u 7 guerra de cuba - wordpress.com · sistiu sete meses máis do que durou a guerra (os coñecidos...

4
España, tras da perda de Iberoamérica con Fernando VII, aínda quixo manter o seu es- tatus de potencia colonial procurando con- servar Cuba, Porto Rico e Filipinas. De feito, incluso financiou intentos de recu- peración de territorios durante o reinado de Isabel II: México (1862), Rep. Dominicana (1863/65) e a Guerra Hispano-Americana con Chile, Perú, Bolivia e Ecuador (1865/66); todos eles sen éxito. Pero os postos coloniais eran moi impor- tantes para unha economía que apenas podía competir co extranxeiro. A posición e a riqueza agraria (azúcre e os seus deri- vados) de Cuba e Porto Rico, fixeron delas unha peza chave para a facenda real e para a industria téxtil catalana e a metalúr- xica vasca, que colocaban a alto prezo os seus productos nun mercado reservado (molestando ós colonizados). Xa no seu momento había unha forte loita entre os li- brecambistas e os proteccionistas sobre a situación colonial (ver aparte). En Cuba (a colonia principal) había un grupo de independentistas que eran os ha- cendados da parte oriental (a máis pobre) da illa (zona de Santiago de Cuba); pola contra os da zona occidental (A Habana) estaban a favor dos españois, entre outras cousas pola defensa da escravitude na illa. Os occidentais (ricos) tiñan escravos para un traballo no campo que producía azucre, melaza e ron: productos de fácil venta en todo o Caribe e EE. UU.. Pola súa banda, para os hacendados orientais (leste, a parte máis lonxe de EE. UU.) o traballo escravo era demasiado caro con respecto da rentabilidade das súas explotacións. Querían prohibir este, para poder competir, pero España non quería facer nada que perxudicase ós oc- cidentais, e ademáis cargaba de impostos ós cubanos para financiar os desastres económicos da península. Algúns cubanos acomodados comezaron a ver con bos ollos desfacerse da tutelaxe española, e viron en EE. UU. un posible aliado. Os distritos occidentais apoiaban a España durante os distintos conflictos A guerra dos 10 anos ou guerra grande 1868/78 O primeiro intento de independencia cubana foi unha guerra de guerrillas con pouco éxito na parte oriental da illa. De tódolos xeitos, durante o sexenio democrático parece que se puideron iniciar contactos para unha paz negociada e de certo autogoberno dos isleños(reflexado na constitución de 1869), pero os propios burgueses cubanos partidarios da me- trópole (Partido Español), boicotearon o acordo, apoiaron a restauración borbónica e conseguiron gañar a guerra. A metrópoli ante estas inquedanzas respostou ‘españolizando a illa’. Dende 1868 a 1880, enviaronse a Cuba 382.476 espa- ñois como emigrantes. O exército español, mal equipado, non puido máis que facer unha guerra de terra queimada, ó que os cubanos resposta- ron da mesma forma. Provocando cuantiosos danos á produc- ción da illa. Ó final firmarase a Paz de Zanjón, pola que os cubanos acep- tan depor as armas a cambio de: 1- Que os escravos xa liberados mantiveran a súa condición. 2- Liberdade de prensa na illa sempre que non se atacase a España. A Guerra Chiquita 1879/1880 Os máis radicais non aceptaron a paz de Zanjón e continuaron as guerrillas, pero pouco despois tiveron que capitular. A crise finisecular, A Guerra de Cuba e a Hispano-Americana José Martí (fonte: wikipedia) José Julián Martí Pérez (1853/1895) foi un escritor e político cubano, creador do Partido Revolucionario Cubano e orga- nizador da ‘Guerra del 95’ o ‘Guerra Ne- cesaria’, chamada así a ‘Guerra de Independencia de Cuba’. Martí e outros organizaron en Nova Ior- que o Partido Revolucionario Cubano, aproveitando os desexos de expansión dos norteamericanos e os intereses de magnates da prensa. Desta campaña me- diática acabría chegando a participación americana na illa. Xa en Cuba, tras coordinar os esforzos do inicio da guerra do 95, martí morre nunha das primeiras accións militares.

Upload: others

Post on 29-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: U 7 Guerra de Cuba - WordPress.com · sistiu sete meses máis do que durou a guerra (os coñecidos coma ‘Últimos de Filipinas’). Os filipinos foron un protectorado americano

España, tras da perda de Iberoamérica conFernando VII, aínda quixo manter o seu es-tatus de potencia colonial procurando con-servar Cuba, Porto Rico e Filipinas.De feito, incluso financiou intentos de recu-peración de territorios durante o reinado deIsabel II: México (1862), Rep. Dominicana(1863/65) e a Guerra Hispano-Americanacon Chile, Perú, Bolivia e Ecuador(1865/66); todos eles sen éxito.Pero os postos coloniais eran moi impor-tantes para unha economía que apenaspodía competir co extranxeiro. A posicióne a riqueza agraria (azúcre e os seus deri-vados) de Cuba e Porto Rico, fixeron delasunha peza chave para a facenda real epara a industria téxtil catalana e a metalúr-xica vasca, que colocaban a alto prezo osseus productos nun mercado reservado(molestando ós colonizados). Xa no seumomento había unha forte loita entre os li-brecambistas e os proteccionistas sobre asituación colonial (ver aparte).En Cuba (a colonia principal) había ungrupo de independentistas que eran os ha-cendados da parte oriental (a máis pobre)da illa (zona de Santiago de Cuba); polacontra os da zona occidental (A Habana)estaban a favor dos españois, entre outrascousas pola defensa da escravitude na illa.Os occidentais (ricos) tiñan escravos paraun traballo no campo que producía azucre,melaza e ron: productos de fácil venta entodo o Caribe e EE. UU.. Pola súa banda, para os hacendadosorientais (leste, a parte máis lonxe de EE.UU.) o traballo escravo era demasiadocaro con respecto da rentabilidade dassúas explotacións. Querían prohibir este,para poder competir, pero España nonquería facer nada que perxudicase ós oc-cidentais, e ademáis cargaba de impostosós cubanos para financiar os desastreseconómicos da península.Algúns cubanos acomodados comezarona ver con bos ollos desfacerse da tutelaxeespañola, e viron en EE. UU. un posiblealiado.

Os distritos occidentais apoiaban a España durante os distintos conflictos

A guerra dos 10 anos ou guerra grande 1868/78

O primeiro intento de independencia cubana foi unha guerrade guerrillas con pouco éxito na parte oriental da illa. De tódolos xeitos, durante o sexenio democrático parece quese puideron iniciar contactos para unha paz negociada e decerto autogoberno dos isleños(reflexado na constitución de1869), pero os propios burgueses cubanos partidarios da me-trópole (Partido Español), boicotearon o acordo, apoiaron arestauración borbónica e conseguiron gañar a guerra.A metrópoli ante estas inquedanzas respostou ‘españolizandoa illa’. Dende 1868 a 1880, enviaronse a Cuba 382.476 espa-ñois como emigrantes.

O exército español, mal equipado, non puido máis que facerunha guerra de terra queimada, ó que os cubanos resposta-ron da mesma forma. Provocando cuantiosos danos á produc-ción da illa.

Ó final firmarase a Paz de Zanjón, pola que os cubanos acep-tan depor as armas a cambio de:1- Que os escravos xa liberados mantiveran a súa condición.2- Liberdade de prensa na illa sempre que non se atacase aEspaña.

A Guerra Chiquita 1879/1880

Os máis radicais non aceptaron a paz de Zanjón e continuaronas guerrillas, pero pouco despois tiveron que capitular.

A crise finisecular, A Guerra de

Cuba e a Hispano-Americana

José Martí (fonte: wikipedia)

José Julián Martí Pérez (1853/1895) foiun escritor e político cubano, creador doPartido Revolucionario Cubano e orga-nizador da ‘Guerra del 95’ o ‘Guerra Ne-cesaria’, chamada así a ‘Guerra deIndependencia de Cuba’. Martí e outros organizaron en Nova Ior-que o Partido Revolucionario Cubano,

aproveitando os desexos de expansión dos norteamericanose os intereses de magnates da prensa. Desta campaña me-diática acabría chegando a participación americana na illa.Xa en Cuba, tras coordinar os esforzos do inicio da guerra do95, martí morre nunha das primeiras accións militares.

Page 2: U 7 Guerra de Cuba - WordPress.com · sistiu sete meses máis do que durou a guerra (os coñecidos coma ‘Últimos de Filipinas’). Os filipinos foron un protectorado americano

Estados Unidos e o Imperialismo

Os americanos, ó igual que as demais potencias industriaisda época, lanzáronse ó control de territorios que fosen fáci-les de conquistar e que garantiran unha producción de ma-terias primas e un mercado exclusivo, ademais de enclavesestratéxicos interesantes.Cuba cumplía todos os requisitos ó ser a porta de entrada aSudamérica, o centro de redistribución do Golfo de Mexico,e ademais unha rica e poboada colonia que producía mate-rias primas para as industrias do alcohol e do téxtil (índigo,tinte da roupa).No mapa pódese ver que a intervención en Cuba foi unhade tantas dos americanos na súa área de influencia.

Páxinas de prensa americana da época

A Prensa Sensacionalista, Hearst vs Pulitzer, e o Casus Belli

En EE. UU. estase a vivir unha pugna polo control da prensa entre dousmagnates, W.R. Hearst e J. Pulitzer. Ambos involucrarán ós seus xornaisen sensacionalistas campañas de opinión en contra da presencia de Es-paña no Caribe, simplemente para aumentar as ventas.Os xornais inventaron ou esaxeraron noticias nas que culpaban de formacasi caricaturesca ós españois de violacións, torturas, ataques piratas aEstados Unidos, terrorismo... O caso máis esaxerado foi o de EvangelinaCisneros, unha rebelde cubana encerrada tras defenderse dunha posibleviolación dun coronel español. Increíblemente, Evangelina foi rescatadado cárcere por un xornalista do New York Journal de Hearst en 1897.O incidente definitivo foi a explosión do acoirazado Maine no porto da Ha-bana en 1898. Recentemente soupemos que foi un accidente por culpadunha explosión interior (probablemente problemas cunha mina ou coamunición mal almacenada); pero os xornais acusaron a Españ dun ata-que e foi o Casus Belli (motivo para iniciar unha guerra) que se buscaba.

Page 3: U 7 Guerra de Cuba - WordPress.com · sistiu sete meses máis do que durou a guerra (os coñecidos coma ‘Últimos de Filipinas’). Os filipinos foron un protectorado americano

Ó igual que nos conflictos anteriores a me-tade occidental da illa apoiaba ós españoise a oriental ós independentistas.O desembarco de tropas americanas nosarredores de Santiago xerou a batalla dascolinas de San Xoan, que rematou cunhaderrota española e coa aparición dunheróe nacional americano, o que logo seconvertiría en presidente, Theodore Roo-sevelt.Os americanos tomaron as posicións altasque ameazaban á cidade, onde se fon-deaba a frota española que estaba blo-queada. Esta, antes de ser apresada,decidiu saír a tratar de loitar, pero a ar-mada americana amosou unha total supe-rioridade. Isto asegurou a chegada detropas de EE.UU. e a súa victoria.

Os distritos orientais foron a base de operacións dos rebeldes e dos americanos ó desembarcar

A Guerra de Cuba ou Guerra Hispano-Americana

En 1895 José Martí retorna á illa e reorganiza a insurrecciónna parte oriental. O conflicto queda enquistado e Estados Uni-dos esixiulle reformas políticas a España porque dicía queafectaban á inestabilidade do comercio da zona.Sagasta desenvolve un gran nivel de autogoberno, autonomíaplena Constitución para a illa de 1897) e igualdade de dereitospolíticos dos españois das antillas e os penisulares, con sufra-xio universal en Cuba e Puerto Rico; pero todo isto non con-tentou ós norteamericanos nin os caribeños.Os americanos declararon un bloqueo da illa sen sequera de-clarar a guerra e enviaron ó Maine ó porto da Habana senseren invitados nin sequera avisar. Tras da explosión do mesmo EE. UU. declarou un ultimatumpolo que os españois debían marchar da illa, e Sagasta res-postou declarando a guerra.A victoria naval en Santiago de Cuba ante os barcos españoisque eran anticuados e estaban bloqueados no porto, deixouós americanos liberdade de movementos.O desembarco de americanos foi rápido e expeditivo, ó poucotempo as tropas españolas recibiron ordes de rendirse e fir-mouse o tratado de París (ver aparte).

Cambio de amo, e nova guerra

En 1898 os españois marchan das illas, pero osamericanos quedan. O presidente MacKinley de-clara por exemplo que “os filipinos son incapacesde autogobernarse”; en Cuba instalarán diversosgobernos títere que apoiados militarmente porEstados Unidos masacrarán a independentistascubanos durante cinco décadas máis, ata a re-volución comunista de Fidel Castro.Pola súa banda, Puerto Rico foi administradodende Washington dende un primeiro momentoata a actualidade, sendo hoxe en día un estadolibre asociado (é dicir, unha colonia).

Page 4: U 7 Guerra de Cuba - WordPress.com · sistiu sete meses máis do que durou a guerra (os coñecidos coma ‘Últimos de Filipinas’). Os filipinos foron un protectorado americano

A Guerra en Filipinas e o Pacífico

España estaba involucrada en unha guerra deguerrillas contra os filipinos dende 1896.Os americanos en 1898 estaban xa preparadosen Hong Kong (colonia británica) para invadir Fi-lipinas. A armada española tratou de frenar á frota ame-ricana en Cavite, sufrindo unha derrota.As tropas americanas apoiadas polos tagalos(nativos filipinos), deixaron sen opcións os espa-ñois. Só unha pequena guarnición en Baler re-sistiu sete meses máis do que durou a guerra (oscoñecidos coma ‘Últimos de Filipinas’).Os filipinos foron un protectorado americano atadespois da Segunda Guerra Mundial (1946)onde foran ocupados por Xapón.

O Tratado de París (1898)

En decembro do mesmo ano fírmase a pazdesta curta guerra.España declara a idependencia das illas caribe-ñas e filipinas. Pouco despois vende o resto doseu imperio no pacífico (Carolinas e Marianas) aAlemaña (1899) salvo os protectorados deÁfrica, concedidos polas potencias europeas.

O exército descontento, un problema para o futuro

Durante case todo o século XX o exército estará afectado poresta derrota. Os distintos gobernos tiveron que manter conten-tos ós militares profesionais para evitar os golpes de estado,tan tradicionais no S.XIX e para iso mantiveron un exército so-brecargado de altos mandos e oficiais (ben pagados) pero es-caso de soldados e sobre todo de suministros e material bélicomoderno.Unha proba deste atraso foron as baixas da guerra de Cubaque se poden ver na táboa superior. Dos 55 mil mortos, só2.100 foron en combate. Algo que proba a falta de medicamen-tos, transportes e alimentos axeitados para a campaña.Os militares de carreira (os oficiais e xefes, non os soldados)crearon sindicatos, ó principio ilegais, chamadas Xuntas de De-fensa.O desastre de Cuba foi seguido de problemas no protectoradode Marrocos que se lle concedera a España no reparto deÁfrica. O exército español foi blanco das críticas dos medios edos intelectuais pola súa ineficacia, e das clases popularespolas malas condicións de vida da tropa.Os altos mandos do exército volverán a participar en políticaapoiados en primeiro lugar polo novo rei, Afonso XIII.O exército xenerará novos incidentes:- Revista Cut-Cut (1905) - Lei de Xurisdiccións (1906)- Dictadura de P. de Rivera (1931) - Sanjurjada (1932) - Guerra Civil (1936)

A Crise do 98

Tras esta guerra o goberno de Sagasta (Liberal) cae eaccede ó poder o conservador Silvela. O desastre económico e moral que supuxo a perdadas colonias xerou unha reacción en España coñecidacoma o Rexeneracionismo, alimentado pola actividadeintelectual da Xeración do 98 e do político JoaquínCosta. Para todos eles, e dende o pesimismo cara atarefa, a idea de solución para España pasaba por uncambio de mentalidade e pola extensión da cultura atodas as capas da sociedade.Isto foi un duro golpe para a política proteccionistade España (aquela que gravaba con altos impostos ósproductos estranxeiros), defendida dende os sectoresmáis asentados da economía (País Vasco e Cataluña)e polos terratenentes latifundistas cerealeros (Andalu-cía e sobre todo Castela). Os mercados restrinxidosde Cuba e Puerto Rico eran a clave da rentabilidadedestas e outras industrias.A exportación medrou, pero só a base da venta de ma-terias primas e viños a baixos prezos. Estes sectoresdesexaban o librecambio coas grandes potencias parapoder competir con outros territorios.