cronicas comarcadeordes n17 maio2015

32
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 17 - Maio de 2015 Os pardos polícos apu- ran as úlmas xornadas da campaña das eleccións mu- nicipais deste domingo 24, nas que se decidirá o novo mapa políco da comarca. Só o reconto confirmará ou ne- gará se a axitación políca que vive España nos úlmos meses ten algún po de in- cidencia local, se se traduce en grandes cambios ou se se decanta pola connuidade. Crónicas ofrece unha análise electoral coas claves de cada municipio. As urnas deciden este 24-M o novo mapa político da comarca Páxs. 6-7 Protesta dos Bombeiros pola xestión pública do servizo COMARCA Páx. 2 Aceptada por fi n a entrada no transporte metropolitano ORDES Páx. 4 Condenado un profesor por abusos sexuais ORDES Páx. 4 Traballadores da gasolineira de Leira en folga indefinida ORDES Páx. 14 Un de cada tres gandeiros non pasa dos 0,22 euros/litro ECONOMíA Páx. 14 O Abellá gaña a liga e volve ser equipo de Primeira Galega DEPORTES Páx. 24 A Festa da Troita supera os 25.000 participantes OROSO Páx. 10 Rúa Mundito nº 8, bajo. 15680 Ordes (A Coruña) Telf: 981 973 162 zapatosalfombraroja Síguenos:

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 22-Jul-2016

256 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Número 17 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 17 - Maio de 2015

Os parti dos políti cos apu-ran as últi mas xornadas da campaña das eleccións mu-nicipais deste domingo 24,

nas que se decidirá o novo mapa políti co da comarca. Só o reconto confi rmará ou ne-gará se a axitación políti ca

que vive España nos últi mos meses ten algún ti po de in-cidencia local, se se traduce en grandes cambios ou se se

decanta pola conti nuidade. Crónicas ofrece unha análise electoral coas claves de cada municipio.

As urnas deciden este 24-M o novo mapa político da comarca

Páxs. 6-7

Protesta dos Bombeiros pola xestión pública do servizo

cOMARcA

Páx. 2

Aceptada por fi n a entrada no transporte metropolitano

ORdeS

Páx. 4

condenado un profesor por abusos sexuais

ORdeS

Páx. 4

traballadores da gasolineira de leira en folga indefi nida

ORdeS

Páx. 14

un de cada tres gandeiros non pasa dos 0,22 euros/litro

ecOnOMíA

Páx. 14

O Abellá gaña a liga e volve ser equipo de Primeira Galega

dePORteS

Páx. 24

A Festa da troita supera os 25.000 participantes

OROSO

Páx. 10

Rúa Mundito nº 8, bajo.15680 Ordes (A Coruña)

Telf: 981 973 162 zapatosalfombrarojaSíguenos:

Page 2: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015

Correos reabrirá a súa oficina en Pontepedra tras ano e medio sen ofrecer servizo postal

TORDOIA

Correos ofrecerá de novo os seus servizos no municipio de Tor-doia, coa apertura dunha oficina e despacho de atención ao público na Pontepedra, a capital do con-cello.

O servizo ubicarase nun local cedido polo Concello na planta baixa da Casa da Cultura. O seu horario será entre as nove e media e as dez da mañá, de luns a ven-res, aínda que se contempla am-plialo se a demanda de usuarios o aconsella.

A reapertura do servizo foi acordada polo Concello e o Servi-cio Estatal de Correos y Telégrafos, mediante un convenio de colabo-ración xestionado polo alcalde, Antonio Pereiro.

A oficina anterior permanecía pechada desde que hai aproxima-damente un ano e medio se xubi-lara o carteiro titular, sen que ata agora se lles ofrecese unha solu-ción aos veciños, máis alá de acu-dir a outras localidades para facer uso da compañía postal.

O equipo de renovación do DNI acudirá a Ordes a finais de xuño e comezos de xullo

ORDES

O equipo da Policía Nacional para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) acu-dirá a Ordes os días 22, 25, 26, 29 e 30 de xuño, e 1 e 2 de xullo.

A unidade estará a disposición das persoas que queiran expedir o DNI por primeira vez, renovalo no caso de que perdera vixencia ou compulsalo.

Atenderán o público na Casa da Cultura, situada na Rúa de Ga-licia, en horario matinal, tal como informou o Concello de Ordes.

Para acudir, cómpre reservar cita previa no Concello. Con tal fin, pódese chamar ao número de te-léfono 981 68 00 02, onde recollen as citas previas e ofrecen máis in-formación.

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 15-05-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Os distintos corpos de Bombeiros de Galicia, entre eles o de Ordes, mo-bilizáronse nos últimos días para rei-vindicar unha xestión pública e ho-moxénea dos servizos de emerxen-cias, extinción de incendios e salva-mento en toda Galicia.

As protestas, que incluíron unha manifestación en Santiago, come-zaron cun despregue simultáneo de pancartas por parte dos distintos par-ques, co lema ‘Rescátanos!’. No caso ordense, acudiron ata a central tér-mica de Meirama, escollida como lu-gar recoñecible. Estiveron acompa-ñados polo alcalde de Cerceda, o so-cialista José García Liñares.

Con esta acción, os bombeiros in-tentaron amosar “o que nos toca fa-cer no día a día do noso traballo: su-plir a falta de coordinación derivada do actual modelo coa nosa iniciativa persoal”.

Considera a convocante da pro-testa, a Mesa Intersindical de Bom-beiros co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia e a Coordinadora Unitaria de Bomberos Profesionales, que “só desde a coor-dinación e a xestión eficaz podemos

obter o fin das nosas funcións”.Non o ven posible co sistema ac-

tual, que describen como “un mos-tro de Frankenstein” por estar con-formado por “corpos distintos, in-dividuais e non coordinados”. A ra-zón? Na súa opinión é a “falta crónica de regulación homoxeneizadora”. O único intento de corrixila vírono na lei de 2007, coa previsión de unifi-car os servizos antes de 2010 e ela-borar un regulamento de bombei-

ros. Pero tras ese intento só observa-ron un modelo cada vez máis dispar “creando corpos novos no canto de reforzar os existentes”.

Para os sindicatos, a situación é de “inseguridade” porque se prima “a concepción mercantilista” dos servizos, o que na súa opinión im-pide ofrecer en condicións o servizo e “exercer a profesión coa dignidade e eficiencia que sabemos que sería desexable e posible”.

Os Bombeiros reclaman unha xestión pública do servizo común a toda Galicia

COMARCA Consideran que o actual sistema non permite garantir a seguridade

Concentración dos Bombeiros de Ordes, co alcalde de Cerceda na cental térmica

A Garda Civil de Ordes detivo un home de 24 anos, veciño de San-tiago, como presunto autor de tres delitos de furto e un continuado de estafa tras facerse pasar suposta-mente por revisor dunha compañía eléctrica.

O mozo foise presentando nos úl-timos dous meses en vivendas de va-rios puntos da provincia da Coruña, como Arteixo, O Milladoiro (Ames) ou a propia cidade da Coruña, co propósito de efectuar revisións nos contadores eléctricos.

As tarefas que aparentaba efec-tuar eran evidentemente falsas, dado que o único que buscaba era cobrarlles ás vítimas. Ademais, en

varias vivendas aproveitaba para roubar xoias e diñeiro, segundo a Garda Civil.

As súas vítimas foron predomi-nantemente persoas maiores en ám-bitos rurais, se ben presuntamente non desbotaba actuar en ámbitos urbanos e con outro tipo de persoas.

A Garda Civil cuantificou ata ago-ra as estafas e furtos por un valor de algo máis de mil euros. Non obs-tante, os axentes da Garda Civil que investigan o caso analizan a súa posi-ble participación noutros feitos simi-lares acontecidos nas provincias de Ourense, Lugo e outros na Coruña.

O detido pasou a disposición do Xulgado de Garda de Ordes.

detido por estafa un suposto revisor eléctrico

ORDES Cobraba e aproveitaba para roubar

Remata unha actuación de conservación no río Tambre, na que Augas gastou 23.000 euros

OROSO - TRAZO

Augas de Galicia rematou re-centemente as tarefas de con-servación fluvial no río Tambre, ao seu paso polos municipios do Pino, Oroso e Trazo. En total, o de-partamento autonómico, depen-dente da Consellería de Medio Ambiente, interviu en 800 metros.

O custo da acción foi de 23.000 euros. As tarefas consistiron na re-tirada de árbores e pólas caídas que se acumularon no leito do río nas áreas recreativas de Sigüeiro e de Chaián, así como a retirada de madeira e restos vexetais acumu-lados augas arriba das pontes de Carollo, Sigüeiro, Albar e San Mi-gueliño.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2015 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015

Condenan o exprofesor Pueyo por abusos sexuais a alumnas do IES Maruxa Mallo

ORDES

O Xulgado do Penal número 6 da Coruña condenou o profesor Miguel Ángel Pueyo Losa por ca-tro delitos conti nuados de abusos sexuais a alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes. Pueyo, agora xubi-lado, terá que facer fronte a unha multa de menos de 9.000 euros (seis euros diarios durante un ano por cada un dos delitos), indem-nizar con unicamente 400 euros a cada unha das víti mas, e pagar to-das as costas xudiciais.

Os feitos sucederon en dous cursos, entre os anos 2009 e 2011, durante as clases de Matemáti cas. A sentenza considera probado que o docente efectuaba tocamentos ás catro escolares, abusando da súa condición de profesor.

Unha mestra do IES Maruxa Mallo, Susana Méndez Leis, foi quen ti vo coñecemento dos fei-tos tras escoitar as alumnas, que por aquel entón rondaban os doce anos de idade. Méndez acudiu ao Defensor do Menor, que á súa vez instou á fi scalía a actuar.

Na denuncia orixinal había cinco estudantes prexudicadas, mais Pueyo foi absolto nun dos casos. A sentenza non é fi rme e pode ser recorrida ante a Audien-cia Provincial. Pueyo, residente en Santi ago e pertencente a unha co-ñecida familia da capital, benefi -ciouse da tardanza da instrución do caso, o que lle atenuou a pena. Cousas de determinada xusti za.

ORDES O alcalde de Oroso ausentouse da votación pedindo melloras no servizo

Ordes entra por fi n no transporte metropolitano da coruña e de Santiago

Despois de meses e meses agar-dando, acaban de darse pasos moi decisivos para mellorar o servizo de transporte en autobús de Ordes. O municipio ten xa aprobada a súa en-trada nas áreas do transporte metro-politano da Coruña e de Santi ago. A decisión tomouse nas respecti vas co-misións de seguimento, aínda que no caso da área santi aguesa precisou de varios intentos por mor das dis-crepancias dos Concellos que xa es-tán no sistema cos plans da Xunta. A Dirección Xeral de Mobilidade procu-rou que a ampliación se fi xese co me-nor rexeitamento posible en vez de impoñela, aínda que eso supuxese agardar algo máis.

Chamou a atención que o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, se ausen-tara no momento de aprobar a am-pliación, que inclúe tamén Padrón, A Estrada, A Baña e Vila de Cruces. Mi-rás mati zou que non está en contra da entrada de Ordes, pero “conside-ramos que o prioritario é que o ser-vizo funcione ben na coroa de San-ti ago e se resolvan problemas que veñen padecendo os veciños e veci-ñas de Oroso nos últi mos anos”.

O rexedor de Oroso defi niu a súa abstención como “unha protesta polo mal funcionamento do transporte metropolitano”. Mirás insiste en que debería terse creado un consorcio do transporte metropolitano e lamenta que a empresas como Monbús se lles permita “chegar á hora que quere”. Son problemas que o alcalde de

Oroso prefería resolver antes de que entrasen novos concellos. E se ben aceptaría a entrada de Ordes, tamén remarca que “non comparto a idea de que entren outros municipios moi afastados de Santi ago e mesmo do-utras provincias cando o servizo orixi-nal presenta tantas defi ciencias”.

Nas previsións quedou que na área de Santi ago entre o concello de Carballo, algo que de momento se pospuxo. Esta localidade si se inte-grou, con Ordes e Curti s, na área da Coruña, que suma xa 17 municipios.

Falta agora que se asinen os con-venios de adhesión, un paso que, unha vez obti do o plácet da comisión de seguimento, non debería ser máis

que un trámite. Durante este verán podería culminarse, o que abriría o paso para descontos e posibilidades de transbordos para os viaxeiros.

O alcalde de Ordes, Manuel Re-gos, xa asegurar que o Concello fi xera todos os deberes e mesmo reservou a parti da económica precisa nos or-zamentos deste ano. Na oposición, o BNG amosou a súa sati sfacción por avanzar nunha proposta que xa for-mularan hai anos. Nunha liña seme-llante pronunciouse o PSOE, que ad-virte que agora cómpre conectar o transporte metropolitano coa esta-ción de tren en Fosado (Montaos), coa intención de que teña algunha uti lidade.

Reunión da comisión de seguimento do transporte metropolitano de Santiago

O persoal fi xo discontinuo da Axencia Tributaria reivindica melloras laborais

O persoal laboral fi xo disconti -nuo da Axencia Tributaria considé-rase “un colecti vo maltratado” e rei-vindica melloras na súa situación e o cumprimento dos seus dereitos, que cada ano ven máis deteriorados.

Estes profesionais, que traba-llan na Axencia Tributaria un par de meses ao ano, durante a campaña da declaración da renda, aprobaron unha oposición en 2008, aínda que na maioría dos casos xa levaban va-rios anos traballando na enti dade.

Agora, quéixanse de que “re-cúrtannos contratos, baixáronnos o soldo, non nos permiten facer horas extra como ao resto, non nos conce-den anti güidade nin trienios, e só nos permiten unha formación selecti va”.

Para que lles recoñecesen algun-has melloras ti veron que acudir aos tribunais, onde por exemplo conse-guiron que lles deixasen acceder á promoción interna para poder traba-llar todo o ano. Unha vez aprobada a promoción, atópanse con que son o único colecti vo ao que non lle con-servan a provincia “e desperdígannos por todo o país”. “Bótannos da nosa casa despois de ter que agardar dez, once ou doce anos para poder mello-rar, traballando dous meses ao ano”, aseguran nun comunicado, no que tamén se queixan da entrada de per-soal da Xunta nas súas funcións.

Por iso, demandan formar parte do plantel da AEAT “con pleno dereito e non como persoal de segunda”.

COMARCARúa Alfonso Senra, 136Ordes (A Coruña)

Tabla embutidosQueso en aceiteBoqueronesAnchoasJamón cocidoCroquetas

TAPAS10 €3 €3 €3 €3 €8 €

ChistorraRaxo y zorzaEmpanadillas (atún)Alitas y zanquitos Calamares

2,5 €3 €2 €3 €3 €

Page 5: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2015 5

Camión do lixo Lavado de rúas Transporte de residuos

Camión lavacontedoresBarredora

Xestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

GRUPO

Page 6: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015

24-M Os partidos políticos apuran as últimas xornadas da campaña dunhas municipais marcadas pola incertidume

23 aspirantes para 7 bastóns

As eleccións do 24 de maio en Or-des xogaranse, presumiblemente, en dous niveis. Por unha parte, estará a batalla entre Unión por Ordes (UxO) e o Partido Popular (PP) por ser a candidatura máis votada. Pola outra, o BNG e o PSdG pugnarán por refor-zar a súa presenza na corporación municipal.

Como manda o libro do bo can-didato, tanto o aspirante á reelec-ción, Manuel Regos (UxO), como o principal opoñente, José Luis Martí-nez Sanjurjo (PP), aluden nas súas in-tervencións á necesidade de conse-guir a maioría absoluta. Certo é que se alguén a pode conseguir é un dos dous, pero non menos certo que está moi cara de acadar. Hai catro anos UxO quedara por diante por menos de 150 votos, con sete concelleiros, a dous da maioría absoluta. O PP fixé-rase con seis edís dos dezasete.

Existe incertidume sobre se o la-bor do executivo se verá respal-dado nas urnas ou se, pola contra, xunto coas polémicas xudiciais, li-mita as súas expectativas. A cita coas urnas ben se pode entender como un exame ao goberno, xa que Regos mantén nos primeiros pos-tos os compañeiros do seu equipo neste mandato, coa salvidade de Ro-berto Iglesias, concelleiro de Depor-tes, que xa hai tempo que anunciara que deixaría a primeira liña da polí-tica. UxO entende como unha mostra de “apoio á continuidade” a presenza de máis dúas mil persoas no seu mul-titudinario acto de presentación, se-gundo as súas contas.

En canto ao PP, hai que ter en

conta que en 2011 estaba en pleno ascenso electoral a nivel xeral, as-pecto que nesta ocasión non lle axu-dará, por mor do desgaste que sofren tanto o Goberno central como o da Xunta.

Así as cousas, Martínez Sanjurjo, que na súa presentación contou co apoio do presidente do PP de Gali-cia, Alberto Núñez Feijóo, trata de ampliar o seu respaldo electoral cun equipo renovado e un programa fun-damentado en grandes proxectos. Da candidatura, con Ana Soneira no se-gundo posto, destaca que non están concelleiras tan veteranas na corpo-ración como Estrella Vázquez ou Su-sana Mosquera. E entre os proxectos, chaman a atención a ronda oeste ou o desbloqueo do Plan Xeral de Orde-nación Municipal, ademais do inicio da reparación da estrada de Mercu-rín para este mesmo ano.

Xa na liga das formacións que en 2011 obtiveran menor respaldo elec-toral, o BNG, ata agora con dous con-celleiros, aspira a dar a sorpresa coa candidatura encabezada por Ramiro Recouso e con elevada presenza de mozos e mozas cualificados. No seu favor, xoga que o nacionalismo en Or-des non sufriu a escisión que noutras localidades deu lugar a Anova. E na súa contra, a tendencia xeral máis ben negativa do BNG. Máis alá das caras, a liña política non parece que vaia variar moito. O alicerce do dis-curso do Bloque é que son a única oposición real no municipio, e por tanto a única alternativa de goberno. En reiteradas ocasións ao longo des-tes anos, Recouso, como portavoz municipal do BNG, aludiu a UxO e ao PP como as dúas caras da moeda da dereita ordense. E ao PSdeG, máis a extinta CIdGA, viunos como parte dun pacto de goberno tácito, ao apoiaren a UxO en cuestións clave.

Finalmente, o PSdeG, con Suso Pedreira como candidato á alcaldía, tratará de sacarlle rendemento ao hi-peractivo labor desenvolvido nos úl-timos catro anos para incrementar a súa presenza na corporación e, de ser o caso, ser decisivo á hora de contri-buír a conformar unha maioría de go-berno. Fronte a 2011, co partido en plena decadencia electoral en toda España, esta vez xogan no seu favor unha perspectiva xeral algo máis po-sitiva e sobre todo a desaparición de CIdGA do mapa político. Este partido, que xurdiu dunha escisión nas filas socialistas, lograra fai catro anos acta de concelleira para Ana Álvarez. A in-tención dos socialistas é recuperar ese electorado e evitar fugas tanto a UxO como ao BNG.

Grandes e pequenos, dúas ligas nas urnas

ORDES

A priori e salvo sorpresas, seme-lla que a principal incógnita que te-rán que resolver as urnas en Oroso é se o PSdeG-PSOE logra reter a maioría absoluta colleitada fai catro anos, nun contexto xeral adverso para o partido, ou ten que gobernar con maioría relativa ou pactando con outras formacións. Como prin-cipais bazas, o equipo do alcalde, Manuel Mirás, trata de apuntarse tantos como o novo colexio, a nova Galiña Azul ou o recén iniciado en-lace sur da AP-9 en Sigüeiro.

En fronte, e nada disposto a po-ñerllo doado aos socialistas, o PP si-túa unha nova candidatura liderada por Alexánder Doval Expósito. Este partido, que este mandato contou con catro concelleiros, critica que o goberno se acomodase e non fose capaz de acometer pola súa conta ningún proxecto relevante, depen-dendo para eles da Deputación, da Xunta ou do Goberno central. Nesta liña, o PP tamén bota en falta maior atención ás parroquias.

As outras dúas opcións para o 24 de maio en Oroso semellan es-tar máis na pugna pola superviven-cia. Manuel Siverio Mirás presén-tase coa candidatura Son de Oroso-Anova e cun discurso de rexeita-mento frontal ao caciquismo e a corrupción que el observa no Con-cello e que en máis dunha ocasión trasladou aos tribunais de xustiza. E Xosé Manuel Pérez volve ser o car-tel do BNG, cun programa que ten como eixes o emprego, as políticas sociais, os servizos públicos e a par-ticipación veciñal.

Manter a maioría absoluta, reto de Mirás

OROSO

A tradicional hexemonía do PS-deG-PSOE en Cerceda estivo a poucos votos de verse esborranchada fai ca-tro anos. Aínda sendo con diferen-cia a lista máis votada, a candida-tura de José García Liñares, alcalde durante os últimos vinte anos, sal-vou por escasa marxe a maioría ab-soluta da corporación, vítima en boa medida do mal momento do partido en 2011. Por iso, na convocatoria do vindeiro domingo haberá que ver se os electores convalidan o labor do al-calde e lle renovan e reforzan a con-fianza, ou pola contra acentúan a tendencia que emerxeu nos anterio-res comicios locais.

Servizos, infraestruturas e em-prego son as principais bazas que xo-gan para un triunfo máis desafogado os socialistas, que en fronte volven ter a Francisco Santos (PP) e Rocío da Igrexa (BNG). Santos, a gran sorpresa en 2011 ao ser nomeado candidato a última hora e pasar de un a cinco edís, propugna “un cambio” fronte os que xulga como malos hábitos asentados no executivo en tanto tempo. Está por ver se o seu avance era un mérito propio que agora se consolida ou se debeu máis á onda favorable á marca do PP hai catro anos, agora totalmente esvaída, ata o punto de que os carteis da forma-ción, en Cerceda e nos demais muni-cipios, case agachan o logotipo.

Da Igrexa, pola súa parte, aspira a ampliar a presenza do BNG na cor-poración, desde 2011 con ela soa. A transparencia, a igualdade de trato, os servizos públicos e a ecoloxía son algúns dos seus distintivos.

O PSOe procura unha victoria máis desafogada

CERCEDA

Manuel Regos J.L. Martínez

Ramiro Recouso Suso Pedreira

Manuel Mirás Alexánder Doval

Siverio Mirás Xosé M. Pérez

José G. Liñares

Paco Santos Rocío da Igrexa

Page 7: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015 7

Ou A ou B. Ou PP ou BNG. Ou Roberto ou Xosé María. Ou Tito ou Chema. Os votantes de Frades non teñen máis que dúas opcións este 24 de maio, o que o converte no municipio coa menor oferta electoral da contorna. O moti vo é que os socialistas non presen-taron candidatura, a pesar de que só uns días antes incluso difundi-ran publicamente o nome dunha candidata.

Deste xeito, á hora do reconto está claro que o máis votado go-bernará, sen ter que agardar ao reparto de concelleiros polo sis-tema D’Hondt que noutras corpo-racións, con máis cores, permite determinar posibles maiorías.

A intención de Roberto Rey, que se estrea como candidato nunha lista na que non fi gura o anterior alcalde, Miguel Prado, é manter como mínimo o actual número de concelleiros (sete de once). Cun proxecto moi persoal, aparentemente descafeínado de ideoloxía e cargado de localismo, céntrase en comprometer novas infraestruturas, destacando as xa feitas nos últi mos anos, e servizos.

En fronte, Xosé María Pérez La-gos lidera un BNG que proclama a necesidade de apoiar os secto-res produti vos do municipio, crear auténti cos servizos sociais, rema-tar cos supostos tratos discrimina-torios desde o Concello ou sacar-lle máis proveito aos recursos mu-nicipais.

A oferta electoral máis pobre da comarca

FRADES

Roberto Rey Xosé María Pérez

En Mesía, o alcalde, Mariano Igle-sias (PSdeG-PSOE), é o único cabeza de lista que repite con respecto ás eleccións de 2011. Polo PP estréase como candidato á alcaldía Adolfo Grobas, que xa fora concelleiro. E no ámbito do nacionalismo, desde 2011 cun só concelleiro, a escisión do BNG leva a que esta formación presente a Andrés Manteiga, á vez que xorde a candidatura de Compromiso por Ga-licia, encabezada por Manoel Vello na súa primeira vez como candidato a alcalde aínda que durante varios mandatos xa ti vera acta polo Bloque.

Os socialistas, con poucas no-vidades na lista e o 67 % dos votos en 2011 (oito concelleiros de once), poñen o acento no coidado e man-temento das infraestruturas, a cali-dade dos servizos públicos ou a pro-gramación de acti vidades, tras un mandato no que destaca a consecu-ción do Plan Xeral e a erradicación da xa de por si baixa débeda municipal.

As demais formacións, en espe-cial o BNG e CxG, criti can a maneira en que Iglesias uti liza o poder e que non haxa máis esforzos pola recupe-ración económica e contra a perda de poboación.

tres novos candidatos fronte a Mariano iglesias

MESÍA

Mariano Iglesias Adolfo Grobas

Andrés Manteiga Manoel Vello

Os tres aspirantes á alcaldía de Tordoia son xa veteranos e coñeci-dos na políti ca local. Por suposto, o alcalde, Antonio Pereiro (PP), no cargo desde 1999. Pero tamén o novo candidato do PSdeG, Carlos García, que xa ti vo acta de edil, e Pi-lar García Pereiro, que fora conce-lleira ata 2011, cando o BNG cam-biou de candidato sen obter repre-sentación, e agora volve co propó-sito de ter presenza na corporación.

Das candidaturas, o que máis chamou a atención, por atí pico, é o paso de Tomás Castro Liñares desde o número 8 do PP en 2011 ata o nú-mero 2 do PSdeG-PSOE agora. A lista do PP reforza nomes como José Ma-nuel Cancela ou Inés Santos, xunto a clásicos como María Costa, Amadeo Cancela ou Manuela González.

A oposición bótalle en cara ao PP, que en 2011 se fi xo co 65 % dos votos, a falta de iniciati vas políti cas e económicas para deter a despo-boación do municipio. O PP ofrece como logros destes anos obras como a da gardería rematada hai uns meses ou o arranxo e humaniza-ción das estradas provinciais.

Pereiro fronte a García, e o BnG intenta volver

TORDOIA

Antonio Pereiro

Carlos García Pilar Gª. Pereiro

Un dos mandatos máis axitados na políti ca de Trazo porá un punto e seguido este domingo 24 de maio dándolles aos electores a opción de conti nuar con José Dafonte (PP) ou de apostar por Beatriz Domínguez (PSOE) ou Martí n Rei (BNG) para fa-cerse co bastón de mando.

Dafonte tratará de obter nas ur-nas unha nova lexiti mación aritmé-ti ca. Pero esta vez tería tamén algo de reforzo moral entre os veciños, despois de que hai uns meses fose absolto pola xusti za no caso das obras pagadas antes de facerse no campo de fútbol de Campo. Froito dunha denuncia dos socialistas, te-merosos dun uso inaxeitado dos car-tos municipais, foi o asunto que máis deu que falar nestes anos e que por momentos puxo contra as cordas o alcalde, que fi nalmente saíu airoso.

Das listas, o PP calca a de 2011 nos dez primeiros postos, o PSOE re-nóvase e sitúa a Jorge Noya como número dous e a José Ángel Boque como terceiro, e Martí n Rei rodéase dun equipo, como el, xoven e acti vo. Temas de campaña: a falta de solo industrial, a eterna necesidade dun Plan Xeral e a mellora de servizos.

Ao duelo de dafonte e domínguez únese Rei

TRAZO

José Dafonte

Beatriz Domínguez Martín Rei

CrónicasO mellor escaparate para o teu negocio

Infórmate no teléfono: 617 917 130Síguenos en

Facebook

Page 8: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015

COMARCA Valida tamén acordos para viais en Frades, Tordoia e Trazo

A deputación aproba o convenio para arranxar parte da estrada de Mercurín

O pleno da Deputación da Co-ruña aprobou o convenio co Concello de Ordes para arranxar parte da es-trada entre Merelle e Cerceda, a tra-vés de Mercurín. A institución provin-cial achegará uns 193.000 euros, o 80 % dos case 242.000 que se investirán.

A obra limitarase ao tramo entre o punto quilométrico 6,5 e o límite mu-nicipal. Inclúe a mellora da capa de aglomerado, o repintado das marcas viarias e a sinalización. Sen deixar de ser unha mellora, será un proxecto claramente insuficiente para poñer ao día esta estrada de titularidade municipal, moi deteriorada polo ele-vado tráfico pesado, especialmente o que se dirixe a Sogama, que foi limi-tado tempo atrás.

OUTROS CONCELLOSNa mesma sesión do pleno pro-

vincial, aprobouse unha achega para o Concello de Trazo de case 142.000 euros. É o 80 % dun proxecto que ser-virá para a conservación de camiños en Restande, Berreo e Vilouchada, entre outros. Suporá melloras do

firme, limpeza de cunetas e sinaliza-ción horizontal.

Para Tordoia, aprobouse un con-

venio de case 130.000 euros, tamén un 80 % dos case 162.000 euros ne-cesarios para as obras no camiño en-tre A Balsa e Aboi, desde Abeleira ata a estrada provincial, viais interiores en Vilarbó (Santaia) e un camiño na Cruxeira (Gorgullos).

Tamén está prevista a constru-ción de beirarrúas no Castiñeiro (An-doio). Serán 80 metros dun novo ac-ceso peonil, con dous metros de an-chura, baldosas e bordes de formi-gón. Na actuación vanse canalizar as tubaxes e instalaranse tres pozos con sumidoiro para a recollida de augas pluviais e a canalización da ilumina-ción pública.

En Frades, o proxecto que apoiará a Deputación é algo menor de 80.000 euros. A entidade provincial achega uns 64.000, o 80 %. Contemplan re-parar baches, mellorar a capa de ro-dadura e abrir e limpar cunetas nos camiños desde A Camposa ata O Vi-lar e Cubelo (Ledoira), do Campo a Vilarxoan (Vitre), no Outeiro de Pa-pucín, no cruce de Prado (Papucín) e en Gasalla (Abellá).

Aspecto da estrada que comunicaOrdes e Cerceda a través de Mercurín

Os axentes forestais critican que a nova lei de emprego público se aprobase sen consenso

COMARCA

Os axentes forestais e medio-ambientais agrupados na asocia-ción APRAFOGA criticaron que a nova Lei de Emprego Público de Galicia se aprobase “sen un mí-nimo de consenso coas organiza-cións sindicais, co único amparo do grupo do PP e coa oposición dos demais grupos parlamenta-rios”.

Segundo a entidade, a nova lei “presenta vicios de inconsti-tucionalidade e vulnera os derei-tos á promoción e á carreira pro-fesional” dos axentes forestais e medioambientais. Por iso, non descartan accións xurídicas.

APRAFOGA expón que o PP rectificou para seguir esixindo a ti-tulación de técnico superior para acceder a este corpo de funcio-narios, pero apreza que iso “palía só en parte a degradación e indig-nidade á que se sometía o colec-tivo”, ao aprobar unha norma que mantén impedimentos para a in-tegración destes profesionais na escala de funcionarios.

Os taxistas xa poden agardar polos clientes a cuberto

A parada de taxis de Ordes foi equipada cunha nova marquesiña, cunha estrutura de aceiro inoxida-ble e superficie de vidro.

Esta instalación forma parte do proxecto de reforma da rúa do Parque Municipal, que nos últimos meses propiciou o cambio de beir-arrúas e o asfaltado do firme e que

en conxunto supuxo investir uns 50.000 euros, segundo o Concello.

Ao goberno local parécelle que a marquesiña está “perfecta-mente integrada” na zona e que con ela “verase mellorado o ser-vizo de taxis”, ao servir para que tanto os taxistas como os clientes se resgarden do mal tempo.

Instalación da nova marquesiña, de aceiro inoxidable e cristal

ORDES

O pleno demándalle de novo á Xunta a reparación da AC-524

O pleno de Frades acordou por unanimidade dos representantes do PP, o BNG e o PSdeG reclamar-lle á Xunta a reparación da estrada AC-524 (Ordes-Lanzá) ao seu paso por Abellá.

O alcalde, Roberto Rey, asegu-rou cun informe técnico na man que hai tramos con fendas que non foron reparados e que os arranxados non hai moito con mi-

croaglomerado xa están moi de-teriorados. Por iso, o pleno pediu unha solución definitiva.

Na mesma sesión, aprobouse unha solicitude para que a Conse-llería do Medio Rural e a Deputa-ción da Coruña poñan diñeiro para substituír a ponte do Raselo, en risco de virse abaixo. A obra ten un custo estimado superior aos 57.000 euros.

FRADES

Reabren a estación de tren As instalacións da estación fe-

rroviaria do ADIF de Cerceda-Mei-rama xa se poden utilizar de novo. Tras algo máis de dous meses pe-chadas, volven estar a disposición dos usuarios.

O servizo de tren en Cerceda segue de actualidade polos cam-

bios nos horarios derivados da en-trada en servizo de todo o Eixo At-lántico entre A Coruña e Vigo. O BNG interesouse no Congreso pola supresión do tren das 9:09 horas cara á Coruña e polas variacións doutras frecuencias. Está agar-dando resposta de Fomento.

CERCEDA

Page 9: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2015 9

Page 10: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2015

ORDES A mostra deu conta das iniciativas emprendedoras e de exemplos de éxito no eido do cooperativismo

expoOrdes 2015 venceu na batalla co mal tempo

A feira multisectorial ExpoOrdes 2015 rexistrou unha notable afluen-cia de público, se ben estivo condi-cionada en varios momentos polo mal tempo, que trouxo chuvia sobre todo na xornada do sábado e fixo que os visitantes dubidasen se acu-dir ou non.

En todo caso, cumpriuse o pro-grama previsto. Na primeira xornada

do venres, dedicada aos autónomos e empresarios da zona, o Concello contou co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, como invi-tado especial. García encargouse de cortar a cinta inaugural e destacou que o ámbito rural ten tamén capaci-dade para acoller iniciativas empre-sariais e industriais. O alcalde, Ma-nuel Regos, revelou a elevada pre-

senza de emprendedores.A xornada do sábado outorgoulle

gran parte do protagonismo ao coo-perativismo, con produtos como o viño, o queixo, doces, grelos en con-serva ou froita deshidratada, ou ta-mén a cooperativa Nosa Enerxía, de-dicada á comercialización de ener-xía eléctrica de orixe renovable cer-tificado.

Nesa xornada, que tamén estreou unha feira de artesanía, acudiu a di-rectora xeral de Emprego da Xunta, Carmen Bouso. Para o derradeiro día, no que culminou a feira e no que se celebrou a degustación do cham-piñón nos locais de ocio e restaura-ción, o Concello contou co secretario xeral dos socialistas galegos, José Ra-món Gómez Besteiro.

O concello estima en máis de 25.000 os visitantes ás actividades da Festa da troita

OROSO O tempo acompañou e encheu os locais

A Festa da Troita atraeu máis de 25.000 persoas ás distintas activi-dades da súa programación en Si-güeiro, segundo as estimacións do Concello de Oroso. A maior concen-tración produciuse o domingo desde o mediodía, cando se ofreceu a de-gustación de troitas e se entregaron os premios do concurso de pesca, se ben a noite do sábado ao domingo logrou tamén unha elevada partici-pación, coas orquestras Panorama e Esencia na verbena nocturna.

“O tempo acompañou -explica o coordinador da festa e tenente de al-calde, Antonio Leira- e así os estable-cementos hostaleiros viron recom-pensado o seu esforzo económico, xa que estiveron cheos durante toda a mañá do domingo”. En total, serviron troitas 38 establecementos e calcú-lase que se despacharon máis de tres toneladas.

No concurso de pesca, que en-tregou os premios tras o pregón de Fran Rey e Pedro Brandariz, Santiago

Mazas fíxose co primeiro posto, se-guido por José Rabuñal e por José Carlos Mazas. Na categoría infantil, primeiro premio para Álex Espiñeira, con Jesús Mata e Anxo Barral no se-gundo e no terceiro posto.

ACTIVIDADES PARA TODOSAs actividades paralelas á Festa

da Troita tiveron como novidade des-tacada este ano a Feira da Cervexa Artesá, con sete fabricantes que de-ron a coñecer as cervexas que prepa-ran na actualidade en Galicia. Ofre-ceuse tamén un curso para aprender a elaborar cervexa.

Non faltou de novo o Mercado Medieval de Artesanía e Oficios, cuns 25 postos nos que se ofreceron desde manufacturas ata artigos de alimen-tación. Novidosas foron as sesións de arte na rúa, coa que artistas galegos e portugueses amosaron o seu pro-ceso creativo na Praza de Isaac Díaz Pardo á vez que expoñían no centro cultural de Sigüeiro. Entrega de premios do concurso de pesca da XIX Festa da Troita de Sigüeiro

Numerosas persoas achegáronse a coñecer as últimas novidades comerciais A xornada do domingo aprovéitase para dar unha volta e probar o champiñón

A hora de xantar do domingo é unha das de maior afluencia de público na festa

Page 11: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2015 11

- Por que se caracteriza a NOVA ETAPA DE MULTIÓPTICAS EN ORDES?

- O que busco é chegar a todos os públicos, coas mellores ofertas e cos mellores servizos. Quero ofrecer as marcas punteiras do mercado, sen descoidar a nosa marca propia, que é unha forma de ter un producto de cali-dade a moi bo prezo.

- Con que EXPERIENCIA contas no sector?

- Levo xa varios anos neste sector. Traballei dende que rematei a carreira, pero sempre intentando manterme ao día nas novas tecnoloxías e nos novos avances que van saíndo. Cada día a in-vesti gación permítenos avanzar a hora de detectar novas enfermidades e pro-blemas visuais, por iso é importante seguir estudando e realizando cursos formati vos.

Neste últi mo ano asistí n a cursos sobre baixa visión e de adaptación de lentes de contacto e hai uns días esti -ven no Congreso Nacional de Optome-tristas de Valencia. Isto é imprescindi-ble para estar ao día.

- Por que EN ORDES?- Sempre traballei en pobos, por

eso elixín Ordes para instalarme o cal me permite traballar coa xente dunha

forma máis cercana, atendendo a cada cliente de maneira individualizada. Gustame tratar coa xente, que te pa-ren pola rúa para dicirche se están con-tentos coa gafa ou se teñen algún pro-blema con ela. Ademais, encántame a cercanía que che ofrece un pobo.

- Que SERVIZOS ofrecen no esta-blecemento?

- Neste caso, como optometrista, vou intentar ofrecer todos os servizos necesarios a cada persoa. Dende adap-tación de lentes de contacto, tanto mo-nofocais como progresivas, adaptación de lentes progresivos de alta gama (so-mos distribuidores Varilux), toma de tensión ocular, visión binocular...

O establecemento está adherido o convenio co SERGAS.

Tamén procuraremos ofrecer un asesoramento estéti co persoal a cada cliente.

- Cando un cliente merca unha gafa prima A CALIDADE OU A ESTÉTICA?

- A estéti ca gaña cada vez máis te-rreo, sobre todo entre a xente nova. E é lóxico xa que a gafa pasa a formar parte da personalidade de cada un. De todas maneiras, a xente tamén é cons-ciente de que o que prima é a saéde visual e para iso o importante é un bo

cristal. Grazas á información nos medios

de comunicación, tomamos concien-cia de enfermidades como o glaucoma ou a DMAE, ou do perigo que supón o uso de gafas premontadas ou gafas de sol non homologadas.

Por exemplo, o uso da gafa de sol deixou de ser un tema meramente es-téti co, para ser unha axuda para o coi-dado do ollo. É importante o seu uso dende nenos ata maiores, e sempre mercadas nunha ópti ca.

- Cal e a PRIORIDADE cando un cliente enta en MULTIÓPTICAS?

- Fundamentalmente quero que o cliente solucione o seu problema vi-sual da forma máis axeitada a cada caso, sexa necesario ou non mercar unha gafa. E no caso de precisala, o cliente ten que marchar da ópti ca con-vencido e sabendo o que mercou, por-que a gafa pasa a formar parte da vida diaria.

No meu caso, Multi ópti cas permí-tenos ofrecer gafas de marca propia moi asequibles e ademais traballamos con marcas como RayBan, Tous, Caro-lina Herrera, Police, Vogue, Ralph Lau-ren… Polo tanto hai para todos os gus-tos e para todas as economías.

- Que CONSELLOS xerais nos ofrece para a vista?

- Pasar pola ópti ca polo menos unha vez ao ano a facer unha revi-sión e atender a calquera síntoma que se teña. E ante calquera síntoma raro, pasar canto antes. Así que pola miña parte estarei encantada de atendelos.

MULTIÓPTICAS inicia nova etapa en Ordes, con profesionais experimentados e produtos da máxima calidade

todos os servizos ópticos adaptados a cada persoa

Verónica Dono, nova xerente de Multiópticas Ordes

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

Ofertas de las mejores marcas

Revisión de la vista

Asesoramiento estético

Adaptación de lentes de contacto

Especialistas en progresivos

Toma de tensión ocular

De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30.

Sábados de 10:00 a 14:00

67

gafas mó

con cristalesantirrefl ejantes

gafas mó

progresivasalta gama

197€Todas las graduacionesAdaptación garantizadaCristales antirrefl ejantes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

197

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as p

rogr

esiva

s or

gáni

cas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt m

ultig

old

1.5

AR (l

ímite

de

grad

uació

n su

jeto

al

cuad

ro d

e fa

brica

ción

del p

rove

edor

. Con

súlta

lo e

n tu

est

able

cimie

nto.

No

acum

ulab

le a

otra

s of

erta

s o

prom

ocio

nes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

67

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as m

onof

ocal

es o

rgán

icas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt 1

.5 A

R; c

ilindr

o +2

, esf

era

+2 a

-4. N

o ac

umul

able

a o

tras

ofer

tas

o pr

omoc

ione

s

Page 12: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

12

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015

- O BNG presenta unha candi-datura moi renovada e con moita xente moza?

- A verdade é que si. Despois de manter moitas reunións con veciños e veciñas para escoitar as súas inque-danzas e para facelas partícipes na elaboración do noso programa elec-toral, conseguimos que moita xente se ilusionase co noso proxecto, so-bre todo a xente moza, e ao mesmo tempo que formara parte da nosa candidatura.

Creo que conseguimos elabo-rar a candidatura que representa a gran maioría da sociedade de Ordes, cunha contrastada honradez e segu-ramente a máis formada política e in-telectualmente das catro que se pre-sentan a estas eleccións municipais.

- Valórenos a labor do goberno nesta lexislatura.

- Obviamente, a nosa valoración non pode ser positiva. Esta lexislatura recolleu o que se sementou na ante-rior. O pacto do Goberno UxO-PSOE da anterior lexislatura dilapidou miles e miles de euros en obras faraónicas que non eran prioritarias para a cida-danía. Falamos por exemplo da am-pliación da Alameda, que nos custou máis de 2.000.000 €. Falamos da am-pliación e reforma da Casa do Conce-llo, aínda sen rematar, cun custo su-perior aos 2.000.000 €. A cafetería do campo de fútbol, pola que se pa-garon 720.000 €. Ademais das can-tidades inxentes gastadas en festas e romarías.

Este despilfa-rro levou ao Con-cello a ter unha débeda superior aos 9.000.000 €.

Con esta “herdanza recibida” do seu propio goberno, o Concello de Ordes carece de recursos propios para facer investimentos, e so pode recorrer ás axudas que a Xunta e a Deputación ofrecen anualmente aos Concellos de todo o País.

Foi unha lexislatura lamentábel porque ademais de ter desatendi-dos servizos básicos como abastece-mento de auga e saneamento, dos

que o 50% dos ordenses carecen, tampouco se fixeron políticas que fa-voreceran o desenvolvemento dos sectores produtivos do Concello, fa-lamos do sector agrogandeiro e do sector téxtil. Tampouco se fixeron po-líticas para diversificar a economía de Ordes.

Só agora, e como sempre en vés-peras das eleccións e coa clara inten-ción de compra do voto, é cando se arranxa algunha pista, e de paso al-gunha eira. Colócanse farois novos, tamén algún en propiedades priva-das, etc... En fin, política de baixo ni-vel que provocou que Concello de Or-des deixara ser un referente comarcal e provincial.

En troques, si que fixeron as típi-cas políticas de Regos, baseadas na corrupción e o clientelismo. Non es-quezamos que a Tenente de Alcalde de Ordes está imputada na Opera-ción Pokémon, polos delitos de co-hecho e tráfico de influencias por en-chufar na escola infantil á muller do Concelleiro de Cultura, entre outras.

- Pero Regos manifesta que o Concello ten unha solvencia econó-mica moi importante...

- Regos que vai dicir! Pero sabe que mente. É certo que a débeda do Concello se reduciu dun xeito im-portante, pero a base de non poder facer investimentos porque había

que dedicar máis de 1.000.000 € anuais a pagar amortizacións e intereses e por-que foi cómplice, xunto co PP, da perpetración dun “catastrazo” que

provocou que o IBI aumentara nun 50%.

En 2011, o goberno de Rajoy apro-bou un Real Decreto de medidas ur-xentes en materia orzamentaria que incluía o incremento da coñecida po-pularmente como a “contribución”. O BNG de Ordes presentou en xaneiro de 2012 unha moción para que Regos se opuxera a ese incremento. A nosa proposta foi rexeitada cos votos de UxO, PP e CdG, absténdose o PSOE.

Regos quería que se aumentara

ese imposto para poder recadar máis diñeiro e así pagar a débeda a costa dos veciños e das veciñas de Ordes e o PP non podía votar en contra do de-cretado polo seu propio partido.

Nesta lexislatura Regos aumen-tou a carga fiscal sobre os cidadáns de Ordes, pero non adoptou medidas de reducións de gastos que lle pro-puxo o BNG. É intolerábel que non se reconduza a xestión de servizos que provocan uns déficits anuais moi importantes. Por exemplo, o Museo do Traxe xera 50.000 € anuais, Radio Ordes 42.000 € e a O.R.A. 36.000 € anuais de déficit. Ademais de recadar hai que saber reducir gastos, o BNG non fala de pechar o Museo ou a Ra-dio, fala de reconducir a súa xestión.

Con eses 500.000 € que perde-mos por capricho de Regos, para ter contento ao PSOE, teríase amañado a

metade da estrada de Mercurín.

- Falando da estrada de Mercu-rín, vostedes foron moi críticos coa decisión tomada por Regos de cortar o tránsito de camións por ela.

- Esa decisión foi un auténtico dis-parate, froito dun “calentón” de Re-gos polas críticas que estaba sufrindo nas redes sociais. Na vez de solucio-nar o problema xerou outro, agora todo ese tránsito circula polo centro da Vila de Ordes. Agora temos dous problemas. Todo isto motivado pola falta de capacidade de diálogo que ten Regos coa Xunta e con SOGAMA. Desde febreiro de 2014, Regos foi in-capaz de manter unha reunión coa Consellería de Infraestruturas e con SOGAMA, demostrando unha grave incapacidade de xestión dos proble-mas que el mesmo xerou.

ENTREVISTA Ramiro Recouso Liste, candidato do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Ordes

“O BnG aspira a gobernar Ordes, por iso é o único grupo que exerce unha política alternativa a Regos”Despois de exercer como portavoz municipal do BNG nos últimos dous anos, Ramiro Recouso Liste encabe-za a candidatura nacionalista, arroupado por xente moza con gran capacidade intelectual e política, ademais dun-ha contrastada honradez e honestidade.

Recouso aposta polos servizos básicos e os sectores produtivos de Ordes

“Regos aumentou a carga fiscal sobre os cidadáns,

pero non adoptou medidas de redución de gastos

que lle propuxo o BNG”

Page 13: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015 13

Ramiro Recouso encabeza unha candidatura “que representa a gran maioría da sociedade de Ordes” e da que tamén destaca a súa honradez e capacitación

TRANSPARENCIA E PARTICIPA-CIÓN CIDADÁ

- Iremos municipalizando os ser-vizos que empresas privadas pres-tan ao Concello, co fin de abaratar custos e sobre todo para evitar as prácticas de enchufismo que Regos practica con estas empresas para colocar os seus afíns, e que acabou coa implicación da Tenente de Al-calde na Operación Pokémon. Que-remos garantir a igualdade de opor-tunidades e a transparencia na con-tratación de persoal en postos de traballo municipais.

- Adxudicación de obras e ser-vizos mediante o procedemento aberto e publicitado, para garan-tir a concorrencia competitiva. Re-nunciando ao procedemento nego-ciado sen publicidade que é un dos principais focos de corrupción do Concello.

- Participación cidadá para ga-rantir a máxima transparencia na xestión municipal.

ECONOMÍA, EMPREGO E POLÍ-TICA SOCIAL

- Acometeremos políticas de pro-moción e fortalecemento dos prin-cipais sectores produtivos do Con-

cello e da Comarca, promovendo o cooperativismo no sector agrogan-deiro e fomentando a agroindus-tria. Poremos en marcha progra-mas no sector téxtil para fomentar a creación dunha marca propia de Ordes, co fin de que os talleres exis-tentes teñan menos dependencia das multinacionais do sector e poi-dan comercializar os seus propios produtos.

- Poremos en marcha o Centro de Emprendedores e habilitaremos bolsas a emprendedores e profesio-nais que teñan a intención de exe-cutar proxectos de innovación e di-versificación da economía local.

- Executar Plans de Emprego que faciliten a inserción laboral dos sec-tores mais sensíbeis da poboación de Ordes, como son a mocidade e a muller.

- En política social garantiremos a transparencia nas axudas que se outorgan para que sexan adxudica-das con verdadeiros fins sociais e non como sistema para cativar vo-tos como ate agora está facendo Regos.

- Dotaremos de maior capaci-dade orzamentaria o departamento de Sevicios Sociais.

- Creación dunha nova Escola In-fantil

- Creación dun Centro de Día Municipal.

- Rescataremos a concesión administrativa da Residencia da Terceira Idade, para abaratar os prezos que os residentes teñen que pagar.

MEDIO RURAL- Remate e impulso das Con-

centracións Parcelarias que seguen pendentes.

- Dotación de servizo de abaste-cemento de auga e saneamento en todos os núcleos de poboación, ga-rantindo tamén un acceso de alta velocidade a Internet e o impulso do uso das Tecnoloxías de Informa-ción e Comunicación (TIC’S)

- Apoio ás Asociacións de Veci-ños (AA.VV.) e posta en marcha de actividades socioculturais en todas as parroquias, para todas as idades.

CULTURA E DEPORTE- Consideramos que a Cultura é

unha industria polo que apoiare-mos e promoveremos as manifesta-cións artísticas da xente de Ordes, creando redes culturais e circuítos

de contratación.- Aumentaremos a oferta forma-

tiva da Escola de Música incluíndo nela unha aula de Música Tradicio-nal.

- Catalogaremos e poremos en valor o Patrimonio cultural e artís-tico do concello.

- Apoiaremos e fomentaremos os deportes minoritarios e o de-porte de base creando bolsas para os nosos e as nosas deportistas máis destacados.

UN CONCELLO PARA VIVIR - Aprobaremos un Plan Xeral de

Ordenación Municipal (PXOM) que garanta un urbanismo sostíbel, au-mentando o solo industrial e as zo-nas verdes.

- Humanizaremos as rúas para que sexan dos peóns e non dos co-ches, co fin de promover o comer-cio e facer de Ordes un lugar atrac-tivo para vivir.

- Acometeremos as obras nece-sarias para garantir a accesibilidade nas rúas e nos edificios municipais.

- Inclusión do Concello de Or-des no Consorcio de Transporte das Areas Metropolitanas de Santiago e A Coruña.

Os 5 piares básicos do noso programa de goberno

Page 14: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

14

ecOnOMíA

crónicas - Maio 2015

LEITE Agricultura admite situacións “anormais” e pídelle responsabilidade á industria

un de cada tres gandeiros xa só cobran entre 20 e 22 céntimos por litro de leite

A economía da comarca de Ordes está deixando de ingresar deceas de miles de euros cada mes polos pre-zos ruinosos que comezan a imperar na produción de leite, por mor das prácticas das industrias para rebaixar as cotizacións, que no sector definen como chantaxe e extorsión.

Ata tal punto se chegou, en mes e medio sen o sistema de cotas, que Unións Agrarias estima que un terzo dos gandeiros galegos cobra entre os 20 e os 22 céntimos por litro. Son ci-fras moi inferiores aos 30 céntimos que lles custa producilo, segundo o propio Ministerio.

Hai gandeiros que cobrarían in-cluso menos, ata 17 céntimos por parte do leite. E os mellor pagados, a maioría, non superarían, de media, os 29 céntimos. E a maiores están as ameazas de cese de recollida, como a que viviron varias cooperativas, entre elas Cova de Vales, son sede en Me-sía e socios en toda a contorna.

A situación, con feituras de escán-dalo, fixo que se reunise a Interprofe-sional Láctea e que o Ministerio, por

fin, fixese amagos de reaccionar. Lan-zou mensaxes habituais, como pedir colaboración entre o sector produtor e a industria, pero tamén admitiu “si-tuacións anómalas” que debe evitar.

Nesta liña, o secretario xeral de Agricultura, Carlos Cabanas, advertiu que o incremento de produción “non é dunha magnitude tal que xustifi-que o comportamento de determi-

nados operadores” coas ameazas de cese de recollida e os prezos “excesi-vamente baixos”, recoñeceu.

Por eso, o Ministerio pediulles ás entidades agrarias unha relación das industrias ou primeiros comprado-res, dos que Agricultura recela máis, que ofrecen prezos baixos nos con-tratos. O Ministerio estudará se son legais e non descarta sancións.

Reunión da Interprofesional Láctea para analizar a situación do sector, xa sen cotas

Temen a perda de axudas da PAC polo mal funcionamento do sistema de tramitación

AXUDAS

O Sindicato Labrego Galego alertou da posible perda de axu-das da Política Agraria Común (PAC) por mor das “graves defi-ciencias do sistema informático que o Ministerio ten para esta fi-nalidade”.

Segundo afirma a entidade sin-dical, o SGAPAC resulta “obsoleto e moi deficiente ”, ao ter un fun-cionamento moi lento e quedar colgado en canto se soben fotos das fincas ou arquivos dixitais con algo de peso.

O SLG asegura que se está per-dendo moito tempo nos trámites e cre que moitos dos profesionais da agricultura e a gandeiría non rematarán a tempo, nin sequera tendo en conta a ampliación do prazo ata o 15 de xuño.

A petición que lle efectuaron ao Ministerio é que arranxe a ac-tual aplicación informática ou que lle busque alternativas para salvar esta campaña, ademais de desen-volver unha realmente eficaz para novas convocatorias.

Volven debater o eRe en Viriato e tMX vai a concurso de acredores

ORDES A empresa ameazou coa suspensión de pagos

O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na empresa téxtil Vi-riato volve estar en negociacións. No primeiro intento rematou o prazo sen acordo entre a dirección da compa-ñía e os representantes dos traballa-dores. Non conseguiron achegar pos-turas sobre as condicións dos despe-dimentos, que afectarían a un terzo do equipo, e os sindicatos consideran incluso que a empresa non ten capa-cidade para pagar o mínimo legal.

Agora, tecnicamente presentouse un novo ERE, aínda que na práctica é o mesmo e sobre el retomouse o diá-logo. O compromiso de volver falar acadouse, segundo Comisións Obrei-ras, despois de que a dirección de Vi-riato ameazase con presentar sus-pensión de pagos.

Aínda que o comité de empresa rexeitou inicialmente asinar un docu-mento para comprometerse a nego-ciar, tras escoitar os traballadores os delegados de CCOO decidiron asinalo para evitar a situación concursal. En todo caso, advirte este sindicato que quedan por abordar as condicións e as garantías do ERE, que “terán que

ser ratificadas nunha asemblea de traballadores para poder ser asina-das”, explican.

TEXTILMENDO, TAMÉNPor outra parte, o sector téxtil or-

dense viu caer nas últimas semanas outro dos seus emblemas: a com-pañía Textilmendo, dona da marca TMX. Coa produción detida xa hai tempo, agora presentou concurso voluntario de acredores no xulgado do mercantil. É o procedemento que tradicionalmente se coñeceu como a suspensión de pagos.

A xestión da empresa atópase agora en mans dos administrado-res xudiciais, que tratarán de proce-der ao pago das débedas e demais operacións pendentes. Conclúe así o afundimento dunha compañía de orixe familiar, que en 2011 facturara uns catro millóns de euros e que con-taba cuns trinta empregados, ade-mais de numerosos traballos que xe-raba indirectamente.

Descoñécese se, superada esta si-tuación, os donos teñen vontade de relanzar a compañía.

Os traballadores da gasolineira de Leira, en folga indefinida

Os oito traballadores da esta-ción de servizo de Leira (Ordes), pertencente á empresa Ponpre e concesionaria de Cepsa, foron convocados a unha folga indefi-nida desde o 28 de abril para rei-vindicar o cobro dos seus salarios. Segundo a CIG, convocante da protesta, algún empregado acu-mula ata cinco nóminas de atraso.

O propietario das gasolineiras

estaría alegando problemas eco-nómicos e falta de liquidez. Er-nesto López, da CIG, négao afir-mando que as vendas non se re-duciron con respecto a outros anos. Ao contrario, o sindicalista considera que a xestión é “desas-trosa” e nin se garante a provisión de combustible. Non ven garantías de cobrar as nóminas nin de que a empresa teña continuidade.

O persoal de Ponpre, concesionaria de Cepsa, reclama o cobro dos salarios

ORDES

Page 15: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015 15

- Con que obxectivos e expectati-vas concorre CxG ás eleccións muni-cipais en Mesía?

- Presentámonos con varios obxectivos. O primeiro é poñer a fun-cionar en Mesía un proxecto político galeguista e progresista, identificado co Partido Galeguista dos anos 30, fundado en Galicia hai pouco máis de 2 anos por ex-responsables do BNG, PSOE, PP e outros partidos, xunto con xente que nunca participara en política, mais que vía a necesidade de construír un instrumento político eficaz para defender os intereses de Galicia, dentro dunha España plural e da UE. En segundo lugar, queremos levar ao concello de Mesía unha nova política, propia das esixencias da ci-dadanía actual, baseada na transpa-rencia, a atención a todos por igual e centrada na posta en marcha de proxectos que coloquen a Mesía no mapa, que fagan que creza e que a xente teña traballo. Os obxectivos de Compromiso van ser os que lles ex-plicamos aos veciños no noso pro-grama, e se eles nos votan, cumprire-mos. Necesitamos apoio dos veciños se non queremos que o réxime ins-taurado polo último alcalde campe ás suas anchas.

- Como describiría a candidatura que vostede encabeza ?

- É a candidatura da xente que es-tamos en contra do abuso de poder que aplicou Mariano Iglesias. Somos persoas que, como todas as que inte-gran as máis de 40 candidaturas de CxG por toda Galicia, temos claro que un alcalde está para servir, que so-mos nós quen lle pagamos o seu sa-lario a través dos impostos, e por iso non vivimos en Mesía para cumprirlle os seus caprichos persoais.

- Persoal e políticamente, que su-pón para vostede ser candidato á al-caldía por primeira vez, sen ser pre-cisamente un recén chegado á polí-tica local ?

- No plano persoal significa se-guir traballando por Mesía, como levo facendo desde hai tempo. Para min o importante son as ideas, non ir de primeiro ou de sexto. Ser candi-dato a alcalde de Mesía é toda unha honra. No plano político, defende-rei un concello moderno e democrá-tico, ao lado dos meus veciños para defender o ben de todos, como fixe-

mos para arranxar a estrada das Tra-vesas, o enterramento ilegal das va-cas tolas, etc. O goberno de Mariano estivo para defender os seus salarios e os seus intereses persoais. Se non obtivesen nada a cambio, estarían to-dos eles nas súas casas. Nunca os vin nin vexo mollarse por nada.

- Cales son as principais carencias que observa no concello na actuali-dade?

- Estamos na cola en case todo. En-tramos na liña vermella do desangre de habitantes, a xente nova non ten posibilidades e marcha. Necesitan vi-vir, ter un traballo, unha vivenda, uns servizos que non temos. Nestes últi-mos 8 anos sufrimos a alteración da convivencia entre os vecinos provo-cada polas incursións antidemocrá-ticas de Mariano, na posición de “ou estás comigo, ou estás contra min”, o que provocou un ambiente político molesto onde a xente volve ter medo do que di, que se saiba a quen vota... e iso ten que se acabar.

- Que medidas propón Compro-miso por Galicia para relanzar a eco-nomía local?

- Queremos formar grupos de ex-pertos en distintos campos como la-boratorio de ideas para parir proxec-tos viables que repercutan no I+D+i de Mesía. Queremos atraer xente das cidades a descansar nas fins de semana a Mesía. Queremos poñer en marcha unha sociedade láctea en colaboración cos nosos produtores de leite para envasar e vender pro-dutos elaborados. É prioritario para CxG preparar os terreos do parque empresarial de Lanzá xa. Expertos alemáns faláronme de Mesía como un lugar ideal para poñer en marcha unha clínica psicosomática, que non hai ningunha en Galicia, baseada en terapias de 6 semanas de estancia como mínimo, pola tranquilidade e relación coa natureza que ofrece Me-sía. Mais no goberno municipal non hai sentimento nin ideas.

- Que infraestruturas son máis urxentes no municipio?

- Mariano non se cansou de facer disparates, como paseos onde non hai xente para pasear ou parques in-fantís onde non hai nenos. Precisa-mos xa a Escola Municipal Infantil e o necesario Centro de Día. Temos que recuperar e explotar a área monu-

mental do Castelo de Mesía. Estamos sen acceso a internet de banda larga, non temos ximnasio, necesitamos un viveiro de empresas, etc.

- Hai suficiente transparencia na política local ?

- A mínima. Necesitamos unha “revolución” neste campo. Unha ve-ciña de Visantoña ou Cumbraos non sabe nada do que se fai co seu di-ñeiro. Crearemos unha nova páxina web e nela abriremos varios aparta-dos, onde se publiquen todas as con-tratacións (proceso, importes, etc.), todas as facturas pagadas, as remu-neracións económicas dos membros do Goberno e Corporación Munici-pal, etc. Transparencia total. Os polí-ticos xestionan, as veciñas e veciños son os que mandan. Non podemos permitir que un empregado noso, que traballa na nosa Casa, nos diga como vivir ou a quen votar.

- Cal sería a súa primeira medida como alcalde ?

- A primeira medida sería rematar

coa relación de negocio que candida-tos de Mariano manteñen co Conce-llo. Un incluso é concelleiro, caso do xerente da empresa Casa Zapateiro. Outro caso, Construcciones Velube.

- Os concellos son os irmáns po-bres da administración. Quédalles marxe de intervención? Valoraría “fusionar” o Concello de Mesía con outros ? Ou é máis partidario de do-tar ás comarcas de estruturas políti-cas ?

- Quédalles marxe mentres te-ñan un mínimo de habitantes. Fusio-nar Mesía? Ao paso que imos desde hai oito anos, cunha perda do 10 % da poboación total, Mesía está con-denada a ser absorbida. No futuro unha fusión claro que se pode es-tudar, sempre consultando os veci-ños. Poderíamos pensar todos nunha comarca administrativa, sempre e cando non nos impida ter uns servi-zos que resolvan as nosas xestións de cada día. Pero nunca facer a tra-pallada que fixo o PP en Oza-Cesuras.

ENTREVISTA Manoel Vello Salvado, candidato de Compromiso por Galicia en Mesía

“Queremos levar ao concello de Mesía unha nova política, propia das esixencias da cidadanía actual”Manoel Bello Salvado, candidato á alcaldía de Mesía. Estudou Socioloxía na UDC, é directivo da Federación ALCER Galicia e Secretario Nacional de Organización de Compromiso por Galicia (CxG).

Manoel Vello cre que hai que relanzar Mesía porque “estamos na cola en case todo”

Page 16: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

16

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015

A discoteca LP 45 quedou pe-quena o pasado 30 de abril para aco-ller a presentación da candidatura do Partido Popular ao Concello de Or-des. O presidente do PPdeG e presi-dente da Xunta, Alberto Núñez Fei-jóo, sumouse aos máis de mil veciños que arrouparon a José Luis Martínez Sanjurjo na presentación pública do equipo co que agarda acadar a maio-ría necesaria para gobernar Ordes tralas eleccións do 24 de maio.

Cunha idade media de 35 anos, a metade dos candidatos preséntanse por vez primeira, dado que a renova-ción é un dos factores que Martínez Sanjurjo considera esenciais para aca-dar a confianza dos veciños e veciñas para rexenerar a política ordense.

Martínez Sanjurjo comprome-teuse a xestionar con responsabili-dade para sanear as contas do Con-cello, que acumulou unha débeda de 9 millóns de euros. Anunciou que a transparencia será o eixe central da súa actuación, no caso de resultar

elexido alcalde, prometendo recupe-rar a honradez e a honestidade como eixes do traballo cotiá no Concello.

Os equipamentos que Ordes precisaMartínez Sanjurjo anunciou que

entre os equipamentos públicos que pretende acometer na vila figura un centro para maiores, unha gardaría pública no núcleo urbano, un cen-tro de ocio para nenos e mozos, a re-forma do parque infantil, un espazo cuberto no que os nenos poidan xo-gar durante o inverno resgardados do mal tempo, dous espazos para a prác-tica do deporte –un cuberto e outro descuberto-, a ampliación do apar-camento do tanatorio e a prolonga-ción da rolda de circunvalación entre a N-550, nas Casillas, e a estrada Or-des-Carballo, á altura do Empalme, li-berando así a vila do tráfico pesado que agora discorre polo Recreo.

Tamén na vila, o PP local contem-pla a mellora do pavillón polidepor-tivo municipal e a mellora das insta-

lacións deportivas do CEIP Campo-maior, no que prevé a dotación dun ximnasio. Boa parte destas propostas contan xa con anteproxectos elabora-dos polo PP na fase previa á confec-ción do programa electoral.

Estradas e camiños ao díaNo caso de resultar elixido, Martí-

nez Sanjurjo comprometeu o arranxo inmediato da estrada que une Ordes con Cerceda, por Mercurín; e tamén un plan para o mantemento integral das estradas, pistas e camiños munici-pais en todas as parroquias, incluíndo a limpeza anual dos foxos mediante a recuperación dos tractores muni-cipais, o remate das concentracións parcelarias xa iniciadas e a petición das de Ordes e Poulo, entre outras medidas, que teñen como obxectivo equiparar a calidade dos servizos pú-blicos que se ofrecen no medio rural cos do núcleo urbano.

Interlocución permanente cos veciñosO candidato do PP á Alcaldía de Or-

des anunciou a súa disposición para a interlocución permanente con todos os colectivos sociais do concello (aso-ciacións de veciños, ANPAS, comercio e hostalería, clubes deportivos, ...) e a habilitación de axudas plurais non excluíntes dirixidas a todas as entida-

JOSÉ LUIS MARTÍNEZ SANJURJO, O CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE ORDES, COMPROMETE UN NOVO XEITO DE FACER POLÍTICA NO MUNICIPIO, DESDE A HONRADEZ E A TRANSPARENCIA

Feijóo apoia a candidatura de Martínez Sanjurjo á Alcaldía de Ordes

A verdade sempre, e non un alcalde que mente e foxe dos veciñosAnte o milleiro amplo de veciños

que o acompañaron na presentación da súa candidatura, José Luis Martí-nez comprometeuse “a dicir sempre a verdade, porque a política necesita transparencia e persoas de fiar, coma vós e coma min”.

Martínez Sanjurjo contrapoñía así o novo xeito de facer política que o PP pretende implantar no Concello co comportamento viciado de quen foi alcalde os dous últimos manda-tos. O PP xa acusara a Regos de “co-vardía política” por escapar dos veci-ños cando estes tentaban falar con el. Fronte ao escapismo de Regos, o

PP prevé abrir o Concello un sábado ao mes para atender aos veciños que non podan acudir durante a semana

As explicacións que Regos lles nega aos veciñosNas derradeiras semanas, logo

da inauguración do Salón de Plenos da antiga Casa Consistorial –comple-tamente baleirada no seu interior e logo reconstruída, como consecuen-cia dos danos estruturais provocados por unhas obras de rehabilitación de-ficientemente proxectadas- numero-sos veciños contactaron co equipo do PP para interesarse polo alcance

desas obras e, particularmente, polo cuarto de baño privado situado ao carón do novo despacho do alcalde e equipado cunha ducha.

Aínda que desde o Concello aínda non se posibilitou o acceso dos con-celleiros do PP á totalidade do edifi-cio para inspeccionar o resultado das obras, os populares dispoñen de in-formación que confirma a execución dese cuarto de baño con ducha ao carón dun enorme despacho de luxo, “tan custoso como innecesario”.

O PP de Ordes considera que exe-cutar esa obra nun momento no que o Concello acumula unha débeda mi-

llonaria “é unha tomadura de pelo aos veciños, que agora temos que pagar, cos nosos impostos, os cartos que Regos deixa a deber logo de gas-tar a man chea e sen xustificación”.

“O despacho de luxo e o baño con ducha é unha das explicacións que Regos debe dar aos veciños durante a campaña, posto que vive a esca-sos 400 metros do consistorio, pero tamén debe explicar por que deixou pasar 8 anos castigando a Ordes sen Plan Xeral de Ordenación Municipal e, polo tanto, impedindo a moitas persoas construír unha casa nun te-rreo mercado ou herdado”.

Page 17: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015 17

JOSÉ LUIS MARTÍNEZ SANJURJO, O CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE ORDES, COMPROMETE UN NOVO XEITO DE FACER POLÍTICA NO MUNICIPIO, DESDE A HONRADEZ E A TRANSPARENCIA

Feijóo apoia a candidatura de Martínez Sanjurjo á Alcaldía de Ordesdes. Martínez Sanjurjo fixou en dous anos o prazo máximo para ter un do-cumento de aprobación definitiva dun Plan Xeral de Ordenación Mu-nicipal que cualificou de “vital” para o desenvolvemento e a reactivación económica do Concello de Ordes.

Apoio de FeijóoO presidente do PPdeG e da

Xunta de Galicia, Alberto Núñez Fei-jóo, brindou o seu apoio ás propos-tas de Martínez Sanjurjo e destacou a capacidade e preparación do can-didato popular e o seu equipo. Subli-ñou, ademais, a experiencia política acumulada por José Luis Martínez ao longo destes últimos catro anos nos que liderou a oposición no Concello.

Pola súa banda, o secretario pro-vincial do PP e presidente da Depu-tación da Coruña, Diego Calvo, gabou a “valentía” mostrada por José Luis Martínez, a quen cualificou dunha persoa “preparada” para asumir a Al-caldía dun municipio ao que “lle che-gou a hora do cambio”.

Un Concello abertoFronte a un alcalde que durante

estes anos fuxiu da xente, o Conce-llo abrirá, a maiores, un sábado ao mes para atender aos veciños e ve-ciñas. Reunións periódicas con ve-ciños e con colectivos sociais. Or-des Smart City.

Xestión públicaSanear as contas do Concello.

Rebaixar os impostos municipais (IBI e ICIO) un mínimo dun 10%. Priorizar que as adxudicacións do Concello se fagan mediante proce-demento aberto e con publicidade.

Revitalizar o comercio localImpulsar a celebración dun fei-

rón unha fin de semana ao mes. Novos usos para a praza de abas-tos. Incentivos para o comercio lo-cal. Humanizar rúas para facelas máis atractivas.

Novo PXOMAprobación do PXOM nos pri-

meiros dous anos, logo de dúas lexislaturas. Facilitar o desenvolve-mento urbanístico e axudar a fixar poboación. Ampliación do polí-gono empresarial de Merelle e xes-tionar coa Xunta de Galicia un novo polígono ao carón da AP-9. Incenti-

vos fiscais ás empresas.

Mellorar as estradasPlan integral de mantemento e

dotación de camiños, pistas e es-tradas municipais. Recuperar os tractores municipais para desbro-zar. Arranxo da estrada de Ordes-Cerceda comezando as obras este ano. Completar a circunvalación

dende a N-550 ata a AC-413 (Rolda Oeste), con enlace ao Tanatorio Municipal (segunda saída).

Ocio saudable Centro de lecer no que nenos

e mozos podan disfrutar dun ocio saudable e creativo. Área cuberta na que os nenos poidan xogar no inverno. Reforma do parque infan-

til municipal. Circuíto peonil na vila de Ordes.

Oportunidades para o agroBonificación de impostos para

explotacións agrícolas e gandeiras. Rematar as concentracións parce-larias pendentes, e solicitar as de Ordes e Poulo. Habilitar un carga-deiro de madeira no entorno da estación de tren entre Fosado e A Pontraga.

Máis e mellores servizosNova escola infantil pública na

vila. Ampliación do CEIP Campo-maior (melloras no pavillón e exe-cución dun ximnasio). Novo campo de fútbol de herba artificial. Im-plantar o transporte metropolitano e habilitar unha área de parada de autobuses na vila. Plan de seguri-dade vial e melloras na sinaliza-ción.

Axudas a colectivosRecuperar as axudas para activi-

dades culturais e colectivos sociais. Incrementar as partidas para axu-dar a deportistas, escolas deporti-vas municipais e escolas da SD Or-des, patinaxe e hóckey a patíns. Máis axudas á escola e banda de música.

Principais compromisos electorais do PP de Ordes

Mapa no que se observa o trazado da Rolda Oeste, unha das principais propostas do PP en materia de infraestruturas. Irá desde a N-550, no inicio da actual Rolda Leste preto da piscina municipal, ata a estrada AC-413. Contará cun enlace co Tanatorio Municipal, na súa segunda saída.

Page 18: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

18

Xente de AQuí

crónicas - Maio 2015

Os cursos de cociña por parroquias chegan a Leira

Leira acolleu xa o seu curso municipal de cociña, que o Con-cello de Ordes está levando po-las parroquias. Con clases durante unha semana, impartidas polo co-ciñeiro Manuel Iglesias Vieites, adoitan ser os locais sociais os que se transforman nunha cociña, con todos os elementos precisos para

aprender diversas técnicas básicas e avanzar con numerosas receitas. A intención dos cursos é ampliar os coñecementos culinarios dos veci-ños participantes e divulgar novas propostas gastronómicas, sen ne-cesidade de que se teñan que des-prazar ata a capital municipal para asistir ás clases.

Participantes no curso de Leira, co profesor e con algunhas das preparacións

ORDES

O primeiro premio do concurso de tapas, para o Café de Manuela

O Café de Manuela gañou a sexta edición do Concurso de Ta-pas de Oroso. Obtivo o premio por ‘Peregrino’, unha elaboración con forma dun camiñante cunha base de zamburiñas e chipiróns recheos. O Café de Manuela con-seguiu a vitoria tras un reñido re-conto canda o “Filet mignon” do Bar Sigüeiro, segundo clasificado, a quen superou por tan só 13 pun-

tos. O premio de 300 euros e di-ploma acreditativo foille entre-gado polo alcalde de Oroso, Ma-nuel Mirás.

O segundo premio do certame foi para o Bar Sigüeiro e o terceiro para Tapería O Martán, gañador da edición anterior. Durante o concurso servíronse 3.000 tapas, case un 30% máis que na edición do ano pasado.

Entrega do primeiro premio do certame, de mans do alcalde, Manuel Mirás

OROSO

Javier Lorenzo Sanmartín gaña o concurso infantil de tapas frías

Javier Lorenzo Sanmartín, de 7 anos, gañou o primeiro Concurso Infantil de Tapas Frías Concello de Oroso, no que tomaron parte doce nenos e nenas de idades compren-didas entre os 5 e os 10 anos. Ja-vier alzouse co triunfo coa súa tapa “Canapés Magdalena”, elabo-rados con pan de molde, salmón, queixo, palitos de cangrexo, agua-cate, maionesa, eneldo, pementa

branca, limón e aceite.O segundo premio foi para

Marta Xuan Martínez Ruíz, de 9 anos, coa tapa “Milhojas mari-ñeiras con acompañamento de queixo sorpresa”. O terceiro pre-mio foi para Lucía Tabarés Rodrí-guez, de 10 anos, coa tapa “Hoxal-dre mixto”. Os premios foron en-tregados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Participantes no I Concurso Infantil de Tapas Frías

OROSO

Cerceda celebra o cuarto premio María Moliner consecutivo

A concelleira de Cultura, Be-goña Rodríguez Rumbo, visitou os colegios de Cerceda para entregar libros como conmemoración do Día Internacional do Libro. Unha visita na que anunciou que o Con-cello de Cerceda volveu gañar por cuarto ano consecutivo o Premio María Moliner polo proxecto de

dinamización da lectura que leva a cabo nas bibliotecas municipais.

O premio, convocado polo Mi-nisterio de Educación, Cultura e Deportes coa colaboración da Fun-dación Coca-Cola, consiste nunha colección de 200 libros infantís e xuvenís para ampliar os fondos das bibliotecas municipais.

A concelleira de Cultura visitou os colexios de Cerceda o Día do Libro

CERCEDA

Page 19: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

Xente de AQuí

crónicas - Maio 2015 19

Entréganse os premios do certame de poesía municipal

Victorino Cores Liste foi o ga-ñador do certame de poesía ‘Un poema, unha historia’ do Concello de Ordes. Ademais deste premio, da categoría xeral, entregáronse outros oito en categorías escola-res. Algúns dos estudantes pre-miados decidiron destinar a contía do seu premio ás excursións que teñen planeadas este curso.

A entrega, o Día do Libro, tivo lugar na biblioteca municipal. O Concello estivo representado polo alcalde, Manuel Regos, e pola te-nente de alcalde, Silvia Marín. Na súa intervención, Regos felicitou a todos os participantes polo “es-forzo realizado” e destacou a rele-vancia dunha boa expresión para o desenvolvemento persoal.

Estudantes ordenses no acto de entrega dos premios de poesía

ORDES

‘A cantante calva’, primeira estrea do grupo teatral ‘A catorce’

Xa se pode dicir que na co-marca se fai teatro de primeira ca-lidade. Unha boa mostra é o grupo de teatro amateur ‘A catorce’, inte-grado por persoas de Ordes e Cer-ceda, que neste Día das Letras Ga-legas estreou con éxito ‘A cantante calva’, de Eugéne Ionesco.

O propio grupo encargouse de traducir, montar e dirixir a peza no

seu tempo libre. Afrontaron o de-but “entusiasmados e se cadra un pouco aterrorizados”, pero coa se-guridade de que máis dun espec-tador se sentiría identificado coa obra. ‘A cantante calva’, estreada en 1950, é un expoñente do tea-tro do absurdo, que trata aspectos como a incomunicación no matri-monio ou a soidade.

O grupo amateur ten integrantes dos municipios de Ordes e de Cerceda

COMARCA

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 20: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

20

Xente de AQuí

crónicas - Maio 2015

Recoñecemento para Os XeitososTRAZO

Saída municipal para asistir a unha obra de teatro na Coruña

Unha trintena de persoas parti-ciparon na saída ao teatro organi-zada polo Concello de Mesía, den-tro do seu ciclo de actividades pro-gramado co gallo do Día da Mu-ller. A representación teatral á que asistiron como espectadoras foi ‘El nombre’, no Teatro Colón da Co-ruña. Trátase dunha obra na que actúan intérpretes como Amparo Larrañaga ou Antonio Molero, en-tre outros. Antes do retorno, en autobús ao igual que a viaxe de ida, contaron cun tempo de lecer en locais das rúas próximas.

Non foi a única actividade lú-dica programada polo Concello de Mesía nas últimas semanas, dado que máis de 80 persoas par-ticiparon na saída infantil e xuve-nil á Coruña. Pasaron unha mañá nas piscinas cubertas de Acea de Ama (Culleredo) e a tarde no cine. Cun abano máis amplo de públi-

cos, a finais de abril tamén se ce-lebrou unha excursión municipal á Cedeira, Santo Andrés de Teixido, Pontedeume e Sada.

MESÍA

A saída ao teatro de Mesía contou cunha trintena de participantes

Menos mal que nos queda Portugal, Frades en Fátima...

O Concello de Frades sumou 57 persoas para a súa excursión a Portugal, de dous días de dura-ción. Os viaxeiros tiveron ocasión de coñecer Fátima, como destino principal, e tamén Braga e Batalha. Unha visita especial no seu itinera-rio foi ás grutas de Mira de Aire, en

Leiria, as maiores do país. En Fátima, presenciaron a pro-

cesión nocturna e unha parte asis-tiu á misa matinal no propio san-tuario. Tamén visitaron Aveiro, Porto e Valença do Minho, onde reservaron tempo para achegarse ata a súa Fortaleza.

FRADES - TORDOIA

Os participantes na excursión fradense, facendo unha pausa para a foto

... e Tordoia por Lisboa, Sintra e Cascais durante tres xornadas

Tamén o Concello de Tordoia desenvolveu recentemente unha excursión ao país veciño. Neste caso, foron tres días de viaxe e par-ticiparon sesenta persoas.

Entre os lugares que visitaron durante esas xornadas, destacan Óbidos, Lisboa, Sintra e Cascais, o que lles permitiu facerse cunha boa idea da realidade actual do

país e tamén das alternativas que ofrece como destino turístico, va-riado, próximo e xeralmente ase-quible.

Este tipo de viaxes son moi aprezada polos veciños, sobre todo os de certa idade, ao poder contar cuns días de descanso en compañía de xente que coñecen e co desprazamento organizado.

O Concello de Tordoia considera “un total éxito” a súa viaxe a Portugal

Os Xeitosos de Trazo obtiveron o primeiro premio nas categorías ata dez anos e de doce a dezaseis no XI Concurso de Baile Tradicional do grupo Tequexetéldere da Estrada.

Page 21: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015 21

- Que lle ofrece o PSOE aos veciños/as de Ordes nas elec-cións do próximo 24 de maio?

- Os Socialistas de Ordes que-remos poñer en valor o noso con-cello por moitos motivos, sobre todo pola nosa situación xeo-gráfica, que é ideal para medrar tanto en empresas como en ha-bitantes. Estamos convencidos que Ordes pode voltar a medrar e a ser o motor social e económico desta comarca.

- Cal será a súa prioridade?- A nosa gran prioridade será a

creación de emprego. E para iso hai que incentivar ás empresas. Primeiro ás que xa temos, para que non pechen ou marchen, pero tamén para que outras se insta-len en Ordes. Os Socialistas fare-mos deducións fiscais e aproba-remos ordenanzas que favorezan tanto a implantación de empre-sas como o mantemento do noso comercio local. Grazas a unha ini-ciativa do PSOE de Ordes se puxo en marcha a campaña “Merca en Ordes”, pero temos que seguir

avanzando neste camiño, promo-vendo rúas peonís e medidas de apoio ao comercio. Non podemos permitir que peche nin un comer-cio máis en Ordes.

- Agora todos falan do que fa-rán pero, que fixeron os socialis-tas por Ordes estes catro anos?

- Traballamos tanto no Conce-llo como no Parlamento de Gali-cia en favor da industria téxtil, con iniciativas para poder levar a cabo o “Proxecto Estacion” e conseguimos que a Xunta de Ga-licia incluíse ao sector téxtil de Ordes na Axenda da Competitivi-dade Industrial de Galicia 2020 e que aoie calquer proxecto viable que contribúa a dinamizar os ta-lleres téxtiles, a través da reno-vación da súa maquinaria e tec-noloxía. E cando falo do traballo feito polos Socialistas de Ordes refírome a que fomos o grupo que presentou máis iniciativas, máis de cinconcentas, para pedir sa-neamentos, novos depósitos de augas, defender o sector lácteo e a permanencia dos Xulgados...

ata pequenas peticións para me-llorar a vida dos veciños e veci-ñas de Ordes.

- Como pensan recuperar Or-des como cabeceira de comarca?

- Ordes ten potencialidade para medrar e por iso nos com-prometemos se gobernamos a aprobar o Plan Xeral de Urba-nismo (PXOM) no primeiro ano de lexislatura, poi será a forma de atraer xente xoven a vivir no noso concello. A isto tamén axu-dará a nosa entrada no trans-porte metropolitano.

- E en materia de servizos so-ciais?

- Despois do paro, e como non podia ser menos porque os so-cialistas o levamos no sangue, a nosa prioridade será de dotar de máis e mellores servicios so-ciais o noso concello. Non deixa-remos que ningún veciño quede sen o máis elemental para vi-vir con dignidade. É algo que le-vamos facendo toda a lexis-latura, pois o noso apoio aos orzamentos municipais foi a cambio dunha suba do 20% no orzamento en servizos so-ciais. Isto chamase estar ao ca-rón dos veciños para intentar solucionarlle os problemas e non para crearllos. Isto tamén é o que nos deferenza das outras candi-daturas que se presentan.

ENTREVISTA Suso Pedreira, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ordes

“Faremos que Ordes volva a medrar e a ser o motor social e economico desta comarca”“Todos os integrantes da candidatura do PSOE de Ordes adquiren o compromiso ético de traballar con transparencia e con honradez ao servizo dos veciños e veciñas de Ordes”, aos que presentarán un pro-

grama con “iniciativas realistas, viables e transformadoras para que Ordes recupere o lugar que lle corresponde como cabecei-ra e motor económico da nosa comarca”. Este é o compromiso de Suso Pedreira.

O noso compromiso con Ordes1- Todos os que integramos a candidatura socialista comprometémonos a exercer de forma ética, honrada, colaborativa e transparente a nosa dedicación ao servizo público, defendendo os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ordes.2- Reactivaremos os sectores téxtil e lácteo3- Duplicaremos as axudas ás familias sen recursos4- Uniremos o transporte metropolitano coa estación do tren de Fosado para mellorar a mobilidade5- Investiremos 600.000 € na mellora de pistas rurais6- Traeremos Radioloxía Dixitalizada a Ordes7- Crearemos un centro para actividades de mozos/as8- Sacaremos o PXOM no primeiro ano de lexislatura9- Crearemos un Consello de Veciños10- Abriremos aos veciños as instalacións deportivas

“Os Socialistas fomos os que propuxemos a entrada de Ordes no transporte metropolitano”

- Finalmente, Ordes entrou no Transporte Metropolitano.

- A entrada de Ordes no sis-tema de transporte metro-politano da Coruña e de San-tiago é unha boa nova. Agora todos queren apuntarse o mé-rito, pero os Socialistas fomos os que propuxemos e fixemos todas as iniciativas para que Ordes entrase no transporte metropolitano, a pesar de que a Xunta do PP atrasouno en máis de ano e medio. Agora queremos que este autobús estea conectado coa estación de Fosado, para que os veciños podan utilizar tamén o tren.

Page 22: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

22

Xente de AQuí

crónicas - Maio 2015

Mesía e Ordes celebran as súas festas para os maiores

COMARCA Con centos de asistentes

A xuntanza de Ordes tivo lugar nunha das carpas utilizada para Expo Ordes 2015Mesía superou o medio milleiro de participantes no polideportivo en Xanceda

Os Concellos de Mesía e de Or-des celebraron as súas festas para a terceira idade, nas que reuniron va-rios centos de participantes.

A primeira celebración foi a de Or-des, o 1 de maio. O Concello asegura que asistiron máis de mil persoas, o que a convertiría na máis concorrida

dos últimos anos. Para acollelos uti-lizouse unha das carpas instalada no Campo da Feira e utilizada só uns días antes para Expo Ordes 2015. O evento comezou cunha misa, á que seguiu a actuación dos gaiteiros Os Viqueiras e a orquestra Bahía Blanca, o xantar e de novo a música e o baile.

En Mesía, xusto ao día seguinte, o sábado 2 de maio, medio milleiro de persoas participaron na Festa da Terceira Idade, segundo os cálculos do Concello. Congregáronse no po-lideportivo municipal en Xanceda e contaron con servizo de transporte en autobús, con itinerarios de ida e

volta, con paradas nas distintas pa-rroquias. O esquema foi moi seme-llante ao da festa ordense. Da música encargáronse neste caso os compo-ñentes da Escola de Música Tradicio-nal de Mesía, moi aplaudidos polos seus conveciños, ademais dun dúo musical.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

eSPeciAl - 24 de MAiO, elecciónS MuniciPAiS

crónicas - Maio 2015 23

- Cales serán as súas prioridades en urbanismo para os próximos ca-tro anos?

- Despois de ter conseguido a construción do enlace sur da AP-9, centraremos a nosa loita na variante de Sigüeiro, para facer un pobo me-llor para vivir e con mellor desen-volvemento do comercio. Asemade, queremos rematar as modificacións do PXOM pendentes, especialmente as relativas ao enlace da AP-9, e que teñen grande importancia para as vi-vendas e terreos fóra de ordenación do Alto de Vilanova.

Promoveremos unha revisión con-sensuada do Plan Xeral de Ordena-ción Urbana, coa finalidade de que nas parroquias se poidan ampliar os núcleos onde sexa oportuno, e tamén poidan ser reducidos naqueles luga-res onde os propietarios non queiran obrar, e así teñan que pagar menos impostos.

- Que obxectivos se marca para mellorar o estado da rede viaria?

- Seguiremos mellorando as in-fraestruturas no rural, especialmente as novas pistas motivadas pola con-centración parcelaria. Así mesmo, acometeremos o asfaltado das pistas que unen parroquias e núcleos, que son ás máis transitadas.

Presionaremos ao Ministerio de Fomento e á Demarcación de Carre-teras de España en Galicia para que dunha vez por todas melloren a N550 ao seu paso por Oroso, tanto na capa de rodadura como en canto á sinali-zación vertical e horizontal, e sobre todo esixiremos a mellora integral de todos os camiños de servizo.

- Que destacaría do seu programa no terreo educativo?

- Manteremos os centros escola-res no rural que están en funciona-mento e que forman parte do Cen-tro Rural Agrupado (CRA). Por ou-tra parte, remataremos os accesos ao CEIP de Oroso, xa en licitación e a punto de ser contratados. Mellora-remos a Escola Infantil Municipal da Ulloa, que despois de 14 anos de ex-cepcional funcionamento e de ter prestado servizo a máis de 647 ne-nos e nenas, necesita unha mellora. Polo mesmo motivo seguiremos me-

llorando o CEIP de Sigüeiro, ante o que se fará unha ampliación de beir-arrúas para facilitar o tránsito das fa-milias. Tamén concluiremos a urbani-zación de acceso á nova Escola Infan-til Chousa Nova.

Ampliaremos o comedor escolar do CEIP de Oroso para que todos os nenos e nenas teñan dereito a come-dor. Tamén loitaremos e colaborare-mos cos pais para que o CEIP de Si-güeiro preste servizo de comedor ao alumnado non transportado.

- Cultura e deporte seguirán sendo os buques insignia da súa po-lítica?

- Iso intentaremos. Continuare-mos promovendo programación cul-tural con actividades diversas en to-das as parroquias. Incorporaremos máis equipamentos, como o Centro Cívico de Oroso, xa en marcha, e cons-truiremos un auditorio para eventos culturais de certa envergadura.

No terreo do deporte tampouco imos baixar a garda, e seguiremos promovendo todas as disciplinas de-portivas e axudando aos clubs que hai no concello. Construiremos unha can-cha de tenis reglamentaria, así como un campo de fútbol 7. Ademais, acon-dicionaremos o pavillón do novo CEIP de Oroso para que poida ser utilizado polas entidades deportivas.

- Xa ten pensado o primeiro que porá en marcha se repite como al-calde?

- Nós xa temos unha programa-ción feita para todo este ano de obras xa acordadas en Pleno e xa contrata-das. Aquí non se fan obras só os me-ses antes da campaña, senón desde o primeiro día despois das eleccións. Unha das primeiras cousas que se fará será poñer a nova Escola Infan-til Chousa Nova en marcha, que ten xa as obras de urbanización contra-tadas e que estarán executadas en

agosto. Tamén serán construídas as beirarrúas da N550, porque xa che-gou a autorización de Fomento e es-tarán rematadas antes de que acabe o curso. Nós non traballamos só nos 15 días de campaña. Traballamos os 1.460 días de mandato.

- Para rematar, ‘Gobernamos para todos’ é o seu lema de campaña. Isto é posible?

- É imposible facer as cousas a gusto de todos, pero desde logo o que se busca é beneficiar ao conxunto da cidadanía e non a uns poucos. O diá-logo permanente cos veciños e ve-ciñas foi o maior logro destes catro anos. Desenvolvemos un programa de encontros periódicos coa cidada-nía no centro e nas parroquias que permite coñecer de primeira man as súas necesidades e buscarlles unha solución. Esa cercanía coa xente é a base da política que queremos seguir facendo os Socialistas de Oroso.

ENTREVISTA Manolo Mirás, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Oroso

“O proxecto socialista permitiu que Oroso dese nos últimos anos un salto cualitativo”Manolo Mirás preséntase para as eleccións municipais que terán lugar o próximo domingo 24 de maio cun pro-grama electoral que describe como “realista e factible”, con moitas propostas concretas nos distintos ámbitos

de xestión municipal. Son os obxectivos, explica Ma-nolo Mirás, “para continuar co proxecto socialista que permitiu que Oroso dese nos últimos anos un salto cua-litativo”.

Mirás di que as beirarrúas da N-550 estarán listas antes de que remate o curso e que en agosto estarán os accesos á gardería

Page 24: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

24

dePORteS

crónicas - Maio 2015

Emma Núñez e Rubén González, campións no galego por equipos

Emma Núñez e Rubén Gonzá-lez, do club Kárate-Do Carballo, fixé-ronse co ouro no Campionato Ga-lego de Clubes, nas Pontes.

A karateca cercedense máis o seu compañeiro, de Carballo, inicia-ron a competición en categoría ku-mite xuvenil mixta coa desvantaxe de ser só dous, xa que os equipos

poden ser de tres máis un suplente. Deste xeito, nas eliminatorias par-tían cun encontro perdido por falta dun competidor, o que os obrigaba a gañar todos os enfrontamentos.

Así o fixeron, levando sempre a iniciativa nos combates, con rapidez e explosividade.

Por outra parte, Núñez conse-

guiu dúas medallas de ouro coa súa participación na I Copa Internacio-nal Avalon Kai, disputada no munici-pio do Pino. Na modalidade de kata, solventou os tres enfrontamen-tos de clasificación para a final con cinco bandeiras a cero. Ese mesmo resultado reportoulle o triunfo na fi-nal. E na modalidade de kumite ou

combate, a deportista do Kárate-Do Carballo tamén se impuxo nos tres combates previos por seis a cero. A final tivo un resultado máis axus-tado e Emma rematou vencendo por seis a oito á santiaguesa Lía. O club carballés foi o mellor da com-petición, con seis ouros e tres bron-ces con só sete integrantes.

Emma Núñez, de Cerceda, e Rubén González, de Carballo, co seu trofeo

KÁRATE Núñez sumou outros dous ouros ao seu palmarés na I Copa Internacional Avalon Kai no Pino

Núñez, no máis alto do podio na Copa Internacional Avalon Kai

FÚTBOL Confirmou o campionato da liga 2014-2015 e o ascenso cun 4-2 fronte ao Carral B

O Abellá volve ser equipo de Primeira AutonómicaUn 4-2 xogando no seu campo

do Vedral fronte ao Carral B, colista, serviulle ao Abellá para proclamarse campión da liga 2014-2015 no seu grupo de Segunda División Autonó-mica e, por tanto, certificar o seu re-torno á Primeira Autonómica, que deixara hai un ano.

Ata practicamente o final do campionato houbo que agardar para confirmar o triunfo, xa que o inme-diato rival, o Brexo Lema, aguantou moi ben o ritmo, sen ningunha con-cesión e inasequible ao desalento. Así foi que unicamente dous puntos separan o campión do segundo cla-sificado.

O equipo de Frades acumula na tempada 26 victorias, dous empa-tes (co Obreiro e co Carnoedo), e seis derrotas (co Portádego, o Santa Cruz, o Vizoño nas dúas voltas, o Once Cabaleiros e o Obreiro). Son datos que falan por si mesmos e que dan mostra dun equipo que funcio-nou como tal e que investiu moi-tas enerxías no obxectivo de acadar o ascenso, acompañado por unha afección inesgotable. Agora tócalles asumir de novo o reto da Primeira Autonómica. O equipo e a afección celebran o ascenso tras o partido no campo do Vedral contra o Carral B

Page 25: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

dePORteS

crónicas - Maio 2015 25

CONCELLO DE CERCEDA

campionato provincial para o equipo do club Galia de Ordes

PATINAXE A coreografía do grupo de secundaria

O equipo de secundaria do Club Pati naxe Galia, de Ordes, acadou a primeira posición no Campionato Provincial de Grupos Show de pati -naxe artí sti ca.

As rapazas da enti dade ordense presentaron a súa coreografí a ‘Calei-doscopio’, cunha execución tan bri-llante que lles deparou o triunfo nesa categoría de grupos grandes de se-

cundaria. Non foi o único bo resultado para

Galia, xa que o grupo pequeno de pri-maria mereceu a quinta posición con ‘Promesa de primavera’.

A próxima data que teñen mar-cada en vermello no calendario é o Campionato Autonómico que terá lu-gar no Pavillón Central de Vigo, o sá-bado 6 de xuño.Integrantes dos grupos de secundaria e de primaria do Club Galia de Ordes

TRAZO necesita o teu voto- Para poñer en marcha servizos de fisioterapia, podoloxía e perruquería gratuítos e a domicilio para dependentes, a través de convenios con empresas e profesionais de Trazo.

- Para que Trazo siga sendo Concello, xa que Dafonte e o PP xa pactaron converter Trazo nunha aldea de Santiago.

- Para que as familias teñan comedor no Punto de Atención Infantil e o servizo “Madrugadores”, onde deixar aos nenos antes das clases.

- Para que os nosos gandeiros teñan quen os defenda.

- Para acabar cos enchufes e que todos os veciños e todas as empresas de Trazo poidan optar a traballar co Concello.

- Para arranxar os accesos ás aldeas, as pistas e beirarrúas, así como mellorar os centros sociais.

- Para ter un Plan Xeral (que o PP leva 12 anos prometendo) para que a nosa mocidade poida ter unha casa, formarse e atopar traballo.

Socialistas de Trazo

Sabías que xa podes mercar as túas entradas

desde Internet?

www.aquapark.cerceda.org

Abrimos del 12 de juniohasta el 6 de septiembre

- Para que os nosos mozos teñan un servizo de orientación laboral e un servizo de Noitebús

Page 26: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

26

dePORteS

crónicas - Maio 2015

A terceira edición da Carreira Pe-destre do Concello de Oroso viu ga-ñar a Nuno Costa na categoría mas-culina e a Silvia Rodríguez na femi-nina. Os podios completáronos Fer-nando Abad e María José Grobas nos segundos postos e Felipe Miguens e María Tarrío nas terceiras prazas.

En categoría benxamín, gañaron Brais Pérez e Gloria Iglesias. En infan-til, Daniel Mato e Iria Ferreiro. En xu-venil, Iago Pazos e Andrea Cancela. E

en alevíns, Deki Mato e José Balsa. A proba absoluta, para as catego-

rías que van desde a júnior ata a ve-terana, tivo unha distancia de 10.000 metros. No caso dos cadetes e xuve-nís, foron 3.000 metros, que queda-ron en 2.000 para alevíns e infantís, en 1.000 para os benxamíns e en 300 metros para prebenxamíns e pitufos.

A organización entregou trofeos aos tres primeiros e ás tres primeiras clasificadas de cada categoría.

nuno costa gaña en OrosoCARREIRA Silvia Rodríguez foi a primeira clasificada

Saída dunha das probas infantís da terceira edición da Carreira Pedestre de Oroso

Hassan Lekhili, na categoría mas-culina, e Paula Mayobre, na feminina, son os gañadores da segunda carreira de Frades, que contou con case tres-centos corredores. A Lekhili, do club ourensán Ourenrunning, fixéronlle falta 26’56’’ para os 8,6 quilómetros

de percorrido da proba. Nuno Costa foi segundo e Akka Essaadaoiu fíxose coa terceira praza. Mayobre, que xa gañara o ano pasado, foi a primeira muller en cruzar a meta cun tempo de 31’12’’. Raquel Suárez foi segunda e María del Carmen Penas, terceira.

En canto á clasificación por equi-pos, gañou o Club Atletismo Sar, se-guido polo Noitebra e polo Club At-letismo Milladoiro. Na variante femi-nina, gañaron as corredoras do Club Atletismo Sada, seguidas do Club At-letismo Sar.

O Concello entregou premios en metálico de 300, 200, 100, 75 e 50 euros aos cinco primeiros clasifica-dos das categorías masculina e femi-nina absoluta. Os clubes masculinos foron premiados con 200, 100 e 75 euros, e os femininos con 150 e 100 euros.

A carreira tivo unha perspectiva solidaria, xa que se lle entregaron mil euros á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). É a recadación das inscricións da proba, máis unha con-tribución do Concello. Encargouse da entrega o alcalde, Roberto Rey, que agradeceu a participación dos corre-dores e o traballo dos voluntarios, ademais do labor organizativo da Fe-deración Galega de Atletismo e da empresa Emesports, entre outras co-laboracións e patrocinios.

lekhili e Mayobre gañan a carreira de Frades, con case trescentos corredores

CARREIRA O gañador cubriu os 8,6 quilómetros da proba en 26’56’’

Saída xeral da carreira pedestre de Frades, na estrada interior da Pontecarreira

A Cross Ambiental e a Andaina dispútanse o 23 de maio, con prazo de inscrición ata o 21

ORDES

Este xoves 21 de maio remata o prazo para inscribirse na sétima Cross Ambiental e a terceira An-daina do Concello de Ordes Me-morial Estebo Xosé, que se dis-puta o sábado 23, co Campo da Feira como punto de encontro.

As inscricións poden efec-tuarse a través de www.carreiras-galegas.com. No teléfono 660 694 586 e no correo electrónico [email protected] ofre-cen máis información.

A andaina ten este ano un per-corrido de 9.500 metros. Come-zará ás 18:35 horas, segundo an-ticipa o Cocnello. As probas de competición teñen fixado o seu horario a partir das 17:45 horas, coa posibilidade de que participen corredores de todas as idades. Os percorridos van desde os 150 me-tros para os máis pequenos ata os 10.000 metros da proba absoluta.

Á parte dos premios en metáli-cos e os trofeos, cada participante recibirá unha entrada para o Mu-seo do Traxe e outros obsequios.

Martín liste logra o récord galego de lanzamento de disco en categoría júnior

ATLETISMO

O atleta Martín Liste Viaño, de Tordoia e do club Atlética A Silva, sumou unha nova marca na súa carreira deportiva. Trátase dun récord galego en lanzamento de disco, na categoría júnior, que si-tuou en 54,46 metros. A anterior distancia máxima xa tiña unha dé-cada. A de Liste é a mellor marca do que vai de ano en España e a sexta mellor de todos os tempos. Con outros catro centímetros, que se di pronto pero precisan dun considerable esforzo, xa tería a distancia mínima para clasificarse para o Campionato de Europa.

Martín Liste, no centro, con Pepe Domínguez e Hortensia Viaño

A ordense Natalia Raña foi terceira no Lisboa Triathlon 2015, que gañou Braendli

TRÍATLON

A ordense Natalia Raña Fuen-tes acadou o terceiro posto no Lisboa Triathlon 2015. Marcou un tempo de 4 horas, 32 minutos e 24 segundos. Foron 14 minutos e 52 segundos máis que a gaña-dora, a suíza Simone Braendli, e só 2 minutos e 45 segundos máis que a segunda clasificada, a por-tuguesa Vanessa Pereira.

Na primeira parte da proba, a de natación, Raña situouse na se-gunda praza, con seis segundos de vantaxe sobre Pereira. Sen em-bargo, foi na proba de bicicleta na que se descolgou uns nove minu-tos con respecto á lusa, perdendo a práctica totalidade das opcións para a victoria e mesmo a se-gunda praza.

Aínda así, no último tramo, o da carreira a pé, Fuentes Raña lo-grou recuperarlle preto de seis minutos a Pereira, pero non era suficiente para acadala, nin tam-pouco a Braendli. De todos os xei-tos, foi unha excelente competi-ción para a ordense.

Page 27: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2015 27

Page 28: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

28

dePORteS

crónicas - Maio 2015

Patinadores de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques, no pavillón polideportivo municipal en Olas (Mesía)

A exhibición de patinaxe de Ordes reuniu máis de 300 patinadores do municipio no pavillón de deportes Castelao I

Os eventos relacionados coa pa-tinaxe mobilizan gran cantidade de persoas na comarca, onde me-dra a afección por este deporte. Un bo exemplo foi a III Gala Intermuni-cipal de Patinaxe Artística Ulla-Tam-bre, que se celebrou no polidepor-tivo municipal de Olas (Mesía). Par-ticiparon uns 140 nenos e nenas, ante uns 200 espectadores. Proviñan das escolas deportivas municipais de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. Durante unha tarde, ofreceron diversas co-reografías, coas que deixaron cons-tancia das súas habilidades sobre ro-das. Todos recibiron medallas, entre-gadas pola concelleira Pilar Sánchez.

En Ordes, colleitou tamén grande éxito a V Exhibición de Patinaxe orga-nizada polo Concello e o club Galia. Acudiron máis de 300 patinadores dos colexios Castelao, Campomaior e Mesón do Vento, ademais do propio club Galia. Durante este evento, no que entregaron medallas os conce-lleiros de Deportes e de Diversidade Funcional, Roberto Iglesias e Silvia Marín, felicitouse á ordense Lara Re-boredo polo ascenso á primeira cate-goría alevín.

MESÍA - ORDES III Gala Intermunicipal Tambre-Ulla en Mesía e V Exhibición de Patinaxe do Concello de Ordes

A comarca redescobre a afección pola patinaxe

CENTRO CULTURALFERNANDO DE CASAS E NOVOA

ORGANIZA: CONCELLERÍA DE CULTURAMáis información na Biblioteca Municipal,

na páxina web www.concellooroso.comou no teléfono: 981 690 903

Page 29: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

dePORteS

crónicas - Maio 2015 29

Representantes do equipo gañador, co concelleiro de Deportes ordense (centro)

O representante do Alpa recolle o trofeo de segundo clasificado

O equipo Mesón de Deus fíxose de novo co primeiro posto da Liga Lo-cal de Fútbol Sala Concello de Ordes, que rematou recentemente. O se-gundo posto foi para o equipo Alpa e o Pirotecnia logrou finalmente a terceira posición.

O campionato distinguiu tamén a Rubén Palmeiro como máximo go-leador de toda a competición, ade-mais de concederlle a Malafey o ga-

lardón á deportividade polo seu comportamento exemplar.

A competición contou con doce equipos, segundo o Concello, involu-crando durante os últimos meses un total de 130 xogadores. Ao acto de entrega de trofeos, presidido polo concelleiro de Deportes de Ordes, Roberto Iglesias, seguiulle unha cea que serviu de celebración da fin de tempada.

FÚTBOL SALA A Liga de Fútbol Sala do Concello de Ordes tivo o Alpa e o Pirotecnia como segundo e terceiro

O Mesón de deus, campiónda liga ordense de fútbol sala

O terceiro posto da clasificación da liga local correspondeulle ao Pirotecnia

MITIN DE PECHE DE CAMPAÑAVENRES 22 DE MAIOPavillón e Local Social de Abellá21:30 horas (nove e media da tarde)

Falarán:- Tito Rey Martínez, candidato á Alcaldia de Frades- Miguel Prado Patiño, deputado autonómico- Membros da candidatura do PP de Frades

Haberá animación e petiscos variados

POLOS GANDEIROS

POLO

EMPR

EGO

POLOS SERVIZOS SOCIAIS

POLAS FAMILIASPOLO RURALPOLO TURISMO

POLO

DEPO

RTE

POLA CULTURA

POLO PROGRESO

POLO

ENSIN

O

POLO AGROPOLOS NENOS

POLA MOCIDADE

POLOS NOSOS MAIORES

POR FRADESPOLA IGUALDADE PO

LA NA

TURE

ZA

POLAS ASOCIACIÓNS

POLAS NOSAS ESTRADAS

POLOS LOCAIS SOCIAIS

Page 30: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

30

dePORteS

crónicas - Maio 2015

TENIS DE MESA O equipo logrou catro medallas no Campionato de España en idade escolar

Silvia Álvarez, do Oroso tM, subcampioa de españaO Club Oroso TM volveu con ca-

tro medallas dos Campionatos de Es-paña de seleccións autonómicas, dis-putados en Albacete a primeiros de maio. A máis destacada foi a prata de Silvia Álvarez na categoría individual cadete feminina. Álvarez tivo que medirse na final coa alicantina Ma-rina Ñíguez, perdendo por 3-0 pero rubricando en todo caso un exce-lente campionato.

Nesa mesma categoría, Sara Mar-tínez obtivo o bronce. Coincidira coa súa compañeira Silvia nas semifinais, o que impediu unha hipotética fi-nal coas dúas xogadoras do club de Oroso. Sara competía coa selección de Castela e León, ao ser natural de alí.

Outra medalla, tamén de prata, foi a que lograron na competición ca-dete feminina por equipos. O equipo galego estaba integrado por Silvia Ál-varez, do Oroso TM, e Judit Cobas e Belén Calvo, do Arteal TM. Chegaron á final tras vencer a Castela e León en cuartos de final e a Madrid nas se-mifinais. A final foi contra o combi-nado andaluz, que lle gañou por 3-1 ao galego.

Prata tamén para o equipo cadete

masculino de Galicia, do que forma-ban parte Uxío Regueiro (Oroso TM), Santiago Otero (Narón TM) e Anxo Iglesias (AD Vincios). Perderon na fi-nal contra Murcia, por 3-0. Nas fa-ses previas derrotaron a seleccións como a vasca e a valenciana, de-rrotando a todos os equipos do seu grupo.

Nas demais categorías non houbo ocasión de pisar o podio, pero tam-pouco foron resultados molos. Por exemplo, o equipo infantil masculino rematou en quinto posto. Nel com-petía Xandre Iglesias, do Oroso TM.

Nas probas individuais mascu-linas, o propio Iglesias caeu no seu primeiro enfrontamento do cadro final, o que non desmereceu unha moi boa competición, sendo a pri-meira ocasión na que viaxaba coa se-lección galega. En cadetes, Uxío Re-gueiro chegou ás semifinais, nas que perdeu co murciano Javier Soria, que acabaría gañando a competición.

Desde o Oroso TM destacan que foron o segundo club de España que máis medallas obtivo nestes cam-pionatos, ademais da súa contribu-ción con tres xogadores (Álvarez, Re-gueiro e Iglesias) para a selección de

Galicia, só comparable coa do Narón TM, tamén con tres competidores.

DESCENSOPor outra parte, o Oroso TM De-

porte Galego, o primeiro equipo da entidade, non conseguiu perma-

necer na Super División Masculina. O descenso confirmouse coa de-rrota por 0-4 en Sigüeiro fronte ao DKV Borges Vall, terceiro clasificado. Aínda que lle gañasen, terían preci-sado unha carambola de resultados para salvar a máxima categoría.

Desde a esquerda: Silvia Álvarez, Sara Martínez, Xandre Iglesias e Uxío Regueiro

Page 31: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015

OPinión

crónicas - Maio 2015 31

Os paxariños da Alameda

Non foi no niño novo do vento nin había unha pomba dourada. Non. Foi onde sempre, no antro de

sempre, un encontro entre gaivo-tos vellos, o gaivoto disfrazado de verde e parece ser que a ave púr-pura ou algún emisario seu. Medio-día. Serraduras no chan e viño na mesa, ata que malamente podían voar de por si. E unha canción co-mún a todos eles, que xa cantaran outras veces: “ovi, oga, cada día pí-desme máis, ovi, ovi, ovi, gaga, cada día asfáltasme mellor...”. Con tanto etí lico da viña, ata houbo un paxaro que se desfi xo en ‘eulogios’ para os demais. Xa se sabe.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

A anduriña seguiu todo o procedemento, máis vello que Cascorro. Executárono sen variacións, co método

tradicional. Desde o despacho, pen-sando en verde. E a pé de parro-quias, o veterano gaivoto que non se perde nunca nas eiras. Suxeren-

E sobre o terreo, ovi, ovi, oga, oga, discípulos fi eis que aplican coa mangueira e pasan o rolo. Como autó-

matas, alleos a comentarios. Que para eso cobran e tanto lles dá es-trada como corredoira, eira como curral. E o JL sabe algo? Fixo in-forme? Levantará acta? Poñerá re-paros? Intervirá? O cuco xa con-sultou e sabe que vai facer a vista gorda. Xa viu cousas peores na súa terra sureña, e aprendeu a calar.

Di a garza que o que non está organizado aínda é o sistema de transporte. Non o do autobús, que ese non

dá saído de Santi ago, senón o da carreta. En principio, pensouse nun servizo intensivo, pero despois ad-verti u a anduriña que era mellor algo máis discrecional. A medida, máis discreto e tan efecti vo ou máis. Eso si, con todos os recursos dispo-ñibles para o día D, por se fi xesen falta. O ganso xa mercou unha cal-culadora nova, bastante cientí fi ca, e se ve que pasan as horas e as con-tas non dan... haberá que botarse á cuneta e deixar paso. Moito sofren algúns e al-

gunhas lendo as murmura-cións dos paxariños. Case tanto como coas prospec-

cións previas destes días de sucia campaña, que os deixan pasando fame e cos nervios desaforados. A pomba recoméndalles autoavalia-ción, que escriban en segredo nun papel canto cren que merecen de verdade e despois que comparen co obti do. Só lles queda chorar.

cias ás aves doadas de conquistar, insistencias ás que están en dúbida de se depositarán ‘o que teñen que depositar’, e absoluto desprezo po-las que xa amosan o pico de lonxe.

Coidado, que por aque-les lares o sistema demos-trouse aínda máis rentable e permite crear sagas. Aquí

precisa facer antes un estudo pre-vio de custos e benefi cios.

O teatro do pavo pa-rece non ter fi n, que gra-cia nunca a ti vo. Nin os se-guidores do seu espectá-

culo se molestan en rirlle os chistes, agora que non o precisan para ir co-mendo e que están a punto de bo-talo do niño. Ou eso pensan. Pobres incautos.

Caeu o mito republicano. Republicano de pico, de moito pico. Porque o certo

é que ao paxaro só lle faltaba ape-lidarse Corleone. Que ninguén se preocupe por el. Pode que non se deixe ver voando de novo, que xa non carbure máis, pero ten todo atado e ben atado. Pagaranas os de sempre, a súa fortuna quedará a salvo. E o herdeiro xa está colo-cado, no parti do primeiro e nas au-las do sur cando despois as cousas viñeron mal dadas. Manda bigotes!

VOTA ALEXANDERDOVALOROSO 2015

Page 32: Cronicas comarcadeordes n17 maio2015