7. o pé de ouro

1
1 O PÉ DE OURO. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS Ninguén pon en dúbida que os pés son unha parte fundamental e importantísima do corpo humano. Neles descansa o peso de todo o noso organismo. Usámolos desde que nacemos ata o mometo do falecemento. Con eles corremos, xogamos, saltamos, brincamos, bailamos, imos á escola, imos facer recados, imos dun sitio para ouitro... A veces usámolos por razón persoais, outras por razóns profesionais. Usalos en beneficio doutras persoas, ten tanta importancia como usalos en beneficio propio. Neste caso, D. Antonio Pampín Suárez utilizounos para percorrer aldeas e rueiros onde había nenos que puideran engrosar o alumnado do Colexio recentemente creado. O alumnado deste centro abarcaba os cocellos de Monfero, Irixoa e incluso algúns de Andrade. Había que mentalizar á sociedade dunha nova realidade: os nenos tiñan que trasladarense ó Centro Comarcal e abandoar as escolas unitarias. De feito algunhas unitarias aínda seguiron existindo varios anos desde a fundación do Colexio, pero poico a poico fóronse incorporando. Había que concienciar ós poderes municipais de que os nenos teñen moitas necesidade e ocasionan moitos gastos. Había que conseguir recursos para o bo fucionamento do Centro: que se a calefacción; que se o comedor; que se o transporte deste ou aquel lugar hai que amplialo; que se un neno se pon indisposto, hai que levalo á casa ou ó médico; que se había que conectar co pobo aínda que fora día festivo ou en lugares de uso público como podía ser unha taberna. E, por suposto, estar en contacto permanente coa Administración Educativa. En moitos casos foi o coche de D. Antonio Pampín o primeiro en chegar a según que lugares de Monfero e de Irixoa. Daquela o asfalto era un gran decoñecido no medio rural. Á aldea de Lagares non podía ir o autobús do transporte escolar. Era un todo terreno do Alcalde do momento, D. Juan do Casal, o que transportaba o alumnado daquela aldea... O que está moi claro é que a infraestructura viaria nada tiña que ver coa de hoxe en día, por moi mal que estea. Por que digo todo isto? Porque o labor de D. Antonio Pampín á pé de camiños e corredoiras foi moi notorio. Cando lle chegou o momento do seu traslado a outro centro, D. Antonio veu recompensado o seu labor: Monfero regaloulle un “PÉ DE OURO·” en agradecemento ó que deixaba “pisado “ aquelas terras. O que non teño claro é se foi Monfero só ou cooperou tamén Irixoa. Teño oído que naqueles tempos Irixoa poñía e dúbida a súa necesidade legal de colaborar cos gastos do Colexio por estar o Centro en terras de Monfero. Neste caso non lembro como foi. Pero o PÉ DE OURO, vírono os meus propios ollos nas mans de Don Antonio Pampín Suárez, que reloucaba de ledicia e agradecemento. É algo inusual, pero neste caso merecido. Monfero é un pobo agradecido. Hoxe en día pode parecer primitiva, aquela maneira de conectar co pobo, pero era o que había. Os tempos cambiaron moito e están cambiando de día en día. De feito, fai poucos días que fun dar unha volta arredor do Centro un día festivo e decateime das modificacións externas que se fixeron nos últimos tempos. Parabéns a cantos fan posible esta melloría para os nenos do rural galego! Meréceno! Desde Vigo (PADERNE), a día 22 de marzo de 2016. MERCEDES CACHAZA PLATAS

Upload: satelite1

Post on 14-Apr-2017

173 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: 7.  o pé de ouro

1

O PÉ DE OURO. POR MERCEDES CACHAZA PLATAS

Ninguén pon en dúbida que os pés son unha parte fundamental e importantísima do corpo

humano. Neles descansa o peso de todo o noso organismo. Usámolos desde que nacemos ata o mometo do falecemento. Con eles corremos, xogamos, saltamos, brincamos, bailamos, imos á escola, imos facer recados, imos dun sitio para ouitro... A veces usámolos por razón persoais, outras por razóns profesionais. Usalos en beneficio doutras persoas, ten tanta importancia como usalos en beneficio propio. Neste caso, D. Antonio Pampín Suárez utilizounos para percorrer aldeas e rueiros onde había nenos que puideran engrosar o alumnado do Colexio recentemente creado.

O alumnado deste centro abarcaba os cocellos de Monfero, Irixoa e incluso algúns de

Andrade. Había que mentalizar á sociedade dunha nova realidade: os nenos tiñan que trasladarense ó Centro Comarcal e abandoar as escolas unitarias. De feito algunhas unitarias aínda seguiron existindo varios anos desde a fundación do Colexio, pero poico a poico fóronse incorporando.

Había que concienciar ós poderes municipais de que os nenos teñen moitas necesidade e

ocasionan moitos gastos. Había que conseguir recursos para o bo fucionamento do Centro: que se a calefacción; que se o comedor; que se o transporte deste ou aquel lugar hai que amplialo; que se un neno se pon indisposto, hai que levalo á casa ou ó médico; que se había que conectar co pobo aínda que fora día festivo ou en lugares de uso público como podía ser unha taberna. E, por suposto, estar en contacto permanente coa Administración Educativa.

En moitos casos foi o coche de D. Antonio Pampín o primeiro en chegar a según que

lugares de Monfero e de Irixoa. Daquela o asfalto era un gran decoñecido no medio rural. Á aldea de Lagares non podía ir o autobús do transporte escolar. Era un todo terreno do Alcalde do momento, D. Juan do Casal, o que transportaba o alumnado daquela aldea... O que está moi claro é que a infraestructura viaria nada tiña que ver coa de hoxe en día, por moi mal que estea.

Por que digo todo isto? Porque o labor de D. Antonio Pampín á pé de camiños e

corredoiras foi moi notorio. Cando lle chegou o momento do seu traslado a outro centro, D. Antonio veu recompensado o seu labor: Monfero regaloulle un “PÉ DE OURO·” en agradecemento ó que deixaba “pisado “ aquelas terras. O que non teño claro é se foi Monfero só ou cooperou tamén Irixoa. Teño oído que naqueles tempos Irixoa poñía e dúbida a súa necesidade legal de colaborar cos gastos do Colexio por estar o Centro en terras de Monfero. Neste caso non lembro como foi.

Pero o PÉ DE OURO, vírono os meus propios ollos nas mans de Don Antonio Pampín Suárez, que reloucaba de ledicia e agradecemento. É algo inusual, pero neste caso merecido. Monfero é un pobo agradecido.

Hoxe en día pode parecer primitiva, aquela maneira de conectar co pobo, pero era o que

había. Os tempos cambiaron moito e están cambiando de día en día. De feito, fai poucos días que fun dar unha volta arredor do Centro un día festivo e decateime das modificacións externas que se fixeron nos últimos tempos. Parabéns a cantos fan posible esta melloría para os nenos do rural galego! Meréceno!

Desde Vigo (PADERNE), a día 22 de marzo de 2016.

MERCEDES CACHAZA PLATAS