corregido literatura - copia.pdf

14
1 Alejandra Fernández Alonso Materia: Literatura na natureza

Upload: alejandra-fernandez-alonso

Post on 16-Jan-2016

29 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

Alejandra Fernández Alonso Materia: Literatura na natureza

Page 2: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

2

1.INTRODUCCIÓN

2.ROSALIA DE CASTRO: BIOGRAFÍA E OBRAS

3.ANXEL FOLE: BIOGRAFÍA E OBRAS

4.RUTA LITERARIA

1.LOCALIZACIÓN

2.OBXECTIVOS

3.ACTIVIDADES

5.COMPARACIÓN COS ESCRITORES DA BRETAÑA

6.BIBLIOGRAFÍA

1. BIBLIOGRAFÍA

2. WEBGRAFÍA

Page 3: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

3

INTRODUCIÓN

Este traballo centrase na creación dunha ruta literaria no concello de Xove.

Os principais obxectivos deste traballo son:

- Crear unha ruta literaria no concello de Xove.

- Coñecer mellor a dous escritores galegos.

- Comparar as obras destes escritores galegos coas obras dos escritores da

Bretaña.

A elección do concello foi debida a que é o meu lugar de procedencia. Pero este

non foi o único motivo, senón que tamén o escollimos porque este concello non só

conta con espazos costeiros senón tamén cunha zona interior de montaña, que o

converte nun concello moi rico en recursos naturais para a elaboración do mesmo, Xa

que ten cinco praias, numerosos cantís, dous ríos (Guilán e Regueira) e varios montes,

a cota mas alta é o Pau da Vella cunha altura duns 705 metros.

Por último, escollín aos escritores Rosalía de Castro e Ánxel Fole porque as

obras La hija del mar e Á lus do candil, me parecen moi apropiadas para a creación

dunha ruta literaria neste concello, xa que a presencia do mar é moi importante para os

seus habitantes e tamén hai unha gran tradición de contos de medo e lendas.

Antes de pasar ó corpo do traballo e necesario facer un breve resumo das

características do Concello de Xove.

Concello de Xove1

O concello de Xove pertence á comarca da

Mariña Occidental, está situado no norte da provincia de

Lugo. A súa superficie é 89,1 km2 e acolle a unha

poboación de 3496 habitantes polo que a súa densidade

de poboación é de 39,2 hab/km2.

O municipio presenta unha dispersión poboacional propia do medio rural galego

a excepción da capitalidade do concello, onde se concentra a maioría da poboación. No

aspecto económico, o sector secundario establecido en torno á empresa de alúmina-

aluminio Alcoa e as industrias do novo polígono, seguido do sector primario

relacionado prioritariamente co mundo do mar e un sector agrario dedicado á 1Datos recollidos do “Concello de Xove”, do “IGE” e da “Wikipedia”

Page 4: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

4

autosuficiencia. Pola contra, o sector servizos é máis ben escaso, aínda que está sufrindo

un auxe desde os últimos anos.

O clima é oceánico coma en toda A Mariña Lucense, presentando abundantes

precipitacións ao longo do ano e temperaturas suaves tanto no inverno coma no verán.

ROSALÍA DE CASTRO: BIOGRAFÍA E OBRA2

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837, é unha das escritoras máis

importantes en lingua galega é tamén unha das responsables

do Rexurdimento do galego. Escribiu tanto en galego como

en castelán. O 17 de maio dedícaselle o día das letras

galegas.

Rosalía recibiu en Santiago de Compostela

formación musical, artística e literaria tamén participou en

actividades do Liceo de la Juventud. Imaxe obtida3

Algunhas das obras de Rosalía de Castro son: Cantares Gallegos, Follas Novas,

La flor, A mi madre, En las orillas del Sar, El caballero de las botas azules. As

correntes ideolóxicas das súas obras son o socialismo e o republicanismo. Os xéneros

que traballou son poesía, novela e conto. A obra escollida para a ruta literaria é La hija

del mar.

2Datos recollidos da “Wikipedia” e do libro Castro,R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid. 3Poesía castellana: http://www.poesia-castellana.com/poetas/rosalia-de-castro.[08/12/2012]

Page 5: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

5

ANXEL FOLE: BIOGRAFÍA E OBRA4.

Ánxel Fole naceu en Lugo o 11 de agosto de 1903 e morreu o 9 de maio de

1986. É un dos escritores mais coñecidos en lingua galega. Os xéneros literarios que

traballou son narrativa, poesía, teatro e ensaio, aínda que os seus libros mas famosos son

os de contos, escribiu tanto en galego como en castelán. Ánxel Fole cursou estudios de

Dereitos e Filosofía e tamén Letras en Valladolid e Santiago, a pesar dos seus estudos

de dereito e filosofía dedicou toda a súa vida a literatura e o xornalismo. En 1997

dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

As súas obras máis importantes son: Á lus do candil publicada en 1952; Terra

Brava (1955); Pauto do demo (1958); Contos da néboa (1973); Historias de ninguén

(1985). A obra utilizada para esta ruta literaria e Á lus do candil.

RUTA LITERARIA

LOCALIZACIÓN

A ruta literaria transcurrirá ao longo de Xove, xa que con esta ruta o que se

pretende é utilizar tanto os espazos costeiros como a zona interior de montaña. Por este

motivo é unha ruta bastante longa que trancorre desde Xuances ata Lago, unha vez

chegamos a Lago daremos volta e regresaremos a Xove, onde faremos un descanso para

comer, logo seguiremos coa ruta que continuara desde Xove ata o monte de A Medela.

A ruta transcurrirá ao longo dun día, pola mañá faremos o percorrido de

Xuances a Lago, facendo pequenas paradas polo camiño, para a realización de

actividades. Sairemos de Xuances as 10:00 da maña e chegaremos a Xove as 14:00

teremos dúas horas para comer e descansar e as 16:00, continuaremos a ruta dende a

capitalidade do concello ata o monte A medela, unha vez alí faremos unhas actividades

e aproximadamente as 20:00 estaremos de regreso en Xove.

4Datos recollidos da “Wikipedia” e do libro Fole,A.(1997): Á lus do candil. Editorial Galaxia. Vigo.

Page 6: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

6

Parte que realizaremos pola maña (Imaxe obtida de Wikilok 5).

Distancia do percorrido: 14,56 km

Dificultade técnica: Fácil

Tempo do percorrido: Catro horas (contando o tempo necesario para a realización das

actividades).

Actividades que se van a realizar: Son a actividade 2 e a 3.(A descrición das actividades

atópase na páxina 12)

Imaxes do percorrido (obtidas de web Picasa6)

5 Blanco,J.(2012):“Wikilok”http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2987951. [12/12/2012]

6Albunes Picasa. (2011): “Ruta clausura 2011”

https://picasaweb.google.com/senderismoxove/RutaClausura2011CostaDeXove#56808

09884915675714.[12/12/2012]

Page 7: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

7

Ruta que realizaremos pola tarde (Imaxe obtida do wikilok 7).

Distancia do percorrido: 10,32 km

Dificultade técnica: Fácil

Tempo do percorrido: tres horas e media (contando o tempo necesario para a realización

das actividades )

Actividades que se van a realizar: A actividade 1 e a actividade 4 (a súa descrición

atopase na páxina 8-9)

Esta ruta literaria esta creada para traballar con adultos e con rapaces e rapazas

sen ningunha discapacidade física, xa que o percorrido escollido e demasiado longo

para realizalo con persoas maiores e con persoas con algunha discapacidade física.

Tampouco está pensada para realizar con nenos e nenas, xa que os contidos non están

adaptados a súa idade. Aínda que nun primeiro momento esta ruta non esta pensada nin

para nenos e nenas, nin persoas discapacitadas, nin persoas maiores sempre se pode

facer unha adaptación tanto dos contidos como do percorrido, para que estes poidan

realizar esta ruta literaria.

7Villaro.(2011): “Wikilok” http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1526250. [09/12/2012]

Page 8: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

8

OBXECTIVOS

Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta ruta literaria:

- Relacionar as obras dos autores de Anxel Fole e Rosalía de Castro coa ruta e

co entorno natural do Concello de Xove.

- Coñecer as obras Á lus do candil e La hija del mar

- Traballar a expresión escrita e oral a través da descrición da paisaxe e súa

posterior lectura.

ACTIVIDADES

Actividade 1

Nome: Contos de medo

Descrición: Despois de elixir os textos, no alto do cumio da Medela procederase a

lectura dos mesmos. Antes de proceder a lectura dos textos falarase do autor e da obra a

que pertencen, despois da lectura cada persoa pode participar contando unha historia de

medo.

Obxetivos: Relacionar a obra de Anxel Fole Á lus do candil co monte de A Medela

Os fragmentos da obra Á lus do candil elixidos para a súa lectura son: “Os

Lobos”(páx.41-46)8 e “Os defuntos falaban Castelao” (páx.97- 104)9

Fragmento de Á lus do candil, “Os lobos”: “Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacas ás persoas. E isto non é certo. O segredario de Caldas foi comido por iles cando voltaba da feira de Viana. Algúns dixeron que o mataran por arroubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de ondia o comeron foi atopado un lobo morto coa gorxa afuraiada por unha bala. Aquiles días viran os pastores unha manada de dez cunha loba con tres lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da serra de Moa. Ó parecer, despois de esgotados os cartuchos, quixo subirse a un albre, mais non puido. Alí esta a seu carón, o revólver con sei cartuchos baleiros no bombo. [...] Polas primeiras horas todo foi ben. Non viu amosas de lobos por ningures. Parouse a acencder un pitelo inantes de chegar á lindeira da devesa de Bonxa. Mais de alí a un

8 Fole, A.(1997): Á lus do candil. Editorial Galaxia. Vigo. 9Fole, A.(1997): Á lus do candil. Editorial Galaxia. Vigo.

Page 9: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

9

pouquichiño ouviu patuxar nun trollo. Xa sabedes que é terreo fondal ondia se encora a iauga. Unha miaxiña dispois ouviu un longo aulido. I outro lle respondeu de outra banda da valgada. Tamén se sentiu unhas carreiriñas polos dous lados do camiño. Os lobos seguían chamándose os us ós outros. Por sorte pra il, había moitos seixos no camiño. Encheu tódolos petos de coios. Non me dixo que empezara a ter medo, mais eu coido que si... Dous lobos grandísimos fórono acompañando. Iban sempre par dil, ás dúas maos. Cáseque parecían dous cas que foran con seu amo. Se il se paraba, tamén iles se paraban. Algunhas veñes púñanse diante. Entón, o capador guindáballes un coio. E batíalles... Os lobos desapartábanse. No máis fondal dunha congostra tivo que pasar un pontigo.Había esgotado as pedras que trouguera nos petos. Xa lle quedaban poucos fósforos. Do outro lado do pontigo viu unhas luces como de vagalumes. Acendeu un fósforo. Non había pedras no camiño. Tivo que coller bulleiro coas maos e tirarllo ós lobos, ó mesmo tempo que berraba moi forte. Ergueuse un e deixouno pasar. Cecais foran seis. A todos lles relocían os ollos. Un diles botoulles os dentes á cachaba i arrincoulla da mao. Íbanse metendo nil cada vez máis.[...] Pra que vexades como traballan os lobos”.

Fragmento de Á lus do candil, “Os defuntos falaban castelao”: “Nunha vila da ribeira do Sil aconteceu o que vos vou a contar. Fixérame moita gracia cando o ouvira. O camposanto da vila queda a un tiro de escopeta da carretera, pouco máis ou menos. É unha vila pequena. O nome non fai ó caso. Era por unha tarde de outono, cara á noitiña. O camposanto aínda está ben arredado dila.[...] A escopeta de Don Ramilo abaneábase como unha xonza un día de vento. Cando ouviu decir,¡Vamos alla!, fuxiu dando brincos como se o demo fose tras il. E todos botaron a correr, cada un o que podía. A don Ramilo, ó galgar un valo, caíuselle a escopeta, disparándoselle os dous tiros. Sentiron que tocaba un corno no camposanto.[...] E tan soio queda o do corno. O corno era pra a sinal, pra que o auto se achegara ó pé da corredoira do camposanto. Estaba agardando na carretera. Il daríalle a contraseña, tocando o corno; o do auto contestaría tocando a bocina. Por iso decía o noivo, !Vamos allá¡. Ninguén se debe poñer a escoitar tras dunha porta, menos tras a porta do campo santo”

A elección destes fragmentos débese a que están moi relacionados co entorno no

que se procedera a súa lectura, xa que nesta zona existen numerosas lendas de medo

sobre os lobos e mortos viventes no campo santo. Pero este non foi o único motivo polo

que foi escollido este lugar, senón que ademais e un entorno ideal para as historias de

medo porque case sempre hai néboa, e está rodeado de moito monte o camiño e de terra

e bastante estreito e sempre fai vento, polo que os ruídos das arbores son normais, todo

isto axuda a crear un clima de medo ideal para a realización desta actividade.

Page 10: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

Actividade 2

Nome: Busca do tesouro

Descrición: Para a realización da actividade dividirase o grupo en pequenos equipos de

cinco membros. Cada grupo debera nomear un capitán. A cada capitán daráselle un

folio con 5 pistas, cada pista levara a un fragmento dun texto, do libro La hija del mar

de Rosalía de Castro, o primeiro equipo que consiga reunir e ordenar correctamente os

fragmentos do texto e sexa o primeiro en lelo será o gañador. Trala lectura, cada persoa

dirá o que lle transmitiu ler ese fragmentos da obra de Rosalía de Castro fronte o mar,

sentindo os salseiros na cara e o cheiro a salitre.

Obxetivos: Coñecer dunha forma amena e divertida a obra de La hija del mar de

Rosalía de Castro.

Os fragmentos escollidos para a realización desta actividade son os seguintes: “Un sol de invierno, claro, pero frío, ilumninaba, aquellas montañas que, ya graniticas, ya arenosas, tienen siempre ese aspecto desolado y salvaje de las comarcas estériles, en cuya tierra no brotan jamás ni arbustos ni verdura; y un silencio lleno de sordos y mistriosos rumores se extendía doquiera alcanzase el oído. El cielo estaba sereno; pero el cielo que cubre aquellos tristes paisajes no es de ese azul tranquilo en que el alma se espacia cuando nuestra mirada se alza hasta el, porque si allí hai días de sol y de calma, es una calma inquieta y zozobrante en la cual no se respira libertad, púes aquella mar de tornasoles sombríos comunica a la misma atmosfera sus turbados y glaciales vapores. La niebla densa y de un olor acre que de élla se levanta a la hora en que sale el sol, apaga las hermosas tintas de la mañana y cubre como un sudario aquella desnuda tierra que semeja una tumba. Allí no se escucha más que el silvido del viento y de unas olas siempre en lucha y que amenazan tragar los pequeños pueblecillos que se extienden a la orilla, como abandonados despojos de quien nadie se cuida. Algunos huertos guarecidos por elevados muros conservan a duras penas plantas raquíticas y agostadas por los torbellinos de arena que se levantan con la tempestad y las aplastan bajo su peso”. (páx. 35-36).10 “El sol blanqueaba ya las rojizas montañas sobre las cuales se asienta el faro de Finisterre, que parecía sobre aquellos picos desnudos y calcinados el nido del águila que desafía las tempestades y burla la sagacidad y vigilancia del hombre que no puede alcanzarla. Las aves marinas hacían sentir el ruído de su vuelo en medio de aquella soledad cuyo silencio solo éllas interrumpían al. compás del murmurar de las olas que entonces más que nunca parecían apaciguadas o dormidas. Algunas nubes ligeras y rosadas, flotando en ese cielo color de perla inimitable que el pincel no puede prestar a ningún horizonte, vogaban en la atmosfera semejando rosas orientais sobre una alfombra de zafiro, donde las huríes dejan impresa la leve y fugitiva huella de su paso. De cuando en cuando rodeaban al sol majestuosas y brillantes[...]. La mirada puede alcanzar hasta una inmensidad sin límites, severa y uniforme, el cielo y el mar se confunden en el lejano horizonte formando un solo cuerpo y en una sola línea, y el pensamiento se lanza alla donde no puede alcanzar la mirada y gira en un mundo que desconoce pero que adivina ”. (páx. 67-69)11

A elección destes fragmentos do texto e non outros foi debida a que a súa lectura

recórda a costa recortada, a néboa espesa das mañás, o sol brillante e frío do inverno e o

10 Castro, R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid. 11 Castro, R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid.

Page 11: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

vento do nordés que te enxordece da vila de Xove. Tamén escollemos estes fragmentos

porque nesta localidade o mar é sumamente importante, non só porque durante moitos

anos a xente vivía practicamente do mar, xa que a maior parte dos homes eran

mariñeiros, debido a isto existe neste concello unha gran cultura do mar, a xente

respéctao e admírao, e é coñecedora da súa beleza pero tamén do perigoso e traizoeiro

que pode ser o mar.

Actividade 3

Nome: Cos ollos pechados.

Descrición: Colocados por parellas, por turnos, vendaremos os ollos dun dos membros

do equipo (ou, simplemente, haberá que mantelos pechalos) e guiarémolos para explorar

diferentes elementos da natureza (formas, texturas, tamaños...).

Levaremos a cabo a descrición de cinco obxectos, do que nos transmitiron e as

características que fomos quen de identificar. Faremos tamén unha recollida fotográfica

dos mesmos.

Obxecivos: Experimentar as diferentes formas, texturas e tamaños que atopamos na

natureza.

Describir as diferentes formas, texturas e tamaños que atopamos na

natureza.

Actividade 4

Nome: 360º

Descrición: Aproveitando as preciosas vistas que hai do concello dende o monte A

Medela, realizaremos unha documentación fotográfica panorámica de 360 grados. A

actividade realizaranse en grupos de 5 persoas cada grupo deberá realizar unha foto e

facer unha breve descrición da mesma, ao finalizar cada equipo deberá ler a súa

redación sobre o lugar.

Obxetivos: Documentar de xeito fotográfico o concello de Xove.

Traballar a expresión escrita e oral.

Page 12: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

COMPARACIÓN COS ESCRITORES DA BRETAÑA

Galicia e Bretaña pese a pertencer a países distintos teñen bastantes cousas en

común, as dúas rexións se atopan no noroeste dos seus respectivos países. Tanto o clima

como a paisaxe son bastante semellantes entre si. En canto a lingua, dicir que tanto

Galicia como a Bretaña teñen unha lingua propia, no caso da Bretaña esta é o Bretón, é

unha lingua minoritaria, esto pode ser un claro exemplo do que pode suceder co Galego,

que é unha das linguas oficiais de Galicia nunhas décadas senón se remedia.

As obras que escollín para a elaboración deste traballo, son: Á lus do candil de Ánxel Fole e La

hija del mar de Rosalía de Castro. Son obras que ao igual que no caso de moitos escritores da

Bretaña a natureza ten gran relevancia, os elementos importantes que atopamos nalgunha destas

dúas obras son a auga, a pedra e a terra. Con respecto a esto resaltar un fragmento de texto de La

hija del mar, que di: “Tan solo el mar, majestuoso y medio dormido, suelta a los vientos su

melena de espumas que la rizan, y los brazos extendidos languidamente sobre la playa, como

león que se espereza o lame tranquilamente sus garra después de harto, es lo que preta vida a

aquella desnuda y árida naturaleza”.(páx.68)12 Este é un claro exemplo da representación da

natureza nesta obra, e mais concretamente do mar.

“Les menhirs la nuit vont et viennent

Et se grignotent

Les forêts le soir font du bruit en mangeant

La mer met son goëmon autour du cou et serre

Les bateaux froids poussent l´homme sur les ro-chers

Et serrent13”. (Terraqué, 1945 :57)

Neste poema bretón tamén se fala do mar, pero sen dúbida a principal semellanza que

atopamos entre eles é que dotan de vida os elementos, o mar e as pedras son presencias

animadas que estenden os brazos ou fan ruído comendo.

12 Castro, R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid. 13 Os menhires pola noite van e veñen/ e róense/ os bosques polo serán fan ruído comendo/ o mar pon as súas algas arredor do pescozo e apreta/ os barcos fríos empuxan ao home contra as rocas/ e apretan.

Page 13: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

Tanto para os escritores bretóns coma para os escritores galegos a natureza é

testemuña e símbolo da súa identidade, e intentan recuperala a través da natureza xa que

é o único que persiste o longo do tempo a pesar dos posibles ameazas que poidan

xurdín, tanto uns como outros buscan a súa identidade na natureza, na auga, na terra na

pedra. Tras dicir isto e para concluír quero resaltar esta frase do libro La hija del Mar

que di: “El sol se refleja de lleno en el fondo de aquel lago inmenso, único espejo de la

tierra, capaz de contener su sombra y, prestando a aquel cuadro digno del Eterno del

colorido de su gloria, aparecen juntos, en unidad grandiosa, cielos, sol y mar, ante

cuyas imágenes queda paralizada la imaginación y prosternado el espíritu”.(páx.69)14

14 Castro, R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid.

Page 14: CORREGIDO LITERATURA - copia.pdf

1

BIBLIOGRAFÍA

BIBLIOGRAFÍA

Fole, A.(1997): Á lus do candil. Editorial Galaxia. Vigo.

Castro, R.(1982): La hija del mar. Editorial Akal Editor. Madrid.

WEBGRAFÍA

Albunes Picasa. (2011): “Ruta clausura 2011”

https://picasaweb.google.com/senderismoxove/RutaClausura2011CostaDeXove#56808

09884915675714.[12/12/2012]

Blanco,J.(2012):“Wikilok”http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2987951.

[12/12/2012]

Concello de Xove: “Conoce Xove”; www.xove.es/conoce/ . [09/12/2012]

IET: “Punto de acceso a información xeográfica”;

http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html. [12/12/2012]

Villaro.(2011): “Wikilok” http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1526250. [09/12/2012]

Wikipedia.(2012): “Ánxel Fole”. http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81nxel_Fole. [02/12/2012]

Wikipedia.(2012): “Rosalia de Castro”. http://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro.[09/12/2012]