reserva da biosfera Área de allariz

Post on 15-Apr-2017

112 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

RESERVA DA BIOSFERAÁrea de Allariz

DATA DE DECLARACIÓN: 29 de Xuño de 2005 SUPERFICIE: 21.842 haCONCELLOS: Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.VALORES NATURAIS: ríos (Arnoia, Limia), veigas e bosques de ribeira, touzas, sebes e monte. Inclúe os espazos protexidos:LIC Veiga de Ponteliñares ZEPA A Limia Monumento Natural: Carballa da Rocha VALORES CULTURAIS: restos arqueolóxicos, monumentos, conxuntos urbáns, muíños, pontes, curtidurías, tradicións...

O territorio está artellado arredor dos vales do Arnoia e Limia e os macizos montañosos que os separan.É unha área de grande importancia bioxeográfica, onde conflúen características mediterráneas e eurosiberianas.

Zona núcleo (149,2 ha, 0, 7%): lugares nos que é posible atopar ecosistemas naturais menos alterados: os humidais da Veiga de Ponteliñares, A Carballa da Rocha, O Briñal, O Canelar, O Foxo Vello, O Ruxidoiro, O Castro de Castrelo e O Castro de San Miguel.

Veiga de Ponteliñares

Veiga de Ponteliñares

O Canelar (Allariz)

O Ruxidoiro (Vilar de Santos)

Zona tampón (1.054,6 ha, 4,9%): áreas nas que as actividades a desenvolver contribúen a mellorar a conservación, dentro dun marco de aproveitamento sostible dos recursos (gandaría autóctona en réxime extensivo, agricultura, recuperación de explotacións forestais abandoadas...).

Vaca de raza limiá en Rairiz de Veiga.

Zona de transición (20.278 ha, 94,4%): case a totalidade do territorio conta con Plans de Ordenación con criterios de desenvolvemento sostible.A poboación aproxímase aos 10.000 habitantes.

Santa Baia de Berredo (A Bola)

RELEVEPresenta grandes variacións, desde A Limia, unha depresión chán e chea de sedimentos, ata as alturas da Penamá (927 m).As rochas dominantes nos cumes son os granitos, maiormente os de dúas micas, e en menor cantidade granodioritas e gneis.

Vista desde o cume de San Cibrao

Serra de Monte CalvoSepara o val do Arnoia da Limia. O cume máis alto é A Gurita ou Penamá con 928 m.

Penamá desde Penamá (Allariz)

Monte de San Cibrao (912 m). Pequeno macizo montañoso no que conflúen os concellos de Allariz, A Bola, Rairiz da Veiga e A Merca. No seu cume hai unha capela visigótica, mámoas e unha ampla área recreativa con vistas panorámicas sobre toda a contorna.

Augasantas (Allariz)

Penedo que dá que da nome ao concello de A Bola.Unha formación granítica orixinada por alteración da rocha que se fendeu por diferentes fracturas e que a erosión co paso do tempo deixou ao descuberto.

A Limia en Rairiz da Veiga.

OS RÍOS Os principais son o Arnoia e o Limia, que concentran nas súas beiras a maioría dos ecosistemas de interese.

Río ArnoiaNace na serra de San Mamede e desemboca no Miño na Arnoia, despois dun percorrido de 87 km.O Arnoia é o eixo principal de Allariz e concentra os mellores espazos naturais e importantes manifestacións artísticas e etnográficas: pontes, muíños, curtidurías... Foi intensamente aproveitado para mover todo tipo de mecanismos tradicionais e máis tarde para xerar enerxía eléctrica en minicentrais.

O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se conservan os restos de varios muíños, algún de gran tamaño.

Ponte vella de Allariz, de construción medieval. Nas proximidades atópanse outras das zonas de lecer de Allariz, O Arnado e A Alameda.

Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.

Bomba de auga

Museo do Coiro, en Allariz. Integrado nunha rede de instalacións relacionados co aproveitamento do río Arnoia (muíños, curtidurías) recuperadas como elementos culturais.

Amieiras. As árbores máis comúns ás beiras do río. As árbores asentadas ás beiras dos ríos son de vital importancia para a saúde do río e das súas marxes. Impiden a erosión, manteñen fresca a temperatura da auga e achegan nutrintes. Ademais serven de filtros biolóxicos e enriquecen a paisaxe.

O Arnoia no Rexo (Allariz)

Río LimiaNace no Monte Talariño (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo (Portugal). Pola depresión da Limia discorre mainamente formando veigas de inundación.

O Limia canalizado despois de unírselle o desaugadoiro da Lagoa de Antela. Na Limia atopábase a lagoa máis Grande de España, cunha gran riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958.Na actualidade, sobre todo no inverno, consérvanse áreas asolagadas e veigas, así como algunhas lagoas de orixe antrópica formadas pola extracción de area.

A escasa profundidade do río Limia e da canle da Antela favorece o asentamento de plantas acuáticas e bosques de ribeira que á súa vez serven de hábitat para multitude de especies, especialmente aves, anfibios, insectos...

Veiga de PonteliñaresÉ unha pequena área nas veigas do río Limia (130 ha) pertencente aos concellos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Atópanse despois da confluencia da canle de desecación da Antela e o río. Son extensos pasteiros asolagados no inverno rodeados de vexetación de ribeira.A maior importancia deste espazo reside no número de especies de aves acuáticas sedentarias, estacionais ou de paso entre as que se atopan algunhas especies pouco comúns.

ZEPA A LimiaÉ un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos cultivados das áreas próximas. A maior importancia reside na gran variedade e cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza do sisón, a tartaraña cinsenta e o pernileiro.

Femia e crías de alavanco real (Anas platirhynchos). Crían habitualmente na zona e pódense ver durante todo o ano.

Antelas (Scirpus lacustris), os xuncos quelle deron nome á lagoa da Antela. Poden acadar 2 m de altura e máis de 2 cm de grosor.

FLORAA vexetación máis abundante nos montes é o mato de carqueixas, uces e breixos e unha gran parte está repoboada por piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse carballeiras e bidueirais. Nas beiras dos ríos e nas zonas asolagadas das veigas hai unha rica variedade de plantas de ribeira

Narcissus bulbocodium

Flores de salgueiro

Hai tres unidades que son merecedoras de protección que están espacial e ecolóxicamente interrelacionadas:-Veigas do río Limia e ribeiras do Arnoia e Orille nas que destaca a vexetación de ribeira: amieira (Alnus glutinosa), bidueiro (Betula celtiberica), salgueiro (Salix sp.) e arbustos como o sanguiño (Frangula alnus) ou o estripo (Crataegus monogyna). Podemos tamén atopar unha vexetación mergullada como ranúnculos (Ranunculus), espigas de auga (Potamogeton), ou ambroíños, carrizos, espadanas, canas, xuncos... -Touzas, un mosaico de prados e cultivos separados por manchas arboradas, masas boscosas mixtas de carballos e rebolos, cunha grande diversidade específica, e que son unidades climáticas de alto valor ecolóxico. Estes bosques de transición entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana presentan unha maior diversidade de especies (arredor de 110 diferentes). -Sebes, zonas arbóreas situadas entre os campos de cultivo onde aparecen exemplares de gran porte e bo estado de conservación como carballos rebolos, freixos, bidueiros, castiñeiros, amieiras e salgueiros. Estas sebes supoñen unha importante reserva natural de flora autóctona.

Macelas no monte de San Cibrao

As ÁrboresOs bosques naturais das Terras de Allariz son as carballeiras de carballo do país (Quercus robur) e nas zonas máis secas cerquiños ou rebolos (Quercus Pyrenaica) acompañados de érbedos, sobreiras, bidueiros ou castiñeiros. Nas zonas máis altas aparecen bidueirais. Tamén se atopan carballeiras con aproveitamento silvo-pastoral, plantacións de carballos en campos de feiras, festas, parques... e soutos nos arredores das poboacións.

Carballo de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Situado ao pé do santuario. -20,5 m de altura e 7 m de perímetro.

Miña Virxen de Augasantasten un carballo na porta;virxen de tantos milagrosfacelle dar unha volta.

Río Arnoia(No linde entre Xunqueira de Ambía e Allariz) -3,80 m de perímetro.(a carón dun muíño na ruta que segue o río Arnoia desde o Rexo a Xunqueira de Ambía)

Monumento Natural Carballa da Rocha (1 de marzo de 2007)Na Saínza de Abaixo (Rairiz de Veiga).É un carballo que conserva moi bo porte e estrutura e da mostras dunha gran vitalidade. É un dos máis altos do país, con 33 m e 6,90 m de perímetro. Forma parte do escudo municipal de Rairiz da Veiga.

Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). Atópase nunha carballeira onde hai varios exemplares monumentais. -7,50 m de perímetro.

Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). -6,45 m de perímetro

Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga)-5,30 m de perímetro.

A Saínza (Rairiz de Veiga)Tres exemplares, ao pé do cruce da estrada. O máis grande mide 4,83 m de perímetro.

Castiñeiro de Quintas de San Trocado (Allariz). Ás beiras da estrada atópanse varios exemplares monumentais. O máis grande mide 10,40 m de perímetro.

Castiñeiro no souto de San Martiño de Pazó (Allariz). Hai varios exemplares de máis de 8 m de perímetro e un case morto a carón dunha casa, de 10 m.

Souto de A Forma (Allariz). Acolle varios exemplares de grande porte. O máis groso mide 9,60 m de perímetro.

Castiñeiro de Ducí (Allariz). -8,40 m de perímetro.

Castiñeiros en Augasantas (Allariz). Varios castiñeiros entre 8 e 9,10 m de perímetro.

Souto de Crespos(Lampaza, Rairiz da Veiga)

Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)-8,7 m de perímetro.

Souto de Crespos(Lampaza, Rairiz da Veiga)-8 m de perímetro.

Castiñeiro en Lampaza(Rairiz da Veiga)-10 m de perímetro.

FAUNAA riqueza e variedade de hábitats que se atopan no territorio permite a existencia dunha alta diversidade faunística, con especies de Interese Comunitario ou consideradas en perigo de extinción en España. Destacan: Mamíferos: furón bravo, lontra, teixugo, xeneta, doniña, lobo, raposo, corzo, xabarín, coello...Aves: cegoña (Ciconia ciconia), buxato (Buteo buteo), aguia, azor, falcón, avefría, bilurico, mazarico real, sisón (Tetrax tetrax), picapeixes (Alcedo atthis), merlo rieiro (Cinclus cinclus), garza, perdiz ...

BuxatoAvefría

Cegoña (Ciconia ciconia). Ten na Limia a maior colonia de cría de Galiza.

Réptiles: lagarto verdinegro, lagarto arnao, lagartiña, sapoconcho galego, galápago europeo (Emys orbicularis), víbora galega, cobra de colar (Natrix natrix), cobra de escaleira (Elaphe scalaris) e cobra bastarda (Malpolou mospessulanus). Anfibios: ra (común, patilonga), estroza ou rela, sapo (común, corredor), pintafontes, saramaganta, saramaganta rabuda. Insectos: vacaloura, bolboreta pavo real, cavalos do demos, libeliñas... Molusco: mexilón de río (Margaritifera margaritifera). 

Ra verde (Pelophylax perezi) e lentellas de auga. A máis común das ras galegas. Abonda nas canles e nas zonas enchoupadas. En tempos pescábanse para vender como alimento.

Cobra de colar

Á área de Allariz é unha zona que combina importantes valores culturais co uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna. Está facendo unha aposta importante por desenvolver as actividades agrogandeiras e forestais respetuosas coa natureza; por poñer en valor o rico patrimonio histórico-artístico e etnográfico que serva para atraer a un turismo de calidade e á vez xerar recursos para a comarca.

Feira de Outono en Allariz

Ecoespazo do Rexo Situado na parroquia de Requeixo de Valverde. É un lugar de ocio que integra no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha queixaría, cunha mensaxe clara: desenvolvemento compatible co medio natural.

Intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola. Tenta harmonizar elementos naturais (árbores, pedras, terra, auga...) coa achega doutros materiais que se integran na paisaxe.

Festa da Malla en Queiroás da Igrexa (Allariz). Forma parte dun conxunto de actividades para recordar os traballos tradicionais relacionads cos cereais: a sega, a malla, a moenda e a fornada. Outras festas de gran tradición en Allariz é a do Boi. En distintas épocas celébranse tamén festas e feiras para promocionar os produtos do campo (feira de Outono) ou a gastronomía (festa da empanada).

Mámoa excavada no cume de San Cibrao.

Ventá visigótica da Capela de S. Cibrao

Torre construída na Saínza para a celebración da tradicional batalla de mouros e cristiáns que ten lugar durante as festas da Mercede en setembro.

Mazadeiras do liño no museo da Limia. Vilarde Santos.

Museo do Liño. Allariz

Fábrica de curtidos convertida en restaurante

Porta prerrománica da igrexa de San Martiño de Pazó (Allariz)Igrexa de Santiago de Allariz, do século XII.

Santa Mariña de Augas Santas (Allariz)

Interior do “Forno da Santa”

Santo André de Guillamil, raiiz da Veiga

Vilar de Santos

Allariz

San Munio da Veiga (A Bola)

Hórreo na Bola

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon DaportaMaio 2016

top related