesantísimo. Agora sabemos moitísimas cousas sobre a súa vida e a

súa obra. Fixemos contos, representacións teatrais, debuxos, maquetas,

poesías, redaccións e ata unha excursión a Barcelona para ver, en persoa,

aquelas marabillas das que nos falaban os libros.

Como pensamos que a famosa frase latina “mens sana in corpore sano”, xa

sabedes, (mente san en corpo san) é moi acertada, non so fixemos

traballar á nosa mente senón tamén ao noso corpo, e non nos referimos ás

clases de Educación Física, je,je. Para iso participamos en Xogamos,

tivemos un taller de Educación Víal que resultou moi divertido e un

Almorzo mediterráneo que estaba para chuparse os dedos e por suposto a

xa famosa excursión en bicicleta á Lanzada co seu correspondente

XANTAR SAUDABLE, do que fomos arte e parte, e dicir, comemos o que

fixemos. Que bos cociñeiros somos!!!

Non nos esquecemos da importancia da literatura e non so fomos lectores

senón que tamén nos atrevemos coa escritura, e non so en galego ou

3

castelán senón tamén en inglés. Aquí hai moita madeira no campo da

creación literaria e periodística!

E no ámbito artístico non nos quedamos atrás. Os debuxos, as esculturas,

as cancións e as danzas ben poderían ocupar un lugar nos grandes museos

e escenarios do mundo.

As conmemoracións nunca están ao marxe da nosa actividade. Celebramos

o Nadal, o magosto, o Entroido, o Día do libro e o Día das Letras Galegas e

vos pudéchedes participar en todas elas. Oxalá que vos gustasen!!!

Hoxe nace esta revista, DRAGOEIRA, e con ela queremos compartir con

todos unha pequena mostra do que foi o noso día a día durante este curso.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES COA SÚA LECTURA TANTO COMO

NOS DISFRUTAMOS FORMANDO PARTE DESTAS ACTIVIDADES.

4

Os nenos e nenas de 3 anos estivemos coñecendo os animais da man

de Inzilbeth. Trala súa chegada a Barcelona e acompañada por Drac,

foron dar unha volta polo campo e observaron un montón de animais:

ras, vacas, ovellas, porcos… Logo Drac, levou a Inzilbeth ao zoo de

Barcelona e alí viron animais máis estranos e salvaxes: leóns, xirafas,

rinocerontes, avestruces, crocodrilos, elefantes…

Coa axuda de Drac e Inzilbeth descubrimos estes animais e cada

clase fixemos un mural precioso.

5

Cada neno e nena escolleu o animal que máis lle gustaba e coloreouno.

Logo puxémoslle a foto e colocámolo no noso mural, na entrada da

clase, para que todo o mundo o puidese ver.

Despois inventamos un conto onde unha fada madriña nos ía

convertindo no animal que escollimos. Para iso tivemos que gravar as

nosas voces. Algunhas veces tivemos que repetir a gravación pero foi

moi divertido. Despois o conto puidemolo ver no ordenador.

6

7

8

Entrevista a Aida Rodríguez Chorén

-¿Como se leva iso de ser profesora?¿Pásase ben?

Lévase ben,gústame moito a miña profesión.

-¿Cantos anos leva de profesora?

Tres anos.

-¿Resúltalle difícil ensinar aos seus alumnos?

Non me resulta difícil,teño un grupo bo.

-¿Ten pensando cambiar de colexio?

Non o sei todavía porque non depende de min.

-¿Cales foron os mellores alumnos que tivo?

Non teño ningún alumno favorito.

-¿Cal é a súa materia preferida?

Coñecemento do medio.

-¿Por qué se fixo profesora e non oculista…?

Os meus país son profesores e de pequena me

gustou este traballo.

-¿Cal é o seu libro favorito?

La sombra del viento.

9

-¿Cal é a súa película preferida?

A triloxía do Señor dos Aneis.

-¿Cal é a súa cor favorita?

O rosa.

-¿Qué lle gustaría coleccionar?

As pulseiras.

-¿Cantos alumnos ten?

Dezanove.

-¿Onde lle gustaría vivir?

En Barcelona.

Entrevistadores: Daniel e Ainhoa (2º)

10

Entrevista a Eva Solla Moldes

-¿Como se leva iso de ser profesora?¿Pásase ben?

Si o paso moi ben.

-¿Cantos anos leva de profesora?

Moitos,máis de vinte.

-¿Resúltalle difícil ensinar aos seus alumnos?

Non o peor é cando se portan mal.

-¿Ten pensando cambiar de colexio?

Non porque aquí estou contenta.

-¿Cales foron os mellores alumnos que tivo?

Todos me gustaron moito.

-¿Cal é a súa materia preferida?

Inglés.

-¿Por qué se fixo profesora e non oculista…?

Porque non podía viaxar lonxe.

-¿Cal é o seu libro favorito?

O Principiño.

11

-¿Cal é a súa película preferida?

Memorias de África.

-¿Cal é a súa cor favorita?

O azul clariño.

-¿Qué lle gustaría coleccionar?

Non me gusta coleccionar.

-¿Cantos alumnos ten?

Cento once.

-¿Onde lle gustaría vivir?

Nunca casa na praia.

Entrevistadoras: Sara e Andrea. (2º)

12

AN INTERVIEW WITH ANTHONY

BY 5º

Alba: Do you like to be the language assistant?(axudante de

conversación)

Anthony: Yes, I do.

Adrián Aguín: Do you like Spanish languague?

Anthony: Yes, I love.

Borja: What´s your favourite programme?

Anthony: The Simpsons.

Laura: When you were 11 years old,what was your favourite hobby?

Anthony: Playing football.

Muñíz and Antoni: And now, What´s your favourite hobby?

Anthony: Now my favourite hobby is playing the guitar.

Martina: Do you like Vilalonga?

Hi

children!

13

Anthony: Yes, I do

Mirian: You live in Sanxenxo, do you like it?

Anthony: Yes, I do.

Mateo:What´s your favourite film?

Anthony: It´s Avatar.

Miguel: Who is your favourite girl in the world?

Anthony: My mum.

Rodríguez: And ... Who is your favourite girl in Cruceiro School?

Anthony: Teacher Eva.

Alejandra: Who is your best friend?

Anthony: My brother.

Ismael: How old is your grandma?

Anthony: She´s 80.

Claudia and Sara: Have you got a girlfriend?, What´s her name?

Anthony:Yes,I have, her name´s Enma.

Cesar and Pato: How old are you? 24

With Anthony in Halloween.

14

Os nenos e nenas de primeiro fixemos algúns debuxos sobre Gaudí e as súas obras:

GAUDI

SAGRADA FAMILIA

15

CASA BATLLÓ

Drac

16

17

Se de Inzilbeth te queres disfrazar

terás que asustar.

Alex T. , Justine e Cristian

Os nenos/as de

primeiro fixemos

rimas para

celebrar a chegada

do Entroido

Se o entroido queres visitar

non te podes sentar.

Diego, Noa e Carla

Diego e Noa

Diego e Noa

Se de Drac te queres

disfrazar moitos colores

terás que levar.

Denis, Manuel e Alex M.

18

Esperamos que

vos gusten.

Se o entroido queres chegar

un disfraz deberás levar.

Mario , Lucía e Diego

Se de Inzilbeth te queres disfrazar

pola boca lume terás que votar.

Nicolás , Joel

Laura

Se de zorro te queres disfrazar, un escondite

deberás buscar. Miguel e Rodrigo

Miguel e Rodrigo

19

20

21

22

23

24

Dentro do Proxecto Medra San que se está desenvolvendo no colexio temos unha semana adicada o

almorzo saudable. O alumnado de primeiro nos conta o que almorzaron. Parece que estaba bo, os pratos

quedaron baleiros.

25

O alumnado do Ceip Cruceiro realizou un circuíto de Educación Vial. Foi moi divertido tal e como nos

contan os nenos/as de primeiro:

26

27

28

29

30

31

32

OS NENOS/AS DE PRIMEIRO PARTICIPAMOS NUNHA

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN A LECTURA. COMO VEDES FOI

MOI DIVERTIDO:

33

34

35

36

O alumnado de primeiro ciclo foi de excursión o Grove .Alí

observaron os fondos mariños. Aquí tedes algunhas fotos

comentadas por nenos e nenas de primeiro.

37

38

39

40

Festa sen parar

e todos a bailar

41

VIAXE A BARCELONA

O día 23 de maio os alumnos de 6ª de primaria do colexio C.E.I.P.

Cruceiro de Vilalonga emprendemos unha viaxe a Barcelona como

excursión de fin de curso. A excursión a Barcelona xurdiu por que este ano estabamos

estudiando a obra de Gaudí y como encima nos tocou a lotería pois

aproveitamos para finaciar a viaxe. De primeiras fixemos moitos

preparativos e plans. Miramos como era a cidade de Barcelona,

cantos habitantes tiña e cousas interesantes para ver…

Unha das cousas que máis se preparou foi

a viaxe en avión. Tivemos que comprobar

as medidas das maletas, a cantidade de

líquidos que se podían levar, y en dónde

etc. Ademais a profe Peke preparou un

caderno para traballar con el antes de marchar e así coñecer mellor

a cidade de Barcelona.

O día anterior da excursión, todos estabamos moi nerviosos e non

durmimos demasiado pensando sobre todo polo que se podía e non

podían levar. Non estaba permitido levar no avión: metais, máis de

un litro en líquidos, comida, bombas ou pistolas (é broma), e

ademáis de eso, no se podía levar máis de un bulto por persoa.

E por fin, chegou o día. Ás 6:45 saía o autobús da Alameda de

Vilalonga con destino ó aeroporto de Vigo.

Embarcamos as 9:25 da mañá, e despois de hora e media de vuelo

chegamos a Barcelona as 11:05.

42

Foi unha viaxe bastante tranquila sin turbulencias ni ningún

retraso.

Despois fomos en autobus hasta o centro de Barcelona. Una

vez alí baixamos as Ramblas, había moitísima xente e

mentras baixábamos sacámoslles fotos a mimos y algunhas

esculturas. Cando chegou a hora de comer fomos a Pans &

Company. Despois estivemos paseando polo porto de

Barcelona e pola tarde que xa estabamos algo cansos da

viaxe collimos o bus e fomos cara Salou a un hotel chamado

Eurosalou de 3 estrelas con moitos

pisos e habitación en cada planta, o

bo era que os profes nos deixaron ir

as habitacións dos outros a falar e as

12:00 marchabamos todos a dormir.

43

O martes pola mañán fomos por Barcelona guiados por un

guía turístico que era moi simpático, molestouse bastante

en explicarnos a historia e as orixes da cidade de Barcelona.

Estivemos no barrio gótico que era moi bonito e contounos

unha historia sobre as orixes da cidade de Barcelona. Foi

moi interesante. Tamén nos levaron o Estadio Olímpico de

Barcelona. Alí había unha antena telefónica moi alta que

fixo o famoso arquitecto Santiago Calatrava .

Tamén vimos unha árbore que levaba moitos anos no

Estadio Olímpico.

Máis tarde fomos a comer a un restaurante que estaba no

puerto olímpico.

Pola tarde fomos o cine Imax a ver a película

de Arabia era bonita pero algúns quedáronse

dormidos ata o mesmo director tivo algún

problema.

Logo regresamos o hotel para cear e máis tarde fomos á

praia a xogar un rato ó futbol. Logo voltamos ao hotel para ir

durmir xa que o día seguinte había que levantarse cedo, moi

cedo.

O mércores 25 pola maña fomos visitar o museo de

Cosmocaixa. Alí estivemos vendo causas moi interesantes

como por exemplo osos de dinosaurios, cerebros, animais

disecados e incluso homes. Unha vez finalizada a visita

dentro do museo o profe e algúns alumnos foron a buscar a

comida ao autobús e comemos no xardín de Cosmocaixa. O

menú foi bastante completo dous bocadillos,unha

mazá,unha palmeira,e unha botelliña de auga estivo

bastante bo.

44

A continuación fomos a visitar a Pedrera unha casa moi

fermosa que Gaudí fixo a comezos de século , sorprendeunos

bastante que non tivese nin unha soa liña recta e outra

cousa que tamén nós sorprendeu foron as súas chemineas

da azotea parecían pantasmas.

Máis tarde collemos o metro e fomos a ver o parc Güell

outra das cousas que tamén nos sorprendeu. Unha vez alí

fomos a visitar a drac un dragón moi famoso en Barcelona.

Unha vez finalizada a visita no parc Güell voltamos cara o

hotel duchámonos e fomos cear.

45

PORTAVENTURA

O xoves 26 levantámonos ás oito e media para almorzar

ás nove e marchar ás dez menos cuarto cara Portaventura.

Ás dez estábamos

alí,entramos no parque ás

dez e cuarto e reunímonos

para falar do punto de

encontro e ás horas as que

había que estar alí. Sobre ás

dez e media estábamos nas

colas das atraccións en

pequenos grupos.

Algúns montaron en moitas atraccións xa pola mañá

mentras que outros só lles deu tempo a montar en unha,

porque se produciu un cortocircuito que pronto se arranxou.

Á unha e media estábamos nun restaurante americano

chamado “Old Steak House” para comer. Da comida non nos

gustou moito a ensalada pero a hamburguesa coas patacas

estaba moi boa.

Ás dúas os profes deixáronos marchar e ata as sete menos

cuarto non nos reunimos porque o parque pechaba as sete.

Algúns os máis valentes atrevéronse a montar en atraccións

máis fortes e outros non. Tamén había espectáculos con

papagaios de preciosas cores que falaban moi ben,bailes

tribais na zona maia e atracos a bancos con cabalos e todo

na zona do Oeste.

As atraccións que máis gustaron foron o “Dragon

Khan”,”Furios Baco”,”Hurakan Condor”,”Tutuki Splash”

etc…

46

O día27 levantámosnos ansiosos, pero tamén desilusionados

porque xa era o último día. Duchámosnos, preparamos as

maletas e fomos a almorzar. Pola mañá dirixímonos ao Camp

Nou, era impresionante. Primeiro fomos ao museo, había

moita xente, e estaba cheo de trofeos, fotografías de

deportistas do Barcelona e demais cousas. Logo fomos ao

campo, era enorme, seguro que máis de un desexaría xogar

alí.

Despois vimos os vestiarios eran moi espaciosos, e hasta

tiñan un jacusi. Tamén fomos a sala de prensa onde se

podía sacar fotos cunha copa, anque tiñas que pagar. Fomos

a onde sempre se poñen os locutores para falar do partido,

puidemonos sentar alí, e ver o precioso que era o campo. A

nosa visita rematou na tenda do Barcelona, era inmensa e

había moita variedade: camisetas, balóns, vasos, chaveiros,

toallas, tenis, chanclas, bolígrafos, patucos, baberos,

peluches, postais, fotos, etc.

47

Collemos o autobús e fomos a comer ao centro comercial de

Barcelona. Comemos de picnic. Despois deixaronos dúas

horas libres, para poder comprar cousas, ir a tendas de

roupa e moitas cousas máis.

Logo fomos cara o aeroporto. Cando chegamos tivemos que

espererar dúas horas porque o noso avión retrasárase, logo

cando iamos para ao avión dixéronnos que ibamos noutro

avión e que como o avión era pequeño algunhas das nosa

maletas tiñan que ir a bodega. Cando por fin xa subimos ao

avión o comandante díxonos que un avión tiña un problema

cos freos e tivemos que esperar dentro media hora máis

pero ó final acabaron de arreglalo e puidemos despegar con

tranquilidade. Cando chegamos ao aereoporto de Vigo xa un

pouco cansos estaban as nais e pais que viñan no autobús

con nós. E por fin chegamos a Vilalonga ás 1:30 da mañá.

Cando vimos aos nosos pais démoslles unha gran aperta e

fomos para a casa a contar todas as cousas que fixemos ó

longo desta semana que para moitos de nós será inolvidable.

FOI UNHA ESCURSIÓN XENIAL!!!!!!

48

DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o Día da Paz participando todo o colexio nun xogo

moi orixinal chamado “De pomba a pomba”.

Cada curso tiña un representante que facía de “ficha”.

Tiñamos que superar una serie de probas e para elas levabamos unha “arca

da Paz”, onde gardabamos todo o necesario. Aquí podedes comprobar o

grande que era.

O que mandaba no xogo era Don Pacífico, que seguro que recoñecedes

fácilmente polo seu sombreiro de flores.

49

A nós tocounos compoñer un crebacabezas, que parecía moi fácil pero…

que aínda nos custou un chisco.

Ao final conseguímolo e superamos a proba.

Os nenos e nenas de 3º fomos os primeiros en chegar á última casiña do

xogo pero levamos unha sorpresa, que ao principio non nos gustou moito:

tivemos que retroceder ata a casiña do último xogador!

Agora sabemos que o fixemos porque todos os días temos que seguir

buscando a PAZ.

Nenos e nenas de 3º

50

WAKA WAKA

Llegó el momento,

caen las murallas

va a comenzar

la única justa

de la batallas.

No duele el golpe,

no existe el miedo

quítate el polvo,

ponte de pie

y vuelves al ruedo.

Y la presión que sientes

espera en ti, tu gente!

Ahora vamos por todo

y te acompaña la suerte

samina mina Zangaléwa

porque esto es África.

Samina mina ¡eh! ¡eh!

waka waka ¡eh! ¡eh!

samina mina Zangaléwa

porque esto es África.

Oye tu dios y

no estarás solo

llegas aquí

para brillar

lo tienes todo.

La hora se acerca

es el momento

vas a ganar

cada batalla

ya lo presiento.

Hay que empezar de cero

para tocar el cielo.

Ahora vamos por todo

y todos vamos por ellos

samina mina Zangaléwa

porque esto es Africa.

Samina mina ¡eh! ¡eh!

waka waka ¡eh! ¡eh!

samina mina Zangaléwa

anawa ¡ah! ¡ah!.

Samina mina ¡eh! ¡eh!

waka waka ¡eh! ¡eh!

samina mina Zangaléwa

porque esto es África.

51

O

52

O CHIFRE (Poema de Manuel María)

Eu teño un chifre chifreiro.

Eu teño un chifre chifrón

tan silbador e algareiro

que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro

que mo mercaron na feira.

O seu silbo silbador

resoa na aldea enteira…!

Eu dou ordes co meu chifre,

ando a ordear con silbatos:

Que frolezan as roseiras,

que chien ben os paxaros…!

Que maduren as cerdeiras,

as figueiras i os mazairos!

e que veñan ben cargados

de xoguetes os Reis Magos!

Teño un chifre de verdade!

Teño un chifre verdadeiro!

Non quero chifres de pallas

nin de cascas de salgueiro…!

53

Roteiro en bicicleta

Primeiro saímos do cole en bicicleta, fomos a Praia da

Lanzada.

Fixemos xogos, e divertímonos moito. Despois no medio dos xogos, houbo un recreo pequeniño e comemos

a froita (Eu comín un plátano e estaba boísimo). Logo na segunda parte fomos á cociña, a axudar a facer a

comida.

Chegaron os cociñeiros (nos, os de 4º).

Máis tarde estivemos esperando un bo rato e por fin tocounos ir a coller a comida.

¡Que fame tiñamos!

Había ensalada mixta, fideuá e iogur grego con amorodos.

54

O rematar de comer deixáronos estar por alí libremente, e puxeron música.

Sobre as 17:30 collemos as bicicletas e regresamos ao cole.

A volta, todo o mundo queixábase

porque tiñamos dor no cu.

Foi a mellor excursión do mundo

enteiro.

Esperamos que para o ano sexa igual o mellor

Irene María Martínez- Almeida Cuíña

55

ADIVIÑAS SOBRE MEDIOS DE TRANSPORTE

Para axudar a Inzilbeth, os nenos e nenas de 1ºA lle formulamos as

seguintes adiviñas sobre algúns dos medios de transporte que podía

empregar para ir a Barcelona ¡ A ver se as resolves ti! Une os debuxos

coas adiviñas.

solucións: 1: coche, 2: avión, 3 : autobús, 4; tren.

56

57

58

59

60

CEIP CRUCEIRO

Cruceiro s/n

VILALONGA (SANXENXO)

[email protected]