diversidade dos seres vivos

46
Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 02-Jul-2015

320 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Descrición de distintos aspectos da Biodiversidade. Distribución. Perda de Biodiversidade.Importancia. Conservación.Adaptacións.Datos e situación actual. A Biodiversidade en España. Endemismos. Catálogo de especies ameazadas en España.1º Bacharelato.

TRANSCRIPT

Page 1: Diversidade dos seres vivos

Profesor: Adán Gonçalves

Page 2: Diversidade dos seres vivos

1. 1. QUE É A BIODIVERSIDADE?QUE É A BIODIVERSIDADE?

O termo “biodiversidade” foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson no

Foro Nacional sobre Diversidade Biolóxica de Estados Unidos de 1985.

Podemos definila, de xeito sinxelo, como a diversidade de seres vivos

que habitaron e habitan este planeta.

Tras o Convenio sobre diversidade biolóxica de 1992, en Río de Xaneiro,

o termo ampliou o seu significado facendo referencia a tres conceptos: Diversidade Xenética:Diversidade Xenética: o acervo xenético de cada especie. Diversidade de Especies:Diversidade de Especies: todas as especies. Diversidade de Ecosistemas:Diversidade de Ecosistemas: variedade de espazos ou hábitats.

Estos tres niveis de competencia da biodiversidade están íntimamente

relacionados e presentan unha xerarquía; o primeiro está incluido no

segundo e éste a súa vez no terceiro.

Page 3: Diversidade dos seres vivos

2. 2. DISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADEDISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADE

A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do

planeta.

En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara

o ecuador. As zonas de maior diversidade biolóxica atópanse nos

trópicos (selvas tropicais, arrecifes de corais e chairas abisais) e

arredor deles.

Supoñen o 1,4% das terras emerxidas e neles atopamos o 45% das

plantas vasculares e o 35% dos vertebrados.

Estas zonas que constitúen verdadeiros bancos de diversidade

reciben o nome de “puntos quentes”“puntos quentes” da biodiversidade, e normalmente

están sometidos tamén a fortes impactos negativos.

A conca mediterránea é un deles.

Page 4: Diversidade dos seres vivos
Page 5: Diversidade dos seres vivos

3. 3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE

Dende os inicios da vida neste planeta ata a actualidade sucedéronse

extincións masivasextincións masivas que acabaron con boa parte da biodiversidade.

Polo de agora, tras estos procesos de mortandade masiva a

biodiversidade volveu a xurdir: novas especies aproveitaron

(adaptáronse) os nichos ecolóxicos e hábitats que quedaron “libres”.

Por tanto, o proceso evolutivo continuou, permitindo a gran

biodiversidade actual: é dicir, a biodiversidade actual débese a

diversidade biolóxica que a precedeu é será a que permita a

biodiversidade futura.

Agora cabe preguntarse:

Por que preocuparnos pola biodiversidade? Cales son os beneficios que

nos aporta?

Page 6: Diversidade dos seres vivos

3. 3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA IMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE

Debemos conservar a biodiversidade do planeta porque supón múltiples

beneficios: Favorece a estabilidade do clima (control do efecto invernadoiro,

humidade ambiental...), o mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe

da materia, protección fronte a erosión...) e a calidade das augas (filtro

verde, reciclaxe da materia orgánica evitando fenómenos de

eutrofización, riqueza biolóxica...). Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que

comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras,

madeira, la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...). Protexela implica coñecer mellor os ecosistemas. A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...

Page 7: Diversidade dos seres vivos

4. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE

Habitualmente estamos afeitos a valorar as cousas polo seu precio, un coche ou unha casa son valoradas en función do seu precio no mercado.

Pero cóstanos moito admitir que certas cousas que carecen de precio poden ter un valor incalculable; a biodiversidade é unha delas.

Como acabamos de ver porque nos supón múltiples beneficios, pero ademais a perda deste legado de valor incalculable tamén nos destruiría nós mesmos. Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural.

Pero tamén seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxiliadade da nosa especie e a súa dependencia respecto das outras formas de vida.

As alarmas do planeta están ahí, e a perda de biodiversidade é una de elas.

Page 8: Diversidade dos seres vivos

4. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE

Ao longo da historia, como dixemos, xa se sucederon outras extincións masivas, e incluso outras menores. A actual é a sexta gran extinción, pero neste caso é evitable porque as principais causas son antropoxénicas:

Destrución e fragmentación de hábitats:Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do descontrolado crecemento demográficocrecemento demográfico (sobre todo a partir da Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbanodesenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización, sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades, contaminación...

A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.

Page 9: Diversidade dos seres vivos

4. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE

O cambio climático:O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos reprodutivos...

O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel mundial. En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten?

A rá patilonga que só vive en España desapereceu do Sistema Central. Algúns osos da cordilleira cantábrica xa non hibernan. (Fundación Biodiversidade).

Page 10: Diversidade dos seres vivos
Page 11: Diversidade dos seres vivos

A introdución de especies exóticas:A introdución de especies exóticas: as especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies.

4. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE

Page 12: Diversidade dos seres vivos

4. 4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE

Sobreexplotación das especies:Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando se sobrepasa a sostenibilidade do recurso.

Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies exóticas, ao coleccionismo...

Page 13: Diversidade dos seres vivos

5. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE

A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción.

Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos que non sempre se cumpren.

Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior facilidade e a presión dos interese económicos do primeiro mundo, a situación é complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo.

Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15% das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.

Page 14: Diversidade dos seres vivos

5. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE

Na actualidade, a protección da biodiversidade é un dos eixes fundamentais das políticas medioambientais comunitarias xunto coa xestión dos residuos e da auga.

De que modo podemos protexela?

A conservación da biodiversidade pode levarse a cabo de dous xeitos:

Conservación “in situ”:Conservación “in situ”: conservación dos hábitats e ecosistemas onde habitan as especies ameazadas:

- En grandes áreas: “hot spots”, Reservas da Biosfera, Red Natura 2000...

- Locais: Parques nacionais, paisaxes protexidos...

Conservación “ex situ”:Conservación “ex situ”: consiste en recuperar as especies fóra do seu hábitat, en parques zoolóxicos, centros de investigación, invernadoiros...

Page 15: Diversidade dos seres vivos

5. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE

No cumio de Gotemburgo de 2001 os países membros da Unión Europea acordaron levar a cabo as seguintes medidas para a protección dos hábitats e especies máis importantes:

Establecer lugares protexidoslugares protexidos: parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera... Para a conservación de especies ou polo interese ecolóxico.

Crear centrosCrear centros botánicos e zoolóxicos para aplicar a biotecnoloxía na constitución de bancos de xenes, de sementes e a clonación.

Recuperar especies ameazadas ou en perigo de extinciónRecuperar especies ameazadas ou en perigo de extinción para o que se fan catálogos de especies nestas situacións e se prohibe a súa caza e comercio.

Preservar e restaurar a biodiversidadePreservar e restaurar a biodiversidade

Restablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariñosRestablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariños

Page 16: Diversidade dos seres vivos

5. 5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE

Reducir o impacto do comercioReducir o impacto do comercio internacional na biodiversidade, especialmente co fin de limitar a deforestación tropical.

Limitar as emisións de gases de efecto invernadoiroLimitar as emisións de gases de efecto invernadoiro para frear o cambio climático.

Fomentar a investigaciónFomentar a investigación

Decretar e respectar as leis de conservación do medioDecretar e respectar as leis de conservación do medio

Fomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostibleFomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostible

Non só os estados como tales teñen responsabilidade e poden facer algo. Os cidadáns tamén podemos aportar moito cambiando os nosos hábitos: reducir os residuos e xestionar sostiblemente os que producimos, aforrar auga, usar o transporte público, respectar o medio natural e as especies que nel viven, non mercar animais exóticos ilegais...

Page 17: Diversidade dos seres vivos

6. 6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE?

Dende que LinneoLinneo, a finais do XVIII, establecerá o seu sistema

binomial de clasificación e nomeara 9000 especies os engadidos a esta

listaxe non deixou de crecer ata actualidade.

Hoxe coñecemos cerca de 2 millóns de especies, pero a riqueza

biolóxica do planeta é moi difícil de cuantificar, xa que os científicos

estiman que podería haber uns 13 ou 14 millóns de especies.

E dicir, descoñecemos a maioría dos organismos que poboan o noso

planeta.

A maior parte das especies identificadas (que non por elo estudadas)

atópanse no medio terrestre (85%).

O grupo máis numeroso é o dos coleópteros (escaravellos), unhas

850.000 especies.

Page 18: Diversidade dos seres vivos

6. 6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE?

Das plantas, unhas 250.000 especies, a maioría son espermatófitas.

A medida que investigamos novos ecosistemas aparecen novas especies,

cada ano descubrimos unhas cen novas.

Os organismos máis coñecidos son os macroscópicos, sobre todo aves e

mamíferos que soen alcanzar os tamaños máis grandes.

Os microorganismos, a pesar de pasar desapercibidos, xogan un papel

fundamental na vida na Terra. Os últimos métodos de estudo establecen

unha diversidade maior da que consideramos ata agora (5%). Foron os

primeiros moradores e os responsables do inicio dalgunhas das

transformacións esenciais (osixenación da atmosfera e formación da

capa de ozono, captación do dióxido de carbono...) que se sucederon

neste planeta para que poidera albergar a diversidade biolóxica da

actualidade.

Page 19: Diversidade dos seres vivos
Page 20: Diversidade dos seres vivos

7. 7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO

A biodiversidade é consecuencia das adaptacións dos organismos aos

diferentes medios e as fluctuacións que neles se producen no espazo e

no tempo.

Unha adaptación é un conxunto de características dun ser vivo que lle

permiten sobrevivir nun medio determinado, reproducirse, e deixar

descendencia. As adaptacións poden ser: Anatómicas ou morfolóxicas:Anatómicas ou morfolóxicas: refírense a forma ou aparencia do

organismo. p.e.:tipos de peteiros nas aves, follas transformadas en

espiñas e talo de reserva dos cactos, dentinción mamífera... Fisiolóxicas:Fisiolóxicas: teñen que ver co funcionamento do organismo. p.e.:

ecolocalización nos golfiños e morcegos, plantas CAM... Comportamentais:Comportamentais: relaciónanse coas respostas a determinados

estímulos. p.e.: bancos ou manadas de animais, baños de sol dos réptiles...

Page 21: Diversidade dos seres vivos

7. 7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO

Adaptacións nas plantasAdaptacións nas plantasComo as plantas non se desprazan, non soen ter adaptacións

comportamentais.

Os factores determinantes soen ser a auga, a temperatura, a luz... Adaptacións nos animaisAdaptacións nos animais

Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.

Page 22: Diversidade dos seres vivos
Page 23: Diversidade dos seres vivos
Page 24: Diversidade dos seres vivos
Page 25: Diversidade dos seres vivos

8. 8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA

O noso país é o máis diverso do continente europeo, é isto non é só un privilexio, senón que leva consigo unha grande responsabilidade.

Algúns datos de interese:Algúns datos de interese:

España alberga 121 dos 217 hábitats terrestres declarados de interese comunitario pola Directiva de Hábitats.

3 dos 11 grandes ecosistemas mariños das augas europeas podémolos atopar no noso país. Especial mención merece o Mediterráneo, que sendo somente o 0,8% da superficie mariña alberga o 4% das especies mariñas descritas ata hoxe.

Posuímos entre 8000-9000 sp. De plantas vasculares (80% da UE), e ademais destas 1500 son endemismos patrios. De feito, a metade dos endemismos europeos do noso continente atopámolos no nosos país.

Page 26: Diversidade dos seres vivos

8. 8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA

Albergamos 1000 sp. de musgos, 2000 de liques e uns 20000 fungos.

Somos o estado con maior variedade de mamíferos e réptiles e o terceiro en anfibios e peixes.

España contén o 50% das especies de vertebrados e invertebrados europeas.

Cales son as causas desta riqueza biolóxica?

A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade de ecosistemas e hábitats.

Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso para numerosas especies migratorias.

As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).

Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor conservadas grandes áreas naturais.

Page 27: Diversidade dos seres vivos

ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLA

Carballo albar Carballo albar (Quercus (Quercus robur)robur):: predomina no norte de España onde forma grandes carballeiras.

Page 28: Diversidade dos seres vivos

A aciñeira A aciñeira (Quercus ilex) (Quercus ilex) e ae a sobreira sobreira (Q. suber)(Q. suber) típicas do bosque mediteráneo.

Page 29: Diversidade dos seres vivos

O pineiro albar O pineiro albar (Pinus sylvestris)(Pinus sylvestris) e e o piñeiro do país o piñeiro do país (P. pinaster)(P. pinaster) que atopamos por encima dos 1000 m de altitude.

Page 30: Diversidade dos seres vivos

Os bosques de Pinus canariensisPinus canariensis e a laurisulva predominan nas illas canarias.

Page 31: Diversidade dos seres vivos

As faias As faias (Fagus sylvatica) (Fagus sylvatica) e e os abetos (Abies alba)os abetos (Abies alba) son as especies características dos bosques húmedos.

Page 32: Diversidade dos seres vivos

©www.adelaleiro.com

Os bosques de ribeirabosques de ribeira constituidos por especies como os salgueiros salgueiros (Salix sp.)(Salix sp.), os ameneiros ameneiros ( Alnus glutinosa), ( Alnus glutinosa), aveleiras aveleiras (Corylus avellana), (Corylus avellana), álamos álamos (populus (populus sp.) sp.) e bidueirose bidueiros (Betula sp.) (Betula sp.)

Page 33: Diversidade dos seres vivos

O pinsapopinsapo (Abies pinsapo) (Abies pinsapo) é un abeto característico das serras de Cádiz e Málaga.

As praderas de posidonias posidonias (Posidonia oceanica)(Posidonia oceanica) son típicas dos fondos mariños mediteráneos.

Page 34: Diversidade dos seres vivos

ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLA

Hai en España unhas 100 especies de mamíferos...

Delfín mular (Tursiops truncatus)(Tursiops truncatus)

Oso pardo (Ursus arctus)Ursus arctus)

Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)

Page 35: Diversidade dos seres vivos

Unhas 460 especies de aves...

Aguia real (Aquila (Aquila chrysaetos)chrysaetos)

Bubela (Upupa (Upupa epops)epops)

Pita do monte (Tetrao (Tetrao urogallus)urogallus)

Quebrantaósos (Gypaetus barbatus)(Gypaetus barbatus)

Page 36: Diversidade dos seres vivos

83 de réptiles, 28 de anfibios...

Víbora de Seoane ou cantábrica (Vipera seoanei)(Vipera seoanei)

Ra de San Antón (Hyla arborea)(Hyla arborea)

Lagarto arnal (Timon (Timon lepidus)lepidus)

Page 37: Diversidade dos seres vivos

E unhas 70 de peixes continentais

Salmo truttaSalmo trutta

Lampreta fluviatisLampreta fluviatis

Page 38: Diversidade dos seres vivos

9. 9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS

Os endemismosendemismos son especies dunha zona xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo.

Orixínanse pola imposibilidade dunha especie para cruzarse con outras poboacións.

As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi determinadas. Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa, un país ou territorios de varios países nos que atopamos as condicións que precisan.

Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun endemismo: endemimo peninsular, endemismo canario, endemismo noroccidental ...

Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de distribución.

Na Península estímanse un 1000 endemismos e nas Canarias hai arredor duns 500.

Page 39: Diversidade dos seres vivos

9. 9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOSAlgúns endemismos do noso territorio son:

Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus)

Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica)Lobo ibérico (Canis lupus (Canis lupus sygnatus)sygnatus)

Page 40: Diversidade dos seres vivos

9. 9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS

Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha)(Muridopsis polymorpha). Endemismo de Lanzarote.

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)(Chioglossa lusitanica)Drago grancanario (Dracaena tamaranae)(Dracaena tamaranae)

Page 41: Diversidade dos seres vivos

10. 10. ESPECIES EN PERIGOESPECIES EN PERIGOSegundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en perigo de extinciónperigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat.

Esta organización internacional xunto con outras asesoras dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de especies ameazadaslistaxe ou libro vermello de especies ameazadas que se actualiza anualmente.

Nesta listaxe establécense varias categoriascategorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o Catálogo Nacional de Especies AmeazadasCatálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece dúas categorías:

En perigo de extinción:En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.

Vulnerable:Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común.

A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación. Por exemplo en 2013 había 176 en perigo e 120 como vulnerables. Hoxe: 192 en perigo e 134 vulnerables.

Page 42: Diversidade dos seres vivos

Algúns taxóns vulnerables en EspañaAlgúns taxóns vulnerables en España

Zapaticos da Virxe (Sarcocapnos baetica Sarcocapnos baetica subsp. Baetica)subsp. Baetica) Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes)(Austropotamobius pallipes)

Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica) Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus)- Vulnerable en todas as poboacións excepto no Sistema Central onde se atopa en perigo de extinción.

Page 43: Diversidade dos seres vivos

Algúns taxóns en perigo de extinción en EspañaAlgúns taxóns en perigo de extinción en España

Fento de sombra (Diplazium caudatum)(Diplazium caudatum) nesta categoría a nivel penínsular.

Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis (Muridopsis polymorpha)polymorpha). Endemismo de Lanzarote.

Lagarto xigante de El Hierro Gallotia simonyi)Gallotia simonyi) Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)

Page 44: Diversidade dos seres vivos

11. 11. A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO MANTEMENTO DA VIDAMANTEMENTO DA VIDA

Prácticamente todos os seres vivos dependen das plantas para a súa supervivencia, xa que desempeñan función primordiais nos ecosistemas:

Captan enerxía solar e liberan materia orgánica.

Liberan osíxeno á atmosfera.

Absorben o dióxido de carbono da atmosfera.

Incorporan substancias inorgánicas moi importantes para os ecosistemas (fósforo, nitróxeno, xofre , carbono...).

Regulan o clima a través do control da humidade do aire.

Participan no ciclo hidrolóxico: evapotranspiración, diminúen a escorrentía e favorecen a infiltración.

Ofrecen hábitats variados.

Protexen da erosión do solo.

Page 45: Diversidade dos seres vivos
Page 46: Diversidade dos seres vivos

Bibliografía e Webgrafía:Bibliografía e Webgrafía:- Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España.- Díaz da Silva, Juan Ignacio; Cartelle, Yosi. 2007. “Guía dos Mamíferos de Galicia”. Baía Edicións. A Coruña.- Galán Regalado, Pedro; Fernández Arias, Gustavo. 1993. “Anfibios e réptiles de Galicia”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo (Pontevedra).www.adelaleiro.comwww.anita3b.blogspot.com www.asturnatura.comhttp://www.asturnatura.com/especie/salmo-trutta.htmlganar-ganar.mx - 450 × 300http://www.biodiversidad.gob.mx/biodiversidad/que_es.htmlblog.canariasviaja.comwww.cienciahoy.org.ar www.efefuturo.com www.floraprotegida.eshttp://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CC8QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.figueraspacheco.com%2FEPlaS%2FCiES%2FDocuments%2FBiodiversidad%2FDiversidad_biologica_en_Espana.pptx&ei=c8e2Uo7jEeWX7QaM3ICAAQ&usg=AFQjCNEj4JMCuYnLW_p-PB0B23y40MCDnA&bvm=bv.58187178,d.Ymshttp://www.historia.fcs.ucr.ac.cr/articulos/2010/esp_j0809/10isayfabriciociasur.htmlwww.inecc.gob.mx signatus.org http://www.slideshare.net/FundacionBiodiveridad/que-es-la-biodiversidad?from_search=1elllugar.wordpress.comhttp://lapozadelanaturaleza.blogspot.com.es/2012/08/endemismos-de-nuestra-fauna.htmlhttp://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies-amenazadas/catalogo-nacional-de-especies-amenazadas/default.aspxmanu007ecologiayevolucion.blogspot.com mexico.cnn.com montagnamontagna.comnea.educastur.princast.es pacozamora.blogia.com personal.cricyt.edu.ar pponavarro.blogspot.comwww.sellavirtual.com solucionesambientalesefectivas.blogspot.com www.taringa.netwww.tiempodeexito.comwww.scielo.cl www.sindioses.org www.verdenorte.comwww.vertebradosibericos.orgwww.wikipedia.orghttp://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Peces_continentales_de_la_pen%C3%ADnsula_ib%C3%A9ricahttp://es.wikipedia.org/wiki/Chioglossa_lusitanicahttp://es.wikipedia.org/wiki/Lista_Roja_de_la_UICNm.wwf.es