9. amor á terra

1
1 AMOR Á TERRA. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS Cheguei a Monfero en setembro de 1980. Daquela o ensino era totalmente en lingua castelá. Pero unha realidade era a vida cotiá do alumnado galego-falante e outra ben diferente era a vida escolar. Daba a impresión de que o idioma culto era o castelán e o vulgar era o galego.Desafortunadamente aínda hai moita xente (maioritariamente persoas maiores) que o pensa hoxe en día. Eu tiña moi claras dás cousas: En primeiro lugar o amor á lingua que me viu nacer, que me viu medrar, a miña lingua materna, a que usei toda a vida coa familia e coas persoas máis próximas. En segundo lugar, chegara o momento no que a lei recoñecía a lingua galega en cooficialidade co castelán. Chegara o momento de revalorizar unha lingua que era a que verdaderamente expresaba a idosincraisia da Galicia Rural e a miña propia idiosincrasia. Loxicamente eu non a dominaba a nivel oficial, porque nunca tivera ocasión de estudiala como estudiei o castelán ou o francés ó longo dos estudios. O amor á terra e á lingua como sinal de identidade, tocoume unha tegra moi sensible: “TODA PERSOA GALEGA TEN O DEBER DE SABER GALEGO E SE É UNHA PROFESIONAL DO ENSINO, CON MÁIS RAZÓN.” Na primeira ocasión xa me puxen co galego. E púxenme con moitas ganas. Lembro un día festivo que me puxen a estudiar ás oito da mañá e cando mirei o reloxio xa pasaran doce horas, xa me doía a cabeza coa fame. Non era sen razón. Ó pouco tempo xa era “ESPECIALISTA EN LINGUA GALEGA”. Xa estaba capacitada para impartila na Segunda Etapa da E.X.B. e tamén cando apareceu o ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO. Xa tiña un desexo cumprido. Dede aquel momento da miña vida, uso esta preciosísima lingua a cotío, tanto na fala como na escrita. Incluso teño a sorte de poder publicar un artigo de opinión, tódolos xoves en Galicia Dixita na miña lingua nai. As linguas non son un obstáculo para entendérense as persoas. De feito teño unha amiga catalana e cando estou con ela fálolle en galego e ela fálame en catalán. Entendémonos perfectamente. E somos grandes amigas. Problema ningún. O natural é que cada un defenda o seu con absoluta naturalidade e por suposto- sen fanatismos. Tódalas linguas son fermosas. Todas son ferrametas para comuncarse a través da palabra oral ou escrita. En tódalas linguas se poden decir cousas fermosísimas, por eso todas son importantes aínda que sexan minoritarias. Precisamente cando se trata de linguas minoritaris como é o caso da nosa, debemos cultivalas aínda máis para evita-la súa desaparición. Se nós non coidamos a nosa lingua… Se nós non coservamos a nosa identidade…Quen o vai facer? Desde Vigo (PADERNE), a día 24 de marzo de 2016. MERCEDES CACHAZA PLATAS

Upload: satelite1

Post on 14-Apr-2017

298 views

Category:

Education


11 download

TRANSCRIPT

Page 1: 9.  amor á terra

1

AMOR Á TERRA. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS

Cheguei a Monfero en setembro de 1980. Daquela o ensino era totalmente en lingua

castelá. Pero unha realidade era a vida cotiá do alumnado galego-falante e outra ben diferente era a vida escolar. Daba a impresión de que o idioma culto era o castelán e o vulgar era o galego.Desafortunadamente aínda hai moita xente (maioritariamente persoas maiores) que o pensa hoxe en día.

Eu tiña moi claras dás cousas: En primeiro lugar o amor á lingua que me viu nacer,

que me viu medrar, a miña lingua materna, a que usei toda a vida coa familia e coas persoas máis próximas. En segundo lugar, chegara o momento no que a lei recoñecía a lingua galega en cooficialidade co castelán. Chegara o momento de revalorizar unha lingua que era a que verdaderamente expresaba a idosincraisia da Galicia Rural e a miña propia idiosincrasia. Loxicamente eu non a dominaba a nivel oficial, porque nunca tivera ocasión de estudiala como estudiei o castelán ou o francés ó longo dos estudios.

O amor á terra e á lingua como sinal de identidade, tocoume unha tegra moi

sensible: “TODA PERSOA GALEGA TEN O DEBER DE SABER GALEGO E SE É UNHA PROFESIONAL DO ENSINO, CON MÁIS RAZÓN.”

Na primeira ocasión xa me puxen co galego. E púxenme con moitas ganas. Lembro

un día festivo que me puxen a estudiar ás oito da mañá e cando mirei o reloxio xa pasaran doce horas, xa me doía a cabeza coa fame. Non era sen razón. Ó pouco tempo xa era “ESPECIALISTA EN LINGUA GALEGA”. Xa estaba capacitada para impartila na Segunda Etapa da E.X.B. e tamén cando apareceu o ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO. Xa tiña un desexo cumprido.

Dede aquel momento da miña vida, uso esta preciosísima lingua a cotío, tanto na

fala como na escrita. Incluso teño a sorte de poder publicar un artigo de opinión, tódolos xoves en Galicia Dixita na miña lingua nai. As linguas non son un obstáculo para entendérense as persoas. De feito teño unha amiga catalana e cando estou con ela fálolle en galego e ela fálame en catalán. Entendémonos perfectamente. E somos grandes amigas. Problema ningún.

O natural é que cada un defenda o seu con absoluta naturalidade e –por suposto-

sen fanatismos. Tódalas linguas son fermosas. Todas son ferrametas para comuncarse a través da palabra oral ou escrita. En tódalas linguas se poden decir cousas fermosísimas, por eso todas son importantes aínda que sexan minoritarias.

Precisamente cando se trata de linguas minoritaris como é o caso da nosa, debemos

cultivalas aínda máis para evita-la súa desaparición. Se nós non coidamos a nosa lingua… Se nós non coservamos a nosa identidade…Quen o vai facer?

Desde Vigo (PADERNE), a día 24 de marzo de 2016.

MERCEDES CACHAZA PLATAS