cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 23 - Novembro de 2015 O po do IBI pasará en Ordes do 0,60 ao 0,56 % en 2016. Deste xeito, verase ate- nuada a suba da ‘contribu- ción’ por mor da aplicación gradual ata 2023 da posta ao día dos valores catastrais. A baixada dos pos foi apro- bada por toda a corporación, aínda que a proposta par- u do BNG. O goberno do PP pretendía que fose só ata o 0,58 e seguir baixando en anos sucesivos. O paso pri- vará ao Concello de 150.000 euros de ingresos. A rebaixa no tipo do IBI en Ordes paliará a suba do valor catastral Páx. 7 Condena de 81.000 euros ao Concello pola obra do paseo ORDES Páx. 9 A Xunta prevé 1,5 millóns para a estrada de Mercurín COMARCA Páx. 8 Páx. 4 Parón “burocrático” na AP-9 Lea entre o PP e UxO por obras do pasado mandato ORDES Páx. 11 A política local perde o referente de Ramiro Recouso ORDES Páx. 2 Xira do presidente provincial en Mesía, Ordes e Oroso COMARCA Páx. 6 Desde agosto traballando sen cobrar en Deus ECONOMíA Páxs. 13 e 23 A Deputación rectificará a estrada de Tordoia a Trazo TRAZO Páx. 8 Controversia PSOE-PP pola paralización do enlace de Oroso Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) [email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94 Amortiguadores Mecánica en xeral e neumáticos Revisións I.T.V. Cambios de aceite Embragues Distribucións Frenos Presupostos sen compromiso Diagnoses multimarca Aliñado de dirección Aire acondicionado Taller multimarca Mecánica e Neumática Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045 Verónica Dono 27 Y 28 DE NOVIEMBRE Descuentos en gafas de sol de hasta el 50% Grandes descuentos en gafas graduadas de marca Además, seguimos con nuestra promoción: 2 gafas monofocales desde 77 € 2 gafas progresivas desde 197 € No te lo pierdas!!! HORARIO BLACK FRIDAY: Viernes 27, de 10:00 a 20:00 h Sábado 28, de 10:00 a 14:00 h. y de 16:00 a 19:30 h.

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 24-Jul-2016

259 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Número 23 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 23 - Novembro de 2015

O ti po do IBI pasará en Ordes do 0,60 ao 0,56 % en 2016. Deste xeito, verase ate-nuada a suba da ‘contribu-

ción’ por mor da aplicación gradual ata 2023 da posta ao día dos valores catastrais. A baixada dos ti pos foi apro-

bada por toda a corporación, aínda que a proposta par-ti u do BNG. O goberno do PP pretendía que fose só ata

o 0,58 e seguir baixando en anos sucesivos. O paso pri-vará ao Concello de 150.000 euros de ingresos.

A rebaixa no tipo do iBi en Ordes paliará a suba do valor catastral

Páx. 7

Condena de 81.000 euros ao Concello pola obra do paseo

ORdeS

Páx. 9

A Xunta prevé 1,5 millóns para a estrada de Mercurín

cOMARcA

Páx. 8

Páx. 4

Parón “burocrático” na AP-9lea entre o PP e uxO por obras do pasado mandato

ORdeS

Páx. 11

A política local perde o referente de Ramiro Recouso

ORdeS

Páx. 2

Xira do presidente provincial en Mesía, Ordes e Oroso

cOMARcA

Páx. 6

desde agosto traballando sen cobrar en deus

ecONOMíA

Páxs. 13 e 23

A deputación rectifi cará a estrada de tordoia a trazo

tRAZO

Páx. 8

controversia PSOe-PP pola paralización do enlace de Oroso

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

verónica Dono 27 Y 28 DE NOVIEMBRE• Descuentos en gafas de sol de hasta el 50%• Grandes descuentos en gafas graduadas de marca• Además, seguimos con nuestra promoción:

• 2 gafas monofocales desde 77 €• 2 gafas progresivas desde 197 € No te lo pierdas!!!

verónica Dono 27 Y 28 DE NOVIEMBREHORARIO BLACK FRIDAY:

viernes 27, de 10:00 a 20:00 hSábado 28, de 10:00 a 14:00 h.

y de 16:00 a 19:30 h.

Page 2: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

ORDES Recouso, que entrara por primeira vez na corporación en 1995, tiña a capacidade de marcar a axenda política

A política ordense perde un dos seus maiores referentes co falecemento de Ramiro Recouso

O falecemento de Ramiro Re-couso Liste, o 29 de outubro aos 47 anos de idade, deixa a política local de Ordes sen un dos seus maiores re-ferentes nos últimos lustros. O porta-voz municipal do BNG levaba varios anos plantándolle cara ao cancro e nos últimos tempos agravárase o seu estado de saúde.

Salvo en 2007 e 2011, Recouso foi o candidato á alcaldía polo BNG desde as municipais de 1995 ata as do pasado mes de maio, cunha can-didatura que practicamente conse-guiu duplicar a porcentaxe de votos, ao pasar do 11 % ao 20 % dos electo-res, o que o fixo decisivo á hora de re-novar o goberno municipal.

Posuídor dunha dialéctica clara, na que sempre deixaba oco para apoiar os argumentos con algo de humor punzante, Recouso promoveu moitos dos debates máis relevan-tes do ámbito municipal. O que se di fixar axenda. Non era precisamente dos que deixaba pasar a súa quenda de palabra e tiña a capacidade de marcarlles o paso, e a miúdo facér-llelo perder, aos seus opoñentes.

Practicamente todas as mostras de condolencia incidiron nas aptitu-des de Recouso para a política. O pro-pio Concello, que decretou dous días de loito oficial, afirma na súa declara-ción de condolencia que “sobresaíu pola defensa dos seus ideais e prin-cipios dun xeito íntegro, sincero e de-mocrático”. O goberno de José Luis Martínez Sanjurjo (PP) admitiu que o

municipio ten unha “débeda coa súa persoa e co labor desenvolvido en prol dos seus veciños e veciñas”.

O BNG valorou os seus máis de vinte anos de militancia e remar-cou que Recouso “distinguiuse polo seu compromiso co nacionalismo ga-lego e coa defensa dos intereses da veciñanza de Ordes e do País”. Os seus compañeiros de formación de-finírono como “galego, xeneroso e sempre cun sorriso na loita polos de-reitos de Galiza”.

Tamén o PP fixo chegar aos me-dios de comunicación o seu pesar polo falecemento do líder do BNG lo-cal. “Foi un home de ben, coherente e fiel aos seus principios e que cum-pría coa palabra dada”, afirmou Su-

sana García, portavoz local do PP, que tamén gabou a súa “honestidade” e capacidade de diálogo.

As demais formacións políticas da corporación, UxO e PSOE, amo-saron as súas condolencias a través dos seus espazos nas redes sociais. E desde o ámbito sindical, o SLG fala de “honestidade, coherencia e loita” e agradeceu o apoio que Recouso sem-pre lles ofreceu na defensa dun me-dio rural vivo.

Por último, destacar tamén que ao Concello chegaron as condolencias da alcaldesa de Urkabustaiz (Álava). É a localidade natal de Recouso, fi-llo da emigración e que desde os seis anos foi veciño de Ordes ao retornar a súa familia.

Hoxe estou triste, baleira, enfadada sen sa-ber moi ben con quen. Este é un deses días nos que cuestionas o sentido da vida, nos que sempre acabas dicindo “por que?” e nos que nunca ato-pas unha resposta que consiga calmar a desespe-ranza que levas dentro. Tanto pelexar no día a día para ir conseguindo metas, e logo, de súpeto, o camiño remata cando aínda che queda un longo percorrido por facer, e tes que marchar coas mans baleiras deixando aquí todo aquilo polo que tanto loitaches...

Cada vez que un ser querido parte para ese ca-miño sen retorno é como se unha luz interior se fose apagando. Por iso agora mesmo estou a es-curas, lembrándome a ti, amigo Ramiro, cos ollos cheos de bágoas porque o teu recordo vai ser moi difícil de esquecer.

A pesar de que nas nosas ideas e na nosa forma de ver a vida eramos totalmente opostos, sempre encontramos un punto de equilibrio onde a palabra amizade permanecía por riba de todo o demais. Sabes que sempre admirei a túa valen-tía para plantarlle cara a esa terrible enfermidade

á que ti lle buscaches incontables nomes, sempre cun sorriso, falando de cada atranco que ía xur-dindo ao longo de todo o proceso coma se iso lle estivera pasando a outra persoa, sempre positivo, cunhas inmensas ganas de vivir e de seguir cami-ñando fose como fose.

No percorrido da vida, compartimos moitas conversas falando da política local, pero tamén compartimos horas de taberna, cun café ou cunha cervexa falando do cotián e, como non, comparti-mos bailes (un merengue, un pasodobre… o que xurdise!) nas distintas romarías ás que tanto eu e sobretodo ti acostumabamos ir. Canto che gusta-ban as festas! Tanto lle botabas un baile á moza mais fermosa coma un piropo a avoa máis vella ou un pulso ao cativo máis pequeno. O túa sonora risa e as túas verbas (case sempre con retranca) quedarán para sempre no recordo de moita xente.

Fuches un home íntegro e sempre defendiches as túas ideas por riba de todo. No meu recordo quedarán todas esas horas de debates no Con-cello nas que ao final, por moito que nos enfada-ramos, sempre acababas sacándonos un sorriso

coas túas verbas satíricas ou queréndonos ensinar o “catón”…

Por iso non o podo entender: por que tiveches que marchar? Ti que sempre defendías a vida por riba de todo. Agora como imos encher o oco que deixas entre todos nós coa túa partida? Hoxe, to-dos os ordenses somos unha familia que chora pola viaxe que tiveches que facer. Igual que ti cando ías polas rúas e saudabas a toda a xente, hoxe nós tamén te queremos saudar e dicirche que sempre estarás nos nosos corazóns. E a escuri-dade que agora sentimos vai mudar porque unha nova estrela vai brillar intensamente no ceo para que nunca te esquezamos e te recordemos co ca-riño que mereces.

Ata sempre, amigo Ramiro. Na memoria de Ramiro Recouso Liste, por Es-

trella Vázquez Varela.

Texto remitido a Crónicas por Estrella Vázquez Varela, militante do PP de Ordes e ex concelleira, o día do pasamento de Ramiro Recouso.

A escuridade Por Estrella Vázquez Varela

O 4 de novembro, aos seis días do falecemento de Re-couso e xusto o día en que cum-priría os 48 anos, o pleno de Or-des decidiu denominar ‘Paseo Ramiro Recouso Liste’ o paseo fluvial do Mercurín, como xeito de honrar e perpetuar a súa memoria.

Nunha sesión cunha cadeira baleira sobre a que se depo-sitou unha flor branca, a pro-posta contou co apoio de todas as forzas políticas, que expre-saron diversos eloxios para a fi-gura do compañeiro finado.

Así, Manuel Regos, alcalde por UxO ata o pasado verán, afirmou que “a política separa pero tamén une” e lamentou a perda de “quen se criou na miña casa”. Pablo Vidal, concelleiro do BNG, agradeceu o recoñece-mento municipal e as mostras de apoio de todo o pobo reci-bidas nos últimos tempos. E Su-sana García (PP) incidiu en que a figura de Ramiro Recouso “en-salzou e dignificou a actividade política”.

O paseo fluvial do Mercurín levará o seu nome como xesto de honra á súa memoria

Cadeira baleira no primeiro pleno municipal tras o pasamento de Recouso, na imaxe

Page 3: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

PuBlicidAde

crónicas - Novembro 2015 3

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAvIMENTOS

MAMPARAS

LIQUIDAMOS STOCK DE TIENDA EN BAÑOS

Page 4: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

Crónicas Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

crónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 20-11-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

O goberno de Oroso e o princi-pal grupo da oposición, o PP, envol-véronse nunha controversia a conta da evolución das obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro, con continuas acusacións reiterativas e en bucle du-rante varios días.

O primeiro en intervir foi o al-calde, Manuel Mirás, do PSOE, que advertiu da “paralización das obras por un problema burocrático do Mi-nisterio de Fomento”. O rexedor, que lembra que o remate das obras leva varios aprazamentos desde agosto, comunicou co Ministerio e afirmou que “non nos deron ningunha razón”. Mirás emprazou ao executivo central a resolver a cuestión e non prolongar máis as molestias para a veciñanza da zona afectada polas obras.

A réplica veu da man de Alexan-der Doval, portavoz do PP no Conce-llo. Anunciou que as obras seguían “o seu curso” e indicou que “o único que sucedeu é que Fomento reclamoulle a Audasa [empresa titular da AP-9 e executora dos traballos] un novo in-forme sobre un tramo concreto do proxecto”. Doval remarcou ademais que “o proxecto empezou co PP e re-matará co PP”, fronte á versión de Mirás, que expón que a obra se apro-bou no derradeiro Consello de Minis-tros de Rodríguez Zapatero, tras unha

década de negociacións con diversos executivos, e foi retrasada dous anos polo goberno de Rajoy.

Mirás insistiu en que as obras si están paradas, botando man da imaxe de ferros oxidados das zapatas da ponte. Non obstante, admitiu que si había obreiros na zona eses días, pero “máis que traballando están fa-cendo o ridículo”, ao ter prohibido continuar, segundo el. Tamén acusou a Doval de querer “protexer o PP e fa-cerlle a pelota á ministra” Ana Pastor coas súas declaracións.

Precisamente neses días de fi-nais de outubro a ministra asegurou que as obras rematarían nun mes, un compromiso no que Doval amosou confianza, á vez que lle pediu a Mirás unha rectificación, en vez de compor-tarse “de maneira soberbia e de se-guir enrocado nunha mentira” e du-bidar da profesionalidade dos tra-balladores: “agora resulta que o se-ñor Mirás di que os obreiros están alí para contar coches e para pasar o tempo”, aprezou Doval.

Logo duns días de pausa, o PP re-abriu a cuestión acusando ao go-berno de pasar o tempo criticando a Fomento e “tendo as necesidades dos veciños sen atender”, en referen-cia aos fallos no alumeado público lo-cal. Na súa resposta, ademais de dar por solucionado o problema coa ilu-minación e acusar de “demagoxia” ao PP, o goberno municipal do PSOE defendeu que “estivemos sempre enriba do asunto, como seguiremos enriba da paralización da AP-9”.

Xusto ao peche desta edición, co prazo dun mes de Fomento vencido, o alcalde insistiu en que as obras non rematarán ata 2016 por mor do “des-baraxuste técnico e xurídico de Fo-mento”. Mirás considera “unha ver-goña” o parón da obra e insta ao Mi-nisterio a desbloquealo.

A batalla en bucle da AP-9 en SigüeiroOROSO Goberno e PP rivalizan polo avance das obras do enlace da autoestrada

O IPC fai baixar a taxa da auga e do saneamento

OROSO

O pleno de Oroso aprobou unha redución do 0,9 % nas taxas de auga potable e saneamento, aténdose á evolución do custo da vida que marca o IPC. Votaron a favor o PSOE e o BNG, que antes de apoiar cerciorouse de que exis-ten bonificacións na taxa para per-soas en risco de exclusión social. En contra votou o edil de Anova e o PP abstívose ao reivindicar unha baixada maior. Para a prin-cipal grupo da oposición é viable e para o alcalde, que a descartou, a merma de ingresos podería condi-cionar a continuidade do servizo.

Imaxe dos traballos na AP-9 en SigüeiroO proxecto da senda de Galegos, á Deputación

FRADES

O pleno de Frades aprobou por unanimidade o proxecto de senda peonil na estrada DP-3802 en Vista Alegre (Galegos) para trasla-darllo á Deputación da Coruña. O organismo provincial contratará e executará o investimento de case 150.000 euros nesta obra, entre os puntos quilométricos 8,360 e 9,330. O alcalde marcouse como obxectivo outras dúas sendas peo-nís en estradas provinciais.

Page 5: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

crónicas - Novembro 2015 5

Page 6: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

“Escoitar moito os alcaldes para optimizar os recursos da Deputa-ción”. Esta é unha das premisas que repite con frecuencia o novo presi-dente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso. Veu exercitala nas últimas semanas á comarca, con visitas oficiais aos Con-cellos de Mesía, Ordes e Oroso, nos que repasou investimentos da enti-dade provincial e tomou nota das ne-cesidades marcadas polos gobernos municipais.

En Ordes, un dos principais proxectos que lle presentou o exe-cutivo de José Luis Martínez Sanjurjo foi a construción dunha senda peonil na zona da Brea, no Mesón do Vento. Está valorado nuns 317.000 euros e incluiría a recollida de augas pluviais e residuais, as conexións de abaste-cemento e alumeado.

Tamén en canto a viais, o Conce-llo pretende revisar o convenio para investir uns 242.000 euros na estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín, a

partir do quilómetro 6,7. A nova idea é que a plataforma do vial teña nove metros de anchura e non sete para poder dispoñer de beiravías maiores e garantir a seguridade. O Concello asegura que está xestionando a con-secución dos terreos precisos para esa ampliación.

Outra demanda foi a relativa ao pavillón polideportivo do Campo-maior. De feito, xa foi atendida coa aprobación dun proxecto de 150.000 euros no pleno provincial, aos que o Concello engadirá outros 108.000. A fachada, a superficie de xogo e varias dependencias serán reparadas e ade-mais contará cun ximnasio de 300 metros cadrados.

Por se fose pouco, o goberno lo-cal tamén instou á Deputación a co-laborar na construción dun segundo campo de fútbol de céspede artificial na zona deportiva de Vista Alegre. Tal instalación facilitaría a actividade das escolas deportivas e das distintas en-tidades que fan uso do campo.

Na visita, Formoso estivo acom-pañado polo deputado provincial de Economía e Facenda, Antonio Leira, ademais concelleiro no veciño Oroso. Por parte do goberno local, foi reci-bido polo alcalde e polos edís de De-

portes, Luís Caamaño, e de Educa-ción, Susana García, esta última ta-mén deputada provincial na oposi-ción. Participaron ademais na visita representantes dos distintos grupos políticos municipais.

Xira do presidente da deputación pola comarcaCOMARCA Valentín González Formoso visita Mesía, Ordes e Oroso e toma nota das necesidades dos municipios

Recepción a González Formoso no antigo salón de plenos do Concello de Ordes

Oroso quere un auditorio e un novo campo de fútbol artificial

Na visita a Oroso, o alcalde, Ma-nuel Mirás, emprazou ao titular da Deputación a colaborar para que “a medio prazo” sexan posibles un auditorio e un novo campo de fút-bol de herba artificial. Non hai de momento compromisos concretos, pero tampouco negativas.

O rexedor considera que o audi-torio serviría “para poder facer ac-tividades culturais de maior nivel”. Formoso cre que “facer un audito-rio en Oroso é garantía de que se vai utilizar”, en alusión ao movemento cultural da zona.

Na visita, que serviu para inau-

gurar a mostra do décimo Certame de Artesanía Antón Fraguas, Gon-zález Formoso aproveitou tamén para coñecer o arquivo histórico de imaxes de Oroso, que dirixe Manuel Pazos.

No que respecta á parte depor-tiva da xornada, González Formoso achegouse ata o campo de fútbol de Sigüeiro e ao polideportivo Jua-nito Amigo. Sostivo encontros coas directivas de Xuventude de Oroso e do Sigüeiro FC, coa presiden-cia de José Ferro; do Taekwondo ITF-Oroso, co seu mestre Ramón Lema; do Oroso Tenis de Mesa, pre-

sidido por Nuria Castro; e do Hóc-key Oroso, presidido por Francisco García Castro. Para o anecdotario,

a partida de tenis de mesa entre o presidente da Deputación e o ades-trador do Oroso TM, Valeri Malov.

En Mesía anuncia a continuidade do complexo das Brañas da Valga

En Mesía, o presidente provin-cial anunciou a aprobación de 46.554 euros no pleno da Deputación para contrubuír ao mantemento das ac-tividades da Aula da Natureza e do Museo Etnográfico das Brañas da Valga, na parroquia de Visantoña.

Deste xeito, garántese a conti-nuidade do funcionamento do com-plexo, dedicado a difundir a riqueza natural da zona e tamén a divulgar a tradición da artesanía e da industria cerámica. As instalacións, que contan cunha lagoa habilitada sobre unha

antigo xacemento de barro e unha ampla zona verde, reciben centos de visitas mensuais, de diversos grupos organizados e de centros escolares.

González Formoso reuniuse no despacho da alcaldía co rexedor, Ma-riano Iglesias, tamén do PSOE. Non trascenderon novas peticións efec-tuadas por parte do Concello, pero si que os dous cargos comentaron a re-levancia que as explotacións leiteiras e os negocios complementarios, as industrias da cerámica ou o sector da carpintaría teñen na economía local.Valentín González Formoso (esq.), co alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro

O presidente da Deputación, xogando co adestrador do Oroso TM, Valeri Malov

Page 7: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015 7

ORDES Precisan as categorías na taxa do lixo e a auga baixa, como o IPC, un 0,7 %

A rebaixa do tipo do iBi atenuaráen 2016 a suba do valor catastral

O Imposto de Bens Inmobles (IBI), a chamada contribución, reducirá o seu tipo do 0,60 ao 0,56% en 2016 en Ordes. O pleno aprobou por unanimi-dade a proposta do BNG, que implica que o Concello non chegue a ingre-sar uns 150.000 euros. O PP, o grupo do goberno, pretendía nun principio que a rebaixa quedase no 0,58%, si-tualo no 0,56% en 2017 e no 0,54% en 2018.

Non obstante, a rebaixa no tipo non implicará que baixen os recibos o ano que vén. Máis ben evitará que suban demasiado. Por que? Porque a posta ao día dos valores do Catastro segue sumando coa aplicación paula-tina ata 2023.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, recoñeceu que a el tamén lle gusta un IBI baixo, pero tamén adver-tiu que Intervención aconsellaba non baixar do 0,58% e de que a situación financiera do Concello non está para alegrías tributarias. Por iso, empra-zou a oposición a ser “consecuente” cando faga peticións para os orza-mentos.

Pablo Vidal (BNG) dixo ser cons-ciente da situación, se ben indicou que os petos da veciñanza deben “respirar un pouco” e que o Conce-llo terá que esforzarse na xestión do gasto, reconducindo servizos de-ficitarios como o Museo do Traxe (uns 50.000 euros ao ano) ou a ORA (30.000 euros anuais de déficit). Ve-rónica Gómez suxeriu abrir novas vías de recadación, por exemplo aos caixeiros das entidades bancarias e aos grandes supermercados.

Á marxe do IBI, a sesión plenaria tamén aprobou cambios na taxa do

lixo, na auga e o saneamento, e nas licenzas de actividade. Do lixo, máis que as variacións de importes, des-taca que se crean novas categorías para adaptarse mellor á realidade de determinados establecementos, por exemplo perruquerías. Na auga, se-gue aplicándose o IPC, que este ano supón unha redución do 0,7 %.

E en canto ás licenzas de activi-dade, o goberno local defendeu que se limita a adaptarse a unha lei auto-nómica. O PSOE pediu eximir do pago os cambios de titularidade de nego-cios entre familiares directos.

O BNG emendeu a proposta do goberno e fixo que a rebaixa do IBI fose ata o 0,56%

Unión por Ordes (UxO), o principal partido da oposición, cuestionou que se cobre no re-cibo da auga o canon do sanea-mento no caso de baixos co-merciais ou vivendas baleiras. Un dos concelleiros desta for-mación, Roberto González, ase-gurou que se pagan “barbarida-des” por este concepto cando en realidade son inmobles que non consumen auga e por tanto non fan uso do saneamento.

O alcalde, José Luis Martí-nez Sanjurjo, matizou que o ca-non non é un imposto munici-pal, a pesar de que se incorpora ao recibo da auga. O secretario municipal interviu para enga-dir que se trata dun tributo que a Xunta lle require á empresa concesionaria do servizo, que á súa vez o traslada aos usuarios, sen que o Concello teña capaci-dade de decisión.

Calquera desaxuste no ca-non debe reclamarse na Xunta ou en Espina & Delfín.

Unión por Ordes cuestiona o pago do canon do saneamento en inmobles baleiros

Presbiacusia: a perda auditiva cos anos

Coa idade o oído tamén se fai maior e perde efi-cacia. Esta evolución natural do sistema auditivo causa que cos anos perdamos audición, o que se co-ñece como PRESBIACUSIA.

Tamén podemos perder audición por exposicións prolongadas a ruídos fortes sen protección, efectos se-cundarios a algúns medicamentos e outras enfermida-des que prexudican ao sistema auditivo como poden ser a diabetes ou a hipertensión.

O 40% das persoas maiores de 65 anos presentan algún grado de presbiacusia, é dicir, teñen perda audi-tiva. O 90% destas persoas consideran que oen aínda que moitas veces non entendan o que se lles di, sobre todo se hai algo de ruído de fondo.“COS ANOS VOU OÍNDO MENOS, PERO NON ESTOU XORDO”

Como solución para compensar a maioría dos problemas auditivos podemos usar os audífonos. O atraso na detección do problema e a decisión de non adaptarse audífonos cando se necesitan só atrasa a

solución ao problema que, co tempo, será maior e de mais difícil solución. Por isto, é importante facer unha adaptación temperá para así conseguir uns óp-timos resultados, aproveitando ao máximo os restos auditivos.

Hai que ter en conta que os efectos da perda au-ditiva non se limitan unicamente á persoa que padece esta perda, senón que ten tamén un forte impacto na familia, amigos ou compañeiros de traballo. Proba-blemente a persoa que padece a perda auditiva sexa o último en enterarse de que a ten xa que a maioría das perdas auditivas ocorren de maneira progresiva polo que moitas veces a propia persoa non se da conta ata que se converte nun gran problema, mentres que xe-

ralmente as persoas do sen entorno o notarán antes.Algúns sinais que mostran as persoas con perda

auditiva poden ser que piden con frecuencia ás per-soas que repitan o que din, esfórzanse para seguir as conversas sobre todo se hai algo de ruído ao redor, au-mentan o volume da televisión e co paso do tempo in-cluso poden evitar situacións que antes lles interesa-ban e isto débese a que as persoas poden sentirse frus-tradas cando a comunicación lles resulta difícil.“É IMPRESCINDIBLE REALIZAR UNHA REVISIÓN AUDITIVA UNHA VEZ AO ANO DESPOIS DOS 60 ANOS”

Nas persoas maiores, a perda auditiva pode che-gar a malinterpretarse como confusión, polo que debe

realizarse unha proba auditiva exhaustiva periódica a lo menos unha vez ao ano. Para isto, busque sempre un establecemento específico onde o diagnostiquen e informen axeitadamente. Actualmente, e segundo o Decreto 12/2009 da Xunta de Galicia, a realización de probas audiométricas, adaptación e venta de audí-fonos realizarase nos establecementos sanitarios auto-rizados para elo pola Consellería de Sanidade.

O centro auditivo OE+, que cumpre con todas as esixencias da Consellería de Sanidade, conta cun es-pazo e equipamento que supera aos requiridos ade-mais de persoal titulado amplamente formado. En OE+ realizamos o estudio audiométrico detallado e completo. Nunha primeira revisión deberanse reali-zar, como mínimo, as seguintes probas: otoscopia, au-diometría vía aérea, audiometría vía ósea, limiares de molestia, logoaudiometría; e en determinados casos segundo os resultados obtidos poden ser necesarias outras probas complementarias tales como: enmasca-ramento, timpanometría ou ten test entre outras.

Page 8: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

ORDES O investimento vaise distribuír entre os anos 2016 e 2017

A Xunta compromete 1,5 millóns de euros para a estrada de Mercurín

A Xunta de Galicia inclúe nos seus Orzamentos para 2016 a me-llora da estrada que vai desde o po-lígono de Merelle (Ordes) ata Cer-ceda, a coñecida como estrada de Mercurín. A partida comprometida é de 1.500.000 euros, aínda que o vin-deiro ano só prevé gastar a metade, mentres que para 2017 quedarían os outros 1.250.000 euros.

Polo de agora, non se detallaron as características do proxecto, polo que non se coñece o alcance dos tra-ballos. En todo caso, trátase dunha mellora agardada desde hai máis dun lustro polo gravísimo deterioro do firme, derivado da elevada cantidade de tráfico pesado que soportou ata a súa prohibición.

No último Plan Miner incorporá-rase un proxecto de reforma integral da estrada, de titularidade munici-pal, pero os fondos nunca chegaron e as culpas recaeron sobre o Minis-terio de Industria e sobre a Conselle-ría. Agora, é a Axencia Galega de In-fraestruturas, con fondos propios da Xunta, a que terá ao seu cargo a ma-

terialización do novo proxecto. Polo demais, xa rematou o acon-

dicionamento do primeiro tramo de 500 metros, partindo do polígono de Ordes. Foi unha intervención na que se investiron 80.000 euros, o 20 % por parte da administración local e o 80 % restante con cargo a unha

subvención da Consellería de Econo-mía e Industria para a habilitación e mellora de infraestrutura de infra-estruturas de parques empresariais. Esta primeira parte, dos aproximada-mente dez quilómetros que ten a es-trada, recibiu novo firme con conglo-merado e volveuse sinalizar.

Xa rematou a obra de mellora dos primeiros 500 metros da estrada

TRAZO O investimento, cun tramo en Tordoia, rondará o medio millón de euros

A deputación rectificará o tramo final da estrada da tablilla ó Agro do Mestre

O tramo final da estrada entre A Tablilla e o Agro do Mestre (DP-8401), a parte correspondente a Trazo e un pequeno tramo en Tordoia, vaise be-neficiar de obras de mellora nos vin-deiros meses. Os traballos consistirán en eliminar os baches, preparar as ra-santes e nivelar cunha mestura asfál-tica en quente, para de seguido apli-car unha capa de mestura asfáltica en quente de seis centímetros de espe-sor. A intención é eliminar as irregula-ridades da superficie actual.

O investimento, por parte da De-putación, deuse a coñecer nunha vi-sita á zona do deputado provincial de Economía e Facenda, e tamén con-celleiro en Oroso, Antonio Leira. Es-tivo acompañado por integrantes do PSOE de Trazo, encabezados por Beatriz Domínguez, e polo alcalde en funcións nese intre, Eugenio Lamas.

Leira anunciou que a obra tería un custo duns 430.000 euros, se ben anticipou que se podería incremen-tar porque vai ser preciso modificar o proxecto para incluír o tramo adi-cional de Tordoia. Tras o axuste do

proxecto, apróbao o pleno da Depu-tación, titular da estrada.

ESTRADA A SANTIAGO O PSOE esforzouse en vender o

proxecto como un logro propio, do que queren desmarcar o Concello. Beatriz Domínguez, portavoz do PSOE

en Trazo, asegura que llo pediron a Antonio Leira nunha reunión previa en condición de “deputado provincial da comarca”. Ademais, solicitaron un reforzo do firme da estrada DP-7804, entre o Agro do Mestre e a Ponte Al-bar, que consideran a principal vía de comunicación de Trazo con Santiago.

Leira (2º esq.), deputado provincial, visitou o vial co PSOE e co goberno tracenses

Durante a visita de Leira, ta-mén se abordou a situación das beirarrúas do Agro do Mestre. A obra, executada pola Deputa-ción sobre un proxecto do Con-cello, está paralizada ao consi-derar que o proxecto precisa incorporar un firme máis ade-cuado e recoller a retirada dos postes de electricidade, entre outros aspectos.

A concelleira Beatriz Domín-guez instou ao Concello a “axili-zar o máis posible” a modifica-ción do proxecto porque “aché-gase o inverno e as obras non poden quedar sen rematar, pro-longando innecesariamente as molestias para os veciños do Agro do Mestre”.

Domínguez acusou ao al-calde, José Dafonte, e ao con-celleiro de Obras, Manuel Cas-tiñeiras de “despreocupación” e “deixadez” con este asunto, agravando o problema, algo que contrapón coa actitude de Antonio Leira.

Buscan a maneira de retomar canto antes as obras das beirarrúas no Agro do Mestre

O goberno de Ordes com-prometeuse a propoñerlle á Xunta a posibilidade de instalar bandas rugosas na estrada AC-524 en dirección á vila, xusto antes da primeira rotonda da rolda leste vindo da saída da AP-9. O executivo atende así unha petición do PSOE encami-ñada a reducir a perigosidade da intersección.

Segundo a portavoz socia-lista, Verónica Gómez, a falta de iluminación na zona fai que se produzan sinistros con frecuen-cia e que mesmo haxa conduto-res que seguen liña recta na ro-tonda por non decatarse da súa existencia. As bandas farían re-ducir a súa velocidade e evitar situacións de risco.

O goberno ordense tamén estudará mellorar a sinaliza-ción da rotonda da ronda leste na Gorita, posto que, segundo o PSOE, hai camións que van cara a Buscás en vez da AP-9 e falta a indicación a Santiago.

Avaliarán a instalación de bandas rugosas na AC-524 antes da rotonda de Poulo

Page 9: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015 9

ORDES Un veciño denunciou que o paseo da piscina impídelle acceder á propiedade

unha sentenza obriga ao concello a pagar 81.000 euros por unha obra de Martino

Unha sentenza xudicial, xa fi rme e rati fi cada polo Tribunal Supremo, obriga ao Concello de Ordes a pa-garlle uns 81.000 euros a un veciño que viu impedido o acceso a un soto da súa propiedade cando en 2001 se construíu o paseo Iván Raña. A reso-lución xudicial obriga a repoñer unha rampa e cuanti fi ca o demérito eco-nómico do inmoble afectado.

No pleno de outubro, a corpo-ración habilitou o crédito necesario para facerlle fronte á sentenza, nun acordo tomado por unanimidade. Os disti ntos grupos coincidiron en que o mellor é pagar canto antes para evi-tar que a indemnización se incre-mente con xuros.

Tras o pleno, chamou a atención que o actual goberno municipal, en mans do PP, tratase de responsabi-lizar a Manuel Regos do sucedido. O executi vo explicou nun comuni-cado que as obras foran acometi das “polo goberno de Democracia Galega (DG), do que formaba parte Manuel Regos”, alcalde de Unión por Ordes (UxO) ata o pasado verán e na actua-lidade portavoz do seu grupo.

O executi vo actual ocultou así que o alcalde naquel momento era Teo-dosio Marti no, que naquel momento se presentara por DG por mor dunha das diversas escisións que experi-mentou o PP local nos últi mos lus-tros. De feito, tanto Marti no como Regos rematarían volvendo ao PP en 2003, se ben Regos rompería con el máis tarde, creando UxO.

Á marxe destes velados axus-

tes co pasado, disti ntos concelleiros amosaron a súa queixa por ter que pagar agora a mala xesti ón de hai case quince anos. Pablo Vidal (BNG) lamentou que sexan os veciños os que teñen que cargar economica-mente co problema e Verónica Gó-mez (PSOE) afi rmou que “doe sacri-fi car 81.000 euros do orzamento mu-nicipal” que poderían desti narse a obras e servizos públicos.

Na imaxe, a entrada ao soto anulada por mor do paseo está situada detrás da farola

O Concello impón unha sanción ao BBVA pola falta de limpeza e seguridade nun solar

OROSO

O Concello de Oroso abriu-lle un expediente sancionador ao BBVA polo “estado de insalubri-dade e inseguridade” no que se atopa unha parcela, propiedade do banco, en Porto Avieira.

Antonio Leira, concelleiro de Seguridade Cidadá, asegura que antes do expediente sancionador xa fi xeran varios requirimentos e un expediente noti fi cador, empra-zando ao BBVA a limpar a parcela e reparar o seu valado perimetral. Cómpre ter en conta que no so-lar hai un burato de profundidade considerable, que para o goberno de Oroso “pode supoñer unha si-tuación de perigo público”.

O concelleiro anuncia que se dirixirán tamén a outros propie-tarios con parcelas en mal estado. Un exemplo son as do ‘banco malo’, o Sareb, cunha propiedade diante do centro de saúde de Si-güeiro e cun edifi cio sen rematar na rúa do Parti ño onde o Conce-llo xa embargou o aval e pechará a zona, cos custos para o Sareb.

As plantas de AEVERSU reúnense en SogamaXerentes e representantes das distintas compañías puxeron de manifesto as vantaxes da valorización enerxética

Xerentes e representantes das plantas ads-critas á Asociación de Empresas de Valoriza-ción Enerxética de Residuos Urbanos (AE-VERSU) mantiveron unha xuntanza na sede de Sogama, en Cerceda, a fi n de abordar dis-tintos aspectos vinculados á actividade de orga-nización, na que están representadas nove ins-talacións de España (Tirme, nas Illas Baleares; Zabalgarbi, no País Vasco; Trargisa, Mataró e Tersa, en Cataluña; Remesa, en Melilla; Tir-cantabria, en Cantabria; Tirmadrid, en Madrid; e Sogama, en Galicia), ademais de Ctrasa, sita en Andorra.

A xornada foi aproveitada para celebrar a pertinente Asemblea Xeral, así como o Conse-llo de Dirección, onde os portavoces das distin-tas compañías explicaron a situación das súas respectivas plantas. No caso de Sogama, o seu presidente, Javier Domínguez Lino, deu a co-ñecer os pormenores da ampliación do com-plexo medioambiental cercedense, que contem-pla a posta en marcha dunha planta de clasifi -cación dos envases contidos no lixo en masa, posibilitando con isto unha maior contribución da Sociedade ao reciclado, así como unha di-minución do vertido, cuantifi cada nun 30 %. O obxectivo último é desviar ao vertedoiro de Areosa, unica e exclusivamente, aquela parte do lixo que non poida ser reciclada nin valori-zada material ou enerxeticamente.

Con isto, a capacidade de tratamento da in-

fraestrutura central de Sogama verase aumen-tada nun 36 %, pasando das 550.000 toneladas/ano nominais anuais ás 750.000.

A VALORIZACIÓN ENERXÉTICA, INSUFICIENTE EN ESPAÑA

Pola súa banda, o presidente de AEVERSU, Rafael Guinea, comentou as conclusións do es-tudo sobre valorización enerxética elaborado por G-Advisory, do Grupo Garrigues, a dispo-sición dos interesados na páxina web www.ae-versu.org. No mesmo destácase que, mentres que nos países europeos máis avanzados e sen-sibilizados coa protección do medio ambiente a recuperación enerxética representa entre o 35 e o 54 % e o vertido sitúase en cotas inferio-res ao 4 %, en España redúcese ao 10 %, cir-cunstancia que dispara o uso do vertedoiro ata o 60 %. Aínda que o novo Plan Estatal de Re-siduos 2016-2022 prevé incrementala ata o 15 %, o sector coincide en sinalar que se trata unha taxa aínda insufi ciente.

Entre outras consideracións, o documento pon de manifesto que o sistema constitúe un notable apoio para o cumprimento dos obxec-tivos proclamados pola Unión Europea, que pa-san polo incremento do reciclado e a redución do uso do vertedoiro, contribuíndo igualmente a diminuír a dependencia enerxética exterior do noso país e o seu alto custo económico.

Incide igualmente nas elevadas vantaxes da

valorización enerxética sobre o vertedoiro, pe-sando sobre esta un rigoroso control ambiental derivado da lexislación aplicable, moito máis estrito que o que rexe para outras infraestru-turas industriais. E indica que este sector xera anualmente ingresos por importe de 273 mi-llóns de euros e un valor engadido bruto de 90 millóns, posibilitando máis dun milleiro de pos-tos de traballo.

Ademais doutros asuntos de interese, Gui-nea informou sobre a última Asemblea Xeral da CEWEP (Confederación de Plantas Europeas de Valorización Enerxética), organización da

que é vicepresidente e que, en todo caso, per-segue os mesmos obxectivos que as empresas que a integran, isto é, colaborar activamente no tratamento de residuos, priorizando a estra-texia dos tres erres (redución, reutilización e re-ciclaxe) e complementándoa coa valorización enerxética, reducindo o vertido ao mínimo.

Así mesmo, deuse a coñecer a situación dos distintos grupos de traballo integrados en Ae-versu, liderando Sogama o de Comunicación.

Concluído o encontro, os portavoces das distintas plantas realizaron unha visita guiada ao complexo medioambiental de Sogama.

Tras a reunión, desenvolveuse unha visita guiada polas instalacións de

Sogama en Cerceda

Page 10: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

Frades e Mesía únense á demanda para que se sigan ofrecendo ciclos de FP no IES de Curtis

COMARCA

Os Concellos de Frades e de Mesía súmanse á demanda impul-sada polo Concello de Curtis para recuperar os ciclos formativos de Formación Profesional no IES da localidade, despois de que a Xunta eliminase os ciclos de Administra-ción e de Electricidade ao non cu-brir a matrícula necesaria.

O acordo entre os Concellos da contorna é elaborar un informe coas necesidades de cada munici-pio para pechar unha proposta al-ternativa de ciclos de FP adaptada á realidade económica da zona. Supoñen que deste xeito si se po-dería incrementar a demanda. Os distintos plenos debaterán unha proposta para que Educación atenda as súas demandas.

Na reunión, impulsada polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, participaron o seu homólogo de Mesía, Mariano Iglesias, un te-nente de alcalde de Frades, que Curtis non identificou, e represen-tantes de Aranga, Boimorto, So-brado e Vilasantar.

ORDES Proposta do PSOE para deseñar itinerarios seguros para ir aos colexios

O concello procura a implicación veciñal para crear camiños escolares

O pleno municipal aprobou por unanimidade a proposta do PSOE para crear a figura do ‘Camiño Esco-lar Seguro’ nos colexios Castelao e Campomaior. Trátase de itinerarios para que o alumnado a partir de se-gundo de primaria poida ir só ás cla-ses, co acompañamento e supervi-sión dalgúns adultos, que se encarga-ría de comprobar que todos chegan ao centro educativo. A súa utilidade sería evitarlles ás familias ter que ir todos os días cos cativos.

Non obstante, o goberno munici-pal advertiu de que haberá que ela-borar un estudo de viabilidade e bus-car a colaboración voluntaria da veci-ñanza e doutros axentes. O Concello dirixiulle unha información pública a varios colectivos e quere promover a iniciativa tamén a través das redes sociais, para comprobar se é ou non posible.

A portavoz socialista, Verónica Gómez, aceptou que se faga tal cha-mamento á implicación social, pero precisou que o importante é que o Concello sinalice os percorridos.

Intercambio co IES Maruxa Mallo

Uns cincuenta alumnos e alumnas de Andalucía e de Zamora, partici-pantes nun programa de intercambio estudantil, tiveron o IES Maruxa Mallo como anfitrión na súa visita a Ordes. Achegáronse a coñecer o Museo do Traxe, deron un paseo etnográfico polo municipio e tamén acudiron a unha recepción no Concello.

CERCEDA Os traballos precisaron un investimento de máis de 121.000 euros

Queixas celebra o remate das obras de rehabilitación da súa igrexa

Remataron as obras de rehabili-tación da igrexa parroquial de Santa María de Queixas, no municipio de Cerceda. Os traballos precisaron un investimento de 121.272 euros, dos que unha parte significativa, en con-creto 49.426 euros, foi achegada nunha subvención do programa eu-

ropeo Leader á asociación de veciños. O resto da cantidade foi custeado di-rectamente con achegas por cada vi-venda, e outras vías de ingreso.

O templo recibiu un acondiciona-mento interior e exterior co propó-sito de evitar as humidades e garan-tir unha mellor conservación. Tamén

se renovaron algúns equipamentos e houbo intervencións na súa contorna para mellorar o seu aspecto.

Gran parte dos veciños e veciñas participaron nunha festa de inaugu-ración, á que acudiron tamén o bispo auxiliar, o director xeral de Desenvol-vemento Rural e o alcalde.

Exterior e interior da igrexa parroquial de Santa María de Queixas tras os traballos de rehabilitación (foto: Cuqui/SOL)

Ultiman a creación dunha entidade de apoio á canceira, que xa recolleu uns 70 animais

ORDES

Un grupo de veciños e veciñas de Ordes está rematando os trá-mites para constituír a asociación ‘Amigos da canceira de Ordes’, co propósito de contribuír ao mante-mento da actividade das instala-cións. Segundo o Concello, na aso-ciación poderá participar calquera persoa, con achegas económicas ou traballo voluntario.

Mentres tanto, a canceira fai balance dos seus primeiros vinte meses de funcionamento. Asegu-ran que se recolleron sesenta e sete cans nas parroquias e na vila. A trinta e dous dos animais ato-páronlles unha familia adoptante, dezasete volveron cos seus donos, dous faleceron e os dezaseis res-tantes continúan á espera de ser acollidos.

En todo caso, tal como remarca o goberno ordense, nunha houbo que recorrer ao sacrificio, posto que é a filosofía coa que se creou o centro. As instalacións, que cus-taron 57.000 euros, están equipa-das segundo a normativa.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015 11

Colocan unha tubaxe maior para evitar colapsos no cruce do PAC

A intersección entre as rúas da Canteira e do Mercado, no acceso ao Punto de Atención Continui-dade (PAC) de Ordes, volve estar en obras. A razón xa é vella e non é outra que as roturas nas canaliza-cións de pluviais cando chove con algo de intensidade. Máis a solu-ción nesta ocasión parece nova e podería ser a definitiva. Ou non.

O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, a instancias do BNG e do PSOE, explicou no pleno que se instalará unha tubaxe de maior diámetro que a actual para evi-tar o colapso do pozo situado no cruce, ocasionado pola baixada de auga pola Rúa da Canteira, que á súa vez recolle unha parte consi-derable da vila.

O rexedor, que confía en que a nova obra evite ter que levan-tar de novo a rúa, considera que o problema débese a que se co-meteron “neglixencias” nas obras previas. Para avalialas, o Conce-llo encargou un estudo das condu-cións con cámaras subterráneas.

Despois, reuniu as empresas con-tratadas para os proxectos previos, que se comprometeron a executar a nova obra.

Non obstante, tamén foi pre-ciso encargarlles informes ás com-pañías de telefonía e outros servi-zos para que situasen as súas ca-nalizacións na zona, posto que as empresas da obra non se respon-sabilizan de posibles danos nelas.

ORDES

O ADIF estudará habilitar un cargadeiro de madeira en Fosado

ORDES

O cargadeiro crearíase en terreos próximos á estación de tren de Fosado

O Administrador de Infraestru-turas Ferroviarias (ADIF) ten sobre a mesa a petición do Concello de Ordes para habilitar un cargadeiro de madeira a carón da estación de tren de Fosado. A obra implica-ría recuperar parte do trazado da antiga rede ferroviaria, en terreos que son propiedade do ADIF.

O proxecto facilitaría o trans-porte de mercadorías do sector fo-

restal da comarca. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, trasladou-llo por escrito ao ADIF e tamén o presentou nunha reunión coa de-legada de Patrimonio do ADIF en Galicia, Celina Matías.

Nesa reunión, tamén propuxo reducir ou eliminar o alugueiro que o Concello paga pola antiga es-tación da Pontraga, duns mil euros mensuais. Agardan resposta.

A obra na intersección xa empezou

ORDES Acusacións mutuas de beneficios particulares entre os dous principais grupos

O PP airea “anomalías” do mandato pasado e uxO emprázao a gobernar

Saltan faíscas na relación entre o PP e Unión por Ordes (UxO), en ten-sión latente desde o relevo no go-berno por unha marxe mínima de votos nas pasadas municipais. O PP, actual gobernante, atacou aos seus predecesores por unha serie de su-postas irregularidades na súa xes-tión, ao que UxO replica que o execu-tivo padece de “ignorancia política”.

O PP fala dun “rosario de anoma-lías na xestión das obras públicas fi-nanciadas con cargo ao presuposto municipal”. Por boca da súa porta-voz, Susana García, asegurou que se certificaron obras sen executar, que se executaron outras sen axustarse ao proxecto técnico, ou que se cons-truíron equipamentos “baseándose no capricho persoal ou na afinidade política” e non no interese xeral. “Agora falta que [Manuel] Regos [o anterior rexedor ordense] explique a quen beneficiaba e por que o facía”, declara García.

Como exemplos, o partido que go-berna agora cita que un asfaltado nas Raposeiras (Ardemil) se tería acome-

tido en Orellán de Arriba, que a beir-arrúa entre Mesón do Vento e As Sal-gueiras se tería feito na marxe oposta á que contemplaba o proxecto, o ta-piado dunha ducha no aseo do des-pacho da alcaldía como “capricho” de Regos, a execución dun sumidoiro de uso exclusivo para un veciño “amigo do ex rexedor”, ou un material inaxei-tado para previr esvaramentos no chan da ampliación da piscina clima-tizada, ademais de situar dous piares no medio da sala de actividades, ini-cialmente deseñada como zona diá-fana.

“vIvEN DE RENDAS” UxO considera “graves” as acusa-

cións e atribúeas á “ignorancia polí-tica” de Susana García e do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. O princi-pal grupo da oposición replica que se fose certo que se certificaron obras non feitas “estarían comprometendo o labor de técnicos e funcionarios municipais, que son os que certifican as obras, non o alcalde que estea en calquera momento”.

Sobre a ampliación da piscina, UxO asegura que “o PP nunca estivo de acordo con ela, nunca votou os orzamentos” e advirte de que “o PP sempre quixo denunciar, non o fixo por estar ás portas das eleccións mu-nicipais”. En canto aos materiais em-pregados, que non os integrantes do anterior goberno ordense defenden que as súas características “corres-póndenlles aos técnicos redactores do proxecto”.

A conclusión á que chega UxO é que o goberno do PP debería “de-dicarse a gobernar, xa que polo de agora están a vivir de rendas”. Acú-sano de “incumprimentos”, que se farían “patentes no enchufismo, a adxudicación de obras a dedo, traba-llos a familiares directos de concellei-ros do goberno e abandono da vila e das parroquias”, acusa UxO, que rei-vindica máis xestión a favor dos inte-reses veciñais e tamén manifesta que o traballo do seu goberno “non debía de ser tan malo cando están a facer exactamente o mesmo que se viña facendo”.

A controversia entre o PP e UxO produciuse tamén a raíz das tarefas de desbroce. O go-berno actual di que “constatou” que o anterior “desbrozaba fin-cas particulares mentres des-coidaba a rede viaria munici-pal” e deixaba fóra de uso os tractores públicos. Vírono ao recibir chamadas de veciños para reclamar que os servizos do Concello desbrozasen o seu predio “tal como supostamente viñera sucedendo ata agora”, o que para o PP supón “un uso in-debido dos recursos” públicos.

UxO alude en cambio a que se limpaban “fincas que se ato-pan preto dos centros educati-vos, do centro de saúde e aque-las que se empregan como zo-nas de aparcadoiro”. Os inte-grantes do anterior goberno din que son espazos que se deben limpar con frecuencia “para ga-rantir a seguridade dos veciños que teñen que pasar por eles a diario”.

Desbroces en fincas particulares ou en zonas sensibles para a seguridade cidadá?

Page 12: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

12

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2015

As mulleres supoñen practica-mente o 50 % de persoas socias das cooperativas agrarias. Pero en cam-bio só ocupan o 12 % dos postos nos consellos reitores e nos órganos de dirección destas entidades. E máis re-ducida aínda é a proporción de car-gos presidenciais, que unicamente chega ao 3 %.

Son datos que se ofreceron na xornada ‘Atrévete contigo mesma’, que acolleu a sede da cooperativa Agraria Comarcal de Ordes precisa-mente co propósito de incidir e tra-ballar na necesidade e na importan-cia de que a muller acceda a postos de decisión neste tipo de empresas. As participantes nesta actividade es-tudaron as metodoloxías para rec-tificar esta situación e analizaron a fondo o papel das mulleres nas coo-perativas agroalimentarias.

Os expertos consideran que a par-ticipación activa das mulleres neste tipo de organizacións facilita a com-petitividade empresarial, o relevo xe-racional, o aproveitamento de talen-tos, ou o incremento da diversidade

en todos os eidos. A xornada, que desenvolve-

ron conxuntamente a Obra So-cial La Caixa, a Agraria Comarcal de Ordes e a Asociación Galega de Coo-perativas Agroalimentarias (AGACA), contou coa participación da secreta-ria xeral de Igualdade da Xunta, Su-

sana López; do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; do presidente de AGACA, José Severino Montes; da responsable de negocio agrario de CaixaBank, Laura Lema; do presi-dente da Agraria Comarcal de Ordes, Eduardo Liñares; e de Ruth Rodríguez e Loli Couso, técnicas de AGACA.

As mulleres representan só o 12 % dos órganos de dirección das cooperativas

ORDES Xornada ‘Atrévete contigo mesma’ na cooperativa Agraria Comarcal de Ordes

A xornada contou coa participación da secretaria xeral de Igualdade da Xunta

Cerceda, Mesía, Ordes, Oroso e Trazo acadan axudas da Xunta para ampliar as bibliotecas

COMARCA

Os Concellos de Cerceda, Me-sía, Ordes, Oroso e Trazo son os be-neficiarios na comarca, entre 109 en toda Galicia, dunha liña de axudas da Xunta para mellorar as coleccións das súas bibliotecas públicas e axen-cias de lectura.

No caso de Cerceda, a contía obtida é de 1.664 euros. En Mesía chega a 1.110 euros, mentres que en Ordes son 2.219 euros, en Oroso 1.664 e en Trazo outros 1.110 euros. En toda Galicia, Cultura e Educación repartiu uns 176.000 euros.

Coas subvencións acadadas, os Concellos poderán adquirir fondos bibliográficos para os centros inte-grados na Rede de Bibliotecas Públi-cas de Galicia. Entre os materiais que está previsto que adquiran, figuran monografías, libros infantís, xuvenís e para adultos, material sonoro en discos compatos e vinilos, videogra-vacións en deuvedés e outros sopor-tes, recursos electrónicos, videoxo-gos, partituras e material cartográ-fico, tanto para préstamo a domicilio como para consulta en sala.

O Xacobeo sinalizará o Camiño Inglés durante o ano que vén

O Xacobeo ten previsto sinali-zar o Camiño Inglés durante o ano que vén e mellorar algún tramo. Así o anunciou o xerente desta en-tidade dependente da Xunta, Ra-fael Sánchez Bargiela, nunha visita a Oroso para presentar o denomi-nado Centro de Estudos e Investi-gación do Camiño Inglés.

Esta iniciativa, que foi presen-

tada polo equipo de goberno de Manuel Mirás, está ubicada no centro cultural e reúne uns dous-centos documentos, entre biblio-grafía e producións audiovisuais, para persoas que queiran indagar sobre o Camiño Inglés. O alcalde animou a solucionar entre todos, tanto o ámbito público como o pri-vado, a atención aos peregrinos.

Presentación do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés en Oroso

COMARCAO Concello e Cáritas recollen alimentos para familias sen recursos ata o 17 de decembro

FRADES

O Concello de Frades e Cáritas puxeron en marcha unha campaña de recollida de alimentos para fami-lias sen recursos residentes no muni-cipio. As doazóns poden entregarse ata o 17 de decembro na casa con-sistorial, no colexio da Pontecarreira, nas instalacións da Cooperativa Cen-tral e na botica de Abellá.

A iniciativa especifica que se po-den achegar alimentos básicos como leite envasado, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... As con-dicións son que non estean caduca-dos nin que non teñan superada a data de consumo preferente, ade-mais de estar debidamente etique-tados. Tamén con vistas ás cada vez máis próximas festas de Nadal, reco-llen produtos navideños non perece-doiros.

O Concello agradeceu de ante-mán a colaboración dos veciños e das veciñas que fagan achegas, do colexio, da cooperativa, da farmacia e da organización Cáritas. O ano pa-sado esta campaña recollera 400 qui-los de alimentos.

A Mancomunidade solicita 140.000 euros para manter o Centro de Información á Muller

COMARCA

O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou a solicitude dunha subvención autonómica de 140.000 euros para manter en funcionamento o seu Centro de Información á Muller (CIM).

Este servizo está integrado por catro traballadoras: a directora, unha psicóloga, unha asesora xu-rídica e unha axente de igualdade. Segundo a información ofrecida pola entidade supramunicipal, ata comezos de novembro levan aten-dido máis de douscentos casos.

O asesoramento xurídico so-bre dereito de familia ou dereito laboral, a atención á violencia de xénero, a organización de obra-doiros, xornadas e charlas, a aten-ción psicolóxica gratuíta e a divul-gación de información son algúns dos cometidos do CIM.

Por outra parte, a Mancomu-nidade tamén confirmou que reci-biu 44.000 euros da Consellería de Sanidade para instaurar unha uni-dade de prevención de drogode-pendencias.

Page 13: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

ecONOMíA

crónicas - Novembro 2015 13

Deus, unha das grandes referen-cias empresariais do sector téxtil de Ordes, atravesa momentos moi di-fíciles. Ata o punto de que arredor de duascentas persoas, a inmensa maioría mulleres, non cobraron as súas nóminas desde agosto. Segundo puido averiguar Crónicas, as empre-gadas continuaron acudindo ao seu posto de traballo con toda a norma-lidade posible, dentro do que supón non percibir nin un euro por facelo.

As fontes consultadas por este periódico explican que a situación se debe a que a compañía ten bloquea-das as súas contas por mor das dé-bedas que arrastra coa Seguridade Social. Os conflictos entre este or-ganismo público e Deus non son no-vos nin moito menos, posto que hai aproximadamente un ano a firma re-cibira unha cuantiosa sanción por in-cumprimentos nas cotizacións.

Cabe lembrar que en novem-bro de 2014 o Ministerio de Em-prego e Seguridade Social publi-caba sancións por máis de 953.000 euros a catro empresas de Or-des. A ‘Deus Creaciones, SL’ co-rrespondéronlle 196.725,24 euros, para ‘Confecciones Fraga, SL’ foron 191.037,30 euros, ‘Deus Creaciones,

SL’ 190.792,86 euros nunha segunda ocasión, a ‘Costura Invisible, SL’ fo-ran 211.047,06 euros, e ‘Shivshi, SL’ recibira unha sanción de 163.406,50 euros.

En principio, as empregadas des-cartaron accións de protesta. Unha parte considerable sopesa a posibi-lidade de denunciar pola súa conta, de maneira individual, se o impago segue prolongándose. Non ven pro-bable unha denuncia colectiva por mor da afinidade que observan en-tre a empresa e a presunta represen-tación sindical.

Sen embargo, hai que reseñar ta-mén que outra parte das traballado-ras aínda manteñen a confianza na propietaria da empresa e agardan que en breve logre superar as dificul-tades e poñerse por fin ao día coas nóminas. Aseguran ademais que tal confianza na empresa está probada pola falta de accións de protesta.

Esta parte da plantilla tamén sae ao paso dos comentarios de prácticas de explotación laboral que recaen sobre a empresa, como xornadas su-postamente excesivas debidas a car-gas de traballo inabordables, o es-caso tempo para comer, dificultades para coller baixas médicas con amea-

zas de despedimento ou facer que o persoal afronte involuntariamente gastos que non lles corresponderían, segundo fontes consultadas por este periódico. Esas empregadas negan irregularidades e decláranse confor-mes coas súas condicións: “ogallá poida retirarme neste traballo e por suposto con ela de xefa”, manifesta a Crónicas unha traballadora da que queda preservada a identidade.

A tesitura na que se atopa a com-pañía está sendo moi comentada na

vila, dado que supón unha impor-tante fonte de ingresos para nume-rosas familias. Chama a atención, en cambio, a absoluta indeferencia en-tre todos os grupos políticos locais, xa que non consta que ningún se pro-nunciase publicamente sobre o pro-blema, nin para solidarizarse coas traballadoras nin para interesarse por posibles solucións para unha empresa necesaria no municipio e na comarca.

Moita agulla e pouco fío nun piar do téxtilORDES Confecciones Deus trata de superar dificultades e poñerse ao día no pago das nóminas ao seu persoal

Instalacións da empresa Deus no polígono industrial de Merelle (Ordes)

Opinión na páxina 23

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 14: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

14

ecONOMíA

crónicas - Novembro 2015

LEITE En decembro publicarase o primeiro informe sobre a cadea de valor

Os Gandeiros cobran por litro de leite cinco céntimos menos que fai un ano

Os prezos do leite en orixe es-tán practicamente cinco céntimos de euro por litro máis baixos que fai un ano. Segundo o último informe dispo-ñible do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), correspondente aos pagos de setembro, a media espa-ñola foi de 0,304 euros, cando xusto un ano antes era de 0,352 euros.

Aínda que xa non é novidade, os Gandeiros galegos seguen sendo os peor pagados de España. En set-embro, cotizaron a 0,283 euros, uns dous céntimos por litro menos que no total. Se cobrasen igual á media española, as explotacións leiteiras galegas terían ingresado 3,25 millóns de euros máis en setembro.

O único positivo é a leve suba con respecto á agosto. Tanto en Galicia como no conxunto de España, supón medio céntimo por litro. É o dato ao que se aferran tanto o Ministerio como a Consellería para defender o chamado “acordo lácteo”, aínda que tamén recoñecen que lles gustaría “unha suba maior”. Así o manifes-tou a conselleira, Ánxeles Vázquez,

que tras reunirse cos sindicatos dixo non estar satisfeita “pero sería moito peor se a evolución fora á baixa”.

A seguinte novidade que anuncia a Administracón é a publicación, en decembro, do primeiro informe tri-mestral sobre a evolución do sector leiteiro. Agárdase que nel figuren os prezos pagados e cobrados por todos os actores da cadea de valor, de ma-

neira que por primeira vez se saberá en que termos declaran operar in-dustria e distribución.

Os sindicatos xa deron pistas neste sentido. Consideran que o acordo, ao que SLG e UUAA non se sumaron, non se está notando en nada. Como moito, en que o leite si subiu nos su-permercados pero non se traslada nin en parte aos produtores.

Primeira reunión entre a conselleira Vázquez e representantes de sindicatos agrarios

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE SETEMBRO / AGOSTO

(euros/litro)0,2830,3410,3030,3230,3290,4490,2930,3130,3090,3120,3220,3160,3080,3140,3400,3250,323

0,304

0,2770,3430,2980,3180,3270,4480,2880,3070,3000,3110,3250,3070,3060,3070,3350,3160,320

0,299

ÚLTIMOS SETEMBROS MEDIA ESPAÑOLA

2012201320142015

0,3140,3600,3520,304

Fonte: FEGA (29-10-2015)

Galicia setembroEspaña setembro

162.442 tn519.822 tn

PRODUCIÓN

CERCEDA A nova conselleira de Medio Ambiente visita a empresa en Morzós

Beatriz Mato: “hoxe ninguén dubida de que Sogama é solvente, eficiente e sostible”

A nova conselleira de Medio Am-biente, Beatriz Mato, fixo unha de-fensa do modelo de xestión de resi-duos de Sogama na súa primeira vi-sita ás instalacións que a empresa ten en Morzós (As Encrobas, Cer-ceda). “Hoxe ninguén dubida de que as instalacións de Sogama son un re-ferente, non só porque 295 Conce-llos de Galicia, un 94 %, están adhe-ridos voluntariamente, senón porque é unha empresa pública solvente, eficiente e sostible”, declarou Mato, que considera Sogama o modelo máis barato das tres plantas existen-tes en Galicia.

A conselleira incidiu tamén en que a nova planta para recuperar en-vases procedentes do lixo en masa, máis a remodelación da actual planta de reciclaxe, tratamento e elabora-ción de combustible, permitirán que se incremente nun 36 % a capacidade de tratamento da compañía.

Se agora o complexo situado en Cerceda trata o 77 % das toneladas de lixo que recibe, coa ampliación, na que se invisten uns 30 millóns de euros, serán tratados todos os re-

siduos domésticos que cheguen ao complexo. Segundo a Xunta, ao ver-tedoiro irá só o material que non se poida reciclar ou valorizar material ou enerxeticamente.

Tamén destacou Mato a nova planta de compostaxe nas instala-cións do vertedoiro da Areosa, cunha

capacidade de 15.000 toneladas. Nesta instalación invístense tres mi-llóns de euros. E para o vindeiro 2016 está prevista ademais a ampliación das dúas plantas depuradoras do complexo, que poderán así tratar as augas recollidas no tanque de tor-mentas.

Visita da conselleira de Medio Ambiente ás instalacións que Sogama ten en Cerceda

A Xunta ofrece parcelas en aluguer a prezo reducido nos polígonos de Merelle e de Sigüeiro

COMARCA

A Xunta decidiu poñer a dispo-sición de empresas e emprende-dores solo industrial nun aluguer a baixo custo. Tecnicamente, é unha concesión de dereitos de superfi-cie, que no caso da comarca inclúe catro parcelas no polígno de Me-relle (Ordes) e unha no polígono de Sigüeiro (Oroso).

Os adxudicatarios partirán dun canon de 0,38 euros anuais por metro cadrado, coa posibilidade dunha carencia no primeiro ano. Despois irá subindo ata un tope de 2,38 euros por metro. As con-cesións son por 30 anos, prorroga-bles outras tres décadas. Nos dez primeiros anos hai dereito a com-prar a parcela, cun desconto de parte do pagado no aluguer.

As empresas terán como con-dición efectuar un investimento de oito millóns de euros ou crear cando menos vinte empregos. Te-rán que edificar as instalacións nun prazo de tres anos, cunha in-demnización de cinco anos de ca-non se non o fan.

Page 15: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

ecONOMíA

crónicas - Novembro 2015 15

CERCEDA O presidente da Deputación visita as empresas Galopín, Gefico e Malasa

O “gran potencial empresarial” de cercedaGalopín, Gefi co e Malasa. Foron

as tres empresas polas que pasou en Cerceda o presidente da Deputa-ción, Valentí n González Formoso, na súa rolda de visitas para coñecer de maneira directa o tecido empesa-rial da provincia. A súa conclusión foi que Cerceda ten “un gran potencial empresarial”, patente nos tres exem-plos.

Acompañado polo alcalde de Cer-ceda, José García Liñares, en Galopín recibíronos as directoras fi nancieira e de proxectos. A compañía conta con máis de trinta anos de experiencia no deseño, fabricación e mantemento de parques infantí s que a avalan como un dos referentes no seu sec-tor a nivel estatal. Dá traballo a co-renta empregados e factura cada ano uns tres millóns de euros. Máis da metade do seu negocio está fóra do país, en lugares tan distantes como a Polinesia ou México.

En canto a Gefi co, responsables dos departamentos comerciais, de enxeñería e de produción explicaron con detalle o proceso de deseño e fa-bricación de produtos como os xera-dores de auga doce por evaporación ou por ósmose inversa, ou os siste-mas de desinfacción de auga potable. A empresa ten 35 anos de traxecto-

ria e desde 2011 pertence ao grupo Galopín. Suma uns corenta emprega-dos e máis de seis millóns de euros de facturación anual. É a empresa do sector naval con maior presenza in-ternacional, exportando o 70 % da produción.

Os empresarios Antonio Pérez e Javier Pérez encargáronse de recibir a comiti va en Malasa, grupo que se dedica á carpinteiría, deseño, cons-trución e montaxe de mobiliario para numerosos establecementos comer-ciais, hoteis e cadeas de tendas en

todo o mundo, entre elas varias per-tencentes ao grupo Inditex. Cada ano monta máis de 900 establecementos en todo o planeta.

Antes de visitar as empresas, Gon-zález Formoso esti vo no Concello. Destacou as similitudes entre Cer-ceda e o municipio das Pontes, onde é alcalde, pola produción eléctrica e a recente reconversión mineira. Gar-cía Liñares evitou pedir nada “por-que como membro do Goberno pro-vincial sei que imos recibir o que nos corresponde”.

García Liñares e González Formoso, cos responsables de Galopín e Gefi co

Un curso asesora, forma e apoia a emprendedoras no eido das novas tecnoloxías

ORDES

A aula de informáti ca de Or-des acolle ata fi nais de novembro as sesións dun curso de asesora-mento, formación e apoio a em-prendedoras. Colabora o Concello e forma parte da Rede de Empren-demento en Igualdade, impulsada pola Xunta co apoio do Colexio Profesional de Enxeñería Infor-máti ca de Galicia. Na apertura do curso, a concelleira de Educación e Servizos Sociais, Susana García, destacou a importancia do ma-nexo de ferramentas informáti cas para desenvolver a acti vidade la-boral. O uso de internet e as redes sociais ou a aplicación de novas tecnoloxías a proxectos empresa-riais son algúns dos conti dos.

Apertura da primeira sesión do curso

ESCUELA DE MASAJE IRIS

EN CERCEDA. Telf. 651 421 118

Salud Bucal

• Odontología General y Estética

• Ortodoncia• Prótesis sobre

implantes• Extracciones

molares del juicio

• Colocación de implantes

• ApicectomíasClínica Dental

Revisionesgratuitas

981 680 320 - 620 822 531Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

Presupuestos

sin compromiso

Curso de nivel básico para personas que quieran ampliar sus conocimientos o introducir nuevos tratamientos en sus centros.

CURSO DE MANICURA, PEDICURA Y SEMIPERMANENTE

DISPONEMOS DE SERVICIO DE RESERVA DE JUGUETES PARA

NAVIDAD

ALFONSO SENRA, 1815680 - ORDES

981 680 612

Curso orientado a personas con conocimientos de manicura en un nivel avanzado.

CURSO DE UÑAS DE DISEÑOY UÑAS DEPORCELANA SPA

Page 16: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

16

XeNte de AQuí

crónicas - Novembro 2015

Concerto didáctico no colexio

O alumnado de infantil e primaria do CPI Pecalama, de Tordoia, parti-cipou nun concerto didáctico, organizado polo Concello dentro do pro-grama Rede Cultural.

TORDOIA

Contra a violencia de xénero utilizando as redes sociais

Nas aulas de informática da co-marca e en diversos centros edu-cativos dos sete municipios estase desenvolvendo estes días a cam-paña ‘Comparte: fai que a vexan’, da Mancomunidade de Ordes, con sesenta sesións en total.

A iniciativa trata de analizar o uso que a poboación adolescente fai das tecnoloxías da información

e da comunicación, en especial a presenza nas redes sociais, para axudar a sensibilizar e detectar cuestións sobre o sexismo e a vio-lencia de xénero.

A campaña, que conta cunha subvención da Deputación da Co-ruña, difunde tamén as súas me-naxes a través de espazos propios en facebook e en twitter.

COMARCA

As sesións pasan por centros educativos e por aulas de informática públicas

Luz Casal, convidada de honra na comida solidaria da AECC

A quinta edición da Comida Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes congregou 360 veciños e veciñas no Restaurante Barreiro de Leira. Entre todos eles, destacou a pre-senza da cantante Luz Casal como convidada de honra, non anun-ciada previamente e coñecida só por unhas cantas persoas.

Segundo fontes municipais, a cantante de Boimorto coinci-diu cunha das socias máis activas da AECC en Ordes nos preparati-vos do Festival da Luz na súa aldea natal, e a artista adquiriu nese in-tre o compromiso de participar no xantar solidario. O evento recadou uns 2.000 euros, que se destinarán integramente á investigación.

ORDES

A cita recadou uns 2.000 euros para a investigación da enfermidade

ORDES

En recordo do Soldado Lois

O tempo soleado acompañou este ano os actos de recordo e ho-menaxe en Ordes a Manuel Lois García, coñecido como o Soldado Lois. Os actos relixiosos no cemi-terio do Piñeiro deron paso ás sal-vas do Terzo Norte da Mariña do Arsenal de Ferrol, aos himnos da banda militar e á ofrenda floral.

Os actos presidíronos o al-calde, José Luis Martínez Sanjurjo, e o coronel Alejandro Ferreira Ve-

lón. Asistiron diversos concellei-ros, mandos da Garda Civil e da Policía Local, representantes ecle-siásticos e numerosos veciños.

Este acto, que se desenvolve cada ano desde 1989, recorda a figura do Soldado Lois, condeco-rado coa Cruz Laureada de San Fernando, por dar a súa vida para impedir que un proxectil acabase coa dos compañeiros da fragata militar da que formaba parte.

Page 17: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

PuBlicidAde

crónicas - Novembro 2015 17

Page 18: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

18

XeNte de AQuí

crónicas - Novembro 2015

O festival DesOrdes Creativas, protagonista nun encontro mundial de arte urbana

ORDES

O festival de arte urbana Des-Ordes Creativas foi un dos prota-gonistas do encontro internacio-nal Openwalls Conference que se desenvolveu en Barcelona a finais de outubro. Sokram, un dos crea-dores e organizadores deste cer-tame e un dos artistas urbanos de maior renome, acudiu como re-lator para explicar a historia e as pretensións da cita ordense, que en oito anos conseguiu ser unha das máis destacadas do seu ám-bito.

Sokram expuxo que o colec-tivo Mutante, impulsor de DesOr-des Creativas, tivo por obxectivos crear un museo ao aire libre acce-sible a toda a cidadanía, comba-ter o feísmo urbano e posicionar a arte como vehículo de denuncia e reivindicación social.

Ademais, tamén ofreceu un percorrido visual por algunhas das creacións máis significativas que se poden ver polas rúas de Ordes e comentou a loxística e a finan-ciación do festival.

TRAZO Participaron 160 persoas, con cea e baile no campo de Santa Eufemia

Boa acollida á X Festa da Mediana idadeA décima edición da Festa da Me-

diana Idade de Trazo contou con 160 persoas participantes. A celebra-ción, pola que cada asistente pagou 23 euros, constou dunha cea con en-trante, polbo, churrasco, postre, be-bida e café, á que seguiu o baile con entrada libre, a cargo do dúo de ani-mación Eva e Camilo.

A organización foi responsabili-dade do Concello, que dispuxo unha carpa no campo da festa de Santa Eufemia (Vilouchada) para a ocasión. Á festa podía acudir todas as persoas empadroadas no municipio que su-perasen os 40 anos de idade.

TORDOIA Os nenos e nenas acudiron disfrazados e o centro decorouse para a festa

O Punto de Atención á Infancia celebra o Samaín

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia celebraron o Samaín no propio cen-tro. Foi nunha xornada na que apro-veitaron para disfrazarse para a oca-sión, caracterizados con todos os de-talles da festa e dando todo o medo que poden dar á súa curta idade. O centro tamén foi decorado para a ocasión e durante ese día desenvol-véronse xogos e outros divertimen-tos relacionados co Samaín, máis uns petiscos propios da festa.

Tamén na escola infantil muni-cipal Sorrisos, de Ordes, celebraron animadamente a festa de Samaín. as meigas sustituíron ese día o persoal docente do centro, mentres que os pequenos transformáronse en caba-zas. E para a merenda tiveron recei-tas especiais.

E en Sorrisos...

Page 19: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

XeNte de AQuí

crónicas - Novembro 2015 19

O vindeiro 27 de novembro (20 horas) inaugúrase a exposición que recupera o legado fotográfico, ata agora oculto, de Victorino Verea Montero, o primeiro fotógrafo ambu-lante do municipio de Oroso. A mos-tra permanecerá aberta ata o 8 de xa-neiro de 2016 no centro cultural Fer-nando de Casas e Novoa, en Sigüeiro.

No acto de apertura participarán

o propio Verea, o alcalde Manuel Mi-rás, o músico e escritor Xurxo Souto, e a violinista Anna Mainska, ademais de Manuel Pazos, responsable do proxecto, que serve para recuperar un anaco da memoria de Oroso a tra-vés do primeiro estudo que indaga na persoa e na obra do fotógrafo.

Do traballo de Verea Montero perdéronse todos os negativos en

branco e negro. Desa etapa só que-dan as imaxes en papel -as máis an-tigas datan de 1957- que se dixitali-zaron para o Arquivo de Imaxes de Oroso. Si se recuperaron negativos en cor, desde 1968 ata 1982, que es-tán en proceso de positivado.

A mostra, acompañada dun catá-logo, será unha selección de imaxes en branco e negro e outra de fotos en

cor. Son todas inéditas e reúnen “un grande interese estético e informa-tivo”, aseguran desde a organización.

Non en van, o fotógrafo, nado na parroquia dos Ánxeles, realizou mi-lleiros de fotografías desde 1957 ata 1982, de acontecementos sociais e familiares, para uso administrativo... Agora teñen un enorme valor para reconstruír a historia local.

A obra do fotógrafo Verea, nunha mostra e un catálogoOROSO A exposición inaugúrase o 27 de novembro e permanecerá aberta no centro cultural ata o 8 de xaneiro

As imaxes tomadas por Victorino Verea serven para reconstruír o pasado local Verea Montero, de novo, e agora, con 88 anos, observando as súas cámaras

Rúa da Canteira nº 2 ORDES (A Coruña) - Telf: 981 688 646

Tenemos lo último de tus personajes favoritos. ¡Date prisa y no te quedes sin él!.

Ropa en general, calzado, paraguas, mochilas,

peluches.. ¡¡¡y juguetes!!!!

CrónicasO mellor escaparate para o teu negocio. Anúnciate connosco:617 917 130 / [email protected]

Page 20: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

20

dePORteS

crónicas - Novembro 2015

Emma Núñez remata a tempada como campioa galega en kata

A cercedense Emma Núñez proclamouse campioa galega en kata. A competición, disputada no pavillón municipal da Malata en Ferrol, congregou 21 clubes de toda Galicia. Entre eles estaba o Kárate-Do Carballo, ao que per-tence Emma, que participaba por primeira vez na categoría cadete (14 e 15 anos).

Núñez comezou a modalidade de kata como cabeza de lista das oito competidoras que superaron a primeira ronda eliminatoria, aos puntos. Despois os enfrontamen-tos foron por bandeiras, nos que Emma gañou por 5-0 e 4-1. Na fi-nal, logrou o ouro por cinco ban-deiras a favor, fronte á campioa do ano pasado. En kumite foi bronce, na categoría de menos de 54 kg.

Con estes resultados, Emma Núñez fai un balance “moi posi-tivo” de 2015, ano no que se fixo con catro campionatos autonómi-cos galegos e un bronce. Os ouros foron en kata xuvenil e en kumite xuvenil inferior a 50 kg, en kumite

xuvenil mixto por equipos e en kata cadete. E o bronce, o xa rela-tado en kumite cadete.

Núñez estivo na preselección galega para o Campionato de Es-paña, que se disputa os días 28 e 29 de novembro en Albacete.

KÁRATE

Núñez, cos novos títulos autonómicos

Conmoción polo falecemento do presidente do Club Tambre Bike

OROSO

Fernando Abad, o presidente do Club Ciclista Tambre Bike de Oroso, faleceu cando circulaba en bicicleta á altura da ponte da Ro-cha, en Santiago de Compostela. Tiña 32 anos e traballaba como policía nacional en Santiago.

Desde un primeiro momento, descartouse que o suceso fose un accidente de tráfico. A propia Garda Civil confirmou que sufriu un ataque, posiblemente un in-farto ou un ictus, e que de inme-diato caeu. En ningún momento colisionou con ningún vehículo. Os servizos médicos desprazados para atendelo non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O falecemento causou unha enorme dor, por suposto na fami-lia e tamén na entidade deportiva, que expresou “o profundo agrade-cemento polas mostras de cariño, solidariedade e apoio continuo”. O Tambre Bike trata de superar a desgracia e amosa a súa vontade de continuar coas súas activida-des porque “estamos seguros de

que iso é precisamente o que faría Fer”, aseguran.

UN MEMORIAL, O 1 DE FEBREIRO De feito, o club xa fixou para

o sábado 27 de febreiro de 2016 a celebración do seu circuíto, ao que rebautizaron como Memo-rial Fernando Abad. A proba será cualificable para a listaxe de en-trada dentro da categoría máster, segundo anticipa a entidade, que anima aos potenciais participan-tes a ir gardando a data nas súas axendas. O Tambre Bike tamén confirma que a III Marcha BTT da Troita será o 15 de maio.

En canto ás cuestións organiza-tivas, o Tambre Bike escolleu nova directiva nunha xunta extraordina-ria. O presidente é agora Amancio Espiñeira, o secretario e respon-sable da dirección técnica é Javier Seoane e como tesoureiro exerce Ismael Vieites. Como vogais, figu-ran Manolo Uzal, Moncho Ramos e Juan Platas.

Page 21: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

PuBlicidAde

crónicas - Novembro 2015 21

NADAL concello de FRADES

PAXES REAIS

Organiza:

Concellode Frades

FESTA DE NADAL

VISITA XUVENLUGO

XOVES 17 DE DECEMBRO, pola mañá.Visita dos Paxes Reais aos nenos e nenas do CPI Ponte Carreira.

MÉRCORES 23 DE DECEMBRO,pola mañá.Festa no Multi úsos de Frades coa presencia de Papá Noel, mascota, actuacións...

LUNS 28 DE DECEMBRO.Visita a Xuvenlugo.

ANIMAGICUS

PATINAXE SOBRE XEO E BIRLOS

MÉRCORES 30 DE DECEMBRO.Espectáculo de maxia no Multi úsos e chocolatada en colaboración coa ANPA do CIP Ponte Carreira.

SÁBADO 2 DE XANEIRO.Visita á pista de xeo de A Coruña e á boleira de Santa Cristi na.

CABALGATA DE REISLUNS 4 DE XANEIRO, pola tarde.Cabalgata de Reis polas rúas de Ponte Carreira ata o polideporti vo, onde haberá unha gran festa cos Reis Magos, mascotas, obradoiros, xogos, etc. Colabora: ANPA do CPI Ponte Carreira.

Page 22: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

22

dePORteS

crónicas - Novembro 2015

Premio da federación a Muebles Jogafán polo seu apoio ao deporte

FÚTBOL SALA

O equipo Jogafán Fútbol Sala, de Ordes, recibiu un recoñece-mento pola súa colaboración e contribución á práctica do de-porte.

Trátase do premio outorgado pola Federación Galega de Fút-bol Sala, que distingue a Muebles Jogafán como a entidade privada que máis anos leva colaborando cun club de fútbol sala galego.

O premio entregoullo o conce-lleiro de Deportes de Ordes, Luis Caamaño, ao xerente da empresa, José Garrido.

Acto de entrega do premio

Ainhoa Ramos Manteiga, bronce no Open de Croacia

A ordense Ainhoa Ramos Man-teiga, campioa de España de tae-kwondo júnior, acadou a meda-lla de bronce no Open de Croacia. Trátase dunha competición de moi alto nivel, que congrega deportis-

tas de todo o mundo en catego-ría sénior. É unha proba puntuable para o ranking de acceso á compe-tición dos Xogos Olímpicos, que se disputarán o vindeiro ano 2016 en Río de Janeiro.

Ramos Manteiga, no terceiro posto do podio da competición, de alto nivel

TAEKWONDOA I Liga de Atletismo da Mancomunidade constata o potencial deportivo da comarca

ATLETISMO

O desenvolvemento da I Liga de Atletismo da comarca de Ordes, or-ganizada pola Mancomunidade de municipios, está poñendo de ma-nifesto o elevado potencial dos de-portistas da zona. A competición, no complexo deportivo de Vista Alegre (Ordes), conta con probas de veloci-dade e lanzamento, saltos, carreiras de obstáculos e unha cross de resis-tencia. Destaca a participación nas probas infantís e xuvenís, sen me-noscabo dos deportistas de maior idade.

Ao peche desta edición, restaba por concluír a derradeira xornada da liga, que estableceu un medalleiro por Concellos, con medallas para os tres primeiros en tempos ou puntua-cións de cada categoría, un equipo gañador para o concello con máis medallas de ouro, e sorteos de aga-sallos.

Crónicas ofrecerá no seu vindeiro número, correspondente ao mes de decembro, un amplo resumo dos re-sultados da competición nas súas distintas probas.

Sete xogadores do Oroso TM, ao campionato de España Norte

Sete deportistas do Oroso TM clasificáronse para o Campionato da Zona Norte de España, que se celebra en febreiro en Valladolid, nos torneos previos disputados re-centemente en Lugo, nos que ob-tiveron dous primeiros postos, un subcampionato e un terceiro posto.

Uxío Pampín en categoría benxamín, Alexandre Iglesias en infantil, Silvia Álvarez (1ª) en xuve-nil, Marcos Sanmartín (1º), Olaya Domínguez e Saleta López (2ª) en sub-23, e Cristina Fernández (3ª)en sénior son os sete clasificados da entidade deportiva radicada en Sigüeiro.

O Oroso TM acudiu con doce xogadores ao torneo clasificatorio en Lugo

TENIS DE MESA

Dúas pratas e tres bronces no internacional de Pontevedra

Os deportistas adscritos ao Club de Taekwondo Luar, de Or-des, acadaron cinco medallas na súa participación no XVIII Campio-nato Internacional Cidade de Pon-

tevedra. En concreto, Eliana Suá-rez e Rodrigo Varela obtiveron pra-tas, mentres Sara Gacio, Mateo Boudjenane e Daniel Mosquera recibiron bronces.

TAEKWONDO

Integrantes do club, no campionato internacional celebrado en Pontevedra

Page 23: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015

OPiNiÓN

crónicas - Novembro 2015 23

Os paxariños da Alameda

Agora si que si. Os acto-res por fi n se deron conta de que o guion fallaba. Xa uti lizan reforzos externos.

O gaivoto bo segue co guionista ha-bitual -avitual, seguro que escribi-ría el- porque está especializado en papeis de galán e cren que o perfi l que pode ter éxito é precisamente ese. Vesti r de elegancia -outra vez a elegancia pola Alameda adiante- a quen anda xusti ño e cubrir de pluma suave ata os pés para disi-mular o mellor posible a dureza das gadoupas e a agresividade do pico. Morno, sempre morno.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

E o papel de gaivota mala xa o está escribindo, con in-tensidade por certo, o guio-nista da casa propia, ou a

causa nostra. O que de verdade sente as cores e se entrega á mi-sión. O que de verdade sabe de pa-peis de malos viláns na fi lmografí a políti ca, de capítulos de distracción e de manobras de derribo. Pero ten dous problemas. Un é que a ac-triz letrada estaba máis afeita a in-terpretacións de algodón. E outro é que aínda non conseguiu aínda quen lle dea réplica.

Como gaivota de bo xen que é, o de afacerse aos papeis agresivos non vai

ser ningún problema. E en pouco tempo. Xa esti vo en tantos dramas, incluso no centro do escenario, que non ten reparos en soltar bágoas de crocodilo para facer que o público ablande. Pero o de conseguir que o replicante salte, sendo da escola de Harpo Marx como é, precisa moito esforzo. Van ter que ser moitos ata-ques, moitos chíos emiti dos desde moitas pólas. E con distorsión.

O entomólogo ofreceuse a estudar se a alteración se debe aos cambios de ali-mentación, pero de con-

tado comprobou que se trata de pura maldade, inherente ao ser. Tan animoso co vento favorable como mesquiño con quen non quere voar á súa mesma baixura. En fi n, papa-moscas. Un noxo para a ciencia.

Os estudosos botarán moito de menos á mellor pita de monte que se pa-sou pola Alameda, o exem-

plar co que mellor o pasaban obser-vando. Gustoulles sempre a capaci-dade da ave para comparti r o seu niño, ser capaz de subir ás pólas dos demais facéndoas doblar pero nunca rompéndoas, sempre por rir, e superar calquera cálculo. Era ave sen guion imposto. E hai que confe-sar que era quen con maior acerto interpretaba estes chíos. Desde o chan, pillábaos polo aire.

O ornitólogo segue estu-dando o caso dos fregatas que saen da roseira tam-bresa. É un espectáculo ve-

los cada mañá infl ando o peito -en vermello, por suposto- e aguan-tando a respiración ata a noite. Todo o público ten que quedar im-presionado, principalmente os ve-ciños, porque canto máis amplo vexan o papo mellor se ocultarán as carencias. Hai que disimular a falta de hixiene moral, de intelixencia e de apti tudes para voar.

Observaron unha nova mu-tación xenómica no paxaro hemo, o que emigrou sen marchar. Coñecidas as ca-

pacidades de ventrilocuo, agora aprézanse aínda mellor os rasgos de carácter. Ata o punto de que lle

En andanza por terras próximas, un dos fregatas, o máis insti nto-cional, tra-

tou de burlar un gaivoto e deixalo na gabia e sen documentación. Sorte ti vo que o gaivoto é pacífi co e bebe da boa fonte. Ignorouno e de paso salvoulle a vida.

A difí cil situación que atravesan al-gunhas das empresas máis emblemá-ti cas do sector téxti l de Ordes, quizais e por desgracia no preámbulo da ago-nía fi nal, non é máis nin menos que un revelador síntoma de que o mo-delo de negocio que imperou entre elas nos últi mos lustros quedou fran-camente obsoleto.

Se alguén quere porfi ar en asentar a súa produción nos afamados ‘re-mates’ para as grandes fi rmas ten que saber que sempre se vai ver su-perado polos competi dores externos. Por moito que incida no vello sistema de precarizar as condicións laborais, baixar a calidade do produto, relegar parte da súa acti vidade á economía mergullada... sempre haberá en Ban-gladesh -por citar un caso paradigmá-ti co- quen o faga máis barato. Nin vol-vendo coas máquinas e as traballado-ras de sol a sol aos sotos mal venti la-dos, que algún aínda queda, poderán competi r coa inhumana e irresponsa-

ble dinámica que move o mercado da roupa a nivel internacional.

De maneira que no sector ordense quedan dúas opcións. Ou seguir no mesmo esquema ata cortocircuitar e desaparecer. Ou... buscar novos cami-ños para reposicionarse no mercado e darlle un novo pulo á economía da comarca, á que, é xusto recoñecelo, ten contribuído moito. A pregunta é se queda tempo para repensar o noso téxti l ou se xa non ten amaño.

Á marxe de xesti óns empresa-riais concretas nas que se poden ato-par claras neglixencias, servidumes ante outros intereses ou mentalida-des estériles propias de moitas déca-das atrás, a primeira premisa é que en gran parte das empresas de Ordes hai talento e potencial de sobra para iniciar esa nova etapa cun mínimo de garantí as e seguridade.

Algúns exemplos de éxito xa hai e outros, máis incipientes, están come-zando a agromar coas lóxicas difi cul-

tades e incertezas, con moito esforzo e co convencemento de que, se fraca-san, non terá sido por non intentalo.

A primeira pedra do novo camiño ten que ser apostar por facerse fortes en fases do proceso industrial nas que agora Ordes non deixa de ser teste-muñal e que implican moito valor en-gadido. Diñeiro e rendibilidade, pero ante todo un futuro sosti ble.

Sen departamentos propios de es-tudos e deseño cos que plasmar a creati vidade dos profesionais do sec-tor, atender rapidamente os ritmos da moda e mesmo -por que non?- inten-tar marcar o paso, non será posible o gran reto de crear unha marca de ca-lidade do téxti l ordense.

Sen equipos comerciais dirixidos por profesionais cualifi cados, non será posible resisti r nos mercados nos que xa hai presenza e moito menos conquistar outros novos.

Sen fábricas capaces de crear a prenda de principio a fi n non será po-

sible o mantemento dos postos de emprego, nin moito menos amplia-los. Como tampouco o será se non se dan pasos para establecer compañías especializadas, sobre todo en produ-cións artesanais de alta gama.

Sen empresas que busquen a impli-cación das súas traballadoras e traba-lladores para lograr a produti vidade sobre a base dun produto de calidade e non sobre esquemas que mala-mente casan co respecto aos derei-tos laborais máis esenciais, non será posible que este deixe de ser un lugar de paso, desperdiciando unha valiosa formación, en vez do sector onde poi-dan desenvolverse brillantes carrei-ras profesionais e sumar máis e máis presti xio ao conxunto.

E con políti cos que miren para outro lado ou se limiten a propoñer gastar grandes sumas de diñeiro en proxec-tos difusos, caprichosos e alleos ao sector, electoralistas en defi niti va, tampouco nada será posible.

Queda tempo para repensar o téxtil?

E para os fans, xa advirte a rula que o gaivoto bo ta-mén terá as súas secuen-cias de ira e maldición, para

que a personaxe sexa máis verídica e non perda riqueza de rexistros, en cada lado da balanza. Por suposto, será tarefa do guionista externo, que xa se sabe que o outro todo o prepara con glucosa. Glucosa cadu-cada o máis das veces, que dá unha apariencia de caspa que non se ten en pé, pero que polo que se ve con-serva algún público fi el. Co que lle tería gustado ao paxaro destrozar as súas propias creacións para que-dar ben ante os novos amos!

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

abriron unha fi cha á parte. Van ver como evoluciona, pero non se des-carta ter que erradicar a especie para evitar desgracias.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n23 novembro2015