27 historias para tomar a sopa

22
Ursula Wölfel Ilustracións de Bernasconi para tomar a

Upload: kalandrakacom

Post on 23-Mar-2016

269 views

Category:

Documents


14 download

DESCRIPTION

Kalandraka. 7 Leguas

TRANSCRIPT

Page 1: 27 historias para tomar a sopa

Ursula Wölfel

Ilustracións de

Bernasconi

para tomar a

Page 2: 27 historias para tomar a sopa
Page 3: 27 historias para tomar a sopa
Page 4: 27 historias para tomar a sopa
Page 5: 27 historias para tomar a sopa

para tomar a

Page 6: 27 historias para tomar a sopa

Título orixinal en alemán: Siebenundzwanzig Suppengeschichten

Colección SETELEGUAS© da edición orixinal: Thienemann Verlag (Thienemann Verlag, GmbH), Stuttgart/ Wien, 1968© do texto: Ursula Wölfel, 1993© das ilustracións: Pablo Bernasconi, 2005© da tradución ao galego: Paco Mirandeira, 2005© desta edición: Kalandraka Editora, 2009Italia 37. 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Impreso en Eujoa, AsturiasTerceira edición: xullo, 2009ISBN: 978-84-8464-516-0DL: PO-42-05

Reservados todos os dereitos

Page 7: 27 historias para tomar a sopa

Ursula Wölfel

Ilustracións de

Bernasconi

para tomar a

Page 8: 27 historias para tomar a sopa
Page 9: 27 historias para tomar a sopa

1. A HISTORIA DA ÁRBORE DOS NENOS p. 09

2. A HISTORIA DO PATO NOITÉBREGO p. 11

3. A HISTORIA DO RAPOSIÑO NA TORRE p. 13

4. A HISTORIA DOS DOUS SALTÓNS p. 15

5. A HISTORIA DO PINCHOPAU p. 17

6. A HISTORIA DA RA E DOS PEIXES p. 19

7. A HISTORIA DOS BACORIÑOS p. 21

8. A HISTORIA DA MÁQUINA DE SALTOS p. 23

9. A HISTORIA DA VACA p. 25

10. A HISTORIA DA BOLBORETA ACABADA DE NACER p. 27

11. A HISTORIA DA PÍNTEGA p. 29

12. A HISTORIA DO NENO E DO PAXARO p. 31

13. A HISTORIA DO ESQUÍO E DOS RATOS p. 33

14. A HISTORIA DO CABALIÑO NA NEVE p. 35

15. A HISTORIA DO FLAN E O GATO p. 37

16. A HISTORIA DO COCHE PEQUENO E DA TOUPA p. 39

17. A HISTORIA DO LEBRATO ORELLUDO p. 41

18. A HISTORIA DAS GALIÑAS E DA LOMBRIGA p. 43

19. A HISTORIA DA PELOTIÑA VERMELLA p. 45

20. A HISTORIA DO LAMEIRO GRANDE p. 47

21. A HISTORIA DO CARACOL NA CIDADE p. 49

22. A HISTORIA DO CAN E A BONECA p. 51

23. A HISTORIA DA ARAÑIÑA E DO CERVO p. 53

24. A HISTORIA DO SOMBREIRO VOADOR p. 55

25. A HISTORIA DO ESCARAVELLO GORDO p. 57

26. A HISTORIA DA MANTEIGA E A FORMIGA p. 59

27. A HISTORIA DA TARTARUGA E O OURIZO p. 61

Page 10: 27 historias para tomar a sopa

Unha vez un neno non quería tomar a sopa.

A nai díxolle: «Voucha dar eu».Entón o neno respondeu: «Está moi quente!».

A nai remexeu a sopa.

Agora xa non estaba quente.Pero entón o neno virou a cabeza e repuxo:

«Non teño fame. Non quero comer. Quero xogar».

Daquela a naiempezou a contarlle un conto

para que tomase a sopa.

Page 11: 27 historias para tomar a sopa
Page 12: 27 historias para tomar a sopa
Page 13: 27 historias para tomar a sopa

9

•1 •

Era unha vez unha nena que tiña un globo e o vento

arrincoullo da man. «Para, para!» berrou a nena, e a árbore

prendeulle o globo. A nena subiu a un banco, do banco subiu

á árbore e agarrou o globo coas dúas mans. «Baixa!»,

berráronlle os outros nenos. Pero a nena respondeu: «Non

podo baixar, que teño que agarrar o globo». Entón un neno

gabeou pola árbore. «Baixa!», berráronlle os outros nenos.

Pero o neno dixo: «Non podo, que teño que agarrar a nena, e

a nena ten que agarrar o globo». Entón unha rapaza gabeou

pola árbore. «Baixa!», volveron berrar os nenos. Pero a rapaza

dixo: «Non podo baixar que teño que agarrar o neno, e o neno

ten que agarrar a nena, e a nena ten que agarrar o globo».

Entón un rapaz gabeou pola árbore. Primeiro colleu o globo e

despois todos volveron baixar da árbore.

A HISTORIA DA ÁRBORE DOS NENOS

Page 14: 27 historias para tomar a sopa
Page 15: 27 historias para tomar a sopa

11

•2 •

Unha vez un parrulo quixo saber como era a noite. Así que non

se foi cos outros parrulos para o galiñeiro; sentou no prado e

observou como ía escurecendo. Púxose o sol e saíron as

estrelas. Era todo tan fermoso que quedou abraiado ollando

para elas. Pero cada vez ía escurecendo máis. O ceo era

inmensamente grande e o parrulo era moi pouca cousa no

medio do prado. De súpeto apareceu vagarosa a lúa por detrás

das montañas. O parrulo estaba asustado, quería botarse a

correr pero a lúa estaba en todas as partes. Pechou os ollos,

pero a lúa seguía estando alí. O parrulo botouse a correr para

o galiñeiro berrando: «Cuá, cuá, cuá!».

Entón chegou unha muller, riuse e meteuno no galiñeiro.

A HISTORIA DO PARRULO NOITÉBREGO

Page 16: 27 historias para tomar a sopa
Page 17: 27 historias para tomar a sopa

13

•8 •

Unha vez un raposiño quixo atrapar un paxaro. Pero o paxaro

fuxiu e pousou no alto dunha torre. O raposiño subiu

silandeiramente. Pero o paxaro voou para unha árbore e alí

quedou o raposo só no alto da torre. Quixo baixar correndo

pero xa non viu as escaleiras, o único que puido ver foi un

burato negro. O raposiño púxose a ouvear de medo.

O paxaro berroulle: «Voa! Voa!». Pero o raposiño non sabía voar

coma un paxaro. O esquío berroulle: «Salta! Salta!». Pero o

raposo non sabía saltar coma un esquío. Soamente ouveaba

cada vez máis. Nestas espertou o moucho, pestanexou e bateu

o peteiro. Daquela o raposo asustouse, caeu a rebolos polo

burato da escaleira. Agora estaba abaixo e sentíase feliz.

Sacudiu o po e marchou correndo. Xa non tiña ganas de pillar

aquel paxaro.

A HISTORIA DO RAPOSIÑO NA TORRE

Page 18: 27 historias para tomar a sopa

Ao principio a naisó lle contou unha historia para tomar a sopa,

e o neno escoitouna.

Abriu a boca para que lle entrase a culler completa,agora a sopa prestoulle.

Igual que lle prestaran as noces aos ratiños.A nai volveu contrar outra historia para tomar a sopa,

o neno escoitouna e volveu abrir a boca.Agora aínda lle soubo mellor a sopa.

Tanto como lle gustara a herba ao cabalo.

A nai aínda lle contou outra historia.A sopa gustáballe cada vez máis.

Igual que lle gustara o flan ao gato.A nai seguiu contando, e o neno seguiu comendo.

E cando as historias para tomar a sopa rematarono prato estaba baleiro.

Page 19: 27 historias para tomar a sopa
Page 20: 27 historias para tomar a sopa
Page 21: 27 historias para tomar a sopa
Page 22: 27 historias para tomar a sopa

C O L E C C I Ó N

Un raposo que non atopa as escaleiras para baixar da torre,

un saltalonxe e un saltaalturas que adoitan discutir,

un osiño de peluche que consegue que o pinchopau se balancee,

unha lebre orelluda que salvará ás súas compañeiras,

un gato ao que lle encanta o flan,

unha vaca que cansou de comer herba

ou unha bolboreta que tiña medo a voar,

son os habitantes destas vinte e sete historias cheas de tenrura

que conseguen poñernos un sorriso.