cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 30 - Xuño de 2016 O Concello de Ordes non terá orzamentos este 2016. Administrarase cos do ano pasado prorrogados. O proxecto levado polo go- berno local do PP ao pleno de finais de maio decaeu ao non contar co apoio da opo- sición. O execuvo reaccio- nou falando do risco que co- rren varios invesmentos. UxO fala de contas irreais e con recortes en sectores es- tratéxicos. O BNG botou en falta a reformulación de va- rios servizos deficitarios e non de primeira necesidade. O PSOE é moi críco coa re- ducción de recursos en ámbi- tos primordiais. Os desacordos políticos deixan a Ordes sen orzamentos municipais Páx. 2 Intentan evitar que a unitaria de Queixas peche en setembro CERCEDA Páx. 7 Os veciños presentan máis de 600 alegacións contra o PXOM ORDES Páx. 5 Páx. 4 Agora, en mans da Xunta Condenan á empresa no caso do doble endoso CERCEDA Páx. 6 A presión veciñal para de momento a planta de escorias TRAZO Páx. 9 Reclaman a mellora da provincial que vai a Santiago TORDOIA Páx. 8 A Xuntanza Cabalar de Ardemil supera os 300 animais ORDES Páx. 14 Indicios de caída de produción no leite, con prezos á baixa ECONOMÍA Páx. 13 O goberno mantén que este ano licitará a estrada de Mercurín Lugar de Orro, 100 CULLEREDO 680 509 760

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 03-Aug-2016

259 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Número 30 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 30 - Xuño de 2016

O Concello de Ordes non terá orzamentos este 2016. Administrarase cos do ano pasado prorrogados. O proxecto levado polo go-

berno local do PP ao pleno de finais de maio decaeu ao non contar co apoio da opo-sición. O executivo reaccio-nou falando do risco que co-

rren varios investimentos. UxO fala de contas irreais e con recortes en sectores es-tratéxicos. O BNG botou en falta a reformulación de va-

rios servizos deficitarios e non de primeira necesidade. O PSOE é moi crítico coa re-ducción de recursos en ámbi-tos primordiais.

Os desacordos políticos deixan a Ordes sen orzamentos municipais

Páx. 2

Intentan evitar que a unitaria de Queixas peche en setembro

CERCEDA

Páx. 7

Os veciños presentan máis de 600 alegacións contra o PXOM

ORDES

Páx. 5

Páx. 4

Agora, en mans da Xunta

Condenan á empresa no caso do doble endoso

CERCEDA

Páx. 6

A presión veciñal para de momento a planta de escorias

TRAZO

Páx. 9

Reclaman a mellora da provincial que vai a Santiago

TORDOIA

Páx. 8

A Xuntanza Cabalar de Ardemil supera os 300 animais

ORDES

Páx. 14

Indicios de caída de produción no leite, con prezos á baixa

ECONOMÍA

Páx. 13

O goberno mantén que este ano licitará a estrada de Mercurín

Lugar de Orro, 100CULLEREDO

680 509 760

Page 2: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

2

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

ORDES O goberno prorroga os orzamentos de 2015 e descarta vincular os deste ano a unha cuestión de confianza

A oposición impide aprobar os orzamentosA oposición de Ordes (UxO, BNG

e PSdeG-PSOE) impediu a aproba-ción dos orzamentos municipais para 2016, presentados polo goberno do PP no pleno de finais de maio. O exe-cutivo, en minoría, advertiu do posi-ble risco que este paso supón para determinados investimentos e os de-mais grupos escúdanse en que non podían admitir supostos recortes nin que non se reformule algún servizo.

As contas ascenden a uns nove millóns de euros, segundo o Concello un 6 % máis que as de 2015. O único gran capítulo de gasto que destacou o PP é o de investimentos, pese a que non chegan ao 20 % do total dos re-cursos: 1.741.000 euros. O execu-tivo sitúa como “pendentes” obras con fondos propios por valor duns 450.000 euros. Como exemplos sitúa o novo ximnasio do Campomaior ou un aparcadoiro no Valado.

Ademais de suliñar que eran uns orzamentos “nivelados”, o goberno presumiu de que permitirían manter os servizos esenciais e conter o gasto. Defendeu que as partidas de políticas sociais subían un 13 % e un 27 % as de bens para educación, cultura e de-porte.

UXO: “ERA IRREAL”Ben distinta é a valoración que

fai UxO. O principal grupo da oposi-ción, que gobernou ata o pasado ve-rán, apreza que nas contas merman as partidas para os ámbitos do co-mercio, as pequenas e medianas em-presas e o medio ambiente. Ademais, cre que a partida para educación non medra o suficiente e que “a tenden-

cia debería ir na liña de incrementar as axudas aos estudantes e á súa for-mación integral”, en palabras de Sil-via Marín, voceira de Uxo.

Aínda que recoñece axudas no-minativas novas, a formación inde-pendente bota en falta axudas espe-cíficas para persoas con diversidade funcional e para colectivos en risco de exclusión social. Marín tamén cri-tica que aumente o gasto corrente e que a capacidade do Concello para acometer obras con fondos propios baixe un 10 %, segundo os seus da-tos. Esa “escasa iniciativa á hora de planificar obras e melloras era algo por outra banda sempre moi criti-cado polo actual rexedor” cando es-taba na oposición, lembra Marín, que tamén apela ao informe dos técnicos municipais para concluír que o orza-mento presentado era “irreal”.

SERVIZOS DEFICITARIOSO BNG argumentou o seu voto en

que o goberno non modificou a xes-tión de servizos “altamente defici-tarios”, como a ORA (déficit de case 22.000 euros anuais), o Museo do Traxe (máis de 47.000 euros de défi-cit ao ano) ou a emisora de radio mu-nicipal (case 42.000 euros de sangría económica).

O portavoz nacionalista, Pablo Vi-dal, viu necesario municipalizar o ser-vizo de limpeza, conserxería e mante-mento dos pavillóns públicos, posto que “abarataría o custo, ao suprimir o beneficio industrial da empresa”. Á vez, pediu sacar a concurso a xes-tión da cafetería do centro comarcal, tras observar interese entre a veci-

ñanza por explotala. No mesmo edi-ficio, botou en falta fondos para po-ñer a funcionar o viveiro de empre-sas. Por último, criticou que se lle re-ducise á metade o aluguer da Garda Civil, que pasa de 36.000 a 18.000 euros anuais, nunhas dependencias que o Concello adquirira e acondicio-nara cuns 400.000 euros.

RECORTESPola súa parte, a concelleira do

PSOE, Verónica Gómez, xustificou o seu voto en contra nos “importan-tes recortes que inclúen os orzamen-tos en materia de comercio, turismo e pequenas e medianas empresas (33 %) e medio ambiente (25 %)”, se-gundo os seus datos. Gómez viu “fun-damental” apoiar o sector comercial, fonte de ingresos para numerosas fa-milias no municipio. Criticou tamén que as consignacións para medio am-biente descendan un 25 % e que “por primeira vez nos últimos anos” os

cartos para Servizos Sociais non me-dren ao mesmo ritmo que orzamen-tos anteriores, afirma a socialista.

E AGORA QUE?Ao non poder sacar adiante o seu

proxecto de orzamentos, o goberno explica que seguirá cos de 2015 pro-rrogados. Descarta de momento so-metelos a negociación cos grupos da oposición. Tampouco contempla a hi-pótese de vincular a aprobación das contas de 2016 a unha cuestión de confianza. Con este mecanismo, ob-tendo a confianza do pleno aprobaría os orzamentos. E aínda perdendo esa votación tamén podería, posto que nese caso a oposición disporía dun mes para presentar unha moción de censura. De non facelo, os orzamen-tos tamén serían aprobados. En todo caso, é un mecanismo de uso limi-tado, que non se pode repetir ano tras ano. Quizais por iso quede para outra ocasión. O tempo dirá.

A oposición evidenciou a falta de maioría do PP no pleno orzamentario

Os sete Concellos da comarca or-dense reduciron a súa débeda en 2.636.000 euros durante o mandato 2011-2015, segundo un balance pre-sentado recentemente polo Minis-terio de Hacienda. En conxunto, pa-saron de deber 10.085.000 euros en 2011 a 7.499.000 euros ao remate do mandato, o pasado ano.

Máis da metade desa débeda co-rresponde ao Concello de Ordes, que en 2015 tiña pendentes 4.303.000 euros. En todo o mandato, logrou baixar a débeda en 699.000.

A maior redución logrouna Cer-ceda, que avanzou 1.379.000 euros na procura de números positivos, pa-sando dunha débeda de 1.868.000

euros en 2011 a 489.000 euros en 2015. Tamén destacable a evolución de Oroso, con 1.089.000 euros me-nos de débeda durante os catro anos, desde 1.689.000 ata 600.000 euros.

Con cifras de débeda moito me-nores, Mesía puxo o seu contador a cero no pasado mandato, que ini-ciara en 219.000 euros. Frades evo-lucionou tamén en positivo, pero a menor ritmo, pasando de 170.000 a 119.000 euros de débeda. Ao igual que Mesía, o Concello de Trazo rema-tou o mandato sen débeda, se ben no seu caso xa o comezara así.

Pola contra, segundo o informe do Ministerio, a Administración Lo-cal de Tordoia é a única da comarca

que experimenta unha evolución ne-gativa en 2011-2015. Incrementou a débeda en 851.000 euros, desde 1.137.000 ata 1.988.000 euros.

Segundo Hacienda, en toda Es-paña tres de cada catro entidades municipais lograron rebaixar a súa débeda no pasado mandato. En boa parte, debeuse ás limitacións im-postas polo propio goberno central a través da lei de estabilidade orza-mentaria. As entidades locais son as únicas que nos últimos anos, no seu conxunto, lograron un superávit sos-tido nas súas contas. Detrás das ci-fras, en moitos casos figura o recorte ou desaparición de diversos servizos públicos.

Os Concellos da comarca rebaixaron a súa débeda en 2,6 millóns o pasado mandato

COMARCAS Só Mesía e Trazo remataron o mandato a cero, segundo Hacienda

CERCEDA1.868.000 euros489.000 euros

FRADES170.000 euros119.000 euros

MESÍA219.000 euros

0 eurosORDES

5.002.000 euros4.303.000 euros

OROSO1.689.000 euros600.000 euros

TORDOIA1.137.000 euros1.988.000 euros

TRAZO0 euros0 euros

DÉBEDA MUNICIPAL 2011 / 2015

Page 3: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

Crónicas - Xuño 2016 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

4

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

ORDES O investimento, que levaba anos paralizado, sitúase en 2,3 millóns de euros

A Xunta mantén a vontade de licitar a estrada de Mercurín durante este verán

A Xunta mantén a súa intención de licitar este verán e rematar en 2017 as obras de mellora na estrada entre Ordes e Cerceda por Mercurín. Así o manifestou a conselleira Infraestru-turas, Ethel Vázquez, nunha visita ao Concello para presentar o proxecto, en plena campaña electoral. Nun co-municado, o goberno de Ordes refí-rese a ela como conselleira, pero ta-

mén como “dirixente popular”.O proxecto está valorado nuns

2,3 millóns de euros. Exhíbese des-pois de que o Consello da Xunta au-torizase o cambio de titularidade de varios viais no municipio, entre eles este, que pasa a mans autonómicas.

A iniciativa está en exposición pú-blica e durante estas semanas as per-soas afectadas poden presentar re-

clamacións sobre a obra prevista. Hai 240 propietarios afectados polo proxecto, en Ordes, Leira e Mercurín.

Os traballos previstos no que o goberno autonómico recoñece como “o principal acceso a Sogama” son a ampliación da plataforma ata os nove metros de ancho, carrís de ace-leración e deceleración nas intersec-cións, semiglorietas e unha glorieta no acceso á planta de Sogama.

Por suposto, tamén está previsto acondicionar o firme, que leva anos agardando unha reparación a fondo, afectado polo tráfico pesado e des-bordando a capacidade de mante-mento do Concello, titular ata agora. A situación chegou ao punto de pro-hibir a circulación de maior tonelaxe.

O alcalde de Ordes, José Luis Mar-tínez Sanjurjo, manifestou na presen-tación do proxecto que se “conver-terxa nunha realidade algo que Ordes levaba esperando moito tempo” e dá “por cumprido un dos máximos com-promisos electorais” que el efectuara nas municipais de 2015 como condi-ción para ir á reelección en 2019.

O proxecto de mellora da estrada presentouse no Concello en campaña electoral

Intercambio de treitos para que a titularidade sexa acorde ao uso

O intercambio de treitos de estradas entre a Xunta e o Con-cello de Ordes servirá para corri-xir algunhas situacións sen moito sentido, como que a estrada de Mercurín seguise en mans do Concello e a AC-147, desde a Rúa dos Lagartos ata a rotonda da AC-524, seguise sendo autonómica.

A nova distribución pretende que a rede viaria sexa “racionali-zada de modo coherente co seu uso”, recoñece a Xunta. Por iso, o Concello traspásalle á Xunta, ademais da estrada de Mercu-rín, a variante desde a N-550 ata a primeira rotonda máis o tramo que atravesa o polígono.

Para o Concello pasan, ade-mais da AC-147, que non chega ao quilómetro de longo, os 280 primeiros metros da AC-524 (Or-des-Lanzá) en zona urbana, nove treitos antigos sen uso da es-trada de Carballo, a actual AC-413 que suman 2,45 km e outros cinco treitos antigos da AC-524.

COMARCA A través dos plans de aforro e investimento, de acción social, de medio ambiente e obras en estradas

A Deputación autoriza tres millóns en investimentosO pleno da Deputación de finais

do mes de maio aprobou investimen-tos por valor de case 3.010.000 eu-ros nos sete municipios da comarca ordense, mediante a aprobación do novo Plan de Medio Ambiente, ini-ciativas do Plan de Aforro e Investi-mento e do Plan de Acción Social, así como obras en estradas de titulari-dade provincial.

O novo Plan de Medio Ambiente, que distribúe cinco millóns de euros en toda A Coruña, deixa na comarca máis de 412.000 euros, con contías que van desde os 45.000 euros de Oroso ata os máis de 67.000 euros de Mesía. Este plan está destinado a in-vestimentos e actividades municipais para a mellora da contorna rural e da calidade ambiental.

Os Concellos aprobarán e pre-sentarán nas vindeiras semanas os proxectos para este plan, que pode-rán ser accións relacionadas con in-fraestruturas de produción de ener-xía, melloras en sistemas de ilumi-nación pública ou de climatización de edificios municipais, adquisición e instalación de contedores de lixo, parques e xardíns ou redes de abas-tecemento e saneamento.

Na nova fase do Plan de Acción Social, a institución presidida polo socialista Valentín González Formoso validou o investimento de 1.838.000 euros. Deles, 346.000 corresponden a Cerceda e destínanse á senda peo-nil desde a estrada provincial ata Re-cegulfe, á pavimentación do acceso ao Centro de Desenvolvemento Tec-nolóxico, beirarrúas na DP-2406 en Queixas, o camiño de Arrieiros á es-trada da Laracha polo polideportivo e os accesos a Telleiro.

No mesmo PAS, Mesía viu apro-bados case 306.000 euros, para unha senda peonil en Boado e a praza pú-blica da igrexa, arranxos no campo de fútbol de Visantoña, o acondicio-

namento das piscinas municipais, re-paracións no polideportivo de Xan-ceda e o camiño de Campo a Perei-ruga (Xanceda).

En Ordes, o plan achégase aos 550.000 euros, con obras como o ac-ceso ao IES Maruxa Mallo e a piscina climatizada, o acondicionamento da contorna do local social de Poulo, o acceso ao igrexario e o local social de Pereira, o acondicionamento da con-torna da escola de Mercurín, o abas-tecemento a Queis (Montaos), o sa-neamento na Lavandeira de Abaixo e a depuradora (Poulo), e o camiño da Lavandeira á Costa (Poulo).

En Tordoia, serán 335.000 euros para os accesos a Frixoi (Bardaos), á piscina e ao polideportivo, a Fontán e Barral (Viladabade), ao CPI Peca-lama, á Carballeira de Arriba en Vila-dabade, en Vilasal (Anxeriz) e á igrexa de Tordoia, ademais de bancadas no campo de fútbol de Gorgullos e a re-habilitación enerxética do edificio so-ciocultural do Castiñeiro.

E en Trazo, o plan dota con máis de 301.000 euros para rehabilitar e conservar os centros sociais de Res-tande, Morlán e A Brea, así como a pavimentación con PVC do polide-

portivo municipal. Outros investimentos autoriza-

dos son os recollidos no Plan de Afo-rro e Investimento, con 541.000 eu-ros para a comarca. Para Cerceda son 194.000, previstos para pavimen-tar varios camiños, o saneamento na Silva ata o campo de fútbol, e o ca-miño da Baixa de Rodís á estrada de Carballo. Ordes prevé utilizar case 170.000 euros neste plan para me-llorar o aparcadoiro do tanatorio mu-nicipal. E Oroso obtén 178.000 eu-ros para ampliar a escola infantil mu-nicipal, mellorar a sinalización en Sigüeiro, o alumeado público en Vi-lalbarro e no Cruceiro e acondicionar a Casa do Concello.

Por último, o pleno provincial aprobou entre os seus investimen-tos en estradas provinciais as sendas peonís en Meirama e no Acebedo, or-zamentadas en máis de 217.000 eu-ros. Na estrada de Cerceda ao Mesón do Vento (DP-2405) serán máis de dous quilómetros de senda na marxe esquerda, mentres que na estrada de Cerceda a Xesteda (DP-2404) a in-tervención será en 1,5 km, tamén na marxe esquerda e con canalización de pluviais.

CERCEDAFRADESMESÍAORDESOROSOTORDOIATRAZO

PLAN PROVINCIAL DE MEDIO AMBIENTE

65.422 euros52.264 euros67.440 euros 49.706 euros45.289 euros62.363 euros59.976 euros

Page 5: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016 5

- A froitería A Nova abríu as súas portas o pasado 1 de xuño, que os diferencia doutras froiterías?

- Escomenzamos esta Nova etapa con moita ilusión e ofrecendo o me-llor tanto en calidade e prezos como en atención ao cliente, algo funda-mental para min e as miñas compa-ñeiras.

- Que tipo de produtos venden?

- Os produtos que ofrecemos in-clúen tanto os de temporada e os tropicais, como os cultivados polos nosos agricultores da comarca, que ofrecen a maior frescura posible para o consumidor.

- Por que se decidiu a poñer en marcha A Nova?

- Despois de 16 anos no sector, pensei que era o momento de to-

mar a iniciativa de abrir esta froite-ría no meu concello e servir o mellor produto a todos. Agora que estamos nun momento en que o consumo de froitas e verduras tanto para maiores como pequenos está medrando. Por iso, invito a todos os lectores de Cró-nicas a visitarme cando queiran e po-der ofrecerlles a mellor atención po-sible.

ORDES A inmensa maioría son peticións de particulares en zonas rurais

O Plan Xeral ordense recibe máis de 600 alegacións durante a exposición pública

A exposición pública do Plan Xe-ral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes rematou con 639 alegacións presentadas. De todas elas, só 19 son alegacións xerais ao plan. As demais son cuestións puntuais. A inmensa maioría refírense a zonas do rural, con particulares que reclaman sobre propiedades privadas, e unha propor-ción significativa pero menor ao ám-bito urbano.

En concreto, o plan recibiu 103 alegacións sobre o núcleo urbano de Ordes e outras 9 no Mesón do Vento. Nos núcleos rurais, a parroquia que máis reclamou foi a de Ordes (129), seguida de Buscás (55), Ardemil (52), Montaos (50), Leira (48), Poulo (43), Pereira (36), Beán (22), Vilamaior (21), Mercurín (16), Parada (16), Bar-beiros (14) e Lesta (6).

Segundo o goberno municipal, a partir de agora o equipo redactor vai responder de maneira xustificada cada alegación, que poderá ser rexei-tada, admitida en parte ou admitida na súa integridade. Terán en conta os informes sectoriais dos distintos or-

ganismos que interveñen. As persoas que alegasen recibirán unha notifica-ción individual coa resposta.

O período de exposición pública rematou o 30 de maio, despois de que o PXOM se aprobase inicialmente en marzo. A veciñanza puido consul-tar o PXOM a través de internet e no

Concello, cun servizo matutino que informou sobre o documento que de-fine o futuro urbanístico de Ordes nos vindeiros lustros.

O plan prevé 1.512 novas viven-das, das que 554 irían en solo urbani-zable delimitado e 861 en núcleo ru-ral.

Numerosos veciños e veciñas achegáronse ao Concello a consultar o documento

Os socialistas pretenderon que o prazo de exposición fose ampliado

O PSOE de Ordes pediu en pleno que o prazo de exposición pública do PXOM fose ampliado, e con el a posibilidade de presen-tar as alegacións que a veciñanza estimase oportunas. A petición non foi aceptada.

Para os socialistas, o tempo en que estivo exposta a docu-mentación foi “demasiado redu-cido”. Consideran ademais que “prexudica notablemente un gran número de veciños e veci-ñas que se atopan fóra do termo municipal e que non volverán ata as vacacións do verán”.

Por iso, os socialistas querían dar máis tempo de consulta co fin de que as persoas con propie-dades en Ordes pero residencia fóra, sobre todo no estranxeiro ou puntos distantes de España, tivesen a marxe necesaria para desprazarse a Ordes, consultar a documentación e avaliar se pre-sentaban ou non alegacións en base á información obtida.

ENTREVISTA Iria González Botana vén de abrir a froitería A Nova na rúa da Feira, 3 (Ordes)

“Ofrecemos o mellor tanto en calidade e prezos como en atención ao cliente”

Iria González Botana

Page 6: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

6

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

A Deputación estudará a reparación das beirarrúas entre o colexio e a Pontecarreira

FRADES

O presidente da Deputación, Va-lentín González Formoso, compro-meteuse a que o departamento pro-vincial de Vías e Obras estude repa-rar as beirarrúas entre a Ponte Ca-rreira e o colexio, en Frades.

Formoso atende así unha peti-ción que lle formulou o alcalde de Frades, Roberto Rey, nunha reunión entre os dous. O rexedor tamén pe-diu que se axilice a contratación e execución das sendas peonís previs-tas en Moar e Aiazo.

E o presidente anunciou que unha infraestrutura semellante en Galegos vaise axilizar na medida do posible.

Formoso (esquerda) e Rey

TORDOIA

Un raio tronza un vello piñeiro en Leobalde, sen danos persoais

Un raio desfixo un vello pi-ñeiro na mañá do 28 de maio na parroquia de Leobalde, en Tor-doia. A árbore, de grandes dimen-sións, quedou en anacos en va-rios metros á redonda. Danou al-gúns obxectos que había pola contorna, pero por fortuna non

ocasionou danos persoais. Os veciños aseguran que o

raio caeu sobre as oito da mañá dese sábado, factor que probable-mente foi determinante para que case ninguén estivese fóra da casa nese intre. O susto foi grande, a desgracia só para o piñeiro.

Os restos da árbore, de gran tamaño, caeron en varios metros á redonda

Inician a toma de posesión provisional de fincas na parcelaria de catro parroquias

OROSO

As persoas con propiedades in-cluídas na concentración parcela-ria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II, en Oroso, xa poden proce-der á toma de posesión provisional das fincas resultantes do proceso. O aviso publicouse no Diario Oficial de Galicia o 14 de xuño.

Esta concentración permitiu que das 7.175 parcelas iniciais se pasase a 1.486. Pertencen a 885 propieta-rios, polo que a media de parcelas por dono pasou de 8,1 a 1,67. O in-vestimento superou os dous millóns de euros.

A partir da toma de posesión, os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural na Coruña, no prazo de 60 días, no caso de que existan diferenzas su-periores ao 2 % entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

A administración considera que o proceso axuda a modernizar as ex-plotacións, mellorar os accesos, fa-cilita os desprazamentos ás fincas e aumenta o valor da base territorial.

CERCEDA

A Audiencia Provincial falla contra a empresa no caso do doble endoso do Museo

A Audiencia Provincial da Co-ruña condenou por estafa á em-presa implicada no doble endoso efectuado pola reforma do Museo da Minería en Cerceda. ‘Construc-ciones José Antonio’ deberá pa-gar 177.000 euros ao Banco Pas-tor e indemnizar o Concello de Cerceda. Tamén ten que afrontar unha multa de 720 euros. E o pro-pietario, José Antonio Silveira, re-cibiu unha pena dun ano de cár-cere.

Para o tribunal, quedou de-mostrado un “enriquecemento in-debido” por parte do administra-dor da empresa. Tras recibir por parte do Concello o contrato para rehabilitar o Museo, na antiga es-tación ferroviaria de Meirama, en xaneiro de 2012 preparou unha certificación duns 201.000 euros. Despois, logrou que o alcalde lle asinase o endoso. O empresario alegou présa ante o rexedor e pro-meteulle completar os demais trá-

mites no Concello, cousa que non fixo. En cambio, segundo consi-dera probado a Audiencia Provin-cial, acudiu á sucursal do Banco Pastor e obtivo o ingreso a favor da súa empresa.

Máis tarde, o Concello paga-ría a obra a través de Banesto, por un segundo endoso, esta vez tra-mitado correctamente polo cons-tructor, tamén por un importe duns 200.000 euros. Deste xeito, a empresa cobrou dúas veces polo mesmo traballo, se ben ao Conce-llo só lle constaba unha.

Foi o Banco Pastor, xa cando pasou a formar parte do Banco Popular, o que denunciou a estafa contra o Concello. O Tribunal Su-perior de Xustiza de Galicia xa re-solvera no mesmo sentido que a Audiencia Provincial a finais do ano pasado. Desde entón, o em-presario xa lle pagou uns 55.000 euros ao Banco Pastor. Restan pois os 177.000 da nova sentenza.

A Xunta ofrece mellorar a traída de auga en Restande e Monzo

A Consellería de Medio Am-biente consigna 415.000 euros para a mellora do abastecemento de auga nas parroquias de Res-tande e Monzo, en Trazo.

Así figura nun convenio de co-laboración asinado pola conse-lleira, Beatriz Mato, e o alcalde, José Dafonte, en plena campaña electoral do 26-X.

De facerse real, a iniciativa da-ríalle continuidade ás obras de abastecemento en Castelo, que comezaron en 2012 coa intención de investir 215.000 euros.

En Monzo non existe o ser-vizo e en Restande só chega a Res-tande de Abaixo. O proxecto insta-laría máis de seis quilómetros de tubaxes e bombeos de presión.

TRAZO

A conselleira e o alcalde asinan un convenio en plena campaña electoral

Page 7: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016 7

O futuro da escola unitaria do Cal-vario, en Queixas (Cerceda), pende dun fío. O centro, o único deste tipo que aínda funciona no municipio e dos poucos en toda a comarca, tivo sete alumnos no curso que remata e só ten cinco preinscritos para o vin-deiro. Necesita unha matrícula máis, ata seis, antes deste 30 de xuño para que a Xunta non lle bote o cadeado.

As familias da zona están dando a batalla para evitar o peche, desde que a principios de xuño a Conse-llería de Educación advertise de que non se reunían as condicións para que a unitaria prosiga. Fixeron un chamamento para captar posibles interesados, e trataron de facerlle chegar a súa reivindicación ao pre-sidente da Xunta nun acto no muni-cipio. Alberto Núñez Feijóo evitou o contacto directo.

O problema ademais é puntual para o vindeiro curso, posto que no seguinte (2017-2018) “xa son como mínimo catro nenos a empezar”, afirman as familias. Por iso, teñen a firme decisión de “non deixar pe-

char esta escola sen loitar por todas as vías posibles antes” e “non quedar quietos nin de brazos cruzados por-que non se pode deixar pechar unha escola, cando nunca volverá a abrir se non axudamos todos un pouco”.

A nivel municipal, o BNG pro-moveu un rexeitamento ao peche

da escola, ao considerala “un ele-mento vertebrador das parroquias de Queixas e Xesteda”, que incluía o apoio á comunidade escolar e a pe-tición dunha campaña de promoción para chegar a posibles interesados nun modelo educativo público, moi personalizado e de gran calidade.

CERCEDA Necesitan unha matrícula máis antes do 30 de xuño para evitar o peche

As familias dan a batalla para quea unitaria de Queixas siga aberta

A Deputación contrata por máis de 148.000 euros a senda peonil da igrexa a Falmega

OROSO

A Deputación da Coruña con-tratoulle á empresa ‘Excavacio-nes y Obras Marcos’ a constru-ción dunha senda peonil na es-trada provincial DP-3801, desde a altura da igrexa da Gándara ou do acceso a Porto Avieira ata Fal-mega. O importe do contrato é de 148.382 euros.

Segundo o goberno provincial, as obras comezarán nas vindei-ras semanas e terán un prazo de execución de catro meses desde o momento en que empecen.

A senda terá dous metros de ancho e discorrerá pola marxe de-reita da calzada, en dirección a Falmega. Son 1,28 quilómetros de longo e servirá para conectar tra-mos de beirarrúa xa existentes, di a Deputación.

O remate en superficie será de mistura bituminosa en quente, cun borde de formigón. Nalgúns puntos contémplase un muro para estabilizar os noiros, máis a colo-cación de barandas de madeira de piñeiro.

Protesta de pais e nais nun acto no que Núñez Feijóo evitou falar con eles

Page 8: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

8

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

Están fartos das irregularidades do firme e das estreiteces. En Tor-doia demandan que a estrada pro-vincial DP-7804, a que vai desde Agro do Mestre, xa en Trazo, ata Santiago, sexa reparada e ampliada. Por ese motivo, o pleno municipal aprobou por unanimidade solicitarlle á Depu-tación da Coruña que interveña para poñer ao día o vial.

A estrada dálle continuidade ao traxecto entre A Tablilla e Agro do Mestre, no que nos pasados anos xa se interviu e que viu melloradas sen-siblemente as condicións para circu-lar. O goberno municipal de Tordoia, dirixido polo alcalde Antonio Pereiro, expón que se trata da principal vía de comunicación do seu municipio coa capital galega.

Na procura de lograr ese investi-mento e acadar unha estrada máis cómoda e segura, o acordo plenario tamén pretende crear unha fronte conxunta cos Concellos da Laracha, de Trazo, Cerceda e Santiago, por se-ren municipios que se ven beneficia-dos pola estrada provincial.

Por outra parte, no mesmo pleno desestimouse unha moción do PSOE que pedía un 95 % de bonificación no imposto da contribución para inmo-bles de actividades agropecuarias. O goberno lembroulles aos socialistas

que o tema xa se tratara en setem-bro de 2015, establecendo o tipo mí-nimo do imposto e unha bonificación do 50 % para ese tipo de inmobles, xunto cun 10 % menos na taxa do lixo e un 20 % no imposto de obras.

A estrada presenta irregularidades e carece de anchura suficiente para o seu nivel

TORDOIA O Concello intenta crear unha fronte común cos municipios limítrofes

Emprazan á Deputación a poñer ao día a estrada de Agro do Mestre a Santiago

Aprobada unha moción do BNG para mellorar a estética da vila e das zonas do Camiño Inglés

ORDES

A moción presentada polo BNG de Ordes para mellorar as condi-cións de ornato público no mu-nicipio recibiu o apoio unánime do pleno. A proposta insta ao go-berno municipal a facer cum-prir a ordenanza sobre conserva-ción de edificacións e solares, vi-xente desde 2008, para evitar as fachadas dos baixos a ladrillo ou os peches con bloque de formigón visto.

Os nacionalistas cren que unha simple man de pintura nestes ca-sos serviría para mellorar moito a imaxe da vila. Tamén suxiren que os propietarios cedan esas super-ficies ao festival de Desordes Crea-tivas.

Ademais, a proposta recolle que o Concello aposte polos con-tedores soterrados no casco ur-bano e que se oculten os contedo-res no rural con estruturas de ma-deira para facilitar a súa integra-ción no medio, especialmente nas zonas polas que discorre o Camiño de Santiago.

Reclamarán a Fomento un novo enlace no proxecto de variante e un paso superior en Pereira

O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta pre-sentada polo grupo municipal do BNG para que o Ministerio de Fo-mento corrixa “erros” aprezados no proxecto da variante de Or-des. Os cambios que se reclaman son enlazar coa estrada da Ponte-carreira e un paso superior en Pe-reira.

Tal como explica o Bloque, o deseño presentado non contem-pla o enlace coa DP-3802 (Ordes-Pontecarreira), de titularidade provincial. A petición é que se in-clúa esa infraestrutura accesoria no viaduto de Agra do Vello. Cren que o acceso facilitaría moito a entrada das zonas leste e sudeste do municipio á variante, no mo-mento que chegue a construírse.

Na parroquia de Pereira, o te-mor que se lles presenta, tal como está elaborado o proxecto, é que a variante parta en dous o terri-

torio, creando dificultades seve-ras nas súas comunicacións inter-nas. Por iso, propoñen que se mo-difique e que se inclúa un paso a través da variante na estrada prin-cipal da parroquia, que vai desde A Eirexe ata a estrada N-550, á al-tura do Bar Ourense.

O QUE SI SE PREVÉO proxecto, que ten o trazado

incluído no PXOM, si prevé unha conexión da variante coa estrada AC-524 entre Ordes e Lanzá (Me-sía). En varias zonas do percorrido da futura variante tamén figuran varios pasos como o que se soli-cita para Pereira.

A moción aprobada insta a que, unha vez que o Ministerio de Fomento corrixa as deficien-cias do proxecto, as melloras se-xan incluídas na documentación que compón o Plan Xeral de Orde-nación Municipal de Ordes.

ORDESORDES

Piden mellorar o vial do Ceidón e unha nova ponte en Barbeiros

Os socialistas de Ordes pre-sentaron unha petición para re-parar o vial de acceso ao Ceidón, nas inmediacións da vila. Conside-ran que o seu mal estado dificulta a circulación “e mesmo está cau-sando danos materiais nos coches que transitan por el”, aseguran.

Con vistas ao pleno, o PSOE ta-mén instou ao Concello de Ordes a construír, de acordo co de Fra-

des, unha ponte entre a parroquia de Barbeiros e a de Abellá, xa en Frades. Iría na pista que, partindo da estrada entre O Peñasco e Bar-beiros, vai ata os lugares do Pe-drouzo e Fondo de Vila.

Segundo a concelleira Verónica Gómez, no lugar xa houbo unha ponte no seu día. Agora a comu-nicación a un e outro lado do río precisa un rodeo.

O acceso ao Ceidón chega a causar danos nos coches, segundo o PSOE

Page 9: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016 9

O considerable rexeitamento so-cial fixo que se detivese, cando me-nos de momento, o proxecto para instalar unha planta de tratamento de escorias na antiga canteira da Pi-couta, próxima ao Candendo en Campo (Trazo). A empresa, segundo trascendeu desde a Consellería de Medio Ambiente, tería desistido nas súas intencións.

Esa mesma reacción veciñal fixo que o alcalde de Trazo, José Dafonte, se vise obrigado a pronunciarse pu-blicamente en contra da iniciativa. O rexedor asegurou que se sentía “des-contento” e recoñeceu a preocupa-ción “maiúscula” da veciñanza, inten-tándo facela súa.

Dafonte indicou que o proxecto non recibiu licenza municipal e mesmo afirmaba que o trámite do proxecto estaba “paralizado” antes de estalo. As súas declaracións foron previas a que a empresa presentara o seu desestimento e nelas o propio al-calde admitía á vez que estaban agar-dando o informe preceptivo da Se-cretaría Xeral de Avaliación e Cali-

dade Ambiental da Xunta. Probablemente temeroso polas

consecuencias electorais da polé-mica, que Crónicas contou antes que ningún medio na súa pasada edición, o alcalde chamaba a “unificar esfor-zos e enerxías” a “todos os axentes e plataformas veciñais implicadas nesta reivindicación” para “ir todos

xuntos a un mesmo obxectivo, o de evitar experimentos medioambien-tais no noso concello”, asegurou nun comunicado.

Nese mesmo texto, revelábase a preocupación partidista do rexedor, ao mencionar “a intención por parte dalgunhas persoas de querer confun-dir á cidadanía con este tema tan se-

rio para obter un rédito político, co conseguinte prexuízo que supoñe-ría a división de forzas”. Por se non quedasen claros os temores, Da-fonte comentaba ademais que “as afrontas políticas deben quedar a un lado cando enriba da mesa se está a falar de saúde, benestar social ou medioambiente”.

O que non explicou o comunicado do goberno de Trazo é se desde o Concello fixo algo desde que en no-vembro de 2015 o proxecto saíra a in-formación pública para recibir a au-torización ambiental integrada. Non consta ningunha acción municipal ata finais de abril, cando convocou aos veciños a unha reunión á vista do crecente enfado social. O prazo para presentar alegacións ao trámite anunciado en novembro, de trinta días, estaba máis que rematado.

De feito, os veciños, que constituí-ron a Asociación A Picouta para de-fenderse contra o proxecto, descarta-ron que o goberno local non se ente-rase da solicitude ambiental e consi-deran que xogou a ocultar a iniciativa durante meses. Ata que lle estoupou nas mans.

A promotora da planta é a em-presa González Couceiro, S.L.U. Ten domicilio social no Porriño (Ponteve-dra) e no proxecto describía que a ac-tividade consistiría en recuperar ma-terias primas a partir de escorias cla-sificadas como inertes.

A planta proxectada ubicaríase na antiga canteira preto do Candendo, en Campo

TRAZO O alcalde viuse obrigado a pronunciarse en contra, sen explicar o silencio

A reacción veciñal detén o planpara instalar unha planta de escorias

O PSOE denuncia na Garda Civil un suposto uso de bens públicos para fins privados

TORDOIA

O secretario xeral do PSOE de Tor-doia, Carlos García, denunciou ante a Garda Civil de Ordes pola que consi-dera unha “utilización durante a fin de semana do 11 e 12 de xuño de operarios do Concello para fins pri-vados e electorais do alcalde”.

Segundo García, veciños da Pon-tepedra avisárono de que operarios municipais estaban montando unha carpa, limpaban a maleza e descar-gaban cadeiras na finca privada do Muíño. O PSOE observou despois as tarefas, previas a unha churrascada supostamente organizada polo PP. O PSOE matiza que non se opón ao acto, senón ao uso de recursos públi-cos para fins electorais.

Carpa montada na finca ‘O Muíño’

MESÍA

Entréganse os premios do proxecto ‘Cultiva Mazás 2016’

A Casa Grande de Xanceda en-tregou os premios do seu proxecto ‘Cultiva Mazás 2016’, que tivo como protagonistas os alumnos e alumnas de terceiro da ESO do CPI de Xanceda e tratou de edu-car no emprendemento como fe-rramenta para loitar contra a des-poboación no rural.

O acto desta granxa ecolóxica situada en Mesía contou coa pre-

senza do presidente da Xunta, Al-berto Núñez Feijóo, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, entre outros.

O presidente autonómico des-tacou a “gran capacidade para crecer” da agricultura ecolóxica, actividade que para el supón unha oportunidade de futuro para os máis novos.

Estudantes do CPI de Xanceda protagonizaron o proxecto educativo

O concurso de tapas desenvolverase durante as dúas primeiras fins de semana de xullo

ORDES

Volve o concurso de tapas de Or-des ‘De bo dente’. Desenvolverase nas dúas primeiras fins de semana do mes de xullo, en concreto os días 1, 2, 3, 8, 9 e 10. Participan un total de 26 locais, da capital municipal e tamén de Montaos e das Casillas.

Os clientes dos establecementos serán os encargados de decidir cales son as mellores propostas presenta-das ao certame. Votarán utilizando os boletos do certame, que cuñan os propios locais. Os boletos intro-duciránse, unha vez cumplimenta-dos, nunha urna selada dispoñible en cada negocio participante.

Entre os clientes sortearanse tres premios, integrados por produtos gastronómicos, turísticos e de moda, coa colaboración de diversas firmas comerciais. Todas as papeletas en-trarán tamén no sorteo de vinte pre-mios sorpresa. E entre os locais, en-tregaranse premios ás tres mellores tapas, de 230, 170 e 120 euros. A en-trega de todos os premios será o 23 de xullo no salón de plenos munici-pal.

Page 10: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

10

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

A Cruz Vermella escolleu Ordes para celebrar o seu Encontro Provin-cial de Voluntariado, no que partici-paron unhas 150 persoas. A xornada, que se celebra cada ano, serviu para recoñecer o compromiso do volunta-riado, reflexionar sobre o seu papel na sociedade, e que persoas de dife-rentes áreas e localidades comparti-sen experiencias.

Os participantes no encontro pro-cedían da Coruña, Betanzos, Boiro, Carballo, Ferrol, Noia, Ordes, Ribeira, Sada e Santiago e desempeñan o seu labor en proxectos de asistencia en emerxencias e servizos preventivos, apoio escolar e á infancia hospitali-zada, actividades de envellecemento activo, apoio na busca de emprego ou clases de idiomas.

Mercedes Casanova, presidenta da Cruz Vermella na provincia, afir-mou durante a inauguración que “as necesidades seguen medrando, tanto na nosa contorna como nas no-sas fronteiras e noutros países, como Ecuador, pero o esforzo do volunta-riado tamén vai en aumento”. Así o constatou, ao seu carón, Manuel Vi-queira, presidente da Cruz Vermella en Ordes.

No acto interviu tamén a direc-tora xeral de Voluntariado da Xunta, Cecilia Vázquez, que destacou a soli-dariedade e o altruísmo dos colabo-radores coa Cruz Vermella. Susana García, concelleira de Benestar So-cial, ofreceu a colaboración munici-

pal e fixo fincapé no soporte que o voluntariado supón para a Cruz Ver-mella.

No encontro foron recoñecidos os voluntarios e voluntarias que acu-mulan máis de vinte anos de activi-dade coa organización: Javier Varela,

Miguel López Pampín, Antonio Insua Pazos e Jorge Fuente Balsa.

Nunha mesa redonda, cinco vo-luntarios deron a coñecer o seu tra-ballo. Caroliña Cañizález, volunta-ria de socorros e emerxencias na Co-ruña, de orixe venezolana, sinalou

que entrar a colaborar na Cruz Ver-mella facilitou a súa propia inclusión social: “eu era voluntaria da Cruz Ver-mella en Venezuela e cando cheguei á Coruña hai once anos non coñecía a ninguén, serviume para integrarme na sociedade, coñecer a cultura e as dinámicas da cidade, facer amigos e tamén divertirme”.

Aitor Míguez, que estivera como voluntario no Paso do Estreito en Ceuta e agora forma parte da agru-pación de Salvamento Marítimo de Ribeira, puxo en valor a importancia do traballo en equipo: “é moi impor-tante que estea integrado, que nos apoiemos uns a outros e que haxa formación continua porque nunha emerxencia non podemos pararnos a pensar, temos que saber perfecta-mente como actuar”.

Tamén relataron a súa experien-cia José Antonio Alonso, recén xubi-lado en Santiago e unha das incorpo-racións máis recentes, e Rosa Coto, que semanalmente organiza activida-des na residencia de maiores de Be-tanzos. Como mostra de que non hai límites de idade, nin por arriba nin por abaixo, María Silveira, directora de Cruz Vermella Xuventude en Or-des, desbotou varios prexuízos sobre a mocidade e reflexionou sobre as in-quedanzas da súa xeración.

ORDES Intercambian experiencias nunha xornada de encontro celebrada en Ordes

O voluntariado da Cruz Vermella pon en común o seu labor na sociedade

Recoñecemento aos voluntarios con máis de vinte anos de experiencia

Os alumnos de Automoción do IES-1 de Ordes acadaron o terceiro e cuarto postos no concurso ‘No-vos Técnicos en Automoción 2016’. É a terceira ocasión en que estudan-tes de Transporte e Mantemento de Vehículos, que se imparte no centro de formación profesional ordense, al-canzan a fase final neste concurso de ámbito español, no que compiten os mellores estudantes de ciclos forma-tivos de todo o país.

Esta foi a decimoterceira edición do concurso, organizado pola Funda-ción Comforp. Entre outros obxecti-vos, perseguen a promoción dos es-tudos relacionados co transporte e mantemento de vehículos, potenciar a investigación, documentación e es-tudo no ámbito da Formación Pro-fesional, mellorar a calidade das en-

sinanzas, estimular aos estudantes e recoñecer o labor do profesorado de FP.

Ademais, tratan de potenciar a re-lación entre os centros educativos e empresas do sector, acadar puntos de encontro entre profesionais do mundo laboral, profesores e estudan-tes, promover o traballo en equipo complementando habilidades indi-viduais ou a colaboración na actuali-zación científico-técnica do profeso-rado.

A finais de abril, o centro de For-mación Profesional do instituto or-dense acadara un recoñecemento de innovación didáctica en centros pú-blicos. Outorgado pola Xunta, supuxo que o centro recibise uns 3.500 euros para a construción nunha maqueta a escala dun motor HDI, do grupo PSA.

Este proxecto didáctico fora pre-sentado polo profesorado, que ela-borou a maqueta nas súas horas li-

bres. Anteriormente, xa desenvolve-ran unha iniciativa semellante, coa maqueta dun notor Volkswagen.

ORDES Bos resultados de alumnado do centro no concurso ‘Novos Técnicos en Automoción 2016

Terceiro e cuarto posto para Automoción do IES-1

Participación do IES-1 de Ordes no certame de Novos Técnicos en Automoción 2016

O encontro da Cruz Vermella en Ordes incluíu un percorrido por va-rios dos murais urbanos creados por Desordes Creativas. Integrantes deste colectivo exerceron de guías para as persoas voluntarias, explicán-dolles os detalles e o significado das obras.

Ademais, desenvolveuse un obra-doiro co voluntariado no que se creou de maneira colectiva un mural relacionado co labor da Cruz Verme-lla. O protagonista deste graffiti é un gran corazón, como o das 1.600 per-soas voluntarias da Cruz Vermella en toda a provincia.

Ruta e obradoiro con Desordes Creativas

Graffiti sobre a Cruz Vermella

Page 11: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016 11

A voceira socialista,quinta pola Coruña nas listas ao Congreso

ORDES

Verónica Gómez, portavoz so-cialista no Concello de Ordes, foi incluída como número 5 da candi-datura electoral do PSOE ao Con-greso pola provincia da Coruña, nas vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño. Na formación inter-pretan esta designación como un recoñecemento ao labor tanto da agrupación ordense como da pro-pia concelleira.

Non é o único posto signifi ca-ti vo que obteñen os socialistas de Ordes nunha candidatura ao Con-greso nos últi mos anos. De feito, en 2004, a entón líder do parti do a nivel local, Esther Couto, fora elexida deputada nas eleccións do 14 de marzo, as que levaron a José Luis Rodríguez Zapatero por primeira vez á presidencia do go-berno español.

Verónica Gómez e Pedro Sánchez

Medio Rural accede a reparar as pontes que levou o temporal

A Consellería do Medio Rural ac-cedeu a pagar o arranxo de infraes-truturas que os temporais do in-verno levaron por diante en Frades. Un convenio co Concello, xa validado polo pleno municipal, investi rá uns 120.000 euros para reparar as pontes do Raselo (Gafoi), Xeza (Mesos) e en-tre a pista de Reboredo e Os Carba-

llos (Galegos).A ponte do Raselo sobre o Ma-

ruzo será renovada totalmente polo seu pésimo estado. A nova será máis grande. Tamén a de Xeza será de-rruída e ubicarase unha nova, ade-mais de repoñer o fi rme máis próximo no vial. E en Galegos colocarase un marco de formigón prefabricado.

FRADES

Danos nunha ponte de Frades ocasiona-dos nos temporais do pasado inverno

Concellos da comarca gardaron minutos de silencio como mostra de rexeitamento ao atentado perpe-trado nunha discoteca en Orlando (Estados Unidos), que rexistrou me-dio cento de víti mas mortais, ade-mais do autor do ataque.

Este xesto de repulsa foi convo-cado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e se-cundado pola inmensa maioría das administracións locais de todo o país.

Ademais de rexeitar os feitos e amosar consternación ante un ata-que no que a homofobia se combi-nou co fanati smo relixioso, as con-centracións serviron para expresar o apoio a todas as víti mas e aos seus familiares e amigos.

Rexeitamento ao atentado de Orlando

COMARCA Concellos da comarca gardaron minutos de silencio en apoio ás vítimas

TALLER MULTIMARCA• Neumáticos • Diagnoses• Alineados• Mecánica xeral

Lugar O Cano S/N15688 - OROSOTelf / Fax: 981 69 93 60Móvil: 638 486 387

• Cambios de aceite• Distribucións• Embragues• Chapa• Pintura

[email protected] lareinadesaba.ordes

Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha15680 OrdesTel. 981 682 023 / 626 854 378

Page 12: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

12

ACTuAlIDADE

Crónicas - Xuño 2016

O Concello nega culpas nos problemas da fonte de Esmorís

O goberno de Ordes negou que o Concello sexa culpable de que a fonte de Esmorís acumulase meses sen servizo. Segundo explicou no pleno o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, a causa do problema foi a rotura do depósito interior, que houbo que cambiar por un novo.

Como a fonte non é propiedade nin depende do Concello, a repa-

ración tivo que afrontala a propie-dade particular. Mentres tanto, se-gundo a versión do rexedor, houbo que retirar a pasarela de madeira si-tuada fronte á fonte. “Era unha ac-tuación necesaria para executar as obras de arranxo do manancial”, afirmou Martínez, que se compro-meteu a recolocar a pasarela en canto rematase a intervención. Veciños da zona queixáronse de que a fonte quedou inutilizada

ORDES

CERCEDA Veciños e veciñas visitan o lago das Encrobas e as instalacións construídas na contorna da antiga mina

Vaia, vaia... Aquí si, aquí vai haber praia! Xa hai quen pode dicir que estivo

alí. Despois de oito anos enchéndose a acondicionando a súa contorna, o lago das Encrobas recibiu as primei-ras visitas civís. En varias xornadas de portas abertas, organizadas por Fenosa e polo Concello de Cerceda, decenas de persoas acudiron a coñe-cer o que pode chegar a ser un im-portante reclamo lúdico do munici-pio, con permiso do parque acuático.

Foron sobre todo veciños e veci-ñas da zona os que participaron nes-tas saídas, movidos pola curiosidade de ver por dentro o recinto do que non hai tantos anos saían sen ce-sar toneladas e toneladas de lignito para ser utilizado como combustible na central térmica. No inmenso bu-rato da mina, de máis de dous quiló-metros de longo por un de ancho e ata 200 metros de fondo, agora só é perceptible unha lámina de auga, ro-deada de zonas verdes e un bosque que acolle moi diversas especies. O proxecto contempla tamén a habi-litación dunha praia. Habela haina, pero polo de agora non se deu a co-ñecer como se poderá acceder, posto que a zona, non cómpre esquecelo, segue sendo propiedade privada.

Os visitantes nestas visitas, que seguirán programándose periodica-mente, van ata o Pazo de Gontón e percorren unha das sendas forestais creadas ata unha fervenza. Pero pre-viamente percorren tamén o Museo da Minería, creado na antiga esta-ción ferroviaria de Meirama. Nel ex-plican a orixe da explotación mineira, a súa evolución e ás súas achegas á produción de enerxía e á econo-mía da zona. Pero ben é certo que á maioría destes visitantes iniciais non lles facían falta moitas explicacións. Moitos deles tiveran que deixar as súas casas cando As Encrobas foron expropiadas, e traballaron despois na mina durante anos. As visitas efectúan un percorrido polo Museo da Minería, o Pazo de Gontón e a contorna do lago das Encrobas

Page 13: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

ECONOMÍA

Crónicas - Xuño 2016 13

Os datos de produción de leite de abril, os últimos facilitados polo Mi-nisterio de Agricultura, ofrecen un dato novidoso. Puntual, pero quizais o anticipo dun cambio de tendencia. As entregas por parte dos Gandeiros en toda España reducíronse con res-pecto ao mesmo mes do ano anterior. Unhas 6.000 toneladas menos, o 1 %.

O dato chama a atención despois da campaña 2015-2016, a primeira sen a limitación oficial das cotas, na que en toda España se comercializa-ron unhas 250.000 toneladas de leite máis que na previa. Na práctica, cos corsés que as industrias aplican nas súas condicións de compravenda e coa severa crise de prezos que pecha centos de explotacións, a produción non se disparou.

Non obstante, en Galicia non se percibiu aínda a involución da ten-dencia, posto que en abril deste ano superou as 220.572 toneladas, case 20.000 máis que no abril previo.

A liña que se segue percibindo, tanto entre os Gandeiros galegos como no conxunto de España, é a

caída de prezos, que semella non ter fin. No último abril a media española quedou por debaixo dos 0,30 euros por litro (0,298), perdendo case un céntimo e medio en comparación co mesmo mes de 2015. En Galicia, a maior produtora, mantense a peor ci-fra, a 0,279 euros por litro, case dous céntimos menos que no conxunto.

Dito noutros termos, se en Galicia se cobrase a media española os ingre-sos dos produtores subirían uns 4,5

millóns de euros por mes. Os datos axudan a explicar por que neste abril pecharon case un cento de granxas galegas, ata quedar en 8.898.

PREZOS DE CESIÓNMentres, na distribución non se

revelan caídas significativas das ven-das de leite e derivados, nin tam-pouco dos prezos. Este factor fai me-drar aínda máis a expectativa sobre o decreto de cesión de prezos, xa apro-bado polo Ministerio pero aínda sen consecuencias prácticas.

A principal utilidade do decreto será ver con que marxes traballa cada parte da cadea de valor e onde e en que medida se sitúan as anoma-lías de funcionamento do mercado. Dito doutro xeito, con canto diñeiro se quedan o supermercado, a indus-tria e o Gandeiro de todo o que paga o consumidor.

O seguinte paso sería ver se se dan medidas políticas por parte da Administración, máis centrada ulti-mamente en campañas de mercado-tecnia, aínda sen balance claro.

LEITE A primeira campaña sen cotas dá 250.000 toneladas máis en toda España

Primeiros indicios de freo na produción leiteira e prezos aínda máis baixos

España baixou a súa produción o 1 %

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE ABRIL / MARZO

(euros/litro)0,2790,3300,2840,3250,3100,4520,2880,3090,2990,2980,3110,2970,2900,3000,3440,3120,302

0,298

0,2820,3320,2970,3270,3230,4520,2950,3190,3070,3090,3140,3100,2920,3060,3450,3200,317

0,303

MEDIAS ESPAÑA ABRIL2013201420152016

0,3360,3690,3110,298

Fonte: FEGA (01-06-2016)

GaliciaEspaña

200.803 tn596.353 tn

PRODUCIÓN ABRIL

220.572 tn590.574 tn

2015 2016

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Os transportistas do lixo reclaman horarios e seguridade laboral

Os traballadores do transporte do lixo a Sogama volven mobili-zarse. Reclaman uns horarios racio-nais e previsibles e medidas para erradicar os riscos laborais.

Segundo din, desde que hai ca-tro meses pasaron de Transportes Pellejero a Transportes Pacholo as condicións de traballo “non fixeron máis que empeorar”.

Á baixa de salarios xa prevista, engaden a falta de cumprimento de horarios, por non ter un cuadrante “onde coñecer como mínimo os días de traballo”. E reclaman ves-tiario laboral, luces de seguridade e guantes para traballar con elec-tricidade, ademais de sistemas para trasladar os contedores de maneira segura e sen contaminar. Mobilización de representantes dos traballadores polas rúas de Ordes

COMARCA

Page 14: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

14

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016

A infancia e a terceira idade centran as propostas da programación estival

TORDOIA

Os nenos e nenas máis a terceira idade son os destinata-rios da maior parte das activida-des programadas polo Concello de Tordoia para este verán.

Para os cativos de 3 a 12 anos, ofertouse o Verán Lúdico Educa-tivo, desde o 1 de xullo ata o 12 de agosto. Como citas puntuais, o 22 de xullo haberá teatro na biblio-teca, a Festa do Neno será o 5 de agosto, e o 12 de agosto a Casa da Cultura acollerá un espectáculo de Eira Xandobeleira.

A finais de xuño e a principios de setembro, desenvolveranse na Casa da Cultura dous obradoiros de técnicas de estudo para alum-nado de primeiro a terceiro da ESO, co fin de mellorar o seu ren-demento escolar.

Para a terceira idade, a romaría está prevista o 1 de xullo a carón do campo de fútbol da Rega e as excursións fixáronse para os días 18 e 19 de agosto. Xa a finais de setembro, vaise celebrar a viaxe do Concello.

Os 120 alumnos e alumnas de se-gundo curso de bacharelato do IES-1 de Ordes, os da promoción 2014-2016, celebraron a súa festa de gra-duación. No acto, na Casa da Cul-tura, recibiron as orlas e os seus títu-los. Acudiron eles, familiares, amigos e profesores, nun evento que ten o significado de cambio de etapa vital.

Na mesma xornada, tamén se en-tregou o V Premio de Poesía Carme Villaverde. O certame, que organiza o IES, ten nesta ocasión como ga-ñadora a Alba Carnota Amor, de 13 anos, alumna do CPI da Ponteca-rreira (Frades).

Fin de etapa para 120 estudantes

COMARCA O alumnado da promoción 2014-2016 do IES-1 de Ordes celebra o seu acto de graduación

Imaxe cedida por Luís Cobas - Foto Órdenes

As actividades de conciliación estival programan quendas quincenais desde o 23 de xuño ata o 9 de setembro

ORDES

As actividades de conciliación du-rante as vacacións do verán comezan en Ordes este 23 de xuño, con quen-das quincenais que se prolonga ata o 9 de setembro. O prazo de preinscri-

ción estivo aberto ata o día 21.Baixo o nome ‘Summer Camp

2016’, este programa municipal, no que colabora a escoal ConTalento, está dirixido aos nenos e nenas de

entre tres e doce anos de idade. O horario previsto vai dende as 9 ata as 14 horas, coa posibilidade de am-plialo e contratar outros servizos.

En función do número de inscri-

cións, contémplase un posible servizo de transporte durante xullo e agosto para os residentes nas parroquias. Os prezos van dos 20 ata os 44 euros, se-gundo a duración da quenda

ORDES

Ardemil supera os 300 cabalos na súa xuntanza

A Xuntanza Cabalar de Ardemil (Ordes), que este ano celebrou a súa sexta edición, superou os 300 caba-los participantes. Houbo centenares de espectadores e o xantar superou as 400 persoas, procedentes de di-versos puntos de Galicia.

A celebración, a primeira fin de semana de xuño, comezou o ven-res pola tarde cunha degustación de touciño entrefebrado. O sábado o protagonismo xa foi absoluto para os cabalos, con saídas en ruta e carrei-ras de andadura en diversas moda-lidades. Antes do xantar, unha misa con procesión na honra de Santo An-tón serviu tamén para que os ani-mais recibisen a bendición. Houbo tamén tempo para recordar a figura de Joaquín González, xuíz da Fede-ración Hípica Galega e impulsor do Campionato Galego de Andadura.

Pola tarde seguiron as probas. Para os máis pequenos, ofrecéronse paseos e rutas a cabalo de balde, co propósito de que puidesen ter con-tacto cos cabalos e incentivar a afec-ción por estes animais.

As distintas probas da xuntanza repartiron arredor de 500 euros en premios

Cabaleiros de Ardemil organiza o evento, con apoio municipal e da federación galega

Foto: David Rey

Foto: David Rey

Page 15: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016 15

Charla na gardería sobre hábitos de vida saudables para criaturas de ata tres anos

OROSO

Unha charla informou na gar-dería municipal da Ulloa, en Oroso, sobre prevención e hábi-tos de vida saudables en nenos e nenas de ata tres anos. Asistiron unhas quince persoas, entre veci-ños e educadores, para escoitar a Sabela Rodríguez, especialista en Medicina Prreventiva.

A doutora detallou as enfer-midades máis frecuentes a esa idade, expuxo como se debe ac-tuar para evitar contaxios e os sín-tomas aos que hai que presentar atención en doenzas graves como a meninxite. A sesión está inscrita nun programa iniciado en 2014.

ORDES Proxecto socioeducativo dunha estudante de Educación Social de Ordes

Contra as barreiras que crea o autismo‘Charlando con Adri’ é o nome

dun proxecto que levou a cabo Noelia Varela, estudante do grao de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela, e que serviu para reforzar o traballo que a Unidade de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes está efec-tuando cun neno de nove anos con autismo.

A iniciativa está coordinada por Yesshenia Vilas, docente da materia de Acción Socioeducativa nas Disca-pacidades. Ademais do reforzo ofre-cido polo servizo público, procurou dotar o neno de hábitos alimenticios saudables. Todas as accións foron deseñadas para este caso concreto, tendo en conta a problemática e as circunstancias do neno.

Nesta liña, desenvolvéronse catro actividades. A primeira, o obradoiro de texturas e de sabores, consistiu en que Adrián puidese probar distin-tos alimentos ou sustancias, como o azucre, o sal, a canela, o limón ou a laranxa.

Na segunda, o neno, acompa-ñado polos seus pais e a estudante, acudiu ao supermercado para facer a compra. O propósito deste exerci-cio non foi outro que fomentar a súa

autonomía e facer que aprendese a manexarse nese ámbito.

Dentro da finalidade principal do proxecto de reforzar o sistema de co-municación, elaborouse un comuni-

cador que recollese aqueles alimen-tos que adoita ter na casa e outro a maiores para que o cativo apren-dese a pedir as cousas sinalando as imaxes.

E a cuarta actividade traballou co pai e coa nai de Adrián, tratando de que aprendesen a dicir que non e erradicar así o trato permisivo que os proxenitores tiñan co neno.

Despois dos arredor de dous me-ses de duración do proxecto, un tempo breve para este tipo de ac-cións, Noelia Varela afirma que “ví-ronse logros e cambios no neno e na súa familia”. Por exemplo, tal como explica a estudante, foise conse-guindo pouco a pouco que Adrián pida as cousas co comunicador. E ao reducirse o trato permisivo tamén comezou a adaptarse aos cambios e novos hábitos adquiridos.

A experiencia deste proxecto so-cioeducativo recóllese nun blog máis nunha canle de youtube creados ao efecto baixo o nome ‘Hola, me llamo Adrián’. Ao blog pode accederse en https://hola-mellamoadrian.blogs-pot.com.es/ e aos vídeos en https://www.youtube.com/channel/UCBm5zZLJYqyCEtFNhHyJkpg?feature=hovercard.

A estudante Noelia Varela, con Adrián

Un intre da charla na gardería

Viaxe ao berce do Camiño InglésO Concello de Oroso desprazou

ao alcalde, Manuel Mirás, e aos con-celleiros Luís Rey, Vanesa Boo e An-tonio Leira, este último tamén de-putado provincial, a unha peregri-nación entre Finchale e Durham, no Reino Unido.

A iniciativa na que participa-ron tiña como obxectivo reivindicar o inicio do Camiño Inglés na locali-dade de Durham. Mirás sinalou que

acadaron acordos de colaboración con varios colexios ingleses e agarda que poida haber intercambios de es-tudantes con Oroso. Tamén se reu-niron co novo alcalde de Durham, co que viu “posibilidades de entende-mento”.

Na peregrinación estivo presente tamén o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez. En conxunto, participaron un centenar de persoas.

OROSO

Page 16: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

16

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016

O Concello de Oroso celebrou a súa terceira Gala da Cultura, na que entregou distincións ás persoas, en-tidades, asociacións e empresas que destacaran no ámbito cultural.

O recoñecemento á traxectoria foi para Abel Rodríguez, mestre de baile na asociación Lembranzas do Tambre desde 1983. Como finalistas nesta ca-tegoría figuraron José Verea, profe-sor no Conservatorio de Pontevedra,

e Xoán Porto, mestre de gaita e per-cusión en Lembranzas do Tambre.

O recoñecemento especial para a asociación ou entidade foi para a desaparecida Banda de Música de San Mamede e Grabanxa. Finalistas foron a asociación cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e a agru-pación folclórica Buxos Verdes.

Petre Abraham, violinista, obtivo o recoñecemento á promesa. Os fi-

nalistas foron Estela Suárez, filóloga, escritora e videocreadora, e Beatriz Iglesias, alumna da escola municipal de música.

Como empresa que máis colabora coa cultura foi distinguida La Caixa. Como finalistas figuraron as librarías Refoxos e Aula 10.

O alcalde, Manuel Mirás, ofreceu continuidade para a Gala da Cultura nos vindeiros anos.

A entrega dos premios da Gala da Cultura de Oroso reuniu máis dun centenar de persoas no centro cultural de Sigüeiro

OROSO Recoñecementos a persoas, entidades, asociacións e empresas

Entrega de premios na Gala da CulturaOs nenos e nenas de preescolar rematan o curso con festival musical e participativo

ORDES

Os arredor de vinte nenos e nenas das clases impartidas pola Asociación Socioeducativa Anto-nio Gandoy, o antigo Preescolar na Casa que tanto se bota en falta, celebraron a fin de curso cun festi-val musical.

Coa actuación ‘O son que me arrola’, os cativos, de ata tres anos, cantaron e tocaron todo tipo de instrumentos. A intención era pro-piciar un contacto coa música e a tradición sonora galega, presente en cantos de berce, rimas e instru-mentación.

O evento implicou tamén a pais e nais. O goberno municipal estivo representado pola conce-lleira de Educación.

Actuación de ‘O son que me arrola’

O curso de habilidades sociais sae de visita á Casa dos Peixes

Os alumnos e alumnas do curso de habilidades sociais do Concello de Ordes visitaron o Aquarium Fi-nisterrae, máis coñecido como a Casa dos Peixes, na cidade da Co-ruña.

Durante a xornada, na que es-tiveron acompañados polas súas monitoras, percorreron as instala-cións do centro, o que lles permi-tiu observar e coñecer as diferen-tes especies que habitan nel.

ORDES

Os obradoiros culturais remataron cunha exposición

Os obradoiros culturais do Con-cello de Oroso clausuraron o seu curso 2015-2016 cunha exposición de traballos que se puido ver no centro cultural de Sigüeiro.

Durante esta tempada, as dis-tintas clases superaron o cente-nar de prazas cubertas. Pintura, manualidades, patchwork, labores

e cesteiría foron as modalidades con maior demanda. Houbo obra-doiros infantís e de adultos.

Na entrega de diplomas parti-ciparon o alcalde, Manuel Mirás, e concelleiro de Cultura, Luís Rey. Destacaron o aumento de asisten-cia a estas actividades, que contri-búen a crear relacións sociais.

Acto de entrega dos diplomas no centro cultural de Sigüeiro

OROSO

A visita ao Aquarium Finisterrae resultou do máximo interese para o alumnado

Page 17: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016 17

COMARCA Campaña da Casa Grande de Xanceda para o fomento de adopcións

Estes son os peludos con máis sorteMorfeo, Bruno, Sil, Trufa, Pipa,

Orión, Lissy e Jimmy. Son oito, pero poñen a cara por moitos máis, por milleiros. A imaxe destes cans da canceira de Ordes foi incluída nos en-vases dos iogures ecolóxicos da Casa Grande de Xanceda, nunha campaña que trata de fomentar a adopción de animais abandonados e de concien-ciar sobre a necesidade de darlles un trato axeitado.

A iniciati va serve tamén para fa-cer visible o grave problema de cada ano se abandonen uns 150.000 ani-mais en toda España, segundo as es-ti macións dispoñibles. A todos eles represéntanos os que durante estas semanas chegan ás tendas e super-mercados de todo o país, no produto de maior difusión da granxa ecolóxica situada en Mesía.

A campaña ofrece tamén a infor-mación necesaria para poder adop-tar os cans a través da páxina web www.uncanunamigo.com. Nela recó-llense os datos sobre cada animal e as indicacións para poder responsa-bilizarse deles, a través da asociación de amigos da canceira de Ordes ‘Se-gunda Oportunidade’.

O proxecto forma parte das acti -

vidades de responsabilidade social corporati va da Casa Grande de Xan-ceda, que desti na o 10 % dos seus be-nefi cios a este ti po de cometi dos. A campaña levou tamén varias charlas e obradoiros aos centros educati vos da comarca, coa intención de que o alumnado de primaria afonde nos va-lores da solidariedade e da tenencia

responsable de animais.Algúns dos consellos ofrecidos na

campaña son os de difundir a reali-dade dos abandonos para lograr máis adopcións, adoptar mascotas en vez de mercalas, esterilizar cans e gatos para evitar camadas non desexadas ou identi fi car as mascotas para faci-litar atopalas se se perden.

Os envases da Casa Grande de Xanceda incluíron cans da canceira ordense

A veciñanza aborda nunha reunión comose organizarán as festas patronais de agosto

ORDES

O Concello de Ordes convo-cou unha xuntanza para abordar cos veciños e veciñas a organiza-ción das festas patronais do mes de agosto. O encontro celebrouse a comezos de xuño na Casa da Cul-tura, coa idea de acelerar os pre-parati vos das celebracións, que todos os anos atraen milleiros de persoas durante varias xornadas á vila.

No encontro tratouse a posi-bilidade de conformar unha co-misión encargada de organizar os festexos. Tamén se detallaron as contas do ano pasado e mar-cáronse prioridades.

O Concello animou tanto a par-ti cipar na reunión como a colabo-rar e apoiar a celebración das fes-tas, de máxima relevancia para o municipio porque trascenden o aspecto lúdico e supoñen unha importante fonte de ingresos eco-nómicos para os sectores do co-mercio e da hostalería, dous ám-bitos de negocio moi destacados na vila.

XOVES DE PRAIA4, 11, 18 e 25 de agosto. Praia de Boiro.7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día. Outros: 10€/día.

RUTA DE SENDEIRISMOSábado 6 de agosto. Ruta do Tambre.Área recreativa Os Pasos. Gratuíta.

CAMPUS DE FÚTBOL9, 10, 11, 17, 18 e 19 de agosto. De 10:00 a 13:00 h. Campo municipal de Abellá.De 5 a 13 anos. Prezo: 10€ (empadroados) e

15 € (non empadroados).

EXCURSIÓN INFANTI L AOS MUÍÑOS DA BAROSA (BARRO-POIO)Venres 12 de agosto. Os nenos farán un taller de pan. Prezo: 15€ (empadroados) e 20 € (outros), xantar incluido. Anotacións antes do 3 de agosto.

XIX MARATÓN DE FÚTBOL INTERPAROQUIALDomingo 21 de agosto, dende as 10:00Campo municipal de fútbol de Abellá.

III TORNEO MUNICIPAL DE TENISVenres 26 de agosto pola tarde.

Pista municipal de Ledoira. Gratuita.

DÍA DA BICICLETASábado 27 de agosto. 11:00 horas.Saída praza Ponte Carreira. Gratuita.Agasallos a todos os participantes.

CAMPIONATO DE PÁDELSábado 27 de agosto. 16:00 horas.Pista municipal de Papucín. Gratuíta.

FESTA DA AUGADomingo 28 de agosto. A partir das 16:00 horas. Gratuita. Inchables, tobogán de auga, deslizantes, festa escuma e outras sorpresas.Piscina municipal de Papucín.

CURSOS DE VERÁN: Iniciación ao Pilates, Aquagym, Cursos de Natación e Obradoiro de Elaboración de xabón para adultos.CURSOS DE FORMACIÓN: Manipulador de alimentos, Fotografía, Informática, plantas aromáticas e medicinais, Graduado en ESO.

XOVES DE PRAIA7, 14, 21 e 28 de xullo. Praia de Boiro.7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día

FESTA XOGUETEIRASábado 2 de xullo. De 16:30 a 20:30. Para preescolar e infantil. Área recreativa Os Pasos (Aiazo). Gratuita. Asociación Antonio Gandoy

RUTA DE SENDEIRISMO LAXE-AROUDomingo 3 de xullo. Saída ás 9:00 h.Maiores de 15 anos. 17,7 kms. Pola tarde,

visita ao Faro de Vilán e Camariñas.Prezo: 8 € (empadroados) e 10 € (outros)

CAMPIONATO DE PESCA INFANTILSábado 9 de xullo. 10:00 h. Área recreativa do Río Maruzo (Céltigos). Gratuita.Menores de 16 anos.

DÍA DO/A NENO/ASábado 11 de xullo, a partir das 16:00 h.Piscina municipal de Papucín. Xogos, festa da escuma, inchables, merenda...

CAMPAMENTOS DE VERÁNDo 11 de xullo ao 8 de agosto. De 9:30 a 13:00

h. no CPI Pontecarreira, piscina, campo de fútbol... Maiores de 4 anos. Inscricións antes do 6 de xullo. Prezo quincena: 20 € (empadroa-dos) e 35 € (outros): Mes completo: 50 € e 70€. Descontos por segundo irmán de 20 e 40 €.

EXCURSIÓN AO AQUAPARKVenres 29 de xullo. De 13:00 a 20:00 h.O Concello subvenciona o transporte. Prezo: gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (non empadroados)

EXCURSIÓN FOZ- PRAIA DAS CATEDRAISSábado 23 de xullo. Prezo: 25 € (empadroa-dos) ou 30 € (outros), xantar incluido.

Información e inscricións no Concello de Frades

981 69 55 67981 69 56 63

www.concellodefrades.es

ACTIVIDADESDE VERÁN

2016CONCELLO DE FRADES

AGOSTO

XULLO

EXCURSIÓN A ASTURIAS Sábado 10. Opcións: descenso do Sella en Canoa ou visita a Covadonga e lagos. Adultos: 25€ (empadroados) e 35€

(outros). Ata 12 anos: 20€ e 30€.

EXCURSIÓN A MADRID E TOLEDO16, 17 e 18 de setembro. Posibilidade de ir ao Parque Warner. Prezo: 160€. (empadroados) e 185 (outros). Nenos: 120 e 145 €.

SETEMBRO

Page 18: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

18

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016

Os participantes no curso infantil de cociña queren repetir

O curso infantil de cociña, pro-gramado polo Concello de Ordes no seu circuíto de actividades tri-mestrais, rematou co propósito dos alumnos e alumnas de repetir en canto volvan este tipo de cla-ses.

Durante tres meses, os nenos e nenas aprenderon a elaborar

pan, pasta, doces e outras recei-tas. Unha das premisas do curso é que se familiaricen coa cociña e adquiran hábitos alimenticios sau-dables, sen deixar de divertirse.

As clases foron impartidas pola cociñeira e profesional da hostala-ría Karina Carreira nas instalacións da Praza de Abastos.

ORDES ORDES

Demostración de cociña para promocionar o mercado

Unha demostración de co-ciña con produtos da propia Praza de Abastos de Ordes foi a activi-dade máis destacada da campaña ‘Quere o teu mercado’, que che-gou a cincuenta instalacións deste tipo en Galicia co propósito de promocionalas.

A cociñeira Karina Carreira en-

cargouse de elaborar ante o pú-blico xurel escabechado, pisto de verduras con xamón e tallaríns de verduras.

A intención é ofrecer ideas con formas orixinais e diferentes de preparar e presentar os produtos, a miúdo locais, que están á venda na propia praza.

A sesión ofreceu ideas con produtos dispoñibles na propia Praza de AbastosO curso procurou promover os hábitos alimenticios saudables

MESÍA

A Festa da Terceira Idade reúne medio milleiro de participantes

A Festa da Terceira Idade do Concello de Mesía reuniu uns cincocen-tos participantes. Tras a misa e o xantar, seguiu unha entrega de obse-quios e un baile moi animado.

FRADES

Chovía, pero houbo festa

O tempo non lle axudou á Festa da Terceira Idade de Frades, que su-mou cincocentos participantes. A chuvia, por momentos intensa, non de-tivo as actividades. Estivo a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Como é habitual, houbo distincións para os maiores de 90 anos.

Page 19: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

XENTE DE AQuÍ

Crónicas - Xuño 2016 19

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do colexio Peca-lama, en Tordoia, celebrou a fin de curso das actividades extraescola-res cun festival no pavillón polide-portivo de Tordoia. O acto consistiu nunha exhibición do aprendido du-rante o curso por parte dos rapaces e rapazas, ademais dunha entrega de diplomas a todos os que partici-paron.

As actuacións do alumnado foron moi aplaudidas, xa que serviron para constatar as destrezas, coñecemen-tos e habilidades que foron adqui-rindo nos últimos meses.

Pero non foron o único espectá-culo que recibiu o recoñecemento do público na xornada, posto que tamén interviron os integrantes do programa municipal ‘En forma’. Trá-tase dun curso de exercicio físico no que o protagonista é o colectivo da terceira idade. Desenvolveron unha sesión en vivo, na que demostraron a súa capacidade de coordinar os exercicios coa música.

Festa de fin de curso da ANPA do Pecalama

TORDOIA Entregan os diplomas das actividades extraescolares e actúa ‘En Forma’

Os mellores xogadores da zona déronse cita no campionato e maratón de tute de Casa Avelina

Os mellores xogadores de tute de varios dos municipios da contorna competiron no campionato e no ma-ratón organizado no establecemento Casa Avelina, situado nas Travesas (Carral), a tiro de pedra do Mesón do Vento.

Esta foi a vixésimo oitava ocasión na que se celebran as dúas competi-cións, que sumaron vinte e dúas pa-rellas de xogo. A cifra dá boa idea da grande afección que hai polo xogo do tute na comarca, presente neste tipo de competicións ou tamén en encontros familiares.

No campionato, a clasificación es-tivo encabezada por Manolo Blanco ‘Pereiras’ e Ismael Uzal, seguidos de Andrés Casablanca e Vituco, Ramón López e Manolo Grobas, Juan e Suso, Manuel Antonio e Suso Carro, e Mo-desto e Manolo.

En canto ao maratón, os gañado-res foron Adolfo de Loureda e Anto-nio Mosquera, seguidos de Ricardo Rosende e Mario, Jesús Gómez e Manuel Blanco, e Manolo Blanco

‘Pereiras’ e Ismael Uzal. Unha vez rematadas as dúas

competicións, todos os xogadores déronse cita nunha cea que serviu tamén para a entrega dos trofeos e premios da competición e de diver-sos agasallos. Nas imaxes que acom-pañan esta crónica, fotos do grupo de participantes, máis dos gañado-res do campionato (inferior dereita) e do maratón (inferior esquerda).

COMARCA As competicións cumpriron este ano vinte e oito edicións e remataron cunha cea de entrega de premios

Exposición de fotos de Martínez Castro ata o 3 de xullo no Museo do Traxe Juanjo Liñares

ORDES

Ata o 3 de xullo, pode visitarse no Museo do Traxe Juanjo Liñares a exposición de fotografías de Xe-naro Martínez Castro. A entrada é de balde e permite observar unha mostra definida como “unha cró-nica do país dos últimos trinta anos”.

A exposición estivo producida polo Museo do Pobo Galego, coa colaboración do Concello de Or-des. Na inauguración, con nume-roso público, participou o con-celleiro de Cultura, Xosé Manuel Mira, máis o responsable do Mu-seo do Traxe, Manuel Viqueira, en-tre outros.

Acto de apertura da exposición

Page 20: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

20

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2016

O club de patinaxe Galia, de Or-des, obtivo uns brillantes resultados no Campionato Provincial de Grupos Show, disputado recentemente. Tres dos seus grupos fixéronse con posi-cións moi destacadas no transcurso da competición.

O mellor situado foi o grupo benxamín, que competiu dentro da modalidade de grupos grandes de primaria. O grupo xuvenil concorreu dentro da categoría de grupos pe-quenos de secundaria e ao remate figurou na cuarta posición clasifica-toria. Resultado tamén salientable para os infantís do apartado de gru-pos pequenos de primaria, que fina-lizaron o Campionato Provincial de Grupos Show na sexta praza.

Ademais, no Trofeo Concello de Arteixo, o grupo infantil ‘Conta atrás’ foi primeiro, o cuarteto infantil ‘Vintage’ foi segundo, en benxamín ‘Luces al alba’ foi cuarto, e o grupo xuvenil foi sexto.

PATINAXE O grupo xuvenil foi cuarto e o infantil foi sexto no Campionato Provincial de Grupos Show

O grupo benxamín do Galia, terceiro na provincia

Os resultados no Provincial de Grupos Show e no trofeo de Arteixo demostran o bo traballo do Club de Patinaxe Galia

FÚTBOL

O campus do Celta en Oroso admite inscricións ata o día 1

O campus de fútbol da Funda-ción Celta de Vigo e da Escola De-portiva Xuventude Oroso admite inscricións ata o vindeiro 1 de xu-llo. A actividade desenvolverase do 6 ao 31 de xullo e está pensada para nenos e nenas de catro a de-zaseis anos.

Os impresos de inscrición pó-dense recoller no centro depor-tivo de Sigüeiro, e tamén se pode acceder a elas nas páxinas web do Concello (www.concellooroso.com) e da escola deportiva (www.xuventudeoroso.com).

Existen dúas opcións de hora-rio: unha matinal de 10 a 14 ho-ras e outra completa de 10 a 18 horas. As tarifas son de 120 euros por semana en horario matinal, 170 euros en horario completo sen xantar e 190 euros en horario completo con xantar. Se a inscri-ción é por dúas semanas, o custo pasa a ser en cada un dos casos de 160, 210 e 250 euros. Por tres se-manas, sitúanse en 190, 240 e 300 euros. E a asistencia ás catro se-

manas de campus implica pagar 220 euros en matinal, 270 euros en completo sen xantar e 350 eu-ros en completo con xantar.

Para os empadroados en Oroso existe un desconto de 20 euros. Tamén se contemplan descontos no caso de irmáns. A inscrición in-clúe unha equipación Adidas da Fundación Celta de Vigo.

É a quinta ocasión que se con-voca esta actividade, que ade-mais de formación en fútbol, po-las mañás, ofrecerá polas tardes actividades adicionais como ru-tas de sendeirismo, visita ás insta-lacións do Celta en Balaídos e na Madroa, saídas ao parque acuá-tico de Cerceda, e sesións de prác-tica doutras modalidades depor-tivas como pádel, tenis de mesa, taekwondo ou fútbol praia.

O campus foi presentado polo alcalde, Manuel Mirás, o conce-lleiro de Deportes, Luis Rey, o di-rector da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, e o presidente de Xuventude Oroso, José Ferro.

Un ouro, dúas pratas e tres bronces no campionato Xogade

O campionato galego en idade escolar ‘Xogade’ de taekwondo supuxo para Ordes unha meda-lla de ouro, dúas de prata e tres de bronce. As probas, organiza-das pola Xunta de Galicia, dispu-táronse recentemente en Noia.

O ouro recaeu en Manuel Cas-tro Rodríguez. Os subcampionatos

acadados foron para Andrea Ca-neda Pájaro e Diego Varela Prego. E os bronces correspondéronlles a Olaya Blanco Sánchez, Pablo Liña-res Bustabad e Eliana Suárez Mos-quera.

Os resultados resultan posi-tivos para o club ordense ao que pertencen estes deportistas.

TAEKWONDO

Numerosos nenos e nenas practican taekwondo no municipio ordense

Page 21: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2016 21

As carreiras da Silva e de Ordes, incluídas no circuíto provincial

A carreira pedestre da Silva, prevista para este 18 de xuño, e a popular de Ordes, que se dis-putará o 11 de setembro, son as únicas probas da comarca incluí-das no Circuíto Provincial de Ca-rreiras Populares, presentado re-centemente na Deputación da Co-ruña polo responsable provincial de Deportes e alcalde de Cerceda, José García Liñares.

En total, o circuíto suma ca-rreiras en trinta localidades, cinco máis que ata agora para darlle resposta ás peticións de diversos Concellos, segundo indican desde a Deputación. O circuíto estará controlado tecnicamente polas delegacións da Coruña, de San-tiago e de Ferrol da Federación Galega de Atletismo.

García Liñares explicou que esa iniciativa é “unha cita xa agardada na que se demostra a forza do de-porte e se convida a participar nunha proposta popular, festiva e saudable”. O deputado de Depor-tes remarcou a alta participación

da edición anterior, con máis de dez mil persoas que se sumaron ás distintas carreiras.

O circuíto concederá preto de 8.000 euros en premios, distin-guindo ao gañador e gañadora da clasificación absoluta, entregando premios por clubs e tamén nas ca-tegorías de menor idade.

CARREIRAS

O equipo xuvenil do Visantoña CF, de Mesía, logrou o subcam-pionato da Copa ‘As Mariñas-Ar-teixo’, tras disputar a final contra o Xuventude Dorneda. O encon-tro, que rematou , disputouse no campo de fútbol de Vista Alegre, en Ordes, ante un considerable número de afeccionados.

A pesar de non lograr o triunfo na final, para o equipo foi un feito moi importante por ser a primeira vez na que un dos seus equipos de base chegara a unha ronda tan avanzada. O actual equipo xuvenil está integrado polos cadetes das primeiras escolas deportivas da entidade, creadas en 2012.

O Visantoña xuvenil, subcampión da Copa As Mariñas-Arteixo

FÚTBOL

Integrantes do club, celebrando o subcampionato da división xuvenilG. Liñares, deputado de Deportes

Convócanse a carreira, o torneo de tenis e o interparroquial de fútbolO Concello de Mesía convocou

a sexta edición da súa Carreira, que terá lugar o sábado 13 de agosto, novamente acompañada dunha Mi-niCarreira Popular e de carreiras de base. A proba principal é de 12 km, a reducida ten unha lonxitude de 6 km, e as demais adáptanse a cada idade.

A inscrición xa está aberta, ata o 12 de agosto. É de balde e hai que

remitir os datos persoais, o DNI, a data completa de nacemento, o club ao que se pertenza e o lugar de procedencia a [email protected]. Tamén hai que indicar en que proba se vai participar. Os me-nores deben acompañar unha auto-rización.

Por outra parte, tamén están abertas as inscricións para o Tor-neo de Tenis Concello de Mesía,

que está patrocinado por Coca-Cola e este ano chega á súa novena edi-ción. É un torneo para non profesio-nais, con categorías masculina, fe-minina e dobres, esta última mixta ou non. A data límite de inscrición é o 1 de agosto, en [email protected]. Disputarase durante todo o mes. As finais serán o 27.

Antes, na fin de semana do 16 e

17 de xullo, celébrase o Torneo In-terparroquial de Fútbol. O sábado será para as categorías de fútbol 8 de base e de fútbol 5 mini, e o do-mingo para a de fútbol 11 de adul-tos. A inscrición está aberta ata o 11 de xullo. Deben enviarse os datos de cada equipo a [email protected]. O cadro de competición sortease o 12 de xullo e publícase ao día seguinte.

MESÍA

Con Crónicas vaste enterar!

Se queres recibir o periódico de balde no teu correo electrónico, pídeo en:

[email protected]

CivilDivorciosReclamaciones de cantidadesDivisión de herenciasAccidentes de tráficoPropiedad horizontal

Nuevas tecnologíasProtección de datosComercio electrónico

Penal

Administrativo

Laboral Fiscal y financieroBancario

Cláusulas sueloImpuestos

Reclamaciones

Consultoría jurídicaElaboración planes de

cumplimiento para empresas (compliance officer)

Page 22: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

22

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2016

A terceira Exhibición de Ximnasia Rítmica do Concello de Ordes sumou a participación dunhas 120 ximnas-tas con idades de entre os tres e os catorce anos. Constituíron a maior e tamén a mellor representación desta modalidade deportiva en toda a contorna, posto que ao encontro acudiron participantes nas escolas dos municipios de Abegondo, Carral, Cesuras, Oza dos Ríos e as propias anfitrioas de Ordes.

O evento, que se desenvolveu no pavillón polideportivo Castelao I, ofreceu exercicios nas modalidades de pelota, mans libres, aro e cinta. As deportistas ofreceron execucións de moi bo nivel, que levan practi-cando durante todo o curso.

O encontro é froito da colabo-ración conxunta entre a entidade Adestra e o Concello de Ordes. Entre o público estiveron o alcalde de Or-des, José Luis Martínez Sanjurjo, e o presidente da Mancomunidade, Ro-berto Rey. Ana Soneira, concelleira ordense, encargouse de entregarlles cadanseu diploma ás participantes na exhibición.

XIMNASIA RÍTMICA Unhas 120 participantes ofreceron exercicios nos modos de mans libres, aro, pelota e cinta

A Exhibición de Ximnasia Rítmica de Ordes aglutinaas mellores deportistas da especialidade na contorna

O encontro, no pavillón Castelao I, contou con participantes de Abegondo, Carral, Cesuras, Ordes e Oza dos Ríos

Un torneo intermunicipal reúne centos de nenos en Frades

O XVI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base disputou a súa fase final no polideportivo da Pon-tecarreira, en Frades. A competi-ción sumou uns 400 nenos e ne-nas, con 24 equipos de varios mu-nicipios da contorna que xoga-ron nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e infantil-cadete feminino.

Os equipos de Curtis impuxé-ronse nas clasificacións prebenxa-mín e infantil, mentres que os de Arzúa gañaron en benxamín e ca-dete, e os de Melide en alevín e in-fantil-cadete feminino.

A competición fixo pasar un mi-lleiro de persoas pola infraestru-tura deportiva durante a fin de se-mana na que se desenvolveu.

FÚTBOL SALA

No torneo xogaron 24 equipos, distribuídos en seis categorías de idade

Elevada participación no XI Torneo da S.D. Club Ordes

Máis de 300 nenos e nenas participaron na undécima edición do Torneo de Fútbol 8 da S.D. Club de Ordes. Procedían de equipos de varios puntos da comarca e do resto da provincia.

En alevín, gañou o Arzúa, co Ordes A segundo, o Visantoña terceiro e o Ordes B cuarto. En benxamín, primeiro posto para o Arzúa, seguido polo Ordes A, o

Olímpico e o Once Caballeros. En prebenxamín, primeiro posto para o Cerceda, segundo para o Ordes, terceiro para o Tordoia e cuarto para o Arzúa. E en biberóns, triunfo do Cerceda, seguido polo Bertamiráns, o Ordes e o Curtis.

O club organizador agradeceu a colaboración de máis de sesenta firmas comerciais, o Concello, pais, nais, socios e participantes.

O alcalde e o concelleiro de Deportes acudiron á entrega de trofeos e medallas

FÚTBOL 8

Page 23: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

DEPORTES / OPINIÓN

Crónicas - Xuño 2016 23

Liga local para o Mesón de Deus e Supercopa para o Alpa Ordes

O equipo Mesón de Deus re-matou a liga local de fútbol sala de Ordes como campión, seguido do Alpa Ordes e do KHT Ordes. O máximo goleador da liga foi Daniel García, do Alpa. O equipo máis de-porti vo foi o Perruquería Luis Ale-jandro e Junior Vázquez, do Mesón

de Deus, o mellor xogador. A tempada de fútbol sala rema-

tou coa disputa da fi nal de Copa e da I Supercopa da liga de Ordes. Nas dúas, o triunfo foi para o Alpa, co Mesón de Deus como subcam-pión. Rubén Rodríguez, do Alpa, foi o máximo anotador da proba.

FÚTBOL SALA FÚTBOL SALA

O equipo de Frades imponse no intermunicipal en Tordoia

O equipo Papucín, de Frades, gañou o XIX Torneo Intermunici-pal en Tordoia. A victoria chegou-lle na tanda de penalti s, fronte ao Arzúa. Na competi ción parti cipa-ron os equipos gañadores de once municipios da provincia coruñesa.

O trofeo ao máximo goleador

do torneo foi para Iván García Ló-pez, de Arzúa. O equipo menos goleado foi o de Vedra.

O torneo disputouse simulta-neamente nos pavillóns da Silva (Cerceda) e Tordoia. O vindeiro ano, na vixésima edición, a sede da competi ción será Ordes.

Os xogadores do equipo fradés de Papucín, celebrando o triunfoO alcalde de Ordes entregou os trofeos das competicións de fi n de tempada

Os paxariños da Alameda

A anduriña nunca creu nas aparicións, pero o que viu aquel día era tan corpóreo e tan sonoro que de fenó-

meno paranormal ti ña pouco. Era o gaivoto mineiro, o que hai tantos anos que migrou, de novo nos no-sos montes. E voaba cos gaivotos novos, aos que amamantou ao seu esti lo e dos que se desfi xo cando pensou que lle quitarían os ollos, como os corvos. E de feito chegaron a negalo, como Xudas. Pero a xené-ti ca perdoa todo. Convén.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Outro gaivoto de desper-digada xenéti ca perdeu a hora. Non se dá reconci-liado co seu tempo. Pensa

que lle queda pouco. Témeo. Xa deu algún paso desnortado, deses-perado, case indignado. Co pico pe-teira, peteira e peteira, pero o niño non se lle adapta. Caerá da árbore, pero con el levará todo o que atope por diante, que quizais xa non sexa moito. E con todo o que pode caer, non é a ave que máis preocupa.

Víronse estes días unhas aves estrafalarias migrando cara ao norte, como se as

temperaturas aquí se lles fi xesen execesivas e necesitasen máis fresco. Co remate invernal de pri-mavera que temos! A quen se lle conte! Un novo derroche de ener-xía dunha sub-especie que se mira en espello cóncavo e aínda así non se ve deforme, de tanto aprezo que ten de si mesma. Iso si, xa se verá como veñen as maletas...

Houbo un cónclave no que a bandada recibiu unha boa bronca do superior. Pero xa o chiaremos noutra oca-

sión. Chama máis a atención como algúns gaivotos desentrañan as pó-las da roseira. Tamén son conscien-tes de que á ave nova vanlle cra-var as espiñas, por ser demasiado boa. E están intrigados co plan B. O conto alimenta moita desconfi anza. Xa hai quen resolveu o misterio ad-verti ndo do crecente protagonismo dunha ave traxeada, que sorrí pero é quen é, traballa pero é quen é, é o que é pero é quen foi... As obser-vacións seguirán, pero xa se pensa en desvesti r o paxaro. Roma non paga traidores. E a Damocles hai que contentalo.

O alférez, por certo, tamén fi xo oídos xordos aos reca-dos da pomba. Pero escoi-tar, escoitou. E quen ti ña

que saber, soubo. Mais quen ti ña que actuar, non actuou. A preguiza todo o pode e xa se ve que o cor-viño franciscano non pensa mudar de comportamento. É outro deses casos que abraian aos ornitólogos: moita posta en escena, moito de-coro (ai, o decoro, a compostura!), un piar suave, e cero resultado.

Hai unha ave nova á que xa lle queren preparar pasa-porte. Son os propios que a criaron. Miran de cortar-

lle as ás para que non voe moi alto,

Brutal, si. Aterrador. In-trigante. O caso é que alí onde avistan a ave sempre

sucede o mesmo. Impresiona, cada vez menos, pero non voa. E cando chegan as preguntas e as queixas... Silencio, todo silencio. Por que?

Porque de momento a ela-boración dos informes non cesa. A ameaza conti núa aí, a lenda tamén. As victorias

destas últi mas xeiras foron moitas, pero poden ser efí meras. Toda vic-toria é, pero esta pode enterciarse tanto que acabe en fracaso. O al-férez sábeo, pero non ve xusto co-brarse agora pezas e deshonrar tan-tos favores entusiastas. É paciente e non teme aínda o contaxio, pero coidadiño, que as técnicas de des-parasitación tenas dominadas.

celebran cada pluma que perde. Ela atura, pero sabe que está conde-nada a ceder. O camiño de autodes-trución está marcado, só resisti ndo pode ser superado. A cuesti ón é se paga a pena e a resposta é sangui-nariamente que non.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n30 xunho2016

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 20-05-2016. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ENTREVISTA Xoel Calviño Costoya, de Ledoira (Frades), campión de España de cálculo con ábaco

“Coa calculadora a mente non traballa, co ábaco si”

- Xoel, contabas con ser o mellor de España de 11 anos?

- Non. Eramos moitos participan-tes e ademais era a primeira vez que ía a un concurso de cálculo.

- Resultou ser unha competición dura?

- Non, eu estaba moi tranquilo. - Que foi o que máis che custou? - O que máis me custou foi que

era moi pouco tempo. - E que che pareceu máis diver-

tido? - O máis divertido foi poder parti-

cipar con varios compañeiros coñe-cidos e ver que había tantos partici-pantes de todas as partes de España. Tamé foi moi divertida a gincana que organizaron os de ALOHA para as fa-milias.

Aínda que non formaba parte do concurso, pasámolo moi ben parti-pando, buscando pistas pola cidade de Santiago con outros compañeiros do noso concello e facendo amigos.

- Fai falta moita concentración?- Si, porque é moi pouco tempo e

nun momento que te desconcentres

xa perdes de facer operacións.- Que utilizas máis, a mente ou o

ábaco? Compleméntanse? - Utilizo máis a mente porque é

máis rápido. Si que se complemen-tan, pero o certo é que no concurso eu non usei o ábaco para non perder tempo.

- E con que se cometen máis erros?

- Coa mente, pois co ábaco é raro equivocarse.

- Se nos permites a broma, para que queres un ábaco habendo cal-culadoras?

- O ábaco é unha axuda para logo facer os cálculos mentalmente. Coa calculadora a mente non intenta fa-cer as operacións e co ábaco si.

- Por tanto, cres que se debería ensinar máis a utilizar esta ferra-menta?

- Si porque a min axudoume moito a calcular mentalmente máis rápido.

- É habitual que se utilice no teu colexio?

- No meu colexio non se usa, e

penso que en case ningún.- Entón como empezaches a uti-

lizar ti o ábaco? Quen che ensinou? - Nunha actividade extraescolar,

chamada ALOHA, organizada pola ANPA do colexio. Ensinoume a miña mestra de ALOHA, Isabel, coa que pasamos momentos moi divertidos á vez que aprendemos moito.

- Practicas moito o cálculo? - Non hai que practicar moito. O

importante é practicar tódolos días.Cuns cinco minutos ao día chega.

- E para o campionato, prepará-cheste moito?

- Para o campionato non fixen nin-gunha preparación especial. Fixen o mesmo que tódolos demais días, uns minutos de operacións cada día.

- O manexo do ábaco, require al-gunha destreza ou habilidade espe-cial?

- Só hai que ter claro como se uti-liza. Unha vez que sabes o signifcado de cada fila do ábaco, calcular é moi fácil.

- Imaxinamos que as notas en matemáticas foron boas, non?

- Si, son boas e as das demais ma-terias tamén.

Xoel Calviño Costoya, nun momento do campionato de España, en Santiago

Setenta cálculos aritméticos en cinco minutos, só cun ábaco e a mente. Xoel Calviño, de Ledoira (Frades), proclamouse campión de España de cálculo con ábaco, na categoría de once anos. O campionato, organizado por Aloha Mental Arithmetic, celebrouse hai uns días en Santiago coa participación de máis de 400 nenos e nenas de 5 a 13 anos.