v festival furtivo

20

Upload: daniel-lavesedo

Post on 28-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Libro do V festival Furtivo que se celebra en Cangas o 7, 8 e 9 de decembro.

TRANSCRIPT

Page 1: V Festival Furtivo
Page 2: V Festival Furtivo
Page 3: V Festival Furtivo

Nesta nova edición do Festival Furtivo,Deskarga Furtiva e Agais, conscientesdo estremadamente difícil momentopolo que estamos pasando, queremosbrindarlle o noso apoio a ADICAM.Tamén queremos agardecerlle o seuesforzo aos locais colaboradores asícomo a axuda prestada por Brezo Ál-varez, Xabi Castro, Carla Carracedas,Ana Villegas, Dani Lavesedo e PaulaFernández. Convidamos a todo omundo a achegarse pola festa, sen dú-bida non vos defraudará e ademaisserá por unha causa importante.

Page 4: V Festival Furtivo

Sen dúbida, a oferta de música en directodo Morrazo é das mellores do país. Maliadesaparecer nos últimos anos 2 referentesfestivaleiros como A Noite do Trasno e oFestichan, o certo é que aos xa consolidadosCanjazz ou Festa Folc de Vilariño se van su-mando outras propostas como o A Chorar aCangas. Ademais, -e a pesar das dificulta-des-, diversos locais seguen a programarmúsica ao vivo con periodicidade.

Page 5: V Festival Furtivo
Page 6: V Festival Furtivo

Grazas ao esforzo dun grupo de mulleresafectadas de cancro de mama, ADICAM naceen Cangas no ano 2001 coa finalidade de fo-mentar o desenvolvemento do apoio social ea axuda mutua, para conseguir que a mullerteña unha mellor calidade de vida e benestare darlle a coñecer esta enfermidade á socie-dade coa finalidade de eliminar tabús e en-viar unha mensaxe de esperanza.Desde o 2011, buscando un maior achega-mento ás mulleres e familias da provincia de

Pontevedra que están a pasar por esta situa-ción, empezamos a prestar atención, ade-mais do local situado en Cangas de Morrazo,tamén noutro local en Vilagarcía de Arousa(C/ Alejandro Cerecedo nº 8, baixo), o que per-mite unha maior cercanía na zona do Salnés.

Page 7: V Festival Furtivo

SERVIZOSApoio emocional.Atención psicolóxica e social.Información e asesoramiento.Charlas de educación para a saúde.Charlas sobre aspectos médicos e emocio-

nais do cancro de mama.Cursos de relaxación.Cursos de prevención do linfedema.Actividades lúdicas e de lecer.

Page 8: V Festival Furtivo

FINS DA ASOCIACiÓN

Dar apoio emocional e asesoramento ás mulleres que recibiron un diagnóstico de tumor ma-mario ou se atopan en proceso de tratamento médico p enfermidade tumoral mamaria.

Favorecer unha estreita solidariedade entre as mulleres mastectomizadas ou en tratamentomédico por este tipo de enfermidade.

Actuar ante calquera órgano administrativo ou xurisdiccional na defensa dos dereitos sanita-rios e persoais lexítimos das súas asociadas, en relación a canto atañe a este tipo de enfer-midade e aos seus efectos.

Promover ante instancias públicas ou privadas, a adopción dos sistemas e recursos precisospara a rehabilitación dirixida a potenciar a súa capacidade de adaptación ás novas situa-cións persoais e a alcanzar a mellor calidade de vida e de saúde.

Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das súas asociadas en aspectos culturais,sanitarios, de auto-organización, etc.

Crear un grupo de voluntariado, auto-axuda e atención a mulleres recentemente diagnosti-cadas de tumor mamario.

Fomentar o coñecemento social deste tipo de enfermidade mediante actuacións no ámbitoda educación para a saúde para paliar o efecto que os tabúes ten sobre a persoa afectada.

Page 9: V Festival Furtivo

ADICAM

É unha asociación senánimo de lucro.

É unha asociación nongobernamental.

Realiza apoio social.Promove novos servi-

zos, complementariosaos realizados polasinstitucións públicas.

Page 10: V Festival Furtivo

Ska, reggae, punk, latín, bal-kan... A fusión de estilos eritmos é unha das marcasda casa de Skarallaos, unhabanda orixinal, enérxica e,sobre todo, festeira. Xa levanrealizado ducias de concer-tos, en Galiza e fóra, tanto“enchufados” como no for-mato acústico que veremosno Furtivo.

Page 11: V Festival Furtivo

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase César Freiría Prado, que naceu noBarrio Vigués do Freixo alá polo ano 1975 no seo dunha familia ben coñecida naparroquia de Valladares pola sua vinculación á música: Os Cipriáns. A sua andainamusical comezou con oito anos como alumno do mestre “Moxenas” dentro docampo da Musica tradicional. Nesas clases ademais de aprender a tocar a gaita epercusións galegas, espertou a inquedanza e curiosidade por experimentar concanto instrumento pasase perto del. Ao longo da sua vida musical trebellou coninstrumentos diversos aprendidos a tocar a maioria de xeito autodidacta, pasaronpolas suas mans: o clarinete, o baixo, acordeón diatónico e cromático, guitarra,mandolina, armónica.… e gran variedade de instrumentos de percusión. A sua cu-riosidade foi ampliándose cando se propuxo inventar algún instrumento para che-gar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalímba baixo e aguitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momento.

Page 12: V Festival Furtivo

Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en decembro doano 2003 escomezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concreta-mente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fi-xemos realmente gaiteiros.

O noso estilo é o tradicional, chamámonos Ludovaina Esencia de Música Tradi-cional porque a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, pro-curamos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellosgaiteiros.

Temos pasado por moitos festivais do país, como a Festa do Muíño de Coiro no2005, A Noite do Trasno 2006, Pardiñas 2007, Verbena e Son 2011 ou Festa Folc deVilariño 2012.

Page 13: V Festival Furtivo

MEMBROSSerafín Santos – BomboRodri Martínez - Tambor e percu-sión menorRoberto Sotelo – GaitaPablo Rial - Gaita

+INFOludovaina.blogspot.com

Page 14: V Festival Furtivo

3 Trebóns é un grupo de intervención rápida composto por 3 músicos decampaña da escea musical galega. Entre as suas incursións máis sonadas temos a das festas da Dorna de Ribeira,onde remataron con todo o licor café que quedaba no Barbanza, asaltaron omesmo vrao o castelo de Vimianzo irmandiñamente non deixando pedrasobre pedra, recibiron o trunfo da selección galega sen pasar control antido-ping, na festa da prehistoria de Mos quedaron como da casa, tamén en Cas-tro Caldelas, Bueu, Goián, Monfero… en fin os vellos roqueiros son comocertas ervas…

MEMBROSXurxo Souto: Acordeón e voz.

Antón Díaz: Baixo, contrabaixo e voz. Fran Amil: Batería e voz

Page 15: V Festival Furtivo

As consignas do grupo son:1. Que ben se vive sen guitarristas.2. As notas que poidas meter en medio

compás non as metas en dous.3. E máis importante: o viño do Rosal é

medicinal.

Page 16: V Festival Furtivo

A Terbutalina é unha banda de Muros nada no2010, cando ex-membros de THE, Metralla, Süissou Skaiola Borrokal se xuntan para elaborar unfeixiño de temas a medio camiño entre o garaxe eo punk. A comezos de 2011 lanzan Live in Catoirae meses despois o seu primeiro LP, Broncodilata-dor, gravado en L.A. Aí atopamos unha pequenamostra do variado da súa proposta, que mestura,velocidade, diversión e empanada.

Somos a Terbutalina. Facemos gastropunk.O punk morreu e comémolo nós.

Page 17: V Festival Furtivo

MEMBROSMigui: Guitarra e voz. Mon: Guitarra e coros. Samuel L. París: baixo e coros. Brais: teclado e coros Carlos: batería

+INFO

terbutalina.blogaliza.orgfacebook.com/terbutalina

CONTACTO

[email protected]

ESCÓITAOS EN

terburtalina.bandcamp.com

Page 18: V Festival Furtivo

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo onome de Skakeo.Un potente e eléctrico directo xunto cun estilo persoal e reivindicativo deronforma a esta nova banda e outorgáronlle o pulo necesario nos últimos aos paraabrirse un pequeno camiño no grande océano musical.Editando en 2010 o seu primeiro traballo, xa conseguiron callar entre a xentee formar parte, entre outras cousas, dun recompilatorio internacional editadoen Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbiado momento. Todo isto fomentou as súas ganas de seguir loitando e na actua-lidade, a banda acaba de publicar o seu novo traballo.

Informática ECOGA

Venta de cartuchos deimpresoras.Manuel Graña 11986 304 574

Page 19: V Festival Furtivo

MEMBROSCome – VozTuiky – Guitarra e vozAdri – Guitarra SolistaPope – BaixoByktor – Teclados e vozAbraham – TrombónKabra – TrompetaChelas – GaitaSampe – Batería

+INFOtheskarnivals.comfacebook.com/[email protected]ÓITAOS ENmyspace.com/theskarnivals

Page 20: V Festival Furtivo