carta pais16
Post on 17-Jan-2017
160 Views
Preview:
TRANSCRIPT
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
Dna. Rocío Méndez Penela como directora do CPI UXIO NOVONEIRA de
Pedrafita do Cebreiro, informa aos pais/nais do alumnado deste centro que
próximamente celebraranse eleccións para a renovación do Consello Escolar do
centro.
O Consello Escolar é o órgano de goberno do centro no que está representada
toda a comunidade educativa sendo moi importante que nel teñan presenza os
pais/nais (intercambio de información, participación na vida do centro, toma de decisión conxunta de
todos os sectores da comunidade educativa, etc.) e xa que no consello actual non había
representación deste colectivo, dende o centro convidámosvos a que reflexionedes
sobre a importancia de ter un/unha representante por parte dese sector e que vos
animedes a presentarvos como candidatos xa que de non existir ningún volvería a
quedar o Consello Escolar sen representante por parte do sector pais/nais dos
alumnos/as.
Son elixibles os país e nais ou, se é o caso, os titores legais que formulen a
candidatura oficial segundo o modelo que facilitamos con esta circular. As
candidaturas poderán ser presentadas ata as 17:00 horas do día 11 de novembro
de 2016.
Enviamos tamén o calendario establecido pola Xunta Electoral para o
desenvolvemento do proceso de elección de membros do Consello Escolar no que se
refire ao sector dos pais/nais.
O sorteo dos membros da mesa electoral para o día das votacións realizarase
en acto público, entre os país e nais que NON se presenten como candidatos o día 16
de novembro ás 13 horas. Dita mesa estará composta pola Directora, que actuará
como presidenta, e 4 pais/nais, actuando como Secretario/a o de menor idade.
A campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 22 de novembro ambos
inclusive.
As votacións realizaranse no centro o día 24 de novembro de 13:00 a
16:00 horas. A mesa será constituída o mesmo día, en acto público, ás 12:30 horas.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 candidato,
debendo presentar como acreditación o seu DNI ou documento similar. O voto será
secreto e non delegable. NON se poderá votar por correo. Teñen dereito a voto pai e
nai.
Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público.
Un atento saúdo agardando a vosa participación,
Pedrafita do Cebreiro, 2 de novembro de 2016 A directora
Asdo. Rocío Méndez Penela
top related