guÍa do estudante da escola politÉcnica superior … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. defensa do...

15
GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR CURSO ACADÉMICO 2016/2017 Rúa Benigno Ledo s/n, Campus Terra 27002 Lugo Conserxería Tel: 9828 23008 [email protected] Administración Tel: 9828 23015 [email protected] www.usc.es/gl/centros/eps/ Síguenos nas redes sociais www.facebook.com/EPSLugo twitter.com/EPSLugo

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR

CURSO ACADÉMICO 2016/2017

Rúa Benigno Ledo s/n, Campus Terra

27002 Lugo

Conserxería

Tel: 9828 23008

[email protected]

Administración

Tel: 9828 23015

[email protected]

www.usc.es/gl/centros/eps/

Síguenos nas redes sociais

www.facebook.com/EPSLugo

twitter.com/EPSLugo

Page 2: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

1

Contidos

1 Persoal da EPS ............................................................................................................................................. 2

2 Calendario Académico 2016-2017 .............................................................................................................. 4

3 Instalacións do centro e recursos materiais ................................................................................................ 5

4 Horarios do centro ....................................................................................................................................... 6

5 Organización académica .............................................................................................................................. 6

6 Representación dos estudantes nos Órganos de Goberno ......................................................................... 7

7 Programa alumnos titores ........................................................................................................................... 8

8 Biblioteca Intercentros ................................................................................................................................ 9

9 Medios de información ............................................................................................................................... 9

10 Campus Virtual ........................................................................................................................................ 9

11 Correo institucional ................................................................................................................................. 9

12 Normativa de permanencia da USC ...................................................................................................... 10

13 Normativa de avaliación da USC ............................................................................................................ 11

14 Apoio Titorial Extraordinario ................................................................................................................. 13

15 Programas de intercambio .................................................................................................................... 13

16 Prácticas externas .................................................................................................................................. 14

17 Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM) ............................................................... 14

18 O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da EPS .................................................................... 14

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 3: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

2

1 Persoal da EPS

1.1 Equipa de dirección

A EPS conta cunha equipa de dirección formada por cinco persoas que se atopa a disposición do alumnado para resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento das ensinanzas. Os seus despachos atópanse no Edificio Central no 2º andar xunto cos despacho do Persoal de Administración e Servizos (PAS).

Director

Tomás S. Cuesta García (Tel: 9828 23011; [email protected])

Subdirectora de Prácticas Externas e Orientación Laboral

Rosa Romero Franco (Tel: 9828 23014; [email protected])

Subdirector de Organización Académica

Alberte Castro Ponte (Tel: 9828 23013; [email protected])

Subdirectora de Calidade e Relacións Exteriores

Ana Isabel García Arias (Tel: 9828 23009; [email protected])

Secretaria Académica, Infraestruturas e Asuntos Económicos

Montserrat Valcárcel Armesto (Tel: 9828 23010; [email protected])

1.2 Coordinadores de Titulacións

Cada unha das titulacións da EPS conta cun coordinador/a que está a disposición do alumnado para resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa titulación correspondente.

Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Adolfo López Fabal (Tel: 9828 23135; [email protected]) Grao en Enxeñaría Civil

Carlos Núñez Temes (Tel: 9828 23309; [email protected]) Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

Guillermo Riesco Muñoz (Tel: 9828 23233; [email protected]) Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía

María José Iniesto Alba (Tel: 9828 23308; [email protected]) Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega (Coordinado UDC/USC)

Mª Isabel Iglesias Díaz (Tel: 9828 23131; [email protected])

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 4: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

3

Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica

Tomás S. Cuesta García (Tel: 9828 23011; : [email protected]) Máster Universitario en Enxeñaría de Montes

Tomás S. Cuesta García (Tel: 9828 23011; : [email protected]) Máster Universitario en Dirección de Proxectos

Carlos Amiama Ares (Tel: 9828 23262; [email protected]) Máster Universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio

David Miranda Barros (Tel: 9828 23266; [email protected]) Máster Propio en Enxeñaría da Madeira Estrutural

Manuel Guaita Fernández (Tel: 9828 23654; [email protected])

1.3 Persoal Administrativo

O horario de atención ao público é entre ás 8:00 e as 15:00 horas.

Secretaria da Dirección

Ana Luisa Iglesias Mateo (Tel: 9828 23015; : [email protected]) Xestora Académica

Noelia Alonso Suárez (Tel: 9828 23033; : [email protected]) Secretaria Administrativa

Begoña Prieto Diéguez (Tel: 9828 23016; [email protected])

1.4 Conserxería

O persoal de conserxería está a disposición do alumnado para calquera dúbida ou consulta de carácter xeral tanto en persoa como telefonicamente (+34 982.823.008). Na conserxería, existe a disposición do alumnado e de toda a comunidade da EPS unha Folla de Incidencias mediante a cal se pode comunicar á equipa de dirección calquera tipo de incidencia que poida afectar ao correcto desenvolvemento das actividades docentes.

Persoal de conserxería

Juan J. Arca Castro Mª José Astariz Carballeira Fernando Hervella Gómez Alberto Salgado Díaz Enrique Tacón Fernández

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 5: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

4

2 Calendario Académico 2016-2017

2.1 Titulacións de Grao e Máster

2.1.1 Primeiro semestre

Período Lectivo: 12/09/2016 a 22/12/2016 Datas non Lectivas:, 05/10/2016 (San Froilán), 12/10/2016 (Día da Hispanidade), 01/11/2016 (Día de todos os Santos), 06/12/2017 (Día da Constitución), 08/12/2016 (A Inmaculada Concepción), 23/12/2016 a 08/01/2017 (Nadal). Período de Renuncia á matrícula sen Causa (unha por materia): 07/11/2016 a 09/12/2016 Período de Exames: 12/01/2017 a 26/01/2017 Entrega Actas: 13/01/2017 a 15/02/2017 Entrega do TFG/TFM: 30/01/2017 a 03/02/2017 Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017 a 24/02/2017 Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017 a 10/03/2017

2.1.2 Segundo semestre

Período Lectivo: 30 de Xaneiro a 19 de Maio Datas non Lectivas: 27/02/2017 e 28/02/2017 (Entroido), 10/04/2017 a 14/04/2017 (Semana Santa), 21/04/2017 (Día da Terra), 01/05/2017 (Día do Traballo), 17/05/2017 (Día da Letras Galegas), Período de modificación de matrícula: 30/01/2017 a 07/02/2017 Período de Renuncia á matrícula sen Causa (unha por materia): 17/03/2017 a 17/04/2017 Período de Exames: 23/05/2017 a 09/06/2017 Entrega Actas: 13/06/2017 a 28/06/2017 Entrega do TFG/TFM: 26/06/2017 a 30/06/2017 Defensa do TFG/TFM: 17/07/2017 a 21/07/2017 Entrega Actas TFG/TFM: 04/07/2017 a 28/07/2017 Período de Renuncia Defensa TFG/TFM: 22/05/2017 a 15/06/2017

2.1.3 Segunda oportunidade

Período de Exames (2ª oportunidade 1º semestre): 14/06/2017 a 28/06/2017 Período de Exames (2ª oportunidade 2º semestre): 29/06/2017 a 13/07/2017 Entrega Actas (2ª oportunidade 1º semestre): 15/06/2017 a 17/07/2017 Entrega Actas (2ª oportunidade 2º semestre): 30/06/2017 a 28/07/2017 Entrega do TFG/TFM: 24/07/2017 a 31/07/2017 (prazo para subsanar/completar documentación 04/09/2017) Defensa do TFG/TFM: 18/09/2017 a 22/09/2017 Entrega Actas TFG/TFM: 05/09/2017 a 30/09/2017 Período de Renuncia Defensa TFG/TFM: 21/07/2017 a 28/07/2017

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 6: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

5

2.1.4 Convocatoria fin de carreira

Inscrición: coa Matrícula Ordinaria (ou prazo de modificación ata o 23/09/2016 en Grao e Máster) Titulacións de Grao e Máster: 12/01/2017 a 26/01/2017 Data de Peche de Actas: 13/01/2017 a 15/07/2017 Titulacións non adaptadas ao EEES: 01/12/2016 a 16/12/2016 Data de Peche de Actas: 01/12/2016 a 09/01/2017

3 Instalacións do centro e recursos materiais

As instalacións do centro organízanse nunha estrutura modular formada por varios edificios, sendo os principais: o Edificio Central (Edificio Administrativo), tres pavillóns de despachos, laboratorios e seminarios e catro aularios onde se sitúan as aulas de maior capacidade.

Na páxina web do centro, na sección de Recursos materias e plan de autoprotección situada na parte superior esquerda (http://www.usc.es/gl/centros/eps/Recursos_materiais/) pódese atopar un mapa interactivo (Figura 1) onde se poden consultar os espazos que están en cada un dos edificios.

Figura 1. Mapa interactivo das instalación da EPS

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 7: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

6

A EPS pon a disposición do conxunto do alumnado unha aula de informática de uso libre (Edificio Central). Se de todos xeitos estás pensando en adquirir e utilizar nas aulas o teu propio equipo informático consulta co teu coordinador de Grao os requirimentos mínimos que debe ter para traballar cos programas informáticos máis habituais na túa titulación. Tamén é habitual que nas Prácticas de Laboratorio dalgunhas das titulacións da EPS se esixa a adquisición dunha bata de laboratorio.

4 Horarios do centro

O centro permanecerá aberto de xeito continuado entre ás 8:00 e as 22:00 horas, agás nos períodos de xornada extraordinaria: Nadal, Semana Santa e verán, nos que a xornada será reducida de acordo coas correspondentes Instrucións da Xerencia da USC. Os horarios de apertura do centro nestes períodos anunciaranse coa suficiente antelación.

5 Organización académica

5.1 Introdución

Na parte superior dereita da páxina web principal da EPS hai un sección denominada Organización Académica (Figura 2) onde se pode atopar información sobre: horarios de titulacións, horarios de exames, horarios de profesorado, horarios de aulas e normas de xestión académica. Esta información está dispoñible tamén nas páxinas web propias de cada unha das titulacións.

5.2 Horarios de titulacións

Os horarios da cada unha das titulacións do centro publícanse na páxina web do centro unha vez que son aprobados pola Xunta de Escola na ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/eps/Organizacion_academica/Horarios_titulaciones.html

Preséntanse en formato de folla de cálculo para facilitar a adaptación á situación persoal de cada alumno. É fundamental que se consulten os horarios de clase de xeito previo á formalización da matrícula por parte do alumno para comprobar que non existen solapes entre materias de diferentes cursos.

5.3 Horarios de exames

O calendario de exames de cada unha das titulacións do centro publícase na páxina web do centro unha vez que son aprobados pola Xunta de Escola na ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/eps/Organizacion_academica/Calendario_examenes.html

É fundamental que se consulte o calendario de exames de xeito previo á formalización da matrícula por parte do alumno para comprobar que non existen solapes entre materias de diferentes cursos.

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 8: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

7

Figura 2. Localización da sección de Organización Académica na páxina web da EPS

5.4 Horarios profesorado

Os horarios de titorías e de clases do profesorado pódense consultar na ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/eps/profesorado.html

Adicionalmente, na páxina web do centro pódese consultar un listado dos profesores con docencia na EPS (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/eps/Recursos_materiais/1511_Despachos_profesorado_EPS.pdf) onde se inclúe información sobre o seu correo electrónico, extensión telefónica e a localización do seu despacho.

6 Representación dos estudantes nos Órganos de Goberno

O alumnado conta con representación en diferentes órganos do centro, aos cales pode dirixir as súas cuestións, dúbidas e inquedanzas. Pódese consultar quen son os representantes de alumnos na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/eps/caixa_alumnado/representacion_alumnos.html

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 9: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

8

6.1 Xunta de Escola

A Xunta de Escola é o máximo órgano de decisión do centro e nas súas sesións trátanse temas de diversa índole relativos ao seu funcionamento. Entre os seus cometidos está a aprobación para cada curso académico dos horarios de clase, o calendario de exames, as programacións docentes das materias, etc. A participación como representante do alumnado na Xunta de Escola leva aparellado o recoñecemento de créditos en titulacións de Grao como sucede con outras actividades recoñecibles que se poden consultar na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/Reconecemento_creditos_grao.html.

6.2 Comisións delegadas do centro

As Comisións delegadas do centro están nomeadas pola Xunta de Escola e teñen asignadas tarefas específicas relativas a diversas áreas de actuación.

6.2.1 Comisión Permanente e de Coordinación

6.2.2 Comisión de Docencia, Validacións e Intercambios

6.2.3 Comisión de Finca de Prácticas

6.2.4 Comisión de Normalización Lingüística

6.3 Comisións de título

Cada unha das titulacións do centro ten nomeada unha Comisión de Título que trata cuestións relativas a titulación correspondente a adopta acordos relativos a diversas cuestións de interese para o alumnado: horarios de clases, calendario de exames, asignación de titores de TFG/TFM, asignación de titores de prácticas externas, etc.

Os representantes de alumnos nos Órganos de Goberno da EPS renóvanse cada curso académico mediante a convocatoria das eleccións correspondentes. Anímase ao alumnado a que participe neste proceso xa que é moi importante contar con representación suficiente nos diversos órganos onde se toman decisións de gran interese para o alumnado.

7 Programa alumnos titores

Para facilitar a incorporación do novo alumnado á EPS existe a figura do alumno/a titor. Este alumno pódese definir como un estudante “veterano” que se ocupa de orientar, acompañar, e ofrecer consellos prácticos aos novos estudantes durante o proceso de incorporación a unha das titulacións da EPS, facilitando a súa integración no ámbito universitario.

Cada curso académico publícase unha convocatoria do Programa titores para levar a cabo a selección dos alumnos/as titores curso seguinte. Toda a información relativa a esta cuestión pódese atopar na seguinte ligazón: https://www.usc.es/gl/centros/eps/caixa_alumnado/alumnos_titores.html

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 10: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

9

8 Biblioteca Intercentros

Non existe unha biblioteca propia na EPS nin, en xeral, nas Escolas e Facultades do Campus de Lugo. Este servizo está cuberto pola Biblioteca Intercentros da que se pode atopar información detallada na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/intc entroslugo/.

9 Medios de información

Na entrada situada na fachada leste do Edificio Central da EPS hai una pantalla informativa na parede da esquerda na que se presenta información de interese relativa a diversos ámbitos (bolsas, emprego, xornadas, conferencias, defensa de Teses Doutorais etc.). Ademais, repartidos polos diversos pavillóns existen tamén taboleiros de anuncios onde se coloca información de interese.

Na páxina web do centro (http://www.usc.es/gl/centros/eps/index.html) hai unha sección de Novidades na parte central inferior onde se recolle información actualizada. Polo que respecta ás redes sociais, a EPS ten unha páxina oficial de Facebook (https://www.facebook.com/EPSLugo ) e unha conta oficial de Twiter (https://twitter.com/EPSLugo) onde se proporciona información de diverso tipo e se debate sobre a actualidade da Escola.

Ademáis, realízanse diferentes charlas informativas ao longo do curso académico de gran interese para o alumnado polo que se recomenda encarecidamente a asistencia ás mesmas.

10 Campus Virtual

As aulas virtuais das materias xestionadas mediante o Campus Virtual son na actualidade unha ferramenta de gran utilidade para o desenvolvemento das actividades docentes das titulacións da EPS. Os profesores responsables das mesmas empregan esta ferramenta con diferentes finalidades, como poden ser: proporcionar material docente da materia; xestionar entregas de tarefas/traballos; propor e xestionar debates sobre temáticas relacionadas coa materia; resolución de dúbidas. Representan tamén unha vía de comunicación rápida y eficaz entre os participantes na materia correspondente.

É moi importante que o alumnado comprobe que ten acceso ás aulas virtuais das súas materias ao inicio do curso académico e que de xeito continuado as consulte para estar informado en todo momento das novidades da mesma.

11 Correo institucional

Cada alumno matriculado dispón dun correo institucional da USC no que recibirá as comunicacións relacionadas coa súa actividade na universidade. É moi importante que o alumnado comprobe que o seu correo institucional está funcionando adecuadamente e que o consulte de xeito continuado xa que pode ter

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 11: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

10

comunicacións de interese relacionadas coa súa actividade na USC.

12 Normativa de permanencia da USC

A Normativa de permanencia da USC pódese atopar xunto con outra normativa relacionada cos Estudantes e a Calidade da docencia na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/normativa/estudantes/index.html. A continuación resúmense os puntos que se consideran máis relevantes.

12.1 Tipos de matrícula (Art.2)

“A Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá dous tipos de matrícula: a tempo completo e a tempo parcial. A modalidade de matrícula elixida deberá manterse durante todo o curso académico, como criterio xeral, pero poderá autorizarse o cambio de tempo completo a tempo parcial en casos excepcionais.”

“A matrícula a tempo completo comprende un total de 60 créditos en primeira matrícula, agás que a oferta sexa inferior. A matrícula a tempo parcial será de 30 créditos e regularase na convocatoria de matrícula. Esta modalidade a tempo parcial só poderá solicitarse cando concorran circunstancias de orde laboral ou persoal que así o aconsellen. Neste senso, en atención a condicións de discapacidade, e para aqueles estudantes que por razón da súa situación persoal só poden asumir un número inferior de créditos para obter taxas de éxito razoables, poderase autorizar tamén a opción de matrícula a tempo parcial ...”

12.2 Réxime de permanencia (Art. 3)

“O alumnado que inicia estudos nunha titulación deberá superar como mínimo unha materia obrigatoria no primeiro curso. De non cumprirse este requisito, admitirase de novo a matrícula no seguinte curso, pero neste caso deberá superar un mínimo de 30 créditos obrigatorios do primeiro curso para matrícula a tempo completo, e 15 no caso de tempo parcial. De non superalos, non poderá continuar na Universidade de Santiago de Compostela os mesmos estudos nos cinco cursos académicos seguintes.”

12.3 Réxime de convocatorias (Art. 4) e esgotamento de convocatorias (Art. 5)

“Con independencia das oportunidades previstas en cada convocatoria, o alumnado poderá concorrer a un máximo de catro convocatorias para estudios de grao e dúas para o resto dos estudos de máster. Para estes efectos entenderase que os alumnos teñen dereito a unha convocatoria por curso.”

“As convocatorias serán sucesivas, sen que sexa posible renunciar a elas unha vez formalizada a matrícula. As convocatorias entenderanse esgotadas aínda que os estudantes non se sometan a ningunha das dúas oportunidades de avaliación establecidas, ...” [Unha cualificación de Non Presentado equivale a un Suspenso en relación ao esgotamento de convocatorias].

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 12: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

11

“Na cuarta convocatoria o alumnado poderá solicitar ser cualificado por un tribunal, sempre que concorrese ás tres convocatorias anteriores..”.

“Non obstante o anterior, admitirase unha renuncia sen causa por cada materia. Ademais, se nalgunha das convocatorias se acredita a existencia dun suposto de forza maior ou situación excepcional que impida a realización das actividades programadas, poderá solicitarse a anulación da convocatoria en que concorra o feito que impedise a súa realización. A anulación deberá ser concedida ou denegada de forma motivada polo reitor, que poderá solicitar os informes que considere oportunos.

12.4 Progreso académico (Art. 6)

“Os alumnos que continúan estudos con materias suspensas de cursos anteriores deberán matricularse de todas as materias pendentes dos cursos anteriores, e non poderán formalizar a matrícula por un número superior a 75 créditos. Así mesmo, poderá establecerse o tránsito de tempo completo a tempo parcial en función da súa taxa de éxito. A matrícula inferior a 30 ECTS considerarase a tempo parcial.”

“O alumnado deberá matricularse obrigatoriamente das materias pendentes dos cursos anteriores, agás o disposto no artigo 9.9 do Regulamento de intercambios da USC. En ningún caso poderá facelo do último curso con materias pendentes de primeiro curso, agás situacións excepcionais debidamente autorizadas.”

“Só se poderán matricular da materia Traballo de fin de grao aqueles alumnos que superasen un mínimo de 150 créditos ou do número de créditos establecido polo plan de estudos, entre eles, todos os da primeira metade da titulación, agás en supostos recollidos por unha resolución reitoral en función do réxime de adaptación ou por outras circunstancias excepcionais debidamente xustificadas. Só poderán superar o traballo fin de grao os alumnos que teñan superadas a totalidade das materias.”

12.5 Disposición adicional cuarta

“O alumnado que esgotase as convocatorias precisas no artigo 4 poderá solicitar, por unha soa vez, dispensa do devandito límite atendendo a razóns académicas ou persoais especiais. As peticións poderán ser resoltas favorablemente polo Reitor en base ás circunstancias alegadas polo interesado.

13 Normativa de avaliación da USC

A Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC pódese atopar xunto con outra normativa relacionada cos Estudantes e a Calidade da docencia na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/normativa/estudantes/index.html. A continuación resúmense os puntos que se consideran máis relevantes para o alumnado.

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 13: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

12

13.1 Criterios de avaliación (Art. 3)

“Os estudantes serán avaliados unicamente de acordo cos criterios que figuren de forma explícita na programación da materia ou guía docente”.

13.2 Procedemento de avaliación (Art. 6)

“En calquera momento das probas de avaliación, o profesorado poderá requirir a identificación dos estudantes asistentes, que deberán acreditala mediante a exhibición do seu carné de estudante, documento nacional de identidade, pasaporte ou, na súa falta, acreditación suficiente a xuízo do avaliador.”

13.3 Comunicación de resultados da avaliación (Art. 7)

“Os estudantes teñen dereito a coñecer os resultados das probas parciais e finais que realicen, segundo o sistema de avaliación previamente establecido, nun prazo razoable que, salvo casos excepcionais debidamente xustificados ante a dirección do centro, será inferior a 15 días naturais desde a data de realización da proba. Tales resultados deben coñecerse con suficiente antelación, e nunca con menos de tres días antes da realización dunha nova proba ou convocatoria de recuperación.”

13.4 Revisión de cualificacións (Art. 8)

“O alumnado terá dereito de acceso aos seus propios exercicios, e o dereito á revisión das cualificacións tanto parciais como finais na súa presenza, nas datas e horarios que para tal efecto se deberán fixar no momento de facer públicos os resultados provisorios.”

13.5 Reclamación das cualificacións (Art. 9)

“Contra a cualificación outorgada polo profesorado encargado da materia ou polo tribunal nomeado para o efecto, o alumnado poderá interpoñer reclamación motivada dirixida ao decano ou director do centro a que estea vinculada a titulación, no prazo de 10 días hábiles desde que se produciu a revisión. Para poder exercer este dereito é necesario que o alumno acudise previamente ao proceso de revisión do exame. A presentación de queixas ou consultas non paraliza este prazo.”

13.6 Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Art. 16)

“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”

Para máis información sobre esta normativa pódese consultar o seu texto íntegro na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/resavarenacaestrevcua11.pdf

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 14: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

13

14 Apoio Titorial Extraordinario

A normativa para articular os procedementos extraordinarios de avaliación e a revisión das cualificacións aprobada pola Xunta de Goberno da USC, na súa sesión do 15 de novembro de 2001, desenvolve o artigo 115 dos Estatutos da USC e establece a posibilidade de que o alumnado, en determinadas circunstancias, poida solicitar un Apoio Titorial Extraordinario, nun máximo de materias pendentes sempre que non superen, en conxunto, os 18 créditos.

Este apoio, que corresponde realizalo ao profesor titor, debería proporcionarlle a cada alumno as pautas necesarias para a evolución na súa aprendizaxe e elementos suficientes para avaliar a súa progresión, mantendo en todo caso as garantías e transparencia necesarias. Poderán acollerse ao apoio titorial extraordinario o alumnado que reúna os requisitos establecidos e indicados con anterioridade. Pódese atopar información detallada sobre o procedemento na seguinte ligazón: Apoio Titorial Extraordinario

15 Programas de intercambio

A EPS conta cun elevado número de convenios de intercambio tanto nacionais (Programas SICUE/SENECA) como internacionais (Programa ERASMUS, Convenios Bilaterais, etc.). Toda a información detallada relativa aos diferentes programas dispoñibles pódese consultar no Portal Internacional da USC. A mobilidade dos/as estudantes está regulada a traveso do Regulamento de intercambios interuniversitarios que se pode consultar na sección de Normativa de Intercambios do Portal Internacional.

Anímase a todo o alumnado a participar nunha experiencia de intercambio xa que ten múltiples efectos positivos sobre o desenvolvemento persoal e profesional do e da estudante. Anualmente publícanse diversas convocatorias coas prazas dispoñibles nos diferentes programas de intercambio Os intercambios poden realizarse con Universidades europeas, españolas e de países extracomunitarios. Estes programas son accesibles a partires do segundo ano de estudos. Recoméndanse interesarse polas distintas convocatorias un ano antes do curso académico no que se quere realizar o intercambio xa que os prazos de solicitude adoitan publicarse con un curso de antelación. Tamén son de gran interese as prácticas profesionais ao abeiro do programa Erasmus Prácticas coas que poderedes realizar prácticas externas en empresas europeas.

Toda a información relativa aos programas de intercambio da EPS pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/eps/caixa_alumnado/programas_intercambio.html

Responsable de mobilidade

Subdirectora de Calidade e Relacións Exteriores Ana Isabel García Arias (Tel: 9828 23009; [email protected])

Máis información Xestora Académica Noelia Alonso Suárez (Tel: 9828 23033; [email protected])

EPS - Guía do estudante 16/17

Page 15: GUÍA DO ESTUDANTE DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR … · 30/01/2017. a . 03/02/2017. Defensa do TFG/TFM: 20/02/2017. a . 24/02/2017 . Entrega Actas TFG/TFM: 31/01/2017. a . 10/03/2017

14

16 Prácticas externas

Nas diferentes titulacións da EPS existe unha materia optativa denominada Prácticas Externas. Os alumnos interesados en cursar esa materia facendo prácticas en empresas, administración, grupos de investigación da EPS, etc. deberán concorrer nalgunha das convocatorias que se convocan cada curso académico dende a Subdirección de Prácticas Externas e Orientación Laboral da EPS. Toda a información relacionada con este tema pódese consultar na seguinte ligazón: Prácticas Externas.

Responsable de prácticas externas

Subdirectora de Prácticas Externas e Orientación Laboral

Rosa Romero Franco (Tel: 9828 23014; [email protected])

17 Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM)

O Traballo Fin de Grao (TFG) e o Traballo Fin de Máster (TFM) constitúen respectivamente a última materia que deben de superar os alumnos de cara a consecución do seu correspondente título (non esquecer o requisito de obter un título B1 nunha lingua estranxeira para poder obter o título na USC). Existe por unha banda un Regulamento Propio da EPS para a realización dos TFG/TFM e por outra banda, normativa propia de cada titulación que en conxunto regulan as diferentes fases do proceso: propostas de temáticas de traballo, presentación e aceptación de propostas de TFG/TFM, asignación de titores, desenvolvemento e seguimento dos traballos, e presentación e defensa do TFG/TFM. Toda esta normativa xunto con información adicional detallada pódese consultar na páxina web do centro dedicada a esta temática: (http://www.usc.es/gl/centros/eps/caixa_alumnado/traballo_fin_de_grao_e_master.html)

18 O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da EPS

O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da EPS está deseñado para recoller información sobre a calidade da ensinanza nas distintas titulacións do centro. Inspírase na continua avaliación do desenvolvemento dos programas formativos para mellorar a súa aplicación e polo tanto os resultados que o estudantado acada. Neste proceso de recollida de información, a participación de todos os membros da comunidade universitaria é básica polo que periodicamente estudantado, profesorado e persoal administrativo son requiridos para contestar a enquisas sobre a súa satisfacción co desenvolvemento dos programas formativos. Esta información, logo de seren analizada, derívase en Plans de Mellora que son publicados na páxina web do centro así como os informes anuais correspondentes. Animamos á participación activa nas enquisas e outros procedementos de obtención de información, así como á participación nos órganos de decisión do centro para que todas as opinións podan ser tidas en conta.

Toda a información relativa ao SGIC da EPS pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/eps/TitulacionDeGrao/Calidad/Calidad.html

EPS - Guía do estudante 16/17