as cidades e o mundo urbano

9
TEMA 5 AS CIDADES E O MUNDO URBANO 1. O POBOAMENTO URBANO 1.1. CONCEPTO DE CIDADE O poboamento é o tipo de asentamento humano que se da nun territorio. Este pode ser rural (pobos e aldeas) ou urbano (cidades). Os criterios para definir cidade son: O número de habitantes. En España, defínese como cidade a todo núcleo de poboación que supere os 10000 habitantes. Nos países escandinavos unha cidade é unha concentración de máis de 200 habitantes. A actividade económica dos seus residentes. Deben predominar as actividades dos sectores secundario (industria) e terciario (servizos). A súa forma ou morfoloxía. As cidades contan con espazos densamente habitados e urbanizados, con predominio de vivendas en altura, unha extensa rede de vías públicas e infraestruturas de transport e (estación de buses, ferrocarrís, aeroportos, conexións con autoestradas,...). Os hábitos e costumes dos seus habitantes: ritmo de vida máis estresante, relacións persoais máis individualistas, maior consumo e gasto, xente de distinta procedencia, maior oferta cultural... 1.2. FUNCIÓNS URBANAS As funcións urbanas son as actividades que fixeron desenvolver as cidades e cambian co tempo: Residencial: é a que ocupa máis solo urbano. Comercial e financeira: o comercio leva de seu outras actividades paralelas (bancos, hoteis…). Administrativa e política: as cidades constitúen centros da administración e do poder político, moitas son capitais de Estado: Washington, Moscú, París,... Industrial: moitas cidades medraron impulsadas pola industrialización e hoxe gran parte das industrias sitúanse na periferia das mesmas. Algunhas cidades destacan por ter unha función principal que pode ser relixiosa (A Meca, Roma, Xerusalén), cultural (Florencia), turística (Ibiza), universitaria (Oxford),... 2. O CRECEMENTO URBANO ACTUAL 2.1. A EXPLOSIÓN URBANA En 1800 soamente o 3% da poboación mundial vivía en cidades. Hoxe en día, uns catro mil millóns de persoas (54%) viven en espazos urbanos. É máis da metade da poboación mundial. A poboación urbana non adiantou á rural ata 2005. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1

Upload: rubempaul

Post on 10-Feb-2017

105 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: As cidades e o mundo urbano

TEMA 5AS CIDADES E O MUNDO URBANO

1. O POBOAMENTO URBANO

1.1. CONCEPTO DE CIDADE

• O poboamento é o tipo de asentamento humano que se da nun territorio. Este podeser rural (pobos e aldeas) ou urbano (cidades).

• Os criterios para definir cidade son:

◦ O número de habitantes. En España, defínese como cidade a todo núcleo depoboación que supere os 10000 habitantes. Nos países escandinavos unhacidade é unha concentración de máis de 200 habitantes.

◦ A actividade económica dos seus residentes. Deben predominar as actividadesdos sectores secundario (industria) e terciario (servizos).

◦ A súa forma ou morfoloxía. As cidades contan con espazos densamentehabitados e urbanizados, con predominio de vivendas en altura, unha extensarede de vías públicas e infraestruturas de transporte (estación de buses,ferrocarrís, aeroportos, conexións con autoestradas,...).

◦ Os hábitos e costumes dos seus habitantes: ritmo de vida máis estresante,relacións persoais máis individualistas, maior consumo e gasto, xente de distintaprocedencia, maior oferta cultural...

1.2. FUNCIÓNS URBANAS

• As funcións urbanas son as actividades que fixeron desenvolver as cidades ecambian co tempo:

◦ Residencial: é a que ocupa máis solo urbano.

◦ Comercial e financeira: o comercio leva de seu outras actividades paralelas(bancos, hoteis…).

◦ Administrativa e política: as cidades constitúen centros da administración e dopoder político, moitas son capitais de Estado: Washington, Moscú, París,...

◦ Industrial: moitas cidades medraron impulsadas pola industrialización e hoxe granparte das industrias sitúanse na periferia das mesmas.

◦ Algunhas cidades destacan por ter unha función principal que pode ser relixiosa(A Meca, Roma, Xerusalén), cultural (Florencia), turística (Ibiza), universitaria(Oxford),...

2. O CRECEMENTO URBANO ACTUAL2.1. A EXPLOSIÓN URBANA

• En 1800 soamente o 3% da poboación mundial vivía en cidades. Hoxe en día, unscatro mil millóns de persoas (54%) viven en espazos urbanos. É máis da metadeda poboación mundial. A poboación urbana non adiantou á rural ata 2005.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1

Page 2: As cidades e o mundo urbano

ANOS POBOACIÓN MUNDIAL EN MILLÓNS POBOACIÓN URBANA POBOACIÓN RURAL

1800 978 3% 97%

1900 1.650 15% 85%

2000 6.070 47% 53%

2014 7.204 54% 46%

2050 9.600 66% 34%

Fonte: United Nations Population Division

• As sociedades preindustriais eran sociedades rurais. Nos países desenvolvidos, aindustrialización iniciada a mediados do século XVIII provocou que moitoscampesiños se trasladasen ás cidades (éxodo rural) co conseguinte crecementourbano. Nun principio ese fenómeno reducíase ás cidades occidentais pero, desde ofinal da II Guerra Mundial (1945), as cidades do terceiro mundo protagonizaron oproceso de urbanización e non paran de crecer.

• Nas sociedades do primeiro mundo viven en cidades tres de catro persoas. Esaproporción crece a pouca velocidade. mesmo algunhas perden poboación, desdefinais do século XX, porque o transporte privado permite que moitas persoas residanno campo e traballen na cidade. Asia e África son responsables do incremento dapoboación urbana nas últimas décadas: as cidades son vistas como lugar deoportunidades e exercen unha gran atracción sobre a poboación rural.

2.2. AS AGLOMERACIÓNS URBANAS

• No 2015, trinta e catro aglomeracións urbanas no mundo eran megacidades, é dicir,superaban os 10 millóns de habitantes, a maior parte en Asia. Á fronte de todaselas atopamos a área urbana xaponesa de Tokio-Yokohama coa espectacular cifrade case 38 millóns de habitantes.

• As cidades, ao medrar, forman grandes áreas urbanas como:

◦ Área metropolitana: abrangue unha gran cidade e a zona urbana que a rodea:Madrid.

◦ Conurbación: fórmase cando varias áreas metropolitanas crecen e chegan aunirse formando un continuo urbano: Rotterdam-Amsterdam

◦ Megalópole: é o conxunto de varias conurbacións enlazadas. Bos-Was.

2.3. A XERARQUÍA URBANA

• Unha rede urbana é un conxunto de cidades relacionadas entre si, entre as que seestablece unha xerarquía urbana, é dicir, o nivel de importancia que ten unhacidade respecto ás demais, que depende do tamaño, da cantidade de funcións e daextensión da área de influencia que ten.

• Os niveis básicos da xerarquía urbana mundial son:

◦ Metrópoles globais: exercen unha influencia mundial. Son sedes de empresasmultinacionais, principais bancos e bolsas e organismos internacionais. Tokio,Londres, Nova York.

◦ Metrópoles mundiais: teñen proxección internacional. Adoitan ser sedes demultinacionais: París, Moscova, Pekín...

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2

Page 3: As cidades e o mundo urbano

◦ Metrópoles nacionais: adoitan ser capitais de Estado. Concentran numerosasfuncións e servizos. Lisboa, Madrid,...

◦ Metrópoles rexionais: son cidades que exercen influencia sobre unha rexión:Lyon, Milán, Valencia...

3. A MORFOLOXÍA URBANA

3.1. O PLANO URBANO

• Denomínase morfoloxía urbana á forma e organización espacial da cidade. É poriso que a morfoloxía urbana estuda a distribución de rúas e edificios e quedareflectida no seu plano. A morfoloxía urbana está moi condicionada poloemprazamento ou espazo físico sobre o que se asenta a cidade. Algunhas cidadesforon construídas sobre un outeiro, xunto a un río ou fronte ao mar, o que condicionao seu desenvolvemento espacial.

• O plano urbano é a representación gráfica, a escala, dunha cidade onde serepresenta o trazado das súas rúas e prazas, edificios, zonas verdes, monumentos,infraestruturas e vías de comunicación. Os tipos de plano máis frecuentes son:

◦ Plano irregular. É propio de zonas urbanas que medraron de xeito espontáneo,sen planificación. As rúas son estreitas e tortuosas e a súa disposición éanárquica. É moi típico das cidades medievais europeas e das cidades musulmás.

◦ Plano ortogonal: Responde a unha planificación realizada en forma decuadrícula. As rúas son rectas e córtanse perpendicularmente. É propio dascidades gregas e romanas da antigüidade, e sobre todo dos barrios que xurdironnas cidades europeas a partir século XIX (ensanches). Para ir dun extremo dacidade ao outro deseñáronse avenidas diagonais. Ex.: Barcelona.

◦ Plano radiocéntrico. Planifícase desde un núcleo central, tradicionalmenteocupado por unha praza,a partir do que saen rúas como se fosen raios dunhabicicleta que son cortadas por outras rúas ou roldas, formando círculosconcéntricos. Ex. Moscú.

3.2. A ESTRUTURA URBANA

• Xeralmente, as grandes cidades adoitan ter un plano complexo no que, debido asucesivas ampliacións, combínanse planos diferentes. Por iso, pódense distinguirnas cidades as seguintes áreas ou zonas, cunha trama urbana diferenciada:

◦ Casco antigo ou histórico, corresponde ao centro histórico da cidade, o plano éirregular. Alberga os monumentos e edificios máis antigos, adoita incluírimportantes actividades comerciais. No centro dalgunhas cidades, e na áreasurbanas de recente desenvolvemento, como é o caso das cidadesnorteamericanas, parte do casco histórico foi substituído por barrios de negociosonde abundan rañaceos. Estes barrios chámanse polas siglas inglesas CBD ouCentral Business District ou Downtown (centro das cidades en EE.UU.).

◦ Ensanche, son áreas planificadas e edificadas a partir do século XIX, que amplíana extensión da cidade máis aló dos centros históricos. Os seus planos poden serradiocéntricos e ortogonales. Están formadas por bloques de vivendas de variospisos, polo que cumpren unha función residencial, aínda que tamén albergan

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3

Page 4: As cidades e o mundo urbano

numerosas actividades comerciais e de servizos.

◦ Barrios periféricos, xurdiron durante o século XX, formados por grandesbloques de vivendas (con alta densidade de poboación) ou cidades-xardín(zonas residenciais de vivendas unifamiliares, cun maior nivel de servizos epoboación de maior poder adquisitivo). Con frecuencia, nas proximidades destasáreas localízanse polígonos industriais e grandes centros comerciais paraabastecer á poboación.

◦ O casco antigo e o ensanche forman hoxe o centro urbano, mentres que aperiferia, que forma parte do crecemento da cidade polo territorio, ten límitesimprecisos entre o rural e o urbano (área periurbana) polo que se fala de cidadedifusa.

4. O PROCESO DE URBANIZACIÓN

• O proceso de urbanización é o desenvolvemento, crecemento e concentración dapoboación en cidades. Iniciouse na antigüidade e continúa na actualidade.Distínguense tres etapas: preindustrial, industrial e postindustrial ou actual.

4.1. A CIDADE PREINDUSTRIAL

• É a parte dunha cidade dende as súas orixes ata o século XIX.

• As primeiras cidades teñen milenios de antigüidade e orixináronse enMesopotamia.

• Coas civilizacións clásicas de Grecia e Roma as cidades adquiren gran relevanciae, en moitos caso, son a orixe de cidades actuais. As cidades gregas tiñan un planoortogonal e contaban con espazos públicos como a ágora. As cidades romanas tiñanun trazado regular, contaban cunha praza principal (o foro), dúas rúas principais (ocardus e o decumanus), canalizacións, pavimentos,...

• Na Idade Media, as cidades eran pequenas, rodeadas por unha muralla, de planoirregular con rúas estreitas e curtas, sucias, sen rede de sumidoiros nin auga potable.Tiñan funcións económicas, relixiosas, políticas e lugar de refuxio. Era frecuente aexistencia de barrios nos que se agrupaban as xentes por relixión (xudería, mourería)ou por oficio (gremios). O centro da cidade adoitaba estar ocupado por unha praza,onde se situaba a catedral e o mercado. Nesta época xorden novos barrioschamadas burgos. Moitas cidades europeas conservan nos seus centros históricos apegada medieval no seu plano e nas edificacións.

• Durante a Idade Moderna, as cidades experimentaron importantes melloras. O planodas cidades do Renacemento, do Barroco e da Ilustración recuperou os ideais deplanificación, simetría e orde. Edificáronse grandes palacios e templos.Embelecéronse con prazas, xardíns, fontes e abríronse novas rúas. Melloraron ascondicións hixiénicas e sanitarias coa construción de redes de sumidoiros,pavimentación das rúas, lavadoiros,...

4.2. A CIDADE INDUSTRIAL

• É a parte dunha cidade que corresponde ao crecemento provocado pola revoluciónindustrial, durante os séculos XIX e XX.

• Paralelamente á instalación das fábricas nas cidades, estas experimentan unha

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4

Page 5: As cidades e o mundo urbano

serie de cambios:

◦ Rápido crecemento no número de habitantes debido ao éxodo rural e ao propiocrecemento demográfico o que obriga a derrubar as murallas.

◦ Configuráronse novas áreas residenciais diferenciadas por clases sociais:

▪ Os ensanches, cerca do primitivo centro urbano, ocupados pola burguesía,con confortables vivendas e un trazado regular.

▪ Na periferia, xurdiron os barrios obreiros, con vivendas que, en moitoscasos, non reunían as mínimas condicións de hixiene e salubridade.

◦ Progresiva dotación de servizos urbanos como rúas pavimentadas eiluminadas, auga corrente nas vivendas, recollida do lixo, e rede de transportepúblico urbano (tranvía, tren, autobuses)... Destas melloras beneficiábanse ocentro e os ensanches burgueses, case nunca os barrios obreiros da periferia.

4.3. A CIDADE POSTINDUSTRIAL OU ACTUAL

• É a parte da cidade que corresponde á expansión producida a partires da segundametade do século XX. O sector terciario predomina sobre calquera outraactividade. Destaca o continuo crecemento e expansión polas áreas próximas.

4.3.1. AS CIDADES DOS PAÍSES DESENVOVÍDOS. CARACTERÍSTICAS

▪ As cidades grandes frearon o seu crecemento, as medianas non.

▪ Os cascos antigos sufriron un progresivo abandono e deterioro, por iso,moitos países levan a cabo políticas urbanísticas de recuperación erehabilitación destes espazos.

▪ A periferia urbana experimenta unha enorme expansión dando orixe ás áreasmetropolitanas nas que se inclúen as cidades dormitorio. Os límites entre ourbano e o rural desaparece e pásase ao que se chama cidade difusa ouárea rururbana.

▪ A dispersión da poboación dá como resultado a creación de diversas áreas naperiferia:

• Os polígonos industriais nos que se instalan fábricas e industriasafastadas do núcleo urbano, pero unidos a este por boas vías decomunicación, e os parques tecnolóxicos onde se instalan industriaspunteiras (telecomunicacións, biotecnoloxía,...)

• Áreas de equipamento: centros comerciais, complexos deportivos,hospitais, campus universitarios,... Infraestruturas de comunicacións:avenidas, roldas periféricas, aeroportos,...

• Os barrios residenciais. A escaseza de solo edificable nas zonas céntricasencarece o prezo das vivendas, de modo que xorden barrios de diversostipos: barrios de infravivendas (chabolas en España), barrios de vivendasen altura (torres de pisos) ou de forma horizontal (vivendas unifamiliares).

4.3.2. AS CIDADES DOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS. CARACTERÍSTICAS

▪ O crecemento urbano é moi alto debido á chegada masiva de xente docampo e á alta natalidade. Proliferan as infravivendas ou chabolas deautoconstrución.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5

Page 6: As cidades e o mundo urbano

▪ Diferenciación clara entre a cidade e o rural.

▪ Fortes contrastes entre as luxosas residencias e a míseras autoconstruciónsque ocupan barrios enteiros (favelas, slums,...).

▪ Caos urbanístico e de tráfico polo crecemento desordenado e a escaseza deinfraestruturas.

5. PROBLEMAS DAS GRANDES CIDADES

• Problemas de vivenda para os grupos máis desfavorecidos.

• Problemas de tráfico e de circulación: atascos, falta de estacionamentos,...

• Problemas de equipamento e infraestruturas de certos barrios.

• Problemas de delincuencia e marxinación social.

• A especulación urbanística que incrementa o prezo das vivendas.

• Contaminación atmosférica xerada pola emisión dos vehículos, calefaccións eindustrias.

• Contaminación acústica debido ao ruído dos vehículos, das fábricas, da maquinariaou dos locais comerciais e de ocio.

• Contaminación polos residuos tanto sólidos como líquidos que contaminan asaugas, os solos e degradan a vexetación.

• Gran consumo de enerxía non renovable (petróleo, gas natural).

6. AS CIDADES EUROPEAS6.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN EUROPA

• Europa foi un dos primeiros continentes do mundo en industrializarse e, por tanto,en gañar poboación urbana. A inicios do século XIX só o 15% da poboación deEuropa Occidental vivía en cidades. En 1900 a poboación urbana da Europa máisrica, a occidental, aproximábase xa ao 50%. Na actualidade viven en cidades case o75% dos europeos.

6.2. AS CIDADES EUROPEAS SEGUNDO O SEU TAMAÑO

• As cidades europeas concéntranse no eixo que une Manchester, no Reino Unido,con Milán, no norte de Italia.

• París, Londres, Moscova teñen en Europa a categoría de megacidades.

• A rede urbana de Europa distínguese da do resto do mundo polo predominio dascidades de menos dun millón de habitantes.

6.3. A XERARQUÍA URBANA EUROPEA

• As cidades globais son aquelas que teñen un peso político, económico edemográfico tan forte que as fai capaces de influír en todo o planeta. Londres sería aúnica cidade europea nesa categoría.

• París e Moscova, cun peso político e demográfico é considerable, poden serconsideradas metrópoles internacionais.

• Como xa dixemos, en Europa predominan as cidades de mediano e pequenotamaño. Estas cidades son metrópoles nacionais, porque condicionan a actividadeeconómica dos Estados dos que forman parte. Berlín, Madrid, Bruxelas.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6

Page 7: As cidades e o mundo urbano

• A fortaleza de moitas cidades pequenas está no sector financeiro (bancos):Xenebra e Zúrich Frankfurt. Noutras cidades o sector turístico ten unha granrelevancia: Florencia. Outras basean a súa fortaleza na súa condición de eixos decomunicación: portos de Marsella, Xénova, Liverpool ou Hamburgo rexistranenormes movementos de mercadorías.

6.4. O MODELO DE CIDADES MEDIAS E PEQUENAS DE EUROPA

• A rede urbana europea era xa moi densa en tempos do Imperio romano (do século Ia.C. ao V d.C.). A densidade urbana acrecentouse durante a Plena Idade Media,etapa na que xurdiron un gran número de cidades en Europa.

• O moderado tamaño das cidades europeas permítelles manter unha boa calidadede vida: centros de atención médica e servizos educativos, densas redes detransporte público e a ampla presenza de espazos verdes.

• Con todo moitas cidades europeas padecen serios problemas de desemprego, enespecial entre a poboación nova.

• En Europa a pobreza urbana e os fenómenos de chabolismo son menos acusadosque nas cidades doutros continentes. Con todo, o desemprego fixo aumentar adesigualdade social nas cidades europeas. Certos barrios das grandes cidadesconvertéronse en guetos de inmigrantes e poboación marxinal. A segregaciónestá detrás de moitos episodios de violencia e criminalidade que ameazan aconvivencia nas cidades europeas.

7. AS CIDADES ESPAÑOLAS E GALEGAS

7.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN ESPAÑA E EN GALICIA

• A poboación urbana en España segue unha evolución parella á do conxunto deEuropa. A inicios do século XIX a poboación urbana en España andaba polo 10% dapoboación total, e medra sen descanso ata 1980, ano no que vivían en espazosurbanos o 70% dos españois. No 2015 achegábase ao 80%.

• En Galicia o proceso aseméllase, se ben a porcentaxe de poboación urbana ésempre algo menor. No 2015 só o 70% dos galegos vivían en municipios de máis de10 000 habitantes.

7.2. O PROCESO DE URBANIZACIÓN

• A cidade preindustrial:

◦ Moitas cidades españolas teñen unha orixe romana (Barcelona, Mérida, Lugo,...).Os musulmáns tamén fundaron algunha como Madrid. As cidades cristiás naIdade Media viviron un importante crecemento e en Galicia naceron cidades comoSantiago ou Pontevedra. Na Idade Moderna algunhas cidades experimentaron unimportante crecemento como Valladolid, Madrid ou Ferrol.

◦ As cidades eran pequenas e estaban rodeadas de murallas. O plano urbanomáis frecuente era o irregular con trama compacta e pechada.

◦ O casco histórico das cidades españolas e galegas é desta fase. Nalgúns casosestán sendo rehabilitados e recuperando poboación.

• A cidade industrial:

◦ A industrialización e o éxodo rural favoreceron o crecemento urbano.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7

Page 8: As cidades e o mundo urbano

◦ En moitas cidades derrubáronse as murallas e construíronse novos barrios: oensanche era o barrio residencial burgués (Barcelona, A Coruña,...), cun plano encuadrícula; os barrios obreiros situábanse na periferia, estaban mal deseñados eas edificacións era de mala calidade.

• A cidade postindustrial ou actual:

◦ A industria perdeu importancia como factor de desenvolvemento urbano en favordas actividades do sector terciario.

◦ As grandes cidades frearon o seu crecemento en favor das cidades medias epequenas.

◦ Nesta etapa postindustrial ten un gran desenvolvemento a periferia urbana, naque se poden diferenciar varias áreas:

▪ Área residenciais: barrios de chabolas, vivendas de protección oficial, barriosde promoción privada.

▪ Áreas industriais: é onde se instalan os polígonos industriais, os parquesempresariais e os parques tecnolóxicos.

▪ Áreas de equipamento e servizos: grandes superficies comerciais, campusuniversitarios, hospitais, instalacións deportivas,...

7.3. O SISTEMA URBANO ESPAÑOL

• Un grupo de cidades conforma unha rede urbana cando mantén estreitas relaciónsde tipo económico ou social. En España diferéncianse os seguintes eixes urbanos:

◦ O eixe atlántico galego: esténdense pola consta galega e destacan Vigo e ACoruña como cidades principais.

◦ O eixe cantábrico: espállase pola costa do Cantábrico, desde Asturias ata o PaísVasco. Destaca Bilbao como cidade principal, ademais de Xixón, Donostia ouSantander.

◦ O eixe do val do Ebro: serve de corredor que une as cidades do Cantábrico coasdo Mediterráneo. Ten como centro máis importantes Zaragoza.

◦ O eixe Mediterráneo: Esténdese por toda a costa oriental, desde Cataluña ata Murcia. Contén unha cidade de gran tamaño e unha forte posición internacional, Barcelona. Outras cidades importantes nesta área son Valencia, Murcia ou Alacante.

◦ O eixe andaluz:Corre polo val do Guadalquivir e a costa de Andalucía, con Sevillae Málaga como cidades destacadas. Tanto nesta rede como na anterior, soncidades que dependen en boa medida do turismo e da industria agrícola.

7.4. A XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLA

• O sistema urbano español está constituído por un conxunto de cidades de diferenteimportancia e influencia. Nelas distínguese a seguinte xerarquía:

◦ Metrópoles nacionais: Madrid e Barcelona superan os 4 millóns de habitantescoas súas áreas metropolitanas. Exercen influencia sobre todo o territorio e actúancomo enlace con outras cidades do mundo. Nelas están as principais sedespolíticas, financeiras e de empresas multinacionais.

◦ Metrópoles rexionais: Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga e Bilbao. Exercen

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8

Page 9: As cidades e o mundo urbano

unha influencia rexional e contan con numerosos servizos. Teñen unha poboaciónque supera os 500.000 habitantes.

◦ Metrópoles subrexionais: Valladolid, Murcia, Vigo, A Coruña,... exercen unhainfluencian nas súas comunidades autónomas. Dispoñen de servizosespecializados e unha rede metropolitana menor. Teñen unha poboación entre os200.000 e os 500.000 habitantes.

◦ Cidades medias: son a maioría das restantes cidades que son capitais deprovincia. Desempeñan funcións menos especializadas e a súa área de influenciae provincial. Teñen entre 50.000 e 200.000 habitantes.

◦ Cidades pequenas ou vilas: Son localidades dotadas de equipamentos einfraestruturas básicas cunha influencia comarcal. A súa poboación oscila entre os10.000 e os 50.000 habitantes.

7.5. A XERARQUÍA E A REDE URBANA DE GALICIA

• A xerarquía das cidades galegas diferenza tres categorías:

◦ Dúas cidades destacadas: Vigo e A Coruña con influencia en toda aComunidade. Son metrópoles subrexionais e contan con áreas metropolitanas encontinua expansión.

◦ Cinco cidades de tamaño medio: Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra eFerrol.

◦ Numerosas cidades pequenas e vilas: Vilalba, Monforte, Lalín, Carballo,Betanzos, Verín... que actúan como cabeceiras de comarca.

• Para a súa localización diferéncianse dous conxuntos:

◦ Eixe urbano atlántico, unha franxa costeira que se estende dende Ferrol áfronteira portuguesa e no que destaca a rexión urbana de Vigo-Pontevedra e a daCoruña-Ferrol.

◦ O interior, no que destacan Lugo e Ourense e os centros comarcais.

• As cidades galegas xunto coas do norte de Portugal conforman o Eixo Atlántico.Este grupo de cidades comezaría en Ferrol e prolóngase ata Oporto (Portugal) epretenden fomentar a colaboración entre elas e acadar obxectivos comúns.

Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 9