estrela no vento

2
UNHA ESTRELA NO VENTO Ledicia Costas Ledicia Costas (Vigo, 1979) debutou con Unha estrela no vento (1999), obra que escribiu en plena adolescencia. Outras das súas obras son O corazón de Xúpiter (2012) e Recinto gris (2014). En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e en 2015 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Ambos os dous premios acadounos coa súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (2015). En 2015 tamén gañou o premio Lazarillo de Literatura Xuvenil con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Miguel Foz, un estudante vigués de dezasete anos, comproba como o seu mundo se vai derrubando día a día; farto de toda a xente que o rodea, en especial do seu pai e da súa profesora de literatura, recibe unha malleira por parte de Bruto. Os

Upload: normalizacioniesn1ordes

Post on 14-Apr-2017

33 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Estrela no vento

UNHA ESTRELA NO VENTO Ledicia Costas

Ledicia Costas (Vigo, 1979) debutou con Unha estrela no vento (1999), obra que

escribiu en plena adolescencia. Outras das súas obras son O corazón de Xúpiter

(2012) e Recinto gris (2014).

En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e en 2015 gañou o Premio

Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Ambos os dous premios acadounos coa

súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (2015). En 2015 tamén gañou o

premio Lazarillo de Literatura Xuvenil con Jules Verne e a vida secreta das

mulleres planta.

Miguel Foz, un estudante vigués de dezasete anos, comproba como o seu mundo

se vai derrubando día a día; farto de toda a xente que o rodea, en especial do seu

pai e da súa profesora de literatura, recibe unha malleira por parte de Bruto. Os

Page 2: Estrela no vento

seus amigos deciden vingarse. A pelexa será o domingo e, mentres esperan, entre

os dous bandos haberá unha certa tensión. Miguel atopará o seu curmán, Abel,

que sofre unha minusvalía, ao que lle ten un especial cariño e a Reina, unha moza

xitana que lle ensinará o que é de verdade o amor. Estes dous personaxes fanlle

ver a vida con outros ollos.

Os principais temas da novela son a adolescencia de Miguel, ao que se lle unirán

a minusvalía de Abel e o amor.

A novela está dividida en tres partes: a presentación dos personaxes, na que o pai

de Miguel marcha da casa, chega Abel á familia e Miguel recibe a malleira. O nó,

cando Miguel coñece a Reina. E, finalmente, o desenlace no que por fin chegará

a esperada pelexa, que acabará cun final moi sorprendente.

Os personaxes semellan reais. Os principais son Miguel, Abel e Reina. Entre os

personaxes secundarios está a panda de amigos de Miguel e Bernabé, o dono da

Lagoa (un bar que Miguel e os seus amigos adoitan frecuentar).

O antagonista é Bruto, o matón que lle deu a malleira a Miguel.

Ao longo da novela aparecen descricións, aínda que son bastante breves. Por

exemplo, describese fisicamente a Reina e algún espazo como “A fin do mundo”.

A novela esta narrada en primeira persoa, o narrador é o propio Miguel.

Menciónanse numerosos espazos reais na obra, todos ambientados en Vigo,

como a casa de Miguel, A Lagoa e o Fin do Mundo, o descampado no que é a

pelexa.

Canto ao tempo, a novela está ambientada nunha época máis ou menos actual.

A acción sucede ao longo dun mes. Non obstante, o tempo está pouco definido,

semella ser ao principio do curso escolar, en outubro. É unha historia lineal, na

que non hai saltos no tempo.

Éste é un libro moi fácil de ler, pois a lingua utilizada na novela é doada de

comprender e non emprega un vocabulario moi rebuscado.

Os distintos temas xa mencionados, o amor, a minusvalía de Abel e a adolescencia

de Miguel, únense e forman unha combinación sublime. Persoalmente, este libro

é xenial.

Isabel Castro Torres 2º ESO B