comedia de outono a o rei dos belgas · 2018. 9. 20. · o rei debe volver de inmediato para salvar...

1
Comedia de Outono Sesión do 3 de outubro de 2018 a O rei dos belgas King of the Belgians. Bélxica, 2016. Cor, 93 min. Comedia dramática | Dirección e guión: Peter Brosens & Jessica Woodworth | Fotografía: Ton Peters | Elenco: Peter Van den Begin (Nicolás III), Lucie Debay (Louise), Titus De Voogdt (Carlos), Bruno Georis (Ludovic), Goran Radakovic (Dragan) | Produción: Bo Films, Entre Chien et Loup SINOPSE a O rei dos belgas está de visita oficial en Istambul cando Bélxica colapsa. O rei debe volver de inmediato para salvar o seu reino. Pero unha tor- menta fai pechar o espazo aéreo e as comunicacións. Coa axuda dun ci- neasta inglés e un grupo de músicos búlgaros, o rei e o seu séquito logran cruzar a fronteira de incógnito. Ago- ra comezará para el unha odisea a través dos Balcáns na que descubrirá o mundo de verdade. ENTREVISTA AOS DIRECTORES Como naceu a idea do filme? Peter: Todo empezou cun artigo do New York Times sobre a epopea do presidente de Estonia, bloqueado en Istambul con motivo dunha visita oficial cando tivo lugar a erupción do Eyjafjallajökull. Necesitaba regresar a Tallín con urxencia e a súa contor- na improvisou unha pequena viaxe en autobús a través dos Balcáns e para volver. Era unha historia magní- fica. Decidimos substituír ao presi- dente por un rei e o volcán por unha tormenta solar. Jessica: O rei e o seu séquito caen na invisibilidade, o illamento e o anonimato. Paralelamente, estaba- mos a rozar o paroxismo coa crise política belga e esta mestura de ele- mentos concretouse rapidamente na figura dun rei inmobilizado na outra punta de Europa que debe empren- der unha odisea física e interior. A partir deste feito, que dirección querían tomar: unha ficción políti- ca, unha ucronía, unha película de anticipación? Jessica: Decatámonos da amplitude metafórica da fita co tema da in- migración pero non anticipamos a crise dos refuxiados, ocorrida cando estabamos en plena montaxe, nin tampouco o Brexit ou o golpe de es- tado en Turquía. Todas esas resonan- cias viñeron enriquecer a percepción da película. A prioridade non era en absoluto facer un filme político se- nón seguir a un home que se fai cargo do seu destino. Peter: Tamén por iso un rei era máis interesante que un presidente porque nace rei, non ten elección. A súa emancipación e a súa identi- dade atópaas no anonimato. Jessica: E, talvez, a posibilidade de converterse nun xefe de Estado ex- traordinario! Gustábanos esa di- mensión tráxica dun home cuxo destino escriben outros e que deci- de cambiar o seu camiño. A primeira escena marca o ton da obra. Tiñan intención de partida de brindar ese tratamento docu- mental do tema e esa ruptura có- mica? Peter: Queriamos facer un mocku- mentary , efectivamente. Trátase dun regreso ás orixes, posto que vi- mos do documental, pero era difícil crear unha imaxe documental cun equipo dedicado á ficción. Jessica: O cómico é moi duro. Ha- bía que atopar o equilibrio e conse- guir que os personaxes e a situación permanecesen cribles na pantalla. Para iso, había que xogar sinxela- mente, ancorados na realidade, e entregarse ao absurdo das situa- cións. Era unha das claves emo- cionais. Cal é a súa visión da monarquía? Peter: É un dos poucos símbolos na- cionais nun país tan dividido. Paré- ceme que ademais do rei só temos o chocolate e a cervexa. O que ve- mos é unha viaxe ao corazón de Europa a través dos Balcáns e iso tamén ten un significado, lémbra- nos a fraxilidade das sociedades eu- ropeas. En Bélxica parece que nun- ca se ten en conta que ás veces os conflitos derivan en sangue. É a be- leza e a vulnerabilidade de Europa. E da política do seu país? Peter: O problema de Bélxica, co- mo adoita ocorrer, é unha historia de ricos e pobres. En Flandes din que están fartos de pagar a Valonia que son uns vagos e etc. Na película dámoslle a volta e son os valóns os que declaran a independencia. Na realidade, os flamencos din que o rei dos belgas é francés e rinse dao xeito en que fala o seu idioma cando un valón nunca riría do rei. Xogamos cos tópicos para darlles a volta por- que ese conflito entre rexións ricas e pobres é bastante habitual en moi- tos países. En calquera caso, Bélxica nunca foi un país moi serio. Sempre é divertido rirse dos belgas. Que queren amosar nos seus filmes? Peter: Temos a intención de facer cinema que debería ser experimen- tado con todos os sentidos. Tal e co- mo experimentas a música, a poesía ou a pintura. Idealmente, as nosas películas son unha forma de acadar certo estado de ánimo. Pero isto só é posible se o espectador é un par- ticipante activo no proceso creativo, non só un consumidor. Como é o seu proceso creativo en parella? Peter: O que podo dicir é que a for- ma en que Jessica e eu aprendemos a facer todo foi por nós mesmos: conceptualizamos, investigamos, es- cribimos, diriximos, producimos e lanzamos as nosas películas xuntos. É moi intenso, pero tamén moi gra- tificante. E ao xestionar todo o pro- ceso nós mesmos, reducimos a canti- dade de intermediarios, melloramos a nosa independencia e salvagarda- mos a nosa liberdade artística. Pero toca estar preparado para asumir riscos. Como foi a carreira do filme? Peter: A fita empezou o seu perco- rrido en Venecia e participou nunha vintena de festivais. Estreouse en Xapón, Rusia, Turquía, Italia, Espa- ña, a República Checa e os países bálticos. Tamén se vendeu en Turk- menistán pero non en Bélxica. Debe de tratarse do paradoxo belga! Luns 8: Caras e lugares · A Varda & J René | Mércores 10: A gran enfermidade do amor · M Showalter

Upload: others

Post on 12-Mar-2021

77 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comedia de Outono a O rei dos belgas · 2018. 9. 20. · O rei debe volver de inmediato para salvar o seu reino. Pero unha tor-menta fai pechar o espazo aéreo e as comunicacións

Comedia de OutonoSesión do 3 de outubro de 2018 a O rei dos belgas

King of the Belgians. Bélxica, 2016. Cor, 93 min. Comedia dramática | Dirección e guión: Peter Brosens & JessicaWoodworth | Fotografía: Ton Peters | Elenco: Peter Van den Begin (Nicolás III), Lucie Debay (Louise), Titus DeVoogdt (Carlos), Bruno Georis (Ludovic), Goran Radakovic (Dragan) | Produción: Bo Films, Entre Chien et Loup

SINOPSEa

O rei dos belgas está de visita oficialen Istambul cando Bélxica colapsa. Orei debe volver de inmediato parasalvar o seu reino. Pero unha tor-menta fai pechar o espazo aéreo eas comunicacións. Coa axuda dun ci-neasta inglés e un grupo de músicosbúlgaros, o rei e o seu séquito lograncruzar a fronteira de incógnito. Ago-ra comezará para el unha odisea através dos Balcáns na que descubriráo mundo de verdade.

ENTREVISTA AOS DIRECTORES

Como naceu a idea do filme?Peter: Todo empezou cun artigo doNew York Times sobre a epopea dopresidente de Estonia, bloqueado enIstambul con motivo dunha visitaoficial cando tivo lugar a erupción doEyjafjallajökull. Necesitaba regresara Tallín con urxencia e a súa contor-na improvisou unha pequena viaxeen autobús a través dos Balcáns epara volver. Era unha historia magní-fica. Decidimos substituír ao presi-dente por un rei e o volcán por unhatormenta solar.Jessica: O rei e o seu séquito caenna invisibilidade, o illamento e oanonimato. Paralelamente, estaba-mos a rozar o paroxismo coa crisepolítica belga e esta mestura de ele-mentos concretouse rapidamente nafigura dun rei inmobilizado na outrapunta de Europa que debe empren-der unha odisea física e interior.

A partir deste feito, que direcciónquerían tomar: unha ficción políti-ca, unha ucronía, unha película deanticipación?Jessica: Decatámonos da amplitudemetafórica da fita co tema da in-migración pero non anticipamos acrise dos refuxiados, ocorrida candoestabamos en plena montaxe, nintampouco o Brexit ou o golpe de es-tado en Turquía. Todas esas resonan-cias viñeron enriquecer a percepciónda película. A prioridade non era en

absoluto facer un filme político se-nón seguir a un home que se faicargo do seu destino.Peter: Tamén por iso un rei eramáis interesante que un presidenteporque nace rei, non ten elección.A súa emancipación e a súa identi-dade atópaas no anonimato.Jessica: E, talvez, a posibilidade deconverterse nun xefe de Estado ex-traordinario! Gustábanos esa di-mensión tráxica dun home cuxodestino escriben outros e que deci-de cambiar o seu camiño.

A primeira escena marca o ton daobra. Tiñan intención de partidade brindar ese tratamento docu-mental do tema e esa ruptura có-mica?Peter: Queriamos facer un mocku-mentary, efectivamente. Trátasedun regreso ás orixes, posto que vi-mos do documental, pero era difícilcrear unha imaxe documental cunequipo dedicado á ficción.Jessica: O cómico é moi duro. Ha-bía que atopar o equilibrio e conse-guir que os personaxes e a situaciónpermanecesen cribles na pantalla.Para iso, había que xogar sinxela-mente, ancorados na realidade, eentregarse ao absurdo das situa-cións. Era unha das claves emo-cionais.

Cal é a súa visión da monarquía?Peter: É un dos poucos símbolos na-cionais nun país tan dividido. Paré-ceme que ademais do rei só temoso chocolate e a cervexa. O que ve-mos é unha viaxe ao corazón deEuropa a través dos Balcáns e isotamén ten un significado, lémbra-nos a fraxilidade das sociedades eu-ropeas. En Bélxica parece que nun-ca se ten en conta que ás veces osconflitos derivan en sangue. É a be-leza e a vulnerabilidade de Europa.

E da política do seu país?Peter: O problema de Bélxica, co-mo adoita ocorrer, é unha historiade ricos e pobres. En Flandes din

que están fartos de pagar a Valoniaque son uns vagos e etc. Na películadámoslle a volta e son os valóns osque declaran a independencia. Narealidade, os flamencos din que orei dos belgas é francés e rinse daoxeito en que fala o seu idioma candoun valón nunca riría do rei. Xogamoscos tópicos para darlles a volta por-que ese conflito entre rexións ricase pobres é bastante habitual en moi-tos países. En calquera caso, Bélxicanunca foi un país moi serio. Sempreé divertido rirse dos belgas.

Que queren amosar nos seusfilmes?Peter: Temos a intención de facercinema que debería ser experimen-tado con todos os sentidos. Tal e co-mo experimentas a música, a poesíaou a pintura. Idealmente, as nosaspelículas son unha forma de acadarcerto estado de ánimo. Pero isto sóé posible se o espectador é un par-ticipante activo no proceso creativo,non só un consumidor.

Como é o seu proceso creativo enparella?Peter: O que podo dicir é que a for-ma en que Jessica e eu aprendemosa facer todo foi por nós mesmos:conceptualizamos, investigamos, es-cribimos, diriximos, producimos elanzamos as nosas películas xuntos.É moi intenso, pero tamén moi gra-tificante. E ao xestionar todo o pro-ceso nós mesmos, reducimos a canti-dade de intermediarios, melloramosa nosa independencia e salvagarda-mos a nosa liberdade artística. Perotoca estar preparado para asumirriscos.

Como foi a carreira do filme?Peter: A fita empezou o seu perco-rrido en Venecia e participou nunhavintena de festivais. Estreouse enXapón, Rusia, Turquía, Italia, Espa-ña, a República Checa e os paísesbálticos. Tamén se vendeu en Turk-menistán pero non en Bélxica. Debede tratarse do paradoxo belga!

Luns 8: Caras e lugares · A Varda & J René | Mércores 10: A gran enfermidade do amor · M Showalter