ao meu querido astronauta

Post on 14-Apr-2017

24 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Aira Portos Rey 2º ESO B

Ao meu querido astronauta:

Vexo o tempo pasar ante os meus ollos, mirando impasible e veloz como te observo dende a distancia e as estrelas suplícanme que te esqueza, pero a Lúa obrígame a quererte. Cada vez que te vexo, estrelas fugaces percorren o meu corpo e podo asegurar que a túa voz é o meu osíxeno nun espazo solitario, baleiro. Que garden as armas e miren ao ceo! Que contemplen e palidezan ante o teu fermoso sorriso!

Somos astronautas que flotamos entre miles de asteroides, co medo continuo de perdernos e non volver vernos máis. Sería perder o meu osíxeno, que o corazón se me saíse do peito para converterse nun anaco de carbón e xuntarse cos outros asteroides, nun deserto de corazóns rotos.

Pero tamén son covarde, porque me é máis fácil adorar a paixón coa que falas dende a distancia a dicircho e arriscarme a que xa non me mires igual e fuxas de ser o meu planeta para converterte no doutra persoa. É isto unha carta de amor? Non, é de dolor, dunha dor fonda e silenciosa que fai que as nosas órbitas se separen, por moito que queira mantelas xuntas.

Encerrei o meu amor nunha gaiola e tireina ao lado dunha flor que creceu e elevoume aos ceos arroupada entre os seus pétalos, para durmir ante unha lúa que pedía perdón e unhas estrelas empáticas que gardaban silencio recubertas polas nubes.

Quedei durmida cun "Quérote" na punta da lingua, pero, lamentablemente, o espazo non permite que o son se propague.

top related