tríptico. saída ao teatro. pelos na lingua
Post on 16-Apr-2017
979 Views
Preview:
TRANSCRIPT
PELOS NA LINGUA
Pelos na lingua é unha comedia, que podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema : OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS.
Tal e como sinalou a compañía Talía Teatro, na presentación da obra: Pelos na lingua vai destinada a todo o mundo: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben,
aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, a todos e todas.
O espectáculo está interpretado por Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez baixo a dirección de Avelino González.
SAÍDA DIDÁCTICA AO TEATRO.
PELOS NA LINGUA
DE RIANXO A COMPOSTELA
TAREFAS CENTRAIS:
Saída didáctica ao teatro Participación na representación da
obra de Talía Teatro. Realización de fotografías e
gravacións da saída.
TAREFAS PREVIAS:
Lectura da obra de Séchu Sende. Realización dun cuestionario na
Aula Virtual
O SALÓN TEATRO
O Salón Teatro é o único espazo de exhibición
escénica de titularidade exclusiva da Xunta de
Galicia. Sede do CDG, acolle as representacións da
compañía pública, así como outro tipo de
espectáculos. Convértese así en referente cultural
para a cidade de Santiago de Compostela e a
Comunidade Galega.
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
Unidade de produción teatral -compañía de teatro-
adscrita á Xunta de Galicia, o Centro Dramático
Galego comezou a súa traxectoria en 1984 co
obxectivo de contribuír á normalización e
regularización da actividade teatral galega, é dicir,
EN GALEGO.
Foi en 1991 cando a compañía pública se presentou
diante dos espectadores como centro -artístico- de
produción do Axencia Galega das Industrias
Culturais (da Axencia Galega das Industrias
Culturais dende xuño de 2008).
Nestes máis de 20 anos de historia, as principais
liñas de programación do Centro, cunha media de
tres producións por tempada, apuntaron cara a
varias direccións: recuperación dos nosos autores
fundamentais, presenza dos dramaturgos galegos
contemporáneos, incorporación á escena galega de
grandes nomes da literatura dramática universal de
todos os tempos, promoción do teatro infantil e
proxección exterior do noso teatro, entre outras.
TALÍA TEATRO
Talía Teatro
é unha compañía teatral creada en 1988, cun selo
propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha
marca con denominación de orixe que definen un
estilo e unha forma de facer teatro.
Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera cultura e ilusión, ao mesmo tempo que consolida un equipo de traballo estable.
Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención ao teatro infantil e xuvenil porque considera que a creación de novos públicos é unha das materias pendentes do teatro feito en Galiza.
TAREFAS POSTERIORES:
Elaboración dun mapa que recolla o percorrido desde o centro até o Teatro, ao que se lle engadirán as imaxes tiradas durante a saída.
Elaboración dun artigo de crítica teatral, en torno á representación da obra Pelos na lingua.
Preparación dunha entrevista ao autor de Made in Galiza, que nos visitará despois de termos asistido á representación teatral.
DDEEPPAARRTTAAMMEENNTTOO DDEE
LLIINNGGUUAA EE LLIITTEERRAATTUURRAA
IIEESS FFÉÉLLIIXX MMUURRIIEELL
RRIIAANNXXOO
top related