interior terrestre e tectÓnica de placas

Post on 24-Jan-2016

67 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

INTERIOR TERRESTRE E TECTÓNICA DE PLACAS. CN 2º ESO Mª Eugenia Alba Torreiro. AS ONDAS SÍSMICAS. Son vibracións do terreo producidas nos terremotos. As que poden viaxar longas distancias polo interior terrestre, chámanse ondas P e ondas S . Rexístranse nos SISMÓGRAFOS . - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

INTERIOR TERRESTRE E TECTÓNICA DE PLACAS

CN 2º ESO

Mª Eugenia Alba Torreiro

AS ONDAS SÍSMICAS Son vibracións do terreo producidas nos

terremotos.

As que poden viaxar longas distancias polo interior terrestre, chámanse ondas P e ondas S.

Rexístranse nos SISMÓGRAFOS.

As ondas P son as máis rápidas. Se pasan por unha capa líquida ou fundida van a menor velocidade .

As ondas S viaxan con menor rapidez que as P e nos medios líquidos ou nos fundidos non se propagan.

DISCONTINUIDADES SÍSMICAS

INTERIOR TERRESTRE

LITOSFERA E PLACAS TECTÓNICAS

Litosfera: Codia + Manto Superior ata a Astenosfera.

É ríxida: rompe cando está sometida a grandes presións.

Non é continua, está fragmentada en anacos xigantescos que son as Placas Tectónicas

Tipos de Litosfera

Litosfera continental. Está baixo os continentes. Rochas de densidade baixa. Pode chegar aos 150 km baixo as cordilleiras.

Litosfera oceánica. Baixo os océanos. Moito máis delgada. As rochas son máis densas que as da continental.

Placas máis importantes

Grandes

Placa Euroasiática. Placa Pacífica. Placa Africana. Placa Norteamericana. Placa Sudamericana. Placa Antártica. Placa Indoaustraliana.

Pequenas

Placa de Nazca. Placa Arábiga. Placa de Cocos. Placa Filipina. Placa del Caribe. Placa de Fuca. Placa da India.

AS PLACAS E OS SEUS BORDOS

Bordos diverxentes: As placas sepáranse a ambos os dous lados do eixe das dorsais. Neles orixínase litosfera oceánica, polo que se denominan bordos constructivos.

Bordos pasivos: As placas deslízanse lateralmente. Non se crea nin se destrúe litosfera oceánica. Son as fallas de transformación. Nelas prodúcense terremotos.

Falla de San Andrés

BORDOS DE PLACAS

Bordos converxentes:As placas chocan con grandes presións e a litosfera dunha delas afúndese cara ao Manto. Neles destrúese a litosfera oceánica.

Orixínanse:

• Fosas oceánicas.• Terremotos.• Volcáns.• Cordilleiras.• Metamorfismo das rochas.

VolcánsCando a temperatura no interior terrestre aumenta ata fundir as rochas, orixínanse os magmas.

Os magmas teñen pouca densidade e ascenden polas presións.

Se alcanzan a superficie, grazas a fisuras ou gretas, fórmanse os volcáns. Hainos subaéreos e submarinos.

A saída de materiais a través dun volcán chámase erupción.

Na erupción pódense expulsar Piroclastos, Lavas e Gases.

Produtos expulsados polos volcáns

Piroclastos

Bombas: Os máis grandes. É material fundido que solidifica no aire. Poden pesar unha tonelada.

Lapilli: de 2 a 64 mm.

Cinza: Diámetro menor de 2 mm. Poden acadar gran altura.

Lavas

Fórmanse cando o magma acada a superficie e expulsa os gases.

Poden ser moi fluídas con temperaturas de 900 a 1200 ºC.

Poden ser menos quentes (700-900 ºC) e ser pastosas ou viscosas.

Gases

Os principais son:• Vapor de auga.• Dióxido de carbono.• Dióxido de xofre.

Se os gases exercen moita presión, as erupcións son moi explosivas e violentas.

Unha vez que se perden os gases, as erupcións dan paso a unha emisión tranquila de coadas de lava.

Tipos de erupcións volcánicas

• Hawaiana• Stromboliana• Vulcaniana• Peleana

Riscos volcánicos

Lavas: Destruen cidades, cultivos, bosques …

Gases: Danan os aparatos respiratorios de persoas e animais.

Fluxos de piroclastos e nubes ardentes: Masas moi quentes que descenden a gran velocidade. Moi destrutivos.

Lahares: Coadas de barro que se forman pola fusión da neve que había no cumio do volcán. Moi perigosas para as poboacións próximas.

Risco volcánico

Volcáns de bordo de placa: En bordos converxentes (cordilleira andina) e bordos diverxentes (dorsais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico).

Volcáns de intraplaca: O magma ascende puntualmente desde zonas profundas do Manto. Illas Canarias e Hawai.

Predición e prevención A predición pretende coñecer con antelación cando e onde

vai a acontecer a erupción dun determinado volcán. Baséase nos indicios que preceden ás erupcións:

terremotos, saída de gases, elevación da temperatura das augas subterráneas, elevación do terreo, etc.

A prevención pretende a adopción de medidas para minimizar os danos que poden causar os volcáns.

a) Elaboración de mapas de risco volcánico.b) Desenvolvemento de programas de Protección Civil.c) Construcción de canles, para desviar as lavas ou de

diques, para frear os lahares.

Terremotos ou Sismos

Sacudidas bruscas de intensidade variable e, xeralmente, de curta duración.

Localízanse nos bordes de placas. Tamén poden orixinarse nas erupcións volcánicas, choques de meteoritos ou artificialmente.

Mídense coa magnitude e a intensidade.

Hipocentro e epicentro

O hipocentro ou foco sísmico é o lugar, no interior terrestre, onde se orixina o terremoto.

O epicentro é o primeiro punto da superficie terrestre onde se percibe o terremoto.

Intensidade e magnitude

A intensidade é unha medida baseada nas sensacións percibidas polas persoas e nos efectos que producen os terremotos nos terreos e nas construccións.

A escala M.S.K. ten doce graos: I e II, pequenos e XI e XII, devastadores.

A magnitude mide a enerxía liberada no terremoto.

Emprégase a escala de Richter, que non ten límite superior. Os máis grandes tiveron magnitudes próximas a 9, pero con 5 xa poden causar danos.

DIACLASAS EN GRANITOS

Riscos sísmicos

Os movementos sísmicos de gran magnitude poden provocar: movementos do terreo, caída de edificios, rotura das conducción de gas e electricidade con incendios, destrucción de presas, que provocan inundacións, etc.

As ondas sísmicas nas zonas mariñas poden xerar ondas xigantescas, chamadas tsunamis ou maremotos.

Predicción e prevención sísmica

A predicción é moi complexa. Os terremotos son movementos moi breves que carecen de fenómenos previos fiables para poder determinar con exactitude o momento no que se pode producir.

A prevención é moi importante nas zonas de risco.

a) Elaboración de mapas sísmicos.b) Construcción de edificios sismorresistentes.c) Desenvolvemento de programas de Protección Civil.

top related