unidade_6

10
UNIDADE 6. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES. 1. O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA SOCIEDADE. O Estado é un conxunto de institucións creadas para organizar a vida e a actividade das persoas que viven nun mesmo territorio (cunhas fronteiras que delimitan ese territorio) baixo un mesmo poder. As persoas que forman parte dun Estado non teñen que compartir necesariamente uns mesmos trazos sociais e culturais. É habitual que nun mesmo Estado convivan persoas de culturas diferentes e mesmo de diversas nacionalidades. No exercicio do poder, o Estado realiza diversas funcións : Establece as leis. Nos países democráticos estas leis elabóranse no Parlamento. Vela polo cumprimento das leis a través do poder xudicial. É responsable da orde interior do seu territorio e tamén da súa seguridade exterior (corpos policiais e exército). Desenvolve a política exterior, é dicir, establece relacións internacionais con outros Estados. Recada impostos e con eles financia os servizos públicos e as infraestruturas xerais; propicia as axudas para fomentar a igualdade entre os diversos territorios e establece as prestacións da Seguridade Social (subsidio de paro, pensión, asistencia médica). Dirixe a economía, mediante leis que regulan a actividade empresarial e o mercado laboral. Administra servizos públicos, como a educación e a sanidade, e xestiona infraestruturas e equipamentos colectivos, como estradas, ferrocarís, portos, aeroportos, etc.

Upload: iria-yanez-martinez

Post on 13-Jul-2016

87 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES

TRANSCRIPT

Page 1: UNIDADE_6

UNIDADE 6. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES.

1. O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA SOCIEDADE.

O Estado é un conxunto de institucións creadas para organizar a vida e a actividade das

persoas que viven nun mesmo territorio (cunhas fronteiras que delimitan ese territorio) baixo

un mesmo poder.

As persoas que forman parte dun Estado non teñen que compartir necesariamente uns

mesmos trazos sociais e culturais. É habitual que nun mesmo Estado convivan persoas de

culturas diferentes e mesmo de diversas nacionalidades.

No exercicio do poder, o Estado realiza diversas funcións:

• Establece as leis. Nos países democráticos estas leis elabóranse no Parlamento.

• Vela polo cumprimento das leis a través do poder xudicial.

• É responsable da orde interior do seu territorio e tamén da súa seguridade exterior (corpos

policiais e exército).

• Desenvolve a política exterior, é dicir, establece relacións internacionais con outros

Estados.

• Recada impostos e con eles financia os servizos públicos e as infraestruturas xerais;

propicia as axudas para fomentar a igualdade entre os diversos territorios e establece as

prestacións da Seguridade Social (subsidio de paro, pensión, asistencia médica).

• Dirixe a economía, mediante leis que regulan a actividade empresarial e o mercado laboral.

• Administra servizos públicos, como a educación e a sanidade, e xestiona infraestruturas e

equipamentos colectivos, como estradas, ferrocarís, portos, aeroportos, etc.

Page 2: UNIDADE_6

2. OS RÉXIMES DEMOCRÁTICOS E NON DEMOCRÁTICOS.

A DEMOCRACIA é o réxime político que organiza as sociedades da maioría dos países

desenvolvidos. O réxime democrático é o que mellor permite ás cidadás e aos cidadáns

expresar a súa opinión, e tamén o que mellor protexe os dereitos fundamentais dos seres

humanos.

DEMOCRACIA (palabra derivada do grego demos -pobo- e crateo -goberno-) significa

goberno do pobo para o pobo, entendido este como o goberno da maioría da poboación dun

estado ou país. O sistema comezou a poñerse en práctica na Grecia do período clásico, en

Atenas, pero o sistema actual é froito da evolución experimentada a partir da Revolución

francesa de 1789.

As bases do réxime democrático:

• O poder do Estado e a actuación do Goberno están limitados pola lei (Constitución). Esta

lei fundamental recolle os dereitos da cidadanía e regula o funcionamento do Estado. O seu

cumprimento é obrigatorio para todos os individuos e todos os poderes públicos. As

democracias son, polo tanto, Estados de dereito que basean o seu poder en leis aprobadas

por procedementos lexítimos.

• A participación política dos cidadáns de das cidadás. Para iso debe existir:

➢ A soberanía ou fonte do poder reside no pobo. A democracia pode ser directa, cando

os cidadáns, reunidos en asemblea ou mediante referendo1 toman decisións, e

representativa, cando os cidadáns elixen nunhas eleccións2 a quen exercerá a soberanía

no seu nome.

➢ Pluralismo político, de xeito que os votantes poidan elixir entre as varias opcións políticas

que representan os partidos políticos.

➢ Eleccións libres, imparciais e frecuentes. As eleccións deben celebrarse con frecuencia

e regularidade, sendo o período de 4 anos o máis habitual. O voto debe ser libre e secreto

e por sufraxio universal (dereito ao voto de toda a poboación nacional, maior de idade,

independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social).

1 Nun referendo, consúltase unha cuestión concreta, que os cidadáns aceptan ou rexeitan.

2 Nunhas eleccións, os cidadáns elixen os seus representantes políticos.

Page 3: UNIDADE_6

• Recoñecemento explícito de dereitos e liberdades individuais, entre os que destacan a

liberdade (de pensamento e opinión, de asociación, de reunión, ...), e a igualdade ante a lei.

É obriga dos gobernos protexelos e garantilos.

• Separación de poderes. O poder político debe estar repartido en tres áreas e debe ser

exercicio por institucións diferenciadas:

➢ O poder lexislativo, o de elaborar e aprobar as leis, reside nos parlamentos. Poden ter

unha soa cámara (parlamentos unicamerais) ou dúas (bicamerais; en España, o

Congreso dos Deputados e do Senado).

➢ O poder executivo, o encargado de facer que se cumpran as leis, exérceno os gobernos.

➢ O poder xudicial, coa misión de impartir xustiza xulgando o incumprimento das leis, está

exercicido por xuíces e maxistrados.

Os RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS ou AUTORITARIOS. Os Estados autoritarios, de tipo

militar ou civil, distínguense, entre outros, por estes principios:

• O poder do Estado e a actuación do Goberno non teñen límites nin control, aínda que,

nalgúns casos, existan formalmente os parlamentos, non desempeñan a súa función propia,

pois o ditador exerce o poder lexislativo e non permite que se controle a súa actuación.

• A soberanía reside nunha soa persoa ou nun grupo reducido de persoas, e impídese a

participación da cidadanía no Goberno.

• Non hai pluralismo político e ideolóxico, pois só hai un partido, o do Goberno, ou limítase a

actividade dos partidos permitidos.

• Non hai eleccións libres ou as que se celebran son manipuladas polo goberno.

• Non se recoñecen a maioría dos dereitos individuais nin os dereitos políticos, ou quedan

supeditados aos intereses do estado, intepretados polo ditador.

• A división de poderes non se respecta, pois, na maioría dos casos, os tres poderes están

concentrados nunha persoa ou nun grupo reducido de persoas.

3. MONARQUÍAS E REPÚBLICAS.

As formas de goberno, analizadas desde o punto de vista de como e quen exerce a xefatura do

estado, poden ser de dous tipos: MONARQUÍA e REPÚBLICA. Por outra parte, segundo a

forma de goberno pode ser PARLAMENTARIA (monarquía ou república) ou

PRESIDENCIALISTA (esta última, só as repúblicas).

Page 4: UNIDADE_6

AS MONARQUÍAS.

Nas monarquías, o xefe de Estado é un rei, que accede ao cargo de forma hereditaria3, por

dereito de sucesión, e que normalmente o exerce de forma vitalicia, é dicir, mentres viva. O

título do xefe do estado pode ser emperador (Xapón), rei/raíña (España), príncipe/princesa

(Mónaco), duque/duquesa (Luxemburgo), sultán (Omán), emir (Kuwait)4.

Na maioría dos Estados actuais, a monarquía é constitucional ou parlamentaria, é dicir, os

poderes do rei están regulados por unha constitución e adoitan ser moi limitado (representar o

país ante o resto do mundo). Nas monarquías parlamentarias, o poder executivo está

repartido entre dúas institucións: o xefe de Estado, que neste caso é o rei, e o presidente de

Goberno que para gobernar debe contar coa confianza do Parlamento.

A monarquía absoluta perdura nalgún país da península de Arabia (Emiratos Árabes

Unidos, Arabia Saudita).

AS REPÚBLICAS.

Nas repúblicas, o xefe do Estado é un presidente, elixido pola cidadanía a través de eleccións

presidenciais celebradas cada certo tempo.

Dentro das repúblicas democráticas podemos diferenciar entre:

➢ Repúblicas parlamentarias nas que os cargos de xefe de estado e de presidente do goberno

son exercidos por persoas diferentes; os membros do parlamento son elixidos polos cidadáns a

través de eleccións con sufraxio universal; o presidente do goberno é elixido polo Parlamento e

debe responder ante el da súa actuación. Exemplo: Italia, Alemania, a India.

➢ As repúblicas presidencialistas5, o xefe do estado é tamén o presidente do goberno.

Celébranse dous procesos electorais distintos en momentos diferentes: un para elixir os

representates do Parlamento, e outro para elixir o xefe de estado. Exemplo: Estados Unidos,

Brasil, Arxentina, República de Sudáfrica.

Nas Repúblicas non democráticas, nas que non existe renovación periódica. Polo xeral, os

ditadores intentan manterse no poder de forma vitalicia sen someter a súa xefatura á decisión

dos votantes.

3 Tamén hai monarquías electivas, unicamente vixente en países de Oriente Medio, nas que se transmite a autoridade

entre membros da familia do monarca reinante falecido, decisión que toma un consello formado por un número reducido

de membros (Xordania).

4 A maioría das monarquías están en Europa (España, Reino Unido, Noruega, Suecia, Luxemburgo, Dinamarca,

Países Baixos, Bélxica, Liechtenstein, Mónaco). Andorra e o Vaticano tamén poden ser consideradas monarquías. En

África, soamente Marrocos e Lesoto; en Asia: Xordania, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein, Kuwait,

Omán, Qatar, Bután, Nepal, Camboxa e Xapón. En América non hai ningunha monarquía.

5 En países como Francia ou Rusia hai unha república semipresidencial: o presidente da república ten máis poderes

que na república parlamentaria.

Page 5: UNIDADE_6

4. ESTADOS CENTRALISTAS E DESCENTRALIZADOS.

Nos ESTADOS CENTRALISTAS:

➢ O Estado toma as decisións para todo o territorio.

➢ As divisións territoriais aplican as decisións adoptadas polo Goberno.

➢ As competencias que posúen os territorios son poucas e fóronlles concedidas polo Estado.

Nos ESTADOS DESCENTRALIZADOS:

➢ Repártese a toma das decisións entre as diferentes divisións territoriais.

➢ Estas son gobernadas pola súa propia administración (rexional, provincial ou municipal), cuxos

membros son elixidos polo pobo e poden decidir nos asuntos da súa competencia.

➢ As competencias que posúen os territorios adoitan ser amplas e están reguladas pola

Constitución.

5. ESTADO LIBERAL, ESTADO SOCIAL E ESTADO TOTALITARIO.

ESTADO LIBERAL.

➢ Procura non intervir na economía nin nas relacións sociais.

➢ A economía debe funcionar segundo a Lei do Mercado: a oferta e a demanda regularán os

prezos e as condicións laborais.

ESTADO SOCIAL

➢ Defende a necesidade de intervir na economía e nas relacións sociais.

➢ Emprega instrumentos como as pensións, o paro, o salario mínimo, a sanidade e a educación

pública, ...

➢ A súa finalidade é lograr unha maior igualdade entre os cidadáns.

ESTADO TOTALITARIO.

➢ Controla totalmente a economía e a sociedade: planificación económica.

6. A ORGANIZACIÓN DO ESTADO ESPAÑOL.

6.1. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO ESTADO ESPAÑOL.

O Estado español réxese por un conxunto de leis e normas que están recollidas na

Constitución de 1978. A Constitución establece os símbolos (bandeira); recolle os dereitos e os

deberes dos cidadáns (dereito á vida, igualdade ante a lei, liberdade de expresión, asociación e

Page 6: UNIDADE_6

reunión; dereito de propiedade, etc.), e regulamenta a organización política do Estado e o

funcionamento das súas institucións.

A Constitución recolle:

➢ Define a España como un Estado social e democrático de Dereito, o que significa que todos

os individuos e organismos, tanto públicos como privados, están subordinados á Constitución

➢ A soberanía nacional reside no pobo español.

➢ Na Constitución recoñécense numerosos dereitos e liberdades individuais de carácter civil,

político e social.

➢ Establece tamén a pluralidade política (diferentes partidos políticos) e sindical (sindicatos de

traballadores e traballadoras) e das asociacións empresariais para a defensa dos seus

respectivos intereses económicos e sociais.

➢ A forma política do estado español é a monarquía parlamentaria6. O xefe de Estado ten

funcións limitadas, como representar a España nas relacións internacionais, sancionar leis ou

exercer o mando supremo das Forzas Armadas.

6 Xoán Carlos I de Borbón foi proclamado rei polas Cortes en 1975 -tras a morte de Franco- e 2014 abdicou no seu fillo,

que foi proclamado rei co nome de Felipe VI.

Page 7: UNIDADE_6

Os poderes do Estado repártense entre distintas institucións.

➢ As Cortes Xerais (Parlamento) que desempeñan o poder lexislativo. Están formadas por

dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado. O Congreso dos Deputados

representa o pobo español, elabora as leis, aproba os orzamentos do Estado e controla o

Goberno. Tamén elixe ao presidente do Goberno por votación. O Senado, cámara de

representación territorial, propón emendas ás leis, controla o Goberno e ratifica ou non os

acordos internacionais.

➢ O Goberno desempeña o poder executivo. Componse do presidente, un ou máis

vicepresidentes e varios ministros/as. As súas funcións son executar as leis, dirixir a política e

defender o Estado.

➢ Os tribunais de xustiza exercen o poder xudicial. Están formados por maxistrados e xuíces

independentes, que velan polo cumprimento das leis.

6.2. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA.

Segundo a Constitución, o Estado español organiza o territorio en municipios, provincias e

Comunidades Autónomas.

As provincias e os municipios constitúen a administración local. As provincias son territorios

formados pola agrupación de varios municipios. O seu órgano de goberno é a Deputación, integrada

por deputados elixidos entre os concelleiros e un presidente elixido polos deputados. As súas

funcións son fomentar os intereses provinciais, prestar servizos e coordinar e cooperar cos municipios.

Nas Comunidades Autónomas uniprovinciais, as funcións das deputacións provinciais adoitan ser

asumidas polo goberno autonómico.

Os municipios son as unidades territoriais básicas do Estado. España conta con 8122

municipios. Están formados por un ou varios núcleos de poboación e o territorio dependente deles,

denominado termo municipal ou concello. O seu órgano de goberno é o Concello, integrado por

concelleiros elixidos polos veciños e un alcalde elixido polos concelleiros. As súas función son

prestar servizos aos habitantes do municipio: recollida de lixo, pavimentación de rúas, coidado de

xardíns, etc.

Page 8: UNIDADE_6

España é un estado unitario descentralizado: o Estado das Autonomías. Desde o poder

central transfíresense as competencias (aqueles aspectos sobre os que o goberno autonómico pode

lexislar ou decidir, por exemplo a organización das súas institucións de goberno, o urbanismo, a

vivenda, a sanidade, a educación, etc). Outras competencias son compartidas co Estado central, por

exemplo, a lexislación laboral. Existen 17 comunidades autónomas, rexidas polo seu correspondente

Estatuto de Autonomía, e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla).

As principais institucións autonómicas son:

➢ Parlamento, no que se aproban as leis, se controla a acción do goberno autonómico, se elixe

ao Presidente e se aproban os orzamentos.

➢ Presidente representa á Comunidade Autónoma e forma e dirixe o Goberno. É elixido polo

Parlmento e nomeado polo Rei.

➢ Goberno executa e fai cumprir as leis aprobadas polo Parlamento e aquelas sobre as que

comparte competencias co Estado. O Goberno fórmano o Presidente e os Conselleiros.

➢ O Tribunal Superior de Xustiza é a instancia máis alta do poder xudicial en cada comunidade.

Nas Comunidades Autónomas das Illas Baleares e de Canarias, cada illa ten unha

administración propia en forma de Consell Insular (Illas Baleares) ou de Cabildo (Canarias).

PREGUNTAS:

1) Que entendemos por Estado? Que funcións ten o Estado?

2) Características dos Estados democráticos.

3) Explica a diferenza entre democracia directa e representativa.

4) Como se divide o poder nun Estado democrático? Que institución exerce o poder en cada unha

delas?

5) Características dos Estados non democráticos.

6) Analiza esta frase de Voltaire, pensador francés do século do XVIII: Detesto o que dis, pero

defendería ata a morte o teu dereito a dicilo.

7) Explica a diferencia entre monarquía e república.

8) Que é unha monarquía parlamentaria?

9) Explica a diferencia entre república presidencialista e parlamentaria.

10) Explica a diferencia entre estado centralizado e descentralizado.

11) Por que o 6 de decembro de cada ano é festivo en España? Que se establece na

Constitución?

12) Como se caracteriza o estado español segundo a Constitución?

13) Que institucións exercen o poder en España? E en Galicia?

14) Como se organiza territorialmente España? Que é o Estado das Autonomías?

Page 9: UNIDADE_6
Page 10: UNIDADE_6