crise e guerra

38

Upload: masinisa

Post on 14-Apr-2017

415 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crise e guerra
Page 2: Crise e guerra

A PROSPERIDADE AMERICANAEstados Unidos saíu moi beneficiado da I Guerra

Mundial. Ao rematar a guerra, Estados Unidos convertérase na primeira potencia económica mundial.

A súa produción agrícola era moi elevada e a industrial representaba o 44,8% da produción mundial.

Ademáis, moitos países de Europa estaban endebedados con Estados Unidos como consecuencia dos empréstitos de guerra

Page 3: Crise e guerra
Page 4: Crise e guerra

O crecemento americano prolongouse durante os dez anos posteriores á guerra: foi a década da “prosperidade” e da consolidación dun modo de vida baseado no consumismo.

A expansión de Estados Unidos baseouse nunha fonda transformación no proceso de produción de bens, dominado pola innovación técnica.

O taylorismo e o fordismo contribuíron a incrementar a produtividade e a reducir custos.

Iniciouse a era do consumo de masas.

A prosperidade reflectiuse nun grande auxe da Bolsa. A euforia bolsista xerou unha gran burbulla especulativa.

Page 5: Crise e guerra

Lake Michigan (1925)

Page 6: Crise e guerra

Bailarinas de Charleston

Page 8: Crise e guerra

Skyline de Nova Iorque

Page 9: Crise e guerra

A CRISE DA SUPERPRODUCIÓNA prosperidade non beneficiou a todos por igual e

produciuse unha crise.

Os campesiños foron os primeiros prexudicados xa que durante a I Guerra Mundial se endebedaran para adquirir novas terras e máquinas para aumentar a produción.

Rematado o conflito, as exportacións diminuíron e o mercado americano non podía absorber toda a produción.

Ante o aumento da oferta, os stocks acumuláronse, os prezos baixaron e os campesiños non puideron devolver os préstamos.

Na industria aconteceu un fenómeno semellante.

Page 10: Crise e guerra

O CRACK BURSÁTIL (1929)O 24 de outubro de 1929 unha grande ondada vendedora

afectou á Bolsa de Nova York. A grande oferta de accións fixo que o seu valor caese en picado, ocasionando o “crac” bolsista do 29.

Moitos investidores arruináronse e os cidadáns acudiron aos bancos para retirar o seu diñeiro. Estes tiveron que pechar. O “crac” da bolsa precipitou a creba de moitos bancos.

En poucos anos, produciuse unha recesión económica xeneralizada (Gran Depresión).

O consumo diminuíu e moitas fábricas pecharon.

Desde Estados Unidos, a crise estendeuse ao resto do mundo.

Page 11: Crise e guerra

Xornal da época

Page 12: Crise e guerra

Cotizacións en Wall Street (1924-1933)

Page 13: Crise e guerra
Page 14: Crise e guerra
Page 15: Crise e guerra

Manifestación de parados

(Chicago, 1931)

Page 16: Crise e guerra

A LOITA CONTRA A CRISE: O NEW DEAL

En 1932 gañou as eleccións Roosevelt, que propoñía un programa para favorecer a recuperación económica do país.

Foi o chamado New Deal, que defendía a intervención do Estado para reactivar a economía.

As medidas económicas que se propuxeron foron axudas ás empresas, destrución dos stocks agrícolas acumulados, etc. O Estado estableceu un control sobre os bancos.

Entre as reformas sociais impulsouse un gran plan de obras públicas, unha política de apoio aos prezos agrícolas, etc.

Produciuse un relanzamento da economía estadounidense.

Page 17: Crise e guerra

Franklin D. Roosevelt

Page 18: Crise e guerra
Page 19: Crise e guerra

A II GUERRA MUNDIAL (1939-1945)

Page 20: Crise e guerra

A CONSOLIDACIÓN DO ESTADO NAZIEn 1934, os nazis transformaron Alemaña nunha

ditadura. Disolvéronse os partidos e sindicatos, clausurouse o Parlamento e iniciouse a persecución dos opositores.

Unicamente quedou autorizado o partido nazi.

Desde o punto de vista social, o Estado nazi aspiraba a unha cohesión total da sociedade alemá, baseada na superioridade da raza aria e na ideoloxía nacionalsocialista.

O nazismo outorgáballe á muller un papel social moi marxinal.

Page 21: Crise e guerra

O Estado alemán converteuse nun Estado policíaco que impuxo o seu réxime por medio do terror.

Perseguíase calquera tipo de oposición mediante uns corpos policiais (as Seccións de Seguridade e a GESTAPO).

O mantemento da pureza racial da sociedade alemá implicou a persecución dos xudeus.

A partir de 1933, creáronse os campos de concentración para recluir os opositores e inimigos do Reich.

Page 22: Crise e guerra
Page 23: Crise e guerra
Page 24: Crise e guerra

Desde un punto de vista económico, o III Reich propúxose promover un relanzamento que fixese de Alemaña unha potencia económica mundial.

A política económica nazi respondía aos proxectos militaristas e expansionistas de Hitler.

O Estado nazi exerceu un forte dirixismo económico, que quería conseguir a autarquía económica e converter Alemaña nun Estado autosuficiente.

Hitler iniciou unha política militarista: reforzou o exército.

Hitler sentiuse preparado para a construción dun grande imperio e a conquista do “espazo vital” ao leste de Europa

Page 25: Crise e guerra
Page 26: Crise e guerra

AS CAUSAS DO CONFLITOO Tratado de Versalles non creou un clima de

reconciliación senón un clima de resentimento entre nacións. Alemaña e Italia non aceptaron as imposicións de Versalles.

A crise do 29 creou un contexto de depresión que favoreceu os fascismos.

Mussolini, en Italia, e Hitler, en Alemaña, desenvolveron unha política exterior agresiva que se xustificaba por necesidades económicas ou por prestixio histórico.

Ante a política agresiva dos réximes autoritarios, as democracias non interviñeron nos problemas do mundo.

Page 27: Crise e guerra

O CAMIÑO CARA Á GUERRADesde comezos da década de 1930, os Estados

autoritarios impulsaron agresións bélicas cara a outros países:

En Asia, Xapón buscaba ampliar os seus territorios a costa de China. En 1937 iniciou a invasión da China.

En África, en 1935, Italia ocupou Etiopía. En Europa, invadiu Albania.

Italia e Alemaña interviñeron na Guerra Civil española, facilitándolles soldados e armamento aos militares sublevados.

Alemaña desenvolveu unha política de expansión territorial coa idea de crear un grande imperio.

Page 28: Crise e guerra

Expansionismo xaponés

en Asia

Page 29: Crise e guerra

Esta política expansionista apoiouse en tratados internacionais de apoio mutuo.

En 1936, Alemaña asinou unha alianza con Italia, coñecida como o Eixe Roma-Berlín. Esta renovouse en 1939 co nome de Pacto de Aceiro.

Alemaña asinou con Xapón o Pacto Antikomintern en 1936.

Francia e Gran Bretaña mantivéronse á marxe destas alianzas.

Para evitar que a URSS se aliase con Francia e Gran Bretaña para axudar a Polonia, Hitler asinou con Stalin o Pacto Xermano-Soviético.

Page 30: Crise e guerra
Page 31: Crise e guerra

AS VITORIAS DO EIXE (1939-42)Coa invasión de Polonia, Hitler iniciou a guerra

lóstrego, que permitiu o ataque sorpresa e avanzar con rapidez. Polonia afundiuse e o país dividiuse entre Alemaña e a URSS.

En 1940, os exércitos alemáns invadiron a meirande parte de Europa Occidental.

Page 32: Crise e guerra

A aviación alemá bombardeou os portos e cidades británicos: foi a Batalla de Inglaterra.

Hitler desencadeou a Batalla do Atlántico para bloquear as Illas Británicas.

En 1941, coa Operación Barbarrosa atacou Rusia.

Page 33: Crise e guerra

A ocupación nazi tiña como obxectivo o sometemento dos territorios europeos en beneficio de Alemaña.

En función disto, os nazis organizaron os territorios conquistados en rexións incorporadas ao Reich, rexións colonizadas e Estados satélites.

A ocupación significou tamén a extensión do terror e a represión sobre a poboción sometida. Os alemáns atoparon colaboracionistas entre a poboación civil.

A Gestapo e mais as SS implantaron un réxime de violencia e terror sobre a poboación. A persecución foi dura para os xudeus no chamado Holocausto.

Page 34: Crise e guerra
Page 35: Crise e guerra

O TRIUNFO ALIADO (1942-45)En xuño de 1942, a situación da guerra virou cando a

URSS e Estados Unidos reforzaron os aliados.

Os estadounidenses frearon os xaponeses no Pacífico (Batalla de Midway) e os británicos aos alemáns no Norte de África (El-Alamein).

O primeiro gran fracaso de Hitler tivo lugar en Stalingrado.

A partir deste momento, os aliados comezaron a súa ofensiva.

Co desembarco estadounidense en Normandía (1944) entraron en Europa moitos soldados. Os angloamericanos avanzaron desde o Oeste e os rusos polo Leste.

Hitler suicidouse en 1945 e Alemaña capitulou.

Page 36: Crise e guerra

AS CONFERENCIAS DE PAZOs tres grandes aliados (Gran Bretaña, Estados

Unidos e a URSS) reuníronse por primeira vez na Conferencia de Teherán (1943).

A segunda conferencia foi a de Ialta (febreiro de 1945), onde se decidiu a eliminación do réxime nazi en Alemaña.

A terceira conferencia foi a de Potsdam (agosto de 1945), onde se estableceu a liña Oder-Neisse como a fronteira entre Alemaña e Polonia.

Na Conferencia de París (1946) elaboráronse os tratados de paz co resto de aliados de Alemaña.

Page 37: Crise e guerra
Page 38: Crise e guerra

A ONU (Organización das Nacións Unidas) fundouse na Conferencia de San Francisco (1945) para substituír a Sociedade de Nacións.

A nova organización contou con 46 Estados fundacionais e o seu obxectivo era o mantemento da paz e da seguridade internacional, así como a cooperación entre as nacións.

Na ONU, todos os Estados membros están representados na Asemblea Xeral e para adoptar unha decisión é necesaria unha maioría de dous terzos.

Tamén existe un Consello de Seguridade.