distintos tipos de organos sensoriais

11
UNIDADE 3 A función de relación Ciencias da Natureza 2.º ESO DISTINTOS TIPOS DE ÓRGANOS SENSORIAIS

Upload: aniit28

Post on 12-Apr-2017

131 views

Category:

Business


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3 A función de relación

Ciencias da Natureza 2.º ESO

DISTINTOS TIPOS DE ÓRGANOS SENSORIAIS

Page 2: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3 Distintos tipos de órganos sensoriais

Ciencias da Natureza 2.º ESO

ÓRGANOS SENSORIAIS

Preme sobre cada recadro para saber máis

QUIMIORRECEPTORESFOTORRECEPTORES MECANORRECEPTORES

Page 3: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

•Conteñen células receptoras que captan un determinado estímulo e envían un sinal ao sistema nervioso, onde é interpretado como unha sensación.

Órganos sensoriais

Volver ao menú inicial

3: Os ollos do gato captan a luz procedente da ave.

2: Os oídos do gato captan as vibracións do canto do paxaro.

Órganos sensoriais dun gato captando estímulos.

1: Un paxaro canta (emite vibracións) e a luz reflíctese nel.

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 4: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Nos animais forman os ollos.

• Captan a luz e proporcionan a visión.

• Adoitan situarse na cabeza.

Fotorreceptores

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 5: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Segundo a súa complexidade, distinguimos varios tipos de ollos:• Simples. Téñenos moitos invertebrados. Só detectan a presenza ou ausencia de luz.• Compostos. Danse nos artrópodos. Constan de miles de pequenas unidades chamadas omatidios. Entre todos dan unha visión en mosaico.

Tipos de ollos (I)

OmatidioOllo composto

Distintos tipos de órganos sensoriais

Ollo simple

Page 6: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Tipo cámara. Téñeno algúns invertebrados, como os cefalópodos, e case todos os vertebrados. A súa estrutura parécese a unha cámara de fotos e dan unha imaxe nítida do medio.

Tipos de ollos (II)

Ollo tipo cámara dunha ave

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 7: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

Ollo en cámara

Volver ao menú inicial

Cristalino: Actúa como a lente dunha cámara, enfocando os obxectos.

Pupila: Fai as veces do diafragma dunha cámara. Ábrese ou péchase para controlar a luz que entra ao ollo.

Retina: É coma o sensor dunha cámara dixital. É a capa máis interna do ollo e nela fórmase a imaxe recibida no ollo. Esta fórmase do revés, pero o cerebro corrixe isto e invirte a imaxe.

Iris: É un disco muscular cuxa función é abrir e cerrar a pupila. Dálles as súas características cores ao ollo.

Nervio óptico: Leva a información recibida pola retina ao cerebro.

Fóvea: É a zona da retina con máis densidade de conos.

Esclerótica: É a capa máis externa, de cor branca, salvo na parte anterior onde se fai transparente e pasa a chamarse córnea.

Coroides: Capa media do ollo, é de cor vermella escura debido a que está cheo de capilares sanguíneos

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 8: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Segundo o estímulo que capten, distínguense varios tipos:• Órganos de audición (oídos): Adoitan ser orificios que captan vibracións do aire ou da auga.• Órganos do equilibrio: Células sensibles á gravidade que informan da posición do corpo.

Mecanorreceptores (I)

Oído dun réptil

Orificio do oído

Orificio do oído

Estruturas que recollen as vibracións

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 9: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Liña lateral: Dáse en peixes. Detectan vibracións e movementos na auga.• Pel: Ten células receptoras da presión, e proporciona o tacto.

Mecanorreceptores (II)

Liña lateral dun peixe

Volver ao menú inicial

Célula receptoraCanle

Pel

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 10: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Captan substancias químicas que hai no aire, na auga ou nos alimentos.

• Dan lugar a dous sentidos moi relacionados: o olfacto e o gusto.

Quimiorreceptores

Distintos tipos de órganos sensoriais

Page 11: distintos tipos de organos sensoriais

UNIDADE

3

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• Adoitan situarse case sempre preto da boca, por exemplo:• Artrópodos: nas antenas.• Vertebrados: fosas nasais e lingua.

Quimiorreceptores

Volver ao menú inicial

Antenas: conteñen numerosos receptores de substancias do aire, facendo de órganos do olfacto.

Lingua: Capta substancias do medio, e serve como órgano do olfacto e gusto.

Distintos tipos de órganos sensoriais