cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 21 - Setembro de 2015 Pais, nais e profesorado dos colexios do Mesón do Vento e do Campomaior, máis do IES Maruxa Mallo, co apoio do goberno municipal e as disntas forzas polícas de Ordes, comezan o curso moi molestos cos recortes de docentes da Consellería de Educación. No Mesón do Vento reivindican unha praza de mestre para non ter que unificar dous cursos, no Cam- pomaior un docente especia- lizado e no Maruxa Mallo evi- tar a masificación. A comunidade escolar ordense, en pé de guerra contra a Xunta Páx. 2 Comeza a funcionar por fin o transporte metropolitano ORDES Páx. 3 Mirás anuncia a revisión do PXOM coa nova lei do solo OROSO Páx. 9 Páxs. 4-5 “Se non cumpren, volveremos” As granxas poderán acceder a un 95 % de desconto no IBI FRADES Páx. 8 Dous millóns para o firme da N-550 de Santiago á Coruña COMARCA Páx. 11 A empresa TMC Cancela, cada vez en máis países TORDOIA Páx. 12 A ampliación de Sogama tratará un 36 % máis de lixo CERCEDA Páx. 8 O Concello defende a recuperación do tractor municipal ORDES Páx. 6 As protestas dos Gandeiros máis potentes dos úlitmos anos forzan a busca de solucións á caída dos prezos do leite a niveis de ruina Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) [email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94 Amortiguadores Mecánica en xeral e neumáticos Revisións I.T.V. Cambios de aceite Embragues Distribucións Frenos Presupostos sen compromiso Diagnoses multimarca Aliñado de dirección Aire acondicionado Taller multimarca Mecánica e Neumática Nueva gerencia Lugar de Orro, 100 CULLEREDO 680 509 760

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 23-Jul-2016

262 views

Category:

Documents


15 download

DESCRIPTION

Número 21 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 21 - Setembro de 2015

Pais, nais e profesorado dos colexios do Mesón do Vento e do Campomaior, máis do IES Maruxa Mallo, co

apoio do goberno municipal e as distintas forzas políticas de Ordes, comezan o curso moi molestos cos recortes

de docentes da Consellería de Educación. No Mesón do Vento reivindican unha praza de mestre para non ter que

unificar dous cursos, no Cam-pomaior un docente especia-lizado e no Maruxa Mallo evi-tar a masificación.

A comunidade escolar ordense, en pé de guerra contra a Xunta

Páx. 2

Comeza a funcionar por fin o transporte metropolitano

ORDES

Páx. 3

Mirás anuncia a revisión do PXOM coa nova lei do solo

OROSO

Páx. 9

Páxs. 4-5

“Se non cumpren, volveremos”

As granxas poderán acceder a un 95 % de desconto no IBI

FRADES

Páx. 8

Dous millóns para o firme da N-550 de Santiago á Coruña

COMARCA

Páx. 11

A empresa TMC Cancela, cada vez en máis países

TORDOIA

Páx. 12

A ampliación de Sogama tratará un 36 % máis de lixo

CERCEDA

Páx. 8

O Concello defende a recuperación do tractor municipal

ORDES

Páx. 6

As protestas dos Gandeiros máis potentes dos úlitmos anos forzan a busca de solucións á caída dos prezos do leite a niveis de ruina

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

Nueva gerencia

Lugar de Orro, 100CULLEREDO

680 509 760

Page 2: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

2

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015

O inicio do curso escolar está sendo convulso no Colexio de Educa-ción Infantil e Primaria (CEIP) do Me-són do Vento (Ordes) por mor do re-corte dunha praza de mestre deci-dido pola Xunta, que obrigou a uni-ficar os cursos de quinto e sexto. A asociación de nais e pais rexeita a medida da Consellería, presentou alegacións e manifestouse o propio día do retorno ás clases.

A praza recortouse ao non cubrir a xubilación dunha mestra. Tal como explica a ANPA, ao principio figuraba

no borrador de vacantes, pero des-pois, a finais de xullo, foi suprimida na resolución definitiva.

Para as nais e os pais, a medida de Educación é “arbitraria e apresu-rada”, e a “desinformación” practi-cada polo goberno autonómico lé-vaos a sentirse “indefensos”. Con-sideran que o recorte non respecta o catálogo de postos de traballo vixente no centro desde 2013 e tras-toca a organización do centro.

Non obstante, a crítica principal da ANPA é contra a unificación dos

cursos de quinto e sexto de prima-ria. Táchana de “contraproducente” e lembran que “son cursos que deben traballar de maneira independente” para non mermar o rendemento aca-démico nin empeorar a calidade do ensino.

Os proxenitores fan fincapé en que a nova situación prexudica es-pecialmente o alumnado de sexto, tendo en conta que a finais de curso ten que someterse á chamada re-válida. A ANPA afirma que “desde a Consellería só terán en conta á hora

de tomar este tipo de decisións os números dos seus libros de contas”, ante o que defenden manter “un ser-vizo que estamos pagando cos no-sos impostos, e non podemos tole-rar que se desmellore, e moito me-nos que desapareza”.

Así o sinalan nas alegacións, nas que instan á Consellería a rectifi-car, anular a reagrupación de quinto e sexto e dotar o centro dun profe-sor de primaria “á maior brevidade”, dado que o curso escolar xa está en marcha.

NOUTROS CENTROSA situación do CEIP do Mesón do

Vento foi tamén denunciada polo sin-dicato CIG-Ensino, xunto con novos recortes no IES Maruxa Mallo e no CEIP Campomaior, en Ordes. No insti-tuto, critican que a Xunta estableceu tres profesores menos este curso, que se suman a outras oito prazas suprimidas nos últimos anos. Para o sindicato, estas medidas “disparan o ratio por riba dos máximos legais” e saturan as aulas ata facer “case impo-sible moverse entre o alumnado”.

No Campomaior, CIG Ensino de-nuncia que proseguen recortes na atención ás necesidades educativas especiais. O sindicato non esquece tampouco que este curso xa non fun-ciona a escola unitaria de Montaos, que non chegaba ao mínimo de esco-lares fixado pola Xunta.

As nais e pais manifestáronse na xornada de inicio do curso contra os recortes no ensino público, con apoio do goberno local

ORDES Educación recortou unha praza de docente ao non cubrir unha xubilación

Indignación no colexio do Mesón do Vento pola unificación de quinto e sexto

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O Consello Escolar Municipal de Ordes, constituído na etapa do ante-rior goberno local, reuniuse de ma-neira extraordinaria para tratar os problemas cos que comezou o curso nos diversos centros educativos.

No que respecta ao CEIP do Me-són do Vento, acordaron ratificar un acordo asinado previamente polos distintos grupos políticos, no que se reclama que a Xunta respecte o ca-tálogo de postos de traballo do co-lexio e “nomee con carácter urxente” o mestre de primaria pendente. To-dos os integrantes do Consello Esco-lar votaron a favor, agás a abstención do representante da Xunta.

En canto ao IES Maruxa Mallo, o acordo acadado consiste en ins-tar á Consellería “a manter un profe-sor de ciencias dos tres que se anu-laron” para non conxestionar as au-las con máis de 30 alumnos, como sucede en terceiro da ESO. Tamén pi-den que un inspector técnico revise as condicións climáticas e espaciais

das aulas, que non consideran axeita-das para o labor docente. Neste caso, o representante da Consellería votou en contra.

Finalmente, no CEIP Campomaior reclaman un profesor de audición e linguaxe, posto que dispoñen dun considerable índice de alumnado que precisa apoio. Esta proposta non se votou no Consello Escolar porque

a administración comunicou que o centro compartirá un docente desta especialidade cun colexio de Muxía. De todas maneiras, aos pais e nais non lles convence esta opción.

Mentres no salón de plenos do Concello se desenvolvía o Consello Escolar Municipal, fóra numerosos pais e nais concentráronse en sinal de protesta.

Reunión do Consello Escolar Municipal, que se reuniu de xeito extraordinario

Apoio do Consello Escolar Municipal

O BNG e o PSdeG-PSOE pre-sentaron iniciativas no Parla-mento de Galicia para defen-der ante a Xunta as reivindi-cacións do CEIP do Mesón do Vento, ademais das carencias no IES Maruxa Mallo e no CEIP do Campomaior.

Representantes locais das dúas formacións reuníronse con membros da comunidade escolar nas súas sedes para co-ñecer de primeira man as pro-blemáticas e a partir de aí de-cidir que accións poderían des-envolver.

As iniciativas foron presen-tadas polos deputados Cosme Pombo e Ana Pontón, por parte do BNG, e Vicente Docasar, por parte do PSdeG-PSOE.

O BNG e o PSOE levan as necesidades do ensino ordense ao Parlamento de Galicia

Page 3: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015 3

Unhas veces foi por discrepancias políticas, outras por atrancos buro-cráticos, outras por conflictos empre-sariais, outras por simple deixadez de todas as partes, outras por razóns non explicadas... Pero o certo é que, tras anos de retrasos e aprazamentos continuos, Ordes incorpórase ao sis-tema de transporte metropolitano, tanto na área de Santiago como na da Coruña.

Co novo sistema, que non cambia frecuencias nin horarios, os viaxeiros poden desprazarse ata a capital ga-lega por 1,30 euros e á cidade her-culina por 2,24 euros. Iso no caso de que estean en posesión da tarxeta do Transporte Metropolitano de Ga-licia (TMG), que se pode adquirir por 2 euros nas oficinas de Abanca. Pode recargarse na mesma entidade ou en caixeiros. No caso de non tela, o au-tobús a Santiago sae por 2,20 euros e á Coruña por 4,21 euros.

Os prezos son incluso algo inferio-res para quen se desprace con moita frecuencia, máis de corenta viaxes ao mes. Neste caso, 1,10 euros para

Santiago e 1,90 euros para A Coruña. Segundo o Concello de Ordes,

existen descontos adicionais aos da tarxeta, como os das familias nume-rosas, que varían entre o 20 e o 50 %. O goberno local sinalou que un dos últimos pasos dados por parte da Di-rección Xeral de Mobilidade da Xunta

foi a adaptación das oficinas banca-rias para a comercialización e recarga das tarxetas, ademais da adaptación dos vehículos.

OS SALTOSO sistema de transporte metropo-

litano permite viaxar a outros desti-

nos que formen parte do territorio incorporado. Nestes casos, as com-binacións son múltiples e implican o manexo do concepto ‘salto’ ou cam-bio dunha subzona de transporte a outra, que tamén inflúen na tarifa. O máis aconsellable é consultar na páxina web http://tmg.cmati.xunta.es/ cada necesidade concreta.

Na área de Santiago, xa forman parte do transporte metropolitano os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Oroso, Rois, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Padrón, A Estrada, A Baña e Vila de Cruces. E na da Coruña figuran A Laracha, Betanzos, Oza-Ce-suras, Miño, A Coruña, Arteixo, Cam-bre, Culleredo, Oleiros, Bergondo, Sada, Abegondo, Carral e Cerceda.

O sistema establece un tempo máximo para os trasbordos para be-neficiarse dos descontos da tarxeta. Na área de Santiago, son 60 minutos en traxectos de 0 ou 1 saltos, 75 mi-nutos para 2 saltos e 90 minutos para de 3 a 6 saltos. Na área da Coruña, son 60 minutos de 0 a 1 saltos, 75 mi-nutos no caso de 2 saltos e 90 minu-tos se se precisan entre 3 e 10 saltos.

Por poñer un par de exemplos, viaxar de Ordes ata Padrón implica 4 saltos, coa tarxeta custa 2,24 euros e o usuario dispón de 90 minutos para os trasbordos, e ir de Ordes a Miño supón 8 saltos, 4,52 euros e 90 minu-tos para os trasbordos.

Parada do autobús no centro da vila de Ordes, na avenida de Alfonso Senra

ORDES O traxecto a Santiago custa 1,30 euros e á Coruña 2,24 euros

Ordes viaxa por fin cos descontos do sistema de transporte metropolitano

Page 4: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

4

A MAIOR MOBIlIZACIÓN DO SECTOR lEITEIRO

Crónicas - Setembro 2015

As masivas protestas dos Gandei-ros, que chegaron a bloquear a in-dustria láctea como medida de pre-sión, tiveron un adianto nas tracto-radas por comarcas. O 21 de agosto, a de Ordes, unha das bisbarras máis puxantes do sector, estivo entre as máis numerosas. Participou máis dun milleiro de tractores, segundo os organizadores. Para lembrar protes-tas dun calibre similar na vila habería que remontarse ás manifestacións dos estudantes contra a droga na segunda metade dos anos noventa. Os Gandeiros contaron co apoio so-lidario unánime de comercios e em-presas de todo ramo, moi conscien-tes de que se á produción de leite lle vai mal tamén lles vai afectar. É a su-pervivencia da comarca, o ser ou non ser. Xa avanzada a mobilización, os produtores tamén se implicaron na folga de entregas de leite.

Concentración ante as naves de Vegalsa en Sigüeiro, na que tamén se denunciou a “censura” da TVG

Imaxes da tractorada en Ordes (autor: Xosé Rivera)

Bloqueo da planta de Logística Alimentaria en Sigüeiro

Gandeiros da zona tirando leite nunha parcela de Abellá (Frades)

O leite protesta para que a comarca sobreviva

Page 5: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

A MAIOR MOBIlIZACIÓN DO SECTOR lEITEIRO

Crónicas - Setembro 2015 5

Había moita tensión acumulada e estoupou. Un lento declive de anos e anos, acelerado desde abril pasado cara ao abismo por mor da desapari-ción das cotas, fixo que os Gandeiros galegos se lanzasen ás maiores mobi-lizacións do sector leiteiro do último cuarto de século. Agosto e setembro foron meses moi intensos e ninguén pode afirmar aínda que o conflicto, que ten o seu detonante nos prezos baixos e ruinosos, rematase.

A tormenta foi perfecta. Incre-mentos de produción tras a fin das cotas, crise de consumo en varios mercados internacionais, excedentes doutros países europeos dispostos a asolagar unha vez máis os andeis dos supermercados españois, unhas nor-mativas incapaces de defender o pro-dutor cando non adversas, un sector propio feble e mal articulado, un mer-cado afeito a prácticas perniciosas...

Cada unha das fraquezas foi re-caendo na conta de resultados das granxas, a modo de martilleo cons-tante, ata que o afundimento de pre-zos superou todos os niveis de pre-ocupación. Os últimos datos, do pro-pio Ministerio de Agricultura, reflic-ten que a media en Galicia estivo en xullo por debaixo dos 28 céntimos por litro, con numerosas explotacións próximas aos 20 céntimos e aboca-das ao peche, xa que se estima que os custos de produción non baixan dos 32. E non se pode pagar por traballar.

Ademais, as cotizacións para as ex-plotacións leiteiras continúan sendo as máis baixas de España, que rexis-tra unha media de case 30 céntimos. Os Gandeiros andaluces están en ca-beza, cobrando máis de 34 céntimos, incluso aínda que ofrecen parámetros de calidade inferiores.

As mobilizacións fixéronse, pois, inevitables. E cobraron forza co paso dos días, sorprendendo e mesmo

desbordando aos seus propios convo-cantes, xa desde as primeiras tracto-radas por comarcas, a primeira adver-tencia da desesperación.

A falta de solucións reais engran-deceu as principais protestas que vi-rían despois. En Lugo, o 3 de setem-bro a tractorada converteuse en in-definida. Os Gandeiros, organizados de xeito asembleario, rodearon a Mu-ralla durante dez días con centos de tractores. O 7, sumaríanse en San-tiago, que durante cinco días viu moi dificultado o tráfico rodado. E aínda así, o apoio social non decaeu nunca.

Os tractores chegaron á sede da Xunta, aos centros comerciais con emblemas franceses e ao centro loxís-tico da cadea Dia no polígono do Tam-bre, sometido durante días a un blo-queo, para a empresa ‘ilegal’, como protesta contra o uso habitual do leite como produto reclamo a prezos insostibles.

Mentres, os movementos nos des-pachos, uns públicos e outros discre-tos, sucedíanse. Boa parte das expec-

tativas depositáronse na Interprofe-sional Láctea do 10 de setembro. Re-matou nun anuncio de ‘preacordo’ por parte do Ministerio, que o cali-ficou, xunto á Xunta, de “histórico”. Ofrecérono como saída á crise, ao im-plicar os distintos axentes da que cha-man cadea de valor do leite.

Sen embargo, o máis duro es-taba por vir. Salvo o colectivo Xóve-nes Agricultores, toda a representa-ción dos Gandeiros rexeitou como gato escaldado un texto no que unha vez máis non vían garantías de suba de prezos nin mecanismos sanciona-dores para quen incumprise o acordo. Segundo dixeron, a base non podía ser un exercicio de fe sobre a vontade das partes, tendo en conta o historial da industria, sancionada hai uns me-ses por vulnerar normas básicas de competencia, e da distribución, que en capítulos anteriores do culebrón volvía de novo ás grandes ofertas en poucos días.

A seguinte medida foi o bloqueo da industria. Unha demostración de

forza que detivo cinco días as 15 fac-torías galegas, pero que causou ta-mén as primeiras disensións relevan-tes entre os Gandeiros. A asemblea de Lugo, por maioría pero sen unani-midade, descartou sumarse e descon-vocou a tractorada. En Santiago se-guiron: optaron por deixar a cidade e levaron a presión ás envasadoras.

Con sete millóns de litros de leite tirados cada día en Galicia e entre os primeiros amagos de ameaza po-licial, comezaron a chegar os froitos desta acción contundente, combi-nada coas negociacións entre a Pla-taforma en Defensa do Sector Lei-teiro e as empresas. Varias transfor-madoras e grandes superficies ofre-ceron subas de prezos, xeralmente de ata 2 céntimos por litro. A reivindica-ción dos Gandeiros é de 6, pero a im-posibilidade de prolongar moito máis a folga de entregas e a sensación de que as relacións entre as partes co-mezan a cambiar levounos a aparcar esa acción, reenfocada nas distribui-doras ao peche desta edición.

A potente presión dos gandeiros forza unha solución, aínda pendente, á crise de prezos

LEITE O motor económico da comarca detívose durante case dúas semanas para loitar contra a súa ruina

A multitudinaria manifestación en defensa do sector leiteiro galego en Santiago discorreu entre a Alameda e San Caetano e estivo encabezada por catro vacas

A atención está posta agora na reunión convocada polo Ministerio este mércores 23 en Madrid, con to-das as partes. Do seu resultado de-penderá que os Gandeiros poidan volver á súa rutina ou teñan que sa-car de novo os tractores á rúa.

A intención da ministra, Isabel García Tejerina, é tratar de pechar un acordo que garanta que ningún axente perda diñeiro co leite. As ne-gociacións continuarán probable-mente ata o último minuto, mais o goberno central asume que haberá unha parte significativa dos Gandei-

ros á que dificilmente convencerá. É aí onde se enmarca que Tejerina dixese que co seu documento “to-dos os gandeiros gañan”, asinen ou non todas as persoas convocadas.

A principal discrepancia, desde o comezo, está en como facer subir os prezos. Para o executivo, acuciado pola proximidade das eleccións xe-rais e abandonado pola negativa da UE a subir os prezos de interven-ción, o sistema que piden os sindi-catos vulneraría as leis de compe-tencia. Sen embargo, parece avan-zado un novo modelo de contrato

cuns valores referenciais que non disgustaría a ningunha das partes.

A nivel galego, a liña de defensa da Xunta pasou de que a conselleira Rosa Quintana afirmase que Galicia non ten peores prezos que hai un lustro a que, xa en plenas tractora-das, o presidente Alberto Núñez Fei-joo se reunise co sector e asumise, como dixo Mariano Rajoy en Ordes, que os prezos “son inxustos”. Feijoo, ao que a oposición acusa de estar ausente, ve o preacordo mellor que o modelo francés e cre que se “ma-nipulou” unha parte dos Gandeiros.

Este mércores 23, cita importante no Ministerio

Page 6: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

6

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015

ORDES Asegura que se gastaron 85.000 euros sen utilidade para os veciños

O goberno defende a posta en servizo do tractor municipal para desbrozar

O paradigma di que a dereita tende a privatizar servizos públicos encomendándollos a empresas priva-das por consideralo un modelo máis eficiente e que a esquerda tende a priorizar a xestión pública dos servi-zos, que nunca deben ser un negocio privado.

Sen embargo, co tractor de des-broces de Ordes tal esquema ideo-lóxico parece que rompeu. O novo goberno do PP defende a súa posta en funcionamento como unha forma de amortizar o investimento duns 85.000 euros no tractor e nos apei-ros en 2006. Desde entón, tal como criticaron as formacións da oposición nos pasados mandatos, estaban gar-dados nunha nave privada “sen rea-lizar ningún servizo para a cidada-nía ordense”, asegura o equipo do al-calde, José Luis Martínez Sanjurjo.

No seu primeiro mes de funciona-mento, o tractor, que só computaba 4.000 horas de uso, traballou en máis de 50 quilómetros de viais e en varios

espazos públicos. O goberno actual di que o modelo actual serve para efectuar o mesmo traballo con per-soal do Concello e “sen ningún custo engadido”.

En cambio, o goberno anterior, de

Manuel Regos (UxO) defendía que saía máis rendible contratarlle o ser-vizo a unha empresa polas frecuen-tes avarías da maquinaria, que ade-mais de resultar caras impedían con-tinuar cos desbroces durante varios días. E tamén afirmaba que o Con-cello carece de empregados suficien-tes, que no caso de seren destinados a traballar co tractor non poderían desenvolver outras tarefas, tamén necesarias para os veciños.

E unha terceira vía abriuna o por-tavoz do BNG. A través das redes so-ciais, Ramiro Recouso expresou a súa “sensación” de que o goberno do PP pretende trasladarlle o servizo a outra empresa, transitando de ma-neira temporal pola xestión pública. Fundaméntao en que, por mor das vacacións do traballador municipal, “recurriuse aos servizos dunha em-presa privada que está vinculada fa-miliarmente a unha concelleira do goberno”. Para o edil do BNG, estes feitos “non son casualidade”.

O tractor e a desbrozadora estaban gardados nunha nave particular

Remataron a tempo para o novo curso os accesos á nova escola infantil de Sigüeiro

OROSO

O Concello de Oroso rematou a tempo a urbanización dos accesos á nova gardería de Sigüeiro, que entra en servizo este curso. A ad-ministración local investiu 106.000 euros nas obras. Habilitaron unha beirarrúa, unha zona de aparca-doiro e espazo para circular, ade-mais da dotación de iluminación pública e do pintado. O Concello tamén se encargou das conexións de auga, luz e electricidade para o edificio, financiado polos gober-nos local, galego e central e ads-crito á rede autonómica de esco-las infantís da Galiña Azul.

Últimos traballos do acceso ao centro

Os socialistas de Trazo difundi-ron unha resolución xudicial que da-ría por probada unha “actitude obs-trucionista do alcalde á actividade da concelleira no exercicio das súas fun-cións públicas” e que suporía a vulne-

ración dun dereito fundamental. Trá-tase dunha sentenza de primeiros de setembro, a raíz da denuncia presen-tada pola portavoz socialista, Beatriz Domínguez, cando na primavera pa-sada non puido acceder a determi-

nada documentación, como as ale-gacións veciñais ao Plan Xeral, ou o expediente de contratación da asis-tencia técnica ao Concello para a ex-posición pública do plan. Si se lle con-sentiu acceder despois, a comezos de

xuño. A decisión xudicial desbota as alegacións do alcalde e considera que tratou de “aparentar legalidade” co propósito de demorar o acceso á in-formación que solicitaba o grupo da oposición.

TRAZO Domínguez critica que Dafonte atrasou ata despois das eleccións o acceso a documentos do Plan Xeral

A xustiza di que o alcalde obstruiu o labor da concelleira socialista

Page 7: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015 7

Page 8: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

8

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015

FRADES Os titulares dos inmobles deberán solicitar a bonificación

O Concello abre a porta a un desconto do 95 % na contribución das granxas

As edificacións nas que se desen-volven actividades agrarias e gandei-ras no municipio de Frades poderán obter unha bonificación do 95 % no Imposto de Bens Inmobles (IBI). Así o acordou o pleno municipal, no que o PP apoiou o cambio na ordenanza fis-cal e o BNG, o único grupo da oposi-ción, optou por absterse.

O Concello non aplicará o des-

conto de oficio, senón que, unha vez entre en vigor a modificación, as per-soas interesadas poderán solicitalo. Primeiro, terán que obter unha de-claración de que os inmobles son de especial interese ou utilidade munici-pal, fundamentada en circunstancias sociais, económicas e de emprego. Ese é o argumento legal do que bo-tou man o goberno municipal, dado

que a gandeiría é a principal activi-dade económica do municipio.

A solicitude debe acompañar un certificado de Facenda que recolla a situación censual da persoa solici-tante, a acreditación da titularidade catastral do inmoble, o certificado de non ter débedas tributarias, e o xusti-ficante do recoñecemento de explo-tación ou licenza da actividade.

O alcalde, Roberto Rey, asegura que esta medida trata de aproveitar todo o posible as competencias mu-nicipais para reducir a fiscalidade das explotacións agropecuarias. A boni-ficación apróbase nun momento de gravísima crise de prezos para os pro-dutores de leite, que ocasiona perdas nas granxas e condiciona a súa viabi-lidade.

Xunto coa bonificación para as granxas, o pleno aprobou tamén que o tipo de gravame para os inmobles de natureza urbana pase do 0,6 % no que estaba ao 0,45 %. Os de natu-reza rústica manteñen un tributo do IBI equivalente ao 0,3 % do seu va-lor catastral.

O pleno aprobou o cambio no imposto co voto a favor do PP e a abstención do BNG

CERCEDA As obras, xa licitadas, están orzamentadas en 335 millóns de euros

Sogama poderá tratar un 36 % máis de residuos coa ampliación das instalacións

O complexo medioambiental que Sogama ten en Cerceda incremen-tará un 36 % a capacidade de trata-mento de residuos e reducirá nun terzo o envío de lixo ao vertedoiro coa futura ampliación. A licitación das obras xa foi autorizada polo Con-sello da Xunta, por un importe de 335 millóns de euros, aos que hai que en-gadir o IVE.

O contrato inclúe a nova planta, destinada a recuperar os envases contidos no lixo en masa, e a remo-delación da actual de reciclaxe, trata-mento e elaboración de combustible, ademais da operación, mantemento e limpeza das dúas plantas durante un período de quince anos. A previ-sión é que as novas instalacións en-tren en servizo en 2017.

En termos absolutos, Sogama po-derá pasar de procesar 550.000 tone-ladas anuais a 750.000 toneladas. Tal como explicou a empresa, “a preten-sión última é que só se destine a ver-tedoiro aquela parte do lixo que non poida ser reutilizada, reciclada ou va-lorizada, tanto material como ener-

xeticamente”. Neste sentido, lem-bran que distintos programas aplica-dos desde 2009 no complexo de Cer-ceda lograron rebaixar o vertido case á metade, desde unhas 355.000 to-neladas ata case 190.000.

Tras a reunión do Consello que autorizou a licitación, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo apre-zou que estas novas medidas farán a Sogama “plenamente coherente coa

xestión xerarquizada que promulga a Unión Europea” e que comeza pola prevención e a redución, conti-nuando coa reutilización, o reciclado e a valorización da fracción non reci-clable, relegando o vertedoiro a úl-timo lugar. Tamén se agarda rebaixar un 10 % o lixo producido en Galicia e triplicar os niveis de reciclado, ata un 30 %, de acordo co plan autonómico de residuos con vixencia ata 2020.

O contrato inclúe a remodelación da planta actual e a construción dunha nova

O incendio forestal na parroquia de Benza calcinou 130 hectáreas de superficie arborada

TRAZO

Na comarca ordense, o muni-cipio de Trazo é o que se levou a peor parte en canto a incendios forestais neste verán no que o lume volveu queimar milleiros de hectáreas por toda Galicia.

Despois do incendio que su-frira Xavestre en xullo, con 84 hec-táreas afectadas, entre o 10 e o 11 de agosto tocoulle á parroquia de Benza. O lume afectou neste caso a 130,03 hectáreas, segundo as estimacións provisionais ofrecidas pola Xunta no momento en que o deu por extinguido.

O incendio iniciouse pouco despois das cinco da tarde do do-mingo 9 de agosto e extinguiuse sobre a unha da madrugada do luns 10 ao martes 11. Nas tarefas interviron un técnico, trece axen-tes forestais, vinte brigadas, once motobombas, dúas pas, un heli-cóptero e dous avións.

A nivel autonómico, a oposi-ción acusa á Xunta de carecer de política forestal e o goberno de-fende o operativo de extinción.

O BNG de Frades fixo valer a súa capacidade de obrigar a convocar unha sesión extraor-dinaria do pleno. O motivo foi que o goberno explicase o pro-ceso polo que o Catastro está regularizando os novos inmo-bles que non estaban incluídos nas súas bases de datos.

O alcalde, Roberto Rey, ase-gura que este procedemento “non implica revisión dos valo-res catastrais” e que é unha “re-gularización” que acomete o Catastro de oficio “sen ningún tipo de actuación por parte do Concello”. A tarefa acométese ata 2016 e se fixo en 28 munici-pios da provincia en 2015.

O rexedor tamén negou que a administración local cobre ta-xas sobre este procedemento e expuxo que desde o Conce-llo informaron e asesoraron os veciños que o precisaron, che-gando a axudar a persoas sen recursos para pagar os 60 euros de gastos.

O BNG propicia un pleno sobre o proceso do Catastro para ‘fichar’ novos inmobles

Page 9: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015 9

A Mancomunidade demorou ata fi nais de agosto a aprobación do seu orzamento de 2015

COMARCA

A Mancomunidade de Munici-pios da Comarca de Ordes apro-bou os seus orzamentos de 2015 a fi nais de agosto, cando practi -camente transcorreran dous ter-zos do ano. As contas suman 1.118.000 euros e desde a en-ti dade aseguran que permiten manter os servizos que se viñan prestando.

Polo demais, na que foi a pri-meira sesión de Roberto Rey como presidente, acordouse que os ple-nos da Mancomunidade se cele-bren os primeiros luns de mes ás 13:30 horas e crear unha comisión de contas conformada polos sete alcaldes da comarca.

Pleno da entidade supramunicipal

OROSO Promete consenso e axustar o solo urbano para pagar menos IBI

Mirás anuncia a revisión do Plan Xeral cando se aprobe a nova lei do Solo

En canto estea aprobada a nova Lei do Solo autonómica, haberá mo-difi cacións no Plan Xeral de Orde-nación Municipal (PXOM) de Oroso. Así o anunciou o alcalde, Manuel Mi-rás, na festa anual dos Socialistas de Oroso, o Encontro na Penateixa, á que, entre outros, acudiu o secreta-rio xeral do PSdeG, José Ramón Gó-mez Besteiro.

Mirás asegurou que a “mellora”

será “loxicamente con consenso, como todo o que fi xemos ata agora os socialistas de Oroso, traballando a través dos encontros coa cidadanía para explicar ben o que se quere fa-cer e o que a veciñanza demanda en cada parroquia”.

Neste senti do, o alcalde enfati zou en que “hai siti os nos que sobra solo urbano e siti os nos que falta”. Por iso, unha das súas intencións é eliminar

solo urbano “onde os veciños non queiran edifi car”, de maneira que “non haxa que pagar tanta contribu-ción”, dado o maior valor catrastral e ti po de gravame do solo urbano en comparación con outras ti poloxías. Á vez, incrementarían a califi cación de solo urbano onde haxa intención de edifi car máis.

Mirás fi xo referencia tamén á súa intención de levar o saneamento e o abastecemento ás tres parroquias onde aínda falta, á escasa canti dade que Fomento desti na nos seus orza-mentos de 2016 para a variante da N-550 e á necesidade de que cam-bien os gobernos de España e de Ga-licia.

Gómez Besteiro abundou en que “non é habitual atopar un alcalde que tres meses despois das eleccións xa estea dando conta do traballo feito” e destacou a aposta de Oroso polos servizos públicos. Ademais, o lí-der dos socialistas galegos amosouse confi ado en que “2015 será o ano do cambio en España e 2016 en Galicia”, asegurou.

O alcalde anticipou a iniciativa no Encontro Socialista na Penateixa, con Besteiro

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

Escoge las mejores marcas

De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30.

Sábados de 10:00 a 14:00

2 GAFAS MONOFOCALES desde

197€

Me gusta

GAFAS GRATIS (con antirrefl ejante)

2 GAFAS PROGRESIVAS desde

77€

SEGUROSESPECIALESPARA NIÑOS

ESPECIALISTAS EN

PROGRESIVOS

DISTRIBUIDORES

as2

Page 10: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

10

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015

Estudan asesorar os negocios cun enxeñeiro industrial

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reuniuse co delegado en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Fernando Blanco, para coñecer a entidade e as posibilidades de colaboración.

En concreto, Mirás anunciou que lles solicitará aos servizos xu-rídicos do Concello que estuden a viabilidade de contratar un enxe-

ñeiro industrial para inspeccionar instalacións eléctricas, asesorar os establecementos comerciais para cumprir a normativa nese eido ou elaborar as certificacións enerxéti-cas de todos os edificios de titula-ridade municipal. Blanco pediu co-laboración contra o “intrusismo” que afecta á súa profesión, cos ris-cos que supón.

O alcalde, co delegado en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais

OROSO

O pleno ‘move’ diñeiro de varias partidas para a Praza de Abastos

O pleno de Ordes aprobou unha modificación de crédito para poder financiar a última fase das obras de reforma da Praza de Abas-tos. A operación supuxo redestinar para tal fin 53.000 euros proce-dentes de varias partidas, cos que o Concello completa unha subven-ción autonómica de 122.000 euros de fondos europeos.

En concreto, a modificación or-zamentaria afecta a uns 23.000 euros que proceden de achegas á gardería municipal, uns 20.000 da cantidade prevista para a Seguri-dade Social do corpo de funciona-rios, e 10.000 euros doutros apar-tados dos orzamentos.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que a operación, que conta co informe favorable do departamento de In-tervención, “non suporá ningún prexuízo para a gardería xa que non se terá que renunciar a ningún servizo nin obra prevista”.

Segundo o primeiro edil, a me-dida era necesaria porque é “o

único sitio de onde podemos sacar cartos”. Aproveitou para acusar ao anterior goberno, liderado por Manuel Regos (UxO), de non re-coñecer o crédito necesario cando solicitara a subvención, e de aco-meter un “gastos desmesurado” nos primeiros meses do ano “sim-plemente porque estaban as elec-cións ás portas”, manifesta Martí-nez Sanjurjo.

UXO, A FAVOR A modificación contou cos vo-

tos favorables do PP e de UxO. O BNG e o PSOE abstivéronse. O na-cionalista Ramiro Recouso e a so-cialista Verónica Gómez concor-daron na importancia da Praza de Abastos, se ben o Bloque insistiu nas súas críticas ás obras acome-tidas nos últimos anos nas dúas plantas do edificio, na súa opinión sen un rumbo claro. Neste sen-tido, volveron queixarse da forma en que se organizou o espazo e das dificultades de acceso para per-soas con discapacidade.

ORDES

OROSO O Concello inviste 101.000 euros na instalación, no polígono Oroso Pequeno

Comeza a construción dunha nave municipal para reciclaxe de residuos

Cos primeiros movementos de te-rra, a mediados do mes de agosto co-mezaron as obras para construír un punto para a reciclaxe de residuos no polígono de Oroso Pequeno, en Sigüeiro. É unha obra na que o Con-cello inviste 101.000 euros, á que lle chama ‘Oroso Verde’ e que o go-berno local asegura que poderá es-tar rematada no vindeiro mes de no-vembro.

A construción ocupará unha par-cela de 2.200 metros cadrados de su-perficie. Entre as súas instalacións, destaca unha nave duns 500 metros cadrados. O Concello explicou que se trata dun proxecto “modular”, de maneira que se contemplan futuras ampliacións do punto no caso de que fosen necesarias.

O punto de reciclaxe servirá para depositar diversos residuos tóxicos para a súa clasificación, separación e posterior reciclaxe. Pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, bate-rías ou produtos de informática son algúns dos elementos que acollerá o futuro servizo. Tamén haberá colec-

tores para papel e cartón, vidro, en-vases e residuos textís. E o Concello contempla habilitar ademais un lugar específico para recoller plásticos agrí-colas e entullos de obra, de uso para particulares.

O alcalde, Manuel Mirás, asegura que esta nova infraestrutura “será un paso moi importante para conseguir que o Concello de Oroso sexa cada

vez máis limpo e sostible ambiental-mente”.

O Concello anunciou que prepara xa os pregos do concurso para con-tratar a xestión do novo punto de re-ciclaxe. O documento establecerá os requisitos económicos e técnicos que deben cumprir as empresas que queiran optar á adxudicación do ser-vizo.

O alcalde e o concelleiro de Obras visitaron o inicio dos traballos

O retorno das chuvias deixa auga avolta nas billas para os usuarios da traída municipal

ORDES

A capacidade do servizo mu-nicipal de auga potable volve es-tar en cuestión. Igual que noutras moitas ocasións nos últimos anos, as chuvias de finais de agosto fixe-ron que a auga saíse avolta nas bi-llas dos usuarios durante varias xornadas. Os afectados aseguran que tamén presentaba un cheiro.

Os socialistas de Ordes anun-ciaron que pedirán explicacións no vindeiro pleno. Queren coñe-cer se funcionou a potabilizadora e sobre todo se o novo depósito construído hai uns anos se usa para decantar as partículas en sus-pensión, en apoio aos vellos depó-sitos, ou como o principal.

Aspecto da auga nos fogares

Page 11: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Setembro 2015 11

Invisten 50.000 euros na reforma da beirarrúa do Parque

A Rúa do Parque está en obras. O proxecto de mellor ten un orza-mento de 50.000 euros, dos que o 80 % son financiados por fondos europeos Feader.

Os traballos consisten na me-llora do pavimento das beirarrúas, que presentaban unha elevada de-terioración e desniveis, o que as facía impracticables para persoas

con discapacidades físicas ou con outros problemas de mobilidade.

O proxecto contempla a cons-trución dunha nova beirarrúa con rampla que eliminará as escalei-ras de acceso aos soportais desta zona. Tamén intervirán no pavi-mento da beirarrúa que bordea o parque Félix Rodríguez de la Fuente pola rúa O Recreo.

Os traballos desenvólvense tamén no lado correspondente ao Recreo

ORDESComeza o obradoiro de emprego de atención á dependencia entre catro Concellos da contorna

MESÍA

Este mes de setembro comezou o obradoiro de emprego de aten-ción á dependencia no fogar e en institucións, que durante seis meses desenvolven os Concellos de Abe-gondo, Bergondo, Carral e Mesía.

Esta iniciativa mixta de forma-ción e emprego conta cun total de vinte participantes, cinco por muni-cipio, e supón para a Consellería de Traballo e Benestar un investimento de 180.000 euros.

O labor de asistencia desenvol-verase en centros de referencia da área metropolitana da Coruña e nos servizos municipais de axuda a do-micilio.

Alcaldes e conselleira de Traballo

Frades, Mesía, Tordoia e Trazo obteñen máis de 63.000 euros de axudas para recursos turísticos

COMARCA

Catro municipios da comarca, os de Frades, Mesía, Tordoia e Trazo, obtiveron uns 63.000 euros de sub-vencións de Turismo de Galicia para mellorar a accesibilidade de varios seus recursos turísticos.

O proxecto de maior importe é o do Concello de Mesía. Consiste na construción dun aparcadoiro no complexo das Brañas da Valga, en Visantoña, por un importe total de 50.000 euros, cunha subvención au-tonómica de 28.500.

Trazo recibe 21.800 euros para o acondicionamento dos accesos inte-riores e das pontes na área recrea-tiva de Chaián, un proxecto valorado en case 35.000 euros.

A axuda para Frades é de 9.600 euros, nun proxecto de case 17.000 euros para mellorar o acceso da área recreativa da Ponte Carreira.

E en Tordoia obtiveron uns 3.500 euros para actualizar a sinalización das rutas de sendeirismo homolo-gadas Bardaos-Castenda e Santaia Cabaleiros, nun proxecto de 6.000 euros.

ORDES As obras saen a contratación en dous procesos e acometeranse nos vindeiros meses

Fomento licita por dous millóns a rehabilitación do firme da N-550 entre A Coruña e Santiago

O Ministerio de Fomento move fi-cha con respecto á N-550, que pre-senta un pésimo estado de conserva-ción, agravado nos últimos anos por unha falta de mantemento practica-mente total. O departamento titular da estrada acaba de licitar dous con-tratos para rehabilitar o firme entre A Coruña e Santiago, por un importe total próximo aos dous millóns de euros, sen contar o IVE.

Un dos proxectos comprende a intervención entre os puntos quilo-métricos 3,6 e 34,420, é dicir, desde a saída da cidade herculina ata a al-tura de Ordes. Suma 998.478 euros. O outro proxecto corresponde ao tramo entre Ordes e Santiago, a nivel quilométrico entre os puntos 34,620 e 57,834. Neste caso, está valorado en 996.971 euros.

As obras comezarán ao remate deste proceso administrativo, que pola súa propia natureza pódese pro-longar varios meses, posto que tras esta licitación haberá que valorar as propostas presentadas polas em-presas concorrentes e decidir cal é

a máis vantaxosa para a Administra-ción para proceder á contratación fi-nal. Fomento publicou a licitación a través da Sociedad Estatal de Infra-estructuras del Transporte Terrestre (Seittsa).

EMENDAS DO PSOE Uns días antes de coñecerse esta

licitación, os socialistas de Ordes pre-sentaron as emendas relativas ao municipio que promoveron para os orzamentos do goberno central para 2016. Superan o valor de dous mi-llóns de euros, e xa foron rexeitadas pola maioría do PP no Congreso.

A reivindicación de maior importe era precisamente o desdobramento da N-550, por valor de 1,2 millóns de euros. Sumábase a outra máis xeral, de 5 millóns, para reparar e pintar toda a estrada nacional. Para a por-tavoz municipal do PSOE, Verónica Gómez, Fomento somete o vial a “un abandono total insorportable e pre-cisa unha intervención seria e inme-diata”.

Tamén reclamaron 600.000 euros

para a estrada de Mercurín, que co-munica os polígonos industriais de Ordes e de Cerceda. O investimento completaríase con outros 500.000 euros en 2017. Os socialistas lembran o mal estado desta infraestrutura, de titularidade municipal pero afectada polo tráfico pesado, e critican o blo-queo do convenio incluído hai un lus-

tro no Plan Miner para financiar un proxecto de acondicionamento inte-gral e ampliación. Achácanlle esta si-tuación directamente ao pesidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

As emendas pedían ademais 100.000 euros para reparar un tramo da avenida de Alfonso Senra, 50.000 euros para rehabilitar a antiga esta-ción de tren da Pontraga e cedela ao Concello, 60.000 euros para o funcio-namento do Museo do Traxe Juanjo Liñares, a construción da Vía Verde na antiga liña ferroviaria de Cerceda a Santiago, e apoios aos sectores lei-teiro e téxtil.

As emendas tratáronas varios membros do PSOE ordense nunha reunión coa deputada Paloma Ro-dríguez. A portavoz municipal consi-dera que o grupo que sustenta o go-berno central debería apoiar estas emendas: “é o momento de que o PP pase dos paseos e dos selfies con Ra-joy ao compromiso real con Ordes, a través de onde mellor se retratan os cargos políticos, que é nos orzamen-tos”, afirma Verónica Gómez.

Integrantes do PSOE de Ordes presen-taron emendas aos orzamentos

Page 12: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

12

ECONOMíA

Crónicas - Setembro 2015

TORDOIA Dedicada ao deseño e fabricación de maquinaria agrícola e forestal

A empresa TMC Cancela aspira a entrar en seis novos mercados cada ano

A empresa TMC Cancela, radi-cada na Pedra Salgueira (Anxeriz, Tor-doia) márcase como propósito entrar en media ducia de mercados interna-cionais cada ano. É unha das princi-pais apostas para medrar, tal como se destacou na visita ás súa instala-cións do director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Ja-vier Aguilera.

A compañía dedícase ao deseño e fabricación de maquinaria de uso agrícola e forestal. Conta cunhas ins-talacións modernas de 50.000 me-tros cadrados, que inclúen fábrica, al-macén e oficinas técnicas. Durante os últimos anos rexistra incrementos de facturación superiores ao 20 %. Ade-mais de contar cunha filial nos Esta-dos Unidos, exporta xa a 21 países, entre os que están Canadá, Rusia, Australia, Alemaña ou Inglaterra.

Boa parte do que é hoxe esta em-presa punteira comezou en 2004, cunha nova estratexia empresarial centrada no deseño e produción de maquinaria propia. Para iso, conta cun equipo especializado e con pa-

tentes e tecnoloxías propias, peza clave na innovación e a mellora con-tinua coa que trata de garantir o seu crecemento e o acceso a novos mer-cados internacionais.

O director xeral do Igape explicou que TMC Cancela acolleuse á liña de préstamos ‘Jeremie’ para impulsar

novos investimentos. Javier Aguilera explicou os diferentes instrumentos que ofrece o seu departamento para atender as necesidades de financia-mento das compañías, en forma de capital risco, préstamos participati-vos, préstamos directos, microcrédi-tos e outras opcións.

Visita do director do Igape ás instalacións da empresa na Pedra Salgueira (Anxeriz)

O parque empresarial de Merelle mellorará os seus accesos con 80.000 euros en obras

ORDES

O Concello de Ordes anunciou o próximo comezo dunhas obras de mellora do acceso ao parque empresarial de Merelle. Vaise in-tervir concretamente nun tramo de 500 metros entre o enlace coa N-550 e o inicio da estrada que co-munica Ordes con Cerceda a tra-vés de Mercurín.

O investimento é de 80.000 euros, que a Xunta subvenciona nun 80 %. O orzamento inicial era de 90.000 euros, segundo o go-berno local, que asegura que lo-grou a redución do importe no proceso de contratación. Os tra-ballos consistirán na reposición do firme con aglomerado.

Aspecto da auga nos fogares

Temos unha empresa en común:

Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente

norserco slNORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.

Page 13: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

PuBlICIDADE

Crónicas - Setembro 2015 13

Page 14: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

14

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015

A mostra de Góis Oroso Arte está aberta ata o 2 de outubro

A exposición do décimo cer-tame artístico Góis Oroso Arte permanece aberta ata o 2 de outu-bro no centro cultural de Sigüeiro. Foi inaugurada nun acto que pre-sidiu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acompañado pola súa ho-móloga da localidade portuguesa, irmandada con Oroso, María de

Lurdes Oliveira Castanheira, o pre-sidente da Assembleia Municipal de Góis, José António Pereira, e o presidente da Deputación da Co-ruña, Valentín González Formoso. O rexedor local asegurou que nes-tes dez anos pasaron “case un mi-lleiro de artistas por Oroso” con motivo do certame.

OROSO

Inauguración, coas autoridades portuguesas, o alcalde e o presidente provincial

Obradoiros de cómic asentan a lingua entre os máis novos

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes desenvolveu nos distintos municipios da comarca obradoiros de elaboración de cómics para promover o uso da lingua galega entre os nenos e nenas da zona.

A dinámica desta actividade

busca implicar os cativos coa lin-gua utilizando como reclamo e re-ferente os personaxes dos Bole-chas. Con eles, preparan as súas propias historias.

A web da entidade supramuni-cipal recolle os traballos feitos du-rante estes obradoiros.

Un dos grupos do obradoiro de cómic da Mancomunidade de Ordes

COMARCA

COMARCA Os dous Concellos programaron actividades de observación astronómica

Os Concellos de Ordes e de Oroso desenvolveron nas últimas semanas actividades de observación astronó-mica, que colleitaron moito interese entre os veciños.

No caso de Ordes, ofreceu un ci-clo de charlas informativas e poste-rior observación nas parroquias de Montaos, Leira e Ardemil. Tras as ex-plicacións, para a observación prác-tica utilizaron telescopios e outros dispositivos, sempre asesorados por profesionais. Na actividade, cola-boraron o Concello, a Universidade de Santiago e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

No que respecta a Oroso, a sesión de observación astronómica, que xa noutras ocasións tivera lugar no mu-nicipio, formou parte da programa-ción da Semana Cultural 2015. Tivo lugar na zona exterior da piscina mu-nicipal en Sigüeiro. Previamente, du-rante varias xornadas, ofrecéronse clases de iniciación á astronomía no centro cultural, sempre coa premisa de dar un coñecemento teórico an-tes de pasar á observación práctica. Veciños de Montaos atendendo unha charla e veciños de Oroso nunha observación

Ordes e Oroso poñen os veciños a ver as estrelas

Comida solidaria da AECC, o 18 de outubro

ORDES

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes organi-zou a súa quinta comida baile soli-daria para o domingo 18 de outu-bro. Será no Restaurante Barreiro, en Leira (Ordes), a partir das 14:30 horas. As entradas véndense no propio restaurante e no Bar Salón. Autos Álvarez ofrecerá un servizo gratuíto de autobús desde a Ala-meda ás 14:00 horas.

Axuda para a familia que perdeu a vivenda

Está en marcha unha campaña de axuda á familia Quindimil do Cubelo, en Marzoa (Oroso), á que a finais de agosto lle ardeu a súa vivenda e ficou sen ningún tipo de ingreso e que provisionalmente se trasladaron a vivir cuns familiares en Mesía.

Quen teña interese en cola-borar pode efectuar ingresos na conta de Abanca con número ES97 2080 0307 19 3000191753.

OROSO

Page 15: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015 15

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou a importancia de recuperar a memoria histórica tras reunirse con Darío Rivas, impulsor da querela pre-sentada en Arxenti na contra os cri-mes cometi dos pola ditadura fran-quista. De 95 anos, Darío Rivas é fi -llo de Severino Rivas, que levaba só uns meses como alcalde do munici-pio de Castro de Rei (Lugo) cando foi asasinado polos golpistas en outubro de 1936.

Darío Rivas ti ña entón 16 anos e xa levaba sete emigrado en Bos Aires, onde acudira con outros integrantes da familia para estudar. Ao longo da súa vida, loitou por facer xusti za. No país americano, foi onde iniciou o proceso xudicial nos últi mos anos. E en 2004 logrou localizar o corpo de seu pai nunha cuneta. Ao ano se-guinte, foi exhumado e trasladado ao panteón familiar.

Mirás afi rmou logo da xuntanza que “un país sen memoria é un país sen alma” e apoiou as iniciati vas de Rivas. Este explica que “non me move só o recordo de meu pai, se-nón que reclamo por 115.000 víti -

mas, que para min son os heroes do drama español”. El confí a en que che-gue a facerse xusti za porque “se non fose así non tería feito tanto labor”, pero á vez tamén precisa a súa no-

ción de xusti za: “non busco vinganza, para min non serve, o que serve é que dunha vez por todas esta xente razoe e que polo menos diga que se equivocou”.

Mirás reúnese co impulsor da querela contra os crimes do franquismo

OROSO Darío Rivas é fillo do alcalde de Castro de Rei fusilado en outubro de 1936

Camiño Real inicia os seus ensaios de baile e instrumentos para onovo curso 2015-2016

ORDES

A Asociación Camiño Real de Poulo (Ordes) iniciou as súas cla-ses de baile e música tradicional no curso 2015-2016. Ofreceron clases de baile e de pandeireta con Helena Noya durante a tarde e a noite dos venres en disti ntos grupos de idade, desde os tres anos ata a maioría de idade.

Tamén hai clases de gaita en nivel de iniciación con Alejandro Calviño e Suso Gestal, o serán dos venres para menores de idade (6 a 17 anos) e o dos luns para maiores de idade. O nivel avan-zado, con Suso Gestal e para me-nores, é tamén o serán dos ven-res. Do mesmo xeito, as clases de requinta e as de tamboril son os venres pola tarde, tamén con es-tes dous docentes.

Todas as persoas interesadas poden consultar os horarios exac-tos, as tarifas das clases e pedir máis información detallada nos espazos que a asociación Camiño Real de Poulo ten nas redes sociais ou tamén a través do teléfono 659 661 437.

Manuel Mirás, con Darío Rivas, que busca xustiza para as vítimas do franquismo

Crónicas E SEGUIMOS PIANDO NA REDE...

O mellor escaparate para o teu negocioAnúnciate connosco:

617 917 130 / [email protected]

Page 16: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

16

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015

O Concello de Trazo contou con numerosos participantes no seu Día do Neno 2015, celebrado con bo tempo o sábado 29 de agosto na piscina municipal e nas súas instalacións contiguas.

Ademais de xogos inchables e probas na auga, o programa da xornada contou cun espectáculo

de malabares, paiasos e equili-brios da compañía Isla Le Triska, que interactuou co público.

Para repoñer forzas, achegouse ata Trazo a campaña autonómica ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, que ten un fin didáctico e ofreceulles bocadillos aos cativos elaborados con ingredientes saudables.

TRAZO

A Festa da Auga, o colofón das actividades estivais en Mesía

A Festa da Auga do Concello de Mesía sumou un cento de nenos e nenas, que contaron con inchables acuáticos na piscina, xogos e unha festa da escuma. A xornada serviu para pechar a programación de actividades municipais do verán, da que o Concello realiza un ba-lance moi satisfactorio, cunha boa

resposta por todos os grupos de idade. De feito, as escolas de nata-ción tiveron 40 alumnos, os cam-pus de fútbol e tenis 25 participan-tes, as actividades físicas con 60, os campamentos de verán con 75, ou as saídas ao Aquapark con máis de 100, ademais de competicións deportivas moi concorridas.

Lanzamento de escuma na Festa da Auga do Concello de Mesía

MESÍA

Actuación do mago Javier Muro para os máis pequenos

Uns vinte nenos e nenas de Tordoia non perderon detalle da actuación ‘Fantasía Máxica’, ofre-cida polo mago Javier Muro nas dependencias da Casa da Cultura na localidade de Pontepedra, a ca-pital do municipio.

O espectáculo combina os nú-meros de maxia con humor, bo-tando man da participación do pú-blico e dándolle tamén un consi-

derable protagonismo á música de acompañamento, sempre co pro-pósito de sorprender.

Esta actividade forma parte da chamada Rede Cultural, que incor-pora unha serie de artistas de di-ferentes disciplinas que ofrecen as súas actuacións con apoio eco-nómico da Deputación da Coruña e coa colaboración dos distintos Concellos da provincia.

TORDOIA

A actuación ‘Fantasía Máxica’ involucra o público nos seus números

Vitre énchese coa celebración da festa das Virtudes

A festa das Virtudes levou un ano máis numerosas persoas ata a parroquia de Vitre (Frades), que pasaron a xornada na zona para xantar na contorna da capela e proseguir coa celebración ata ben entrada a noite.

A organización asegura que se ocuparon os 220 sitios que delimi-taran, por parte de familias e gru-pos de amigos. Outras moitas per-

soas ubicáronse sen reserva pre-via, nos espazos que atoparon li-bres.

A comisión de festas, que cen-tra boa parte do seu traballo na venda de produtos relaciona-dos coa celebración, desde rosa-rios ata camisetas, entregou 1.100 euros da recadación á loita con-tra o mal do alzhéimer, a modo de doazón solidaria.

A festa prevalece por riba dos actos relixiosos na romaxe de Vitre

FRADES

Diversión sen límites no Día do Neno na piscina de Trazo

A xornada contou cun espectáculo de malabares e humor, de Isla Le Triska

Page 17: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015 17

OROSO A programación da Semana Cultural 2015 ofreceu numerosas propostas para todas as idades

Cultura contra a temperatura no verán de OrosoTeatro, cine, monicreques, maxia,

circo, música, xogos, obradoiros... Non faltou de nada na programación da Semana Cultural 2015 do Conce-llo de Oroso, que en realidade foron dúas semanas, desde o 24 de agosto ata o 4 de setembro.

A intención do Concello foi ofre-cer alternati vas para todos os públi-cos, especialmente para os máis pe-quenos, aos que se dirixían a maior parte das acti vidades planifi cadas durante eses días.

Tamén se lle deu prioridade ás acti vidades no exterior, case todas nas inmediacións da piscina. Pero o certo é que non sempre se contou coas boas temperaturas que se agar-dan para tales días do ano. Desta maneira, a miúdo foron trasladadas ao centro cultural, como estaba pre-visto de antemán. Mesmo a Festa da Escuma ti vo que ser aprazada un par de días por mor das chuvias, pero fi -nalmente puido celebrarse.

O programa contou con algun-has das compañías de teatro, circo ou monicreques máis representati -vas, pero tamén con arti stas locais. Non en van, do peche encargáronse os integrantes da Aula de Música do Concello de Oroso. Actuación cómica de circo e maxia de Pistacatro Teatro coa compañía Ghazafelhos no exterior da piscina

Espectáculo de acrobacias aéreas de Circo Expreso Mostra de ilusións ópticas do Mago Romarís en Sigüeiro

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Naturalidade

EleganciaA túa voda

Infórmatesin compromiso

Concello de Oroso.

Frescura

Séguenos

Page 18: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

18

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015

Actividades no exterior para animar o campamento estival

Os nenos e nenas que participaron en Oroso no campamento estival ‘Summer Camp’, sirva a redundancia, desenvolveron diversas actividades no exterior coas que animaron as xornadas do programa. Unha delas foi a visita dos responsables da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que lles explicaron as súas tarefas e tamén lles amo-saron os vehículos cos que traballan. Por suposto, non perderon ocasión de subir aos coches e tocar todos os botóns posibles. Outra das propostas foi a plantación dunha árbore no paseo fluvial do Carboeiro, unha inicia-tiva coa que aprenderon a importancia da biodiversidade.

OROSO

Saída de Oroso ao Aquapark

Medio cento de nenos e nenas de Oroso pasaron unha xornada no parque acuático de Cerceda, nunha saída programada dentro da Se-mana Cultural 2015 do Concello.

OROSO

‘Respira Mesía’ axudou a conciliar no mes de agosto

‘Respira Mesía’, o programa de conciliación da vida laboral e fami-liar do Concello de Mesía para o mes de agosto, contou coa partici-pación de vinte nenos e nenas de entre catro e doce anos de idade.

Artellado como un campa-mento, o programa tivo unha

orientación temática ambiental, de maneira que houbo actividades de reciclaxe, reutilización de ma-teriais, xogos na natureza ou rutas pola contorna. O derradeiro día acudiron á Casa Grande de Xan-ceda, granxa do municipio refe-rente internacional na ecoloxía.

MESÍA

Unha das actividades do programa foi a visita á Casa Grande de Xanceda

Rexistro para acoller refuxiadosO Concello de Oroso creou un

rexistro de posibles acolledores de refuxiados de guerra. Nel po-den anotarse todos os veciños e veciñas do municipio que estean dispostos a acoller refuxiados nas súas vivendas.

A concelleira de Benestar So-cial, Beatriz Rodeiro, explica que decidiron crear o rexistro ao ver que había veciós e veciñas que

preguntaban no Concello sobre as posibilidades de acoller persoas a raíz da migración desde Siria cara Europa. O rexistro prevé facilitar todos os trámites, chegado o mo-mento.

Para anotarse, cómpre acudir ao Concello (981 69 14 78). Ha-berá dúas modalidades de aco-llida: só con menores de idade ou con familias completas.

OROSO

Programa de envellecementoO Concello de Tordoia ten

aberto o prazo de inscrición para o seu programa de envellecemento activo ‘En forma’, que dará co-mezo o 1 de outubro e concluirá o curso a finais de xuño de 2016.

As actividades ofrécense nas parroquias de Bardaos, Anxeriz, Gorgullos, Castenda, Andoio, Ca-baleiros, e Leobalde e Numide.

Non obstante, en cada empraza-mento deberá reunirse un grupo mínimo de cinco persoas para po-sibilitar o programa, que custa 5 euros ao mes.

O Concello dálles preferencia a persoas maiores de 60 anos e a empadroadas no municipio. Ofre-cen máis información a través do teléfono 981 68 30 07.

TORDOIA

Page 19: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

XENTE DE Aquí

Crónicas - Setembro 2015 19

Uns mil nenos e nenas, se-gundo o Concello de Ordes, acudi-ron á festa infantil incluída na pro-gramación de actividades lúdicas do mes de agosto.

Obradoiros creativos, inchables de diversas estruturas e temáticas, xogos de enxeño e habilidade e outras atraccións conseguiron que

os máis pequenos non parasen du-rante varias horas, convertendo o Campo da Feira nun fervedoiro.

Para refrescar e hidratar, a or-ganización ofreceu xeados, gra-nizados e flocos de balde. E para o remate, a habitual festa da es-cuma, que cubriu boa parte do re-cinto.

ORDES

Tradición galega e asturiana no Encontro Folclórico de Ordes

O Encontro Folclórico organi-zado pola Agrupación Folclórica Cultural Sementes da Arte, coa co-laboración do Concello de Ordes, reuniu sobre o escenario mostras da música e o baile tradicionais de Galicia e de Asturias.

Para iso, contou coa participa-ción do grupo anfitrión, o obra-

doiro de cultura tradicional Cho-rima, da localidade coruñesa de Rois, e asociación folclórica El Pi-ñote, de Asturias, que agasallaron o público con sidra escanciada no mesmo intre.

O alcalde encabezou a repre-sentación do Concello, que entre-gou placas conmemorativas.

As actuacións tiveron lugar no escenario colocado na Alameda ordense

ORDES

Cando en Ardemil se poñen a mallar, non hai trigo que chegue

Se alguén ten ganas de vivir unha malla o máis parecida ás de antes, xa sabe que no seu calenda-rio ten que poñer Ardemil. A súa celebración, organizada pola aso-ciación cultural Castro da Croa, re-uniu de novo centos de persoas, que acoden ver como as medas se

van desfacendo paseniño ao son dos vellos motores, á vez que o gran vai aumentando nos compar-timentos nos que o gardan antes de pasalo na limpadora. É traba-llo, pero sobre todo festa, con hu-mor, xantar e exposición de ma-quinaria antiga.

ORDES

Celebración da malla no mes de agosto, coas vetustas malladoras de polea

O alcalde promete aumentar as datas de piscina o ano que vén

A piscina podería aumentar as súas datas de apertura o vindeiro verán. Esa é polo menos a inten-ción que expresou o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, no acto de entrega dos diplomas dos cursiños de natación deste ano.

O feito de que as instalacións do Muíño non abriran ata come-zos de xullo, por decisión do ante-rior goberno local, cando noutros

municipios da contorna as piscinas públicas xa levaban días e mesmo semanas abertas, causou un con-siderable malestar entre os usua-rios. Haberá que ver en 2016 ata cando alcanza a ampliación.

Polo demais, nos cursiños de natación deste ano participaron uns setenta rapaces e rapazas, de entre 3 e 15 anos, en niveis de ini-ciación e perfeccionamento.

Entrega dos diplomas ao alumnado que acudiu aos cursos de natación

ORDES

A festa infantil do verán encheu de xogos o Campo da Feira

O Concello asegura que acudiron ao evento unhas mil persoas

Page 20: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

20

DEPORTES

Crónicas - Setembro 2015

FÚTBOL XIII Torneo de Fútbol do Concello de Oroso

O XIII Torneo de Fútbol Concello de Oroso viu vencer na final ao Si-güeiro FC sobre o Sigüeiro B. Foi ne-cesario agardar á tanda de penaltis para coñecer o gañador, dado que o tempo regulamentario concluira cun empate a cero. No partido polo terceiro posto, o Xuvenil ED Xuven-tude Oroso gañoulle á SD Deixebre, cun resultato de 0-1.

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, e os concelleiros de Deportes, Luis Rey Villaverde, e de Seguridade Cidadá, Antonio Leira, encargáronse da entrega dos trofeos.

O Sigüeiro FC vence nos penaltis ao Sigüeiro BA Liga Local de Ordes 2015-2016 estrea un novo formato para a competición

FÚTBOL SALA

A finais deste mes de setembro está previsto o comezo da Liga Lo-cal de Fútbol Sala de Ordes 2015-2016, que está organizada pola entidade deportiva Jogafan F.S. coa colaboración do Concello de Ordes.

A competición estrea un novo formato nesta tempada, que foi abordado en varias reunións in-formativas previas. A ficha de ins-crición ten un prezo de 35 euros por persoa, que inclúen o seguro. A organización informa das novi-dades a través de facebook (Joga-fan Ordes FS), no twitter @JOGA-FANFS e tamén atende consultas por ‘whatsapp’, no teléfono 609 932 493.

Por outra parte, o Jogafan Or-des FS recolleu inscricións para o novo curso das súas escolas de-portivas ata este 21 de setembro. Está previsto que as clases, en ho-rario vespertino e con varias ca-tegorías de idade diferenciadas, comecen a partir do 28 de setem-bro.

FÚTBOL As competicións distinguiron os máximos goleadores e os mellores porteiros

O equipo Xuventude procla-mouse campión do XVIII Maratón de Fútbol 11 do Concello de Frades, ao vencer na final ao Paboi por 1-0. O Xuventude accedeu á final vencendo na semifinal por 2-1 ao Papucín, que concluíu como terceiro clasificado. Na outra semifinal o resultado foi de 2-0, co enfrontamento entre o Paboi e o Aiazo, cuarto. Completaron a cla-sificación, por esta orde, do quinto ao noveno posto: Ponte Carreira, Ga-legos, Combinado GFrades, Moar e Abellá. O maratón distinguiu a Lou-zao, do Paboi, como máximo golea-dor, e a Rubén, do mesmo equipo, como porteiro máis efectivo.

Por outra parte, disputouse ta-mén o Torneo de Fútbol 7 do Conce-llo de Frades, con categorías intan-fil e cadete de maneira conxunta. O equipo de Ordes foi o gañador, cun resultado final de 9-2. Seus foron ta-mén o máximo goleador, David Ló-pez con tres tantos, e o mellor por-teiro, Tomás del Río. A SD Ordes e a escola de fútbol de Frades xogaron o torneo de fútbol 7

Torneos para o Xuventude en fútbol 11 e para o Ordes en fútbol 7

Campións e subcampións do maratón de fútbol 11 do Concello de Frades

Aberto o prazo para sumarse á Escola de Atletismo que se impartirá en Ordes

ATLETISMO

A Escola de Atletismo de Ordes ten aberto o prazo de inscrición. As clases e adestramentos terán lugar dende este 1 de outubro ata o 23 de xuño do próximo ano.

As clases estarán impartidas polos clubes Atletismo Ordes e At-lética A Silva, con colaboración do Concello de Ordes. O nivel de ini-ciación é os martes e xoves de 17 a 18 horas, o avanzado os martes e xoves de 17 a 18 horas), e o de perfeccionamento os xoves de 19 a 20:30 horas. Sempre nas instala-cións de Vista Alegre, con adestra-dores e monitores como Ana Do-mínguez ou Pepe Domínguez.

No departamento de Deportes do Concello ofrecen a ficha de ins-crición, que debe entregarse cu-berta, xunto co ingreso bancario, que pode ser mensual, trimestral ou anual. A documentación pó-dese entregar en Deportes ou re-mitila a [email protected]

Os participantes poderán acu-dir a competicións da Xunta e das federacións galega e española.

Page 21: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

DEPORTES

Crónicas - Setembro 2015 21

Día sobre dúas rodas en Frades con máis de 60 participantes

O Día da Bicicleta de Frades concitou a participación de máis de sesenta persoas. Os máis afei-tos ao pedal optaron por un itine-rario de 12 quilómetros de lonxi-tude, mentres que para os máis pe-quenos se reservou outro traxecto de 3,5 quilómetros. Con saída e

meta na Ponte Carreira, pasaron por varios puntos do municipio, co apoio dunha unidade da Garda Ci-vil e dun vehículo municipal. Ao re-mate da xornada, sorteouse mate-rial deportivo entre todos os parti-cipantes e os nenos e nenas xoga-ron cos inchables.

BICICLETA

Participantes no Día da Bicicleta do Concello de Frades 2015

Rey Alvela e Viqueira, campións no torneo municipal de Frades

Manuel Rey Alvela e José Vi-queira proclamáronse campións do Torneo de Pádel do Concello de Frades. Derrotaron na final a Juan Carlos Maroño e Carlos Rivera, cun resultado de 6-0 e 6-3.

Rey e Viqueira accederon á fi-nal tras vencer á parella Ricardo-

Iago por 6-0. A outra semifinal, ta-mén disputada a un set, rematou en 6-1, a favor de Maroño e Rivera fronte a Brais-Carlos.

O técnico municipal de Depor-tes, Lino Espiñeira, entregoulles os trofeos aos campións e subcam-pións.

Os campións e os subcampións, xunto ao técnico municipal de Deportes

PÁDEL

HÓCKEY O club ten dous equipos sénior e aspira a entrar con eles no sector

O A.C. Ordes ten previsto efec-tuar esta tempada un traballo aínda máis intenso coas categorías de base “porque é aí onde se presenta un grupo de rapaces moi prometedo-res que veñen cheos de ganas”. Así o afirmou María Jesús García, presi-denta do club, na recepción oficial no Concello con motivo da primeira e terceira posición nas categorías U13 e U15 do campionato Rollhoc-key Turnier en Austria. A entidade ten este ano dous equipos sénior e aspira a poder meter dous equipos no sector.

O alcalde de Ordes, José Luis Mar-tínez Sanjurjo, ofreceu “todo o apoio e colaboración” do Concello e desta-cou a promoción do municipio que fai a A.C. Ordes. O rexedor dixo es-tar disposto a mellorar os convenios entre o Concello e a entidade. Ade-mais, animou á financiación privada para axudar a manter o equipo. A re-cepción contou con representantes dos distintos grupos políticos. Recepción no Concello aos xogadores, técnicos e directiva da A.C. Ordes

A A.C. Ordes efectuará este ano un traballo especial nas categorías base

As Escolas Deportivas da S.D. Club Ordes dispoñen de prazas infantís e xuvenís

FÚTBOL SALA

As Escolas Deportivas da Socie-dade Deportiva Club Ordes dispo-ñen aínda de prazas para incorpo-rar xogadores nas categorías in-fantil e xuvenil para a nova tem-pada 2015-2016 da entidade.

Os xogadores para a catego-ría infantil teñen que ter 12 ou 13 anos de idade, mentres que na ca-tegoría xuvenil danlles cabida aos xogadores de 16, 17 e 18 anos.

Con estas escolas deportivas, a entidade pretende facilitar a prác-tica do fútbol entre os máis novos, ademais de mellorar a súa técnica e promover os valores deportivos entre a mocidade.

Todas as persoas que estean interesadas en formar parte des-tas escolas, poden acudir ás insta-lacións da S.D. Club Ordes ou di-rixirse por mensaxe privada a tra-vés da súa páxina de facebook Escolas Deportivas S.D. Club Ór-denes. Ademais das inscricións, ofrecen información detallada de como desenvolven a súa activi-dade.

Page 22: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

22

DEPORTES

Crónicas - Setembro 2015

O Leones de Santiago BBC gaña o Torneo do Concello de Oroso

O Club Leones de Santiago BBC gañou o Torneo Concello de Oroso de béisbol, disputado este ano por primeira vez. Organizado polo propio equipo gañador en Porto Avieira, participaron nel os vigue-ses Trasnos Béisbol Club e os por-tugueses Raptors de Esposende.

Os anfitrións foron claramente

superiores aos seus opoñentes, tamén a nivel individual, con Je-sús Vieites como Champion Bate, Brian Riera como Champion Pith-cer, e José Luís Díaz como MVP do campionato.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde, desta-cou o alto nivel deportivo.

Xogadores do equipo gañador, recibindo o trofeo de mans do edil Luís Rey

BÉISBOL

Mateo Fernández e María Seoane, campións en Mesía

Mateo Fernández é o gaña-dor do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015 na categoría mas-culina, que tivo como subcampión a Carlos Grela. Na categoría femi-nina, victoria para María Seoane e segundo posto para María José Blanco. E en dobles, primeira po-sición para Alex-Manuel fronte a

Carlos-Luis, segundo informa o Concello.

Na competición, patrocinada por Coca-Cola, participaron un to-tal de 23 xogadores: once no apar-tado masculino, catro no feminino e oito en dobles. Este ano o tor-neo logrou recuperar as tres cate-gorías.

TENIS

Final da categoría de dobles do torneo municipal, na pista de tenis en Xanceda

O Encrobas, campión no Triangular Pro San Martiño

O Encrobas CF proclamouse campión do Torneo Triangular Pro San Martiño, no que se mediu co Deixebre e co San Martiño. Fronte ao Deixebre, o Encrobas venceu por 0-1, e fronte ao San Martiño por 1-2. O encontro entre o San Martiño e o Deixebre saldouse cun 2-0. Por tanto, clara victoria para o Encrobas.

Non lle saíu tan ben a súa par-

ticipación no seu Torneo Antonio Castro, no que quedou terceiro. Perdeu co Caión e co Queixas, nos dous casos por 1-3. No outro par-tido, o Caión impúxose ao Queixas (0-1), de maneira que o Club do Mar de Caión foi o campión desta competición, na que hai que ter en conta que os outros dous conxun-tos forman parte dunha categoría superior ao Encrobas.

FÚTBOL

Entrega de trofeos do Torneo Trianguar Pro San Martiño (foto: Encrobas CF)

O primeiro trofeo das festas de Ordes, para o Abellá de Frades

O Abellá S.D.C. foi o campión da primeira edición do Trofeo Trian-gular Festas Patronais Concello de Ordes, organizado pola S.D. Club Ordes. O equipo anfitrión fíxose co segundo posto, e o terceiro foi para o Tordoia C.F.

Os trofeos foron entregados

polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o seu homó-logo de Frades e presidente da Mancomunidade, Roberto Rey.

Cabe sinalar que algúns afec-cionados dos equipos de fóra se queixaron por non ter sido avisa-dos de que a entrada era de pago.

Entrega do trofeo aos campións, por parte dos alcaldes de Ordes e Frades

FÚTBOL

Page 23: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

OPINIÓN

Crónicas - Setembro 2015 23

Os paxariños da Alameda

Moita ti nta negra, pero ne-gra negra, se gastou estas semanas desde algún des-pacho. Empezaron a facer

listados de adeptos e inadaptados e case lles sae o censo. Tanta des-confi anza non pode ser boa, pero si moi recomendable. Son proce-dementos que resultan moi úti les para amedrentar e para impoñer autoridade, aínda que para comple-talos sempre hai que cometer al-gunha execución pública, para non evidenciar desesperación. E aí non hai tanto valor, costa máis decidir quen será a víti ma.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Algunhas gaivotas xa fo-ron ben avisadas noutra ocasión, e agora esti ve-ron moi prudentes á hora

de non manifestarse para non ver o seu nome nos listados. Non é cuesti ón menor porque saben que unha parte do pouco maná que lles queda vai depender ‘del buen com-portamiento’ e de non axitar a ga-seosa. Comportar compórtanse, pero para os seus adentros pensan que contra Alfrediño vivían mellor, que pagaba e aguantaba, colabo-raba e resistí a as malleiras.

Outras gaivotas pasan de todo. Teñen o niño ase-gurado en boa compa-

ñía e consideran que todos os pa-sos que vaian dando van ser pro-veitosos, tanto para meter papel na urna como ti mbre na caixa. Se non é agora, será dentro dun ano ou así, que xa se temen o que vai vir. Que ben saben que ti nta negra uti lízase en todos os siti os e que ás veces é máis importante aparecer na rela-ción que ser un descoñecido.

Certo é que o hábito de ler é escaso, pero sospeitan e te-men nalgún niño, artellado entre viveiros, que puidese

ser que fose que teña sido... que un día alguén ti vera a ocorrencia de le-var a lectura e facer copia. Só supli-can que evitara copiar as páxinas de autoría e dereitos de autor. Ne-sas andan ata que chegou a cría do corvo e lembroulles que eles mes-mos reparti rán o encargo entre a veciñanza. Era cando as cousas se facían así, chuleando. Ao fi nal, é como aquel crime que todos nega-ban, habendo sangue no pedestal.

Estupefacto está o ornitó-logo de prácti cas vendo o caos do alférez. Con iso xa contaba, pero ti ña espe-

ranzas en que alguén deti vese o ex-perimento, aproveitando que era verán, e reconducise o panorama. Está claro que son aves de foto, o que non saben é o duro que será so-portar catro anos así. Non obstante, a análise de debilidades, ameazas e oportunidades está feita (fortalezas non hai) e en caso extremo barallan un ascenso do paxaro ao hórreo. A picar millo, pero nin para eso val.

No seu traballo de campo, o ornitólogo maior des-cubriu que de maio a esta parte certa garza virou de

vocación artí sti ca. Agora practi ca como ventrilocua, pero dáselle tan mal, tan mal, tan mal... que ata pilla por sorpresa o monicreque que uti -liza. Hai que saber reti rarse.

Outra. Segue moi custo-diada a documentación de Gerardo, no A-Z de toda a vida e sen versión punto-

net. Unha ironía inconmensurable. Conta unha anduriña que a proba do delito expúxose incluso na bi-blioteca, cando se presumía da tras-tada. Pero xa non. Desapareceu.

A pega, que de literatura dramáti ca sabe, segue ob-servando interpretacións e guions. E se as primeiras fa-

llan bastante, os segundos non hai por onde collelos. O debate non é novo, xa vira casos así con outros guionistas. Pero esta vez teno moi claro: se os actores queren acabar ben a función e oír aplausos, teñen que fulminar o guionista. Pronto.

Se de algo serviu a convulsión que viviu o sector leiteiro nas últi mas se-manas, foi para que todos perderan as máscaras. Tanto as cochambrosas que xa estaban desprendéndose hai un tempo como as que relucían es-pléndidas, con ou sen moti vo. Do con-fl icto, aínda sen rematar e que é se-guro que renacerá máis pronto que tarde, quedan leccións para todas as partes implicadas. Aprendizaxes que necesitan asumir se, como pregoan, queren convivir en paz e harmonía e fortalecer o sector dunha vez.

Non debe caber dúbida de que os Gandeiros e as Gandeiras desenvol-veron unha mobilización necesaria, exemplar, masiva, pacífi ca e irrepro-chable, á marxe de incidentes pun-tuais. E cun grande apoio social, que nunca antes se revelara tan níti do. Erra quen vexa neles, como sector, in-tencións parti distas, ou quen precisa-mente trate de aproveitar a súa bata-lla para os seus intereses parti distas.

Sen embargo, na demostración de unión e forza durante as protes-tas é onde queda a principal lección para os produtores. Ata agora, impe-rou o minifundio e non souberon, ou non quixeron, defenderse desde a uni-dade e aproveitar o seu potencial co-lecti vo para, por exemplo, negociar os prezos de ti a ti coa industria. Certo é que non sería doado e que o contexto -o marco legal e as prácti cas instau-radas no sector- non é favorable. Pero é unha das boas recomendacións que hai tempo lles lanza a Administración e que caeron en saco roto. Por torpe-dos externos e por carencias propias.

Para os gobernos, a lección, outra vez, é que os problemas reais non agardan, aumentan. Houbo, en Ma-drid e en San Caetano, unha miopía moi desafortunada co confl icto. Unha administración moderna debe ser ca-paz de analizar as difi cultades do sec-tor, que veñen de lonxe, e anti ciparse ao confl icto que ía estoupar. Quitar-

lle enti dade ou case negalo ata que o motor dos tractores se escoita no des-pacho só prexudica. Aos Gandeiros, ao conxunto da sociedade e, por que non dicilo, aos propios intereses elec-torais de quen ocupa o poder.

Deben pois cambiar a ópti ca, posto que os Gandeiros e Gandeiras de hoxe, os poucos ou non tan poucos que quedan, non son os de hai vinte anos. Basta ver como efectuaron a protesta. Son profesionais novos, que investi ron o seu futuro no sector. Fun-cionan de maneira asemblearia e de-mocráti ca, inspíranse na metodoloxía do 15-M, manéxanse e infórmanse nas redes sociais e son inmunes, non alleos, a calquera intento de terxiver-sación lanzado desde a televisión au-tonómica. Están dispostos a chegar ata o fi nal e con eles non hai máis op-ción que establecer negociacións se-rias. De aí que sexa esperanzador o traballo que se iniciou estes días na Interprofesional Láctea. Esa é a liña a

seguir, cunha Administración que non renegue do seu papel de árbitro.

Ás industrias e ás distribuidoras sempre se lles reservou o papel de malas da película. Méritos fi xeron, si. A lección para eles é que teñen que poñer fi n ás decisións unilaterais. Non poden supeditar a supervivencia da outra parte da cadea de valor aos seus intereses económicos. A longo prazo, é suicida para todos. Mais ninguén debe ignorar que son absolutamente necesarios e que o sector leiteiro non terá futuro en Galicia sen unha indus-tria forte, capaz de deixar de ser mera envasadora e de gañar mercados, e sen canles de venda que posicionen o mellor produto de Europa.

Tamén queda unha lección para a ci-dadanía consumidora, a de ser aínda máis consciente de que debe valorar o leite como o produto coti á de primeira necesidade que é, sobre o que ten que informarse e non limitarse a buscar a mellor ganga.

O leite sen máscaras

E nestas estaban, cando o novo gaivoto principal se pon hertziano e dispara na outra fronte candente,

a pedagóxica. Aí xa ti ñan o ti nteiro estreado por mor doutras paraxes, pero eran paxaros inimigos, des-contados, e tampouco se esme-raran coa caligrafí a. O caso é que agora si van ter que poñer ben cla-riño o nome, para o que poida vir. E ademais xa preguntaron se a cues-ti ón de podía resolver cun cocido, especialidade da casa que perdeu moitos comensais, e a oferta foi de-clinada. Con elegancia, pero con-tundente. E non é teatro ante o per-soal. Vai moi en serio.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Page 24: Cronicas comarcadeordes n21 setembro2015

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 18-09-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES O presidente do goberno visitou a vila horas antes do inicio de varios días de diversión coas patronais

As festas de Ordes: desde as autofotos con Rajoy ata a verbena total a golpe de Ritmo Galego

As festas patronais deste ano en Ordes poderán ser lembradas por unha visita que non figuraba en-tre as actuacións do programa: a do presidente do goberno, Mariano Ra-joy, ao Concello. Ademais dos actos protocolarios, como a sinatura no li-bro de ouro, o presidente, acompa-ñado por numerosos representan-tes do PP, tivo tempo para dar unha volta a pé por varias rúas da vila e polo paseo fluvial, para as autofotos con varias persoas que se achega-ron a el e mesmo para botarlle unha ollada ao Crónicas, en compañía do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. No apartado persoal, Rajoy reservou uns minutos para achegarse a sau-dar a súa tía materna, Celsa Brey, residente en Ordes, e para lembrar que o municipio foi o primeiro des-tino de seu pai como xuíz.

Polo demais, as festas cumpri-ron amplamente o programa, con grande afluencia de público ás ver-benas nocturnas e a renovación da tradición de actos litúrxicos como a procesión da Virxe. Da música encar-gáronse orquestras das máis cotiza-das, pero tamén a Banda de Música de Padrón, a súa homóloga de Or-des, ou os gaiteiros Os Viqueiras e os cabezudos de Espadana Gaiteiros. Para o remate, quedou a Verbena Galega, a cargo do grupo local Ritmo Galego, acompañados pola actriz Isabel Risco e polo Sonoro Maxín.

Nas celebracións non falta a xor-nada dedicada á emigración, este ano representada polo matrimonio de Constantino Lagares e Carmen Rial, con familia na parroquia de Barbeiros. Foron os protagonistas da misa e da posterior ofrenda floral, nuns actos nos que o rexedor desta-cou a “débeda de gratitude de Gali-cia enteira” coa súa diáspora.

Un grupo de cativos, facendo fotos con Mariano Rajoy á porta do Museo do Traxe O presidente do goberno interesouse pola actualidade local lendo o Crónicas

A actuación das bandas atrae público de todas as idades Ritmo Galego púxolle o remate ás festas patronais de 2015

Ofrenda floral ante o monumento ao emigrante Veciños e autoridades políticas e relixiosas, de procesión

Rajoy, saudando a súa tía materna, Celsa Brey, no Concello Carmen Cores, de Lesta, preparou doces para a residencia