15 de outubro - barrios

24
VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.9 Número: 18 - Ano: X - Outubro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx. 18 PROVINCIA Páx.17 Á esquerda, edificio que se destinará a albergue de peregrinos en Xinzo, no barrio de Abaixo. Á dereita, aspecto interior da Praza de Celanova, logo da reforma, na que hai aínda dous postos e a planta superior baleiros./M.REJO e S.NIETO. Seoane e Jiménez polemizan pola legalidade dunha obra Finalizan as obras de mellora na estación depuradora Nove concellos reciben axudas para rehabilitación Novos achádegos nas escavacións do castro de Armea O pavillón de Maceda leva o nome do biker Pablo Rodríguez Xinzo terá albergue Remata a reforma da Praza de Celanova [Páx. 8] [Páx. 16] [Páx. 17] Marisol Díaz Mouteira, nova delegada da Xunta en Ourense

Upload: barrios-xinzo-verin-allariz-celanova

Post on 23-Jul-2016

235 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

O futuro albergue de peregrinos de Xinzo de Limia e a reforma da Praza de Abastos de Celanova, na portada do número de outubro de Barrios.

TRANSCRIPT

Page 1: 15 de outubro - Barrios

VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.9

Número: 18 - Ano: X - Outubro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx. 18PROVINCIA Páx.17

Á esquerda, edificio que se destinará a albergue de peregrinos en Xinzo, no barrio de Abaixo. Á dereita, aspecto interior da Praza de Celanova, logo da reforma, na que hai aínda dous postos e a planta superior baleiros./M.REJO e S.NIETO.

Seoane e Jiménez polemizan pola legalidade dunha obra

Finalizan as obras de mellora na estación depuradora

Nove concellos reciben axudas para rehabilitación

Novos achádegos nas escavacións do castro de Armea

O pavillón de Maceda leva o nome do biker Pablo Rodríguez

Xinzo teráalbergue

Remata a reforma da Praza de Celanova[Páx. 8] [Páx. 16]

[Páx. 17]

Marisol Díaz Mouteira, nova

delegada da Xunta en Ourense

Page 2: 15 de outubro - Barrios

� BARRIOSOutubro de �015

VERÍN E COMARCA

Un momento da vendima nunha adega da DO Monterrei./PEDRO SENÉN ARAÚJO.

Redacción

O Concello de Verín porá en marcha un plan de rehabilitación de fachadas do centro histórico e asi-nará un convenio de co-laboración coa diocese de Ourense para reordenar a contorna da Igrexa Santa María a Maior de Verín.

O rexedor socialista, Ge-rardo Seoane, explicou que o plan consiste en arranxar fachadas e carpintaría para mellorar e homoxeneizar a imaxe do casco vello veri-nés, afectando ás fachadas das rúas Maior, Amaro Re-fojo, Cruz e Lisa. Dos 1�8 edificios que hai nas rúas citadas actuarase sobre 81. “As obras están valoradas en �97.000 euros dos que o concello, unha vez apro-be o próximo orzamento, incluirá unha cantidade enfocada a subvencio-nar, aproximadamente o 50%.”, explicou Seoane.

Convenio coa dioceseAmais, o alcalde anun-

ciou a sinatura dun conve-nio coa diocese de Ourense para realizar un concurso de ideas, enfocado a arqui-tectos, co obxecto de orde-nar a contorna da igrexa de Santa María a Maior. “O que queremos é poñer en valor a igrexa, buscar unha vía de comunicación entre a rúa Maior e a Alameda xunto con outros puntos de unión ao redor da igrexa e a praza de García Barbón” explicou Seoane. En canto ás participacións, a Igrexa achegará os terreos e algún edificio e o Concello de Verín encargarase da obra de rehabilitación e reorde-nación.

A este respecto, o PP

amosouse crítico co Gober-no municipal por anunciar este concurso “cando o que debería estar facendo é re-dactar o prego de contrata-ción dun equipo para que se encargue de realizar o novo Plan especial de protección e reforma interior do nú-cleo Histórico e do Barrio de San Lázaro”, afirmou

Verín subvencionará a rehabilitación de fachadas no casco histórico4 O plan municipal chegará a 81 edificios das rúas Maior, Amaro Refojo, Cruz e Lisa.

Gerardo Seoane, sinalando no plano a actuación na contorna da igrexa de Santa María a Maior./CdV.

O Concello de Verín quere organizar unha homenaxe aos irmáns Sulleiro, Don Jorge e Don Manuel, párrocos veteranos da Parroquia de Santa María a Maior. “En principio queremos facelo o �� de decembro, coincidindo coa data na que Don Manuel cumpre 50 anos de cura”, expli-cou o alcalde, Gerardo Seoane. A proposta leva-rase a pleno e proporase

nomear fillos predilectos da Vila de Verín aos dous párrocos e, en colabora-ción coa igrexa, realizar a homenaxe.

O voceiro popular, Juan Manuel Jiménez Morán congratulouse con esta proposta pero criticou a “dobre moral” de PSOE e BNG, pois en �013 -recordou- vota-ron en contra de darlle o nome de Irmáns Sulleiro Martínez a unha rúa.

o voceiro do partido da oposición, Juan Manuel Jiménez, pois, sen el, “non se pode realizar ningunha reordenación do contor-no da igrexa parroquial”. O popular recordou que o seu partido conseguira da Xunta unha axuda de 110.388 euros para con-tratar dito equipo.

4 Homenaxe aos irmáns Sulleiro

Proposto un concurso para ordenar a contorna da igrexa de Santa María a Maior

Redacción

A tempada de vendima 2015 finalizou en Monte-rrei cuns “resultados ex-celentes e tremendamen-te satisfactorios, tanto en termos cualitativos como cuantitavos”. Así o va-lorou a presidenta desta denominación de orixe, Asunción Rodríguez Za-rraquiños, quen abundou no feito de que a DO “incrementou dun modo moi relevante a súa pro-dución” e, o que é máis importante, “cunha uva dunha calidade maior, en relación á recollida en anos anteriores”.

Aumento da produ-ción amparada

No incremento da pro-dución en Monterrei, que este ano superou os 4,7 millóns de quilogramos, influíron diferentes fac-tores. Por unha banda, aumentou en 61 o nú-mero de viticultores que decidiron amparar a súa produción na denomina-ción de orixe (até situar-se nos 445 actuais), o que evidencia non só o auxe do sector vitivinícola na comarca de Monterrei, senón a aposta por in-

tegrar a colleita baixo o selo de calidade da deno-minación. Doutra banda, moitos dos viticultores que tradicionalmente xa integraban a súa produ-ción na DO aumentaron notablemente o número de hectáreas amparadas. Así, a produción amparada en Monterrei pasou de 467 hectáreas a 531.

Por tanto, un maior nú-mero de viticultores e un maior número de hectáreas constitúen dúas das claves que explican o incremento da produción en Monterrei. Xunto a isto, ao comezo da vendima non había prac-ticamente stock nas �4 adegas que compoñen esta denominación de orixe, o que lles permitiu contar co 100% da súa capacidade.

Finalmente, a excelente calidade da uva de Mon-terrei foi consecuencia das óptimas condicións meteorolóxicas rexistradas este ano e de ausencia de enfermidades fitosanita-rias nas cepas, valoraron os técnicos.

Uva de calidade e en cantidade, balance da campaña na DO Monterrei4 A colleita da vendima 2015 superou os 4,7 millóns de uvas.

A produción amparada pasou de 467 hectáreas a 531 hectáreas

4 A DO recibe a acreditación ENAC

A Entidade Nacional de Acreditación acaba de acreditar á Denomi-nación de Orixe Monte-rrei para a certificación dos seus viños. Deste xeito, Monterrei con-vértese na primeira das denominacións vitivi-nícolas da provincia, e na segunda das galegas, en obter esta prestixio-sa acreditación; un re-quisito imprescindible imposto pola Comisión Europea, que implicará unha maior profesionali-zación das súas adegas.

En opinión de Rodrí-guez Zarrasquiños, coa certificación ENAC, a DO de Monterrei expe-rimenta un “salto cuali-tativo transcendental”, pois permitirá “que o consumidor final posúa a fiabilidade absoluta de que detrás de cada bote-lla de Monterrei existe un control estrito de ca-lidade”. Así, o Consello Regulador pasará a rea-lizar labores auditoras e non meramente de ins-pección posto que “po-derá certificar os viños que ampara”.

Page 3: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

3VERÍN E COMARCA

Polémica entre goberno e oposición a raíz da paralización dunha obra4 O proxecto do edificio fora redactado polo arquitecto Gerardo Seoane antes de ser alcalde.

Edificio cuxas obras foron paralizadas, na esquina entre avenida Luis Espada e avenida de Portugal/M.REJO.

P.L.

Primeira polémica entre goberno e oposición de Verín a raíz da paraliza-ción da construción dun edificio cuxo proxecto foi redactado polo actual al-calde, Gerardo Seoane, ar-quitecto de profesión.

O inmoble en cuestión está situado no cruce entre a avenida Luis Espada e a avenida de Portugal, en pleno centro da vila do Tá-mega. Segundo informou o Concello, foi un expediente de Disciplina Urbanística, iniciado o �1 de setembro, o que obrigou á paraliza-ción das obras, como con-secuencia do desaxuste en-tre os traballos executados e a obra autorizada no seu día. Houbo modificacións nas plantas soto e baixa, na volumetría exterior e na composición de fachadas e ademais, o edificio elé-vase unha planta máis das autorizadas.

Desde o PP criticaron que Seoane só mandara parar as obras tras a súa denuncia pública de que estas eran ilegais. O seu voceiro, Juan Manuel Ji-ménez Morán, insistiu en que a paralización debía terse producido xa o 16

de xuño, cando entrou por rexistro no Concello a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que mandaba paralizar inme-diatamente as obras, “pa-ralización que non se fixo efectiva porque el é o alcal-de e o arquitecto da obra”, denunciou Jiménez.

Nesa resolución de Pa-trimonio requeríase ade-mais subsanar deficiencias consignadas nun informe previo do arquitecto mu-nicipal do 17 de abril, e realizar modificacións do proxecto. Explicou Jimé-nez Morán que malia que o promotor da obra pre-sentou o �5 de agosto un escrito no Concello solici-tando que non se aplicaran as condicións impostas pola Consellería de Cultu-ra (Patrimonio), a respos-ta do arquitecto municipal do �7 de agosto non lle foi favorable.

Este informe recolle li-teralmente que “non pare-ce haber dúbida da preten-sión por parte do promotor da actuación -e do arqui-tecto redactor dos proxec-tos (isto é Gerardo Seoane, actual alcalde de Verín)- de manexar ou aplicar a súa conveniencia os efec-tos e consecuencias da li-

cenza de obra concedida o 17/06/�014, toda vez que fai uso dela para iniciar as obras de construción do edificio, levándoo ata un moi avanzado nivel de execución segundo algun-has das condicións desa li-cenza, pero pretende agora eludir outras intrínsecas e expresas condicións reco-llidas nela relativas ao pre-ceptivo control e cautela por parte da Consellería de Cultura”.

Licenzas ilegais?O grupo de goberno

apóiase noutro informe, o de Disciplina Urbanística do �1 de setembro, para asegurar que as licenzas desta obra (que datan do �8 de agosto de �01� e do 17 de xuño de �014, cando gobernaba Jiménez Mo-rán) foron concedidas de xeito ilegal, “xa que non resultaba legalmente esixi-ble a necesidade da previa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cul-tural da Consellería de Cultura”. “Desta forma”, continúa o informe técni-co, “prexudicouse ao pro-motor da obra, ao incluír condicións de protección de patrimonio que non estaban xustificadas legal-

mente”. O Departamento de

Disciplina Urbanística continúa no seu informe explicando que “con data � de febreiro de �015 o promotor das obras soli-

citou unha nova licenza municipal de obras para modificar o proxecto pre-viamente autorizado de acordo coa nova normati-va urbanística municipal vixente, é dicir, o PXOM

de Verín de data 7 de de-cembro de �01�, que lle permite a ampliación dun-ha planta máis o edificio previamente autorizado”.

Os técnicos municipais sinalaron que este expe-diente administrativo está sendo tramitado confor-me ás disposicións legais aplicables, tras subsanar as deficiencias advertidas polos Servizos Técnicos Municipais.

Implicacións legaisJuan Manuel Jiménez

Morán anunciou que vai poñer en mans da asesoría xurídica do Partido Popu-lar o asunto para valorar as posibles implicacións le-gais de todo o acontecido. “Gerardo Seoane non pode alegar descoñecemento”, recalcou o ex rexedor.

Un informe do arquitecto municipal, de 27 de agosto, afirma que promotor e arquitecto aplicaron “á súa conveniencia” os efectos da licenza concedida

Mentres, o informe de Disciplina Urbanística asegura que as licenzas de 2012 e 2014 foron concedidas de xeito ilegal

Page 4: 15 de outubro - Barrios

4 BARRIOSOutubro de �015 VERÍN E COMARCA

Julio Viéitez e Diego Lourenzo./CdV.

Redacción

O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e o concelleiro de Servizos Públicos, Julio Vieitez, anunciaron a posta en marcha este mesmo mes dun operativo especial de limpeza na vila, formado por persoal e estrutura do propio Concello.

O tenente de alcalde aclarou que o novo go-berno tiña pensado poñela en marcha en xuño pero foran advertidos “de que este ano era excesivamen-te seco e se recollíamos auga do río corríamos o risco de que Verín quedase sen abastecemento. Polo tanto, decidimos agardar ata agora para facelo”. O dispositivo comezará a

O Concello de Verín ultima un operativo especial de limpeza4 Comezará a traballar no casco vello.

traballar no casco vello e a partir de aí, irase estenden-do ao resto da vila.

Lourenzo recalcou o carácter puntual da actua-

ción “pois a empresa neste momento non conta con suficiente persoal para fa-cer un operativo que nos permita adecentar a vila.

Do mesmo xeito, ao facelo con persoal do Concello conseguiremos facer unha revisión das rúas e ver ca-les son as necesidades es-

Revisará as bonificacións das ordenanzas a empadroados

pecíficas.”

Abrir a Eurocidade á mancomunidade

Por outra parte, o te-nente de alcalde anunciou que o Concello de Verín revisará as bonificacións das ordenanzas munici-pais para empadroados ou posuidores do carné do eurocidadán. “En-tendemos que con isto teremos moitas máis po-sibilidades que aumen-ten os abonamentos, por exemplo na piscina. Pre-tendemos fuxir de localis-mos e traballar máis con elementos da comarca no seu conxunto”, afirmou Lourenzo, que amosou a vontade “de apertura” da Eurocidade aos conce-llos da mancomunidade, “igual que fixo Portugal coas Xuntas de Freguesía. Teremos máis forza ao ter máis membros”.

A Eurocidade promove formación sobre agriculturaRedacción

A AECT - Eurocidade Chaves-Verín organiza o 15 de outubro unha ac-ción de formación sobre “Agricultura e Ambiente no Val do Támega”. A iniciativa terá lugar na súa sede, en Feces de Abaixo, entre as 16:30 e as �0:30 horas.

O obxectivo da forma-ción é sensibilizar sobre os efectos que os diferen-tes usos do chan, a xestión dos recursos hídricos e as prácticas agrícolas poden ter sobre o ambiente natu-ral do val do Támega, zona incluída na Rede Natura �000. Ademais, daranse a coñecer as actividades desenvolvidas dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza “Valoriza-ción ambiental do corredor ambiental do río Támega - VALTAMEGA”.

Page 5: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

5VERÍN E COMARCA

Actividades novidosas de orientación académica no IES García Barbón

Vista do programa de orientación escolar.

O instituto García Bar-bón de Verín puxo en marcha este curso no-vidosas actividades de orientación académica

Plataforma de Orien-tación en liña para o alumnado de Bachare-lato

Os estudantes de �º de Bacharelato do IES García Barbón teñen a sorte de poder utilizar sen custo a plataforma de orientación en liña UVE-NI. Tal novidoso recurso permite a realización de múltiples actividades de información e orienta-ción académica ao longo do curso.

Toda a actividade pe-dagóxica realizada na plataforma UVENI axu-da no proceso de toma de decisións de futuro ao alumnado de �º de Bacharelato. Podese consultar en internet en: http://bit.ly/1NpXEW3

Programa de Orienta-ción escolar 2015/2016 para o conxunto do alumnado

Un curso máis, os mo-zos e mozas do centro

verinés dispoñen do Pro-grama de Orientación Es-colar “Orienta �015/�016” –que se pode baixar sen custo-. No blog de Orien-tación publican informa-

ción sobre o Programa Orienta na que se detalla a utilidade do programa para dispoñer de información sobre os múltiples itinera-rios académicos e a posibi-

lidade de realizar distintos cuestionarios de orienta-ción profesional –actuali-zado convenientemente ao curso �015/�016-

Pódese consultar en internet en: http://bit.ly/1VGToG4 ; e no teléfono móbil en http://www.orien-taline.es/?yafxb=41564

Saída pedagóxica a Portugal do alumnado de 2º de Bacharelato

Os estudantes viaxarán no vindeiro mes a cidade do Porto, facendo un per-corrido polos seus lugares máis emblemáticos -o pa-lacio de Cristal, o merca-do de Bolhao ou a praza da Libertade-. Tamén se realizará unha parada en Guimaraes para visitar o seu casco histórico e o seu fermoso castelo. A saída rematará en Pena Aventu-ra, onde se dedicará o tem-po a diversas actividades recreativas (entre outras, paintball, tirolina e salto negativo)

Dous anos de informa-ción educativa en Barrios

En outubro de �013 co-mezamos a publicar men-sualmente no periódico Barrios información de in-terese para a comunidade educativa sobre as activi-dades e novidades do IES García Barbón. Por iso, queremos facer memoria e facilitar unha viaxe vir-tual que se pode visitar en: http://bit.ly/1jQL59B

Redacción

O Instituto Cameral de Idiomas da Cámara de Ourense abre o prazo para inscribirse nas clases de inglés, alemán e portugués do novo curso en Ourense e Verín.

A súa finalidade é ca-pacitar aos alumnos no axeitado uso dos idiomas, facilitando un nivel ópti-mo de comunicación no ámbito laboral e profe-sional cos interlocutores

doutros países. En Verín, as sesións celebraranse na Casa dá Xuventude ao longo de nove meses, des-de o 19 outubro a xuño, mes no que se realizarán os exames oficiais coas entidades certificadoras, Cambridge English para inglés, Goethe Institut para alemán e Instituto Camoês para portugués.

Ofrécense clases para principiantes, iniciación básico (A1), iniciación avanzado (A�), primeiro

grao (B1), segundo grao (B�), terceiro grao (C1) e cuarto grao (C�). Estes cursos están acreditados polas principais autorida-des de certificación, dentro do Marco Común Europeo de Referencia para as Lin-guas do Consello de Euro-pa. As solicitudes poden facerse a través da web www.camaraourense.com. O prazo de matrícula está aberto até o inicio do cur-so.

Aquelas persoas que se

O Instituto Cameral oferta inglés, alemán e portugués4 As clases terán lugar na Casa da Xuventu-de de Verín.

inscriban por primeira vez e non poidan acreditar me-diante certificado valido o estar en posesión dun de-terminado nivel de coñece-mentos do idioma (A1, A�, B1, B�, C1, C�), deberán realizar unha proba de ni-vel para poder coñecer coa maior precisión posible o curso no que deben matri-cularse, garantindo con iso a súa correcta aprendizaxe e inmersión lingüística. A proba de nivel estará con-feccionada atendendo aos parámetros establecidos por niveis polo Marco Co-mún Europeo.

As empresas interesadas en ofrecer aos seus traba-lladores esta formación poderán acollerse á bonifi-cación das cotas na Segu-ridade Social que ofrece a Fundación Tripartita.

Page 6: 15 de outubro - Barrios

6 BARRIOSOutubro de �015

O parador pecha temporalmenteRedacción

O parador de Verín-Monterrei botou o pe-che temporalmente este ano. Malia a ampliación ao castelo de Monterrei deste verán, a instala-ción hoteleira continúa formando parte da vin-tena de establecementos da cadea que pecha cada tempada de inverno, tal e como se acordara no ERE de �013.

O parador abrirá de novo ao público o 4 de febreiro, xusto antes da fin de semana grande do Entroido verinés.

VERÍN E COMARCA

Redaccion

Vén de comezar a se-gunda fase da rehabilita-ción do albergue de pere-grinos de Verín, na que a Xunta investirá 143.1�7 euros.

Se na primeira fase de remodelación incre-mentouse o número de camas, creáronse novos

servizos e mellorouse a accesibilidade do edificio, esta segunda contempla novos espazos e redistri-bución das estancias do albergue. Así, crearase unha zona de estar-come-dor-cociña, adaptarase un almacén para as mochilas e bicicletas dos peregri-nos, redistribuirase o dor-mitorio e baño de disca-

Iníciase a segunda fase da rehabilitación do Albergue de Peregrinos4 O PP recorda que é unha actuación impulsada por este partido cando gobernaba.

pacitados, construirase un vestíbulo de acceso á rúa e unha zona de rececpción, acondicionaranse os cuar-tos da primeira planta e o patio da Casa do Escudo, e repararase a cuberta do edificio.

O Partido Popular re-

Asistentes á charla impartida pola Garda Civil na Casa da Cultura de Verín.

Consellos de seguridade para maioresA Casa da Cultura de Verín acolleu o pasado 6 de outubro a charla informativa do

“Plan Maior Seguridade”. A xornada, impartida por representantes dos corpos e forzas de seguridade, tratou sobre as pautas de conduta que se aconsellan para previr aqueles actos delituosos que con frecuencia se están a cometer contra os maiores no fogar, na vía pública, en entidades bancarias e en internet, coma roubos, furtos, estafas ou uso fraudulento das súas propiedades e cartillas de aforros, ou matralto.

Interior do albergue de peregrinos de Verín.

corda que foi impulsado cando estivo ao fronte do goberno de Verín. “Isto sen dúbida vai mellorar a estancia e a atención a todos os peregrinos que veñen a través do camiño Portugués e da Ruta da Prata que conflúen na nosa

Redacción

O Ministerio de Agri-cultura, Alimentación e Medio Ambiente ten previsto declarar zona de actuación especial para a restauración forestal e ambiental as superfi-cies máis gravemente afectadas polo incendio ocorrido este verán en Cualedro, que queimou

máis de 3.180 hectáreas dos termos municipais de Cualedro, Trasmiras, Bal-tar e Xinzo de Limia.

O Ministerio destina-rá medio millón de euros para as obras máis urxen-tes, destinadas a minimizar os danos por erosión como consecuencia do lume e para recuperar os hábitats danados.

Unha cantidade insufi-

ciente, a xuízo do Comité de Defensa do Monte Ga-lego, que o considera “un insulto á cidadanía”.

O CDMG remítese a es-tudos que estiman que o custo económico por hec-tárea queimada supera os 4.000 euros, “o que dista moito da cuantificación que fai o goberno duns ri-dículos e insultantes 147 euros por hectárea”.

500.000 euros para restauración ambiental tralo incendio de Cualedro4 Cantidade insuficiente para o Comité de Defensa do Monte Galego.

vila”, indicaba Juan Ma-nuel Jiménez, portavoz do PP de Verín. “Agardamos que o actual grupo de go-berno siga recuperando e apoiando esta actividade tan importante para o noso concello”, engadía o ex al-calde.

Page 7: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

7 PUBLICIDADE

Page 8: 15 de outubro - Barrios

8 BARRIOSOutubro de �015

XINZO E COMARCA

A rehabilitación dos tres edificios que o compoñen custou 120.000 euros

4 Piden un caixeiro para Vilar de Barrio

O BNG de Vilar de Barrio realizar unha re-collida de sinaturas para lograr que Abanca instale un caixeiro automático na sucursal ubicada na localidade. “Considera-mos que este servizo vai ser de moita utilidade, para os negocios, veciños e peregrinos”, explican os nacionalistas. Xa que neste momento os que precisan diñeiro en efec-tivo deben percorrer 15 quilómetros ata Xinzo.

Coñecida a súa deman-da, Abanca manifestou a súa vontade de por en funcionamento dito caixeiro. Polo que ago-ra que lle presentarán as 1.000 sinaturas reunidas, dende o BNG agardan que “por fín as promesas se fagan realidade”.

4 Obradoiros da Cruz Vermella

A asemblea de Cruz Vermella de Xinzo co-meza este mes de outu-bro actividades dirixidas a maiores de 65 anos.

Son cinco obradoiros: de calceta e ganchillo, que ten lugar os luns de 16 a 18h; de animación e memoria, todos os xoves de 17:30 a 19h; de pintura os xoves de 16 a 17:30h; e de manexo de móbiles, cuxo horario estaba pen-dente de definir.

Ofrecen máis informa-ción na sede de Cruz Ver-mella na vila, na avenida de Ourense, 19 (estación de autobuses) ou no 988 46� 541.

4 Moción sobre os refuxiados

Elvira Lama, vocei-ra socialista en Xinzo, rexistrou unha moción para que o Concello se ofreza para acoller a per-soas refuxiadas que pro-ceden de países en guerra por razóns humanitarias.

De aprobarse a mo-ción, Xinzo seguiría o paso doutros concellos da contorna, coma Vilar de Santos, que xa ofre-ceu as instalacións mu-nicipais, ou Allariz, que vai crear unha comisión municipal para a acollida de refuxiados.

O PSOE de Rairiz solicita a paralización das obras na Carballa da Rocha4 Segundo os socialistas, o Concello está empregando asfalto picado.

Denunciou os feitos ante a Sociedade Galega de Historia Natural

Redacción

O voceiro do PSOE en Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, solicita que se paralicen as obras nas in-mediacións da Carballa da Rocha mentres non exista un informe favora-ble de Medio Ambiente.

A Carballa da Rocha, situada na aldea da Saín-za, foi declarada patrimo-nio natural e o PSOE de Rairiz considera “unha aberración o seu acondi-cionamento con asfalto picado”. Tampouco des-carta que se estea come-tendo un delito ambien-tal, polo que xa puxo os feitos en coñecemento da Sociedade Galega de Historia Natural.

As melloras consis-ten en acondicionar o camiño que leva até de-vandito monumento e a construción dun aparca-mento. En canto a este último, Lorenzo asegura

que “soamente se utilizará unha vez ao ano na coñe-cida Romaría da Saínza e nin para esta ocasión sería necesario xa que hai sitio de sobra para aparcar”.

O socialista comenta que os veciños que residen na zona da obra mostraron o seu “total rexeitamento á mesma nas condicións nas que se está facendo, ne-gándose a cambiar a zona verde que tiñan diante das súas casas por un párking

con restos de asfalto”, explica. De feito, che-garon a chamar á Garda Civil para denuncialo, autoridade que instou ao persoal do Concello a que cesase na utilización do asfalto picado.

Unha das palas depositando os restos de asfalto para ser empregados na obra.

O albergue de Xinzo terá 14 prazas 4 A súa apertura, penden-te dun convenio co Xacobeo, que será quen o xestione.

P. L.

Están a piques de re-matar as obras do al-bergue de peregrinos de Xinzo de Limia. A súa apertura dependerá da sinatura dun convenio co Xacobeo, para que esta sociedade depen-dente da Xunta asuma a xestión do recinto, con-tratando a unha persoa a tempo completo e fa-céndose cargo dos gastos correntes. O concelleiro de Turismo e Promo-ción Económica, Carlos Gómez, apuntou a que “será cuestión de sema-nas” esta apertura, aínda que é posible que non haxa inauguración oficial por mor da proximidade das eleccións xerais. “Ás veces á inauguración é secundaria, o servizo hai que dalo”, recalcou.

Con esta nova infraes-trutura o Goberno local pretende situar a Xinzo no Camiño de Santia-go e darlle un impulso á economía da vila, espe-cialmente á zona de vi-ños. O Concello agarda que aumente o turismo e isto supoña un aliciente

para que os propietarios se animen a rehabilitar as vivendas da vila e a mon-tar máis negocios. Gómez indicou que se trata dunha instalación “pequena, pero suficiente para o servizo da Vía da Prata”, e que res-ponde “a unha demanda da Asociación de Amigos da Vía da Prata e dos propios peregrinos”.

CaracterísticasO albergue está situado

na praza de Oriente, no ba-rrio de Abaixo. Conta con 14 prazas, recepción, zona de cociña, zona de descan-so e zona de lavandaría. O investimento realizado ascende a 144.000 euros, 1�0.000 euros que puxo o Xacobeo para a unión dos tres edificios que o confor-man e a súa rehabilitación, e �4.000 euros que ache-gou a Deputación para mercar un dos inmobles nos que se sitúa.

Autoridades onde a ponte sobre o río Airoa, nos Blancos./A.PAZ.

Constrúen unha ponte sobre o río AiroaA Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Deputación Provincial levantaron

unha ponte sobre o río Airoa nos Blancos, obra na que investiron máis de 117.000 euros. A actuación consistiu na construción dunha obra de paso sobre o río Airoa que dá continuidade á estrada municipal que une as poboacións dos Blancos e Nóveas que, debido ás continuas crecidas de caudal, atopábase moi deteriorada, afectando mesmo á súa seguridade estrutural. O novo pontón construído consta de 7 metros de luz libre, 3,50 m de gálibo e 17 m de lonxitude.

Denunciou os feitos ante a Sociedade Galega de Historia Natural

EN BREVE

Exterior do albergue, situado entre as rúas Serra de San Mamede e Galicia./M.REJO.

Page 9: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

9XINZO E COMARCA

P. L.

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) máis a Axencia Portuguesa do Ambiente desenvolverán o proxecto de cooperación transfron-teiriza “Risc Miño-Limia”. Un plan, cuxo obxectivo é mellorar o coñecemento das concas internacionais co ánimo de minimizar os efectos ante fenómenos extremos, de intensas choi-vas ou secas prolongadas, avanzando con iso na in-tención de ambos os países de camiñar cara a un plan hidrolóxico compartido.

Este proxecto, no que tamén colaborarán a Uni-versidade de Vigo, a tra-vés do Campus da Auga – Campus de Ourense-, e a do Porto, será un comple-mento á experiencia téc-nica e profesional coa que mellorar a xestión integral dos recursos hídricos nas concas transfronteirizas.

O RISC Miño-Limia presentarase á candidatura dos proxectos de coopera-ción transfronteiriza entre España e Portugal (POC-

TEP). Os seus promotores confían en conseguir de Europa a financiación pre-cisa, �,5 millóns de euros, que se destinará integra-mente a investigación e co-ñecemento.

En detalleO presidente da CHMS,

Francisco Marín, explicou que o proxecto incluirá a realización dun “inventario realista” dos recursos hidrí-cos de ambas bacías, que teña en conta o efecto do cambio climático nas par-tes española e portuguesa da demarcación. Tamén se elaborará unha cartografía axeitada, dado que na ac-tualidade se traballa “con cartografías moi antigas”.

Ademais, crearase un novo sistema de indicado-res e limiares para situa-cións de seca e porase en marcha un novo sistema de alerta temperá de inun-dacións e os seus efectos sobre a poboación, basea-do en modelos hidrometeo-rolóxicos e hidráulicos de software libre, que ofrezan unha previsión continua, polo menos a 7� horas en

toda a demarcación, es-pecialmente nos tramos transfronteirizos. Marín puxo o exemplo da con-ca do Limia, que é moi plana; a partir do coñece-mento que se xere co Risc Miño-Limia “poderemos deseñar métodos de re-tención natural para pre-vir avenidas”, apuntou.

E finalmente “o conxunto de accións pre-vistas permitirán avanzar na elaboración, para o ano �0�1, dun plan hidro-lóxico conxunto, único para todo o ámbito da de-marcación internacional, que mellore os impactos e presións de conxunto e permítanos adiantarnos aos episodios de inten-sas choivas ou prolonga-da seca, coordinados co veciño Portugal co que compartimos a conca transfronteiriza dos ríos Miño e Limia” explicou o presidente do organismo de conca.

O convenio foi asinado na Subdelegación do Goberno en Ourense polo profesor Rodri-go Maía en representación da Universidade do Porto, polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Fran-cisco Marín, e polo seu homólogo da Axencia Portuguesa do Ambiente, José Carlos Pimenta, en presenza (no centro) do subdelegado, Roberto Castro. /P.LODEIRO.

O “Risc Miño-Limia” facilitará a toma de decisións ante fenómenos extremos en ambas concas4 España e Portugal camiñan cara a un plan hidrolóxico conxunto.

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) finalizou as obras de mellora da de-puradora de Xinzo de Limia, nas que se inves-tiron 1.139.000 euros. A actuación foi financiada nun 80% polo Ministerio de Agricultura, Alimen-tación e Medio Ambien-te, a través da CHMS (que ademais executou as obras) e nun �0% pola Xunta de Galicia.

A obra realizada per-mitirá que a EDAR, de-señada nos anos 90, poi-da eliminar os nutrintes (fósforo e nitróxeno) das augas residuais, o que redundará no incremen-to da calidade das augas tratadas que se verten ao río Limia.

A depuradora, con ca-pacidade de tratamento de 3.360 metros cúbicos ao día, poderá depurar agora as augas dunha poboación de 16.�50 habitantes-equivalentes. Tamén se adaptou para que poida cumprir os parámetros de vertedura establecidos para a Zona

de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa a instalación, minimizando o consumo de reactivos e priorizando a eliminación de nutrintes, sobre todo o fósforo, por vía biolóxica.

Características da obra

Ademais, foi adaptada tecnoloxicamente para di-minuír o custo enerxético, mediante a instalación de sensores, de elementos de automatización e xestión, e de variadores de fre-cuencia en motores, entre outras técnicas.

Por outra banda, os tra-ballos permitiron substi-tuír as reixas manuais da EDAR orixinal por auto-máticas e as bombas de elevación por outras con rodete, resistentes á abra-sión de areas, con regula-ción de caudal. Tamén se executou un novo desa-reador xunto ao existente, mantendo o actual como apoio.

En canto ao tratamento biolóxico, implementouse un novo sistema de airea-ción mediante soplantes, equipados con variador de

frecuencia, e grellas de di-fusores de burbulla fina.

Estas melloras supoñen a optimización da xestión mediante monitorización en continuo dos paráme-tros principais e permitirán a eliminación adicional de fósforo por vía biolóxica mediante cámara anaero-bia previa, aproveitando a obra civil do decantador orixinal, que estaba en desuso.

Por último, aprovei-touse o edificio existente manténdose como ofici-na e edificio de control e axeitándoo á normativa actual, complementándoo coa construción dun novo edificio de proceso que alberga parte do tratamen-to biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electróxeno de emerxen-cia que garante o funcio-namento da depuradora no caso de que se produza un corte de enerxía de rede.

Finalizan as melloras na depuradora de Xinzo4 Agora a instalación poderá depurar as au-gas residuais dunha poboación estimada de 16.250 habitantes/equivalentes.

O presidente do Organismo de conca, Francisco Marín, e o alcalde de Xinzo, Antonio Rodríguez, visitaron o 14 de outubro EDAR para ver in situ o resultado dos traballos,

A obra foi sufragada entre o Ministerio de Medio Ambiente (80%) e a Xunta (20%)

Porase en marcha un sistema de alerta de inundacións

Page 10: 15 de outubro - Barrios

10 BARRIOSOutubro de �015 XINZO E COMARCA

I Festival do Maior de Vilar de SantosNo salón multiusos do Concello, usuarios e traballadores do centro de día e vivenda

comunitaria de Vilar de Santos e veciños que participaron no proxecto “Saber envelle-cer: corpo san en mente sa” celebraron o I Festival do Maior, como remate das activida-des e para conmemorar o Día Internacional do Maior.

Este proxecto ofrece cada semana ximnasia, andainas, memoria, biodanza, psicomo-tricidade acuática, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade co fin de fomentar a autonomía persoal e mantemento da saúde dos maiores.

Durante a celebración os asistentes puideron gozar dunha actuación a cargo dos parti-cipantes no proxecto, cunha sesión de bailoterapia e coreografía; a da coral “As Bolbo-retas”, cun repertorio de cantigas populares; a proxección “Unha ollada atrás” onde se recolleron os diferentes traballos e actividades realizados no centro de día; e a exposición dos traballos realizados polos usuarios do centro. Rematou coa entrega de diplomas aos participantes.

Asistentes ao I Festival do Maior xunto ao alcalde de Vilar de Santos.

Mural do Espacio Matrioska xunto á estación de autobuses./M.REJO.

Cinco murais cambian a imaxe das rúas de XinzoA mediados de setembro arrincou en Xinzo a primeira edición do Certame de Pintura

Mural Matrioska, organizado por Espacio Matrioska, colectivo de artistas asentado no municipio dos Blancos, co apoio da Deputación de Ourense e do Concello de Xinzo.

Aos artistas seleccionados no concurso asignáronselles varias paredes medianeiras para despregar toda a súa arte: a Iria Prol Cid, na avenida de Madrid, a Manuel Diego Sánchez (que pintou acompañado de Amaia e Andrea) na rúa Río Arnoia; a Enrique Suárez Rodríguez (sr.Mu e Sebas) no pavillón de deportes; e Alberto Maciá Gallego (Esquie, Jesús e Inés) en rúa Ladeira, e o mural asignado a Espacio Matrioska na esta-ción de autobuses. As cinco paredes locen xa unha imaxe diferente, cheas de creativi-dade. O concurso indicaba que a temática dos murais era libre, facilitando aos creado-res seleccionados todo o material, pinturas, andamios e infraestrutura necesaria para a realización dos seus traballos.

Page 11: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

11 ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4 Curso de xardín ecolóxico

Allariz acolle, os días 31 de outubro e 1 de novembo, o Curso de Planificación do Xardín Ecolóxico. Cun custo de 15 euros o curso será impartido, no Centro de Promoción Económica, polo profesor Francis-co Marcio Rubio, pre-sidente da Asociación Española de Xardinaría Ecolóxica. Haberá unha saída práctica aos xar-díns alaricanos.[+ info no 667 354 613]

4 Fundación González Ferreiro

A Fundación Ramón González Ferreiro, con sede en Paciños, Allariz, oferta novos cursos este outono.

De carácter puntual son o curso de cociña “Pratos de outono” e o de “Intro-dución ás plantas aromá-ticas e medicinais”. que se desenvolverán o sába-do �4 de outubro.

De maior duración son o curso de borda-dos a man e o de costu-ra centrado en “arranxos e transformacións”. En ambos casos o alumna-do recibirá varias horas de clases á semana ata o mes de decembro.

Ofrecen máis infor-macións sobre estes cursos no teléfono 988 436 18� ou en [email protected].

A área xa escavada apenas representa o 1% das 9 hectáreas que se cre pode ter o xacemento

Novos achádegos en Armea4 Descobren unha lareira e un forno no cas-tro alaricano.

Últimos días para probar a carne de boi en Allariz4 As xornadas rematan o domingo 18 de outubro.

Escavacións no castro de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas, Allariz./CdA.

Redacción

O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto cos arqueólogos da Uni-versidade de Vigo, Adol-fo Fernández e Fermín Pérez, presentaron os no-vos achados descubertos nas escavacións en Santa Mariña de Augas Santas no terreo explorado por Conde Balvís nos anos 50.

Unha cociña coa súa lareira e un forno de pan nunha das vivendas es-cavadas foron os princi-pais descubrimentos da campaña de escavacións

levada a cabo durante o pasado verán.

Os traballos alí realiza-dos teñen permitido achar dúas vivendas separadas por unha calzada empe-drada, numerosas pezas de cerámica e metal así como pezas de pedra que se uti-lizaban para decorar as ca-sas, e incluso unha posible fundición de vidro na que afondarán no vindeiro ano �016.

A área xa escavada e musealizada apenas repre-senta un 1% das 9 hectá-reas que se cre pode ter o xacemento de Armea data-da entre os séculos I e III.

O Concello de Allariz aposta ano tras ano para continuar a actividade ar-queolóxica e traballa para poñer en valor, científico e turístico, este espazo.

Para finais de ano, está previsto que comece a elaborarse o plan director do castro de Armea, que marcará as prioridades.

Redacción

Allariz celebra ata o 18 de outubro, a cuarta edi-ción das súas “Xornadas de carne de boi”. Un to-tal de �1 establecementos participan no concurso de tapas e menús elaborados con carne de boi de Allariz, Dunha banda, petiscos a un prezo único de dous euros que inclúen desde hambur-guesas, a raviolis, pizza ou albóndegas; doutra, menús nos que se degustará so-lombo, chuletón ou xarrete desta aprezada carne.

Son preto de 1.600 qui-los de carne procedentes de catro bois criados nos montes locais de Penamá

os que serán degustados nestas datas en Allariz, ben nos restaurantes da vila ben no Mercado da Reserva da Biosfera que se celebra todos os sába-dos. Neste recinto, ade-mais de postos de venda, hai demostracións de como cociñar diferentes partes do animal.

As xornadas forman parte do proxecto de cría e comercialización de carne de boi de Allariz posto en marcha polo Concello en �011 co obxectivo de recuperar a base territorial e facer explotacións produtivas, previr os incendios e apoiar á hostalaría local.

Mozos de seis países participarán en Allariz nun intercambioRedacción

A Fundación Ramón González Ferreiro bus-ca participantes para o proxecto “Modern She-perds”. Trátase dun inter-cambio cultural, dentro do programa Erasmus Plus, entre mozos de España, Grecia, Portugal, Croacia,

Malta e Italia, que se des-envolverán en Allariz en-tre o 3 e o 1� do mes de novembro.

A iniciativa vai dirixi-da a mozos e mozas entre 18 e 30 anos. Os intere-sados en participar poden contactar coa Fundación para coñecer o procede-mento de selección. A organización busca xente dinámica, participativa con gañas de coñecer diferentes culturas e con-tactar coa lingua inglesa.

Page 12: 15 de outubro - Barrios

1� BARRIOSOutubro de �015

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

Maceda vén de acon-dicionar a súa praza de Alcatruz, un espazo pú-blico que articula a vida no centro desta vila e que nos últimos tempos esta-ba a sufrir unha impor-tante deterioración.

Nun dos seus últimos actos como delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, acompañado do al-calde de Maceda, Rubén Quintas, visitou estas obras levadas a cabo ao abeiro das axudas da

Orde de infraestruturas de uso público da Vice-presidencia da Xunta. A intervención custou máis de 57.000 euros, dos que 38.000 euros foron ache-gadas por Vicepresiden-cia.

A renovación consistiu na instalación dunha nova pavimentación, no acondi-cionamento de dúas zonas axardinadas e na pranta-ción de árbores, a coloca-ción de bancos e a mellora da iluminación. O obxec-tivo desta intervención foi recuperar este espazo de-gradado e poñelo en valor,

para así fomentar a recu-peración urbana e social do municipio.

Infraestruturas públicasSegundo palabras do

xa ex delegado territo-rial, grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se pres-ten servizos administra-tivos.

Maceda estrea a remodelada praza de Alcatruz4 Grazas a unha subvención de 38.000 euros de Vicepresidencia.

Autoridades na praza de Alcatruz de Maceda.

Avinza solicita manter todos os grupos de desenvolvemento ruralRedacción

O grupo de desen-volvemento rural Avin-za GDR-15 solicitará a AGADER o mantemento de todos os grupos exis-tentes en Ourense, oito, fronte a proposta deste organismo de reducilos a cinco.

Avinza é crítica con esta proposta: “reducir o número de grupos, afastar a xestión da poboación e facer grupos con maiores realidades, vai dificultar o traballo e previsiblemente os resultados do programa LEADER non cumprirán os seus obxectivos”.

A xunta directiva do GDR-15 alega, ademais, que “o mantemento dos grupos permitiría acele-rar o proceso de posta en marcha do novo período de programación xa que se aproveitarían as di-námicas xa iniciadas, as novas relacións entre os socios así como os equi-pamentos, optimizando os recursos empregados no LEADER �007-�013”.

Avinza é o grupo de desenvolvemento rural que engloba os munici-pios de Allariz, Maceda, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadane-do, Paderne de Allariz, A Bola, Vilar de Santos, Taboadela e Rairiz de Veiga.

Convocados os Premios Manuel Gómez Román de arquitecturaRedacción

A Asociación de Ami-

gos do Castelo de Mace-da, “Setestrelo”, convoca os Premios Manuel Gó-mez Román de arqui-tectura, á recuperación do hábitat tradicional e construcións adxectivas, edición �015.

Estes galardóns pre-tenden estimular a recu-peración da arquitectura tradicional galega. Com-prenden dúas modalida-

des: unha de edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas, e outra de construcións adxectivas (hórreos, pombais, muí-ños…) rehabilitadas ou reconstruídas.

As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos ata o 14 de no-vembro. A entrega de pre-mios terá lugar o 1� de decembro no Castelo de Maceda. No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación a unha personalidade que teña salientado pola pro-moción e defensa do pa-trimonio material ou pai-saxístico de Galicia.

Redacción

A Policía Local de Allariz informa que foi depositada en obxectos perdidos unha cantidade de diñeiro en metálico superior a 3.800 euros atopada por un veciño da localidade. Esta persoa, que declarou que o di-ñeiro foi atopado na vía pública, considerou o seu deber depositar o atopa-do nas institucións com-petentes para posterior consignación perante o

Alcalde coa única finalida-de de ser devoltos á persoa propietaria.

A Policía Local de Alla-riz continúa a realizar xestións para o esclarece-mento dos feitos e identi-ficación do posible propie-tario.

Para reclamar a cantida-de é preciso que o propieta-rio se identifique e acredite a titularidade do diñeiro na oficina de Obxectos Perdi-dos, que se atopa situada nas dependencias da Casa do Concello.

Depositan máis de 3.800 euros en obxectos perdidos4 Da Policía Local de Allariz.

Page 13: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

13PUBLICIDADE

Page 14: 15 de outubro - Barrios

14 BARRIOSOutubro de �015

Celanova citará aos voluntarios da Cruz Vermella4 O sábado 17 de outubro celébrase o XVI Encontro Provincial de Voluntariado.

CELANOVA E COMARCA

20 persoas recibirán un recoñecemento á súa entrega

Capela Mozárabe de San Miguel de Celanova./P.LODEIRO.

Redacción

O Goberno central non ten previstas actuacións a levar a cabo nin na Capela Mozárabe de San Miguel de Celanova nin no Mos-teiro de Bon Xesús de Trandeiras de Xinzo. Así o di a deputada socialista no Congreso Laura Seara a partir da resposta que lle deu o propio Goberno. Segundo Seara, o Goberno de Madrid sinala respecto

diso que “a Xunta non pe-diu a súa colaboración” para actuar neste patrimo-nio.

Con todo, a parlamen-taria recorda que o propio Congreso aprobou no seu momento unha Proposi-ción non de Lei do PSOE para incluír a Capela Mo-zárabe de San Miguel na Lista de Patrimonio do Es-tado e que tanto o Conce-llo de Celanova como o de Xinzo de Limia reclama-

O Goberno non prevé actuar na Capela de San Miguel nin no Mosteiro de Bon Xesús4 Responde a unha pregunta da socialista Laura Seara.

ron no seu momento di-tas actuacións. Polo que Seara pide aos gobernos de Madrid e Santiago “que deixen de pasarse a pelota”.

Segundo a socialista, o Goberno central escúda-se agora en que este tipo de asuntos competen ás comunidades autónomas, e recalca que a Xunta de Galicia non reclamou o seu concurso para os de-vanditos arranxos.

Redacción

Organizadas pola Aso-ciación cultural e mico-lóxica de Celanova e a Asociación de mulle-res rurais Maravalla, as XXX Xornadas Micoló-xicas terán lugar na sala micolóxica Plan C os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

Darán comezo o ven-

res 30, ás 19:30 horas, coa conferencia do micólogo celanovés Alejandro Mín-guez sobre “Xeneros segu-ros: boletus”.

O sábado, de 11:30 a 13:30, haberá unha saída ao campo para a recollida de exemplares; e ás 14 horas unha comida degustación (cun prezo de 15 euros).

Pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas terá lugar a cla-

As Xornadas Micolóxicas de Celanova alcanzan a súa 30ª edición4 Terán lugar do 30 de outu-bro ao 1 de novembro.

Redacción

Cruz Vermella Ourense celebrará o sábado 17 de outubro o seu Encontro Provincial de Voluntaria-do, que alcanza xa a súa décimo sexta edición; unha xornada que serve para recoñecer o impor-tante labor que realiza día a día o voluntariado e para facilitar o intercambio de experiencias entre as per-soas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve

a Institución. No acto institucional,

que se celebrará ás 1� ho-ras no salón de actos do Mosteiro, �0 persoas re-cibirán un recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas asembleas de Cruz Verme-lla na provincia de Ouren-se.

O programa inclúe ade-mais unha visita á capela de San Miguel, e a inter-pretación de varias pezas musicais e poesía no Coro Alto da Igrexa do Mostei-ro.

Tras a foto de familia, na Praza Maior de Ce-lanova, os participantes gozarán dunha comida de confraternización na reitoral de Ansemil.

O voluntariado é o mo-tor de Cruz Vermella, polo que dedicar momentos de convivencia é importante para estreitar lazos e for-talecer a institución

sificación, identificación e montaxe da exposición. Ás 19:30 dará comezo a con-ferencia de Ricardo Mín-guez sobre “Trinta anos de cogumelos en Celanova”. E ás �0:30, celebrarase a asamblea xeral da Asocia-ción cultural de micoloxía de Celanova, abordando propostas de continuidade.

Xa ás �1:30 horas come-zará a cea degustación (cun prezo de 1� euros).

Por último, o domingo 1 terá lugar a exposición de exemplares reais e obxec-tos relacionados cos cogo-melos, aberta ao público de 18 a �4 horas.

Inscrición previaPara participar nalgun-

ha das actividades hai que inscribirse ata o �8 de ou-tubro en [email protected] ou no 650 79 36 85.

S. Nieto

O portal www.com-praencelanova.com na-ceu da man da Funda-ción Curros Enríquez, co apoio económico da Xunta. Trátase dun es-pazo web no que amosar a través da rede a oferta comercial da vila de San Rosendo.

Na súa primeira fase este proxecto contou coa participación duns �00 establecementos do pobo (o total ronda os 300), que grazas á subven-ción puideron sumarse á iniciativa a custe cero. Pero nesta nova fase, a Fundación busca que a web sexa capaz de auto-financiarse. “Porque vai precisar actualización e traballo constante”, ex-plicounos o secretario da Fundación, Antonio Piñeiro.

Para iso foron contra-tadas tres persoas, for-mados específicamente

na materia e seleccionados do obradoiro de “Márke-ting e comunicación” que desenvolveu o Concello.

Agora o portal está próximo a funcionar de novo. “Neste mes de ou-tubro contamos ter todo metido na web, cos videos dos negocios”, adiantá-banos Piñeiro. Estes vi-

“É unha aposta polo emprego e a dinamización económica”4 Coñecemos o estado de www.compraencelanova.com.

deos serán unha pequena presentación dos 70 co-mercios que ata agora se sumaron ao proxecto. “O noso obxectivo é lograr uns 1�5 ou 150, sabemos que ao ser de pago non se-rán tantos como a primei-ra vez”, explica. Cando a web estea lista comezará a funcionar con estes nego-cios e seguirán na procura de máis.

Venda onlineA venda oline será un

dos obxectivos futuros do proxecto, “pero pouco a pouco porque os proto-colos son máis complica-dos”, asegura Piñeiro. “É unha aposta da Fundación pola creación de emprego e a dinamización econó-mica”, conclúe.

O portal estará en funcionamento de novo neste mes./S.N.

Page 15: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

15especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

O pleno da Corporación Pro-vincial correspondente ao mes de setembro de �015 aprobou inicialmente o orzamento xeral da Deputación de Ourense para o exercicio �016, converténdo-se así a institución provincial ourensá na primeira administra-ción pública que aproba os seus presupostos para o ano seguinte no mes de setembro. O orzamen-to experimentará un incremento do �,65 %, pasando de 75,7 a 77,7 millóns de euros, e dispo-ñerase de 15,5 millóns de euros para investimentos produtivos, mentres que a débeda sitúase no 3� %, mantendo unha progresiva redución dende �01�, ano no que estaba no 116 %.

No pleno ordinario destaca ta-mén a aprobación da adhesión da Deputación á rede de entidades

locais para a transparencia e a participación cidadá da Federa-ción Española de Municipios e Provincias, como socio titular, e á adhesión á Asociación Euro-pea Partenalia, que actúa como o principal lobby de gobernos intermedios diante da Unión Eu-ropea.

En canto ao orzamento, as contas para 2016 confirman coa subida dos orzamentos a tenden-cia marcada no exercicio ante-rior: a recuperación da facenda provincial, sendo as prioridades os servizos sociais, o medio am-biente, a cooperación cos conce-llos e o desenvolvemento do Plan Ourense 15-19, cos obxectivos centrais dunha visión integral de provincia e o desenvolvemento rural sostible”, afirmou o presi-dente do goberno provincial.

Reunión de Manuel Baltar con empresarios en Manzaneda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, convocou na estación de mon-taña de Cabeza de Manzaneda a destacados empresarios dos principais sectores económicos da provincia de Ourense para propoñerlles establecer “unha canle de cooperación permanen-te entre o goberno provincial e o empresariado ourensán que per-mita potenciar os principais sec-tores económicos da provincia de Ourense”. Así o expresou o presidente provincial ao remate da reunión, na que lles presen-tou a súa “visión integral de pro-vincia”, o Plan Ourense 15-19, e amosoulles a dispoñibilidade do goberno provincial para partici-par en proxectos público-priva-dos que xeren competitividade.

Na xuntanza participaron directivos de potentes compa-ñías ourensás dos ámbitos do termalismo, o téxtil, a alimen-tación, a automoción, os me-dios de comunicación, o viño, a loxística sanitaria, a banca e a construción, empresas de longa traxectoria, moitas delas líderes nacionais no seu sector e que abranguen mercados que van dende o provincial ata o interna-cional, e o consultor estratéxico Juan Verde.

Nava Castro, Manuel Baltar, e Javier Guillén.

A “Vuelta a España” 2016 prevé un retorno económico de 1,5 millóns de euros para Ourense

A organización da “Vuelta a España” �016 estima que o retorno económico mínimo para a provincia de Ourense será de 1,5 millóns de euros. Cinco días completos de todo o operativo –ciclistas, equipos técni-cos e persoal administrativo, así como medios de comunicación e público en xeral- suporán a ocupación de �.500 prazas dos establecementos hoteleiros da capital e da provincia de Ourense, ao que hai que sumar os gastos de manutención e o impacto publicitario e promocional que este gran operativo terá en positivo para a provincia de Ourense.

En Medina del Campo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e o director da “Vuelta a España”, Javier Guillén, anunciaron que a 71ª Edición da “Vuelta”, que se celebrará o vindeiro verán de �016, sairá por primeira vez na historia da provincia de Ourense, algo que foi cualificado como “unha excelente noticia” polo presidente do goberno provincial quen destaca que será “un magnífico escaparate para difundir toda a nosa riqueza natural, artís-tica, histórica e turística, con enclaves tan singulares como a Ribeira Sacra”.

A Deputación de Ourense, primeira administración que aproba o orzamento do ano seguinte en setembro

Baltar defende no “South Summit” un “ecosistema de innovación” para o emprendemento

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu en Madrid na súa intervención no “South Summit” �015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, a implantación dun “eco-sistema de innovación” no que se impliquen conxuntamente admi-nistracións, axentes sociais e em-prendedores, “porque o apoio ao financiamento é clave, pero non é menos importante desenvolver as condicións apropiadas, con proce-dementos sinxelos, que permitan xerar ideas, articular proxectos de éxito e garantir a sostibilidade das empresas”.

Manuel Baltar presentou en in-glés as innovacións que puxo en marcha no goberno provincial, sendo o único político convidado, e participou na “Start-up School”, sección na que xestores e empresa-rios presentan ferramentas de van-garda e consellos de innovación.

Baltar foi convidado pola orga-nización do South Summit, encon-tro no que participaron as start-ups máis innovadoras e speakers de primeiro nivel mundial. Nesta edición estaba previsto superar as cifras do ano pasado, que rexis-trou preto de 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 empren-

dedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores.

O presidente do goberno pro-vincial explicou que unha das li-ñas estratéxicas do Plan Ourense 15-19 –a folla de ruta da Deputa-ción para este período político- “é a atracción de emprendedores na-cionais e internacionais que veñan da man de investidores externos. Dende a Administración estamos a traballar para que neste contexto internacional de grande activida-de investidora unha parte des-te emprendemento se asente na provincia de Ourense”. “Somos unha administración sólida que actúa con firmeza, dous atributos que esixe calquera proxecto em-prendedor de éxito, aos que se lle suma a planificación e a previsibi-lidade”, dixo.

Clima investidorPor este motivo, remarcou, “es-

tamos a xerar un clima para que investidores internacionais non só invistan en ideas e negocios ourensáns, senón que queremos ir da man deles de tal forma que o investidor achegue a parte finan-ceira e nós, como Administración, acheguemos o ecosistema ideal para poñer en marcha o proxecto de negocio”. “O esencial é crear

o clima, o ecosistema, o ambien-te para que a idea e o proxecto empresarial xermine”, dixo, con-vencido de que “en política e na Administración tamén se pode innovar: nós patentamos o con-cepto “Provincia intelixente”, que supera ao de Smart city, porque cremos que Ourense é unha pro-vincia start up”.´

O presidente da Deputación subliñou que a Administración “debe resolver os problemas buro-cráticos”, considerando “palabra

máxica” á cooperación, “pero para que sexa efectiva é fundamental ter visión e un plan para acadala”, e citou como exemplo o Observa-torio Económico Provincial “que nos axuda a deseñar o futuro”.

Baltar considera que a estabili-dade política é clave para o desen-volvemento efectivo dos proxec-tos, nunha provincia agradable e sostible como a de Ourense “na que estamos a desenvolver un Plan Termal que nos diferencia e singulariza”.

Manuel Baltar durante a súa conferencia no South Summit 2015

Page 16: 15 de outubro - Barrios

16 BARRIOSOutubro de �015 CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Poñémoslle cara a unha desas persoas que en tempos de crise optou polo camiño máis com-plexo: botarlle valor e montar un negocio nunha pequena vila. É Lorena Rodríguez, propietaria xunto á súa parella (Borja Mín-guez) de “Pan do Demo”, un establecemento de cogomelos ubicado na Praza de Abastos de Celanova. Levan dous anos na vila loitando contra os números, pero as gañas e a ilusión man-téñanas intactas. Mostrámoslles como pelexan a diario e coñe-cemos da súa man como están a vivir os praceiros de Celanova a remodelación do mercado, na que se investiron uns 3�0.000 euros nun total de tres fases (�40.000 achegados pola Consellería de Economía e Industria, e o resto polo Concello).

En que foi consistindo a re-forma da Praza de Abastos?

Lorena Rodríguez: “Comezou en �013. Houbo unha primeira fase na que arranxaron o tellado; na segunda, a parte de arriba onde irá ubicado o restaurante; e a ac-tual é a última, na que arranxaron a zona dos postos e van rematar o soto. Nos postos puxeron baldo-sas, antes o chan era de cemento, pintaron o teito de branco e insta-laron novos focos de luz. No soto instalarán aseos, unha oficina e un almacén. En cuestión duns días acabarán”.

Como estades levando o tra-ballo con tanta obra?

L.R.: “É complicado vender coas obras, porque non fas máis que limpar, pero xa se sabe como son estas cousas. De todos os xei-tos, a verdade é que os praceiros estamos moi contentos, está que-dando moito mellor”.

Cantos postos hai hoxe en funcionamento?

L.R.: “Hai dúas carnicerías,

que ofrecen carne da zona; o de venta das galeguesas, que moita xente coñece estas hamburguesas pero non sabe que son de Celano-va; e o noso, que oferta cogome-los todo o ano e algúns produtos de artesanía, como velas feitas coa cera das colmeas ou obxectos de decoración con materias pri-mas obtidas no monte.

Xa fai un ano que marchou o froiteiro. Naquel momento es-tábamos xenial porque era unha oferta máis variada, pero dende entón quedamos nós os catro”.

Costa atraer clientes?L.R.: “Si, a xente non se anima

a entrar, porque sénteno como se fose un comercio privado. Can-do máis persoas entran é cando veñen os turistas, pero non com-pran, están de paso.

O problema é que hai xente que ata pensa que a Praza leva anos pechada, ou algúns que non saben que nós temos o posto das setas acá e xa cumplimos dous anos”.

Plantexástevos coller un esta-blecemento na rúa?

L.R.: “Si, a nosa intención era esa, e miramos, pero os prezos eran inasumibles. Pídenche unha media de �50 ou 300 euros de aluguer, máis o seguro e os gastos era imposible. Sabiamos que na

Praza entraba pouca xente pero valorámolo porque tamén esta-mos no Mercado da Biosfera de Allariz. Era algo máis asequible e había que intentalo.

Hai moita xente que nos di que saiamos da Praza que non se nos ve, pero eu teño claro que de acá non me vou, a maneira é apostar por ela, non marchar. Ás veces ata penso en montar outro posto na Praza, pero son moitos gastos e é moi complicado”.

Que cres que podería contri-

buír a revitalizar a Praza?L.R.: “Creo que a chave estaría

en que alguén collese o restau-rante de arriba, que se ideou para ofrecer os productos da praza, e fomentaría a entrada de xente. Se-ría a mellor promoción, gañarías clientes e ambiente.

Pero é moi difícil emprender, todo son gastos, non hai case axu-das. O seguro, a luz, o coche… Eu polo que estudei arranxo os papeis sen ter que ir a unha xes-toría. E cada tres meses hai que pagar o IRPF. Primeiro deberían facilitar economicamente o em-prendemento, porque o tema do seguro é o peor, con �60 euros eu bótolle gasolina ao coche e como todo o mes; e logo axilizar os trá-mites.

É moi difícil. Hai días que pen-sas en darte de baixa, logo vol-ves animarte e sabes que debes seguir pelexando, pero as cifras non axudan nada. Por iso, enten-do que á xente lle coste decidirse para coller o restaurante de arriba ou algún destes postos baleiros, pero ao mellor sería axeitado que se instalase unha franquicia”.

Como é a experiencia de ven-ta en Allariz?

L.R.: “Alí vendemos máis, tamén levamos indo catro anos, máis ou menos, dende que co-mezou o Mercado da Reserva da Biosfera. As cousas tardan, pero unha vez que te consolidas vai moito mellor. Alá tamén cambia-ron o mercado, e quedou moi ben. Pero o tema das setas, das verdu-

ras, deshidratados…todo funcio-na moi ben. É un mundo aparte.

E tamén responden moi ben estes produtos con xente de fóra. Aínda que te sorprenda, acá en Celanova non hai tradición de comer setas todo o ano, van ao monte, pero só en tempada, nes-tes meses de outono e inverno, o resto do ano nada”.

E como conseguides manter-

vos?L.R.: “Se estamos acá é porque

amamos isto, porque nos gusta, se esperas facer diñeiro non é po-sible. Hai que traballar moito e acá non se valora o traballo que hai detrás. Por iso, para aguantar temos que ir facendo outros tra-ballos complementarios, porque disto só non damos vivido.

Nós sentímonos orgullosos do que facemos e do que somos, dúas persoas novas, vivindo nun pobo, saíndo ao monte a diario e mantén-doo en boas condicións, facemos o que facían os nosos avós; e logo damos a coñecer o que temos”.

ENTREVISTA A LORENA RODRÍGUEZ – XERENTE DE “PAN DO DEMO”

“Da Praza de Abastos non me vou, a maneira é apostar por ela, non marchar”4 Falamos con Lorena Rodríguez, xerente de “Pan do Demo”, un posto de cogomelos ubicado no Mercado de Celanova.

“Sentímonos orgullosos do que somos, amamos isto, porque se esperas facer diñeiro non é posible”

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou o 16 de setembro a Praza de Abastos para comprobar a reforma. Estivo acompañado do alcalde e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez./R.T.

Lorena Rodríguez, no seu posto “Pan do Demo”, que abriu na Praza de Abastos de Celanova en outubro de 2013./S.N.

4 A visión do Concello Dende o Concello de Cela-

nova móstranse moi satisfei-tos con esta reforma e, unha vez rematada, procederán a tramitar a concesión do res-taurante da planta superior. “Escoitaremos todas as pro-postas, pero tamén buscamos un perfil profesional con ca-pacidade de captar clientes de fóra, para non facerlle a com-petencia aos restaurantes da vila, senón co fin de que sexa a vangarda cara ao exterior da gastronomía de Celanova”, explican.

En canto aos dous postos que aínda permanecen ba-leiros, agardan que o novo aspecto anime a algúns pro-dutores, e comprométense a “traballar na captación de po-sibles interesados”.

Page 17: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

17PROVINCIA

Redacción

O Consello da Xunta vén de autorizar os acor-dos que permitirán inves-tir �8,5 millóns de euros en 1.660 vivendas situadas nas 54 Áreas de Rehabili-tación Integral (ARI) de-claradas en 38 concellos galegos.

A Xunta xa lles remitiu aos concellos para a súa tramitación os convenios que permitirán mobilizar as axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, solicíta-lles aos 38 municipios con subvencións concedidas que adopten as medidas procedentes para formali-zar a sinatura o antes po-sible, previsiblemente ao longo do mes de outubro.

Na provincia de Ourense son nove os concellos be-neficiados: a capital ouren-sá, que recibirá 1.049.895 euros, Allariz con 30.000 euros, Castro Caldelas con 1�9.630 euros, Celanova

con 98.340 euros, Riba-davia con 116.��0 euros, San Cibrao das Viñas con 35.760 euros, Verín con 89.400 euros, Vilar de Santos con 134.100 euros e Xunqueira de Ambía con 111.750 euros.

Actuacións subvencio-nables

As actuacións subven-cionables no marco das ARIs serán obras de me-llora da habitabilidade, seguridade, accesibilidade e eficiencia enerxética, tanto en elementos priva-

Nove concellos reciben axudas para rehabilitación4 Entre eles Allariz, Celanova, Verín, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

Redacción

Expourense acolle no mes de outubro dúas ci-tas cun dos sectores co-

4NOTICIAS DE EMPRESA

Marisol Díaz Mouteira, no acto de toma de posesión do seu cargo como delegada da Xunta en Ourense./R.T.

Nova delegada da XuntaRedacción

Marisol Díaz Mouteira substitúe a Rogelio Mar-tínez á fronte da Delega-ción Territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

Díaz Mouteira (Alema-ña, 1967) é licenciada en Dereito e funcionaria da Xunta e nos últimos anos ocupou diversos cargos representando ao Goberno autonómico na provincia de Ourense, como dele-gada da Consellería de Xustiza, xefa territorial de Educación, xefa terri-torial da Vicepresidencia e secretaria territorial da Delegación da Xunta.

Actualmente era deputa-da no Parlamento galego, posto que deberá abando-nar agora para dedicarse a tarefas de representación do Goberno galego na

tivos como en elementos comúns dos edificios, así como realoxo temporal de ocupantes legais cau-sados polas obras, exe-cución de obras no me-dio urbano por parte dos concellos, e mantemento de equipos técnicos e ofi-cinas de información e xestión. Os propietarios recibirán en axudas ata un máximo do 35% do custo do proxecto.

Ao abeiro das ARIs xa se teñen rehabilitado máis de 11.300 vivendas en Galicia.

Celanova recibirá 98.340 euros para a súa ARI./S.N.merciais de maior peso na provincia, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Conce-sionarios de Automóbiles

Dobre cita co automóbil en Expourense4 Do 23 ao 25 de outubro e do 30 de outubro ao 1 de no-vembro.

provincia.A nova delegada prome-

teu «novas ideas e novos proxectos» durante o acto de xura do seu cargo, ao

que acudiron numerosas autoridades e o delegado saínte, Rogelio Martí-nez, que se despediu cun emotivo discurso.

José Antonio Garza, xerente de Garza Automoción, co novo Mercedes-Benz GLC, que foi presentado no Hotel AC de Allariz./RAMSÉS.

Edición pasada do Salón do Automóbil.

de Ourense, A.C.A.U.T.O., organizan o 7º Salón do Au-tomóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 23 ó 25 de outubro) e o 7º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 30 de ou-tubro ao 1 de novembro).

Está confirmada a parti-cipación como expositores nestas citas da meirande parte dos concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de ve-hículos.

O obxectivo é presentar no recinto feiral unha ofer-ta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesi-dades e preferencias dos visitantes.

Trátase dun público obxectivo que poderá con-sultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, com-parar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desem-bolso económico.

Garza Automoción presenta o novo Mercedes-Benz GLCGarza Automoción, concesionario oficial de Mercedes-Benz na provincia de Ourense,

presentou o pasado 8 de outubro o novo Mercedes GLC, a segunda xeración do SUV da clase intermadia da marca automobilística alemana.

Trátase dun todoterreno que presenta un deseño con liñas máis suaves, maior espazo interior, máis capacidade de maleteiro e un 19% menos de consumo en relación ao seu antecesor, o GLK. E todo isto gañando, así mesmo, en seguridade, porque conta coas últimas novidades do mercado para facer deste coche o mellor compañeiro tanto na axetreada vida diaria como nas longas viaxes.

O novo Mercedes-Benz GLC está xa dispoñible en Garza Automoción (Polígono de Barreiros) e estará tamén presente no stand da marca no próximo Salón do Automóbil, que se celebrará en Expourense do �3 ao �5 de outubro.

Page 18: 15 de outubro - Barrios

18 BARRIOSOutubro de �015

DEPORTES

EN BREVE

Presentación da San Martiño 2015./RAMSÉS

O biker macedán sube este ano á categoría absoluta

No centro, Pablo Rodríguez diante do pavillón munici-pal de Maceda que leva o seu nome.

4 HípicaA pasada fin de semana

celebrouse no hipódromo de Antela a última xorna-da de carreiras da tempa-da. As gradas estiveron cheas de público que non se quixeron perder este evento.

Na primeira carreira, para pura sangues, o ven-cedor foi Doctor Diro; na segunda das carreiras, para pura sangue árabes, venceu Xas; na carreira de pura sangue ingleses gañou La Cañiza; e Sho-pina Jiel e Peon For Cla-ra, foron os vencedores na cuarta e quinta carreira (a

trote), respectivamente.

4 OrientaciónMáis de 300 persoas

participaron no Trofeo Limiactiva de Orienta-ción disputado na Saínza (Rairiz de Veiga).

Na categoría de inicia-ción houbo podio total-mente ourensán. Gabriel Vázquez (Divina Pastora) rematou primeiro sendo Lisardo Vázquez (Diviva Pastora) e Juan Garrido (Limiactiva), segundo e terceiro, respectivamen-te. Tamén se logrou unha vitoria ourensá en homes 18 anos a cargo de Eros Mata (Trevinca O Bar-co).

Os outros podios ouren-sáns foron os de Cástor Salgado (Limiactiva) en iniciación longa; Joao Morales (Limiactiva) en homes 1� anos e Francis-co José Camba (Trevinca O Barco) en hombres �1 C. Os tres lograron a me-dalla de bronce.

En categoría elite ven-ceron Ángel Álvarez (Aromon) e Natalia Ba-rros (Faicamiño).

O Verín, na zona media da táboa Redacción

Tras oito partidos dis-putados na Terceira Di-visión de fútbol, o Verín está na zona media da táboa. 1�º con 10 puntos está tres por enriba do descenso e a catro da pro-moción de ascenso. Dúas

Redacción

Maceda rendiulle ho-menaxe ao seu deportista máis internacional, Pablo Rodríguez. Desde ago-ra o pavillón deportivo desta localidade levará o seu nome. O biker esti-vo presente nun acto moi emotivo que recoñece a traxectoria do deportista. Rodríguez proclamóuse esta tempada, en categoría sub �3, campión de Espa-ña de bicicleta de montaña (BTT) e campión de Euro-pa e subcampión da Copa do Mundo na especialida-de de cross country.

Durante a homenaxe tivo lugar unha demostra-ción dun adestramento da Escola de Ciclismo J.A. Hermida, algo que recor-dou os comezos de Pablo Rodríguez, que iniciou a súa formación no mundo do ciclismo nesta escola. Ademais, e con motivo do décimo aniversario da es-cola, proxectouse un vídeo que amosou o percorrido do club macedán durante

estes anos.

Familiares e amigosO ciclista estivo

arroupado por familia-res e amigos que non se quixeron perder o reco-ñecemento.

En canto ás institu-cións fixeron acto de presenza o presidente da Deputación, Manuel Bal-tar, e o alcalde de Mace-da, Rubén Quintas. Bal-tar dixo que a Deputación “está e estará ao carón de Pablo” porque “o seu futu-ro non ten límites”; tamén destacou que é un ouren-sán “universal, representa os mellores valores do deporte e leva con orgullo o nome de Maceda e o de Ourense”. Pola súa ban-da, Quintas afirmou que Pablo pedalexa por todo o mundo e con el “pedalexa todo Maceda”.

O pavillón de Maceda levará o nome de Pablo Rodríguez4 O biker proclamouse cam-pión de España e de Europa.

P. Lodeiro

O domingo 15 de no-vembro celebrarase a 39ª edición da carreira pedestre popular da San Martiño. A casi un mes para o remate das inscri-cións a cifra de anotados supera os 800.

Convertida xa nunha cita deportiva de referen-cia a nivel nacional -está homologada pola Fede-ración Española de Atle-tismo- e internacional, a carreira de 10 km polas rúas da cidade é tamén dun evento social de pri-meira orde en Ourense.

CategoríasA carreira terá tres ca-

tegorías: cativos (meno-res de 8 anos), que perco-rrerán unha distancia de 1.400 metros; escolares (9-16 anos), para os que a organización deseñou un circuíto de 4.700 me-tros; e adultos (a partir de 17 anos), cunha distancia por diante de 10.000 me-

As inscrición para a San Martiño, a bo ritmo4 A carreira popular celebrarase o domingo 15 de novembro en Ourense.

tros. A saída producirase desde a ponte do Milenio, de forma escalonada para non se molestar, e na ca-tegoría de adultos haberá códigos de cores coas di-ferentes marcas persoais. Uns globos de helio axuda-rán a ir controlando o tem-po durante o percorrido. A meta estará situada no pa-villón dos Remedios.

A primeira en dar o pis-toletazo de saída será a proba absoluta (11 horas). Ás 1�.30 horas será o tur-no das categorías escola-res e finalizarán os máis cativos ás 13.15 horas.

InscriciónPara anotarse na carreira

haberá que inscribirse na web www.deportesouren-

se.com até o 31 de ou-tubro (cun prezo de 3 euros para a carreira de 10 km), ou do 1 ao 8 de novembro (cun prezo de 5 euros). As carreiras es-colar e de cativos serán de balde para todos os que se anoten.

Os que recollan en Ourense o seu dorsal (e o chip quen non o posúa en propiedade) deberán fa-celo na cancha central do pavillón dos Remedios entre o venres 13 -de 16 a �0 horas- e sábado 14 -de 9 a �0 horas-.

As inscricións estarán abertas ata o 8 de novembro

vitorias, catro empates e dúas derrotas é a bagaxe dos de Iván González que suman 10 goles a favor e os mesmos en contra.

Os verineses visitan este domingo o Baltasar Puja-les para enfrontarse ao lí-der, o Rápido de Bouzas.

MoterreiEn canto ao Monterrei,

está en postos de descenso

no grupo sur da Rexio-nal Preferente. O equipo dirixido por Vila ocupa a décimo sexta posición trala derrota en Roza-vales por 1-3 diante do Domaio. Dúas vitorias e seis derrotas nas oito pri-meiras xornadas levárono a esta situación.

Esta xornada volve a xogar na casa diante do Alertanavia.

Page 19: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

19PUBLICIDADE

Page 20: 15 de outubro - Barrios

�0 BARRIOSOutubro de �015 OCIO E CULTURA / ARTIGOS

A nostalxia sae con rumbo aos recordos que teño da infancia, cando visitaba a casa familiar en Vilardevós, pobo do meu avó Isaac, terra misterio-sa que agocha o pé das Penas Ceibes.

En Vilardevós está a esencia dun pobo traba-llador, unido e alegre, onde xamais houbo di-ferenzas entre as xentes de bo corazón. As miñas lembranzas son un feixe de imaxes que pasan lixeiras, mesturadas con aromas como o do pan re-cén cocido na madrugada no forno do avó por Luis, Linos e David, o cheiro a terra seca dos sacos pol-vorentos das patacas, as castañas e o cheiro quí-mico do Nitramón, api-lado na adega do negocio familiar.

Foi acá onde os intré-pidos contrabandistas deixaron pegadas im-borrables, que hoxe nos guían cara unha historia rica e única, ao pé da Ci-dadela, en Soutochao, co son dunha acústica e sin-fónica fervenza, quizais, orixe das xenialidades na-das nas entrañas de Ángel Barja, músico de Terroso, que xunto cos irmáns Ja-cinto e Silvio Santiago, Eloy Luis André, Manuel Núñez e Xaime Noguerol, escritores de acá, que coas súas letras, calman a mo-rriña de Paulino, o meu carteiro, poeta emigrado na Herradura, e que leva a Vilardevós cravado na alma.

A miudo lémbrome da-queles xantares da matan-za, feitos pola infatigable

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Vilardevóse lonxeva Fé, “a madriña”, que con 94 anos aínda po-súe unha mirada chea de vida.

Foi un 16 de agosto can-do nacín, o mesmo día do San Roque, festa grande en Vilardevós, por iso que naquel tempo andaba eu sempre de celebración, re-cibindo agasallos dos avós e familiares, e a maiores un par de días de festa, que era o mellor. Daquela, no pobo había moitos bares e sempre estaban ateigados de xente.

Arrancaba a troula na estrada, no bar do Paco e da Puriña, rebosantes de bondade e agarimo cara a min, seguiamos no bar do Ferreiro, despois no bar da Rosita, na avenida, e xa baixando cara ao cruceiro, no bar do gran Ricardín, que era o santuario do equi-po de fútbol, aquel gran equipo invencible. Abaixo tamén estaba a tenda da Pe-pita, o bar do Jaime, o bar José Antonio, o bar Juan “O Callan” rexentado hoxe por Teresa e Xosé Luis, a tendiña da Isabel, e xa cara o toural o bar Isidro coa se-ñora Celsa, a Alicia os días da feira, e a Olimpia.

Coido que os lugares e as súas xentes están en sin-tonía coas circunstancias que acontecen en cada in-tre, e aqueles locais tiñan a maxia e personalidade dos seus donos facéndoos diferentes. Nos setenta, en Vilardevós, había moitos veciños no pobo e os días da festa, cando se achega-ban de todos os recunchos do concello, aumentaban considerablemente. Lém-brome de moitos deles, e sería imposible nomealos, mais algúns non me deixa-ban indiferente, e sempre tiñan un guiño cara a min, e voltar velos, cada vez que chegaba a Vilardevós, era unha ledicia.

Lembro a Doloriñas bailando sen descanso cos

seus olliños rasgados, o Toñito co motocarro, no que sempre estabamos subidos os nenos, o tri-lero “Alevanto”, o señor Benito “o forense” co seu peculiar bigote, o señor Jacinto “o barbeiro”, e como non, o tío Abelardo e a súa dona Amparito, a tía Benita, o Juan e Con-chita que xunto coa fami-la dos “chinitas” (Lucía, Isaura, Maruja, Manolo e Xoaquín) fixéronme sen-tir un neno feliz. Xunto con aquel grupiño de ra-paces da miña idade, que daquela viviamos a xolda con nobleza e amizade verdadeira, e que aínda hoxe, despois de moitos anos, cando no pobo nos xuntamos, lembramos as nosas andanzas, coma se non pasara o tempo.

Non quixera esque-cerme de don Baltasar, o cura de Vilardevós, coma el mesmo se nomeaba. Coido que foi unha per-soa boa, simpática e sobre todo xenerosa, antepo-ñendo sempre a realidade sobre as controvertidas doctrinas teolóxicas, que tantas críticas lle trouxe-ron, mais el, sempre pre-dicando, consagrando e absolvendo, dende o seu estilo inigualable, cun sentido do humor moi agradecido, e que tanto se bota de menos.

Vilardevós, terra ceibe coma a serra, berce dos meus antepasados, nos-talxia misteriosa dunha terra única, onde disco-rren as augas cristalinas e os sons espirituais dos devanceiros pululan no aire puro, para que, a pesar do paso veloz do tempo, xamais poidamos esquecer estas raices fon-das que son as bases só-lidas dunha herdanza fer-mosa, que, alomenos eu, non esquecerei xamais.

Miguel A. Prieto “Chitín”

“Vilardevós, terra ceibe, berce dos meus antepasados, nostalxia dunha terra única”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A Asociación Portu-guesa en Defensa do Consumidor (DECO) comprou catro automó-biles novos, enchéronos de gasóleo normal, extra-normal e extra en varios puntos do país e realiza-ron 1�.000 quilómetros con cada un. Ao final, verificaron o consumo e entregaron os pistóns de cada automóbil no laboratorio para avaliar o impacto dos distintos combustibles, referentes ao desgaste do núcleo vital do motor.

Conclusión? É todo igual, non encontraron diferenzas significativas entre o peor e o mellor,

Proba inédita ao gasóleo

só unha insignificante di-ferenza de 0,13 litros en cada 100 quilómetros.

No caso de rolar coa presión incorrecta dos neumáticos a diferenza de consumo é aínda maior.

Por iso, todo o gasóleo é igual e a publicidade feita aos gasóleos extra resulta dunha acción en-ganosa. Estamos perante unha práctica desleal.

Hai que esixirlle ás au-toridades competentes transparencia total. Vas-ta de enganar ao consu-midor! O Ministerio da Economía debería esixir probas sobre todas as pu-blicidades dos gasóleos máis caros. E debe ser creado urxentemente un regulador para o sector con datos obxectivos e es-clarecedores.

João Damião

“Non hai diferenza entre o peor e o mellor gasóleo”

Redacción

Co obxectivo de pu-blicitar as festas do En-troido do próximo ano, en consonancia co seu espírito participativo e popular, o Concello de Verín vén de convocar o tradicional concurso para seleccionar o cartel oficial dos festexos.

Pode participar quen o desexe, presentando obras orixinais con for-mato 50x70 cm e que mostren a esencia desta festa. A entrega das mes-mas debe facerse antes do �5 de novembro no

Rexistro do Concello. De seguido, do �6 ao 10

de decembro, os veciños de Verín poderán votar ao seu favorito, e finalmente será o xurado profesional o que ditamine a creación gañadora, cuxo autor reci-birá 600 euros.

O Entroido de Verín, de-clarado Festa de Interese Turístico Nacional, cele-brarase os días �8 e 31 de xaneiro, 4,5,6,7,8 e 9 de febreiro.

Comeza o concurso de carteis do Entroido de Verín4 Os traballos poden presen-tarse ata o 25 de novembro.

O autor do cartel gañador recibirá 600 euros

EN BREVE

4 Paseos polo río Támega

Un dos grandes va-lores ambientais do río Támega é a comunidade de aves asociada ao seu curso. Por iso, o próximo �5 de outubro a Euroci-dade Chaves-Verín, en colaboración con ambos Concellos e a Asociación de Desenvolvemento Rexional do Alto Támega (ADRAT), organiza un paseo por dúas das novas rutas de observación des-tas especies.

Os participantes serán recollidos ás 9:30 horas en Chaves e Verín, e trasla-dados á primeira ruta, en-tre Tamaguelos e a Lagoa de Mourazos. Ao remate, serán desprazados ata a segunda, ubicada xunto ás Lagoas de Chaves.

Cada paseo, que conta coa presenza de especia-listas, ten unha duración dunha hora e 50 minutos.

As inscricións son gratuítas e limitadas. Os interesados poden inscri-birse ata �� de outubro en www.eurocidadechaves-verin.eu.

4 Novos cursos na aula CeMIT de Celanova

Neste mes de outubro están a dar comezo nu-merosos cursos na aula CeMIT de Celanova.

Ata agora inciáronse as clases de informática para maiores e as de ad-quisición de habilidades sociais para a procura dun emprego.

De seguido, os días 19, �0 e �� impartirase (de 18 a �0 h) formación para realizar videochamadas; o �0 de outubro (de 9:30 a 13:30 h), técnicas de desenvolvemento de apli-cacións con Angular JS; e o �7 (de 16:30 a �0:30 h), de seguridade perimetral con filtrado de paquetes e NAT.

Os interesados en parti-cipar deben inscribirse na propia aula.

Page 21: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

�1

Para os seus saltos no tempo os Bolechas precisaron da axuda dalgúns nenos./R.T.

OCIO E CULTURA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Nova tenda, novas ins-talacións, nova localiza-ción, nova colección e moitos máis metros de exposición onde o máis difícil vai ser elixir o que te vas levar.

Despois de nove anos en Ourense, a pasada se-mana comezou unha nova etapa a coñecida tenda de tallas grandes Komo-damoda, estreando novo local na rúa Bedoya, 13, baixo, da capital ourensá. Máis amplo e máis como-do, mellorado e coidan-do todos os detalles con moito mimo, pensando nas necesidades das súas clientas. E iso non só se nota no seu interior, senón desde a propia entrada ao facilitar a accesibilidade a todas as persoas.

Coincide este inicio cunha nova tempada que

trae bonitas cores, novos deseños, moitos vestidos, saias estampadas ou asi-métricas, pezas en polipel ou con aplicacións, ante-linas cun tacto moi suave e agradable, leggins para combinar con pezas longas, maxi xerseis moi estilosos, ademais dunha gran varie-dade de prendas vaqueiras, camisas, cazadoras ou pan-talóns. E todo o que ofrece como sempre até a talla 70, con deseños moi xuvenís e actuais.

Destacan tanto os flecos en todo tipo de pezas e acce-sorios, como o estilo étnico que tanto favorece e que nos fai ver e sentir diferentes.

Contan tamén con botas de cana ancha na panto-rrilla, todo en pel, ata o nú-mero 43, que tanto gustan e tan bo resultado dan ás súas clientas.

Xa pensando no inver-no podes completar o look coas medias super amplas para estar ben monas e quentiñas.

Roupa de festaPara as que teñan algún

evento, poden lucir fantás-ticas cun vestido longo en favorecedoras cores, con encaixes, teas bordadas, faxíns, boleros e tamén en curto. A estrela da tempa-da, o mono, que é sinxelo e elegante á vez. E o máis importante sen ter que pre-ocuparse pola ditosa talla xa que en Komodamoda atoparás a túa, sen dúbida.

Para tallas grandes, Komodamoda

4IMAXE DO MES

Os Bolechas chegan coa súa máquina do tempo ata Celanova

Os irmáns animados máis famosos de Galicia visitaron o pasado domingo 11 de ou-tubro Celanova. O Auditorio Municipal Ilduara encheuse pouco despois de mediodía de ducias de cativos que gozaron do seu novo espectáculo “Os Bolechas na máquina do tempo”, e fixeron un repaso polos seus coñecementos de historia da man destes diver-tidos personaxes.

Page 22: 15 de outubro - Barrios

�� BARRIOSOutubro de �015

Os días 23 e 30 de outubro acollerá contacontos e manualidades para nenos.

As funcións teñen lugar ás 20 horas e con entrada gratuíta

Redacción

A Casa da Cultura de Verín acolle do 3 de ou-tubro ao 8 de novembro o ‘VI Festival de Teatro Entreculturas”, no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Portugal.

O festival está orga-nizado pola Asociación para a Cultura e Ocio La Caja de Pandora de Verín coa colaboración do Concello de Verín, e o seu programa inclúe

un total de sete funcións que dan comezo ás �0 horas e ás que se pode acudir de balde.

ProgramaTras as tres primeiras,

o próximo sábado 17 de outubro chega o turno da representación de “A Za-pareira”, a cargo da Aso-ciación Cultural A Ruada (A Rúa); o día �4 os asis-tententes poderán gozar de “Uma bomba chama-da Etelvina”, da man da Asociación Cultural Vai Avante de Portugal; e

VI Festival de Teatro Entreculturas 4 A Casa da Cultura acolle as distintas fun-cións, ata o 8 de novembro.

o 31, de “Sempre nos quedará Venecia”, por parte dos anfitrións, a Asociación Cultural La Caja de Pandora de Verín.

Xa o 8 de novembro, pecha esta edición “Se o sei non volvo a casa”, a cargo da Asociación Cultural Charamela, de Melide.

Redacción

Durante todo o mes de outubro a Biblioteca Municipal de Verín ce-lebrará o Día Internacio-nal da Biblioteca (que se conmemora o �4) cun completo ciclo de acti-vidades de contacontos, manualidades, talleres, conferencias e presenta-cións de libros.

Así, o próximo venres 16, terá lugar ás 19:30 horas a conferencia “A traxedia da emigración” de Manuel Mandianes,

con entrada de balde. O día �1 será o turno de “O mundo da morte, as áni-mas e os defuntos na cultu-ra galega”, a cargo de Mi-guel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega. O �3 festexarase o Día da Bi-blioteca con contacontos e manualidades para nenos de entre 3 e 9 anos socios da intalación. Así mesmo, o �7 e �8 acollerá obradoiros de cabazas do Samhain, para o cal é preciso inscribirse, xa que só poden participar cinco nenos cada día, e cun acompañante.

Verín conmemora o mes das bibliotecas4 Con contacontos, obradoiros e conferen-cias na instalación municipal.

O �9 de outubro, ás 19:30 horas e con entrada

de balde, será a presen-tación da obra “Amigo medo”, do escritor Javier López Rodríguez. E o día 30, pecharase o mes con contacontos e manualida-des de Samhaín para os máis cativos.

Animación á lecturaCon motivo destas ac-

tividades, as de fomento

á lectura adiántanse ás 17 horas. As inscricións poderán realizarse, coma sempre, na biblioteca, por teléfono ou en [email protected].

0 27 e 28 haberá obradoiros de cabazas de Samhaín

OCIO E CULTURA

4AXENDA

EN BREVE

4 Búscase logotipo para o Mercado da Biosfera de Allariz

O Concello de Allariz e o Mercado de produtos da Reserva da Biosfera or-ganizan un concurso para buscar logotipo e imaxe corporativa que identifi-que o recentemente re-novado Mercado de xeito innovador e creativo.

Ata o 11 de novembro os candidatos poderán enviar as súas propostas a [email protected], e a gañadora recibirá 300 euros.

O xurado dará a co-ñecer o seu fallo na web www.allariz.gal (onde figuran as bases do con-curso) e nas redes sociais do Concello o 1� de no-vembro.

4 “Abstrarte”, na Sala de Exposicións de Verín

A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o 31 de outubro a exposición de pintura “Abstrarte”, de Patricia Fernández Paz, artista lucense afincada en Ourense. Patricia es-tudou gráfica publicitaria en Lugo; fixo cursos de xoiería ou talla en marfil; e traballa nunha impren-ta dixital ourensá desde �007.

A mostra pode visitarse de luns a venres das 17 a �1 horas, e os sábados de 10 a 14 e de 17 a �0:30 horas.

4 Verín HacklabEste mes de outubro,

“Verín Hacklab” retoma o seu laboratorio tecno-lóxico. As clases imparti-ranse, na aula CeMIT da Casa da Xuventude, os venres (en dous grupos de 16 a 18 horas e de 18 a �0) e os sábados (en dous grupos de 11 a 13 horas e de 17 a 19:30).

Esta iniciativa, dirixida a rapaces de entre 10 e 16 anos, ofrece creación de xogos, deseño de figuras en 3D, mantemento de equipos, charlas sobre os perigos e violencia nas redes sociais, uso de móbiles e aplicacións, e robótica educativa.

Os interesados en ins-cribirse poden facelo na Casa da Xuventude ou na Escola de Familia.

Redacción

A Casa da Cultura de Verín está a acoller proxeccións dentro do circuíto de exhibición ci-nematográfica Cinemas de Galicia. Dende o 19 de setembro, os asisten-tes gozaron de películas como “Encallados”, “Ida” e “As altas presións”.

De seguido, en novem-bro, dará comezo a segun-da parte, coa exhibición o sábado 7 (ás �0 h) de “Le Week-End”, unha come-dia romántica que obtivo

unha Concha de Prata no Festival de San Sebastián �013.

O sábado 14 (ás �0 h) será o truno de “9 ondas”. Finalista nos premios Mes-tre Mateo �014 na catego-ría de longametraxe.

E o domingo �� (ás 19 h), da película “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”, que gañou 5 Premios César da Academia de Cine de Francia, e dous Premios da Quincena de Realizadores de Cannes, en �013.

O prezo da entrada é de 3 euros.

Outono de cine na vila do Támega4 Haberá proxeccións ata o 22 de novembro.

- �3 de outubro - Re-presentación de “Memo-rias dun neno labrego” - 1�:30 e �0:30 h - Casa da Cultura - Allariz

- 30 de outubro - Ma-nualidades de Samhaín - 17 h - Biblioteca Pública de Verín

- 30 de outubro e 1 de novembro - Xornadas do Fantástico Romasanta - Allariz

www.periodicobarrios.com

Page 23: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015

�3CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº18 - Ano: X - Outubro �015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 590 �06Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAAlugo habitación en Verín con dereito a cociña, cama de matri-monio, baño, salón e wifi. Tel. 6�6 78 09 �4.Alugo casa a 1 km de Allariz, � habitacións, amoblada, calefac-ción, bo prezo. Tel. 63� 78 60 14.Alúganse 2 naves de 4�� e 454 m/�. Xuntas ou separadas en Po-lígono de Pereiro de Aguiar: par-cela Nº 15 fronte a Codisoil. Telf. 639 677 43�.Vendo piso en Portonovo. No centro, preto da praia. Tel. 6�6 �97 504.Alúgase bodega, serve para garaxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Fran-cisco de Moure. Prezo �0 euros. Tel. 636 3�9 5�4.Véndese pequeno soar en ruí-nas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo �.000 euros. Tel. 636 3�9 5�4.Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto, con fiestra cara a rúa, cama de matri-monio, mobles, calefacción, tele-visión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 9�� 547 (WhatsApp). Preferible-mente persoa tranquila, ordenada e non fumadora (aínda que me adaptaría se fose necesario).Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 �63 e 676 758 819.Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen interme-diarios. Tel. 690 795 379

EMPREGOOfrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrati-vo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 6�9 154 995.Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 65� 783 897.Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou cal-queira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 1�9 14�Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese señora para o coida-do de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330.Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e res-to de materias curriculares. To-dos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio�[email protected] e tel. 610 38� 589.Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).Desbrózanse fincas con tractor e a man. Tel. 630 5�1 448.

VENDASVendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3-�, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10.Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95 (en Ourense cidade).Vendo berce de madeira maci-za nova, regalo colchón tamén novo. Tel. 988 04 5� 74 e 666 84 10 �9Vendo coche sin carné Microcar en perfecto estado, elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros ne-gociables. seminovo. Tel. 677 �� 96 57 (José Luis)Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043.Vendo Volkswagen Golf V 140cv TDI Sportline. 6 velocida-des. De maio de �005. Climati-zador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Parrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 103 100.Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completamente equipado. Tel. 695 690 945.

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de cha-mar homes. Tel. 697 79 59 �8.

Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen).Véndese leña de carballo para cheminea. ��0 euros por trac-tor. Tel. 630 5�1 448.Véndese Mercedes B 180 CDI (modelo novo). Ano �01�. 71.000 kms. Por 18.900 euros./Peugeot 308 HDI 110 cv. Ano �009. 98.000 km�. 8.800 euros./Passat Highline �.0 TDI 140 cv. Ano �007. 170.000 kms. Faros Xenon. 11.000 euros./Audi A4 �.0 TDI 140 cv. Ano �005. 145.000 kms. Con nave-gador. 10.500 euros./Renault Megane familiar DCI 105 cv. Ano �010. 109.000 kms. 9.500 euros./Audi A6 �.5 TDI 140 cv 6 velocidades. Ano 1995. 1.900 euros. Tel. 988 410 418 - 607 917 339.

Page 24: 15 de outubro - Barrios

BARRIOSOutubro de �015