festival internacional de literatura e arte...

16
www.FestivaldaRetranca.com Lugo, do 6 ao 12 de abril 2015 FESTIVAL INTERNACIONAL DE LITERATURA E ARTE CON RETRANCA Organiza:

Upload: vutram

Post on 03-Apr-2018

215 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

www.FestivaldaRetranca.comLugo, do 6 ao 12 de abril 2015

FESTIVAL INTERNACIONAL DE LITERATURA E ARTE CON RETRANCA

Organiza:

O Festival Internacional de Literatura e Arte con Retran-ca, ou Festival da Retranca, é unha proposta cultural, nacida ó cumprirse o primeiro ano das Catas Literarias no MIHL, que quere subliñar a conexión da retranca con todas as artes, e por exten-sión coa vida. A Retranca, que como di Forges “é unha forma de defensa léxica en situacións complicadas. É exactamente Humor”, será o noso fío condutor pola literatura, a pintura, o debuxo, a escultura, a música, a poesía, a cinematografía, o tea-tro, a danza, a arte dixital, a arquitectura e a gastronomía.

O Festival da Retranca nace co obxectivo de celebrarmos que a nosa existencia se enriquece ó crear, pensar e vivir con retranca. Nel haberá sitio para a reflexión e para a diversión, pero tamén para a sorna e o sarcasmo, para a ironía e o retintín. Durante o Festival gozaremos ou non de arrevesadas charlas, desconcertan-tes monólogos, encontros e desencontros con escritores, estreas de películas, espectáculos inauditos, obras no teatro, exposicións e imposicións, gastronomía satírica e, case segurísimo, algún cabo de ano.

A irreverente ousadía dos asistentes fará deste Festival da Retranca un acontecemento de prestixio e atractivo para todos os públicos que aspirará a converterse nunha referencia interna-cional do bo humor como expresión da intelixencia, a civilización e a alegría de vivir. Cunha ollada atrevida que atravese todos os xéneros, todas as artes e algúns corpos, o Festival da Retranca suspira por analizar, difundir e celebrar a existencia desa ollada.

LUNS 6 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

20.00 h Laureano Márquez & Xosé Manuel Pereiro “Humor en serio”

Un dos mellores humoristas do mundo, Laureano Márquez, con-versará con Xosé Manuel Pereiro sobre a seriedade do humor. Presentaranos o seu novo libro “No pudimos”.

21.00 h Jaime Santos & José Antonio López Parreño “Títere: un indocumentado en las fronteras de la moral”

Jaime Santos, La Chana, presentará o seu espectáculo “Entre diluvios”, e despois, xunto a José Antonio López e Julio Michel, Director do Festival de Titirimundi, desenguedellarán os fíos do fascinante mundo dos monicreques.

MARTES 7 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

20.00 h Fernando Schwartz & Manuel Avilés “Años de tormenta en la transición”

“Os que vivimos anos e anos e máis anos tendo a Franco con mando en praza, cremos que non morrería nunca. Morreu, coma todos, e abriuse un período apaixonante na historia de España, anos de tormenta, anos de entusiasmo e de reticencia, perigosa as máis das veces. Diso queremos e diso imos falar. Non nos can-samos de falar del”

21.30 h Luis Nieto Retrospectiva dos mellores traballos do artista perversionista, un talento desbocado e nada doado de amarrar.

MÉRCORES 8 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

20.00 h Pep Bras & Manel Loureiro “La vida conyugal”

Unha viaxe ao máis recóndito dos nosos sentimentos pola man dun mestre do humor e doutro do terror. Están ateigados de eru-dición e talento.

21.00 h Tony Antonio & Tony Melero “El humor profesional no es una broma”

Desde aquel primeiro día en Vigo en 1975 ata hoxe, Tony Anto-nio non fai bromas co humor nin en familia.

XOVES 9 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

21.30 h Aldaolado (Lucía Aldao – María Lado) “Sempre en Ibiza” Poesía con retranca

VENRES 10 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

20.00 h Pedro Feijoo & Kiko Novoa “Cando a realidade supera a ficción en Galicia: hai outros mundos, pero todos están a esta banda do río Miño!”

21.00 h Róber Bodegas & Manuel de Lorenzo “Los limites del humor”

Róber e Manuel conversarán sobre o humor negro, o humor absurdo e o humor non clasificable.

PRAZA DO CAMPO

23.00 h IMPRESENTEIBOLS Actuación musical: “Conferencierto: No sólo de sexo vive el hombre, si lo sabré yo”.

SÁBADO 11 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

13.00 h Félix Caballero & Lois Pérez “A retranca non é pataca minuta”

14.00 h Lois Pérez “Humor a queimarroupa”

20.00 h José Luis Cuerda & Julián Lacalle “Tiempo después” (a primeira novela de José Luis Cuerda) e o universo de “Amanece, que no es poco”.

21.00 h Jerónimo Tristante & José Córdoba (El Chivi) “Creo que mato demasiado”

“El Chivi” intentará desvelar por que Jerónimo cre que mata de máis.

CAMPO CASTELO

22.30 h Meigas Tribal Danza con retranca

A compañía de danza “Meigas Tribal” amosaranos o que se pode conseguir cando se perde o medo a equivocarse e se goza da improvisación.

CAMPO CASTELO

23.00 h El Chivi en concerto Presentará o seu último disco “Quince sombras de Chivi” e a súa nova canción “Con retranca” dedi- cada ao Festival.

DOMINGO 12 DE ABRILMIHL -Museo Interactivo da Historia de Lugo

13.00 h Marta Pérez & Antón Sobral “Ego: a autoimportancia de chamarse artista”

Da man de Marta Pérez falaremos dos mundos ridículos aos que nos leva o ego, a autoimportancia e o autobombo. Desde os actores, actrices, director@s, escenógraf@s, dramaturg@s menos coñecidos ata os máis

“famosos” que consideran que o mundo non pode vivir sen eles e sen as súas ideas.

14.00 h CATAPULTA DE “TALENTOS NOVOS” En directo e sen rede de seguridade, o Festival da Retranca catapultará ao estrelato os humo- ristas amateur máis rexoubeiros.

18.15 h Entrega de premios “I Concurso de humor gráfico”

18.30 h Mago Rafa & Camilo Franco O Mago estreará o seu novo espectáculo “Historias dun ilusionista”.

Despois conversará con Camilo Franco sobre “A beleza do asombro” (en honor a René Lavand).

20.00 h Sergio Pazos & Carlos Blanco “Tes razón, mais eu tampouco estou equivocado”

CAMPO CASTELO 22.00 h Los Gandules Presentarán o seu novo disco “Tardes de merienda”.

A RETRANCA VAICHE POR BARRIOSTodos os días entre o 6 e o 12 de abril, no intre menos pensado.

Lois Pérez, Contada humorística espontánea “A retranca vaiche por barrios”.

FRESCA RETRANCA NO MERCADO MUNICIPAL

SÁBADO 11 de abril ás 14:00 h. Meigas Tribal

EXPOSICIÓNSMIHL -Museo Interactivo da Historia de LugoTodos os días entre o 6 e o 12 de abril.

Relacións rotasTodas as persoas afectadas poden participar neste acto creativo de desapego.

MULTIMEDIAMÉRCORES 8 de abril ás 19:30 h.

El Jueves - Retranca im-presaDesde os pendóns do humor ata as cincuenta sombras do Rei pasando pola frugal independencia catalá.

GASTRONOMÍA CON RETRANCATodos os días entre o 6 e o 12 de abril.Nalgúns establecementos da cidade e no MIHL.

Este ano no Festival da Retranca van nacer amizades in-cribles. Nas próximas edicións xa veremos como se levan...

Parque da Milagrosa (antigua Frigsa)colindante coa Avda. Infanta Elena (xunto a casa do Deporte)

Haberá servizo de autobús gratuito para o Festival da Retranca,con saída ás 19:30 horas do Campus Universitario (frente a

facultade de Humanidades), ás 19:45 da Ronda da Muralla (frenteo edificio sindical) e o regreso ás 22:15 horas dende o MHIL,

Avda. Infanta Elena, xunto a Casa do Deporte

+ Info: Teléfono 010 - www.lugo.eswww.FestivaldaRetranca.com

Colaboran:

IOS Android

Haberá entradas ata completar aforo (250) e poderanse recoller no CIM e no MIHL.