concerto letras galegas 2012

2
CONCERTO LETRAS GALEGAS 2012 BANDA DE MÚSICA DE BURELA www.bandadeburela.blogspot.com 5 de Maio 20:30 horas Auditorio Municipal Burela Frautas: Silvia Rozas Ramallal Nerea Fernández Iglesias Fagote: Andrés Pérez Quiroga Clarinetes: Jose Carlos Díaz Lorenzo Elena García Paleo Ana Gay Fernández Javier Oya Vidal Xoel Geada Geada Ana Otero Santo-Domingo Saxofóns altos: Samuel Rojo Álvarez Gabriel Bermúdez Álvarez Andrés Andrade García Andrés Pernas Maseda Saxofóns tenores: Nuno García Pico Denís Núñez Vázquez Lucía Bouza Orosa Trompas: Álvaro Crego Deán Ángel Gavela Martín Albano González Cancio Trompetas: Jesús Javier García Díaz Artur Penabade Cociña Lucía Gavela Martín Trombóns: Bruno Valle Yáñez Fernando Rgez. Raño Bombardino: Iago Rodríguez Hernández Tuba: Alberto Amat Salvador Contrabaixo: Mario Arranz Carreño Percusión: Israel Arranz Carreño Daniel Arranz Carreño Raúl Fernández Medina Miguel André González Pardo Banda de Música de Burela

Upload: banda-de-musica-burela

Post on 29-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Programa de man do concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Burela. 5 de maio de 2012.

TRANSCRIPT

Page 1: Concerto Letras Galegas 2012

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2012

BANDA DE MÚSICA DE BURELA

www.bandadeburela.blogspot.com

5 de Maio 20:30 horas

Auditorio Municipal Burela

Frautas:

Silvia Rozas Ramallal

Nerea Fernández Iglesias

Fagote:

Andrés Pérez Quiroga

Clarinetes:

Jose Carlos Díaz Lorenzo

Elena García Paleo

Ana Gay Fernández

Javier Oya Vidal

Xoel Geada Geada

Ana Otero Santo-Domingo

Saxofóns altos:

Samuel Rojo Álvarez

Gabriel Bermúdez Álvarez

Andrés Andrade García

Andrés Pernas Maseda

Saxofóns tenores:

Nuno García Pico

Denís Núñez Vázquez

Lucía Bouza Orosa

Trompas:

Álvaro Crego Deán

Ángel Gavela Martín

Albano González Cancio

Trompetas:

Jesús Javier García Díaz

Artur Penabade Cociña

Lucía Gavela Martín

Trombóns:

Bruno Valle Yáñez

Fernando Rgez. Raño

Bombardino:

Iago Rodríguez Hernández

Tuba:

Alberto Amat Salvador

Contrabaixo:

Mario Arranz Carreño

Percusión:

Israel Arranz Carreño

Daniel Arranz Carreño

Raúl Fernández Medina

Miguel André González Pardo

Banda de Música de Burela

Page 2: Concerto Letras Galegas 2012

Breves notas ao programa PROGRAMA Non chores, Sabeliña! Trátase dunha das últimas zarzuelas galegas (se

cadra a última), sendo continuadora dunha tradición que tivera o seu

explendor no primeiro terzo do s. XX, en parte debido ao florecemento da

música nacionalista, o intenso cultivo do teatro galego antes da Guerra Civil

e a importancia dos coros galegos. É unha obra custumista, tal como indica

Trapero Pardo no limiar: “escribíuse para que o Coro gallego Frores e

Silveiras, de Lugo, tivese ocasión de apresentar unhas estampas e

personaxes típicos da provincia...” Na música, obra de G. Freire, podemos

atopar tres elementos principais que a caracterizan: a corrente folclórica

(muiñeiras, xotas, alalás...), a corrente zarzuelística española (duetti

cómicos de inspiración castiza) e partes de carácter marcadamente persoal.

Lugo-Ferrol. Gregorio Baudot, compositor nado en Colmenar Viejo en

1884, que se instala en Ferrol en 1910 para dirixir a banda de Infantaría de

Mariña, agrupación coa que acadará un grande recoñecemento na

sociedade galega, como o 1º premio no Certame Internacional de Bandas

de Música, celebrado en Vigo en 1915. Lugo-Ferrol é unha das súas obras

para banda máis coñecidas, aínda que tamén destacou como compositor

sinfónico con obras como o poema sinfónico Dolora Sinfónica (1915), a

ópera Cantuxa (1928), a zarzuela Mari Lorenza (1930) ou a misa Gloria in

excelsis Deo (1911). Lugo-Ferrol é un pasodobre sobre aires populares e

forma parte do repertorio habitual das bandas galegas.

A noite do Santo Cristo. Esta obra de carácter rapsódico, está inspirada

en temas populares do folclore galego. Durante moito tempo circulou na

súa versión manuscrita co nome de Poema Galaico, baixo a autoría de J.

Montañés. Os estudos de investigación actuais demostraron que en

realidade se trataba dunha transcrición que tería feito Montañés a partir da

obra de Cambeses, titulada A noite do Santo Cristo, rapsodia na que

aparecen os principais xéneros da música tradicional galega: alalás, xotas,

muiñeiras, foliadas... A versión que hoxe se interpreta é unha edición

transcrita e revisada polo musicólogo Luís Costa.

Negra Sombra. Balada Galega Nº 3. Estamos diante dunha das pezas

máis coñecidas da música galega. É tanto así, que deu en chamarse “o

segundo Hino Galego”. Composta orixinariamente por Xoán Montes como o

número 3 da Fantasía para grande orquestra e laureada co primeiro premio

no certame celebrado pola Sociedade “Aires d'a miña terra” da Habana,

axiña foi arranxada para banda (1892), orfeón e tamén para voz e piano

(1897). Na actualidade existen numerosas versións de grupos de distintos

estilos que van desde o folk ao pop e incluso o rock.

Burela. Pasodobre Galego. Trátase dun pasodobre de homenaxe a Burela,

vila de adopción do seu compositor, Israel Arranz. Aínda que de formación

clásica desde os seus inicios, actualmente Arranz centra os seus estudos no

mundo do jazz e a improvisación. Burela non é só unha homenaxe a un

lugar, quere ser tamén unha pequena homenaxe ás bandas de música

populares que tiveron un papel fundamental no desenvolvemento musical e

cultural de Galiza, e como non, tamén é unha homenaxe á banda de

Burela, da que Arranz formou parte desde moi novo.

Airiños Aires. Rapsodia Galega. Airiños Aires é unha das obras máis

interpretadas polas bandas galegas. Trátase dunha rapsodia na que

encontramos algúns dos motivos máis coñecidos do folclore galego, entre

os que encontramos alalás, xotas, foliadas ou muiñeiras.

Martiñika. Pasodobre-Xota. Composición de Roxelio Groba de clara

inspiración popular, caracterizada por unha forma e unha estrutura

harmónica sinxelas e por unha liña melódica moi recoñecible.

Roberto Bouça

Non chores, Sabeliña (Zarzuela Galega) ______ Texto: Trapero Pardo. Música: Gustavo Freire

I. Preludio

Lugo-Ferrol (pasodobre sobre aires galegos) _____________________ Gregorio Baudot

A noite do Santo Cristo (Rapsodia Galega) _______________________ Hixinio Cambeses

Negra Sombra (Balada Galega Nº 3) ________________________________ Xoán Montes

Burela (pasodobre galego) _______________________________________ Israel Arranz

Airiños Aires (Rapsodia Galega) __________________________________ Gustavo Freire

Martiñika (pasodobre-xota) _____________________________________ Roxelio Groba

Dirixe: Roberto Bouça Orosa

Subdirección: Israel Arranz Carreño