2 crise ambiental

14
Sistema económico e crise ambiental •Crise ambiental e problemas ambientais

Upload: jmsantaeufemiaotero

Post on 07-Feb-2017

83 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

•Crise ambiental e problemas ambientais

Page 2: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

• O sistema económico está incluído no Sistema ecolóxico (que é más amplo) • O Sistema económico está suxeito ás limitacións do sistema ecolóxico:

• As entradas no sistema económico son as materias primas e a enerxía que utiliza (recursos finitos, cunha duración limitada) • As saídas dependen da capacidade de reciclado e recuperación da natureza fronte aos residuos vertidos

• Non considerar estas limitacións lévanos ao esgotamento dos recursos naturais e a saturación dos residuos, o que destrúe o sistema ecolóxico e leva ao colapso ao sistema económico.

Sistema económico e sistema ecolóxico

Page 3: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

• O sistema económico tradicional, co avance tecnolóxico e industrial, desenvólvese ao marxe dos sistemas naturais

• Esta situación xera unha serie de graves problemas que en conxunto coñécense como CRISE AMBIENTAL. • A crise ambiental ameaza o futuro da humanidade, xa que na actualidade xa sobrepasamos a capacidade

do planeta para sustentarnos

A crise ambiental

Page 4: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

• Crecemento exponencial da poboación mundial e concentración en megacidades • Contaminación do aire, do solo, das augas, pola elevada produción de produtos de refugallo que leva a

graves problemas de saúde e a escaseza da auga limpa • Esgotamento dos recursos naturais: menor produción agraria, pesqueira, industrial, que leva a problemas de

alimentación, redución do benestar humano, etc. • Alteracións climáticas, furado da capa de ozono, agravamento de riscos naturais • Desigual reparto dos recursos económicos e tecnolóxicos: pobreza, emigración, etc.

Principais problemas ambientais que afectan á humanidade na actualidade

Page 5: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

• Cada 15 anos engádense 1.000 millóns de persoas á poboación mundial • As poboacións cada vez están máis concentradas nas grandes urbes • Moitos habitantes das cidades viven na marxinalidade, sen cubrir as súas necesidades

básicas de alimentos, auga potable, sanidade ou educación

Crecemento da poboación e concentración nas grandes cidades: maior consumo de recursos e maior produción de residuos

Page 6: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

• Canto máis aumenta a nosa calidade de vida, maior cantidade de residuos se producen • Cada español produce algo máis de 1 Kg de lixo ó día • A acumulación do lixo é un grave problema nas grandes cidades: olores, contaminacón,

incendios, ratas, insectos, e a propia superficie ocupada polos verquidoiros

Xeración de residuos: contaminación das augas, do solo, do aire

Page 7: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Contaminación das augas, do solo, do aire

• Cada ano prodúcense centos de novos compostos químicos (limpeza, praguicidas, abonos, pinturas, combustibles, etc.), sen coñecer, en moitos casos, dos efectos que poderían ocasionar na saúde e nos ecosistemas

• Estes productos contaminan as nosas augas e o aire que respiramos, e moitos deles rematan incorporándose aos nosos tecidos

Page 8: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

A escaseza de auga e a súa perda da calidade:

• A auga potable é un recurso moi escaso en moitos países pobres, debido á súa escaseza natural, á mala xestión, á contaminación, etc.

• A perda da calidade da auga é responsable da difusión de enfermidades moi graves como o cólera, o tifus, o paludismo, etc.

• A agricultura, a industria e mesmo a demanda doméstica esgotan as reservas naturais de auga doce, que se converte nun recurso imprescindible. Dende 1900 ata 1995 o consumo mundial de auga doce multiplicouse por 12.

• Hoxe en día, case os 2/3 da humanidade sofre o chamado ESTRÉS HÍDRICO

Page 9: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Esgotamento dos recursos non renovables

• O inminente esgotamento dalgúns recursos non renovables como o petróleo e algúns minerais, lévanos a buscar inmediatas solucións para evitar o colapso total do sistema económico e productivo nun futuro próximo

Page 10: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Esgotamento de recursos naturais potencialmente renovables

• A sobreexplotación destes recursos por encima da súa capacidade de recuperación, podería esgotalos de forma irreversible: a pesca, os solos fértiles, algúns cultivos e os bosques sofren hoxe en día unha presión ó límite das súas posibilidades

Page 11: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Perda de Biodiversidade

• As actividades humanas provocan de ano en ano a extinción de multitude de especies animais e vexetais

• Moitas delas xamais as coñeceremos, xa que forman parte de ecosistemas aínda mal inventariados como a selva amazónica ou os fondos dos mares tropicais

• Algunhas destas perdas van-nos privar para sempre de novos alimentos, fármacos ou productos aplicables á industria

Page 12: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Incendios e deforestación

• Hoxe en día, por cada hora que pasa desaparecen de noso planeta uns 16 Km2 de bosque debido ós incendios e as talas.

• Na actualidade máis da mitade da madeira procede de bosques tropicais, xa que os bosques tépedos foron esquilmados ó longo da historia

Page 13: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Cambio climático

• O cambio climático favorece algúns efectos como o avance dos desertos, a fusión dos casquetes polares, a perda de solo cultivable, graves secas, etc.

Page 14: 2 crise ambiental

Sistema económico e crise ambiental

Grandes catástrofes naturais

• As alteracións relacionadas co clima (secas, inundacións, tormentas, ondas de calor) causan decenas de miles de mortos e grandes perdas económicas