maria lado berlin

Upload: luca-argel

Post on 18-Oct-2015

137 views

Category:

Documents


15 download

DESCRIPTION

maria lado

TRANSCRIPT

  • as ser, para que sorras

    quen ben che quere

    que che ha de facer berln.

  • e ti, que o leas.

  • na cestia da noria, o da da festa grande

    coa cidade correndo de luces baixo os nosos ps,

    un bico que estremeza

    todos os equilibrios

    iso quera

    polo meu aniversario

  • un

    este ser o teu libro para que ti nunca o saibas

    eu inventarei por iso a cidade,

    os lugares ocultos, os sitios secretos.

    crearei o aroma das camelias,

    as cancins dos msicos ambulantes,

    a herba fresca baixo os teus ps...

    eu crearei este lugar para un amor que nunca morra,

    meu pequeno de ollos mxicos,

    e a ti tamn.

    e s se amarras un globo vermello mia man

    e xuras que ser o can que camie ao noso lado,

    que ser chespir,coas sas patias de goma levitando sobre o chan,

    se o fas, se mo xuras,

    entn creareiche a ti tamn.

    para que habites no meu colo para sempre

    meu pequeno berln

  • ese ser o teu nome, porque ters un ollo de cada cor

    coma a cidade.

    e este ser o teu libro,

    para que ti nunca o saibas.

  • dous

    o libro comeza aqu.

    despois veen as palabras que eu inventei para amar

    mesmo antes

    de que ti o soubeses.

    e as barrigas das letras.

    al agochei as paisaxes que fixeron medrar o meu sorriso

    onde ti camiabas entre a xente,

    sen saber da nosa historia.

    e eu fixen destes versos unha casa

    para atoparnos.

    e os mellores momentos

    estn escritos nas paredes

    para que poidas aprendelos de memoria.

    eles sern a nosa lingua.

    e estas pxinas

    a maneira na que os teus dedos

    viaxen polo meu corpo.

  • tres

    conxugara un poema para atoparche.

    e nel eu paseaba pola cidade.

    buscaba o lugar mellor no que vernos por vez primeira.

    e prometa levarlle flores, camelias,

    anda que en realidade

    era o poema o que che levaba polo seu ventre

    e detia os teus pasos nos lugares acordados para os amantes.

    que estaban tamn no poema,

    que fala da instantnea que nos devolven os escaparates,

    da hora xusta na que acenden todas as luces,

    do ceo nas ras sen sada.

    pero sobre todo

    da sombra das rbores que atardecen, abrazados

    eu saba destes sitios polas novelas.

  • as inventara os nomes para a cor dos teus ollos

    e pouco importaban xa a cidade

    e toda a sa arquitectura antiga,

    porque non sei o teu verdadeiro nome

    pero es de certo ti

    o que move os meus cabelos co seu alento

    seino porque eu na terraza do rhin,

    e ti sorras dende o ltimo verso.

  • catro

    inventei bonaval e a nosa cama

    estaba chea de flores,

    as

    claro que non tia medo dos nichos

    e agradeca que anoitecese entre os teus brazos

    e as estrelas co seu canto de grilos

    quera dicirche:

    delicioso

    como se escribe

    o teu nome baixo as rbores.

  • cinco

    fago tempo, neste poema

    por ver se pasas polo vilar

    altura do vello casino,

    terriblemente reformado,

    e traes a chespir nunha man e

    conxuros para helio anotados no reverso da outra.

    e paras no medio da sala sorrindo

    e eu arrolarche toda a noite cos poemas mis fermosos

    -dira.

    antes de que falaras nada.

  • seis

    para ti, meu neno berln, por abrigarche

    busquei entre todos os prodixios

    os nomes que daban aos lugares encantados

    -mis fermosos que o mis doce dos poemase

    mandeinos tatuar na seda do teu corpo

    e que aprendas a pronuncialos todos, pois

    cando eu marche

    no seu murmurio

    poderemos anda abrazarnos.

    nas estancias onde a brisa escapa da cidade.

    eu, para maior entraa, desexarei ser

    de entre todos, oliveira

    o lugar secreto de pati,

    a mis clida parada.

    onde os que se aprecian habitan

    as tardes de esponxa das madalenas.

  • sete

    deixa que me deite entre ti e o ceo.

    aqu, no vern das palabras deste poema

    e que as herbias se che apeguen

    na fibra de cada verso

    e mentres

    que pase toda unha banda,

    e charangas con camisas de prata.

    que fagan unha festa mentres nos amamos.

    as,

    alameda ser

    o espacio de milsimas

    que a brisa

    atopa entre os nosos corpos.

  • oito

    pobre pequeno insomne,

    que sabe de memoria os contos de legumes e princesas

    e os nomes das ovellas todas

    e por iso le poemas de amor, para que o arrolen

    non ves que non podemos sar?

    non oes a praia baixo a nosa casa?

    que por deitar eu a cabeza no teu peito

    o mar andou detrs da la para atoparnos

    e as, chegou ata as lousas da quintana

    onde agarda todas as noites para separarnos

    e levarme dentro

    ao sitio do que eu veo

    e plidas, as horas de berenguela acompaan a marea

    que s descansa co sol do medioda.

    as foi o ocano na cidade

    -conteiche. ata que quedaches durmido.

    e bata forte na fonte dos cabalos.

  • nove

    tanto desexa a cidade

    amar a la chea

    que para ela

    garda do vern as paisaxes serenas,

    as palabras de brisa que ondean nos vestidos de fo,

    e estira as puntas das antenas e o faro da torre do reloxo

    e por iso, que dende al abaixo,

    manda fogos de artificio contra as estrelas.

    envexosa

    porque sabe

    que mil veces mil

    o teu nome

    borda a noite de bicos dourados

  • e no lugar onde a la mis engorda,

    tan grande

    que case tocas a barriga coas xemas,

    detense o firmamento. s para os amantes.

    e mil veces mil,

    sobre almciga dos das de magnolia,

    o teu nome

    e entre os teus brazos,

    aqu no ceo,

    coma en berln.

  • dez

    con lualdao

    o da abre de merceras e ultramarinos

    e ns aqu

    ao sol deste poema,

    neste anaquio de ceo que recortan as antenas,

    saudando os tellados vermellos dos vecios

    e abastos

    que toca a medioda,

    coas nosas cancins favoritas.

    mira como dende o ceo

    s sabe ser pequena

    a cidade,

    que cabe na presada de aire que prea as cortinas.

  • once

    os amigos son os que mellor entenden

    que s veces a cidade

    ten o xesto seductor coma o perigo.

    e madrugadas con dentes afiados

    quebran en coitelas os peores locais.

    e que os das de despois

    son moi tristes.

    que me esquece o sorriso

    e non me sae dicirche nada lindo

    s outono.

    e entn, como eles coecen

    as dores que se apegan nos abrigos

    veen buscarme casa e imos

    beira do ro,

    soleada repblica do noso abrazo,

  • onde chespir remove as follas das figueiras

    batendo coa sa cabecia de globo

    na calma da tarde

    onde a nica dor posible

    unha doce molestia,

    aqu, no xogo da man.

    desta cordia invisible

    que nos mantn as,

    unidos.

  • doce

    con burla negra

    a cidade quen dispn das choivas

    coa puntualidade das coroas nos cabodanos.

    envaas

    para que os semforos preen de paraugas,

    e as ras do centro subleven o seu nome de defunto.

    deste modo invoca

    o mis profundo inverno,

    o primeiro das nosas vidas verdadeiras

    aquel que empeza en obradoiro

    coa rabia de todas as mareas.

  • trece

    non o recordas?

    que ti agardas porta

    do vello cine avenida

    e eu chego tarde,

    que veo de non sei onde,

    cos petos cheos de regalos

    envoltos en papel de prata.

    e antes de cruzar o patio

    xa nos bicamos tan longo

    pero para cando ti e eu nos coecemos,

    o negocio xa pechara

    - dis.

    por iso nunca vimos a pelcula.

  • catorce

    mis al das hortas

    medran adxectivos preciosos

    que reservo para as tas cartas.

    pero agora es xa grande e sabes

    que non deixan de ser s

    palabras,

    anda que recorden todos os aromas.

    anda as.

    e dixronme que comezaba a repetir os ttulos.

    xa ves,

    tanta literatura derramada

    polas amantes de maiakowski.

  • quince

    preciso que saibas de memoria

    as direccins exactas das libreras

    a disposicin de cada estante

    os lugares de abrigo que regalan os corredores

    que coezas

    as bibliotecas tal e como estaban

    coas sas calefaccins de constipado,

    e fonseca de bufandas que descansan.

    pois por a comeza, amor

    o noso itinerario de caricias.

    tanta literatura e ns

    atropelando botns e corchetes.

  • dezaseis

    quera que soaras venres

    e o museo de arte contempornea

    e atoparnos por acaso na cafetera;

    eu que estaba escribindo

    e ti que vias dar un paseo.

    quera contarche o do libro

    e como se estraa nas estepas brancas

    pero nunca rematei o poema.

  • dezasete

    as avenidas teen nomes demasiado longos para ser recordados.

    o mesmo ocorre coas ras do centro.

    son palabras difciles, esdrxulas.

    nin se parecen nada a arriba bico amor

    nin dan para facer unha verdadeira cidade.

  • dezaoito

    para evitar a dor do outono nas tas mans,

    nas puntas dos dedos,

    todos os trazos redondos das letras

    recordan a calor pequena das castaas

    que agariman as manoplas dos escolares.

    deste xeito,

    anda que as esquinas do toural corten coma fo

    a enfermidade nunca poder alcanzarnos.

  • dezanove

    tes que saber, meu neno,

    do porto oculto da cidade,

    construdo entre as nboas de abril ares

    para o negocio secreto do t.

    e que al amarra o desexo

    nas noites de borraxeira.

    e que hai unha taberna,

    un pequeno lugar que nos coece como atlntico,

    onde as tripulacins dos cargueiros fantasmas

    abrigan o seu corazn de licores.

    e relatan historias fantsticas

    das terras das amendoeiras

    sbeo, pois e entre eles,

    haber quen recorde preciosos versos,

    cartas que nunca enviaron os amantes,

    escritas en linguas de distancia.

  • vinte

    s veces

    para non sentirse triste, meu pequeno

    hai que crer que as follas das camelias

    bican os vidros dos autobuses.

    e que despois das vas e do tren

    sempre nos agardamos ns.

  • vinte e un

    co nico nimo do seu sorriso,

    a cidade dentro deste libro.

    que o relato do seu amor puro nos protexa,

    das catstrofes que acompaan o meu paso.

  • vinte e dous

    e agora, meu berln de mel,

    que xogamos ata o ltimo verso

    sabes a verdade da nosa historia imaxinada;

    que nos coecemos por acaso

    o catorce de abril do ano

    da morte do poeta ruso.

    durante a mia nica visita a cidade.

    que foron tempos moi felices.

    e que o noso amor medrou grande

    en cada compostela que me amosabas.

    pero que a estacin rematou os seus das

    e os amantes tiveron que separarse.

  • e comecei a escribir en secreto

    as palabras que eu inventei para amar,

    e inventei que enviabas cartas de amndoa,

    nas que relatabas con paixn

    as cousas mis pequenas.

    e en cada verso,

    que mantivemos unha estreita, febril correspondencia.

    tamn que por aquela altura, a tristeza

    xa estaba instalada no vello continente

    e en poucos meses

    o lugar do que eu veo,

    cercado.

    e inventei que moitas das cartas non chegaron a sar nunca da illa

  • ou se perderon nas barrigas dos avins derribados sobre o mar

    ou arderon nas caixas de correos.

    porque

    cando pasou o das cartas

    tiven que inventar que me amabas

    para que sempre fose abril

    no final do libro de mara.

  • e ti, que o leas.

  • agradecida

    inmensamente a ti, berln.

    e a chespir.

    a todos os que confiaron e me animaron

    e me deixaron os seus lugares para o libro.

    a davi, por sempre

    e a su e noe, por ns

    a lu e litelchs, por elas

    e a antn, por todo

    e a rosi, polos das de pontevedra

    a edu, por aparecer

    xente de salitre, corcn

    a fili e iago polo tempo de belgrado

    a ramn e muxi, por darme mis que abrigo

    familia da olivera, a borxa e a rober un sorriso eterno.

    porque eles aturaron os antollos do proceso

  • e a meus pais,

    mil gracias mil

    e a todos os que me queren e me coidan.

    para vs

    sexa sempre abril.

    en compostela,

    a ltimo de xaneiro

    do segundo ano do barco.

  • os amigos de berln,

    palabras que o arrouparon na sa estrea e mis.

  • Pequeno itinerario de verdades

    Suso Bahamonde

    A maior parte das veces antes de comezar a ler un novo libro -indistintamente do

    xnero ao que pertenza - sempre levo a cabo un pequeno ritual persoal que consiste no

    seguinte: o primeiro que fago acender un cigarro xusto no intre de abrir o libro. A

    continuacin, leo a primeira palabra do libro e acto seguido a ltima, despois xunto as

    palabras e miro se teen significado algn; a maior parte das veces esas das palabras

    non teen sentido, nin significan nada, nin aportan nada futura lectura; tan s e

    unha maneira infantil de facer o quecemento anterior a fase de mergulladura propia

    do texto en si.

    A terceira cousa que fago antes de comezar o libro ler a biografa do autor no caso de

    que tea biografa. E nese baile de datas, lugares, edicins e ttulos que son a maior

    parte de biografas literarias, o que a mn mis me interesa sen dbida a idade e o

    lugar onde trouxeron ao mundo ao autor, en serio que si. Ese acto fetichista -literario

    axdame a facerme unha idea da maneira de ser, do pensamento, das fobias e os soos

    da persoa que me vai a contar a sa historia.

  • Como digo, normalmente a data e o lugar de nacemento do autor sempre me axuda a

    entender mellor o libro que vou ler, anda que tamn verdade que con Mara Lado

    isto nunca me funcionou; e non me funcionou por unha sinxela razn que vos relato a

    continuacin:

    Anda que Mara Lado nacera nun taxi -premonitoriamente-camio de Compostela

    no ano 1979 e fora criada na terra e no mar da deprimida Costa da Morte, ou anda

    que pasara longas tempadas observando como medraba a cada sol a praia de Carnota,

    ou anda que nas antigas e empedradas ras da Vila de Ce xogara s agochadas, ou se

    baara na ra de Corcubin, ou descubrise todos os segredos agochados nas

    maxestuosas pedras de Fisterra... anda que todo iso fose certo, a min seguira sen

    valerme de nada para facerme unha idea do libro seu que teo entre as mans.

    E digo isto, porque penso que Mara Lado podera ter nacido nun ruinoso hospital de

    Nova York na poca na que os irlandeses chegaban hacinados como porcos en barcos

    de carga s costas da gran maz; ou podera ter nacido no Pars oscuro, mollado e

    prerevolucionario dos anos sesenta; ou tamn podera ter nacido nese Londres

    industrial no que as prostitutas facan favores a cambio dun bico na meixela e a

    cervexa se faca na casas de granito con cebada e cario. Ou mis, tamn podera ter

  • nacido como de seguro lle gustara a ela, na poca dos comedores de opio, das vidas ao

    lmite... na poca no que cada minuto do da era mis excitante que mil vidas xuntas na

    actualidade.

    E repito, que sera o mesmo en que ano e en que lugar tivera nacido Mara Lado,

    porque penso que a sa literatura e a sa maneira de vivir seran absolutamente iguais

    a como son.

    Mara sen dbida sabe conxugar fantasticamente en toda a sa obra a modernidade e

    as tradicins; os seus poemas mesturan marabillosamente todo o sufrimento deste

    pas, a terra dura e morta, o amor, as paixns, a revolucin, o sexo, os bares, os

    cabazos, as nasas, as vacas, as autoestradas...

    Todo o b malo da nosa sociedade ten cabida nos seus poemas, onde se mesturan ata

    sair renovados e convertidos no que somos en realidade.

    Xa no seu primeiro poemario, A Primeira Visin, Mara mostrbanos o seu particular

    punto de visto do mundo no que lle gustara ter vivido; un mundo no que as serpes

    saan de cada copa e se mezclaban coa cotidianidade de todos os das; un mundo

    ordinario e mitolxico onde a autora era a espectadora principal desa visin.

  • E foi no segundo libro, casa atlntica, casa cabaret -fermoso poemario de ttulo

    inmellorable-onde esta vez, Mara nos descubra verdadeiramente o seu mundo. Un

    mundo tan real e sincero que ben poderia ter pasado por unha biografa en verso,

    senn fra polo feito de que cada poema desprendia tanta sinceridade que,

    inebitablemente Mara mudaba a sa pel de espectadora visionaria para trasladarse

    dolorosamente pel do poeta.

    E dgoo coa boca peligrosamente chea... Poeta.

    Porque Mara Lado a nica autora que coezo que sabe en cada centmetro do seu

    corpo o que ser poeta. Cada litro do seu sangue ten a suficientemente dose de

    veneno como para saber do sufrimento a cada minuto. Na sa mirada podemos

    observar a partes iguais todo o amor e todo o odio que hai no mundo.

    Ncese poeta? Cmo se constre un poeta?. Non o sei e dme igual. O nico que sei

    recoecelo se o vexo diante, e penso que o primordial para saber recoecer a un

    verdadeiro poeta empaparse da sa sinceridade por riba de todas as cousas. E se

    algo lle sobra a Mara, sinceridade potica, da que desgraciadamente carecen o

    noventa por cento dos chamados Poetas do Pas.

  • E con esa sinceridade afronto nas mias mns este berln.

    Este fermoso berln que agocha en cada recanto da cidade todo o amor e

    todo o odio que albergan as urbes do mundo. Este pequeno itinerario de verdades que

    nos mostran a verdadeira esencia da-s cidade-s.

    Mara non coece a cidade; non coece a cidade mellor que o topgrafo das ras

    agochadas, que o urbanista dos falsos trazados, que o camiante de adoquns

    errticos...

    Ela, tan s coece a sa cidade; a cidade das verdades e dos medos; a cidade do amor

    e as luces; a cidade da paixn e as antenas... tan s sabe iso, mostrarnos a sa cidade

    dende a sinceridade do habitante que sofre a cidade. Porque sufrir coecer, e coecer

    e temer e camiar...

    Pola crudeza de cada palabra que se agocha nas ras e nas prazas, atrs do casino ou

    diante do cine, polo que todo se converte na cidade na cal habitamos cada un de ns.

    E por iso que en cada verso sabemos da nosa dor como se fra nica. E por iso polo

    que ns tamn formamos parte deste berln.

    Como reza o primeiro verso do libro... este ser o teu libro para que ti nunca o saibas... e

    as, tal vez, coecers todo o que se agocha unha vez destapes a verdade...

    A partir de aqu... le e soa sempre.

  • Cartografa dun corazn con patas

    David Rubn

    Respiras fondo e, se tes sorte, deixas esvarar unha bgoa pola meixela.

    E sorrisos. Mil millns de sorrisos.

    Polo xeral estes son os sntomas dos que un adolece despois de se mergullar na lectura

    dos poemas de Mara. Polo menos se un presume de empregar ese rgano que ten

    agochado entre os pulmns para algo mis que bombear sangue polas veas.

    As que con esa sensacin dispoo as cartas sobre o tapete para enfrontarme ao feito

    de prologar este libro.

    Porque estes pequenos retallos xigantes de emocin pura vertidos en cada un dos

    versos, das palabras, en cada rabio dos as ou nos puntios dos is, mtenseche no

    corpo s con billete de ida, para quedar prendado xa por sempre deles, vermes dunha

    mala enfermidade da que un xa non pode nin quere sandar.

  • E d o mesmo se son inventados ou non, se toman aire dun pretrito imperfecto ou

    polo contrario son s anhelos dun futuro incerto enmascarado coas cores mis bonitas

    do mundo.

    Non importa, s mergllate no papel impreso, dispn o teu mellor sorriso e sada ao

    amor, chscalle un ollo! Pois camins enteiros cheos de amor percorren este libro, amor

    xente que a rodea, amor ao chan que pisa, amor aos teus ollos que a len...

    Pois este o poemario que Mara artellou para todos ns, as que abride as fiestras e

    deixade que o vento vos agarime a fronte, anda que chova, collede aire, pasada a

    pxina e voade sen medo; ela suxeita a rede.

    Bicos para case todos. Dos que espantan o fro, dos que quentan meixelas, como estes

    poemas. Que nunca falten bicos.

    Smuack!!!

  • Mario Regueira

    s veces un amante pode ter un ollo de cada cor, como algns gatos, como David Bowie, ou como o esprito das cidades divididas. Non estrao, nese caso, que algun dea en chamarlle Berln, porque ademais a sonoridade do nome pode traer arrastrado o sabor de certos doces con amndoa e podemos sentilo rebentar na boca en pequenas triscadelas de tenrura. Pouco importa que o escenario do amor sexa a capital contempornea da nosa poesa. Un amante que ten un ollo de cada cor merece que o seu libro se chame Berln.

    s veces unha escritora ou escritor soa con ser arquitecta ou arquitecto, e gostara de desear planos nos versos. Que algun poida pescar unha cidade mergullada e poela en orde lendo o seu libro, ou mesmo reconstrula despois das catstrofes partindo do comps das pxinas ao pasarse. E apesar de que os cinemas arden, os locais fechan ou cambian de nome, e de que algn da at expropiarn as hortas, os parques, ou as prazas, hai unha cidade que non Berln que poderemos recoecer co libro na mao. E descubrirlle de paso o porto oculto e os menceres onde os nomes se escriben deliciosos baixo as rbores.

    s veces unha voz de muller segue a subvertir papeis na poesa contempornea, e consegue acadar centralidade para cantar fatalidade e a tenrura do amor sen complexos. E ao tempo, inventar unha cidade, un can chamado Chespir, un amante cos ollos como Bowie, e a ela mesma e s palabras. E mesmo un outro, o mesmo, para sempre, (como no disco de Lou Reed), Berln.

    E ti que o leas

  • un regalio

  • esta edicin para a regueifa

    na corua mordida do mar

    en marzo de mara mario