ccss. tema 3. inicios da idade contemporÁnea

Post on 09-Feb-2017

552 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O INICIO DA IDADE CONTEMPORÁNEACIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016

AS FONTES HISTÓRICASO traballo do

historiador consiste en recompilar testemuños do pasado para poder localizalos no tempo e interpretalos. Eses materiais son as fontes históricas.

AS FONTES HISTÓRICASPodemos agrupalas en 3 tipos:

As fontes escritas son o principal recurso dos historiadores. A aparición da escritura marca o final da Prehistoria e o comezo da Historia.

Os historiadores tamén estudan os obxectos. Son as fontes materiais, como a cerámica, as ferramentas, os ósos... que os arqueólogos extraen das escavacións.

Para as etapas máis recentes da Historia tamén se utilizan fontes gráficas, como cadros, películas, esculturas e fotografías.

MEDIDAS DO TEMPO HISTÓRICOO tempo agrúpase en unidades de medida. Ademais dos

anos, os lustros (cinco anos) e as décadas (dez anos), empréganse medidas máis amplas, como os séculos (cen anos) e os milenios (mil anos).

Na nosa cultura, organizamos as datas a partir do nacemento de Cristo, feito que contamos como ano 1. Se os feitos ocorreron antes, escribimos as letras a. C. e contamos de forma descendente ata chegar ao un. Se son posteriores, engadimos d. C. e contamos de maneira ascendente.

AS CAUSAS E AS CONSECUENCIASOs feitos históricos non están illados, senón

que forman unha sucesión relacionada entre si como causas e consecuencias: Causas: para comprender un feito histórico é

necesario entender as causas que o provocaron, é dicir, os motivos que o explican. Estas causas son múltiples e diversas, o que obriga a coñecer e analizar os acontecementos que tiveron lugar con anterioridade.

Consecuencias: o feito histórico estudado produce á súa vez uns efectos que serán a orixe de novos acontecementos históricos.

PREHISTORIA

Divídese en 3 etapas: Os primeiros humanos viviron no Paleolítico. Eran nómades

e protexíanse do contorno en covas. Subsistían grazas á caza e á recolección. Aprenderon a fabricar as primeiras ferramentas e dominaron o lume.

Durante o Neolítico, os seres humanos aprenderon a controlar a agricultura e a gandaría, fixéronse sedentarios e lograron grandes avances, como a cerámica, o tear ou a roda.

Xa na Idade dos Metais, as persoas descubriron como traballar o metal e estendéronse as primeiras redes comerciais entre cidades.

IDADE ANTIGA

Algunhas cidades dos vales fluviais de Mesopotamia, Exipto, a China ou a India creceron grazas ao comercio na Idade dos Metais. Foron as primeiras civilizacións da Historia.

Máis tarde desenvolvéronse culturas mediterráneas, como Grecia e Roma. Esta creou un grande imperio e chegou a conquistar os pobos do norte. Aquí estableceron provincias con grandes cidades e deixaron unha gran pegada cultural.

IDADE MEDIAA comezos da Idade Media, a vida urbana decaera

e, tras a fin de Roma, o continente quedou dividido en reinos xermánicos. Neles desenvolveuse un sistema feudal.

O Imperio islámico invadiu o reino visigodo e dominou a Península, onde fundou Al-Ándalus, un dos maiores centros económicos e culturais da época. Fronte ao islam, os cristiáns iniciaron a chamada Reconquista de Al-Ándalus.

Ao longo deste período, a vida urbana quedou nas mans da burguesía, e recuperáronse o comercio e o desenvolvemento cultural.

IDADE MODERNAOs turcos conquistan Constantinopla e

o descubrimento de América deron paso a unha época. A nova Idade Moderna estivo marcada por grandes avances e por enormes descubrimentos científicos e xeográficos. 

A sociedade moderna era aínda estamental. Un dos principais exemplos de monarquía autoritaria foron os Reis Católicos. Baixo o seu reinado produciuse a unión dinástica dos territorios de Castela e Aragón, o inicio da colonización de América, e púxose fin á Reconquista da Península Ibérica.

IDADE MODERNAA crise da Monarquía Hispánica chegou no século

XVII. Foi provocada polas malas colleitas, as guerras, a peste, a emigración a América e os gastos da monarquía que, ademais, delegou as súas funcións en validos. 

En 1700 os Borbóns subiron ao trono español. Superaron a crise e impuxeron a centralización do Estado e o absolutismo monárquico. Os últimos reis da Idade Moderna introduciron algunhas reformas ilustradas.

IDADE CONTEMPORÁNEAHai pouco máis de douscentos anos, as ideas

ilustradas, os cambios sociais e a chegada das revolucións tecnolóxicas, sociais e políticas puxeron fin á Idade Moderna e á sociedade estamental.

Neste periodo a poboación mundial medrou sete veces máis ca en todas as idades previas. Ademais, xurdiron as primeiras leis que protexen a igualdade de dereitos entre todas as persoas. Tamén se produciu un gran desenvolvemento tecnolóxico.

AS REVOLUCIÓNS DO S.XVIIIA Revolución Industrial

comezou coa aparición da máquina de vapor: queimando carbón quentábanse enormes caldeiras de auga, cuxo vapor se usaba para obter enerxía de movemento. De tal xeito, a máquina puido aplicarse tanto nas fábricas téxtiles, para mover enormes teares, coma nos trens e barcos de vapor.

En 1789 estalou a Revolución Francesa.O pobo levantouse contra as inxustizas

do absolutismo e organizouse un goberno baseado en ideas ilustradas como a igualdade de dereitos políticos e a liberdade. Estas ideas defendéronse en dous textos: a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, e unha Constitución que establecía o funcionamento dun Goberno democrático.

A REVOLUCIÓN FRANCESA

Un dos cambios no século XIX foi a aparición das clases sociais.

A nova sociedade pasou a dividirse segundo o diñeiro que posuía cada individuo:as clases altas, como os grandes

burgueses, eran ricas; as clases baixas, como os obreiros, eran

pobres.Entre ambos os grupos existían clases

medias.

A SOCIEDADE DE CLASES

Tamén melloraron as condicións de vida. Grazas aos avances técnicos, a agricultura empezou a producir máis alimentos. Ademais, as novas medidas hixiénicas e os avances médicos, como as vacinas, evitaron miles de mortes.

No século XIX loitouse por ampliar os dereitos dos cidadáns.

A SOCIEDADE DE CLASES

Pola súa banda, os obreiros das fábricas, que recibían o nome de proletariado, asociáronse para esixir unhas condicións laborais e de vida dignas e protagonizaron folgas e protestas. Esta loita coñeceuse como movemento obreiro.

A SOCIEDADE DE CLASES

ESPAÑA A COMEZOS DO S.XIX

Diferenciamos entre: Guerra da independencia Nacemento do liberarismo Volta ao absolutismo

En 1808, Napoleón Bonaparte gobernaba en Francia e estendía o seu imperio por Europa.

En España, o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando VII estaban enfrontados, o que permitiu ao emperador francés invadir o reino.

Os españois levantáronse entón contra o exército francés e loitaron na dura guerra da Independencia.

GUERRA DA INDEPENDENCIA

Na guerra da Independencia loitaron españois contra franceses, pero tamén se enfrontaron españois con diferentes ideas políticas, como nunha guerra civil.

Durante o conflito celebráronse as Cortes de Cádiz. Alí redactouse a primeira Constitución da Historia de España.

Era un texto liberal, é dicir, defendía conceder liberdades e dereitos aos cidadáns. Foi publicada o 19 de marzo de 1812.

O NACEMENTO DO LIBERALISMO

Tras a guerra, Fernando VII volveu ao trono español.

Este suprimiu a Constitución e recuperou o poder absoluto. Por esta razón, durante os anos seguintes sucedéronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas, que se prolongarían tras a morte do monarca.

Os habitantes de América, descontentos pola situación en España, proclamaron a súa independencia.

VOLTA AO ABSOLUTISMO

ESPAÑA NO S.XIX

Diferenciamos entre: Unha guerra polo trono Reinado de Isabel II Período de democracia Restauración

Fernando VII cambiou a lei de sucesión ao trono. A nova lei permitía que reinase a súa filla Isabel, que foi declarada herdeira.

Despois dá morte do rei o infante Carlos, irmán de Fernando VII, non aceptaba a nova lei de sucesión e reclamou o trono. Carlos foi apoiado polos absolutistas, chamados carlistas. Pola súa banda, a raíña rexente buscou o apoio dos liberais, que puideron aprobar a Constitución de 1837.

Os absolutistas enfrontáronse aos isabelinos na primeira guerra carlista.

UNHA GUERRA POLO TRONO

Isabel tiña tan só trece anos, pero as Cortes proclamárona raíña.

Durante o seu reinado, os políticos liberais organizáronse en dous partidos: Os moderados, que contaban co apoio das clases

acomodadas e defendían un liberalismo limitado ou conservador. Durante o seu goberno aprobouse a Constitución de 1845.

Os progresistas que agrupaban as clases medias e populares. Defendían ampliar as liberdades e que estas favorecesen máis sectores da poboación.

REINADO DE ISABEL II

O reinado de Isabel II prolongouse ata 1868 e un grupo de militares alzouse contra a raíña, que tivo que exiliarse en Francia.

A caída de Isabel II abriu un proceso democrático en España. A nova Constitución de 1869 estableceu unha monarquía parlamentaria, é dicir, había un rei pero non gobernaba. O rei elixido foi Amadeo I e afrontou numerosos problemas, que o levaron a renunciar ao trono.

Proclamouse entón a Primeira República Española, é dicir, o primeiro goberno sen monarca. Porén, un novo levantamento militar levou á restauración da monarquía en 1874.

PERÍODO DE DEMOCRACIA

Afonso XII de Borbón, fillo de Isabel II, foi restaurado no trono.

Nese período aprobouse a Constitución de 1876, máis conservadora ca a anterior, e un novo sistema de Goberno permitiu a alternancia dos dous partidos dominantes.

O sistema da Restauración perdurou tras a morte do rei. Cun fillo acabado de nacer, a súa esposa, María Cristina de Habsburgo, foi nomeada rexente.

Durante a súa rexencia perdéronse as últimas colonias españolas en América: Cuba, Porto Rico e Filipinas.

A RESTAURACIÓN

A burguesía logrou certo enriquecemento. Ademais esixiu dereitos políticos e chegou a converterse na clase social dominante.

As clases obreiras sufrían duras condicións laborais e gran pobreza. Estas desigualdades impulsaron as súas reivindicacións políticas.

No campo, os labregos tamén vivían en situación de pobreza extrema.

COMO ERA A SOCIEDADE DE CLASES?

A maioría da poboación era analfabeta e unha minoría gozaba dunha importante vida cultural.

Os artistas e escritores reflectiron os cambios do momento:A comezos do século XIX destacaron as obras

de Francisco de Goya. Os artistas e escritores do romanticismo reflectiron o ambiente revolucionario e a vida burguesa.

A mediados de século, os escritores e pintores do realismo reflectiron a realidade e retrataron a sociedade industrial.

CULTURA FRONTE O ANALFABETISMO

A finais do século XIX, os pintores impresionistas víronse influídos polos avances técnicos: a velocidade dos transportes de vapor, as primeiras fotografías… e plasmáronos nas súas obras.

Xa no paso ao século XX, escritores como Machado, Unamuno e Baroja formaron a Xeración do 98. Xuntos denunciaron os males da sociedade española e pediron a modernización do país e o seu acercamento a Europa.

CULTURA FRONTE O ANALFABETISMO

top related