#eufagoefnacasa€¦ · 1 #eufagoefnacasa nestes momentos de eufagoefnacasa polo coronavirus, é...

6
1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa con movementos liviáns, suaves, con exercicios sinxelos de equilibrios, de coordinación…todo vale!! A importancia da educación física e do movemento máis aló das pantallas facilita as posteriores actividades máis teóricas, así como para crear un bo clima na casa, para divertirse cos máis cativos e cativas, etc. A sorte de vivir nun pobo é que podemos estar xogando ao aire libre no patio da nosa casa. En cambio, para aquelas persoas que non poden saír, sería interesante poder habilitar un espazo dentro da casa para facer actividades físicas: bailes, saltos, xiros, yoga,… incluso pelota se o deixamos ben despexado para bote, pases, puntaría… É importante comezar o día con actividade física! Axuda a espertar o cerebro e o predispón para a aprendizaxe. Que tipo de actividade? Calquera é válida: comba, baile, xogos con globos, crear algunha coreo que lles guste de algún vídeo, dar toques a unha pelota, andar pola casa, subir e baixar escaleiras, equilibrios, xogos de coordinación, malabares… 40-45´de traballo + 10-15´de actividade física!! Negocien un horario de traballo con seus fillos e fillas onde existan cada 40-45 min. 10 min de movemento, antes de volver á outra franxa de 40-45 min. De onde saen estas actividades? A Educación Física é moi ampla. A continuación deixámosvos algunhas ideas: Xogos con globos Yoga, Acroyoga, acrosport. Rutinas de exercicios (saltos, sentadillas, movementos de brazos, mobilidade articular…) Teatro de sombras Marionetas con calcetíns Xogos con material reciclado (como chapas tapóns creando circuítos no chan e tubos de papel hixiénico como túneles) Pontes de cartón: rolos de papel hixiénico, chapas-tapóns e fita adhesiva. Colócanse rolos de papel hixiénico pegados con cinta adhesiva ao chan. Os xogadores/as partirán do mesmo sitio. O obxectivo será atravesar as pontes no menor número de golpes posibles. Cada persoa sae xunta dun mesmo lugar e elixe ela mesma o recorrido a realizar. Variantes: Marcamos o recorrido que queremos que se faga. Cada ponte terá unha puntuación diferente. Ademais podemos facer que eles/as sexan os que fabriquen a súa propia ponte dunha forma mais sofisticada. Personalizándoos e customizándoos. Bailes, montar unha coreografía a partir dunha que lles guste

Upload: others

Post on 30-Apr-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

1

#EuFagoEFnaCasa

Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a

importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa con movementos liviáns, suaves, con

exercicios sinxelos de equilibrios, de coordinación…todo vale!!

A importancia da educación física e do movemento máis aló das pantallas facilita as posteriores

actividades máis teóricas, así como para crear un bo clima na casa, para divertirse cos máis cativos

e cativas, etc.

A sorte de vivir nun pobo é que podemos estar xogando ao aire libre no patio da nosa casa. En

cambio, para aquelas persoas que non poden saír, sería interesante poder habilitar un espazo

dentro da casa para facer actividades físicas: bailes, saltos, xiros, yoga,… incluso pelota se o

deixamos ben despexado para bote, pases, puntaría…

É importante comezar o día con actividade física! Axuda a espertar o cerebro e o predispón

para a aprendizaxe. Que tipo de actividade? Calquera é válida: comba, baile, xogos con

globos, crear algunha coreo que lles guste de algún vídeo, dar toques a unha pelota, andar

pola casa, subir e baixar escaleiras, equilibrios, xogos de coordinación, malabares…

40-45´de traballo + 10-15´de actividade física!!

Negocien un horario de traballo con seus fillos e fillas onde existan cada 40-45 min. 10 min

de movemento, antes de volver á outra franxa de 40-45 min.

De onde saen estas actividades? A Educación Física é moi ampla. A continuación deixámosvos

algunhas ideas:

Xogos con globos

Yoga, Acroyoga, acrosport.

Rutinas de exercicios (saltos, sentadillas, movementos de brazos, mobilidade articular…)

Teatro de sombras

Marionetas con calcetíns

Xogos con material reciclado (como chapas –tapóns creando circuítos no chan e tubos de papel

hixiénico como túneles) Pontes de cartón: rolos de papel hixiénico, chapas-tapóns e fita

adhesiva. Colócanse rolos de papel hixiénico pegados con cinta adhesiva ao chan. Os

xogadores/as partirán do mesmo sitio. O obxectivo será atravesar as pontes no menor número

de golpes posibles. Cada persoa sae xunta dun mesmo lugar e elixe ela mesma o recorrido a

realizar. Variantes: Marcamos o recorrido que queremos que se faga. Cada ponte terá unha

puntuación diferente. Ademais podemos facer que eles/as sexan os que fabriquen a súa propia

ponte dunha forma mais sofisticada. Personalizándoos e customizándoos.

Bailes, montar unha coreografía a partir dunha que lles guste

Page 2: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

2

Circuítos con botellas do frigorífico/latas/lapiseiros/zapatos…superalos por enriba, pola dereita,

pola esquerda…

o xogo de “Simón di”. Unha persoa será a que irá dando as ordes precedidas de “Simón di”. Por

exemplo: “Simón di…Todos/as sentados/as…Simón di…saltamos…”e a ver quen se equivoca!! Se

a orde non vai precedida de “Simón di” hai que quedar quietos/as. Variantes: dar unha

palmada(sentarse), chiscar os dedos(levantarse), tocar ou dar golpeciños na mesa (dar un salto),

etc.

Xincana pola casa

Mapas do tesouro: mediante pistas que che leven a outras.

Xogo da Oca: con exercicios concretos para cada casilla (saltar, sentadilla, ir ata o balcón e

volver, facer o pino contra a parede-porta…) Variante: Podemos asociar a cada nº do dado un

exercicio concreto. Por exemplo o nº1 tirarme ao chan e levantarse 2 veces; o nº 4 dar 4 saltos,

etc. Se queres avanzar deber facer a acción motriz asociada ao dado.

Basket con gomas/pelotas/lapis…: A canastra pode ser calquera cubo da casa. Como pelota

podemos empregar unha pelota ou outro obxecto, como unha goma de borrar. Poderemos

lanzala contra a parede e teremos que recollela, como é irregular, non saberemos para onde vai

saír.

Adiviñar personaxes, películas, profesións… a través da imitación

Xogos de equilibrio

Xogos de coordinación: ca man dereita círculos na barriga, ca man esquerda golpes na cabeza.

Relaxación

Xogos con dados

Escondite

Escondite inglés

Pelotas de malabares

Estiramentos-alongamentos musculares

Sensoriais: debúxame nas costas!

BATERÍA DE XOGOS

FOTOGRAFÍA INSTANTÁNEA: Carreira polo corredor saíndo ao mesmo tempo. Antes de chegar

diremos “3, 2, 1, Foto!” quedando como unha imaxe fotográfica, conxelados/as como estatuas.

Introduciremos unha consigna: foto de unha voda, entre amigos/as, nun concerto…

“SIMÓN DI”: Unha persoa será a que irá dando as ordes precedidas de “Simón di”. Por exemplo:

“Simón di…Todos/as sentados/as…Simón di…saltamos…”e a ver quen se equivoca!! Se a orde

non vai precedidade de “Simón di” hai que quedar quietos/as. Variantes: dar unha

palmada(sentarse), chiscar os dedos(levantarse), tocar ou dar golpeciños na mesa (dar un salto),

etc.

Page 3: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

3

PONTES DE CARTÓN: rolos de papel hixiénico, chapas-tapóns e fita adhesiva. Colócanse rolos

de papel hixiénico pegados con cinta adhesiva ao chan. Os xogadores/as partirán do mesmo

sitio. O obxectivo será atravesar as pontes no menor número de golpes posibles. Cada persoa

sae xunta dun mesmo lugar e elixe ela mesma o recorrido a realizar. Variantes: Marcamos o

recorrido que queremos que se faga. Cada ponte terá unha puntuación diferente. Ademais

podemos facer que eles/as sexan os que fabriquen a súa propia ponte dunha forma mais

sofisticada. Personalizándoos e customizándoos.

LETRAS HUMANAS: Crearemos letras co corpo. Anunciarase unha letra do alfabeto e, deitado/a

no chan ou na cama, intentará formala.

AS SOMBRAS ANIMADAS: Por parellas, un fará todas as accións que se lle ocorran e a outra

persoa deberá imitalo coma se fose a súa sombra para camuflarse. Poderase empregar algún

material (sombreiro, bufanda, etc.). Posteriormente cambiaranse os roles.

AS ESTATUAS BAILONAS: Bailamos libremente polo espazo. Cando hai música bailase, cando

apagamos a música convertémonos en estatuas. Variantes: as estatuas que formen deberán

expresar algunha emoción (con cara de medo, de sorpresa, alegres, etc.).

TWISTER: Mándanos poñer a perna ou a man dereita ou esquerda

dos xogadores/as en diferentes cores do espazo de xogo (azul,

vermello, verde ou amarelo).

CENORIA, CENORIA, COR.…: Unha persoa comeza. As outras

persoas sitúanse a uns metros dela. A persoa que a leva di: “Cenoria, cenoria, cor.… (unha cor

calquera)”, correndo detrás do resto de participantes. Estes deberán tocar algo desa cor para

estar a salvo. Se a persoa que a leva toca a algunha que non está, nese momento, tocando nada

da cor nomeada, intercambiarán os papeis e reiniciarase o xogo. En caso contrario, volverá a

quedala el/ela mesmo/a.

BURATO DA COVA: en círculo, collidos das mans, cun aro (burato da cova) entre elas, deberán

tentar colarse a través del sen soltarse. Podemos ir introducindo mais aros. Se non dispomos de

aros, empregaremos unha corda, dúas chaquetas atadas…

LIMBO: Xogo con música animada no que nunha fila, deberemos pasar de un en un por debaixo

dunha chaqueta suxeita por dúas persoas que a cada volta estará mais baixa, arqueando as

costas para atrás e desprazándose ao son da música.

MASAXES CON OBXECTOS: Por parellas, un deitarase sobre un colchón e o outro daralle unha

masaxe facendo rodar polo seu corpo diferente obxectos... Despois cambiaranse os roles.

Page 4: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

4

XOGAR CON GLOBOS NA CASA

1. VOLEIBOL CON GLOBOS: Unha cadeira, un sofá, unha corda

fan de rede. O resto, un/unha xogador/a a cada lado e listo. A

xogar!

2. QUE NON CAIA!: 2 xogadores/as. Non hai rede. O obxectivo é tocar o globo para que toque

o chan. Un xogador/a intenta que o globo toque o chan, o outro/a debe evitalo.

3. ARRIBA ESES APLAUSOS: Golpear o globo ao aire dar unha palmada e volver a golpear ao

aire. Despois dunha palmada teñen que facer dúas e volver a golpear…cantas palmadas será

capaz de dar sen que o globo toque o chan?

4. AO CHAN RÁPIDO!: Golpear o globo ao are, hai que tombarse no chan, volver a levantarse e

volver a golpear o globo, volver a tombarse e volver a levantarse… cantas veces seguidas

tombarase no chan golpeando o globo previamente e sen que este toque o chan?

5. CARREIRAS DE GLOBOS: Que globo chegará antes de un lugar A a un lugar B sen tocalo con

ningunha parte do corpo? Preparados/as? Listos/as? Xa!

6. CANTOS GOLPEOS ERES CAPAZ de dar ao globo empregando soamente a cabeza?

7. E soamente o pe?

8. De cantas maneiras podes levar o globo dun lugar A (salón) a outro B (cocina) sen tocar o

globo coas mans?

9. PING PONG CON GLOBOS: Que tal se en calquera mesa poñemos un

pequeno obstáculo (que faga de rede) e xogamos ao pingpong sendo as

raquetas as propias mans e a pelota un globo?

10. A CASA DO TESOURO CON GLOBOS. Métese nun globo un pequeno detalle (papel cun

premio: “comer unha froita”,…) Inflamos 8 globos, cada globo cun número (ou cor). Hai un

globo que ten o “tesouro”. A partir de aquí, dánselles pistas (escritas) para que encontren os

globos dun en un. Chegado ao final poderán explotar o globo e conseguir o “tesouro”

buscado.

Pois ata aquí esta batería de 10 ideas para que poidas combater o aburrimento na casa facendo

exercicio e deixando a wifi a un lado!

Page 5: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

5

EQUILIBRIOS

FORZUDOS/AS: En parellas, con presa man-pulso, cunha liña entre os participantes. Cada

xogador/a tentará traccionar para facer que o/a opoñente sobrepase a liña divisoria.

CONFIANZA: En parellas, sobre colchóns, un/unha deixarase caer co corpo completamente

estirado para atrás e o outro/a deberá collelo/a evitando que caia ao chan. Intercambiaranse os

roles!

BALANZAS E CONTRABALANCEOS: Por parellas, sobre unha esterilla-manta-toalla, realización

de diferentes figuras (balanzas e contrabalanceos), seguindo unha ficha onde deberán anotar as

que sexan quen de realizar.

REPRESENTACIÓN GRÁFICA DESCRIPCIÓN EXECUCIÓN

SI NON

Fronte a fronte, mantendo o equilibrio sobre unha perna, suxeitándose mutuamente a perna libre.

De costas, cos brazos entrecruzados, mantendo o equilibrio sobre unha perna. A perna libre elévase á horizontal.

DESEQUILIBRADORES/AS: En parellas, en apoio monopodal e agarrándose dun brazo, os/as

participantes deberán tentar desequilibrar ao outro/a facendo que apoie o pé levantado,

mediante traccións e empurres. Variaranse o pé de apoio, o agarre, cos ollos pechados, etc.

CARREIRA DE CARRETILLAS: Por parellas, un colocarase en apoio facial coas mans no chan

mentres o outro/a o levanta suxeitándoo/a polos nocellos, debéndose desprazar deste xeito ao

largo do corredor ou ata un punto definido previamente (a cociña, habitación da irmá…),

cambiando de roles á volta!

*Pautas de seguridade!!: o ritmo de desprazamento deberá ser marcado pola persoa que faga

de carretilla e non pola que a transporta. En todas aquelas propostas que precisen do apoio

doutra persoa destacaremos a responsabilidade e a atención necesarias nas axudas para evitar

lesións.

Page 6: #EuFagoEFnaCasa€¦ · 1 #EuFagoEFnaCasa Nestes momentos de EuFagoEFnaCasa polo coronavirus, é fundamental que valoremos a importancia de movernos cada certo tempo, aínda que sexa

6

Collidos/as polas mans, un fronte ao outro/a, elevar a perna de atrás ate a horizontal cos brazos estendidos (dobre balanza facial).

Collidos/as por unha man, en plano frontal, elevar a perna lateralmente tentando sobrepasar a horizontal axudándose a suxeitala coa man. (Dobre prancha lateral).

Un compañeiro/a en balanza lateral colle cunha man a perna elevada do compañeiro/a que permanece en balanza facial. (Dobre balanza mixta).

Desprazarse facialmente collidos/as polas mans até atopar o equilibrio. Brazos estendidos e pés xuntos.

Desprazarse lateralmente collidos/as dunha soa man cos brazos estendidos. As mans libres pódense colocar en posición cara arriba.

Desprazarse dorsalmente collidos/as das mans até atopar o equilibrio. Brazos estendidos e pés xuntos e quedos.

Un/unha desprázase lateralmente colléndose cunha soa man ás dúas mans do compañeiro/a, quen se despraza dorsalmente até atopar o equilibrio.

Un/unha desprázase lateralmente colléndose cunha soa man ás dúas mans do compañeiro/a, quen se despraza facialmente até atopar o equilibrio.