ano da serpe - avelainhateatro.files.wordpress.com · cínico. de tendencia fascista e nacionalista...

2
ELENCO Manolo Dasilva Stefano Luigi Ferraro Jésica Pérez Sima Yi Raúl Alonso Coto Lameiro Victorino Martínez Doutor Coello Rosario Alonso Liang Zhù Meri Comesaña Lara Campiño CORO: María Xosé Iglesias Eugenia García Pastora Comesaña Manolo Dasilva Jésica Pérez Raúl Alonso Victorino Martínez Rosario Alonso Meri Comesaña Doro Piñeiro FICHA TÉCNICA : Atrezo Roberto Troncoso / Remixio Davila Vestiario Escoitade Confección vestiario Pastora e Meri Comesaña Mª Xosé Iglesias Espazo escénico Escoitade Decorados Remixio Davila Carpintería Dionisio Figueroa Iluminación e son Ade Alonso Produción CVC de Valladares Comunicación Manolo Dasilva Axudante de dirección Raúl Alonso Dirección Doro Piñeiro NECESIDADES TÉCNICAS: Escenario: Ancho: 6 m Alto: 4 m Fondo: 6 m Potencia eléctrica: 16 Kw CONTRATACIÓN Duración: 75 minutos (aprox.) Farsa. Apta para todos os públicos Centro Veciñal e Cultural de Valladares Estrada Xeral de Valladares, 261 | 36315 VIGO TELF.: 986 467 053 FAX: 986 467 052 CORREO-E: [email protected] | [email protected] A fatídica festa do Ano da Serpe de Doro Piñeiro TEATRO ESCOITADE

Upload: vonhu

Post on 30-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ELENCO Manolo Dasilva Stefano Luigi Ferraro Jésica Pérez Sima Yi Qí Raúl Alonso Coto Lameiro Victorino Martínez Doutor Coello Rosario Alonso Liang Zhù Meri Comesaña Lara Campiño CORO: María Xosé Iglesias Eugenia García Pastora Comesaña Manolo Dasilva Jésica Pérez Raúl Alonso Victorino Martínez Rosario Alonso Meri Comesaña Doro Piñeiro FICHA TÉCNICA : Atrezo Roberto Troncoso / Remixio Davila Vestiario Escoitade Confección vestiario Pastora e Meri Comesaña Mª Xosé Iglesias Espazo escénico Escoitade Decorados Remixio Davila Carpintería Dionisio Figueroa Iluminación e son Ade Alonso Produción CVC de Valladares Comunicación Manolo Dasilva Axudante de dirección Raúl Alonso Dirección Doro Piñeiro NECESIDADES TÉCNICAS: Escenario: Ancho: 6 m Alto: 4 m Fondo: 6 m Potencia eléctrica: 16 Kw CONTRATACIÓN Duración: 75 minutos (aprox.) Farsa. Apta para todos os públicos Centro Veciñal e Cultural de Valladares Estrada Xeral de Valladares, 261 | 36315 VIGO TELF.: 986 467 053 FAX: 986 467 052

CORREO-E: [email protected] | [email protected]

A fatídica festa do

Ano da Serpe de Doro Piñeiro

TEATRO ESCOITADE

Título principal

A fatídica festa PEZA TEATRAL EN DOUS CADROS

A Mediados do século XIX. Comezo do ano da Serpe do Lume do gran estado chinés.

Celébrase, entón, nos arredores e no alboio da clandestina colonia chinesa da comarca das

rías a chegada do novo ano. O balbordo da festa; con participación do dragón, máscaras,

tracas, adobíos, enfeites e vestimentas da ocasión, oculta a desgraciada morte do ancián

egrexio Cao Yang. A festa remata de contado ao descubrirse a traxedia, fuxindo en

escorrentada os presentes e deixando o morto no centro do escenario. O defunto Cao

Yang, esposo da moza Sima Yi Qí, morreu pola causa dun fulminante veleno que lle

administraron na entrementres da festa.

O comisario Stefano Luigi Ferraro, antigo oficial militar, foi expulsado de Italia por

aliarse con Austria cando a invasión de Piamonte, e acadou o exilio nun pobo costeiro das

rías na rexión occidental española. Cínico. De tendencia fascista e nacionalista e inimigo

acérrimo de Francia e de toda as minorías étnicas, foi recrutado pola policía do país en

calidade de investigador-comisario de menor rango. Por elo foille asignado o encargo de

resolver o crime e topar o culpable ou culpables.

O evidente desconsolo de Sima Yi Qí, viúva de Cao Yang, acentúa a ledicia do

comisario Stefano Luigi Ferraro o que desagrada ao seu namorado platónico Liang Zhù.

Mentres o forense, Dr. Coello, e o axudante do comisario, Coto Lameiro, xuntan as probas

do acontecido, a Intendente Lara Campiño trata de dar freo aos evidentes excesos do

comisario cara a colonia chinesa.

Por fin o culpable é descuberto e cae sobre el todo o peso da lei.

do Ano da Serpe

PERSONAXES:

- Stefano Luigi Ferraro. Comisario de policía, fillo de Paolo e de Annunziata,

de orixe italiano da rexión de Calabria. Afincado no país

dende hai máis de vinte anos. Gusta da bebida, 58 anos.

- Sima Yi Qí. Chinesa. Amante forzada de Stefano e esposa do defunto Cao

Yang. 25 anos. Da colonia chinesa do país.

- Coto Lameiro. Axudante do comisario. Embarulleiro compulsivo, requintado,

40 anos.

- Doutor Coello. Funcionario forense. Tamén gusta da bebida, 50 anos.

- Liang Zhù. Chinés. Namorado platónico de Sima Yi Qí, 30 anos. Da colonia

chinesa do país.

- Lara Campiño. Intendente da policía. Fachendosa, 34 anos.

- Cao Yang Chinés. Marido de Sima Yi Qí. 67 anos. (Personaxe simulado).

- Coro. Da colonia chinesa afincada no país.