comentario da cantiga medieval

5

Click here to load reader

Upload: maer

Post on 30-Jul-2015

246 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comentario Da Cantiga Medieval

OMENTARIO DA CANTIGA MEDIEVAL

" QUER`EU EN MANEIRA DE PROENÇAL"

Quer 'eu en 'maneira de proençal

fazer agora un cantar d'amor

e querrei muit'i loar mha senhor,

a que prez nem fremusura non fal,

nen bondade, e mais vos direl en:

tanro a fez Deus comprida de ben,

que mais que rodas las do mundo val.

 

Ca mha senhor quiso Deus fazer tal

quando a fez, que a fez sabedor

de todo bê e de mui grâ valor

e cô tod'est [o] é mouito comunal,

ali u deve, er deu-lhi bô sen

e des i nô lhe fiz pouco de ben,

quando nô quis que l'outra foss'igual.

 

Ca en mha senhor nûca Deus pos mal,

mas pos i prez e beldad'e loor

e falar mui bê e riír melhor

qu' outra molher; des i é leal

muit, e por esto nô sei oj eu quê

Page 2: Comentario Da Cantiga Medieval

possa compridamente no seu bê

falar, ca nô á, tra lo seu ben, al.

Don Dinis

 

 

1 - Nesta cantiga de influencia provenzal,

o Identifica os provenzalismos o Explica a influencia provenzal.

2 - Fala das cualidades da senhor provenzal.3 - Fala da actitude do poeta.4 - Fala da cultura trobadoresca provenzal, e a súa influencia. 1.1) Trátase dun texto provenzal porque o autor di que desexa imitar ós provenzais louvando á dama. Aquí a influencia provenzal atópase en que non aparace as características típicas da lírica galegoportuguesa como é o tema da "coita" (sufrimento) ou o amor sen correspondencia, pero si aparece o optimismo provenzal como é a louvanza.Os provenzalimos típicos da lírica galegoportuguesa son: SEN: v.12 cobra III. COR Non aparecePREZ v.3 cobra I. , v.16 cobra III.GREU Non aparece.1.2) Esta influencia pódese explicar a partir do século XII cando os trobadores galegopotugueses comezan a imitar a moda literaria que vén de Provenza, que influirá sobre todo nas cantigas de amor. Esta influencia notarase na concepción do amor cortés que mostra o amor como algo ideal en que o namorado está sometido á dama quen aparece distante, os namorados pertencen á clase aristocrática, e é frecuente o amor adúltero onde non aparece o nome da amada. Todas estas características reflexan unha sociedade que sen dúbida debería de ser moi importante como o era a provenzal, que interpretaba nas cortes señoriais e traspasou os Pirineos ata chegar a Galicia por medio dos seguintes camiños, entre outros: - O camiño de Santiago, que recorría de Francia a Santiago.- Os monxes de Cluny, que pocedían de Francia.- Os nobres franceses que viña a pelexar nas cruzadas da Reconquista. 2) As cualidades no ámbito físico comeza na primeira cobra, coa louvanza da "fremosura" e continua referencias ás cualidades da dama ( "prez" v.4 ). Esta fermosura faille tan diferente ás demais que parece sobrenatural, como expresa a comparación dos dous últimos versos da primeira cobra cando di que a fixo Deus tan perfecta que vale máis que as outras mulleres.Se ben nesta primeira cobra aparece algunha referencia ó carácter moral da "senhor" como cando di que non lle falta bondade (v.4 - v.5), é na segunda cobra onde predomina a descripción moral da dama.O autor segue facendo a

Page 3: Comentario Da Cantiga Medieval

Deus como responsable das cualidades da dama, agora "sabedora" e de gran "valor" ( v.10), así como sociable ("muito comunal" v.11) e sensata ("bô sen" v.12).Son estes adxetivos os que describen o aspecto sicólóxico da dama, así como a súa forma de ser dentro dunha sociedade. Estas cualidades xa aparecían na estrofa anterior cando nos di que é moi sociable ("comunal") no senso do que chaman "saber estar". Tamén agora vólvese a louvar en conxunto as cualidades e a fermosura: "prez e beldad`e loor" (v.16), e continúa coa comparación destacando que é a que mellor fala, que ten unha bonita sorrisa ( "falar mui bê e riír melhor"), e mesmo que é moi leal. Características estas imprescindibles para o saber estar : poñer boa cara, ter facilidade de palabra, e ser leal á amizade.3) Seguindo as leis do amor cortés, o poeta considérase totalmente sumiso a súa dona, ben como simple suspirante, suplicante, namorado, ou amante correspodido. Neste poema , o poeta aparece simplemente como adulador das cualidades físicas e morais da dama. A calidade de cabaleiro móstrase por exemplo pola mesura que lle impide pronunciar o nome da señora; tamén móstrasenos como "reverente" á relixión cristiana como vemos nas continuas referencias a "Deus".Reverencia perante a dama é tamén a actitude do poeta por mor a idealizacion que fai das súas cualidades. Polo tanto comprobamos unha actitude cabaleirosa e reverente coa relixión, que máis que a cristiana, é a relixión do amor.4) A cultura trobadoresca provenzal procedente do sul de Francia, influiu notablemente na lírica galego portuguesa. Nesta rexión chamada Provenza, a finais do século XI., comezou a cultivarse unha poesía que concebía o amor como unha relixión, incluídos os "mandamentos":- supremacía da muller.- amor fóra do casamento.- finximiento do amor.Esta forma de poesía púxose de moda na lírica galegoportuguesa, ben pola semellanaza entre as cortes, ben pola forma de ser nunha sociedade onde predomina o lirismo e onde a importancia da muller e o arte de amar como motivo poético atraía a estas dúas culturas.Por outra banda os cancioneiros peninsulares como os trobadores provenzais aprenden a valorar a paisaxe, coas descripcións da primaveira, as flores de maio, que da lugar a encontros neste tipos de paisaxes a cabaleiros que requiren os amores dunha pastora. Xénero este denominado pastorela que tan arraigo terá na literatura peninsular.A isto hai que engadir que esta influencia veu axudada por varios factores: as periginacións a Santiago, o paso pola península dos que ían ás cruzadas, relacións entre príncipes (como podería ser o casamento de don Dinís coa princesa de Aragón), relacións comerciais...que dá como resultado a unión de dúas culturas líricas que reflexa un caracter da sociedade medieval: o amor cortés.

[Posición anterior]