novos movementos sociais no mundo do … por brancos, consiga a copa mundial dese deporte que se...

12
NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO BENESTAR A LOITA POLA IGUALDADE DOS DEREITOS CIVÍS DAS MINORÍAS Adiós Bafana (2007). Película centrada na visión que sobre Mandela tiña que foi seu carcereiro durante os 27 anos que o líder estivo na prisión, James Gregory, un surafricano branco que ademais do seu censor foi tamén o seu confidente. Arde Mississippi (1988). Película baseada nos feitos reais que tiveron lugar nun pobo do sur de EE UU, cando desapareceron tres activistas defensores dos dereitos humanos sen deixar rastro e onde o racismo estaba profundamente arraigado e o Ku Klux Klan continuaba celebrando seus rituais e reunións. Para realizar a investigación son designados dous axentes do FBI. Atrapa el fuego (2006). Historia baseada na historia real de Patrick Chamusso, unha vítima da policía surafricana que sufriu tortura para que confesase un delito que non cometera. Unha vez liberado, alístase nas milicias do Congreso Nacional Africano e desde elas loitou pola superación do apartheid a comezos dos anos 80. Causa justa (1995). Un mozo negro que vive nunha pequena cidade de Florida é detido e acusado de matar a unha nena branca, polo que é condenado á cadeira eléctrica. A súa avoa consegue que un prestixioso avogado se faga cargo da súa defensa. Todo parece un caso claro de racismo e dunha confesión obtida mediante tortura pola policía, conseguindo a absolución do condenado. Crash (2004). A aparición dun corpo brutalmente asasinado en Los Ángeles será o motivo da interrelación de personaxes moi diversos: un veterano policía racista, un rico matrimonio negro, a esposa do fiscal do distrito… e entre eles xurdirán tensións de carácter racista, relixioso e social.

Upload: halien

Post on 16-Mar-2018

229 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO BENESTAR

A LOITA POLA IGUALDADE DOS DEREITOS CIVÍS DAS MINORÍAS

Adiós Bafana (2007). Película centrada na visión que sobre Mandela

tiña que foi seu carcereiro durante os 27 anos que o líder estivo na

prisión, James Gregory, un surafricano branco que ademais do seu

censor foi tamén o seu confidente.

Arde Mississippi (1988). Película baseada nos feitos reais que tiveron

lugar nun pobo do sur de EE UU, cando desapareceron tres activistas

defensores dos dereitos humanos sen deixar rastro e onde o racismo

estaba profundamente arraigado e o Ku Klux Klan continuaba

celebrando seus rituais e reunións. Para realizar a investigación son

designados dous axentes do FBI.

Atrapa el fuego (2006). Historia baseada na historia real de Patrick

Chamusso, unha vítima da policía surafricana que sufriu tortura para

que confesase un delito que non cometera. Unha vez liberado,

alístase nas milicias do Congreso Nacional Africano e desde elas

loitou pola superación do apartheid a comezos dos anos 80.

Causa justa (1995). Un mozo negro que vive nunha pequena cidade

de Florida é detido e acusado de matar a unha nena branca, polo que

é condenado á cadeira eléctrica. A súa avoa consegue que un

prestixioso avogado se faga cargo da súa defensa. Todo parece un

caso claro de racismo e dunha confesión obtida mediante tortura

pola policía, conseguindo a absolución do condenado.

Crash (2004). A aparición dun corpo brutalmente asasinado en Los

Ángeles será o motivo da interrelación de personaxes moi diversos:

un veterano policía racista, un rico matrimonio negro, a esposa do

fiscal do distrito… e entre eles xurdirán tensións de carácter racista,

relixioso e social.

Page 2: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

Criadas y señoras (2011). Mississippi, anos 60. Unha chica sureña

revoluciona a súa pequena cidade cando regresa da Universidade

decidida a converterse en escritora tomando os datos para os seus

escritos das entrevistas que pensa facer ás mulleres negras que

pasaron a súa vida servindo ás grandes familias sufrindo todas as

formas de discriminación racial.

Drum (2004). Historia da vida do periodista Henry Nxumalo que

alcanzou gran fama nos anos 50 en Sophiatown, o barrio símbolo da

resistencia cultural en Johannesburgo, os seus artigos na revista

Drum denunciando o trato dado á poboación negra durante a vixencia

do apartheid.

El color de la amistad (2000). Unha adolescente branca que vive nun

ambiente de apartheid superará ese sentimento racial cando vaia a EE

UU a facer un curso e conviva cunha familia norteamericana de raza

negra.

El largo camino a casa (1990). Montgomery, Alabama, anos 50, un

peuqno pobo no que perduran con forza os prexuízos raciais e

sociais pero onde tamén teñen cabida as relacións fraternais entre

brancos e negros como o caso da película: a comprensión entre a

muller negra que traballa para a muller branca cando a primeira ten

problemas para chegar ao traballo a causa do boicot dos negros á

empresa de autobuses.

Grita libertad (1987). Reconstrución dos últimos días da vida de

Stephen Biko, un destacado activista negro que loita por conseguir a

igualdade de razas en Sudáfrica. A fonda amizade entre o branco

director dun periódico que comeza a difundir noticias sobre a

comunidade negra desde que intensifica os seus contactos co

activista negro e que arrisca a súa vida para que as noticias sexan

coñecidas no mundo.

Invictus (2009). Historia real dunha ilusión, a de Nelson Mandela

cando en 1990, desde a presidencia do seu país, desexa superar o

apartheid e para reunir nunha empresa común a brancos e negros, en

1995, consegue que o equipo nacional de Sudáfrica, formado case

exclusivamente por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte

que se celebraba no seu país.

Page 3: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

La fuerza de uno (1992). Retrata a vida dun rapaza inglés en

Sudáfrica, un país marcado pola segregación racial entre brancos e

negros pero tamén entre os brancos afrikaners -descendientes de

franceses, holandeses e alemáns que constitúen a clase dirixente- e

os ingleses.

Llanto por la tierra amada (1995). A acción situase en Sudáfrica

pouco antes de que se institucionalizase oficialmente o apartheid. Un

sacerdote negro e un terratenente branco teñen que enfrontarse a

unha tráxica situación. Das bágoas de dous homes moi diferentes

nace a forza para cambiar un país.

Malcolm X (1990). Biografía de Malcolm Little (1925-65), orfo de

pai desde neno e coa nai nun psiquiátrico desde que o Ku Klux Klan

incendiou a súa casa. Foi delincuente e acabou no cárcere, onde

cambou radicalmente a súa vida converténdose nun destacado líder

do movemento de liberación da comunidade negra de Estados

Unidos.

Mandela (2013). Biografía do carismático líder Nelson Mandela,

desde a nenez ata a presidencia de Sudáfrica, pasando polos 27 anos

de cárcere.

Mandela & De Klerk (1997). Historia de dous líderes: o presidente

branco de Sudáfrica e o líder da liberación dos negros. Ambos se

enfrontaron durante anos, pero a colaboración de De Klerk foi

fundamental para a liberación de Mandela e apertura do camiño para

que este lle sucedese na xefatura do estado africano.

Panther (1996). O movemento das Panteiras Negras e o Black Power

continuaron a liña marcada por Malcolm X, con actos violentos que

enfrontaron á poboación afroamericana coa policía. A película narra

as orixes do movemento, a loita polos seus dereitos e algúns dos

medios empregados pola policía para diminuír o seu poder como a

introdución de drogas por parte do FBI.

Page 4: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

Un mundo aparte (1988). Baseado en feitos reais, relata a historia de

Ruth First, unha periodista que dedicou a súa vida a loitar contra o

paratheid e foi asasinada en 1982.

Un país en África. A mediados dos aos 90 Sudáfrica vive momentos

de transformación e momentos difíciles pola actuación da Comisión

para a Vedade e a Reconciliación que xulga aos presuntos criminais

da época do apartheid enfrontados ás súas vítimas. Para cubrir esta

información o periódico norteamericano Washington Post envía a un

periodista negro que cabará namorándose dunha poeta branca

surafricana que cubre as sesións da Comisión para unha emisora de

radio.

Una árida estación blanca (1987). Na Sudáfrica dos anos 70, un

profesor branco viva á marxe dos problemas do apartheid ata que o

fillo do seu xardineiro é arrestado pola policía e non regresa a casa.

Entón decide intervir e investigar o sucedido.

A REBELDÍA XUVENIL

OS ROCKERS

Amor en Hawai (1961). Elvis Presley interpreta a un militar que

regresa á súa casa en Hawai logo de licenciarse do exército. A

familia espera que se dedique ao negocio familiar , pero el prefire

facer de guía turístico.

El rock de la cárcel (1957). Un mozo encarcerado por matar

accidentalmente a un home nunha pelexa dunha cantina dedícase a

cantar e cando sae da prisión fará diso unha profesión traballando

duro para alcanzar a fama.

Page 5: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

King Creole (El barrio contra mí). (1958). Elvis interpreta a un

mozo problemático que interpreta unha música revolucionaria en

Nova Orleáns.

Viva Las Vegas (1956). Un rancheiro que vai xogar aos casinos

de Las Vegas descubre que para gañar é coller a man da guapa

bailarina do local.

OS HIPPYS

Destino: Woodstock (2009). En conmemoración do 40 aniversario

do festival que tivo lugar en Woodstock e que reuniu a máis de un

millón de persoas para escoitar a figuras lendarias (Jimi Hendrix,

Jose Cocker, Joan Baez…) en pleno movemento hippy e co

transfundo político da guerra de Vietnam acabo sendo un canto pola

paz, o amor e a tolerancia. Esta película lembra aquela época pero un

pouco distorsionada polo paso do tempo.

Hair (1967). Película ambientada na estética e modos de vida dos

hippys dos anos 60. Historia dun mozo que sae do seu pobo para

alistarse no exército e combater en Vietnam, pero cando chega á

cidade namórase dunha hippy e cambia de idea.

Magical Mystery Tour (1967). Película protagonizada pola banda

británicaThe Beatles, un especial dunha hora de duración que foi

emitido pola BBC.

Page 6: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

Help! (1965). Comedia protagonizada polos Beatles, unha

imaxinativa historia dun anel que unha doncela hindú destinada ao

sacrificio fanática do grupo lles regala e acaba na man do batería

Ringo, polo que el será o sacrificado. Ante esta situación, o grupo

protexe ao compañeiros fuxindo dos que o tratan de inmolar.

More (1969). Película que aborda o tema das drogas e o sexo como

se vivía nas comunas hippys de Ibiza.

Que noche la de aquel día! (1964). O mítico grupo musical The

Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa de

televisión. Tanto no camiño como en Londres suceden continuas

escenas cómicas .

Rocanrol 68 (2013). No verán de 1968, un tímido adolescente vai á

praia cos amigos e escoita música rock, pero a rutina cambia coa

chegada dunha chica hippy da que se namora e iso será a causa dos

múltiples líos nos que se ve involucrado.

Yo te amo, Alicia (1968). Comedia na que un chico deixa á súa moza

por Alicia, unha atractiva chica hippy que ten unha habilidade

especial para facer pasteis ao tempo que trata de atoparse consigo

mesmo coa axuda dun gurú.

Page 7: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

OS PUNKS

Curso 1984 (1982). A un instituto controlado por un grupo de punks

chega un novo profesor de música que observa como circulan as

drogas e se extorsiona ao alumnado sen que o profesorado faga

nada.

Loren Cass (2006). En 1997 catro adolescentes de Florida viven no

ambiente do punk. A cidade respira rebelión, busca do sentido da

vida, crítica a unha sociedade considerada con valores caducos.

SLC Punk (1998). Historia sobre a vida de dous punks de Salt Lake

City, unha cidade moi conservadora dos Estados Unidos que

contrasta co ambiente no que eles viven, a filosofía anarquista do

movemento.

Sid & Nancy (1986). Película biográfica dun dos mellores

representantes do movemento punck, Sid Vicious, líder da mítica

banda Sex Pistols, que se namora de Nancy. En outubro de 1978, no

hotel Chelsea de Nueva York, Nancy é encontrada apuñalada xunto

a Sid, abatido de pena. Arrestado e acusado de asasinala, morre de

sobredose antes de que se inicie o xuízo.

Suburbia. Película sobre a marxinación e a exclusión social dun

grupo de mozos punks inadaptados. Consumen drogas, son

violentos, están apartados da familia, no teñen prexuízos morais.

Page 8: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

A REVOLTA ESTUDANTIL. MAIO DE 1968

L´an 01 (1973). Filme emblemático do espírito contestatario dos

anos 70 en Francia e no que se abordan temas de ecoloxismo,

negación da autoridade, amor libre, a vida en comunidade ou o

dereita da propiedade privada, todos eles temas centrais da

ideoloxía revolucionaria que introduciu o movemento de Maio

do 68.

Después de mayo (2012). A comezo dos anos 70 en París se vive

aínda cos ecos de revolución de Maio do 68. Os protagonistas

estudan nun instituto e teñen inquedanzas artísticas pola pintura

e políticas para cambiar radicalmente o mundo no que viven.

La Chinoise (1967): Película estreada un ano antes de que

estoupasen os acontecementos de Maio do 68 e que mostra a un

grupo de mozos maoístas planificando a revolución, de modo

que ten un carácter premonitorio.

Mai 68 (1974). Documental realizado pola periodista británica

Gudie Lawaetz catro años despois dos feitos. O filme recolle o

maior arquivo de imaxes sobre o Maio de 1968

Milou en mayo (1989). O protagonista vive no campo e cando

morre a súa nai invita aos parentes a asistir ao funeral, ocasión

que serve para evocar e, nalgún caso revivir, os acontecementos

de Maio do 68.

Nés en 68 (2008). No marco das revoltas estudantís de Maio de

1968, tres amigos deciden organizar unha comuna nunha antiga

granxa na que vivir a consigna utópica: igualdade entre homes e

mulleres, sen tabús e sen regras. Na segunda xeración da comuna

xorden dous fillos gays da nova revolución sexual.

Page 9: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

FEMINISMO E VIOLENCIA DE XÉNERO

Agua (2005). Historia ambientada na India colonial (1938) que

relata os costumes do pais e que levan a casar a unha nena de 8

anos cun moribundo que falece aquela noite. Logo da cremación

do cadáver, a viúva prepárase para cumprir a tradición: ingresar

nun ashram para viúvas e permanecer alí o resto da súa vida.

Candidata al poder (2000). Ser muller impediulle á senadora

Laine Hanson ocupar a vicepresidencia de Estados Unidos, a

pesar de que pola súa capacidade fora designada para o posto

polo presidente. Pero os seus inimigos desacreditárona pola súa

vida sexual cando era universitaria, cargos sobre os que non

quixo dar explicacións a ninguén.

En tierra de hombres (2006). O filme presenta a loita dunha

muller maltratada polo seu marido que debe traballar para manter

aos seus dous fillos e non pode ser máis que nunha mina, lugar

onde só traballan homes. A pesar dos múltiples problemas

(familiares e da comunidade), consegue o seu obxectivo, pero

paga moi duramente a súa tenacidade e valentía.

Erin Brockovich (2000). Historia baseada nun feito real, o da

protagonista, unha nai solteira que consegue un posto de traballo

nun despacho de avogados, Todos cren que se trata dunha muller

convencional, pero o escándalo estalla cando se investiga sobre a

súa vida.

Flor del desierto (2009). A película percorre a vida de Warris

Dirie, unha destacada activista contra a mutilación xenital

feminina da que ela mesma foi vítima sendo nena en Somalia.

Historia de superación, traballo e tenacidade ata se converter

nunha cotizada modelo de alta costura, posición que utiliza para

que a súa voz sexa máis escoitada nos foros internacionais.

Fuego (1996). Historia amable da subordinación da muller nunha

familia india dedicada a un negocio familiar. Crítica á tradición

que favorece en exclusiva aos homes e unha aproximación entre

mulleres desatendidas polos seus maridos.

Page 10: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

La boda del monzón (2001). Ameno relato da preparación dunha

elegante voda en Nova Delhi durante a que se reflicten os

conflitos entre os partidarios do mantemento das tradicións e os

defensores dos cambios.

La fuente de las mujeres (2011). Alegoría das sociedades

patriarcais nas que as mulleres están completamente sometidas.

Para liberarse, a protagonista consegue que a secunden todas as

mulleres da aldea aplicando unha consigna: non máis sexo ata que

os homes vaian a pola auga.

La sonrisa de Moma Lisa (2003). Universidade de Nova

Inglaterra en 1953. Ata alí chega unha profesora de historia da

arte que vai descubrindo o ambiente tradicional e estancado da

institución e o conformismo das súas alumnas que seguen

pensando que o matrimonio é a mellor saída para as mulleres.

Pero as leccións non serán soamente de arte senón que tratará de

cambiar o modo de pensar ata conseguir que acepten que o

desenvolvemento persoal é o maior logro de calquera muller.

Las hermanas de la Magdalena (1998). Na ultracatólica Irlanda,

os Conventos da Magdalena tutelaban a rapazas enviadas polos

orfanatos ou polas súas familias e alí eran obrigadas a traballar

gratis para expiar os pecados cometidos tales como ser nai

solteiras, ser deficientes, vítimas de violacións… Milleiros de

mulleres viviron nesas duras condicións ata que se pecharon estas

institucións a finais do século XX.

Moolaade (2004).Problema da mutilación xenital feminina a

través da historia dunha muller subsahariana, vítima ela mesma

cando era nena, que non pertimiu que llo fixese á súa filla. Catro

nenas tratan de evitar ser mutiladas e lle piden axuda pero deben

enfrontarse a dous valores: o dereito de asilo (moolaadé) e a

tradición da ablación (salindé).

Nunca más (2002). Unha película que aborda o mal trato dun

marido aparentemente amante e cariñoso coa súa muller pero que

en realidade é un brutal abusador. Para poder facer fronte, a

muller tomará leccións de defensa persoal.

Page 11: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

Planes para mañana (2010). Catro historias de catro mulleres

que deben tomar importantes decisións sobre as súas vidas,

decisións que condicionarán o seu futuro.

Quiero ser como Beckham (2002). Unha rapaza india que vive

coa súa familia en Londres sente paixón polo fútbol, algo

prohibido para ela aínda que o practica en secreto. Un día é

observada e queren que xogue nun equipo feminino, situación que

suporá duros enfrontamentos co seu contorno familiar, pero

conseguirá facer realidade o seu soño.

Sólo mía (2001). Película que centra o argumento na violencia

doméstica contra as mulleres, un espazo do que moitas veces non

sae a verdadeira tensión que nel se produce.

Te doy mis ojos (2003). Violencia doméstica e machismo que

anulan á muller, presionada dentro e fóra do fogar. As boas

palabras de arrepentimento do marido tras os actos de mal trato

físico e psíquico non serven para mellorar unha situación que se

repite continuamente.

Thelma y Louise (1991). Película emblemática sobre a amizade

feminina, a violencia machista e o patriarcado. Dúas mulleres de

diferente idade deciden facer unha viaxe xuntas para afastarse da

rutina das súas anodinas vidas e das súas numerosas frustracións,

pero o que ía ser unha diversión liberadora dos seus propios

fracasos, acaba sendo unha experiencia con episodios dramáticos.

Page 12: NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS NO MUNDO DO … por brancos, consiga a Copa Mundial dese deporte que se celebraba no seu país. ... Beatles escapa de Liverpool en tren a Londres para un programa

Tomates verdes fritos (1991). Película destacada no tratamento

das emocións, os sentimentos, o repudio do machismo e do

racismo. As vidas de varias mulleres que se relacionan ofrecen

unha mostra das inquedanzas e problemas da sociedade

norteamericana na que a amizade entre as mulleres dálles forza

para seguir adiante.