tema 9. o franquismo
TRANSCRIPT
ESPAÑA E GALICIA.
A DITADURA DE FRANCOTema 9
A DITADURA DE FRANCO
E OS SEUS APOIOS
LECCIÓN 1
EVOLUCIÓN DO FRANQUISMO
• O Franquismo desenvólvese entre o fin da Guerra Civil (1939) ata a mortedo dictador en novembro de 1975.
• Pasa por dúas etapas diferenciadas:
– Primeira Etapa (1939-1959)
• Séntanse as bases legais do novo Estado (elabóranse as leis polasque se vai rexir).
• Época de enorme represión política (ás persoas non afíns aoréxime franquista).
• Política de autosuficiencia (autarquía) económica.
• O país vive illado da comunidade internacional.
– Segunda Etapa (1959-1975)
• Crece á oposición á ditadura e, pouco a pouco, esta vai entrando en crise.
• Abandóase a autarquía e a economía experimenta crecemento.
• Internacionalmente melloran as relacións.
FUNDAMENTOS IDEOLÓXICOS DO
FRANQUISMO O Franquismo (concentración do poder na persoa de Franco) é
o resultado da mestura ideolóxica de diversas doctrinas:
1. As estructuras teóricas tomounas da doutrina (doctrina) falanxista,como, por exemplo, o emblema do xugo (yugo) e as flechas, ou acamisa azul.
2. Dos fascismos europeos incorporou:
1. O saúdo co brazo en alto.
2. O anticomunismo.
3. A negación do liberalismo e a democracia.
3. O tradicionalismo español vixente dende finais do séculos XIX, taménformaba parte do franquismo. Deste xeito, considerábase herdeiro dagloria de ilustres antepasados españois, como os Reis Católicos ou osprimeiros Austrias.
4. O militarismo impulsado
dende a Guerra Civil.
5. O nacionalcatolicismo,
distintivo do Réxime
franquista. A Igrexa
católica estableceu unha
firme alianza co novo
réxime unha vez rematada
a Guerra Civil, ao que lle
deu lexitimidade. A
cambio, o Franquismo
devolveulle os seus
privilegios e concedeulle
un trato de favor.
APOIOS POLÍTICOS E SOCIAIS
APOIOS POLÍTICOS:
– A Falanxe: encargouse da propaganda ideolóxica e do controlsocial a través de organizacións como:
• Fronte de Xuventudes: Sección da FET (Falange EspañolaTradicionalista y de las Jons), creada para o adoutrinamento damocidade española nos principios franquistas do MovementoNacional. Para acadalo, utilizábanse a formación política, o deporte,as colonias, albergues e campamentos xuvenís.
• A OJE: Organización Juvenil Española fundada coa finalidade dededicar o tempo libre dos mozos afiliados a fins educativos e de servizoaos demais. Foi unha plataforma más na difusión das ideas franquistas.
• A Sección Feminina: Organización feminina vinculada a FalangeEspañola, que potenciou o papel da muller como nai e esposa,sacrificada e obediente, dedicada ás tarefas domésticas e sometidaao marido.
• O Auxilio Social: Organización franqista destinada a prestarlle auxiliohumanitario á pobación en situación de grave necesidade.
– Algúns militares de alto rango, que ocuparon altos cargospolíticos e controlaron a orde pública.
– Moitos católicos.
– Monárquicos que pensaban que restablecería pronto amonarquía.
APOIOS SOCIAIS:
– Dende a primeira etapa:
• Teratenentes.
• Medianos propietarios agrarios do norte e centro peninsular.
• Empresarios industriais.
• Financeiros.
• Moitos funcionarios.
• orde pública.
– Dende a segunda etapa:
• A melloría económica favoreceu a chamada “maioríasilenciosa”, formada por clase media e obreiros apolíticosque aceptaron a falta de liberdades a cambio de certo nivelde benestar.
A POLÍTICA INTERIOR DO
RÉXIME FRANQUISTA
LECCIÓN 2
OS SISTEMA POLÍTICO TOTALITARIO
(1939-1942)
Durante eses anos, se impuxo un sistema totalitario, de tal xeito que Franco concentrou na súa persona:
– A xefatura do estado.– A xefatura do Goberno.– O mando supremo do exército.– Estableceu unha única organización política
(partido único): o Movemento Nacional. Principales leis desta época:
– Leis Fundamentais, en lugar dunha Constitución.– Foro do Traballo, no que se recollían ideas
laborais franquistas e creaba sindicatos verticais.– Lei de responsabilidades poíticas, pola que se
establecían penas e sancións para os derrotados na Guerra Civil.
A SIMULACIÓN DA DEMOCRACIA
(1942-1959)
Ante a previsible derrota dos totalitarismos naSegunda Guerra Mundial, Franco quixo darlleapariencia democrática ao réxime e restableceu as Cortes, pero únicamente con función consultiva. Deste xeito, creou a chamada “Democracia Orgánica”, xa que os seus representantes eran considerados órganos naturais da sociedade (familia, municipio…).
Novas Leis destas datas:– Foro dos Españois. Declaración de dereitos
que na práctica non se cumprían.– Lei de Referendo Nacional.– Lei de Sucesión.– Lei de Principios do Movemento Nacional.
Sintetiza a ideoloxía franquista.
INMOBILISMO, “APERTURA” E CRISE
(1959-1975)
A apertura reflectiuse en novas leis:
– A Lei de Prensa: suprimía a censura previa, pero non eliminaba os “secuestros” de publicacións.
– Lei Orgánica do Estado: separaba os cargos de efe de Estado e presidente do Goberno. Poucodespóis, Franco designaba ao príncipe Juan Carlos, fillo de Juan de Borbón como Sucesor a “título de rei”. Os gobernos deste período incluírontecnócratas.
– Crise do réxime:
» 1973: Franco renuncia á xefatura do Goberno, que asume Carrero Blanco e tras o seuasasinato en manos de ETA, Arias Navarro.
» 20/11/1975: morre Franco e asume a xefaturado Estado o rei Don Juan Carlos.
A OPOSICIÓN Á DITADURA E
A SÚA REPRESIÓN
LECCIÓN 3
A REPRESIÓN POLÍTICA: INTERNA E
EXTERNA
A represión foi moi dura durante todo o Franquismo:
• Moitas persoas tiveron que exiliarse ou esconderse.
• Outras foron asasinadas, encarceradas e torturadas.
• Sufriron moitas trato vexatorio ou foron sancionadas.
• Moitas viviron acasadas polo seu parentesco cos “rojos”, oucon constante temor a seren delatadas polos seus veciños.
Non obstante, organizouse pronto unha oposición interior e
exterior ao réxme franquista.
• No interior:
– Durante a primeira etapa franquista destacaron os maquis
(guerrilleiros diseminados polas montañas) e unha oposición
clandestina.
– Durante a segunda etapa, diversos sindicatos de tendencia
comunista, diversos partidos políticos de esquerda e outros
opositores, concentraron a oposición á ditadura (entre eles,
estudantes universtarios e grupos terroristas como ETA ou o GRAPO).
• No exterior:
– Durante a primeira etapa franquista:
» Os republicanos exiliados restableceron as institucións republicanas.
» Os monárquicos: Don Juan de Borbón escribiu o Manifesto de Lausana (Estoril, Portugal), denunciando o totalitarismo do réxime de Franco e esixindo o restablecemento da monarquía.
– A partir da segunda etapa:
» Elabórase o Contubernio de Munich, unhareunión de grupos de oposición celebrada para esixir a democracia en España.
» Elabórase o Congreso de Suresnes(Francia); neste congreso, entre outrascuestións, adoptouse a socialdemocracia e elixiuse a Felipe González como xefe do partido (socialista)
A POLÍTICA EXTERIOR DO
RÉXIME FRANQUISTALECCIÓN 4
INVESTIGA…
QUE RELACIÓN TIVO A ESPAÑA FRANQUISTA COAS
POTENCIAS DO EIXE DURANTE A SEGUNDA GUERRA
MUNDIAL?
EN QUE CONSISTIU O CONCORDATO COA SANTA SÉ
DE 1953?
COMO ACADOU ESPAÑA O FIN DO ILLAMENTO
INTERNACIONAL E A ENTRADA NA ONU?
EN QUE CONSISTIU A MARCHA VERDE?
DE QUE XEITO PRETENDÍA FRANCO RECUPERAR
XIBRALTAR?
A EVOLUCIÓN ECONÓMICA
LECCIÓN 5
A Autarquía e as súas
consecuencias Tendo en conta o illamento de
España a nivel internacional, España refuxiouse no autoabastecemento, é máis, baseouse no sistema económico empregado polos fascismos europeos, a autarquía.
Características da autarquía:1. Intervencionismo económico
Para desenvolver a autarquía o Réximeincitaba á compra de productos nacionais a través de propaganda.
2. Nacionalizáronse importantes sectores (a telefonía ou o transporte ferroviario).
3. Creouse o INI (Instituto Nacional de Industria) para exercer control industrial.
4. Xeneralizouse o uso de cartillas de racionamento, que limitaban a adquisición de alimentos (sólo podíansemercar as cantidades estipuladas polo Estado):
Consecuencias da Autarquía:
Enorme Inflación (Elevación notable do nivel de prezoscon efectos desfavorables para a economía dun país), o que ocasionou a carestía de alimentos.
O racionamento potencioua existencia dun mercado negro. O estraperloabasteceu nun mercado non oficial.
Pauperización(empobrecemento) da maior parte dos españois, ata o punto que a renda per cápita do ano 1936 non se volveu a alcanzar ata mediados dos anos cincuenta.
O Plan de Estabilización
Antes deste plan, España mellorou grazas á axuda norteamericana:
Púxose fin ao racionamento.A industria beneficiouse dos suministros e patentes norteamericanas aos que nos anos cuarenta (autarquía), non podía ter acceso.
Plan de Estabilización (1959): Tendo en conta a lixeira renovación que sufriu o
Réxime, os falanxistas non encaixaban coa nova imaxe, e foron afastados do poder. No seu lugar entraron os tecnócratas, mozos economistas vinculados ao Opus Dei.
Un dos tecnócratas, Laureano López Rodó, foi o que desenvolveu este plan:• Baseábase na austeridade económica coa
conxelación de salarios.• Encarecemento dos créditos.• Desvalorización da peseta.
A finalidade deste plan era incentivar os investimentos estranxeiros.
Consecuencias do Plan de Estabilización:
Os traballadores foron os que sufriron as peores consecuencias. Dentro das medidas de austeridade, prohibíanse as horas extraordinarias no traballo, horas que daquela permitiran sobrevivir a numerosas familias.
Consecuentemente, moitos traballadores tiveron que emigrar, algo frecuente durante o franquismo dendeaquel momento.
No mesmo ano no que se fai este plan, o presidente americano Eisenhower visita España, o que supón o asentamento definitivo da dictadura franquista.