Download - Estrela no vento
![Page 1: Estrela no vento](https://reader036.vdocuments.com.br/reader036/viewer/2022082620/58efe0ed1a28ab25248b45fb/html5/thumbnails/1.jpg)
UNHA ESTRELA NO VENTO Ledicia Costas
Ledicia Costas (Vigo, 1979) debutou con Unha estrela no vento (1999), obra que
escribiu en plena adolescencia. Outras das súas obras son O corazón de Xúpiter
(2012) e Recinto gris (2014).
En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e en 2015 gañou o Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Ambos os dous premios acadounos coa
súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (2015). En 2015 tamén gañou o
premio Lazarillo de Literatura Xuvenil con Jules Verne e a vida secreta das
mulleres planta.
Miguel Foz, un estudante vigués de dezasete anos, comproba como o seu mundo
se vai derrubando día a día; farto de toda a xente que o rodea, en especial do seu
pai e da súa profesora de literatura, recibe unha malleira por parte de Bruto. Os
![Page 2: Estrela no vento](https://reader036.vdocuments.com.br/reader036/viewer/2022082620/58efe0ed1a28ab25248b45fb/html5/thumbnails/2.jpg)
seus amigos deciden vingarse. A pelexa será o domingo e, mentres esperan, entre
os dous bandos haberá unha certa tensión. Miguel atopará o seu curmán, Abel,
que sofre unha minusvalía, ao que lle ten un especial cariño e a Reina, unha moza
xitana que lle ensinará o que é de verdade o amor. Estes dous personaxes fanlle
ver a vida con outros ollos.
Os principais temas da novela son a adolescencia de Miguel, ao que se lle unirán
a minusvalía de Abel e o amor.
A novela está dividida en tres partes: a presentación dos personaxes, na que o pai
de Miguel marcha da casa, chega Abel á familia e Miguel recibe a malleira. O nó,
cando Miguel coñece a Reina. E, finalmente, o desenlace no que por fin chegará
a esperada pelexa, que acabará cun final moi sorprendente.
Os personaxes semellan reais. Os principais son Miguel, Abel e Reina. Entre os
personaxes secundarios está a panda de amigos de Miguel e Bernabé, o dono da
Lagoa (un bar que Miguel e os seus amigos adoitan frecuentar).
O antagonista é Bruto, o matón que lle deu a malleira a Miguel.
Ao longo da novela aparecen descricións, aínda que son bastante breves. Por
exemplo, describese fisicamente a Reina e algún espazo como “A fin do mundo”.
A novela esta narrada en primeira persoa, o narrador é o propio Miguel.
Menciónanse numerosos espazos reais na obra, todos ambientados en Vigo,
como a casa de Miguel, A Lagoa e o Fin do Mundo, o descampado no que é a
pelexa.
Canto ao tempo, a novela está ambientada nunha época máis ou menos actual.
A acción sucede ao longo dun mes. Non obstante, o tempo está pouco definido,
semella ser ao principio do curso escolar, en outubro. É unha historia lineal, na
que non hai saltos no tempo.
Éste é un libro moi fácil de ler, pois a lingua utilizada na novela é doada de
comprender e non emprega un vocabulario moi rebuscado.
Os distintos temas xa mencionados, o amor, a minusvalía de Abel e a adolescencia
de Miguel, únense e forman unha combinación sublime. Persoalmente, este libro
é xenial.
Isabel Castro Torres 2º ESO B