25 de novembro

Post on 21-Jan-2017

1.350 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NON CALES, DENUNCIA

A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS É UNHA PANDEMIA MUNDIAL QUE ADOPTA MOITAS FORMAS

A VIOLENCIA CONTRA A MULLER É UNHA VIOLACIÓN DOS DEREITOS

HUMANOS

A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS PÓDESE EVITAR

EN TODO O MUNDO 1 de cada 3 mulleres teñen sufrido violencia

física ou sexual por parte , principalmente, dun compañeiro ou

ex-compañeiro sentimental

NON CALES, DENUNCIA

Nalgúns países , unha terceira parte das adolescentes afirma que a súa primeira relación sexual foi forzada.

Na Unión Europea, do 45 ao 55 % teñen sofrido acoso sexual desde os 15 anos.

4, 5 millóns de persoas son vítimas da explotación sexual forzada

O 98 % SON MULLERES E

NENAS

700 millóns de mulleres casáronse antes dos 18 anos e 2/3 antes dos 15 anos. Os matrimonios forzados impiden ás nenas casadas a posibilidade de negociar unhas relacións sexuais seguras que as fai máis vulnerables ante o embarazo precoz, as infeccións e a SIDA

O 43 % das mulleres dos 28 Estados membros da UE sufriron algún tipo de violencia psicolóxica por parte dun compañeiro sentimental ao longo da súa vida.

Uns 120 millóns de nenas de todo el mundo (algo máis de 1 de cada 10) sufriron o coito forzado ou outro tipo de relacións sexuais forzadas nalgún momento das súas vidas.

Estímase que 133 millóns de nenas e mulleres sufriron algún tipo de mutilación/ablación xenital feminina, que ademáis supoñen un alto risco de padecer hemorraxias prolongadas, infeccións (incluida a SIDA), complicacións durante o parto, esterilidade e morte.

Unha de cada 10 mulleres da Unión Europea declara ter sufrido ciberacoso desde a idade de 15 anos.Inclúe correos, mensaxes, whatshapp non desexados ou ben intentos inapropiados e ofensivos nas redes sociais.O maior risco afecta ás mulleres entre 18 e 29 anos.

Ano 2007: 71 mulleres asasinadas.Ano 2008: 84 mulleres asasinadas Ano 2009: 68 mulleres asasinadas Ano 2010: 85 mulleres asasinadas Ano 2011: 67 mulleres asasinadas Ano 2012: 57 mulleres asasinadasAno 2013: 57 mulleres asasinadas Ano 2014: 59 mulleres asasinadasAno 2015: 49 mulleres asasinadas

ASASINATOS MACHISTAS EN ESPAÑA

NON CALES, DENUNCIA

Neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, volvemos a alzar a nosa voz para decir que este tipo de violencia:

É inaceptable.

Pódese evitar.

Pódese previr.

Imaxinade que diferente sería o mundo para as nenas de hoxe se poideramos evitar o matrimonio temperá e a mutilación xenital femenina, a inacción fronte á violencia doméstica, as mensaxes de texto abusivas, o asasinato de defensoras e defensores dos dereitos humanos das mulleres ou a hostilidade coa que se atopan as mulleres nas comisarías ou nos tribunais cando dan testemuña da violencia sofrida.

top related