cidades iluminadas pfloriani 2012

9
IES PEDRO FLORIANI, REDONDELA Rede de Escolas de Amnistía Internacional CIDADES ILUMINADAS CONTRA A PENA DE MORTE 30 de Novembro de 2012

Upload: vella-cova

Post on 21-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Acto do Grupo da Rede de Escolas de Amnistía Internacional (IES Pedro Floriani, Redondela) co gallo do Día Internacional das Cidades Iluminadas pola Vida, 30 de Novembro de 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Cidades iluminadas pfloriani 2012

IES PEDRO FLORIANI, REDONDELA

Rede de Escolas de Amnistía Internacional

CIDADES ILUMINADASCONTRA A

PENA DE MORTE

30 de Novembro de 2012

Page 2: Cidades iluminadas pfloriani 2012

30 DE NOVEMBRO DE 2012

Día Internacional dasCidades Iluminadas pola Vida

O 30 de novembro, Día Internacional contra a Pena deMorte. Con este motivo Amnistía Internacional únese aoutras organizacións para organizar a Xornada Interna-cional das Cidades Iluminadas pola Vida, na que as ci-dades mostran a súa oposición ao castigo capital iluminan-do algúns dos seus edificios máis emblemáticos (pica naimaxe para ver a información na páxina de AI).

Page 3: Cidades iluminadas pfloriani 2012

Este ano o noso grupo da Rede de Escolas participa re-producindo un dos Viadutos da nosa vila e encartelándoo:

FAGAMOS DA PENA DE MORTEUNHA PENA EN EXTINCIÓN

A nosa actividade ten máis sentido este ano porque ta-mén o noso concello tamén participa nesta acción interna-cional, aprobando a declaración e colgando as pancartasque se recollen ao final deste documento.

Page 4: Cidades iluminadas pfloriani 2012

O VIADUTO

Page 5: Cidades iluminadas pfloriani 2012

O CARTEL

Page 6: Cidades iluminadas pfloriani 2012

A EXPOSICIÓN

Page 7: Cidades iluminadas pfloriani 2012

REDONDELA, CIDADE ILUMINADA

A nosa vila tamén é unha cidade iluminada

Page 8: Cidades iluminadas pfloriani 2012

MANIFESTO CONTRA A PENA DEMORTE

Hoxe, ao mesmo tempo que en moitas cidades de todo o mundo, conmemo-ramos o Día Mundial Contra a Pena de Morte / Día Internacional de Cidadespola Vida. Desde Redondela queremos expresar o noso rexeitamento á penade morte polo seguinte:

- Consideramos que a pena de morte é a negación máis extrema dosdereitos humanos. É un asasinato premeditado, a sangue frío, perpetra-do por un Estado, pretendidamente en nome da Xustiza.

- A pena de morte viola dereitos humanos básicos: o dereito á vida e odereito de todas as persoas a non seren vítimas de tratos crueis, inhu-manos e degradantes...

- É discriminatoria. A miúdo é utilizada de forma desproporcionadacontra os economicamente máis desfavorecidos, as minorías, os mem-bros de determinadas comunidades raciais, étnicas e relixiosas.

- A pena de morte lexitima un acto de violencia e vinganza levado acabo polo Estado. Prolonga a dor das familias das vítimas do delito e osufrimento aos seres queridos da persoa condenada.

- A pena de morte é arbitraria e irreversible e, dado que a xustiza hu-mana non é infalible, nunca poderá eliminarse o risco de executar unhapersoa inocente.

Exemplo desta arbitrariedade e irreversibilidade son as máis de 130 persoasexoneradas en Estados Unidos desde 1976.

Nos últimos anos veñen dándose avances e pasos positivos para facer quea pena de morte non sexa senón un referente do pasado, mesmo en paísesnos que a pena de morte estaba moi arraigada. O ano pasado tan só 20 paíseslevaron a cabo execucións. Actualmente, 140 países, máis de dous terzos dospaíses de todo o mundo, son abolicionistas, ou ben na lei, ou ben na práctica.

Pero non todo son boas noticias. Os países que executan fano cada vez enmaior medida. China, Irán, Arabia Saudita, Estados Unidos e Iraq teñen o dubi-doso orgullo de encabezar esta listaxe. Arabia Saudita triplicou o número deexecucións do ano pasado. Só na China foron executadas o ano pasado máispersoas que no resto dos países executores. Irán executou menores de idade.Estados Unidos executa persoas con discapacidade mental. Outros países,como Sudán, condenan mulleres a morreren lapidadas.

Non podemos baixar a garda; este ano, en decembro, será votada nasNacións Unidas unha nova resolución a prol dunha moratoria mundial.Que mellor momento para que os gobernos de todo o mundo tomen posi-cións fronte á pena de morte!

Coa vosa axuda, un mundo libre de execucións é posible!!Non á pena de morte!!

Page 9: Cidades iluminadas pfloriani 2012

CARTEIS CONTRA A PENA DEMORTE