cartas de inverno

Post on 11-Jan-2017

120 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CARTAS DE INVERNO

Agustín Férnandez Paz naceu en Vilalba en 1947. Actualmente reside en

Vigo. É perito industrial e licenciado en Ciencias da Educación. Por este

libro recibiu o Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995. Outras obras

súas son: Corredores de sombras e O centro do Labirinto.

Cartas de inverno conta a historia dun escritor, Xabier Louzao, que despois

dunha longa estadía en Quebec volve a Galicia; e do seu mellor amigo, o

pintor Adrián Novoa.

No comezo Adrián vive en Berlín, logo decide volver a vivir na terra na que

se criou, Galicia e múdase a unha “casa embruxada” en Doroña, Vilarmaior.

Adrián iralle mandando unhas cartas a Xabier, que unha espiral de enigmas

descobren os estraños sucesos que está a vivir na casa e que o levan a acudir

na súa axuda. Pero alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que

talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

Ademais dos protagonistas, hai outros personaxes como a irmá de Xabier,

OBRA: Cartas de inverno.

AUTOR: Agustín Férnandez Paz

COLECCIÓN: Xerais

Alba Viqueira Nouche 2º ESO A

Tareixa Louzao; o inspector Soutullo; o Bieito, dono do bar Sttugart; a

dona do Bieito, un mestre do colexio Andrade... Tamén se mencionan a

un afamado director de cine; a Josephine, unha profesora do

departamento moi especial para Xabier...

A historia iníciase cun narrador omnisciente. Despois van as cartas do

propio Xabier e logo as cartas de Adrián. Séguelle outro texto de Xabier,

a narración en primeira persoa de Tareixa, o anuncio da casa no

periódico e finalmente acaba cun narrador omnisciente.

O texto inclúe elementos de novela de terror, como casas antigas

encantadas e seres estraños; elementos propios da cultura galega: fala

dos castelo de Andrade e de petróglifos, mitos como o da Santa

Compaña,...

Na historia menciónanse moitos espazos como Quebec, Viveiro, Toquio,

Vigo... pero soamente se desenvolve en Berlín, Santiago de Compostela

e Doroña; principalmente en Doroña. O tempo é actual. Os personaxes

da novela ben poderían ser reais todos e o que lles sucede, pertence á

literatura fantástica.

Agustín Fernández utiliza unha linguaxe moi sinxela, doada de

comprender e creo que nada rebuscada.

Este libro gustoume moito. É un dos típicos libros que empezas a ler e

non podes parar, non te podes despegar del. Ademais, é de misterio, que

polo xeral me gustan moito. Soamente hai unha cousa que non foi do

meu agrado: en ningún momento nos di o que hai na casa, só di: “teñen

fame”. Non obstante, son seres malignos que atraen a súa atención para

logo atrapalo irremediablemente...

top related