1. as polis gregas 2. a colonización grega 3. atenas e ......2019/09/09  · destacaron atenas,...

20
1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e Esparta 4. As guerras dos gregos 5. O imperio de Alexandre o Magno 6. Relixión, cultura e arte

Upload: others

Post on 27-Nov-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

1. As polis gregas

2. A colonización grega

3. Atenas e Esparta

4. As guerras dos gregos

5. O imperio de Alexandre o Magno

6. Relixión, cultura e arte

Page 2: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

132

1. AS POLIS GREGASO termo de Hélade refírese tanto ao conxunto de helenos ou gre-gos como ao territorio que eles habitaron: o núcleo orixinario é a península grega e as costas de Asia que están fronte a ela e, poste-riormente, as zonas colonizadas, especialmente o sur da península italiana e a illa de Sicilia. Os seus habitantes non formaron parte dun estado, pero sentíanse unidos porque falaban a mesma lingua, tiñan as mesmas divindades, os mesmos gustos artísticos...

Desde o século VIII a.C. na Hélade foi desenvolvéndose unha ci-vilización que compartían numerosa cidades-estado, as polis (do grego polis, cidade). Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan:

• Eran independentes e gobernábanse con institucións propias.

• Estaban formadas por un territorio que abarcaba aldeas, cida-des pequenas e un centro urbano principal, que era onde estaba o goberno da polis. Nas polis destacaba o espazo da ágora, unha especie de gran praza, que era o centro administrativo, re-lixioso e comercial e onde se reunían as asembleas populares.

• Os habitantes das polis podían ser libres ou escravos. Os libres podían ser cidadáns ou non cidadáns. Unicamente os varóns que gozaban da categoría de cidadáns (os fillos de pai cidadán) podían participar nas asembleas políticas, ser membros dos tri-bunais de xustiza, ocupar cargos públicos e posuír terras. Os non cidadáns (metecos) non tiñan dereitos políticos e dedicá-banse ao comercio e ás actividades artesanais, pois non podían posuír terras.

• Os sistemas de goberno das polis foron varios: monarquía (a máxima autoridade está exercida por un rei); oligarquía (goberno en mans dun reducido número de familias que controla o poder); democracia (todos os cidadáns exercían o poder, ben directa-mente ou a través da elección de representantes).

• Os enfrontamentos entre as polis foron frecuentes, debido ao intento de dominio dunhas sobre as outras: Atenas enfrontouse a Esparta e Esparta enfrontouse a Tebas. Pero tamén houbo mo-mentos en que a maioría do mundo helénico estivo unido fronte a invasores estranxeiros, como sucedeu durante as guerras con-tra os persas (guerras médicas).

Page 3: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

133

1. Que zonas xeograficas comprendía a Hélade? .......................

.................................................................................................

.................................................................................................

Para coñecer mellor os trazos da civilización grega podes ver este vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=cyvNgDMZEdw&feature=channel

2. Formaron os gregos, na antigüidade, un estado único? Razoa a resposta. ...............................................................................

.................................................................................................

3. Que era unha polis? .................................................................

.................................................................................................

4. Que era e que función tiña a ágora? ........................................

.................................................................................................

5. Cal destas afirmacións é falsa?

Algúns varóns libres eran cidadáns

As mulleres podían ser cidadás

Os escravos non tiñan ningún dereito

Os non cidadáns non podían posuír terras

6. As polis gregas non tiveron todas o mesmo sistema de goberno. Emparella o sistema coa súa definición.

Monarquía •Un reducido número de familias controla o poder

Oligarquía •A máxima autoridade está exercida por un rei

Democracia •Os cidadáns exercen o poder

Page 4: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

134

2. A COLONIZACIÓN GREGA

Entre os séculos VIII e VI a.C. numerosas polis iniciaron expedicións para fundar colonias nas beiras do Mediterráneo, ampliando así o ámbito da civilización grega.

Por que emigraron os gregos?

• Pola insuficiencia de recursos necesarios no seu territorio, especialmente agrícolas, debido ao relevo montañoso e ao clima pouco propicio, de xeito que os gregos tiveron que buscar novas terras nas que establecerse.

• Por intereses comerciais, que estimularon as expedicións colonizadoras, favorecidas pola construción de barcos máis seguros e capaces.

• Por razóns xurídicas e políticas, pois era un xeito de cambiar a condición das persoas. Por exemplo: os que emigraban da súa polis para non converterse en escravos se non pagaban as débedas, ou os que escapaban das súas cidades ante unha invasión ou conquista estranxeira.

As colonias gregas eran territorios que non dependían politicamente da polis que as fundaban, aínda que sempre mantiveron coa cidade da que saíron os fundadores lazos de carácter afectivo, cultural e comercial. Moitas das colonias eran de tipo agrario, pero tamén houbo outras especializadas na actividade comercial

• Para fundar unha colonia seguíase case sempre o seguinte procedemento: elixir un lugar con auga potable na costa, de fácil defensa –unha illa, un cabo, unha península-, ou un porto natural –para poder desembarcar con facilidade e protexer os barcos-. Se a colonia prosperaba, ampliábase o espazo a construír cara ao interior.

• O período de maior ímpeto colonizador foi o comprendido entre os anos 750 e 675 a.C. A colonización grega foi especialmente intensa na illa de Sicilia e no sur da península italiana, territorio que se coñece como a Magna Grecia. Como consecuencia da presenza grega estendeuse a súa civilización, con avances técnicos e culturais como o uso do ferro, a moeda, o alfabeto, o urbanismo e as formas e gustos artísticos.

Page 5: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

135

7. Que razóns explican a colonización grega? Identifica as africa-cións verdadeiras (V) e as falsas(F):

A necesidade de buscar minas de prata Os intereses comerciais Poder cambiar de condición xurídica O afán de descubrir novas terras O interese por coñecer novas xentes A necesidade de buscar terras agrícolas

8. Por que o sur de Italia e Sicilia era coñecida como a Magna Grecia? .....................................................................................

.................................................................................................

A colonización grega (séculos VIII-VI a.C.).

9. Que tipo de relación tiñan as colonias coa cidade fundadora da que partían as expedicións dos colonizadores? ......................

.................................................................................................

10. Entre que datas tivo lugar o período de máxima actividade colo-nizadora dos gregos? Que medios empregaron para trasladarse desde a polis á colonia? Une con frechas a resposta correcta.

S.X-Va.C. •PormarencanoasS.VII-IIa.C. •PorterraencarrosecaravanasS.VIII-VIa.C. •PormarenbarcosdevelaeremosS.VI-Va.C. •Pormarenbarcosdevapor

Page 6: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

136

3. ATENAS E ESPARTAAtenas e Esparta representan os dous tipos de sistema político máis ca-racterísticos da antiga Grecia: a democracia e a monarquía oligárquica.

A democracia ateniense

Durante os séculos V e IV a.C, a polis de Atenas viviu un período de gran desenvolvemento económico, político, literario e artístico que a converteu na máis representativa de todo o mundo grego. O seu nome está relacionado coa deusa protectora, Atenea, a deusa da sabedoría.

Durante o mandato de Pericles (443-429 a.C.) perfeccionouse o siste-ma político da democracia (goberno do pobo, demos en grego), carac-terizado por:

• A intervención directa dos cidadáns (soamente os varóns e fillos de pai e nai ateniense), nas decisións de goberno mediante a partici-pación en asembleas.

• Elección nas asembleas, por designación ou sorteo, dos cargos públicos: maxistrados, Consello ou Boulé e tribunais de xustiza.

• Igualdade de palabra de todos os cidadáns, é dicir, que calquera con esa condición podía intervir nas asembleas, con independencia da súa categoría social ou nivel de riqueza, votando as decisións e defendendo as súas propostas.

• Establecemento do ostracismo, un sistema polo que se condenaba ao exilio, durante 10 anos, a calquera cidadán sospeitoso de ir contra o sistema democrático; os cidadáns escribían o nome nun anaco de cerámica (ostracon) e, se había maioría, obrigábaselle a abandonar a cidade. Destacados atenienses foron condenados por este sistema (Temístocles, Cimón, Tucídides).

A oligarquía espartana

Esparta estivo rexida por unha monarquía controlada pola oligarquía que funcionaba coas seguintes institucións:

• A monarquía, exercida por dous reis (diarquía), con función relixio-sa e militar.

• Un consello de anciáns –a Gerusía– controlado pola oligarquía es-partana, é dicir, unhas poucas familias que controlan o poder.

• A asemblea popular, formada polos cidadáns espartanos, que elixía a cinco cidadáns –éforos– encargados de defensa da oligarquía fron-te aos reis e os habitantes da polis, libres pero sen dereitos (periecos e ilotas).

• Esparta destacou pola ríxida disciplina que impoñía a todos os habi-tantes, especialmente aos cidadáns, que eran educados directamen-te polo estado espartano nun réxime militarista desde os 14 anos.

Page 7: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

137

11. Como se denomina o sistema político de Atenas? E o de Es-parta? .......................................................................................

.................................................................................................

12. Cal é a principal diferenza, desde o punto de vista da participación política, entre a democracia ateniense e a actual? ..................

.................................................................................................

13. Cales son as características da demo-cracia ateniense? .................................

.............................................................

.............................................................

.............................................................

14. Une con frechas o que corresponda a Atenas e a Esparta

Monarquía •ATENASOstracismo ArconteDemocracia •ESPARTAÉforoMetecoGerusíaBoulé

Pericles.

Acrópole de Atenas.

Page 8: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

138

4. AS GUERRAS DOS GREGOSAs polis gregas viviron dous tipos de guerras: as que as enfrontaban a un inimigo común (os persas) e as de enfrontamentos mutuos, entre as propias polis.

Gregos contra persas

Estas guerras, coñecidas como as guerras médicas (pola zona de Asia –Media– orixinaria dos persas), tiveron lugar entre o 500 e o 479 a.C. A súa orixe está na conquista das polis gregas de Asia polos persas; as polis de Asia pediron axuda ás de Europa; Atenas respondeu e acudiu, pero a expedición fracasou. Entón, as polis gregas formaron unha fronte común ante os persas e, na batalla de Maratón, lograron a vitoria (490 a.C.).

Pero os persas organizaron unha nova expedición; atacaron e arrasaron Atenas, pero os atenienses lograron derrotar a escuadra persa en Salamina e Platea (480, 479 a.C.), de xeito que os persas abandonaron, definitivamente, o territorio grego.

As polis gregas recoñeceron o esforzo realizado por Atenas e esta, aproveitando as circunstancias, formou con outras cidades a Liga de Delos (477 a.C.), así chamada porque no templo de Apolo, na illa de Delos, era onde se gardaba o fondo coas achegas das polis aliadas.

Cando o perigo persa desapareceu definitivamente, algunhas das polis quixeron separarse da Liga, pero entón Atenas non o permitiu; castigou os rebeldes, trasladou o tesouro de Delos a Atenas e impuxo o seu dominio, iniciando a etapa que se coñece como o imperialismo ateniense, convertida na primeira potencia política e económica da Hélade. Foron os anos nos que Pericles dirixiu a cidade de Atenas e na que, especialmente na súa parte máis elevada, a acrópole, foi embelecida con novos edificios sufragados, en gran parte, polo tesouro de Delos, ao tempo que intelectuais e artistas de toda a Hélade facían da cidade a escola de Grecia.

Esparta contra Atenas

Esparta non tolerou a superioridade de Atenas, de xeito que se iniciaron as guerras do Peloponeso (431-404 a.C.), así chamadas porque o escenario foi esa península do sur de Grecia, onde estaba Esparta.

Os atenienses refuxiáronse dentro da murallas da cidade e lograron resistir durante un tempo, pero acabou sendo derrotada. Finalizaba así o dominio ateniense e comezaba o da hexemonía de Esparta (399-371 a.C.). Pero a alianza de Atenas, Tebas, Corinto, Argos, contando co apoio dos persas, provocou novas guerras que remataron coa derrota de Esparta e a fin da súa hexemonía.

Page 9: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

139

15. Que tipos de guerras tiveron lugar na Hélade? .......................

.................................................................................................

.................................................................................................

16. Quen se enfrontaron nas guerras mé-dicas? Cal foi o resultado? Podes com-prender mellor estas guerras vendo este vídeo:http://www.youtube.com/watch?v=qMi47vupNj0&feat

ure=channel ..............................................

..............................................................

..............................................................

..............................................................

17. Maratón foi o lugar dunha batalla, pero hoxe empregamos este termo para referirnos ao deporte. En que consiste un maratón? Logo de ler este texto, responde: que relación existe entre Maratón (batalla) e maratón (deporte).

O soldado grego Filípides faleceu no ano 490 a.C. tras percorrer á carreira os 40 Km que separan Maratón de Atenas para anunciar á cidade a vitoria

sobre os persas.

18. Que cidades foron as grandes rivais nas guerras do Peloponeso? De quen foi a vitoria? ...............................................................

.................................................................................................

19. Aínda que Pericles non viviu un século, fálase do Século de Pericles. Por que se denomina así ao período de máximo esplendor da Atenas clásica? Amplía a información en: http://www.youtube.com/watch?v=bf-5uNp2qWc&feature=channel

.................................................................................................

Leónidas, rei espartano morto na batalla das

Termópilas contra os persas.

Page 10: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

140

5. O IMPERIO DE ALEXANDRE O MAGNOA mediados do século IV a.C., un reino situado ao norte da Hélade, Macedonia, iniciou unha época de conquistas coas que formou o maior imperio coñecido ata entón.

Macedonia domina a HéladeO rei Filipo II de Macedonia proxectou a conquista de novas terras para engrandecer o seu reino. Para iso contaba cunha poderosa organización militar, a falanxe, formada por soldados de infantería armados de longas lanzas e un pequeno escudo, cabalería e máquinas de guerra para asal-tar as cidades. Aproveitando a debilidade das polis gregas, enfrontadas entre elas e debilitadas polas guerras, Filipo dominou a Hélade.

O imperio de Alexandre o MagnoA Filipo sucedeu seu fillo Alexandre (336 a.C.), quen continuou o proxecto de ampliar o dominio de Macedonia. Educado polo filósofo grego Aristóteles, con tan só 20 anos, dirixiu un exército que avanzaba vitoria tras vitoria ata chegar ao río Indo, internándose, cara ao norte, nas montañas do Himalaia. Un motín das tropas, que non querían se-guir avanzando, obrigou a Alexandre a iniciar o retorno. En Babilonia, mentres planificaba novas expedicións polo Mediterráneo, faleceu aos 33 anos como consecuencia dunhas febres (323 a.C.). Tras a morte de Alexandre, os seus xenerais repartíronse o imperio.

Para dar maior cohesión ao seu imperio, Alexandre estableceu medi-das como: o emprego dunha lingua común, o grego; a implantación dun sistema monetario baseado na moeda de Atenas; a fundación dunhas 70 cidades que se converteron en centros de irradiación da cultura he-lénica; a construción de numerosas estradas e canais...

O HelenismoÉ o período comprendido entre a formación do imperio de Alexandre o Magno e a conquista romana de Exipto (30 a.C.), e que se caracteriza pola expansión da civilización grega e a fusión de elementos gregos e orientais.

Os principais centros de difusión do helenismo foron as cidades (moi-tas delas chamadas Alexandría en honor do seu fundador), construídas seguindo o modelo do urbanismo grego (plano en cuadrícula) e nas que se levantaron os edificios característicos das polis gregas (teatro, ágora, ximnasio...). Como centros culturais destacaron algunhas xa existentes, como Atenas e Pérgamo e outras novas, especialmente a Alexandría de Exipto, onde se fundou a gran biblioteca na que se gar-daban milleiros de manuscritos. As bibliotecas eran centros culturais onde desenvolveron a súa actividade os científicos e filósofos.

Page 11: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

141

20. En que se baseaba o poder militar dos macedonios? Onde es-taba situado este reino? ...........................................................

..................................................................................................

21. Fíxate no mapa e, logo de ver e escoitar este breve vídeo: http://

www.youtube.com/watch?v=nzCB7qjMDXE&feature=fvw, responde: Cres que é merecido o sobrenome de Magno ou Grande? Por que? .....

.................................................................................................

O imperio de Alexandre o Magno.

22. Que medidas estableceu Alexandre o Magno para dar maior cohesión ao seu imperio? ........................................................

..................................................................................................

23. Que é o helenismo? Entre que datas se desenvolveu? ...........

.................................................................................................

..................................................................................................

Page 12: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

142

6. RELIXIÓN, CULTURA E ARTE

En Grecia naceron a ciencia e a filosofía que constitúen a base da civilización europea actual. Tamén foi en Grecia onde naceron novos xéneros literarios, ademais de novos conceptos artísticos e relixiosos.

Deuses e heroes

Os gregos renderon culto a numerosas divindades que contro-laban as forzas da natureza e o destinos dos humanos. A carac-terística máis destacada desta relixión é o seu antropomorfismo (de antropos, home e morfé, forma), é dicir, que os deuses eran representados con formas humanas e, ademais, nas súas rela-cións comportábanse como humanos, cos seus vicios (celosos, vingativos, infieis) e virtudes (amantes, protectores, benévolos), pero inmortais e todopoderosos. Os principais santuarios eran o de Delfos, en honor de Apolo, e o de Olimpia, en honor de Zeus, onde celebraban as competicións atléticas ás que asistían repre-sentacións de todo o mundo grego (xogos olímpicos).

Os gregos tamén crían na adiviñación e nos oráculos, que eran mensaxes que os deuses enviaban aos humanos, xeralmente can-do estes lles preguntaban sobre algunha cuestión de importancia, como o momento propicio para o inicio dunha guerra ou do inicio dunha expedición colonizadora. O máis importante foi o oráculo de Delfos, no monte Parnaso, onde o deus Apolo falaba a través da pitonisa (sacerdotisa que emitía mensaxes estrañas que interpre-taban os sacerdotes).

Os gregos tamén crían nos heroes, que eran uns personaxes mi-tolóxicos fillos dunha divindade e dun mortal. Algúns foron moi po-pulares, como Hércules e Aquiles.

Para os gregos era unha obriga inescusable enterrar os mortos e realizar ritos funerarios, porque senón as almas vagarían erran-tes eternamente, sen descansar en paz. Ao defunto colocábaselle unha moeda na boca para pagar a Caronte, o barqueiro que le-vaba as almas ao outro lado da lagoa Aquerusia. Os cadáveres eran inhumados ou incinerados en tumbas que estaban colocadas xeralmente ao longo dos camiños.

Page 13: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

143

24. Fíxate neste cadro e indi-ca quen era a divindade da guerra, do mar, do amor e da sabedoría.

25. Nestes cadros figuran algúns dos máis destacados filósofos, escritores, científicos e inventores do mundo grego. Selecciona un deles e redacta unha breve biografía consultando a Internet ou enciclopedias.Filósofos e escritores

FILOSOFÍATEATRO

POESÍA HISTORIATraxedias Comedias

Sócrates

Platón

Aristóteles

Esquilo

Sófocles

Eurípides

Aristófanes Homero

Píndaro

Safo

Herodoto

Tucídides Xenofonte

Inventores e científicos

Avances no coñecemento da Terra

Eratóstenes, Hiparco, Anaxágoras, Aristarco de Samos

Matemáticas e Física Tales de Mileto, Pitágoras, Euclides, Arquímedes

Medicina Hipócrates

Invención de máquinas Arquímedes

Page 14: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

144

BELEZA E HARMONÍA NAS ARTES PLÁSTICAS

Na arte grega destacan tres características: beleza nas formas, equili-brio e harmonía entre as partes, e a preocupación pola representación humana. O filósofo Protágoras sintetizaba a idea desta cultura antropo-céntrica: O home é a medida de todas as cousas.

Arquitectura e urbanismo

Tipo de cubertas dos edificios Planos. Arquitectura alinteladaOrdes arquitectónicas Dórica, xónica, corintiaMateriais de construción Pedra calcaria e mármore

Edificios máis significativos

• Templo: gardaba a estatua do deus. A maioría eran de planta rectangular, con cuberta a dúas augas e columnas nas frontes. Polo xeral ían construídos sobre unha plata-forma graduada de tres niveis.

• Teatro: formado por bancadas en semicírculo e un espa-zo circular onde actuaban os actores.

Plano das cidades Hipodámico: deseñado por Hipódamo de Mileto. Cruzaba as rúas en ángulo recto, destacando un centro –ágora- onde se instalaba o mercado e os principais edificios públicos.

Pintura e cerámicaPracticamente non se conserva nada da pintura grega sobre outro soporte que non sexa a cerámi-ca. A pintura presenta características similares á escultura en canto ao tratamento das figuras (na-turalismo, beleza, proporción, harmonía) e dos te-mas (mitolóxicos, representación de deuses e heroes actuando coma os humanos). A cerámi-ca ofrece dúas modalidades básicas: figuras negras sobre fondo marelo e figuras mare-las sobre fondo negro.

Cerámicas de figuras marelas (esquerda) e de figuras negras (abaixo).

Esquema da plantadun templo grego.

Page 15: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

145

26. Debuxa, no teu caderno, os capiteis característicos das tres or-des arquitectónicas gregas, indicando as partes de que cons-tan.

As ordes arquitectónicas gregas.

27. O Partenón, na acrópole de Atenas, era un templo dedicado á deusa Atenea, protectora da cidade. Observa a ilustración e responde: con que orde arquitectónica foi construído? ...........

.................................................................................................

.................................................................................................

.................................................................................................

Para coñecer mellor esta obra de arte podes ver o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=DIuerSnaREU&feature=channel

Partenón de Atenas, templo dedicado a

Atenea (Ictino e Calícrates).

Page 16: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

146

Escultura

Na escultura é onde mellor se poden apreciar os obxectivos dos artistas gregos: representar a beleza, a proporción, a anatomía e o movemento da figura humana. Por iso os personaxes representados (divindades, heroes, atletas) están case sempre espidos, para que o escultor poida mostrar con mestría a anatomía. A maioría das esculturas son de vulto redondo, é dicir, que se poden ver desde diferentes ángulos (están exentas). Os materiais empregados son o mármore e o bronce.

Kouros. Son representacións de atletas inmortalizados a través da escultura; van espidos, en actitude de avanzar e esbozan un sorriso (forzando a comisura dos labios) característico da escultura arcaica do século VI a.C.

Métopa do Partenón (Fidias). Loita entre centauros (figuras mitolóxicas con corpo de home e cabalo) e os lapitas.

Nike desatándose unha sandalia (Fidias). A técnica de panos mollados permite que se

transparente a anatomía da figura vestida.

Koré. Figuras femininas vestidas, que posiblemente representan

unha deusa ou sacerdotisa. Igual que os kouros, pertencen ás etapas iniciais da arte grega.

Entre os escultores máis destacados están Fidias, Policleto, Mirón, Praxiteles e Lisipo.

Page 17: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

Actividades

147

28. Observa o Kouros, o Diadúmeno e o Apoxiomeno e anota as diferenzas que atopas entre elas. Cal cres que é máis antiga? Por que? ...................................................................................

.................................................................................................

.................................................................................................

Podes coñecer mellor a evolución da escultura grega vendo o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=GQiYuCharEM&feature=channel

29. Selecciona a obra que ti prefiras e compáraa con outra da cultura exipcia, anotando as diferenzas e similitudes.

O Diadúmeno (Policleto). O discóbolo (Mirón). Hermes con Dioniso (Praxiteles).

Apoxiomeno (copia romana) (Lisipo). Laocoonte.

Page 18: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

148

AutoavaliaciónTema 9

A Hélade

Responde a estas cuestións.

1. Formaron os gregos, na antigüidade, un estado único? Razoa a resposta. ...............................................................................

.................................................................................................

2. Que era unha polis? ................................................................. .................................................................................................

3. Cal destas afirmacións é falsa?

Algúns varóns libres eran cidadáns

As mulleres podían ser cidadás

Os escravos non tiñan ningún dereito

Os non cidadáns non podían posuír terras

4. As polis gregas non tiveron todas o mesmo sistema de goberno. Emparella o sistema coa súa definición.

Monarquía •Un reducido número de familias controla o poderOligarquía •A máxima autoridade está exercida por un reiDemocracia •Os cidadáns exercen o poder

5. Entre que datas tivo lugar o período de máxima actividade colo-nizadora dos gregos? Que medios empregaron para trasladarse desde a polis á colonia? Une con frechas a resposta correcta.S.X-Va.C. •PormarencanoasS.VII-IIa.C. •PorterraencarrosecaravanasS.VIII-VIa.C. •PormarenbarcosdevelaeremosS.VI-Va.C. •Pormarenbarcosdevapor

6. Como se denomina o sistema político de Atenas? E o de Esparta? ...................................................................................

.................................................................................................

7. Cal é a principal diferenza, desde o punto de vista da participación política, entre a democracia ateniense e a actual? ..................

.................................................................................................

Page 19: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes

149

AutoavaliaciónTema 9

A Hélade

Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o

número de: Acertos Erros

8. Quen se enfrontaron nas guerras médicas? Cal foi o resultado?

.................................................................................................

9. En que século viviu Alexandre o Magno? Contra que imperio loitou e conquistou? Que tipo de cultura foi estendendo polos territorios conquistados? Que pasou á súa morte co imperio que creara? .............................................................................. .................................................................................................

10. Que é o helenismo? Entre que datas se desenvolveu? ........... .................................................................................................

11. A que orde arquitectónica corresponden estes capiteis?

.............................................................................................

12. Une con frechas:Democracia •TemplodedicadoaAteneaGuerrasdoPeloponeso •ArquitectoeescultorFidias •Sistemadecontroldos maxistrados en AtenasPericles •GuerrasentregregosepersasGuerrasmédicas •GuerrasentreAtenaseEspartaOstracismo •MaxistradoateniensePartenón •Sistemapolíticoconparticipa- ción popular

* Como remate do tema podes facer as actividades interactivas que están neste enderezo:http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/node/3?id=3&n=7&m=20&r=455

Page 20: 1. As polis gregas 2. A colonización grega 3. Atenas e ......2019/09/09  · Destacaron Atenas, Esparta e Tebas. Entre as características comúns das polis destacan: • Eran independentes