a praia dos afogados

Post on 13-Apr-2017

175 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A PRAIA DOS AFOGADOS

Domingo Villar naceu na cidade de Vigo no ano 1971. Na actualidade reside en Madrid, onde exerce de crítico gastronómico nunha emisora de radio e colabora en diversos medios de comunicación escritos. As súas obras están enmarcadas na novela negra. Escribiu dúas, moi populares, Ollos de auga e A Praia dos afogados, esta última conta tamén cunha película filmada en terras galegas.

Os protagonistas desta historia son o inspector da comisaría de Vigo e o seu axudante, o aragonés Rafael Estévez. Un día apareceu un corpo nas rochas da praia de Paixón. Ao principio todo indicaba que se trataba dun suicidio, pero tras o informe e a autopsia do cadáver, o forense identificou o corpo, que era de Xusto Castelo, alcumado o Rubio, e mais o mesmo di que foi asasinado pola forma da atadura das bridas que tiña nas mans. O inspector, entón, ponse a facer pescudas e encóntrase con que o morto estivera embarcado nun barco chamado “Xurelo” ala polo ano 1995 no que naufragaron. O capitán do barco aparecera morto unhas semanas despois, e os outros tres tripulante salváronse: Xose Arías, Xusto Castelo e Marcos Valverde. Ao mesmo tempo decatouse de que esa mesma noite do naufraxio desaparecera da vila de Aguiño una muller chamada Rebeca Neira que conversara cos mariñeiros antes de naufragaren…

O libro trata dunha historia policial que se desenvolve nestas vilas mariñeiras das rías Baixas: Vigo, Aguiño, Panxón e Monteferro.

Canto á estrutura, é unha novela dividida en capítulos e cada capítulo comeza cun título e unha palabra coa súa definición. Nesta obra podemos diferenciar tres partes básicas:

-A primeira, onde nos presenta o tema do relato que chegaría ata o exame do cadáver por parte de Leo.

-A segunda parte estaría formada por todas as pescudas que fai o inspector co seu axudante ata dar coa gravación da casa que está preto do faro onde apareceu o bote de Xusto Castelo.

-A terceira e última parte, onde encontran o asasino de Xusto Castelo, do capitán Sousa e de Rebeca Neira.

Os personaxes son persoas do ámbito real, entre as cales está o protagonista, Leo Caldas, inspector da comisaría de Vigo e colaborador nun programa de radio chamado “Patrullas nas ondas”. A el non lle resultaba moi interesante nin emocionante o programa. Era un fumador empedernido, amante do viño e da boa comida, que goza mirando as ondas do mar.

O inspector axúdase do seu colaborador Rafael Estévez,un zaragozano serio e forte. Rafael, que xa leva meses en Galicia non se acostuma á ambigüidade dos galegos e ao seu carácter en xeral.

O Rubio, Xusto Castelo, é o que aparece morto en Panxón; fai que se reabra o caso de Rebeca Neira, a investigación do Xurelo e do propio Xusto. Este, xunto cos seus compañeiros Arias, Valverde e o capitán Sousa naufragaron había uns anos no mesmo día que desaparecería Rebeca Neira.

Xosé Arias, un mariñeiro alto e corpulento, marchara a Escocia tras o naufraxio e volvera uns anos antes a Panxón.

Marcos Valverde é una persoa que conseguía todo o que se propoñía e dálle igual como alcanzar o seu obxectivo.

Outros personaxes secundario son o pai de Caldas, que posúe uns viñedos . Tamén cómpre nomear o tío de Leo que estivo moito tempo ingresado no hospital por una enfermidade e contra o final da narración saíu e foi vivir á casa do pai de Caldas. Tamén encontramos a Alba,

crese noiva de Caldas, pero que se separaron polo que conta a novela. Non obstante, Caldas segue acordándose moito dela.

A novela está contada en terceira persoa por un narrador omnisciente, e presenta frecuentes diálogos entre os personaxes.

Como xa dixen antes, este libro presenta uns espazos reais, que se poden recoñecer con facilidade, e que son escenarios das Rías Baixas: Vigo, Aguiño, Panxón e Monteferro. Canto ao tempo, desenvólvese no presente, nunha época semellante á actual, pero con frecuentes voltas ao pasado, por canto se reconstrúe outro caso acaecido.

A lingua que se utiliza na novela é fácil de entender, sen palabras descoñecidas que precisen a axuda do dicionario.

Algún dato de interese pode ser como ao final Caldas logra saber que o asasino de Sousa, Xusto e Rebeca é a mesma persoa… As bridas e o todoterreo da gravación son elementos fundamentais para dar con el.

A min persoalmente encántame este libro, porque narra perfectamente unha historia policial e é moi crible.

Samuel Ríos Iglesias, 3º ESO B

top related