somosgalego...queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para...

8
O 17 de maio participa nas mobilizacións de Queremos Galego Px. 3 Entrevista a Paul Bilbao, secretario de Kontseilua, plataforma en defensa do euskara Px. 8 A atención en galego é un dereito Px. 5 somos galego Suplemento realizado en parcería pola Mesa pola Normalización Lingüística e por Sermos Galiza

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

O 17 de maio participa nas mobilizacións de Queremos Galego Px. 3

Entrevista a Paul Bilbao, secretario de Kontseilua, plataforma en defensa do euskara Px. 8

A atención en galego é un dereito Px. 5

somosgalego Suplemento realizado en parcería pola Mesa pola Normalización Lingüística e por Sermos Galiza

Page 2: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

2

Por un galego sen límites

EDITORIAL

Volvemos á rúa o 17 de maio. Volvemos porque precisamos a lingua para existirmos como pobo que aínda mantén a dignidade e se querer expresar como o que é, da mellor ma-neira posíbel, co mellor instrumento colectivo que creou, para garantir o seu futuro en todos os ámbitos, no social, no económico, no político. Porque son os pobos que cren en si mesmos, nas súas capacidades, en todas as persoas que os compoñen, na vida digna

para todas elas, os que manteñen, promoven, falan a súa lingua, e non renuncian a ela. Dío con acerto a plataforma cidadá Queremos Galego, que nos convoca este 17 de maio baixo o lema Galego, garantía de futuro. A lingua é o noso futuro, a garantía da nosa existencia.

Enténdeo ben quen día a día se preocupa de expulsar o idioma de todos os seus espazos, os que ten� que� ter� calquera� lingua� que� realmente� o� sexa,� incluído� por� suposto� o� da� oficialidade� real,� práctica,�

onde a exixencia de colocar a lingua, ou de restituíla e normalizala, no noso caso, vai acompañada de accións perceptíbeis e claras, mais que a nós se nos negan, como non se lle negan a dinamarqueses, noruegueses,� castellanos� ou� fineses.� Así� queremos� vivir� en� galego,� como� o� fai� no� seu� idioma� unha�

cidadá de Albacete, Mainz ou Estocolmo, sen trámites imposíbeis, cun ensino normal, sen límites que só mostran desprezo.

O desprezo pola Galiza, polas galegas e galegos, ten a súa expre-sión máis clara no desprezo ao noso idioma. Eliminar a nosa lin-gua é eliminar a existencia de Galiza.

Por iso mesmo non se entende que o goberno galego participe dun xeito tan activo e tan protagonista dos intentos por redu-cir aínda máis a presenza do noso idioma, cando sen el, sinxela-mente, non existiría.

Mais por iso tamén somos miles, como tantas veces demostra-mos, as persoas que non renunciamos á vida, á prosperidade, á mellor das esperanzas para a Galiza, para a súa lingua, e que este 17 de maio sairemos á rúa.

Nas rúas de Santiago, de Vigo, de Pontevedra, de Ouren-se, de Ribadeo, de Ferrol, da Coruña, de Lugo, comeza-remos� tamén� unha� campaña� da� Mesa� dirixida� a� repor� o�

respecto que merecemos as galegas e galegos en todos os servizos� de� atención� ao� público.� Se� algo� hai� cada� vez� máis� nor-malizado neste sector é a coacción, a arrogancia, o insulto e mesmo a negación de servizos. Son servizos que pagamos triplamente caros, porque� ao� custe� económico,� ao� custe� da� humillación� que� tantas� veces�

temos que soportar, súmase o custe de postos de traballo (máis de 2000 desapareceron neste sector en Galiza só entre 2010 e 2012).

Con esta campaña que iniciamos daremos un paso máis. Denunciare-mos, sinalaremos quen nos exclúe, falaremos das consecuen-cias en emprego e condicións de vida digna que non se poden desligar do uso da lingua. Un dereito que que-remos usar e que dea traballo aquí. Un dereito que temos que conquistar coa acción colectiva de todas e todos nós, organizadas e organizados na Mesa pola Normalización Lingüística.

Continuamos a facer normal o que nunca debeu deixar de selo. Neste maio estreando tamén o pri-meiro abecedario feito e pensado exclusivamente en galego, para nenas e nenos galegos, con deseños de Oscar Villán mais tamén acompañado da música de Magín Blanco, como poderedes ler nas páxinas deste Somos Galego.

Page 3: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

3

Galego, garantía de futuro. Manifesto de apoio á mobilización do 17 de maio

O galego garantía de futuro, ten pasado e presente. É a máis grande obra colectiva do po-bo galego. Galiza, o galego, non desaparecerá mentres

non deixemos de usalo, mentres nós reivin-diquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo.

O galego ten presente porque malia o decre-tazo contra o galego, as reformas na adminis-tración, a limitación de recursos que permitan usalo na xustiza, na sanidade; malia a continua utilización de toponimia deturpada no trans-porte e sinalización en estradas, vilas e cidades; malia a súa exclusión da igrexa ou de empresas que reciben abondosas axudas públicas; ma-lia� todas� as� dificuldades� e� exclusións� forzosas�

que nos limitan para vivirmos nel con absoluta normalidade, usámolo sempre, en todo e para todo, facéndoo por nós útil e vivo.

Mantémolo a pesar de termos un gober-no que a través dun decretazo reducíu a súa presenza� no� ensino� ou� o� prohibiu� para� as� ma-temáticas, a física, a química e a tecnoloxía. Mantémolo aínda que por acción ou omisión a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo ga-lego no audiovisual, na dobraxe, no lexenda-do� de� filmes� e� series,� nos� servizos� de� aten-ción telefónica, na etiquetaxe, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís.

Usámolo os 365 días do ano, os sete días da semana� e� as� 24� horas� do� día,� non� só� o� 17� de� maio.�

Insistimos no uso da lingua porque é a nosa, a de todos e todas as galegas, e queremos que vi-va e vivir nela, porque é a existencia de Galiza e porque existir é a nosa maior necesidade.

Hai unanimidade en que os datos estatí-siticos sobre o uso do galego na xente máis nova supoñen un grave problema. Mentres, o goberno da Xunta, que debe a súa propia existencia á lingua galega, só mostra falsa pre-ocupación� ou� realiza� hipócritas� declaracións�

sobre o noso idioma. O goberno que lexislou contra o galego

quere facernos crer que co anuncio dun su-posto Plan para elaborar un documento es-trutural básico de dinamización da lingua ga-lega no tecido económico, xa está solucionado o pro-blema do descenso do uso do galego e todas as limita-cións para a súa normali-dade. A lingua galega non precisa propaganda. Preci-sa accións concretas a fa-vor dela como as xa apro-badas� unanimemente� hai�

dez anos, no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e sobre as que só tivemos retrocesos. O galego preci-sa tamén dun goberno que deixe de lado a irresponsabilidade e asuma as funcións que ten encomendadas, apoiando un amplo mo-vemento que neste momento actúa en soli-tario todos os días.

tante� sinal� de� identidade� colectiva,� é� unha�

demanda social, a da nosa existencia colec-tiva, que os gobernos deben ouvir e atender para actuar. A garantía de futuro do noso país é o galego.

Queremos galego, e activámonos como so-ciedade para telo e repolo nas rúas, nas esco-las, nos parques, nos centros de traballo, nos medios de comunicación, na música, na litera-tura, na saúde, na xustiza e na administración. Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por� fin� un� proceso� de� substitución� lingüística�

que nos debilita e nos limita como país. Por� iso� hoxe� estamos� nas� prazas� e� rúas� de�

Galiza, para dicir ben alto: Queremos Galego, Queremos Galiza con futuro!

A Xunta de Galiza ten que defender a lin-gua non só porque é a súa obriga mais tamén porque� � é� o� principal� factor� de� cohesión� so-cial e de unidade, e porque ningún pobo pode progresar de costas ao seu idioma.

Hai outros gobernos, como os das institu-cións locais, que deberían estar máis próximas ás sensibilidades e preocupacións dos cidadáns e cidadás, onde tamén se poden aplicar as me-didas contempladas no Plan xeral de normaliza-ción da lingua galega, para repor a nosa lingua en todos os espazos que nunca debeu perder e para restaurar o seu uso como lingua propia e� oficial.� Aínda� así,� son� cada� vez� máis� os� que�

exclúen a lingua galega, nomeadamente dos servizos externalizados ou privatizados.

O futuro do galego, o noso máis impor-

O futuro do galego, o noso máis importante sinal de identidade colectiva, é unha demanda social

Page 4: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

A Mesa pola Normalización Lingüística rea-lizou un estudo sobre a lingua galega nas aulas de educación infantil das cidades ga-legas no curso 2013/2014. Os datos son moi preocupantes pois recóllese que declaran

impartir maioritariamente en galego só 2 centros de Ourense e 5 de Santiago de Compostela, dun total de 289 centros,� unha� porcentaxe� � do� 2,42%� � ou� que� só� 19� cen-tros dun total de 289 declaran impartir “algo en galego” (incluíndo aquí tamén os 7 anteriores que din ministrar todo neste idioma).

Se a isto lle engadimos que o coñecido como Decretazo contra o galego no ensino está a acelerar o proceso de desaparición do galego do ámbito educativo en Galiza, a ausencia de materiais didácticos en galego e a falta de interese da administración en dotar de ferramentas de traballo dignas ao profesorado vemos que a situación do galego é alarmante.

A Mesa quere contribuír a mellorar esta situación

44

CORRE Recursos para aprender o abecedario galego

O Correlingua, carreira pola lingua do alumna-do de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Peda-góxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Norma-lización Lingüística, coa colaboración dos

Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo celebrou este ano 2015 a súa décimo quinta edición.

Pasaron� xa� quince� anos,� toda� unha� xeración� de� nenas�

e nenos que participaron nesta actividade poñéndolle palabras a través do manifesto, imaxes coa banda dese-ñada e os vídeos, mesmo música, decidindo que querían oír. Sempre en galego. Quince anos en que persoas do de-porte e do mundo do espectáculo deron exemplo de que a� nosa� lingua� é� unha� lingua� de� comunicación� a� todos� os�

niveis,� que� é� unha� lingua� para� vivir.� Deportistas,� músicos,�

escritoras e escritores, actrices e actores, todos eles e elas demostraron a idoneidade e a vitalidade da lingua de noso. Quince anos en que as prazas e as rúas foron ocupadas por miles e miles de mozas e mozos, nenas e nenos que reclamaban o seu dereito a vivir en galego.

O� Correlingua� é� unha� iniciativa� que� provoca� a� reflexión�

sobre a nosa lingua e que ofrece exemplos da súa ido-neidade e utilidade, deixando na memoria dos máis no-vos a lembranza destes días en que colectivamente to-man conciencia da súa situación e poden gozar con ela na rúa, sexan ou non galegofalantes, ao tempo que en-vían� unha� mensaxe� clara� de� que� desexan� un� idioma� vi-vo e con futuro.

E niso quere incidir o lema do Correlingua 2015: Galego, a nosa creación común! Un lema inspirado nos versos de Manuel María, activo participante no Correlingua. Un lema que quere facer fincapé na nosa capacidade cria-dora como pobo, na nosa riqueza como posuidores dun-ha� lingua� propia,� no� feito� incuestionábel� de� que� a� lingua�

nos une e que con ela estamos no mundo, somos visí-beis, somos nós.

Perto de 40.000 alumnas e alumnos de toda Galiza par-ticiparon� entre� o� 4� e� o� 15� de� maio� nunha� actividade� lúdica�

e reinvindicativa que contou coa participación de Xurxo Souto� e� os� grupos� � Bocinazo,� Monoulious� Dop� e� Sacha� na�

horta,� grupos� gañadores� do� Cantalingua,� que� foron� elixidos�

polo alumnado e profesorado de diversos centros.As citas co galego foron o 4 de maio en Santiago de

Compostela, o 5 de maio en Ribadeo, o 6 en Lugo e Mon-forte de Lemos, o 7 de maio en Ferrol-Narón, o 8 de maio en Vigo e na Estrada, o 11 de maio en Tomiño, o 12 de maio en Bueu, o 13 de maio en Ourense, o 14 de maio na Coru-ña e remata o 15 de maio en Pontevedra.

Nesta edición no concurso de vídeos o gañador foi o CPR Sagrada Familia de Aldán. Como din no video, "o gale-go é de todos" e por iso a nosa lingua se vai creando entre toda a sociedade galega a partir deses pequenos trazos que nos fan singulares dentro do mundo: denominacións propias� dunha� zona� dialectal,� producións� musicais� e� cul-turais propias, maneiras de ser e desenvolverse na vida e, sobre todo, esa pretensión que temos as persoas deste pobo� de� demostrar� ao� resto� que� o� galego� é� unha� lingua�

da que estamos orgullosas e orgullosos.O alumnado de 4º de ESO do CPI de Pontecesures foi

o gañador do concurso de manifesto. O texto reflexiona sobre� a� actual� situación� do� idioma� facendo� un� chama-mento a actuar na procura de inverter a situación actual de perda de falantes.

� O� Correlingua� é� unha� actividade� normalizadora�

que promove a reflexión sobre a situación do noso idioma e incide na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente ne-cesario no actual contexto en que os datos estatísticos in-ciden na perda de falantes do noso idioma. É un proxecto aglutina un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, de algo creado polo noso pobo, como é o galego. A NOSA CREACIÓN COMÚN.

polo que elaboramos un proxecto didáctico de vo-cabulario infantil ilustra-do destinado á educación infantil. Este proxecto ten como obxectivos incre-mentar o uso do galego na educación infantil, propor-cionar materiais en gale-go para nenas/os de 0 a 6 anos e potenciar o uso de vocabulario en galego.

O libro O abecedario, as 23 letras do abeceda-rio galego acompañadas dunha� ilustración� de� Ós-car Villán contou coa co-laboración do Concello de Pontevedra para a edición. Este libro é para aprender o abecedario mais tamén para admirar as ilustra-ción, para ver, imaxinar ou inventar. Aprenderán a asociar letras e imaxes, a distinguir a grafía de ca-da letra e ampliarán o seu vocabulario.

Para facilitar a a apren-dizaxe da lectoescritu-ra podemos usar tamén a lámina coas letras do abecedario en maiúscula acompañadas da ilustra-ción de obxectos, animais que comeza por esa mes-ma letra.

Dentro deste proxecto didáctico incluímos a mú-sica para que aprendan o abecedario galego cantan-do. A canción O abeceda-rio, con letra e música de Magín Blanco pode escoi-tarse nun vídeo na canle de youtube da Mesa.

Magín Blanco é un re-ferente na música infantil en galego. Coñecido polos

seus álbums A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo e por co-laborar en María Fumaça, Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle e moitos máis.

A� letra� da� canción� de� O� abecedario� é� unha� boa� fe-rramenta para ensinarlles aos nenos e nenas o abece-dario galego así como para estimular a linguaxe oral e ao mesmo tempo entretelos. Cantar é un excelente recurso didáctico para os nenos e nenas. Favorece o desenvolvemento da atención, concentración, memo-ria, imitación, comunicación e socialización.

Magín Blanco conseguiu facer co noso abecedario unha� linda� sopa� de� letras� chea� de� palabras� fermosas�

como agasallo, cenoria, esquíos, folla, lentellas, nenos e nenas, ollomol, paxaros, quiquiriquí, xesta e zume.

Co� a,� be,� ce,� de,� co� e,� efe,� gue,� co� hache,� co� i,� co� ele,�

co eme, co ene, co eñe, co pe, co que, co erre, co ese, co te, co u, co uve, co xe, co zeta. Canta a canción do abecedario,� ensínalles� dunha� forma� divertida� as� le-tras e a ler aos nenos e nenas en galego.

Page 5: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

55

Queremos atención en galego, queremos traballo aquíA

Mesa pola Normalización Linguística e a Federación de Banca da CIG presenta-mos� unha� campaña� nacional�

para reivindicar o dereito a sermos atendidos/as en galego nos cen-tros� de� chamadas� das� empresas� que� ope-ran no noso país. Esta medida permitiría a creación de máis de 2000 empregos en Galiza e remataría coa discrimina-ción do idioma nesta materia, polo que chaman� ao� conxunto� da� cidadanía� a�

sumarse á iniciativa.Preténdese concienciar a sociedade

galega da necesidade de esixirmos o dereito a sermos atendidos/as na lin-gua propia do país, non só para rema-tar coa discriminación existente nesta materia senón tamén porque permi-tiría a creación de emprego.

As grandes empresas que operan en Galiza, e que teñen subcontrata-dos os servizos de atención telefónica aos clientes, mantiñan estes centros de� chamadas� no� país,� mais� na� última�

década� apostaron� polo� seu� peche� e�

deslocalizaron o servizo para centra-lizalo en grandes centros de traballo situado en terceiros países, nomea-damente América Latina e Marrocos, pasando no conxunto do Estado dos 14719 empregos existentes en 2008 aos 33.085 en 2012.

No caso galego esta deslocaliza-ción foi aínda máis grave debido ao uso exclusivo do castelán nas rela-cións comerciais, o que motivou o peche� de� numerosos� centros� de� tra-ballo que foron trasladados a outras partes do Estado. Así, entre o ano 2010 e 2012 destruíronse arredor de 2040 empregos, mentres 100.000 ga-legos/as tiveron que emigrar pola falta de oportuni-dades no país. A creación de em-prego é ademais nun sector am-plamente femini-zado e onde traba-llan moitos mozos/as, colectivos que foron duramente golpeados pola cri-se económica.

B a i xo o l ema ‘Queremos aten-ción en galego. Que-remos traballo aquí’ nesta campña a ac-ción individual terá un protagonismo es-pecial,� tanto� á� hora�

de denunciar os ca-sos de discriminación por parte das empre-sas no que respecta á comunicación en ga-lego como á de recla-mar o noso dereito a sermos atendidos/as no noso idioma.

Distribuiranse uns cartóns postais que se pode-rán enviar ás compañías, instándoas a ga-rantir o uso do galego como lingua prefe-rente en todas as súas comunicacións e nos servizos que teñan un contacto per-soal, “agás que os clientes indiquen outra preferencia”. Tamén se lles demanda que

nos casos onde se oferten diferentes opcións “o galego sexa sempre unha� opción� real”.

Ademais, incidirase na necesidade de solicitar que a documentación, facturas e formularios estean en galego. Para isto tamén se recollerán sinaturas a través de Internet e con mesas nas rúas e realiza-

do’ por parte do persoal dos centros de chamada� localizados� fóra� do� país.

Casos coma estes tamén comezan a ser xa� habituais� incluso� en� organismos� ou�

servizos dependentes da Administra-ción pública como resultado das priva-tizacións. Como exemplo o acontecido no Carballiño, onde a empresa contra-tada polo Concello para levar a cabo a

recadación tributaria negouse a atender as persoas que se dirixían en galego porque só conta con persoal de fóra de Galiza.

Coa campaña pretendemos precisamente que cousas coma esta deixen de acontecer, tanto porque temos dereito a sermos aten-didos no noso idioma como porque é nece-sario poñer en valor o galego como xerador de emprego e de riqueza para o país.

Ao sermos atendid@s no noso idioma pomos en valor o galego como xerador de emprego e de riqueza para o país

ranse reclamacións colectivas fronte ás grandes compañías de luz, auga telefonía, banca, seguros, etc.

Xunto a isto, ponse de manifesto a exis-tencia de múltiples casos de discrimina-ción e incluso de coaccións, xa que cada vez� resulta� máis� habitual� escoitar� cousas�

como ‘ou me falas español ou non te aten-

Page 6: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

6

CONSULTORIODALIÑADOGALEGO902 10 64 74 / [email protected]

OS NOSOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS NOS CONCELLOS

Con motivo do comezo da campaña electoral para as municipais do 24 de maio, A Mesa vén

candidaturas que se presentan a estes comi-cios para que asuman un compromiso claro e

-

--

-

-

-

-

-

galego e dispormos de formularios e o resto da documen--

-pendencias municipais, etc. Así mesmo, tanto os alcaldes e

o galego cando falen en virtude do seu cargo. -

torio, temos igualmente garantidos estes dereitos a usarmos

-

QUE DEBEMOS FACER SE UN CONCELLO VULNERA OS NOSOS DEREITOS?

-

-

-

e responder a nosa queixa. Actívate! Defende os teus

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona segue a

difundir a cultura galega en Barcelona e pechou o mes

de abril con dous novos actos culturais arredor da

diada de Sant Jordi

Por Xurxo Feijoo García,

Integrante da ACGB

Acotío, cando anali-zamos socioloxica-

adoitamos caer en -

dade de xente riqui--

dade e que, por tanto, crea produtos

--

orgullosa de ser realmente galega e

As actividades que facemos teñen to-

-

mantén a pegada no presente e a olla--

-

-dren en contacto coa cultura galega en

que fomos quen de crear este espazo de galeguidade pensado principalmen-

--

-

-

-ñen un especial valor para a cultura galega

-pamos nun acto organizado pola organiza-

-

-cer literatura en lingua galega, algo pouco

-

-

O segundo dos actos tivo lugar no mes---

-

-

-tas da xornada destacamos a protagoniza-

prognosticou que non venderiamos nin o

e estamos moi orgullosos.

mes de maio e xa temos axendadas outras

A Esmorga

-

-

-

Page 7: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

7

Agresión á lingua na Virxe da Barca

n dos trazos --

racterísticos do noso sis-

-tico é a exis-

tencia de morfemas flexionais andar, andares, andar,

andarmos, andardes, andaren

flexionado nos textos galego-portu-gueses medievais, mais no galego

-perar da vitalidade que mantén no

pola influencia do español. De aí a necesidade de reforzarmos o seu uso e de as persoas dedicadas ao ensino

-

-ra indicar que o infinitivo ten suxeito

el expresada é coñecido polo con-

esta igualmente nas perífrases ver--

Temos de facer; Están a falar -

querer, po-der, deber mandar, facer,

Por Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Catedrático de Filoloxía

galega na UDC

deixar, permitir sentir, ver -

Queremos comer; Mandaron facelo

uso nos seguintes casos:

-

Estares ti alí con eles virou decisivo; Admitiron de mal grado seren eles os culpábeis

suxeito expreso, estiver referido a un axente determinado non indicado no

Convén virdes con tempo; Admitiu sermos os mellores

-

-Castigoute por chega-

res tarde; Antes de saírmos de viaxe temos de acabar o traballo

De todos os modos, existen facto-res que favorecen o seu emprego: presenza dun pronome reflexivo ou dun complemento predicativo xunto

Non saias sen te pentea-

res; Acho que todos son aptos para ocuparen o cargo

Temos nes-te momento, e debido ao temporal, de tomarmos medidas especiais

Vires hoxe foi unha sorteCómpre saír-

mos agoraFoi un erro

intervires ti precisamenteMerecédelo por serdes tan serios

-

o uso do infinitivo flexionado sempre

non virar estilisticamente desacon-

que un infinitivo flexionado pode desempeñar a maior parte das fun-

Aprobar-mos foi óptimo -

Víaos falaren con xente da vila Que pre-tendes con iso, impores a túa idea?

Tiñan máis ganas de falaren que de ouviren o sermón

Quen che mandou estares

alí? -Pasouche por seres tan no-

voPara alén do seu valor intrínse-

co como elemento caracteriza-

portugués, o infinitivo flexionado é un vigoroso elemento estilísti-

-

todo o tipo de textos escritos e -

uso, sempre dentro da correc--

-

da autenticidade da lingua e do seu porvir.

Polo contrario, un galego sen a presenza do infinitivo flexio-nado é un galego sen alma e sen futuro.

MÁIS

As� obras� de� rehabilitación� e� repara-ción do Santuario da Virxe da Barca de Muxía excluíron a presenza do ga-lego� engadindo� unha� sinalización� na�

pedra onde se pode ler “Nuestra Sra de la Barca”.

� Isto� constitúe� unha� agresión�

con toda a intención por parte dun-ha� igrexa� católica� que� non� é� capaz� de�

mostrar ningún respecto pola lingua galega� e� mantense� no� desprezo� his-tórico que mostrou a súa xerarquía.

Non se pode concibir como unha� institución� que� ten� ao� seu� car-go o coidado de grande parte do pa-trimonio artístico galego, mostre tal desprezo pola lingua propia do país, o seu principal patrimonio colectivo, e mesmo pola legalidade.

Desde a Mesa criticamos a pa-sividade da administración pública que non fai nada para que se repoña e� rehabilite� a� lingua� galega� no� coñe-cido santuario muxían da Virxe da Barca, único nome lexítimo, legal e polo que é coñecido.

A Mesa lémbralle a Facenda que o galego é unha lingua oficialComezada a campaña da de-claración da renda de 2014, A Mesa pola Normalización Lingüística comprobou como, máis� unha� vez,� a� Axencia� Tri-butaria obstaculiza o dereito da cidadanía a facer a declara-ción da renda en galego.

Son frecuentes as queixas e denuncias contra esta admi-nistración pola vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía, dentro da liña de retrocesos e ataques ao res-pecto das linguas diferentes do castelán. No caso galego o programa en galego esti-vo dispoñíbel máis tarde que en español e cando quere-mos presentar a declaración da renda nas delegacións en galego non é posíbel.

A Mesa pola Normaliza-ción Lingüística xa ten de-nunciado noutras ocasións esta actitude contra a lin-gua galega da Axencia Tri-butaria.

Page 8: somosgalego...Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita

CONTRACAPA

“Se queres cambiar o mundo non podes partir dunhas institucións que non defenden realmente a igualdade lingüística"

PAUL BILBAO SECRETARIO XERAL DE KONTSEILUA

Donostia 2016, Capital Europea da Cultura� é� unha� grande� oportu-nidade para apostar pola cultu-ra e o diálogo. O proxecto ten unha� especial� incidencia� en� di-

ferentes ámbitos, entre eles os que impul-san a diversidade lingüística. Falamos con Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua, a plataforma de numerosas asociacións que ten por obxecto o pleno desenvolvemento do euskara.

De Kontseilua estades a promover un Cu-

mio Europeo da Diversidade Lingüística no

marco da Capitalidade Cultural Donostia

2016. Como xorde este proxecto?

Donostia será o foco principal da cultura eu-ropea en 2016. Tendo en conta que en Donos-tia� existe� unha� lingua� propia� minorizada,�

pensamos que a capitalidade europea debe reflectir� a� necesidade� dunha� correcta� xes-tión� da� diversidade� lingüística� e� ofrecer� unha�

ferramenta� para� conseguir� unha� verdadeira�

igualdade lingüística en Europa.

Cales son os seus principais obxectivos?

O proxecto baséase en catro obxectivos. Por unha� banda,� garantir� a� diversidade� lingüística�

e asegurar o desenvolvemento das linguas, así como reivindicar que son bases fundamentais para a convivencia e a paz. En segundo lugar, crear� unha� ferramenta� eficaz� a� favor� da� igual-dade das linguas e do desenvolvemento das linguas en situación de desvantaxe. En tercei-ro lugar, mostrar a sociedade civil organizada como motor deste proceso e como eixo para a� verdadeira� garantía� dunha� xestión� xusta� da�

diversidade lingüística. E, como non, en cuarto lugar, conseguir que Donostia e a capitalidade cultural� europea� sexan� un� fito� neste� proceso.

O cumio non quere ser un simposio máis

nin o típico encontro de expertos, mais un

lugar de decisión no que os axentes sociais

decidan e desenvolvan ferramentas útiles

para o futuro das súas linguas. Como vai

contribuír este encontro a crear un ins-

trumento efectivo para a igualdade das

linguas e a promoción daqueles idiomas

en situacións menos favorábeis?

Abrimos un proceso entre axentes sociais, entidades e expertos para que elaboren un protocolo que garanta a igualdade lingüística europea. Evidentemente, a verdadeira igual-dade� lingüística� baséase� en� pór� en� marchas�

mecanismos efectivos para o desenvolvemen-to das linguas menos favorábeis.

outros enfoques centrados no papel das

institucións. Isto tamén se reflicte no

perfil das entidades organizadoras…

As institucións cambian, os políticos cambian, as prioridades das institucións cambian... A sociedade civil organizada demostrou nas últimas décadas, con gran traballo e esforzo, que independentemen-te de quen goberne, traballa sempre des-de as necesidades das linguas, non desde as necesidades partidistas. Polo tanto, cremos que este protocolo é demasiado importante como para deixalo en mans de políticos, e debe ser a sociedade ci-vil organizada a que se empodere e faga a proposta. Se queres cambiar o mundo non� podes� partir� dunhas� institucións� que�

non defenden realmente a igualdade lin-güística. Debe ser a sociedade civil quen faga esa proposta para logo presentala ás institucións que son quen deberán executala.

tos lingüísticos aprobada en Barcelona en

1996, precisamente cando se van cumprir

20� anos� daquel� fito� histórico...� Así é. 1996 foi un ano moi importante no ám-bito dos dereitos lingüísticos. Despois dun longo proceso, decenas de organizacións non gobernamentais, expertos mundiais e outras entidades� presentaron� un� documento� histó-rico no que se recollían por primeira vez os dereitos lingüísticos. Nós, vinte anos despois, presentaremos o protocolo que se debería seguir para que se garantan os dereitos re-coñecidos nesa declaración. Pensamos que será� un� novo� fito� � para� garantir� a� verdadei-ra diversidade lingüística europea. Imos dar un� salto� da� teoría� á� práctica.� É� dicir,� defini-remos os mecanismos necesarios para que se garantan eses dereitos.

Dades moita importancia ao papel que

xogan as comunidades lingüísticas e

o liderado da sociedade civil fronte a

Xeralmente os Cumios son organizados po-los Estados. No noso caso, consideramos que a� sociedade� civil� ten� a� suficiente� lexitimida-de� para� facer� un� proxecto� e� unha� proposta�

desta envergadura.

Como se elaborará este protocolo para ga-

rantir a igualdade lingüística?

En primeiro lugar, seis entidades con pres-tixio� internacional� definirán� as� bases� do�

protocolo (sempre tomando como base os seus valores e principios), e o seu esqueleto. Despois� � vinte� expertos� farán� as� súas� ache-gas.� Unha� vez� preparado� o� primeiro� borra-dor, faranse contrastes con organizacións civís que traballan polo desenvolvemento das linguas. A nosa intención é que sexa un proceso participativo onde representantes sociais das linguas minorizadas europeas poidan� realizar� a� súa� achega.� Esa� é� a� mellor�

maneira para blindar este proxecto.Partides da Declaración universal de derei-